You are on page 1of 230

Departamento de Xeografía e Historia IES P.

Eusebio da Guarda

COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


BLOQUES 5-8 SÉCULO XIX
1.- A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación
napoleónica).
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá contextualizar a crise da monarquía absoluta española no reinado de Carlos IV,
facendo referencia aos problemas económicos, políticos e sociais que o caracterizan, así
como ao impacto da Revolución Francesa sobre o mesmo. Explicar o proceso de
abdicacións en Baiona e demostrar que coñece as repercusións da ocupación
napoleónica tanto na súa vertente política –goberno francés/Xuntas revolucionarias–
como militar –guerra, pero sen entrar no desenvolvemento da mesma–.
(Vicens Vives Páxinas 110-111).

Os efectos da Revolución francesa (1789) e o conflito dinástico de 1808 en España,


abriron un enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados,
por un lado, o absolutismo e, por outro, o liberalismo. Estas influencias ideolóxicas da
Revolución e a invasión napoleónica de 1808 marcaron o inicio da revolución liberal
española que tivo a súa máxima expresión nas Cortes de Cádiz, na Constitución de
1812.

En 1788 Carlos IV accede ao trono trala morte de Carlos III cando o modelo do Antigo
Réxime, aínda que maquillado polo despotismo ilustrado, permanece intacto.
Inmediatamente viuse desbordado pola complexa situación creada polas ideas
revolucionarias francesas (1789) o que o levou a conxelar todas as reformas iniciadas no
reinado do seu pai. Arredou do goberno ós ministros ilustrados (Floridablanca,
Jovellanos) e, en 1792, confioulle o poder a un mozo militar, Manuel Godoy (O Príncipe
da Paz), de orixe relativamente humilde, pero de máxima fidelidade ao monarca.

Aínda que inicialmente, trala execución de Luís XVI, declarouse a guerra a Francia, a
derrota das tropas españolas subordinou o goberno de Carlos IV aos intereses
franceses. As alianzas con Francia derivaron nun conflito con Gran Bretaña que
terminou co desastre naval de Trafalgar,(1805) onde a armada franco-española foi
esnaquizada.

A invasión napoleónica, comezada en 1808, foi debida á negativa de Portugal de


aceptar o bloqueo continental decretado por Napoléon sobre Gran Bretaña. O
emperador francés planifica entón a conquista de Portugal, polo que asina con Godoy o
Tratado de Fontainebleau que autoriza o paso por España das tropas francesas e
acorda o mutuo reparto de Portugal e as súas colonias así como a creación dun reinado
dos Algarves para o secretario de Estado de Carlos IV.

As medidas tomadas por Godoy ante a crise da Facenda Real (aumento das
contribucións, desamortización de terras eclesiásticas), a súa influencia sobre os reis e a
súa acumulación de poder e títulos provocou unha ampla oposición da nobreza e da
Igrexa, e xerou un forte resentimento en Fernando VII, fillo de Carlos IV. Temeroso de
verse privado da sucesión na coroa foi aglutinando o descontento dunha facción
nobiliaria que recibiu o nome de grupo fernandino. Este partido tiña como obxectivo
desprestixiar o valido e aos reis e conspirar para lograr desprazar a Godoy do goberno e
conseguir que Carlos IV abdicase no nome do seu fillo. As súas intencións foron

1
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

descubertas na Conxura do Escorial, xusto despois da firma do Tratado, pero os reis


perdoan ao seu fillo.

A partir de 1808 comezou o malestar popular debido a entrada e presenza das tropas
francesas en España, é o inicio da guerra de Independencia. Cando Godoy comprende
que a ocupación de Portugal implica tamén a ocupación de España, propoñe á familia
real o seu traslado a América como xa o fixera a coroa portuguesa, refuxiada en Brasil.
O traslado dos reis a Aranxuez incrementou os temores populares. Apoiándose no odio
que sentía o pobo por Godoy, a aristocracia fernandina planifica e leva a cabo, en
marzo de 1808, tivera lugar o Motín de Aranxuez onde grupos de alborotadores
contando có apoio de gardas e grupos de nobres defensores de Fernando VII asaltaron
a casa de Godoy e atemorizan a Carlos IV facéndolle destituír ao seu secretario de
Estado e abdicar no seu fillo.

