You are on page 1of 24

1- A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA ​(abdicacións, ocupación napoleónica)

-O ​reinado de Carlos IV (​1788-1808​) estivo marcado pola ​Revolución Francesa​, cuxo efectos,
xunto co ​conflito dinástico de 1808​, marcaron o ​inicio da revolución liberal española​, que tivo a
súa máxima expresión nas Cortes de Cádiz e na Constitución de 1812, abrindo un ​enfrontamento
entre ​dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados​: o ​liberalismo e o absolutismo​. Para
os primeiros, a Francia revolucionaria debía ser un modelo a imitar; os outros, rexeitaban as novas
ideas por atentar contra os valores tradicionais da monarquía e a relixión.

-Entón, c​ ando Carlos IV subiu ao trono​, viuse desbordado pola ​expansión das ideas da
Revolución Francesa; o monarca, entón, suprimiu toda influencia ilustrada​, nomeando como
secretario de Estado a ​Manuel Godoy​, militar de orixe fidalgo. Logo, tras a suba ao poder de
Napoleón, España convértese nun estreito ​aliado de Francia​; froito desta alianza agrávase o
desgaste bélico (sobre todo debido á batalla de Trafalgar en 1805) e a ​crise económica (alto
endebedamento e falta de recursos na Facenda) derivada da interrupción do comercio atlántico, o
que provoca a ​impopularidade do ministro​.

Tal foi a crítica a Godoy, que este incluso xerou unha forte ​desconfianza en Fernando VII ( fillo de
Carlos IV), debido á súa ​influencia sobre a Coroa, e á ​acumulación de poder e título​s; creándose o
grupo Fernandino, o cal conspiraba para lograr ​desprazar a Godoy do goberno e conseguir que
Carlos IV ​abdicase no nome do seu fillo​, intencións que foron descubertas no ​Motín do Escorial​.

-Por outra banda, a ​negativa de Portugal de aceptar o ​bloqueo continental ​decretado por Napoléon
sobre Inglaterra desembocou no comezo da i​ nvasión napoleónica​. As presións do emperador
levaron a Godoy a asinar o ​Tratado de Fontainebleau (​1807​), que ​autorizaba o paso das tropas
francesas por territorio español para invadir Portugal​, acordando tamén o mutuo reparto do país
veciño, do que o ministro recibiría un principado. Porén, cando en ​1808 ​as tropas francesas
entraron en España​, quedou de manifesto a súa intención de ​ocupar o país; ante esta situación,
Godoy quixo trasladar a familia real a América, pero foi interrompido polo ​Motín de Aranxuez​,
levantamento popular que ​puxo fin ao goberno de Godoy e que causou a ​abdicación de Carlos IV
en favor do seu fillo.

Estes sucesos foron aproveitado por ​Napoleón​, que se presenta como ​mediador entre pai e fillo,
convocándoos en ​Baiona (Francia); alí, teñen lugar as ​Abdicacións de Baiona​: Fernando VII
devolve o trono ao seu pai, quen a súa vez ​entrega os dereitos dinástico​s ao emperador francés; a
cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas posesións, rendas e privilexios en Francia.

-Máis tarde, Napoleón proclama como ​rei de España ao seu irmán ​Xosé Bonaparte​; para darlle
legalidade, Napoleón convoca unha asemblea que aproba o ​Estatuto de Baiona​, unha carta
outorgada na que o monarca recoñece ​certa limitación no exercicio do seu poder, a
confesionalidade católica do Estado, e que supuxo ​certa ruptura coa tradición do Antigo Réxime​, ao
recoñecer a igualdade ante a lei, o acceso aos cargos públicos e os impostos.
O novo monarca intentou realizar r​ eformas para renovar España: ​a supresión dos dereitos
señoriais, a eliminación das aduanas interiores ou a potenciación da liberdade económica​; estas
tiveron escasa eficacia, pero foran ​apoiadas por algúns intelectuais españois​, que optaron por
colaborar coa monarquía, os ​“afrancesados”​.

-Con todo, ​o rexeitamento popular cara a ocupación do exército francés derivará no ​levantamento
de Madrid o ​2 de maio de 1808​; e ao mesmo tempo, desencadeuouse a ​Guerra de
Independencia (​1808-1814​)​, conflito que enfrontou aos españois que defendían a Xose Bonaparte,
coñecidos como ​afrancesados​, e os que defendían o regreso de Fernando VII, grupo no que se
atopaban tanto ​absolutistas coma liberais​, que aproveitarán a situación para impulsar unha
revolución política.

Neste contexto, os ​insurrectos crearon ​xuntas compostas polas elites locais para enfrontarse ao
ocupante francés, conseguíndose ​vitorias como as de Bailén (Xaén), que obrigaron a Xosé I a
repregarse ao norte; mentres tanto, as xuntas locais crearon unha ​Xunta Suprema Central​, que
recoñeceu como rei a Fernando VII e asumiu a autoridade do goberno ata o seu retorno.

-Finalmente, en ​1813​, polo ​Tratado de Valençay​, ​Napoléon renuncia e devolve o trono español a
Fernando VII​; significando o seu regreso o ​exilio dos afrancesados​, a ​volta aos principios do
Antigo Réxime e o ​absolutismo monárquico, e por conseguinte, a ​derrogación da obra lexislativa
das Cortes de Cádiz​.
2- AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

-A ​Guerra de Independencia ​(​1808- 1814​) deu paso a un proceso revolucionario: o primeiro


intento por construír un Estado liberal​; o mellor exemplos deste afán son as ​Cortes de Cádiz​,
cuxo nacemento está relacionado coa ​crise da monarquía de 1808​.

-Durante a ​Guerra de Independencia​, numerosas vilas e cidades formaran ​Xuntas para


enfrontarse ao ocupante francés, e para maior coordinación, as ​xuntas provinciai​s unificáronse na
Xunta Suprema Central, ​que recoñeceu como rei a Fernando VII e asumiu a autoridade do
goberno ata o seu retorno.

Ademais, xurdiu a necesidade de convocar unas ​Cortes Xerais e Extraordinarias para lexitimar a
acción política ante o baleiro de poder, coñecer a vontade do país, e implementar reformas. A
maioría dos ​nobres e eclesiásticos trataban de ​restablecer o sistema político tradicional​, pero os
liberais pretendían levar a cabo unha ​transformación política que restrinxira o poder real e
establecera una ​Constitución​ baseada na soberanía da nación e a división de poderes.

Entón, a ​Xunta Suprema Central convocou as ​Cortes e organizou unha consulta do país que
expuxo a necesidade de reformas que limitasen o poder da monarquía​. Porén, a ​Xunta non puido
sobrepoñerse ás ​derrotas militares e ao ​fustigamento dos absolutistas​, sendo substituída en ​1810
polo ​Supremo Consello de Rexencia​, encabezado polo ​bispo de Ourense​, quen rematou de
organizar as ​Cortes​ que se convocarían en ​Cádiz​, única cidade que​ resistía ao asedio francés​.

-As ​Cortes reunidas en Cádiz en ​1810 auto-proclamáronse ​soberanas​, recoñecendo de facto a


soberanía nacional (soberanía popular)​. En liñas xerais, predominaron os ​deputados das ​clases
medias urbanas (eclesiásticos, avogados, xente da administración e militares); cuxas tendencias
ideolóxicas podemos agrupar en: partidarios da liberdade e das reformas radicais (​liberais​), e os
que se opoñían a eles, partidarios dos mantemento da soberanía real (​absolutistas​).

A ​obra lexislativa das Cortes foi ampla, respondendo a un ​programa liberal que se reflicte na
promulgación dunha serie de ​decretos que ​liquidaron o Antigo Réxime como a ​liberade de
imprenta e comercio​, a ​abolición dos señoríos e morgados​ ou a ​supresión da Inquisición e a Mesta​.

