You are on page 1of 11

Tema 8

O declive da Monarquía Hispánica

1
1.- O século XVII: unha época de crise
O século XVII foi unha época de crise demográfica, económica e social en Europa. Con
todo, a crise non afectou igual a todas as rexións.

A crise demográfica

No século XVI o crecemento da poboación estancouse en gran parte de Europa. Sen


contar Rusia, a poboación de Europa pasou duns 70 millóns en 1600 a uns 75 millóns en
1700.
Esta crise foi debida, fundamentalmente, a un aumento da mortalidade, ocasionada por
diversos factores:
• Repetidas fames provocadas polas malas colleitas e pola destrución de cultivos
e saqueos consecuencia das guerras.
• As epidemias repetíronse, afectando, sobre todo, ao sur de Europa.
• As guerras causaron moitas mortes. A guerra dos Trinta Anos (1618-1648)
provocou o despoboamento de amplas zonas do centro de Europa.
A isto hai que sumarlle as migracións forzadas de poboación, como a expulsión de
Francia de 200.000 hugonotes durante o reinado de Luís XIV; e tamén as migracións
voluntarias, como o desprazamento de case medio millón de persoas ás colonias
americanas.

O empobrecemento do campo

A agricultura experimentou unha profunda crise. Por unha banda, o emprego de


técnicas de cultivo rudimentarias esgotou os terreos, e por outra empeoraron as
condicións climáticas (entre 1645 e 1715 produciuse o Mínimo de Maunder, cando as
manchas solares case desaparecen da superficie do Sol), o que fixo que se perdesen
moitas colleitas.

2
A produción agrícola só medrou en Inglaterra e nos Países Baixos, grazas á introdución
de novas técnicas de cultivo.

A crise económica nas cidades

No sur de Europa, a produción artesanal seguía controlada polos gremios, que


regulamentaban todo o proceso. Isto encarecía os prezos dos produtos e dificultaba a
introdución de innovacións. En Inglaterra, nos Países Baixos e algunhas zonas de Francia
e Alemaña empezara a estenderse o sistema doméstico, que permitía obter produtos
máis baratos e competitivos.

Polo que respecta ao comercio, a hexemonía no comercio internacional pasou das


potencias tradicionais (España, Portugal e os Estados italianos) ás Provincias Unidas e a
Inglaterra, que crearon os seus propios imperios coloniais e empezaron a practicar o
contrabando coas colonias españolas e portuguesas.

2.- Os Austrias menores

En 1598, cando morre Felipe II, accede ao trono seu fillo Felipe III, que herda o imperio
máis extenso e poderoso do mundo. A partir dese momento os reis ían a ser cada vez
máis incapaces, deixando o goberno nas mans de validos, e os problemas ían
incrementarse. Felipe III, Felipe IV e Carlos II son coñecidos como os Austrias menores.

O goberno dos validos

O valido era unha especie de ministro principal que contaba coa confianza do rei. Os
validos máis importantes foron o duque de Lerma e o conde-duque de Olivares.

3
Felipe III designou ao duque de Lerma, quen tivo que facer fronte a dous problemas
principais: a crise financeira, provocada polos enormes gastos militares, e a expulsión
dos mouriscos. Nesta situación, tratou de alcanzar acordos de paz e treguas nas guerras
que mantiña a Monarquía Hispánica.

Durante o reinado de Felipe III, en 1609, decretouse a expulsión de uns 275.000


mouriscos, ca que se pensaba que a súa conversión non era sincera e que colaboraban
cos turcos. Esto significou a ruína de moitas rexións, como o reino de Valencia, que
quedaron despoboadas.

O conde-duque de Olivares asumiu o cargo de valido desde o comezo do reinado de


Felipe IV. Propúxose restaurar a hexemonía hispana en Europa, para o cal continuou
coas guerras. Intentou levar a cabo varias reformas para mellorar a situación da
monarquía:
• Intentou unha reforma financeira para contrarrestar os gastos, pero os
problemas non se solucionaron e Felipe IV tivo que declarar a bancarrota.
• Para que todo o esforzo militar non recaese sobre Castela, deseñou a Unión de
Armas, un exército permanente sostido por todos os reinos da monarquía.
• Intentou reforzar o poder real, restrinxindo a autonomía dos reinos.
A aplicación destas reformas foi imposible, tanto polas dificultades económicas, como
pola oposición dos diferentes reinos.

Na década de 1640 estalaron diversas rebelións que fixeron fracasar as reformas de


Olivares e sumiron á monarquía nunha profunda crise. Destacan as de Portugal e
Cataluña.
Cataluña rexeitou a Unión de Armas e promoveu unha revolta, que finalmente foi
sufocada. Pola súa parte, Portugal tamén se rebelou e independizouse ao non haber
exército para sufocar a revolta.