Tras estes sucesos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón. Ante a debilidade da


monarquía española e coa escusa de mediar nas disputas familiares, reuniu a pai e fillo
en Baiona (Francia).

O 2 de maio de 1808, unha multitude congregouse diante do palacio para impedir a


partida do resto da familia real cara a Baiona e alzouse de forma espontánea fronte á
presenza francesa. Aínda que foron duramente reprimidos polo xeneral Murat, o seu
exemplo propagouse por todo o país freando o avance das tropas imperiais

Mentres, en Baiona, Napoleón logra que Fernando VII devolva o trono ao seu pai quen
a súa vez entrega os dereitos dinásticos a Napoleón: (Vocabulario) abdicacións de
Baiona* (5 de maio). A cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas posesións,
rendas e privilexios en Francia.

Lexitimado polas abdicacións, Napoleón proclamou como rei de España ao seu irmán
Xosé Bonaparte. Para ratificar o seu nomeamento, Napoleón reúne en Baiona a unha
Asemblea de deputados españois, representantes dos tres estamentos tradicionais, para
que discutan sobre un proxecto de constitución, un texto redactado polo propio
Napoléon, o Estatuto de Baiona. Este texto era unha Carta Outorgada onde o rei
recoñecía certa limitación no exercicio do seu poder, concedía determinados dereitos e
establecía unha serie de institucións que en ningún caso desprazarían ao rei do centro
de todo o sistema. Recollía unha certa separación e limitación de poderes, coa creación
dun Senado, un Consello de Estado, con voto consultivo, e unhas Cortes, divididas nos
tres estamentos tradicionais, con competencias nos asuntos fiscais e orzamentarios.
Garantía a oficialidade da relixión, a unidade lexislativa para todo o reino, a igualdade
contributiva e o habeas corpus.

Xosé I tomou diversas iniciativas e reformas que non tiveron a eficacia desexada.
Destacan a supresión dos dereitos señoriais, a eliminación de aduanas interiores e a
potenciación da liberdade económica. Tamén levo a cabo un intento de racionalización e
centralización da administración, en distritos, a imitación do modelo francés. Era unha
mestura de aspectos tradicionais cos novidosos, que non tiveron aplicación práctica
debido á guerra, pero que suporían unha ruptura coa tradición política do Antigo
Réxime.

Ao mesmo tempo o rexeitamento da ocupación francesa desencadeou a denominada


Guerra de Independencia (1808-1814). Entre maio e xuño numerosas vilas e cidades,
ante o baleiro de poder, formaron Xuntas (Sevilla, Valencia, Zaragoza, A Coruña) para
enfrontarse ao ocupante francés, asumiron o poder e a soberanía na súa xurisdición,
2
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

gobernando as institucións e declararon a guerra a Francia e piden axuda a Inglaterra.


De composición moi variada (de orixe popular), e controladas na maioría dos casos
polas elites dominantes, representan unha nova concepción do poder revolucionaria no
senso de non recoñecer a España oficial representada por Xosé I. Fundamentan a súa
lexitimidade na vontade popular e na colectiva de defensa do país. O levantamento
popular fixo que os franceses non puideran ocupar cidades como Xirona, Zaragoza ou
Valencia. Os seus sitos foron exemplo de valentía e heroísmo. En Galicia a sublevación
iniciouse na cidade da Coruña o 30 de maio de 1808. os sublevados formaron a Xunta
Suprema do Reino, que asumiu a soberanía, organizou a defensa, pide axuda a
Inglaterra, e coordinou as xuntas locais das diferentes vilas galegas. (Xuntas. Guerrilla,
e Cortes de Cádiz)

Para maior coordinación, as xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central


de España e Indias que coordinou a loita e exerceu o goberno de España. Recoñeceu a
Fernando VII como rei lexítimo de España e asumiu a súa autoridade ata o seu retorno.
A partir do 29 de xaneiro de 1810 foi substituída nestas funcións por un Supremo
Consello de Rexencia.