Ademais, intentouse iniciar unha ​reforma agraria a través da ​expropiación dos bens eclesiásticos
e da ​venda dos terreos baldíos e comunais​. Non obstante, esta acción política era obra dunha élite;
as ​masas populares​, influídas pola Igrexa, consideraron que estas r​eformas atentaban contra a
relixión e os costumes tradicionais​.
-Por outra banda, o ​19 de marzo de 1812 foi aprobada a ​primeira Constitución española, “​A
Pepa​”, que consagrou o ​Estado liberal​.

Nos seus artigos establecíanse os ​dereitos e ​liberdades civís ​(pensamento, opinión, imprenta​); a
igualdade xurídica e fiscal​, a través da ​repartición proporcional dos impostos​; o ​sufraxio
universal masculino para maiores de ​25 anos, mediante un ​sistema de elección indirecto​; e se
garantía a ​seguridade individual​ mediante os ​dereitos penais​ e a ​abolición da tortura​.

Tamén recoñecía a ​confesionalidade do Estado​, establecía a ​ensinanza primaria obrigatoria​,


creaba un ​exército nacional ​con servizo militar obrigatorio​, ademais de ​regular a ​Milicia Nacional
como grupo armado de cidadáns que defendesen os preceptos liberais, e ​organizaba o territorio en
provincias e municipios​.

No que atinxe á ​estrutura do Estado​, establecíase unha ​monarquía limitada ​(recoñecía a


Fernando VII como rei), baseada na ​separación de poderes​: o ​executivo era exercido polo
monarca (​xefe de Estado e de Goberno​); o ​lexislativo compartido entre as ​Cortes​, unicamerais, e
o monarca​, onde as leis eran elaboradas polas Cortes pero promulgadas polo rei, que tiña ​dereito
de veto suspensivo​; e o ​poder xudicial estaba en mans dos ​tribunais​, coordinados polo ​Tribunal
Supremo​.

-En síntese, a ​Constitución de 1812 foi un ​texto revolucionario no seo de alterar as bases políticas
e sociais do Antigo Réxime, mais tamén facía ​concesións á tradición​, como por exemplo, no feito
de declarar o Estado ca relixión católica como oficial e única autorizada.

-Con todo, nin a ​Constitución nin as leis emanadas das ​Cortes de Cádiz ​tiveron una aplicación
práctica, debido ao ​estado de guerra no que se vivía; e aínda que ​Fernando VII, a súa volta, as
derrogou​, significaron un ​gran avance revolucionario​, e un ​referente para todo ​liberalismo
español do século XIX​.
3- A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII E O ABSOLUTISMO ​(as etapas do reinado)

-Tras a longa ​Guerra de Independencia (1808-1814)​, durante a que se produciu o proceso


revolucionario protagonizado polas ​Cortes de Cádiz​, e devolta a ​coroa a Fernando VII por
Napoleón, o monarca ​retorna a España​, en 1814. Este gobernou actuando como ​monarca
absoluto​, ​enfrontándose duramente cos liberais e coa obra lexislativa promulgada en 1812; e no
seu reinado diferenciamos ​tres períodos​: o ​Sexenio Absolutista ​(1814-1820), ​TrienioLiberal
(​1820-1823​) e ​Década Ominosa​ (​1823-1833​).

-O ​Sexenio Absolutista comeza coa ​volta de Fernando VII a España; ante a súa chegada, os
liberais esixían que o rei ​acatase e aprobase os decretos e a Constitución de 1812​, mentres que
os ​absolutistas defendían que debía recuperar a ​plenitude da súa soberanía e declarar ​nulas
todas as reformas​. Entón, co respaldo do ​Manifesto dos Persas​, ​unha proclama absolutista​,
Fernando VII decreta a ​abolición da Constitución e da obra lexislativa de Cádiz​. Ao mesmo
tempo, a ​derrota de Napoleón en 1814 permitira a ​restauración do absolutismo ​en toda Europa​;
por conseguinte, unha serie de potencias europeas crean a ​Santa Alianza ​para defender este
sistema político ante as ameazas do liberalismo.

Durante esta época os ​liberais foron ​perseguidos e tiveron que marchar ao ​exilio ou recorrer á
conspiración e ao ​pronunciamento ​para poder chegar ao poder, é dicir, tiveron que recorrer ao
levantamento de parte do exército​, que contando co apoio dun determinado ​sector da sociedade​,
se pronunciou a favor da substitución da monarquía absoluta por unha ​liberal​; comeza así o
intervencionismo militar​, práctica empregado no século XIX como medio para interferir na vida
política. Os sucesivos ​intentos de pronunciamento, como o de ​Porlier en A Coruña​, ​fracasaron​;
non obstante, en ​1820​ ​triunfa o pronunciamento de Rafael del Riego ​en favor da Constitución.

Así, en ​xaneiro de 1820​, o tenente coronel ​del Riego​, ao ​mando das tropas preparadas en
Cabezas de San Juan (​Sevilla​) para ir combater aos ​independentistas americanos​, esixe o
restablecemento da Constitución do 1812​. ​Inicialmente​, só secundou a súa acción unha
pequena parte do exército​; o verdadeiro triunfo liberal tivo lugar cando na cidade da ​Coruña​, un
gran numero de oficiais (apoiados pola burguesía local) nomean a ​Xunta de Goberno de Galicia e
restablecen a Constitución. Ante o ​éxito dos levantamentos, ​e sen apoios, Fernando VII viuse
obrigado a ​aceptar a Constitución​ pola forza o 10 de marzo de ​1820​; inicia así o ​Trienio Liberal​.

-Durante o ​Trienio Liberal buscarase consolidar a abolición do Antigo Réxime iniciada en 1810,
freada tras o regreso do monarca. Os ​gobernos liberais ​restableceron a lexislación aprobada en
1812: ​Constitución, Cortes, sufraxio universal indirecto, Milicia Nacional​, etc. Ademais, ministros
como ​Cea ou Martínez de la Rosa inician unha importante ​obra reformista​, que pretendía ​limitar
o poder da Igrexa​, ​potenciar a produción agraria e ​conseguir recursos para a Facenda Pública​;
salientando a supresión de señorias e conventos, desamortización de terras do clero regular, o
impulso da educación (primaria, media, superior), reforma do sistema fiscal ou supresión da metade
do décimo eclesiástico.
Porén, as ​diferenzas entre os liberais ​sobre temas como a necesidade ou non de modificar a
Constitución, o peso do poder da coroa ou a soberanía da nación, deron lugar á aparición de ​dúas
correntes​: os ​moderados​, a favor de ​reformas favorables ás élites e á negociación cos realistas; e
os ​exaltados, ​defensores dde ​reformas radicais​. Esta ​división​, xunto co ​descontento dos
campesiños​, ​favoreceu os intentos realistas (absolutistas) de restaurar o Antigo Réxime​ .

-O triunfo do ​liberalism​o en España alarmou ás potencias que formaran a ​Santa Alianza​, que,
temerosas pola ​posible expansión da revolución por Europa, e ante as ​demandas de axuda de
Fernando VII, decidiron intervir para ​restaurar o absolutismo​. Así, en ​1823​, un ​exército francés​,
popularmente coñecido como os ​Cen Mil Fillos de San Luís​, dirixido polo ​duque de Angulema​,
invade España acompañado por partidas de ​voluntarios realistas españois​. Agás nalgunhas zonas,
como Cádiz e A Coruña, case non atoparon resistencia, de modo que ​Fernando VII recuperou o
poder absoluto e decretou a ​abolición de ​todas as leis e institucións creadas durante o ​Trienio
Liberal​; dando inicio a derradeira etapa do su reinado.

-A ​Década Ominosa (1823-1833) foi un período no que os s​impatizantes liberais foron perseguidos
ou executados​, o que non impediu que seguiran conspirando para restablecer as liberdades en
España, fracasando nos seus intentos. E cómpre destacar que produciuse ​a depuración do
exército e da administración pública​, estando toda a poboación sometida ao control da policía e
dos corpos de voluntarios realistas.

