You are on page 1of 2

O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN

No ano 1700, Carlos II de Habsburgo faleceu sen descendencia, deixando como herdeiro dos
territorios da Monarquía Hispánica a Felipe de Borbón, fillo da súa irmá e neto do rei francés Luís
XIV, un matrimonio pactado na Paz dos Pirineos (1659). No 1701, Felipe V foi aceptado como rei
polas Cortes de Castela; despois viaxou a Aragón, Nápoles e Milán, onde tamén foi recoñecido rei
despois de xurar respectar as leis e institucións de cada territorio, pero este recoñecemento non se
viu aceptado no exterior.

Os Habsburgos de Austria non aceptaban que a Monarquía Hispánica pasase a mans dos Borbóns e
defendían ao seu propio candidato, o arquiduque Carlos de Austria, fillo segundo do emperador do
SIRX e emparentado con Carlos II. A posibilidade de que a Coroa Francesa se unise a Castela e
Aragón atemorizou ao resto de reinos europeos. Ante isto, no 1701, formouse unha gran alianza
antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que logo se uniron Portugal, Prusia, Saboia e a
maioría dos príncipes alemáns e italianos. Os obxectivos desta alianza eran diversos: evitar a
hexemonía borbónica en Europa (Austria) e defender a candidatura do Habsburgo ao trono español
e conseguir a división dos territorios hispánicos (Inglaterra e Holanda) e obter vantaxes no
comercio.

A guerra foi tanto un conflito internacional como unha guerra civil dentro da propia Monarquía
Hispánica.

Os territorios da Coroa de Castela apoiaron a Felipe V, agás unha parte da nobreza temerosa de
perder poder ante o absolutismo dos Borbóns; pero os da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia,
Baleares e Cataluña) apostaron polo arquiduque Carlos de Austria. O motivo desta división foi o
temor a que Felipe de Borbón aplicara unha política centralizadora e absolutista como a de Francia,
e contraria á pactista dos Habsburgo.

A guerra comezou no 1701, nas posesión españolas de Italia, e no 1702 estendeuse pola Península
Ibérica. No 1704, os ingleses conquistaron Xibraltar e en 1705 o arquiduque Carlos desembarcou en
Barcelona, (recoñecido como rei). Ese mesmo ano, a alianza antiborbónica ocupou Flandes,
Menorca, Nápoles e Sardeña, pero foron incapaces de controlar Madrid, o que deu vantaxe ás
tropas franco-hispanas. No 1711 o arquiduque Carlos convertiuse en herdeiro do imperio SIRX. O
perigo dunha nova hexemonía dos Habsburgo en Europa levou a que as potencias europeas
iniciasen as conversas de paz. A partir de 1712, os combatentes móstranse partidarios de dividir as
posesións hispanas entre os combatentes.

A paz asínase nos Tratados de Utretch (1713) e de Rastadt (1714). O obxectivo foi manter o
equilibrio europeo entre as distintas potencias. Para isto os territorios da Monarquía Hispánica
dividíronse: Felipe V foi recoñecido rei de España, renunciando á Coroa de Francia. A súa soberanía
quedou reducida ás coroas de Castela (cos territorios americanos) e Aragón. Inglaterra obtén
Xibraltar e Menorca, un navío de permiso para poder comerciar coas colonias americanas unha vez
ao ano (rompe o monopolio hispano) e o asento de negros (exclusividade para o mercado de
escravos coas colonias españolas). Carlos de Habsburgo, obtiña Flandes, Nápoles, Milán e Sardeña.
Holanda recibiu territorios na fronteira con Flandes. Saboia recibiu Sicilia e o título de rei. Portugal
obtivo a colonia de Sacramento (río da Prata) e Prusia recibiu territorios en Centroeuropa.

A pesar de asinar a paz en Europa, na Península Ibérica o conflito continuou. As tropas de Felipe V
conquistaron Barcelona no 1714 e Mallorca e Ibiza no 1715, (fin da guerra).

Como consecuencias, a nivel internacional supón a perda territorial do que restaba do Imperio
Español, o que conlevou futuros conflitos para recuperalos. Dentro de España, imponse un modelo
centralizado e unificador, baseado no absolutismo implantado en Francia con Luís XIV durante o s.
XVII.

You might also like