Unha economía en crise

España viviu unha importante recesión económica no século XVII.


• A produción agrícola e gandeira reducíronse. Grandes zonas rurais
despoboáronse e reduciuse a produción de la.
• As actividades artesanais decaeron polo descenso da demanda, o aumento dos
impostos e a competencia de dos produtos ingleses e flamengos.
• O comercio americano contraeuse debido á competencia dos ingleses e dos
holandeses. Tamén diminuíu a cantidade de metais preciosos que chegaba
desde América.

4
Como consecuencia, os ingresos da Facenda Real foron reducíndose. Para facer fronte
aos crecentes gastos, os reis continuaron endebedándose e, cando non puideron pagar
as débedas, declaráronse en bancarrota.

O final da dinastía dos Austrias

Carlos II padeceu graves deficiencias de saúde e, aínda que se sabía moi limitado
intelectualmente, tivo bos validos que intentaron, e en parte conseguiran, solventar os
problemas da monarquía. Pero o gran problema deste reinado foi o sucesorio. Carlos II
non tiña fillos, polo que nos anos finais do seu reinado houbo disputas entre os
candidatos a sucedelo. Falecido Xosé Fernando de Baviera, os principais candidatos eran
Felipe de Borbón (neto de Luís XIV de Francia) e o arquiduque Carlos de Austria.
Carlos II morreu en 1700 deixando como sucesor, no seu testamento, a Felipe de
Borbón. Este feito desencadeou a guerra da Sucesión (1701-1713), que rematou co
triunfo de Felipe V.

3.- A fin da hexemonía hispana en Europa

O comezo do século: unha política pacifista

Felipe III e o seu valido, o duque de Lerma, trataron de levar a cabo unha política exterior
pacifista. Pretendían así reforzar a facenda e o exército.
Neste contexto, en 1604, asinaron a paz con Inglaterra e, en 1609, a Tregua dos Doce
Anos coas Provincias Unidas.

A volta ás guerras

Coa chegada ao trono de Felipe IV, con Olivares como valido, a política exterior volveuse
moito máis agresiva.
En 1621 retomouse a guerra contra as Provincias Unidas, e a Monarquía Hispánica
interveu na guerra dos Trinta Anos (1618-1648) como aliada do emperador do Sacro
Imperio na súa loita contra os príncipes protestantes alemáns.
Ao principio sucedéronse as vitorias católicas, pero Francia, temerosa de que a
Monarquía Hispánica se fixese coa hexemonía, decidiu sumarse ao bando protestante
(1635). Isto cambiou a marcha da guerra e os Habsburgo empezaron a ser derrotados.

5
A perda da hexemonía europea

En 1648 asinouse a Paz de Westfalia, que poñía fin á guerra dos Trinta Anos, na cal a
Monarquía Hispánica se viu obregada a recoñecer a independencia das Provincias
Unidas.

A guerra con Francia continuou uns anos máis, ata 1659. Pola Paz dos Pireneos a
Monarquía Hispánica cedeulle a Francia diversos territorios en Europa.

Coa sinatura destes tratados rematou a hexemonía dos Habsburgo en Europa, pasando
a ser Francia a nova potencia hexemónica.

Felipe III Felipe IV Carlos II

6
4.- Francia, primeira potencia europea

A monarquía absoluta de Luís XIV

No século XVII as monarquías europeas pasaron de ser monarquías autoritarias a tratar


de impoñer o absolutismo monárquico. Os reis consideraban que o seu poder lles fora
outorgado por Deus e que eran os seus representantes na Terra.
Isto dáballes dereito a exercer un poder ilimitado. O monarca
controla todos os poderes do Estado: aproba as leis, goberna e é
xuíz supremo. Os Estados Xerais (parlamento) limitábanse a
opinar sobre as propostas do rei.
Luís XIV, chamado o Rei Sol (1643-1715) foi o maior expoñente
deste tipo de monarquía.
Consolidou a súa autoridade a través de distintos medios:
• Exerceu o poder de forma persoal
• Someteu á nobreza: atraeuna á corte e repartiu entre os nobres subsidios e
cargos para que fosen dependentes do monarca.
• Impulsou a centralización política, reducindo o poder dos nobres e das
institucións locais. Nomeou intendentes nas provincias, que eran funcionarios
que facían cumprir as ordes do rei.
• Eliminou a disidencia relixiosa, basicamente perseguindo e expulsando aos
hugonotes.

A hexemonía francesa

A política exterior de Luís XIV tivo como obxectivo principal consolidar a hexemonía
francesa. Para iso ampliou os seus territorios, principalmente a custa dos Habsburgo, o
que fixo que se vise inmerso en guerras con España, coas Provincias Unidas e co Sacro
Imperio.