De novo, houbo un ​regreso ao Antigo Réxime​, pero a Inquisición xa non volveu ser restaurada e
o monarca tivo que buscar a colaboración do s​ector moderado da burguesía para paliar os
problemas económicos do país (derivados da perda de colonias en América); isto xerou
desconfianza nos sectores máis tradicionalistas, que se foron aglutinando arredor do irmán do
irmán do rei, Carlos, que ante a falta de descendencia, era considerado o herdeiro ao trono.

-Con todo, en ​1829 Fernando VII casa con María Cristina de Borbón, coa que ten dúas fillas; entón,
para que a súa filla Isabel II puidera gobernar, o monarca derrogou a ​Lei Sálica a través da
Pragmática Sanción de 1830 ​(autorizando a sucesión feminina á coroa española). Esta decisión
dará lugar a un conflito sucesorio, que tras a morte do rei deriva na Primeira Guerra Carlista
(1833-1840) que enfrentou a: os partidarios do ascenso ao trono de Carlos María Isidro
(absolutistas), e os defensores de Isabel (liberais).
4- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL​ ​(liberalismo e diferentes familias políticas)

-Entre ​1808 e 1833​, é dicir, dende a invasión napoleónica ata o fin do reinado de Fernando VII,
España estivo marcada polo ​enfrontamento ​entre dous modelos políticos e ideolóxicos​: o
absolutismo e o l​iberalismo​; cun claro dominio do primeiro. Porén, a ​Primeira Guerra Carlista​,
desatada tras a morte de Fernando VII, propiciará o ​establecemento ​definitivo dun Estado Liberal
en España, que ​comezara coas Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812​.

Ante o ​estalido da Guerra​, o ​apoio dos absolutistas a Carlos María Isidro fai que o ​liberalismo se
converta no principal ​apoio da rexente ​María Cristina de Borbón​, co obxectivo de garantir que o
trono español fora ocupado pola súa filla Isabel​; logo, a rexente nomea un novo goberno,
encabezado polo moderado ​Martinez de la Rosa​, que impulsou o ​Estatuto Real (​1832​) para
provocar a transición cara o liberalismo.

-O ​l​iberalismo é unha ideoloxía baseada no ​respecto aos dereitos e liberdades individuais​, na


igualdade ante a lei​, na ​participación política dos cidadáns​, e na ​división do poder​: executivo
(Goberno), lexislativo (Cortes) e xudicial (Tribunais). A nivel ​económico​, aposta pola ​propiedade
privada​, e pola ​liberdade económica e de empresa​; é dicir, defende ​non intervención do
Estado​, deixando que sexan ​a oferta e a demanda as que regulen a actividade económica​. E, en
función do ​criterio de participación política da poboación​, podémolo dividir en ​dúas correntes​: ​o
liberalismo doutrinario (apostaba polo sufraxio censitario), e o ​liberalismo democrático
(apostaba polo sufraxio universal).

-Nun primeiro momento, o ​liberalismo político español estivo influenciado pola ​Revolución
francesa​, mais foise ​moderando e adaptando ​á realidade socioeconómica do país; trátase pois dun
liberalismo de ​carácter doutrinario que representa á oligarquía formada pola nobreza tradicional e
a alta burguesía.

Á marxe desta orientación doutrinaria mantívose a ​corrente demócrata (defensores do sufraxio


universal masculino), que non puido facer valer os seus principios políticos ata a ​caída da
monarquía borbónica ​como consecuencia da Revolución de 1868. Tamén compre mencionar
outras tendencias de carácter liberal xurdidas a mediados do século XIX: os ​republicanos​,
antimonárquicos; e a ​Unión Liberal​, un partido de centro, xurdido do acordo entre o moderado
O’Donnel ​e o progresista ​Espartero​, que agrupaba ao sector máis ​moderado do Partido Liberal e
ao máis ​progresista do Partido Moderado​.

-Cómpre mencionar que a monarquía de Isabel II (​1833-1868​) foi un período de gran inestabilidade
política e constitucional. Neste tempo os liberais agrupáronse en torno a dous grandes partidos: ​o
Partido Moderado e o ​Progresista​; houbo unha ​gran alternancia entre eles no exercicio do
poder​, chegando a gobernar a​ Unión Liberal​ nos últimos anos do reinado de Isabel II (1856-1868).
-Os ​moderados​, de talante conservador, asumiron plenamente os principios do ​liberalismo
doutrinario​; contaban coa ​predilección dos monarcas españois e o apoio dos grupos poderosos
da sociedade, e por conseguinte exerceron máis tempo o poder. O seus principios están recollidos
na ​Constitución de 1845​, base do moderantismo, promulgada durante a ​Década Moderada
(1844-1854)​ :

❖ Desconfían da participación das masas populares na vida política​, polo que apoiaron o
sufraxio censitario​ (só dereito a voto os grandes contribuíntes e persoeiros destacados)

❖ Son partidarios da ​soberanía compartida entre a Coroa, cun papel político activo, e as
Cortes, cámaras de representación cidadá​; apostaron por un ​sistema bicameral​: Senado
de designación real, e Congreso.

❖ Defendían a ​centralización administrativa​; reformaron o sistema educativo (Plan Pidal);


asinaron o ​Concordato coa Santa Sé (1851), que deu lugar á conciliación coa Igrexa
católica; ​limitaron dereitos e liberades​, como o de expresión e asociación; ​opuxéronse á
Milicia Nacional ​e crearon a ​Garda Civil​.

❖ Como principais líderes podemos destacar ao ​xeneral Narváez​ e a ​Bravo Murillo​.

-Fronte a eles, os ​progresistas (cuxos principais líderes foron ​Mendizábal​, ​Espartero​, ​Madoz e
Prim​), apostaban pola instauración dun ​réxime totalmente liberal​, tal e como establecen na
Constitución de 1837, ​escrita na etapa da rexencia de Espartero (1841-1843) ​. Ademais, durante
o ​Bienio Progresista ​(1854-1856) hai que salientar a elaboración da Lei Xeral de Ferrocarís e a
Constitución de 1856​, coñecida como “non nata”, pois non se chegou a publicar.

❖ Defendían a ​soberanía nacional​, o ​predominio das Cortes no sistema político, e a non


intervención da Coroa​; recoñecían a ​división de poderes​, e apoiaban a ​descentralización
administrativa​ para reforzar os poderes locais.

❖ Pretendían p​rofundar nos ​dereitos e liberades​, ​ampliar o sufraxio restrinxido á mediana


e pequena burguesía​, e establecer a ​Milia Nacional​.

❖ Tamén eran partidarios de ​limitar o influxo da Igrex​a, por conseguinte, levaran a cabo
desamortizacións das terras eclesiásticas (Mendizábal, Espatero, Madoz) e reclamaron
unha ​maior liberdade de culto​ dentro do estado confesional.

-Finalmente, a ​crise que se produciu entre ​1863 e 1868​, debido ao ​excesivo intervencionismo de
Isabel II​, que alterou o sistema liberal provocando unha gran inestabilidade política, marcou o final
do seu reinado. Ante esta situación, ​progresistas e demócratas asinaron o ​Pacto de Ostende
para acabar coa monarquía.
5- A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869

-En España, a partir de ​1866​, a ​crise económica e máis a ​política únense para lle poñer ​fin á etapa
de ​prosperidade económica​ do momento e provocar unha ​inestable situación política​.

-As ​prácticas ditatoriais do xeneral ​Narváez nos últimos ​gobernos moderados​, estenderan a
impopularidade do réxime (entregado ao servizo dunha ​oligarquía​), e da ​raíña Isabel II​, firme
apoio do ​moderantismo​. Así, no ano ​1868 ten lugar a revolución coñecida como ​Gloriosa ou
Setembrina​, protagonizada por todas as forzas opositoras a Isabel II, que ​expulsou os Borbóns
do trono de España e abriu a posibilidade de configurar un ​novo sistema político​.

