You are on page 1of 3

A EUROPA NAPOLEÓNICA

O Consulado e a expansión da revolución


Durante o desenvolvemento do Directorio (última etapa da Revolución Francesa) o
descontento social continuaba vixente. As revoltas populares eran constantes, e a
ameazas, tanto dos realistas como dos radicais eran constantemente reprimidas, nun
clima de tensión e violencia.
No ano 1799, Siéyes, autor de qué é o terceiro estado?, foi elixido director (grupo de 5
persoas), e preparou un golpe de Estado coa axuda de Napoleón Bonaparte, un
ambicioso militar coñecido polas súas vitorias nas guerras da revolución.
O 18 de e Brumario (9 de novembro de 1799) Sieyés conseguiu que Napoleón fose
nomeado comandante das tropas de París. Napoleón prometeu aos franceses o retorno á
calma e forzou o nomeamento de tres cónsules provisionais (Ducos, Sieyés e
Napoléon). Deste xeito remata a revolución.
Xa no consulado, a política de Napoleón ao principio foi pacificadora. Por iso firmou
varios tratados de paz con Austria e Reino Unido, e o Concordato coa Santa Sé, que era
un acordó co clero.
A popularidade de todas estas medidas tomadas ao principio, permitiulle proclamarse
Cónsul único vitalicio, en 1802.
Napoleón iniciaba así unha monarquía, cunha nova aristocracia, pero tinguida do
espírito liberal da revolución de 1789. Para iso Napoleón tamén creou o Código civil3 ,
de 1804, tamén coñecido como Código Napoleónico, documento que unificaba todas as
leis en Francia:
- Liberdade e igualdade civil
- Supresión do réxime
- Propiedade libre da terra
- Sen embargo tamén fomenta a desigualdade xurídica entre o home e a muller, a favor
do primeiro, algo que tivo moita influencia en códigos europeos do século XIX.

1
IMPERIO NAPOLEÓNICO 1804-1815
En maio do 1804, o Consulado nomeou a Napoleón emperador hereditario, o cal foi
referendado por un plebiscito. Ademais fíxose coroar polo papa Pío VII.
As ambicións territoriais de Napoleón provocaron grande inquietude entre os demais
países europeos e, por iso, ao ano seguinte, en 1805, Reino Unido e Rusia
estableceron una Nova coalición antifrancesa á que se uniu Austria. Inmediatamente
despois estalou de novo a guerra.
Napoleón logrou importantes vitorias terrestres, pero sufre unha estrepitosa derrota
marítima en Trafalgar, onde a escuadra inglesa do almirante Nelson derrotou á armada
hispanofrancesa.
Esta vitoria británica, que lle deu a primacía absoluta nos mares, empuxou a Napoleón
a decretar o bloqueo continental (1806) polo cal, ningún pais podía comerciar cos
ingleses. E a invasión de Portugal, e España completaron o seu proxecto de “Grande
imperio”
Non obstante, o imperio de Napoleón non resistiu a partir de entón a causa dos seus
problemas militares en Rusia e España
- En España a ocupación francesa provocou a Guerra da Independencia. A resistencia
nacional en forma de guerrillas foi tamén decisiva para o desgaste e a derrota das tropas
napoleónicas.
Estes erros e derrotas fixeron fracasar o bloqueo continental. Reino Unido dirixiu as
coalicións que venceron a Napoleón en Vitoria e Leipzig en 1813. En marzo de 1814, as
tropas aliadas entraron en París, Napoleón foi deposte e o 6 de abrir abdicou para
retirarse á illa de Elba.
Luís XVIII ocupou o trono de Francia e otorgou unha constitución que favorecía aos
emigrados, ao clero e á aristocracia.
Pero Napoleón escapou da illa de Elba e regresou a Francia. De marzo a xuño de 1815
restaurou un efémero imperio dos cen días, que acabou coa derrota de Waterloo ante un
exército coaligado. Desterrado á illa de Santa Helena, morreu en 1921.

2
VOCABULARIO
1 Concordato da Santa Sé: Acordo firmado en 1802 por Napoleón e o papa Pío VII.
O papa aceptou o goberno de Napoleón en Francia, pero a cambio, este comprometeuse
a manter o clero, recoñecer o catolicismo como relixión maioritaria dos franceses e a
protexer os Estados Pontificios.
2 Cónsul único vitalicio: máximo representante do Consulado, institución de gobernou
despois do Directorio polo golpe de estado de Napoleón o 18 de Brumario. Neste
consulado promúlgase unha nova constitución na que se establecía un poder executivo
integrado por tres cónsules. Co paso do tempo, ese cargo executivo recaeu na súa
totalidade en Napoleón
3 Código civil: Conxunto de leis que afectan ás persoas, bens e modos de propiedade,
obrigacións e contratos.
4 Plebiscito: consulta popular
5 Bloqueo continental: Sistema económico e comercial imposto pola Francia de
Napoleón (1806) no que se exclúe a Gran Bretaña de todo intercambio mercantil có
resto de Europa, coa finalidade de arruinalo. Foi a base principal da política exterior de
Napoleón na súa loita contra Reina Unido.

You might also like