You are on page 1of 2

Candela Saavedra López 2 BAC A

Guerra da Independencia (1808 – 1814)


O período entre 1808 e 1814 encadrase dentro do enfrontamento entre dous
modelos políticos e ideolóxicos: absolutismo e liberalismo, nova ideoloxía baseada na
liberdade que responde aos intereses da burguesía.

A invasión napoleónica marca o inicio da revolución liberal española (Cortes de


Cádiz e Constitución de 1812).

En 1814, coa volta de Fernando VII o absolutismo e o Antigo Réxime foron


restaurados. Mantivéronse, cun paréntese liberal (1820,1823), ata a morte do rei en 1833.

Os franceses controlan todo e pretenden trasladar a Francia toda a familia real. Este
acontecemento provoca, o 2 de maio a relación do pobo de Madrid contra os franceses.
Cando os franceses inician o traslado dos infantes a Francia, Madrid, xunto con algunha
tropa do parque de artillería de Monteleón, levántase contra os franceses e intentan
impedir esa saída, pero son derrotados polas tropas superiores francesas mandadas polo
mariscal Joaquín Murat, cuñado de Napoleón e gobernador das tropas francesas en
Madrid.

O Documento 1, a “Orde do Mariscal Murat” creado polo ministro Murat, recolle o


inicio do conflito: a sublevación popular do 2 de Maio contra os ocupantes franceses, e
que se estendeu rapidamente por todo o país.

Murat fala do levantamento que será sufocado e ordena unha gran represión “Art. 2.
Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados” deixa
claro a forma de aviso que “Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada
coma unha xunta sediciosa”, afectando así aos españois que terán que ser máis
cautelosos.

Entre os motivos da Guerra de Independencia podemos sinalar: a defensa da


integridade nacional frente a un aliado traidor, a convicción do carácter tiránico de
Napoleón e o sentido patriótico. A pesar da brutal represión francesa, o levantamento
derivou nun longo e cruel conflito de 6 anos.

Como trazos básicos do levantamento podemos sinalar: o seu carácter de guerra


internacional (dentro das guerras napoleónicas), de guerra nacional (loita contra o
ocupante francés) e de “guerra civil” (bando maioritariamente patriota e minoría
afrancesada).

Es ta Guerra é moi desigual, a Gran Armada contra un pobo e un exército mal


organizado. O exército tradicional foi incapaz de deter o avance dos franceses, aínda que
hai que destacar a vitoria do Xeneral Castaños en Bailén, que dá esperanza e permite
manter, en principio aos franceses lonxe de Andalucía. Na guerra debemos destacar a
forte defensa feita polo pobo, que desembocou, en ocasións, nos chamados sitios, é dicir,
a sacratísima resistencia efectuada por algunhas cidades que atrasaron o avance francés
permitiu a reorganización de outras poboacións e nas accións das guerrillas. As guerrillas
son formacións de poucos membros, refuxiados nos montes, coñecedores do terreo e
auxiliados polas poboacións do lugar. Aparecen ante a ineficacia do exército tradicional
Candela Saavedra López 2 BAC A

español, que é derrotado, e para oporse, por patriotismo, a ocupación dos franceses.
Obrigaron aos franceses a manter moitos soldados en España e a non ter nunca un
perfecto control do terreo. Nas guerrillas formaranse algúns líderes en defensa do
liberalismo e estaban dirixidas por antigos soldados, campesiños, membros do clero,
desertores militares ou contrabandistas. As súas accións son fundamentais para a vitoria
na guerra. Algunhas acabaran caendo no bandoleirismo.

A guerra pódese dividir en tres fases:

·Maio – novembro de 1808: intento de ocupación dos franceses e levantamento


popular, que fixo fracasar os plans de Napoleón. Destaca a vitoria de Bailén, que
obrigou a Xosé I a retirarse cara a Vitoria.

·Novembro de 1808 – xaneiro de 1812: dominio francés gracias ao grande exército


dirixido por Napoleón. As cidades rendéronse tras sitios como Zaragoza ou Xirona.

·Xaneiro 1812 – abril de 1814: repregamento francés e ofensiva hispanoinglesa.


Napoleón retira tropas para a campaña de Rusia. Vitoria de Arapiles (1812). Os
exércitos de Wellington vencen nas batallas de Vitoria e San Marcial (1813).
Rematou en 1814.

Ante a inacción das institucións, que quedaran con ordes de servir ben aos
franceses, outras persoas e autoridades, como o alcalde de Móstoles, piden resistencia
contra os franceses. Nese momento comezan a constituírse Xuntas de Armamento e
Defensa, primeiro locais e provinciais, para dirixir a guerra e gobernar. Así comeza a
guerra e tamén rompe co Antigo Réxime xa que as Xuntas asumen a soberanía;
Comezou así o proceso da revolución política que tivo lugar naqueles anos e que suporía
a substitución do absolutismo polo liberalismo. No Documento 2 vemos a proclamación
feita por unha destas Xuntas, neste caso o Principado de Asturias, chamando aos
asturianos a tomar as armas contra os franceses "Á arma, á arma, asturianos!" . Como
esta Xunta, a formación doutras prodúcese en toda España. Estas Xuntas estarán
formadas por vellas autoridades e novas figuras (sobre todo burguesas) que se opoñen á
ocupación francesa. Basean a súa autoridade na lexitimidade popular e asumen a
soberanía sobre o seu territorio en nome de Fernando VII. Organizaranse ata constituír en
setembro de 1808 unha Xunta Central Suprema para dirixir a guerra. Esta Xunta, ante as
serias e importantes decisións que hai que tomar, decide convocar un Parlamento do
reino, elixido por sufraxio universal, para que tomen a dirección.

Como conclusión é interesante sobre todo facer referencia aos acontecementos


históricos que se desenvolverían co remate da Guerra de Independencia en 1814, xa que
tiveron consecuencias fundamentais para a obra política e lexislativa. Gracias á axuda
inglesa e ao inicio da guerra en Rusia, os exércitos franceses son derrotados o 11 de
decembro de 1813e Napoleón firmou o Tratado de Valençay, que recoñecía a Fernando
VII como rei de España e permitía a súa volta a España. Cando Fernando VII entre en
España darase de conta do apoio que ten e cos decretos de maio de 1814 anulará toda a
obra das Cortes e volverá ao réxime absoluto.

You might also like