O ​contexto no que se produce a revolución é de ​profundo malestar social provocado por: unha
crise de subsistencia​, debido á sucesión de ​malas colleitas​; ​industrial​, polo ​encarecemento do
algodón tras a Guerra de Secesión dos Estados Unidos, que significou a ​crebra de moitas
industrias​; e ​financieira​, provocada polas ​dificultades económicas na industria e ​nas finanzas​,
debido aos ​investimento ferroviarios non rendibles​. Sumado a todo isto, o ​descontento da maioría
da sociedade cun ​sistema político ​pouco permeable á participación da cidadanía e ​nada sensible
ás novas necesidades do país​, fixo que se materializase o ​Pacto de Ostende​, documento asinado
por progresistas e demócratas dirixido contra o goberno, e para acabar coa monarquía de Isabel II.

-Este ​situación uniu a todos os ​grupos políticos baixo unha ​causa común​: establecer un ​goberno
provisional baseado no ​liberalismo democrático e que convocase ​eleccións para constituír
unhas​ novas Cortes​, elixir un ​novo modelo de Estado​ e redactar unha ​nova constitución​.

-Entón, a ​Revolución Gloriosa iniciouse en ​setembro de 1868, en ​Cádiz​, co ​pronunciamento das


tropas do almirante Topete​, protagonizado tamén por ​Serrano e Prim​; e fíxose publico un
manifesto, baixo o lema “Viva España con honra!”, denunciando a ​corrupción da monarquía e
pedindo a f​ormación dun goberno provisional​, ao tempo que animaba aos ​cidadáns a apoiar o
movemento militar​. Así a sublevación foise espallando; o éxito acadouse pouco despois, cando os
sublevados ​venceron ​ás tropas borbónicas na ​batalla de Alcolea (Córdoba), o que levou á
dimisión do goberno ​ e o ​exilio da raíña​ Isabel II.

-En ​paralelo ao alzamento militar​, xurdiron nas cidades numerosas ​xuntas revolucionarias que
que se erixiron como ​poderes autónomos​, incorporando numerosas ​demandas populares ao seu
programaba (abolición de impostos, rebaixa dos aranceis, supresión das quintas...). Dáse pois
unha ​unión de pronunciamento e revolución social​; porén, os ​dirixentes progresistas (​Prim​) e
unionistas ​(​Serrano​) vían isto con preocupación, pois consideraban que a revolución debía ser un
movemento desde arriba​, ​protagonizado só por uns poucous dirixentes e enfocado ao ​cambio de
réxime político​.
-Logo, tras ​o exilio de Isabel II a París, formouse un G ​ oberno provisional integrado por
unionistas, progresistas e demócratas​, presidido por ​Serrano​; puxéronse en marcha numerosas
reformas políticas e económicas (​Lei de Minas de 1871​, establecemento da peseta como moeda
nacional, apertura do mercado español aos investimentos estranxeiros...) e convocáronse ​Cortes
constituíntes elixidas por ​sufraxio universal​.

Estas ​Cortes elaboraron unha nova ​Constitución no 1869 que, inspirada nos principios do
liberalismo democrático​, establecía a ​soberanía nacional​, entendida como popular; a ​monarquía
parlamentaria ​como forma de goberno (facer as leis lle correspondía só ás Cortes, e o rei non tiña
dereito a veto); unha ​clara separación de poderes​: o rei exercía o poder executivo suxeito á
soberanía nacional, as Cortes o lexislativo, e o xudicial, en mans dos tribunais, era independente;
Cortes bicamerais (Congreso e Senado); a prohibición da censura; e unha serie de ​dereitos e
liberdades amplos ​entre os que se deben destacar os relativo ao ensino, liberdade de culto e o
dereito de asociación e reunión.

-Despois da promulgación da Constitución, ​Serrano foi nomeado ​rexente provisional ​mentres se


buscaba un novo rei para España, que tiña que ser ​católico, liberal e contar co apoio das potencias
europeas​; este finalmente será ​Amadeo de Saboia​.

Con todo, o asasinato de Prim, que deixa ao monarca sen o seu principal valedor, as dificultades
de goberno na coalición, o regreso do problema carlista, a sublevación en Cuba e a falta de
colaboración por parte dos sectores tradicionais, provocaron que en ​1873 o ​monarca renunciara​,
abriíndose paso así a ​1ª República​.
6- A PRIMEIRA REPÚBLICA ​(proxecto de constitución federal e cantonalismo)

-Tras a promulgación da ​Constitución de 1869​, que definía o Estado español como unha
monarquía parlamentaria​, iniciouse un longo proceso de busca dun novo rei. O elexido finalmente
será ​Amadeo de Saboia​, mais o ​asasinato de Prim​, que deixa ao monarca sen o seu principal
valedor, provoca, xunto con diversas dificultades ( ​o regreso do problema carlista, a sublevación en
Cuba, a falta de colaboración por parte dos sectores tradicionais, e a crecente oposición
republicana​), que en ​1873 ​o monarca renuncie, abríndose paso así ​a 1º República española​.

-Despois da ​renuncia ao trono de Amadeo I​, o ​Congreso e o Senado reúnense conxuntamente


en ​Asamblea Nacional​, que, malia ser maioritariamente monárquica, proclama, ante a falta de
alternativas, a ​República o 11 de febreiro de 1873; a mesma Asamblea ​asume todos os poderes
e nomea presidente do poder executivo a ​Estanislao Figueras​ (​xefe do Estado e do Goberno​).

Con todo, existían ​fortes diferenzas entre os republicanos sobre a ​organización política do
Estado​. Por unha banda, os ​unitarios​, encabezados por ​Castelar​, defendían unha ​república
unitaria​, e mantiñan posicións máis ​conservadoras​. Por outra, os ​federais apostaban por unha
república federal​, o ​laicismo​, e a ​intervención do goberno en favor das clases populares​; e
dividíanse en: ​benévolos (​Pi i Margall​), partidarios d​a configuración da federación “dende arriba”,
mediante a decisión das Cortes​; e ​intranxisentes ou cantonalistas (​José María de Orense​), que
apoiaban a ​insurrreción popular armada e a construción da repúbica federal “dende abaixo”,
mediante a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores​.

-Como consecuencia destas ​tensións convocáronse ​novas eleccións (celebradas por ​sufraxio
universal masculino para os maiores de 21), que foron ​gañadas polos federais​, polo que se
proclamou a r​ epública federal con Pi i Margall como presidente​; e consecuentemente,
elaborouse un proxecto de ​Constitución federal​. Segundo esta, o ​Senado pasaba a ser a cámara
de representación territorial​, perdendo a función lexislativa; a xefatura do Estado ficaba en mans do
presidente da República, quen, nomeaba ao presidente do Goberno e aos seus ministros;
declarábase a ​separación de Igrexa e Estado​; e definíase España como ​República Federal​, con ​17
Estados (incluíndo Cuba e Puerto Rico), d​ivididos en estados rexionais​, cada un dos cales tería a
súa Constitución e ampla autonomí​a. Porén, ​non chegou a entrar en vigor, ​pois a República
caeu pronto nunha fonda inestabilidade..

-Neste período ​incrementa a ​axitación social e política (protestas obreiras das que foi partícipe a
AIT) e o ​movemento cantonalista tomou forza​. O cantonalismo extendeuse por numerosas
rexións, defendendo a configuración dunha ​federación construída a partir da unión voluntaria dos
cantóns (unidades políticas inferiores que proclamarían a súa soberanía); os seus partidarios
protagonizaron diversas ​insurreccións en 1873​, en municipios como Cartaxena ou Sevilla, que
propiciaron a ​dimisión de Pi y Margall​, ao ​negarse este a sufocar a revolta polas armas​.
-A partir dese momento, a ​República toma un ​xiro conservador​, cos gobernos de ​Nicolás
Salmerón e ​Emilio Castelar​, apoiados en militares como ​Pavía e ​Martínez ​Campos​: ​Salmerón
iniciou unha ​acción militar que sufocou rapidamente a rebelión (agás en Cartaxena, onde durou ata
1874), mais dimitiu ao negarse a asinar dúas penas de morte a cantonalistas; ​Castelar​, republicano
unitario e conservador, ​pechou as Cortes e gobernou por decreto​, perdendo a confianza dos
federais, que, descontentos, deciden escoller un ​novo presidente no Congreso​, feito que
impediu ​o golpe de Estado do xeneral Pavía ​disolvendo a Asamblea Nacional​. Ante esta
situación de baleiro do poder, o ​xeneral Serrano asume o ​poder executivo da República​,
suspendendo as garantías constitucionais ata rematar coa forte inestablilidade e convocar Cortes
constituíntes.