Nesta guerra atopáronse enfrontados, por un lado, os españois que defendían a Xosé
Bonaparte que recibiron o nome de afrancesados (vocabulario) e os que defendían o
regreso de Fernando VII onde había absolutistas, pero tamén liberais que aproveitarán a
situación para impulsar unha revolución política.

A superioridade militar, tanto en homes como en armas por parte dos franceses,
obrigou aos españois a realizar unha guerra de guerrillas. A guerrilla foi o instrumento
que canalizou a aparición da xente do común na loita contra o invasor. Xurdiu de forma
espontánea e foi regulada pola Xunta Central. A base social destas guerrillas era sobre
todo campesiña. Baseábase na formación de pequenas partidas ou cuadrillas de homes,
bos coñecedores do terreo, que contaban coa axuda da poboación. Atacan ás tropas
francesas en accións limitadas, sen presentar nunca unha batalla formal. Espoz e Mina,
Juan Martín Díaz, o empecinado, o cura Merino, foron algúns destes heroes populares.
Un exército inglés, baixo o mando do duque de Wellington, colaborou co exército
español.

En decembro de 1813, polo (Vocabulario) Tratado de Valençay*, Napoléon renuncia


e devolve o trono español a Fernando VII, quen cruza os Pirineos en marzo de 1814. O
seu regreso significou a volta aos principios do Antigo Réxime e ó absolutismo
monárquico así como a derrogación da obra lexislativa das Cortes de Cádiz.

As etapas da guerra:
- De maio a novembro de 1808. A resistencia popular espontánea estendeuse por todo o
país e desarticulou o plan francés de ocupación de controlar os principais portos peninsulares
(Cádiz, Barcelona, Lisboa). Xosé Bonaparte abandonou Madrid.
- De novembro do 1808 a xullo de 1812: fase de predominio francés. O mesmo Napoleón
dirixiu a contraofensiva cun exército de 250.000 veteranos da Grande Armée e avanzou ata
Madrid onde Xosé I foi restablecido. Zaragoza e Xirona sufriron duros sitios Valencia foi
dominada; Cádiz resistiu grazas á súa privilexiada situación xeográfica.
- Xullo 1812-decembro 1812: perda de forza das tropas napoleónicas debido ao
desprazamento de parte delas cara á campaña de invasión de Rusia. Isto facilitou o
contraataque das tropas británicas e españolas, comandadas polo xeneral Wellington, que
venceron en Arapiles (xullo 1812). O seu avance obrigou a fuxir a Xosé I e permitiu recuperar
Madrid (agosto de 1813). Napoleón, ante a incapacidade de manter as dúas frontes, optou por
asinar o Tratado de Valençay* (decembro1813).
3
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Consecuencias da guerra: A Guerra da Independencia foi un desastre terrible para España.


Ademais de miles de mortos —máis de 300.000— e feridos, as destrucións foron enormes e
causaron fame, epidemias, a ruína da agricultura e a gandería, a paralización do comercio e da
incipiente industria e o aumento da enorme Débeda estatal. España quedou arrasada.

En Galicia numerosas partidas de guerrilleiros atacaron constantemente aos franceses. A


resistencia popular foi importante na reconquista de Vigo, marzo de 1809, realizada polo abade
do Couto e os campesiños do Condado e do Rosal, e as partidas de Bernardo González,
Cachamuíña, ou a batalla de Ponte Sampaio, en Pontevedra, en xuño de 1809. A oposición
popular fixo que os franceses abandonaran rapidamente o territorio galego, a finais de xuño de
1809.

A obra do pintor Francisco de Goya reflicte este período histórico que lle tocou vivir. A guerra
causoulle un forte impacto que plasmará nunha serie de gravados, os desastres da guerra, nos
que describe a crueldade e as atrocidades da mesma. Tras a restauración absolutista sufriu
persecución polas súas ideas. En 1824, logo do Trienio Liberal, marcha de España cara a cidade
francesa de Burdeos.