Tamén empezou a crear un imperio colonial en América. A comezos do século XVII os


franceses fundaron Quebec. Non obstante, axiña xurdiron os enfrontamentos cos
colonos ingleses.

As dificultades económicas

Os elevados custos da agresiva política exterior, a construción do luxoso palacio de


Versalles e o mantemento da corte supuxeron cuantiosos gastos, os cales se traduciron
en dificultades económicas para a Facenda Real.

7
5.- O éxito comercial das Provincias Unidas

O auxe do comercio marítimo

Na primeira metade do século XVII, as Provincias Unidas, pese a ser un conxunto de


pequenos territorios que loitaban contra a Monarquía Hispánica para lograr a súa
independencia, convertéronse nunha gran potencia económica, debido
fundamentalmente á súa expansión comercial.
Convertéronse nos principais intermediarios do comercio marítimo. Aos seus portos
chegaban todo tipo de produtos (madeira e cereais do Báltico, ferro sueco, panos
ingleses, viño e la de Castela, etc.), que despois revendían a outros países.

Fundaron dúas grandes compañías comerciais: a Compañía Holandesa das Indias


Orientais e a Compañía Holandesa das Indias Occidentais, que monopolizaban o
comercio asiático e americano, dando inxentes beneficios.

Unha república parlamentaria

O desenvolvemento comercial posibilitou o ascenso dunha rica burguesía, a cal, grazas


ao seu poder económico, obtivo o control dos Parlamentos e adquiriu gran poder
político.
Obtida a independencia en 1648, as Provincias
Unidas convertéronse nunha república
formada por sete provincias, cada unha co seu
parlamento. Os representantes das provincias
reuníanse nos Estados Xerais, onde se
adoptaban as decisións comúns.

Amsterdam

8
6.- O triunfo do parlamentarismo en Inglaterra

O camiño cara o parlamentarismo

Na primeira metade do século XVII, os reis da dinastía Estuardo trataron de gobernar


Gran Bretaña e Irlanda como monarcas absolutos, sen contar co parlamento. Todo isto
provocou descontento e revoltas, sobre todo por parte da puxante burguesía comercial
que dominaba o parlamento. Todo isto desembocou, en 1640, nunha revolución.
A revolución desencadeou, en
1642, unha guerra civil, que
finalizou co derrocamento da
dinastía Estuardo. Carlos I foi
executado, aboliuse a monarquía
e accedeu ao poder un dos líderes
parlamentarios, Oliver Cromwell,
quen instaurou unha férrea
ditadura.

Despois da morte de Cromwell, o parlamento restaurou a monarquía coa dinastía


Estuardo.
Foi necesaria unha segunda revolución, en 1688, para que o novo rei, Guillerme de
Orange, aprobase en 1689 a Declaración de Dereitos (Bill of Rights).
Esta declaración limitaba o poder do rei fronte ao parlamento e sentaba as bases para a
separación de poderes. Significou o triunfo da monarquía parlamentaria en Inglaterra.

Os cambios sociais

A expansión comercial que viviu Inglaterra nesta época favoreceu a aparición dunha
próspera burguesía, composta fundamentalmente por mercadores.
Por outra parte, tras a guerra civil, consolidouse a importancia e prestixio da pequena
nobreza rural (gentry), propietaria de aproximadamente a metade das terras, ás que
aplicou modernos métodos de cultivo para obter a máxima rendibilidade.

A expansión colonial

Inglaterra amosou axiña o seu interese por participar no lucrativo comercio asiático das
especies, controlado por portugueses e holandeses. Para iso fundou, en 1600, a
Compañía Inglesa das Indias Orientais, que fundou factorías na India ( Madrás, Bombay,
Calcuta..)

9
Os ingleses tamén fundaron colonias en América do Norte. En 1607 fundaron
Jamestown, a primeira colonia, e despois virían outras moitas, como Plymouth, creada
en 1620 polos puritanos (protestantes radicais que fuxían das persecucións relixiosas en
Inglaterra), ou Nova York (nome que lle deron á colonia holandesa de Nova Amsterdam).

Pouco a pouco foron configurándose dúas zonas na América colonial británica:


• As colonias do norte, habitadas maioritariamente por puritanos, que vivían de
cultivar as súas terras e do comercio.
• As colonias do sur, nas que vivían numerosos aristócratas, propietarios de
extensas plantacións, fundamentalmente de tabaco, que eran traballadas por
escravos negros traídos de África.

A expansión colonial de Inglaterra, tanto en Asia como en América, provocou distintas


guerras coloniais cos seus competidores, sobre todo Portugal e Francia. A súa expansión

10
foi posible grazas á Royal Navy, unha potente armada que converteu a Inglaterra na
potencia hexemónica mundial no mar.

11

You might also like