-En definitiva, as tensións entre republicanos, as guerra Carlista e Cubana, e o incremento das
reivindicacións sociais revolucionarias, provocaron a ​permanente inestabilidade da República​;
isto favorecerá os intentos de ​Cánovas del Castillo ​de ​restaurar a monarquía na persoa de
Afonso de Borbón, quen se presenta como un monarca constitucional e liberal no manifesto de
Sandhurst. É dicir, o ​Sexenio Democrático​, que ​comezara en 1868 tras o pronunciamento contra
Isabel II, ​rematará con outro pronunciamento​, pero agora dos defensores da restauración borbónica
(Martínez Campos, 1874); desencadeando deste xeito o ​final da República e o inicio da
Restauración Borbónica.
7- A RESTAURACIÓN ​(retorno da monarquía e constitución de 1876)

-A ​inestabilidade política vixente durante o Sexenio Democrático​, incrementada durante o período


republicano coa rebelión cantonalista, favoreceu os plans de ​Antonio Cánovas del Castillo para
restaurar a monarquía en mans da dinastía dos Borbóns. De feito, as súas ideas triunfan en ​1874​,
cando ​Afonso XII, ​fillo de Isabel II, fixo público desde o exilio en Gran Bretaña o ​Manifesto de
Sandhurst​, no que se poñía á disposición dos españois e se presentaba como un ​monarca
constitucional, católico e liberal​. Nese mesmo ano produciuse o ​pronunciamento de Sagunto​,
dirixido polo xeneral ​Martínez Campos​, quen posicionouse a favor da monarquía e ​proclamou a
Afonso XII como rei de España​; iniciouse así o período coñecido como ​Restauración Borbónica​.

-Entón, ​tras o pronunciamento de Martínez Campos​, ​Alfonso XII chega a España e nomea como
presidente do Goberno a ​Cánovas del Castillo​, que leva a cabo unha ​reforma política para volver
a implantar un ​réxime oligárquico​, pero a​corde aos principios do liberalismo conservador​; así,
España é definida como unha ​monarquía constitucional doutrinaria conservadora​. O Goberno
debía contar cunha ​dobre confianza​: ​a da Coroa e a da Cortes​; este debía ser nomeado pola
Coroa​, e contar coa ​maioría parlamentaria nas Cortes​, por iso, se era necesario, ​manipulábanse os
resultados electorais​.

O sistema canovista estaba baseado no ​bipartidismo​: dous grandes partidos, un no Goberno e o


outro na oposición, coñecidos como partidos dinásticos (apoiaban a monarquía) ou partidos da
quenda, se alternarían no exercicio do poder. Deste xeito, apareceron o ​Partido Conservador​,
liderado por ​Cánovas​, que incluía os ​antigos moderados e membros da Unión Liberal; e o ​Partido
Liberal, ​dirixido por ​Sagasta​, formado por ​progresistas e demócratas​.

Para garantir a estabilidade deste sistema era indispensable a ​alternancia pacífica de Goberno,
baseada na ​quenda de mutuo acordo entre os partidos​: cando un Goberno tiña dificultades, a
Coroa nomeaba como presidente ao xefe do partido da oposición, e a continuación, disolvía as
Cortes, convocando unhas ​eleccións que necesariamente tiña que gañar o partido do novo
Goberno​; isto levou ao sistema a un continuo proceso de fraude electoral, baseado en ​métodos
como o encadramento e o caciquismo​.

Con todo, a verdadeira ​importancia do acordo na quenda de goberno (consolidado no Pacto do


Pardo con motivo da morte de Alfonso XII, por temor a unha desestabilización do sistema político)
residía na necesidade de ​apartar ao exército da vida política​ e ​evitar os pronunciamentos​.

-Outra das ideas de Cánovas era a ​de devolverlle á Igrexa o seu prestixio perdido durante o
Sexenio​, principalmente no campo educativo; e tamén cómpre destacar ​o t​ ransaccionismo​, ​que
en materia de dereitos, dotaba de certa flexibilidade ao sistema segundo gobernase o partido
conservador, máis restrictivo nesta materia, ou o partido liberal, máis tolerante.
-No que atinxe á ​Constitución de 1876, ​híbrido entre a Constitución doutrinaria do 45 (para as
cuestións principais de funcionamento) e a do 69 (en materia de dereitos)​, foi aprobada tras a
convocatoria de eleccións constituíntes de Cánovas polas novas Cortes (con maioría de deputados
do Partido Conservador). Malia ter un marcado ​carácter conservador​, a Constitución ​redactouse
con certa flexibilidade​, e nela establecíase un réxime oligárquico rexido por unha ​monarquía
constitucional doutrinaria conservadora​.

❖ A Coroa gozaba de importantes prerrogativas​: compartía a soberanía coas Cortes;


nomeaba ao presidente do Consello de ministros; sancionaba e promulgaba leis; tiña dereito
de veto; exercía o mando supremo das forzas armadas e dirixía a vida política internacional.
É dicir, o monarca ademáis de reinar, gobernaba

❖ As ​Cortes bicamerais estaban constituídas polo ​Congreso​, cuxos membros serían elixidos
polos cidadás de acordo cunha lei electoral posterior, e o ​Senado​, formado por membros
vitalicios asignados polo propio rei, por dereito propio, ou elixidos polos maiores contribuíntes.

❖ Recoñecía unha ​ampla declaración de dereitos e liberdades (imprenta, expresión,


asociación, reunión), aínda que se deixaba a súa posterior regulación ao executivo.

❖ Establecía o ​Catolicismo como relixión ofical do Estado aínda que tamén se recoñecía a
liberdade de conciencia e de culto​.

En definitiva, o ​réxime establecido durante a ​Restauración borbónica foi unha ​monarquía


constitucional doutrinaria ​favorable aos intereses sociais, políticos e económicos das clases
burguesas e aristocráticas, que ​mantivo fóra do xogo político á maioría do país​, ao implantarse
un sistema corrupto que empregaba todo tipo de recursos para modificiar ao seu gusto os
resultados electorais.
8- A VIDA POLÍTICA DA RESTAURACIÓN ​(quenda, caciquismo e fraude electoral)

-A ​inestabilidade política vixente durante o Sexenio Democrático​, incrementada durante o período


republicano coa rebelión cantonalista, favoreceu os plans de ​Antonio Cánovas del Castillo para
restaurar a monarquía en mans da dinastía dos Borbóns. De feito, as súas ideas triunfan en ​1874​,
cando ​Afonso XII, ​fillo de Isabel II, fixo público desde o exilio en Gran Bretaña o ​Manifesto de
Sandhurst​, no que se poñía á disposición dos españois e se presentaba como un ​monarca
constitucional, católico e liberal​. Nese mesmo ano produciuse o ​pronunciamento de Sagunto​,
dirixido polo xeneral ​Martínez Campos​, quen posicionouse a favor da monarquía e ​proclamou a
Afonso XII como rei de España​; iniciouse así o período coñecido como ​Restauración Borbónica​.

-Cánovas, nomeado polo rei ​presidente de Goberno​, leva a cabo unha r​ eforma política para
volver a implantar un ​réxime oligárquico​, pero acorde aos principios do ​liberalismo conservador; así,
España é definida como unha ​monarquía constitucional doutrinaria conservadora​. O goberno
era nomeado pola rei, pero tiña que contar co apoio das Cortes; e o réxime estaba fundamentado
no ​bipartidismo​, na quenda pacífica de goberno entre dous partidos dinásticos (apoiaban a
monarquía): o ​Partido Conservador, liderado por Cánovas; e o ​Partido Liberal, dirixido por
Sagasta​.

