You are on page 1of 2

1ª COMPOSICIÓN: – A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA:

Carlos IV (1788-1808) accede ao poder coa morte de seu pai Carlos III: O seu reinado estivo
marcado pola Revolución Francesa, a alianza con Napoleón e os graves problemas dentro da propia
familia real. Derivando na crise da monarquía Española.
A Rev. Francesa estala no 1789 cuestionanado os fundamentos políticos e sociais do Antigo Reximen.
España reacciona oscilando entre o pánico e os que compartian a ideoloxia revolucionaria.

 O Conde Floridablanca (Secretario de estado 1777-92) leva acabo un serio control da


propaganda revolucionaria atraves da inquisición (prohibe libros, saida de estudantes,
censura de noticias e control sobre os estranxeiros).
 O seu sucesor: Conde de Aranda tiña unha idea politica mais aberta e neutral cara a
revolución. O que o levou á súa cesión polo rei e nomease no seu lugar a Manuel Godoy. un
fidalgo de gran ambición que ascendeu rapidamente grazas á protección de reina María
Luisa.
A execución de Luís XVI levou a España a declara a guerra a Francia. O enfrontamento bélico
saldouse coa derrota das tropas españolas e coa firma da Paz de Basilea na que Godoy obtivo o
título de Príncipe da Paz.
A partir dese momento, e especialmente dende o ascenso de Napoleón Bonaparte (1799), a política
de Godoy busca a alianza coa poderosa Francia, asinando unha serie de pactos con Napoleón.
España converteuse en aliada de Francia e enfrontouse a Gran Bretaña. A derrota da flota española
na batalla de Trafalgar (1805), significou o fin do poderío naval español e Napoleón decretou o
Bloqueo Continental a todos os produtos británicos, pero a negativa de Portugal a secundar isto,
conduciu a Napoleon a planificar a súa conquista contando co apoio da monarquía hispánica. No
ano 1807 España e Francia firman o Tratado de Fontainebleau, con este, Napoleón obtivo o
consentimento de Godoy para que os seus exércitos atravesasen España co obxectivo de atacar
Portugal, aliada de Inglaterra. Neste tratado España e Francia repartíanse Portugal e creábase para
Godoy o principado dos Algarves (sur de Portugal).
A situación do país era complicada, o crecemento económico frenouse, o déficit da facenda
agravouse porque non chegaban os ingresos desde América polo bloqueo inglés, a perdas de
colleitas e as novas epidemias (febre amarela), provocaban unha poboación debilitada pola
escaseza e a fame. A crise política era evidente polas derrotas militares, ao tempo que o goberno era
cada vez máis impopular pola campaña da alta nobreza e clero contra Godoy e convencendo as
clases populares de que el era o responsable de todos os males do país. A súa influencia sobre os
reis e a acumulación de poder e títulos xerou un forte resentimento en Fernando VII , fillo de Carlos
IV. Temeroso de perder a sucesión ao trono, foi reunindo o descontento dunha facción nobiliaria
(Fernandinos). Este “partido” intentaba desprestixiar o valido e aos reis, conspiraron para lograr
desprazar a Godoy do goberno e conseguir que Carlos IV abdicase no nome do seu fillo (Conxura do
Escorial), pero foron descubertos (outubro de 1807).

En 1808 as tropas francesas entran en España provocando un forte malestar popular. Godoy empeza
a sospeitar das intencións de Napoleón (incorporar tamén España ao seu Imperio) debido ao
comportamento das súas tropas, propuxo aos reis unha retirada estratéxica a Sevilla e de alí a
América. Este traslado á residencia de Aranjuez incrementou o medo popular e foi aproveitado
polos `Fernandinos´, para levar a cabo o Motín de Aranjuez o 18 de marzo de 1808. Grupos
armados de alborotadores asaltaron o pazo real e a residencia de Godoy e pediron a destitución do
valido. O motín instigado polo clero e a nobreza cortesá fernandina triunfou e conseguiron a
destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.
Temeroso, Carlos IV escribiu a Napoleón reclamándolle a súa axuda para recuperar o trono. Para
Napoleón foi un claro testemuño da decadencia da monarquía española e actuou en consecuencia:
Coa escusa de mediar Carlos IV e Fernando VII foron chamados a Baiona (Francia), ambos acudiron
e alí, Fernando, foi obrigado a devolver a coroa ao seu pai quen, á súa vez, cedeu os seus dereitos a
Napoleón; a cambio ambos foron recompensados con cuantiosas posesións e privilexios. Despois,
Napoleón nomeou ao seu irmán Xosé I como rei de España e, para ter maior lexitimidade
convocou para xuño Cortes en Baiona, que ademais de xurar fidelidade ao monarca aprobaron a
“Constitución de Baiona” , aínda que realmente era unha Carta Outorgada (obra do rei e non da
asemblea de Baiona) que recollía ideas reformistas como unha certa limitación ao poder real, a
supresión de certos privilexios a nobreza e clero ou certas liberdades individuais.

Mentres se desenvolvían os feitos de Baiona, en España iniciouse un alzamento contra a presenza


francesa. O 2 de maio de 1808, ante os rumores de que Fernando VII fora secuestrado por Napoleón
e de que ían trasladar aos restantes membros da familia real a Francia, o pobo de Madrid alzouse de
xeito espontáneo contra a presenza francesa. Aínda que foi moi duramente reprimido polas tropas
ao mando do xeneral Murat, o reino tomou exemplo e a poboación levantouse contra o invasor.
Estas `guerrillas´ frearon o avance das tropas imperiais pillandoos por sorpresa. Comezaba a Guerra
de Independencia (1808-1814). Durante os anos que durou a invasión francesa existiu un dobre
goberno: Xosé I e as Xuntas. Xosé I reinou nas zonas dominadas polos franceses contando co apoio
dos afrancesados, na súa maioría intelectuais ilustrados que consideraban que o goberno de José I
era unha oportunidade para renovar a sociedade e a monarquía en España. Entre eles o pintor
Francisco de Goya, o escritor Moratín ou o político Cabarrús. Unha vez rematada a guerra foron
perseguidos e as súas propiedades confiscadas e moitos tiveron que exiliarse.
Mentres tanto, ante o baleiro de poder creado pola abdicación dos monarcas, en moitos lugares de
España (Galicia, Andalucía, Aragón, Castela, etc.), a poboación reclamou a defensa contra a invasión
francesa e xurdiron Xuntas de Armamento e Defensa, que reaccionaban ante o desconcerto ou a
apatía das clases privilexiadas e das institucións absolutistas, incapaces de organizar o país. As
Xuntas asumiron o goberno e a defensa do territorio contra os franceses. Primeiro foron locais, pero
rapidamente acadaron un maior nivel de desenvolvemento, por exemplo a Xunta Suprema do Reino
da Galiza, e forzaron a reunión dunha Xunta Central (Xunta Suprema Central Gobernativa de
España e as Indias) que coordinase a acción contra os franceses (setembro de 1808). A partir de
xaneiro de 1810 foi substituída polo Consello de Rexencia que convocou as Cortes que na cidade de
Cádiz aprobaron a primeira Constitución española en 1812.
Nesta guerra a superioridade militar, tanto en homes como en armas por parte dos franceses,
obrigou aos españois a realizar unha guerra de guerrillas axudados por Inglaterra. En 1813, polo
Tratado de Valencay, Napoléon renuncia e devolve o trono español a Fernando VII quen reinaría ata
a súa morte en 1833. O seu regreso significou a volta aos principios do Antigo Réxime e o
absolutismo monárquico e a derrogación da obra lexislativa das Cortes de Cádiz.

You might also like