You are on page 1of 3

Doc. 1.

Programa revolucionario da Xunta de Málaga, 25 de setembro de 1868:


“Os que subscriben, cidadáns que pertencen á Xunta revolucionaria e provisional de
Málaga, propóñenlle a esta o seguinte: Primeiro. Que inmediatamente se redacte e
publique un manifesto con estas bases principais: A destitución da monarquía reinante. O
sufraxio universal e libre. Unidade de foros. Abolición das quintas e das matrículas de mar.
Unha soa cámara [...]. Liberdade de imprenta sen depósito, fianza nin editor responsable.
Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia. Liberdade de ensinanza [...]. Liberdade
de cultos, de comercio e de asociación. Abolición da pena de morte”.

Doc. 2. Establecemento do sufraxio universal, 9 de novembro de 1868:


“O goberno provisional, que non descoñece nin esquiva a grande responsabilidade que
bota sobre si ao someter o principio do sufraxio universal a un decreto tan indispensable,
como desexado, ten unha necesidade [...] de expoñer con sinceridade [...] os motivos que
o impulsaron a resolver do xeito que vai levalo a efecto.[...] A mesma gravidade dos
problemas que a Nación está chamada a resolver, obrigou tamén ao Goberno a restrinxir
os seus naturais desexos de darlle ao sufraxio a maior extensión posible, ao fixar a idade
en que se pode exercer tan prezado dereito”.

Doc. 3. A Constitución de 1869:


“A nación española, e no seu nome as Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio universal,
desexando afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos
vivan en España, decretan e sancionan a seguinte Constitución [...]:
Art. 2. Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido nin preso a non ser por causa de
delito.
Art. 13. Ningún poderá ser privado temporal ou perpetuamente dos seus bens e dereitos,
nin turbado na posesión deles, senón en virtude de sentenza xudicial.
Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan todos os poderes.
Art. 33. A forma de goberno da nación española é a monarquía”
Os documentos presentados fan referencia ó Sexenio Democrático, época de gran axitación
política e social pola que pasou España tralo derrocamento da raíña Sabela II en 1868 na
revolución coñecida como a “Setembrina” ou “A Gloriosa”. Este período divídese e en tres
etapas: a rexencia de Serrano, a monarquía de Amadeo I (1871-73) e a I República (1873-
74). O malestar social, as protestas e os problemas do goberno durante o reinado de Sabela
II, provocou que en 1866, progresistas e demócratas asinaran o Pacto de Ostende, e
decidiran acabar coa monarquía borbónica, derrocando a Sabela. En 1867, trala morte de
Narváez, incorporáronse os unionistas ó pacto asinado pola oposición (Pacto de Bruxelas).

O 19 de setembro de 1868, a escuadra que estaba concentrada na baía de Cádiz ao mando


do brigadier Topete sublevouse, ao berro de “España con honra”, contra o goberno de
Sabela II. O principal dirixente da revolta, o xeneral Prim, reuniuse cos sublevados e
rapidamente conseguiron o apoio da poboación de Cádiz. Nos días seguintes, con tres
fragatas, Prim fixo que se fosen sublevando sucesivamente Málaga Almería e Cartagena.
Rapidamente en moitas cidades constituíronse Xuntas Revolucionarias(Doc.1), que
organizaron o alzamento e lanzaron chamamentos ao pobo. Ditas Xuntas, ademais da saída
do trono de Sabela II (A destitución da monarquía reinante), pedían dereitos e liberdades,
como o sufraxio universal (O sufraxio universal e libre), a liberdade de imprenta ou
de expresión (Liberdade de imprenta).

O goberno e maila Coroa atopáronse completamente illados. Cando as escasas tropas fieis
ao goberno foron derrotadas na batalla de Alcolea, o goberno non viu máis saída que dimitir.
Sabela II partiu ao exilio en Francia o 29 de setembro de 1868, en só 10 días todo
rematou.Así, nos primeiros días do mes de outubro, os asinantes do Pacto de Ostende e de
Bruxelas, e especialmente os dirixentes unionistas e progresistas, tomaron a dirección do
movemento, constituíron un Goberno Provisional no que os homes fortes eran Serrano e
Prim, ordenaron disolver as Xuntas revolucionarias e desarmar a Milicia Nacional que
noutrora lles dera apoio. Pretendían así silenciar os elementos máis revolucionarios do
movemento. (Doc 2). A Gloriosa comezou pois cun pronunciamento militar máis o apoio das
forzas populares urbanas (progresistas, demócratas e republicanas) que formaron as
Xuntas Revolucionarias. O Goberno Provisional estaba formado por unionistas, progresistas
e demócratas monárquicos, e á fronte del situouse como rexente o xeneral unionista
Serrano e como presidente do Goberno o progresista xeneral Prim. O goberno puxo axiña
en marcha un programa de reformas, e convocou eleccións a Cortes Constituíntes. As
eleccións, celebradas por 1ª vez en España por sufraxio universal masculino(A nación
española, e no seu nome as Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio universal) dos varóns
maiores de 25 anos (ao fixar a idade en que se pode exercer tan prezado dereito), deulle a
vitoria á coalición gobernamental, pero nas Cortes apareceron tamén dúas importantes
minorías: os carlistas e os republicanos.