Ademais, levouse a cabo unha ​reforma constitucional en 1876 que produce un texto mestura da
constitución do 45 ​(para as cuestións principais de funcionamento) e a do 69 (en materia de
dereitos)​, no que destacan: a soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes; o recoñecemento
dunha ampla serie de dereitos e liberdades (imprensa, expresión, asociación); e a confesionalidade
do Estado.

-Entón, o sistema canovista estaba baseado na ​quenda de muto acordo entre o partido
gobernante e a oposición, o que permitía garantir a ​estabilidade polític​a e ​evitar que a oposición
recurrira ao pronunciamento​. Logo, cando un Goberno tiña dificultades, a Coroa nomeaba como
presidente ao xefe do partido da oposición, e a continuación, disolvía as Cortes, convocando unhas
eleccións que necesariamente tiña que gañar o partido do novo Goberno

Como consecuencia disto, c​omo consecuencia dun mecanismo no que o goberno sae do ​acordo
entre os partidos do sistema​, produciuse durante esta época un continuo proceso de ​fraude
electoral e ​falseamento dos procesos electorais​. Algúns dos métodos empregados foron: o
pucheirazo​, que consistía na ​substitución no pucheiro (urna electoral) dos votos xa emitidos por
outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse elixido, ou na modificación da acta do
reconto dos votos; o ​encadramento ou encasillado​, no que o ​ministro de Gobernación elaboraba
a lista de candidatos que debían sair escollidos en cada distrito, ​nomeando aos candidatos e os
escanos que se repartiría cada partido de acordo ​co seu papel asignado nesa convocatoria​.

Con todo, para que este proceso culminara de acordo co previsto, ​era imprescindible contar coa
intervención dos ​caciques​, figura implantada de forma xeneralizada no ámbito rural, malia que
tamén actuaba, en menor medida, no mundo urbano; estes ​dominaban o poder local ​e controlaba
os votos do seu territorio valéndose do seu ​poder económico, social, ou incluso recorrendo ao uso
de favores persoais​ a cambio do apoio a un candidato oficial.
-En definitiva, o ​réxime establecido durante a ​Restauración borbónica foi unha ​monarquía
constitucional doutrinaria ​favorable aos intereses sociais, políticos e económicos das clases
burguesas e aristocráticas, que ​mantivo fóra do xogo político á maioría do país​. Implantárase un
sistema corrupto​, duramente criticado polo ​Rexeneracionismo e pola oposición política, que
u​tilizaba calquera recurso para falsear os resultados electorais e que aumentou non só o
descontento da poboación co sistema, senón tamén ​a conflictividade social e política. Isto, sumado
ao ​desastre do 98 (perda das últimas posesións coloniais: Cuba, Puerto Rico e Filipinas),
provocou o inicio dunha ​grave crise a principios do século XX, período coñecido como o a ​crise da
Restauración​.
9- A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO SÉCULO XIX.

-​No último terzo do século XIX​, a ​tendencia centralizadora dos gobernos da Restauración
provocou a aparición de ​organizacións que defendían a descentralización​. Por conseguinte,
como noutros estados europeos, onde se desenvolveron ​movementos nacionalistas​, en España
xurdiron os ​rexionalismos e nacionalismos​. Estes déronse en ​territorios periféricos​, dotados de
e​lementos culturais diferenciados (lingua, tradicións e costumes propios), como ​Cataluña, Galicia
e o País Vasco​; tamén ​xurdiron movementos rexionalistas en Aragón, Andalucía e Valencia, pero
non chegaron a consolidarse.

-O ​proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional ​propia pasou por diversas
fases: ​primeiro, un ​número reducido de eruditos burgueses comeza a interesarse pola historia, a
lingua e a cultura da súa comunidade, creando as bases para unha ​solidariedade colectiva​;
despois, súmase a ​axitación política​, aspirando a conseguir cotas de autogoberno.

-No c​ aso catalán​, o desenvolvemento industrial experimentado en Cataluña deu lugar á aparición
dunha burguesía de negocios, que coincidiu, en ​1830, co movemento literario da ​Renaixença,
impulsando un proceso de ​recuperación da cultura e a lingua propias​. Na década dos ​80​, o
catalanismo cultural deu paso ao político​, de orientación ​rexionalista​, que aspiraba a lograr un
maior autogoberno para Cataluña, distinguindo: a tendencia progresista, liderada por Almirall; e a
tradicionalista, por Torras i Bages. Ademais, en ​1891​, o ​catalanismo consolidouse coa creación
da Unión Catalanista​, polas súas demandas de restaurar as institucións históricas e o traspaso de
competencias; ​a súa primeira Asemblea tivo lugar en ​Manresa en 1892​, onde se aprobaron as
bases para a ​Constitución Rexional Catalá​, ​Bases de Manresa, ​que reivindicaban o
autogoberno. Logo, o ​catalanismo adquiriu unha orientación ​tradicionalista e burguesa​.

Tamén cómpre salientar a entrega a ​Alfonso XII ​do ​Memorial des Greuges​, con reivindicacións
políticas e económicas en defensa do proteccionismo. E será a principios do ​século XX cando o
catalanismo adopte unha ​orientación ​nacionalista​, coa creación en ​1901 da ​Lliga Regionalista,
principal forza política catalá a comezos do século XX, fundada por ​Enric ​Prat de la Riba e
Francisco​ Cambó​.

-Con respecto ao ​galeguismo​, experimentou unha lenta evolución na ​segunda metade do século
XIX​. Nunha ​primeira etapa​, iniciada en ​1840​, o ​provincialismo alentaría a progresiva ​toma de
conciencia das particularidades e necesidades de Galicia; ese impulso precursor viuse ​reforzado
nos anos 60 polo Rexurdimento​, movemento cultural iniciado por ​Rosalía de Castro​, que
aspiraba á revitalización do galego como lingua literaria. Con todo, será a partir de ​1880 cando
xurda o ​rexionalismo​, defensor do dereito á autonomía política, e que tivo como figuras mais
destacadas ao ​liberal Manuel ​Murguía e o ​conservador Alfredo Brañas​. En 1887 convócase a
Asemblea Federal da Rexión Galega​, que aprobou o proxecto dunha Constitución propia; e en
1890, créase a ​Liga Rexionalista galega​.
-No que atinxe ao c ​ aso ​vasco​, este estivo marcada por un feito político: a ​abolición dos foros en
1876 (tras a derrota definitiva dos carlistas), que provocou unha ​reacción en defensa das
institucións suprimidas e, por extensión, da lingua e cultura vascas​. Aínda que as protestas levaron
a ​Cánovas a aprobar os ​Concertos Económicos​, recoñecendo a ​autonomía fiscal das Provincias
Vascas xurdiu un ​movemento reivindicativo encabezado por ​Sabino Arana​. Este proclamou que
o​s vascos constituían unha nación independente de España​, defendendo a pureza racial do pobo
vasco. Ademais, fundou en ​1895 o Partido Nacionalista Vasco ​(de dirección reivindicativa e base
independentista moderada), popularizou o nome de ​Euskadi para a súa patria, deseñou unha
bandeira (ikurriña) e propuxo o lema “Deus e Leis Vellas”, no que se aprecia a defensa do
catolicismo e a tradición​.

-En definitiva, ​dende mediados do século XIX comezan a ​desenvolverse diferentes


manifestacións culturais e políticas na periferia peninsular ( principalmente Cataluña, Galicia e País
Vasco), que evolucionan na defensa da existencia de nacións propias diferenciadas da
española​; e que, malia os ​seus comezos minoritarios​, ​convertéronse en movementos de masas​,
chegando incluso a enfrentarse aos partidos da quenda (Lliga foi o principal partido catalán no
primeiro terzo do século XX).
10- A REFORMA AGRARIA LIBERAL: ​as desamortizacións

-No ​Antigo Réxime ​diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a
producción agrícola e a propiedade da terr​a. Por iso, a ​burguesía liberal ​consideraba
imprescindible realizar unha ​reforma agraria​, baseada na ​abolición do réxime señorial, o fin do
privilexio do gando, a desvinculación dos morgados, a supresión do dezmo e as servidumes
colectivas​, e a ​desamortizació das terras eclesiásticas e comunicais​, a medida más importante
desta reforma.

​ esamortización é a ​expropiación e venda en poxa pública dos bens pertencentes á Igrexa e


-A d
aos concellos​, que tiña como obxectivo, ademais de i​mpulsar a reforma agraria​, ​dotar de recursos
económicos ao Estad​o, co fin de solventar os seus problemas do endebedamento público.

➢ O ​primeiro intento de desamortización levouse a cabo durante o ​Goberno de Godoy, en


1798​, por motivo das ​dificultades da Facenda provocadas polas constantes guerras contra
Inglaterra​. Esta medida afectou a unha ​pequena cantidade de propiedades da Igrexa​, que
recibiron unha p​orcentaxe do valor das terras vendidas​.

➢ Durante a ​revolución liberal, as Cortes de Cádiz promulgaron, en ​1813 ​diversas


desamortización​s; o Estado confiscaba e poñía en venda, entre outros, os bens do
afrancesados. Oseu obxectivo era ​facer fronte á débeda derivada da guerra contra os
franceses​.

➢ Seguiulle a ​desamortización eclesiástica de Mendizabal​, durante o ​goberno progresista​,


no ​1836 o que afectou ao ​clero regular (conventos e mosteiros). A súa finalidade era ​reducir a
débeda pública, recadar diñeiro para financiar a guerra contra o Carlismo, ampliar os adeptos
de Isabel II e desmantelar o poder económico da Igrexa​.

➢ No ​1841 foi levada a cabo a ​desamortización eclesiástica do ​progresista Espartero​,


c​ompletando así a iniciada por Mendizabal​; declaráronse nacionais os bens do ​clero secular
(igrexas e capelas). O seu obxectivo era de ​carácter fiscal, recadar fondos para Facenda​.

➢ Dende ​1844​, os ​gobernos moderados ​paralizaron o proceso e alcanzaron un ​acordo co


Vaticano​, ​o Concordato de 1851​; o goberno tiña que ​soster economicamente ao clero​.

➢ Así e todo, en ​1855​, durante o ​Bienio Progresista​, foi aprobada a ​Lei xeral de
desamortización​, presentada polo ministro ​Madoz​. Iniciose así a ​desamortización civil​, pola
que se ​puñan en venda os bens do Estado e dos concellos​, e rematouse coa desamortización
eclesiástica ​sacando á venda o que aínda quedaba das propiedades eclesiásticas​. Esta
desamortización xerou un ​gran impacto na sociedade: ​os campesiños non tiñan diñeiro
para comprar as súas terras​, polo que ​acabaron de xornaleiros para os novos donos delas​. A
maior parte dos ingresos recadados destináronse á ​construcción do ferrocarril​.
-En definitiva, como m ​ edida política as desamortizacións foron un éxito, pois o ​réxime de
propiedade da terra transformouse, ​consolidándose a propiedade privada ​e o ​réxime liberal​.
Desde o ​punto de vista socio-económico​, supuxeron a ​desaparición das fórmulas xurídicas
vinculadas á propiedade da terra do Antigo Réxime (mans mortas, morgados, dezmos...), mais
foron unha ​ocasión perdida para conseguir que unha gran parte dos campesiños puidesen acceder
a elas​, beneficiándose só a nobreza e a burguesía, que puideron concentrar ​grandes propiedades
latifundistas nas súas mans; e contribuíron ao ​atraso da industrialización ​pola ​desviación dos
recursos financeiros cara a compra de terras​. Ademais, c ​ ulturalmente ​producíronse cuantiosas
perdas no patrimonio artístico e cultural da Igrexa, debido ​ao abandono de conventos e
mosteiros​.
11- OS PRINCIPAIS SECTORES INDUSTRIAIS E O PAPEL DO FERROCARRIL

-A ​revolución industrial​, iniciada en ​Inglaterra a finais do século XVIII​, foi estendéndose por
Europa a diferentes ritmos. España iniciou o ​proceso de industrialización a partir de 1830 con
marcadas limitacións como: ​a despreocupación pola educación e as innovacións tecnolóxicas​; a
e​scasa competitividade dos produtos españois​, debido aos altos prezos das materias primas e
fontes de enerxía; ​a falta de capital e man de obra industrai​l, polo predominio de actividades
relacionadas co sector primario; e ​o excesivo proteccionismo comercial.

-A l​ exislación liberal​, ​aboliu os obtáculos legais contrarios á liberdade de circulación e


producción de bens (supresión de aranceis interiores, unificación de pesos e medidas…) e
procurou a ​construcción de mellores vías de comunicación para conseguir un ​mercado interior
cada vez máis integrado​. Ademais, ​entre 1841 ata 1875 levou a cabo unha ​política
librecambrista​; mais ​a partir de 1875 pasouse a unha ​etapa de proteccionismo​, que ​velaba pola
industria téxtil catalá, os cerealeiros casteláns, a industria do carbón de Asturias e a siderurxia
vasca​. Debido a isto, o ​desenvolvemento industrial en España presentou fortes
desequilibirios rexionais​, convivindo ​zonas industrializadas e urbanizadas con outras ​atrasadas e
rurais​.

-Entón, o​ s sectores que protagonizaron o ​despegue industrializador foron sobre todo a


industria téxtil e a siderúrxica​, mais tamén a ​metalurxia, a industria agroalimentaria​, a ​química
(colorantes, lexía...), a ​conserveira, e a papeleira ou editorial​.

➢ A ​industria téxtil tivo o seu epicentro en ​Cataluña​, que constituiu a ​principal zona industrial
de España​. O seu desenvolvemento estivo moi vinculado á ​introdución da máquina de vapor​,
á ​importación de algodón e carbón​, e á incorporación de ​innovacións tecnolóxicas nas
máquinas de fiar e tecer​. Ademais, foi ​favorecida polas políticas proteccionistas​.

➢ No que atinxe á ​siderurxia​, destacamos, a ​minaría de ​carbón en Asturias​, e a de ​ferro do


País Vasco​, que lle permitiu ​desenvolver tamén unha importante industria metalúrxica de
transformación​. Neste aspecto, é preciso salientar a construción de ​altos fornos en Biscaia​.

➢ En ​Galicia​, o ​panorama industralizador foi pobre, debido a que ​o ​liño​, materia téxtil por
excelencia, non resistiu a competencia do algodón de Cataluña​. Porén, ​a salgadura da pesca
deu lugar a unha ​importante industria conserveira de peixe​, e cabe destacar tamén a
construcción naval e o desenvolvemento da producción hidroeléctrica​, derivada do
aproveitamento dos abundantes cursos de auga​.

➢ Por último, ​Andalucía e Levante teñen en común un ​inicio industrializador no sector


siderúrxico e téxtil​, que ​non tivo continuidade, pola competencia doutras rexións máis
desenvolvidas ou con menores custos de producción (a siderurxia andaluza pola competencia
do norte e os elevados custos do transporte do carbón; o téxtil no Levante pola competencia
catalana). Por conseguinte, ​ambas rexións reorientáronse cara a potenciación do sector
agrario​ (cítricos en Levante; aceite e viño en Andalucía), e​ tamén mineiro en Andalucía​.
-Con respecto á ​introdución do ferrocarril en España​, esta foi tardía; o p ​ rimeiro ferrocarril
inglés ​adicado a ​transporte de viaxeiros funcionou en ​1830​, en ​España non o fixo ata 1848​, nun
pequeño tramo entre Barcelona e Mataró​.