As Cortes Constituíntes dedicidirían o tipo de goberno para España e promulgaron en


1869, unha Constitución, baseada nos principios do liberalismo democrático (Doc 3). Esta
proclamaba a soberanía nacional e o sufraxio universal masculino directo (Art. 32. A
soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan todos os poderes). O sistema
político establecido era a monarquía democrática (Art 33). Nesta forma de goberno o rei
tiña un papel importante pero cunhas funcións bastante limitadas pola propia Constitución,
cunha clara separación de poderes: o rei exercía o poder executivo a través dos seus
ministros que eran responsables ante as Cortes; sancionaba e promulgaba as leis sen
capacidade para vetalas e tiña a potestade de suspender e disolver as Cortes, pero unha
soa vez por lexislatura. As Cortes, bicamerais, tiñan en exclusiva o poder lexislativo,
controlaban ao goberno e aprobaban os orzamentos. O poder xudicial estaba en mans de
tribunais con xuíces escollidos a través dunha oposición, e xurados populares. Esta
constitución pide tamén dereitos e liberdades moi amplos e explícitos (Ningún español nin
estranxeiro poderá ser detido nin preso a non ser por causa de delito), (Ningún poderá ser
privado temporal ou perpetuamente dos seus bens e dereitos, nin turbado na posesión
deles, senón en virtude de sentenza xudicial); e por primeira vez recollíase o dereito de
asociación e de reunión. Súmase por outra parte a liberdade de cultos, eliminando a
confesionalidade do Estado. Cabe destacar que a Cosntitución de 1869 foi máis avanzada
do século XIX

Un dos obxectivos da Gloriosa era reorientar a política económica. Pretendíase establecer


unha lexislación que protexese os intereses da burguesía e dos investidores estranxeiros,
por iso esta etapa caracterizouse polo librecambismo e por apertura do mercado español
ao capital estranxeiro.
Surprimíronse os consumos, aínda que logo se volveron a restablecer para as facendas
locais. Para compensar a perda de ingresos, introduciuse unha contribución persoal, que
gravaba a todos os cidadáns de forma directa segundo a súa renda. Estableceuse a peseta
como unidade monetaria.
O problema seguía sendo o déficit da Facenda e a elevada débeda pública, a isto
sumoúselle a grave crise dos ferrocarrís que fixo necesaria a subvención pública. Para
solucionar todo isto elabórase a Lei de Minas de 1871 que significaba a venda ou
concesión de depósitos mineiros a distintas compañías, esencialmente estranxeiras. Cos
ingresos obtidos por isto fíxoselle fronte á devolución dos préstamos.
Produciuse unha liberalización dos intercambios exteriores, en xullo de 1869: Lei de Bases
Arancelarias, que puña fin, temporalmente, á tradicional política proteccionista, esta
medida prexudicaba os industriais cataláns textís e os grandes produtores de cereal do
interior, que vían perigar o seu monopolio sobre o mercado nacional.
Porén, Constitución de 1869 non deu solución a moitas das reivindicacións de carácter
popular. Durante o período da rexencia houbo unha forte conflitividade social que se
mantivo ao longo do Sexenio: o campesiñado, andaluz e estremeño, demandaba
repartición das terras; e nas cidades as revoltas populares protestaban contra os
consumos, as quintas e o aumento dos prezos. O incipiente movemento obreiro foise
radicalizando en demanda de mellores condicións salariais e de traballo, e nisto xogou un
importante papel a difusión da AIT e as ideas vinculadas a ela (anarquismo e socialismo)
que conduciu á organización do proletariado e do campesiñado ao redor de novas
organizacións de clase, á marxe dos partidos clásicos.

Trala promulgación da Constitución, nomeouse a Serrano rexente ata atopar un candidato


á Coroa, que debería ser liberal e contar co apoio das potencias europeas. O sería o
italiano Amadeo I. O asasinato do xeneral Prim, a falta de apoios, os conflitos internos e
externos e outros factores, explican o breve reinado deste monarca. Despois de apenas
dous anos no trono, Amadeo renunciaría, dando paso á I República (menos dun ano de
duración), un réxime político tamén inestable e afectado por graves problemas, o que
derivaría na intervención do exército, acabando co propio Sexenio Democrático ao
pronunciarse o xeneral Martínez Campos en decembro de 1874 a favor da volta dos
Borbón na persoa de Afonso XII, o que dá inicio á Restauración e remataba coa única
experiencia democrática da política española decimonónica.

You might also like