A ​Lei xeral de ferrocarrís de 1855​, deseñou un ​trazado radial desde Madrid ata os puntos
extremos da periferia​; para adaptarse ás características do terreo, implantouse un ​ancho maior
de carrís​, ocasionando ​problemas á hora de unilos con trazados europeos, máis estreitos​; e
estableceuse que a ​construción e explotación das liñas podía ser realizada polo Goberno ou
por compañías privadas​.

Para f​acilitar a construción dos ferrocarrís​, o Estado concedía ​vantaxes aos inversores
privados ​e para o seu financiamento contou con ​tres frontes de recursos​: a ​subvención estatal, o
capital dos accionistas​, e ​o líquido das obrigacions que emitían as propias compañías ferroviarias​.
E na ​construcción dos seus trazados diferénciamos varias fases, nas que se ​intercalan tendecias
de construción a bo ritmo​, con ​outras de lentitude e incluso paralización​, polos ​escasos beneficios
xerados​.

​ aloración que se fai da súa introdución tivo ​aspectos positivos​, na medida en que ​propiciou a
-A v
comunicación interior e o transporte de mercadorías nun país con grandes dificultades orográfica​s;
pero ​tamén negativos​, pois ​os efectos da construción foron inferiores do que se esperaba, debido
a que os gobernos permitiron a ​importación do material ferroviario​, o que ​non estimulou o
desenvolvemento do sector siderúrxico español​.

-En definitiva, ​España incorporouse ao proceso de industrialización europeo con retraso​,


debido ​á debilidade estrutural na industria​, e ao ​desequilibrio territorial, provocado pola ​falta
de desenvolvemento tecnolóxico e a insuficiencia de investimentos​.
12- O MOVEMENTO OBREIRO ​(Sexenio Democrático e Restauración)

-O ​triunfo da industrialización, e do sistema liberal capitalista​, trouxo consigo a ​progresiva


transformación da sociedade estamental nunha sociedade de clases​, e a aparición dunha
novo grupo social: o ​proletariado (obreiros das fábricas). Nesta sociedade existiu unha importante
conflitividade​, que deu orixe á creación de ​organizacións que loitaron para conseguir melloras
salariais e laborais para a clase traballadora​; o conxunto destas actividades chámase ​movemento
obreiro, ​baseado na loita polos dereitos laborais.

-Os ​primeiros episodios de loita obreira foron ​accións desorganizadas de carácter ludita nas
que os ​obreiros destruían as máquinas​, ás que se ​responsabilizaba pola perda de postos de
traballo e da baixada dos salarios​. En España, destacan a ​destrución de máquinas de fiar en
Alcoi ​en 1921 e o ​incendio da fábrica Bonaplata en Barcelona ​en 1835​, contestadas cunha ​forte
represión por parte do goberno e a patronal​.

Logo, comprenderon que ​as máquinas non eran o problema​, senón ​as condicións de traballo​, e
enfocaron a loita na ​mellora das condicións e na defensa do dereito de asociación​. Así, os
obreiros formaron ​asociacións de socorro mutuo​, entendidas como ​sociedades benéficas e de
axuda mutua para facer frente ós problemas do asociado en caso de enfermidade, despido, morte,
etc; desenvolvidas a partir da ​Lei de sociedades de socorros mutuos de obreiros de 1839​.

Estas asociacións terán ​gran importancia no téxtil catalán​, e nas súas reivindicacións empregan
como mecanismo de loita a ​folga (1855 primeira folga xeral). O seu ​desenvolvemento producirase
durante os breves periodos de ​goberno progresista (Espartero 1840-1843 / Bienio progresista de
1854-56), mentres que serán ​prohibidas polos ​gobernos moderados​; de feito, ata 1887, toda
asociación de traballadores era considerada delituosa, o que cambiou coa ​lei de Asociacións do
goberno de Sagasta, ​que​ recoñeceu a liberdade sindical​.

-Pouco a pouco o ​asociacionismo foi extendéndose por toda España​, e na s ​ egunda metade
do século XIX​, a ​apertura política e social que propiciara o Sexenio Democrático permitiu a
e​ntrada e establecemento no noso país de organizacións internacionalistas​, que tiveron unha
fonda repercusión nos movementos sociais​: ​os anarquistas ​e os ​socialistas marxistas.

-Manténdose clara a ​oposición entre estes dous grupos​, organizáronse ​diversos partidos para
loitar pola mellora da clase obreira​.

Así, no ​1864 formouse en ​Londres a ​Asociación Internacional de Traballadores​, ou ​I


Internaciona​l, co obxectivo de ​potenciar a unión e a loita dos traballadores pola súa emancipación
en todo o mundo​. Ademais, no ​1870​, en Barcelona fundouse, a ​Federación Rexional Española​,
integrada na AIT​; esta tivo unha m​arcada influencia anarquista​, e participou de forma importante
na ​axitación social da primeira república​, especialmente no ​movemento cantonal​.
-Con respecto ao ​anarquismo​; este foi ​introducido a partir de 1868 por Fanelli​, ​discípulo de
Bakunin​, e defendía: a ​destrución do Estado e a ​eliminación de calquera tipo de autoridade, da
propiedade privada e das diferenzas socioeconómicas​; a ​organización en comunas autónomas​,
onde ​a autoridade fose substituída por acordos libres entre os seus habitantes​; e que a
transformación debían realizala os propios traballadores​.

Os anarquistas ​desconfiaban da loita política como medio para lograr a transformación da


sociedade, por iso ​practicaban a abstención electoral​, e como ​vía de loita revolucionaria
propuxeron diversos medios​, o que deu lugar á aparición de ​fortes discrepancias entre eles​.

Uns, p​ artidarios da acción sindical​, defendían os ​principios colectivistas e antiautoritarios​, e


crearon en ​1881 a Federación de Traballadores da Rexión Española​, transformada
posteriormente en ​Federación de Resistencia ao Capital​; ​despois da Semana Tráxica de
Barcelona​, fundaron a ​Confederación Nacional do Traballo (1910). Outros, en cambio, eran máis
extremistas e d ​ efendían a acción directa​: ​atentados contra os intereses e os personaxes das
clases dominantes (atentado contra Afonso XII, asasinato de Cánovas...); nesta liña de actuación
encádrase a ​organización anarquista secreta da Man Negra​.

-Por outra banda, ​o socialismo marxista​, introducido por ​Paul Lafargue​, ​xenro de Marx​,
defendían a ​loita de clases do proletariado​, ​organizado en sindicatos e partidos políticos
obreiros​, para ​conquistar o poder e impoñer medidas de forza para ter condicións de vida iguais​.

➢ Pablo Iglesias impulsou o ​Partido Socialista Obreiro Español (PSOE, 1879) e a ​Unión
Xeral de Traballadores (UXT, 1888). Entre ​o partido e o sindicato existía unha estreita
interdependencia​, e ambas contribuíron ​á fundación ​en París da Segunda Internacional​, a
cal declarou o ​Primeiro de Maio como día da clase obreira​.

➢ Mais tarde, ​unha parte dos socialistas separáronse e formaron o ​Partido Comunista de
España​.

-​Ante o avance do anarquismo e do socialismo entre as clases traballadoras, a ​xerarquía


eclesiástica​, contando nalgúns casos co ​apoio dos empresarios​, tentou contrarrestalas mediante
organizacións con obxectivos semellantes, pero desde unha ​óptica cristiá​: as ​sociedades
obreiras católicas​.

-Con todo, o ​incremento dos prezos e a ​escaseza dos produtos ou ​os impopulares impostos
dos consumos ​orixinaron frecuentes motíns espontáneos contra os responsable​s. Así, o ​goberno
do Estado Libera​l exerceu sempre unha forte vixilancia, e o ​non dubidou en empregar a forza,
mediante a Garda Civil e o exército​, para sofocar estes levantamentos​, sobre todo no Primeiro de
Maio; mais a pesar das dificultades, ​o movemento obreiro foi conseguindo leis que regulasen o
traballo, salarios, xornada laboral, etc.

You might also like