Modelo exame CIUG

PREGUNTA 2. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS


PROPOSTOS.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise da monarquía absoluta.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas do motín de
Aranjuez e as abdicacións de Baiona, así como as repercusións da ocupación napoleónica. (5
puntos)
Doc. 1. Carta na que Carlos IV solicita a axuda de Napoleón, 23 de marzo de 1808:
“Señor o meu irmán: V. M. saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranjuez e as súas resultas; e non
verá con indiferenza a un rei, que forzado a renunciar a coroa, acode a poñerse nos brazos dun gran
monarca aliado seu, subordinándose totalmente á disposición do único que pode darlle a súa felicidade, a
de toda a súa familia e a dos seus fieis vasalos. Eu non renunciei en favor do meu fillo senón pola forza
das circunstancias […]; pero asegurado agora con plena confianza na magnanimidade e o xenio do gran
home que sempre mostrou ser amigo meu, eu tomei a resolución de conformarme con todo o que este
mesmo grande home queira dispoñer de nós e da miña sorte, a da raíña e a do Príncipe da Paz”.
Doc. 2. Proclama da Xunta Xeral do Principado de Asturias, maio de 1808:
“Asturianos leais e amados compatriotas: Os vosos primeiros votos xa están cumpridos. O Principado, en
desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia
[…]. A súa perfidia co noso rei e toda a súa familia, enganándolles para facerlle pasar a Francia baixo
palabra dun eterno armisticio para encadearlles a todos, non ten igual na historia […]. Poñamos por
intercesora á nosa Señora das Batallas, cuxa imaxe se venera no antiquísimo templo de Covadonga, e
seguro de que non pode abandonarnos en causa tan xusta, corramos a aniquilar e arroxar da nosa
Península nación tan pérfida e tan execrable”.
Doc. 3. Napoleón cede a coroa española ao seu irmán, 6 de xuño de 1808:
“Napoleón pola graza de Deus Emperador dos franceses […] a todos os que o presente veren, saúde.
Facéndonos saber a Xunta de Estado, o Consello de Castela, a Vila de Madrid etc., por representacións,
que o ben de España esixía que se puxese un pronto termo ao interregno, resolvemos proclamar rei das
Españas e das Indias ao noso moi amado irmán José Napoleón, actual rei de Nápoles e Sicilia”.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


 ORIENTACIÓNS: Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre o
período histórico comprendido entre 1808 e 1814, no que se desenvolve a chamada Guerra da Independencia. Nela
debes tratar as seguintes cuestións: O inicio da sublevación e a organización da resistencia en diferentes ámbitos
territoriais; a diversidade de obxectivos e intereses dos combatentes contra os franceses; a revolución política que
en paralelo á guerra tenta asentar o liberalismo. Podes referirte para concluír ao remate da guerra e á volta ao
4
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

trono de Fernando VII. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha
composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):

“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido;
reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):

Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...). Art.5. Toda
xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)

Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a sedición serán
considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):

“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan
ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia co noso rei e toda a súa familia,
enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno armisticio para encadealos a todos, non ten igual na
historia (...). ¡Á arma, á arma, asturianos!”.

Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) os diversos proxectos
dos combatentes contra os franceses:

“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas internas e
a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo.

Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba de reformadora. Do
lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases
exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador que os ameazaba (...).

Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o emperador, só a mira
de volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que lles gustase volver ao antigo despotismo os que o consideraban
como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco
os excesos, as desordes que afearan as administracións anteriores”.

Doc. 4.-Constitución de 1812:

“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...).

Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de
establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.

Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.


Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

CUESTIÓNS A DESENVOLVER NA COMPOSICIÓN

Doc. 1.-Orde do mariscal Murat * Murat era o xeneral ao mando do exército francés que sufocou a sublevación do
pobo de Madrid o Dous de Maio que deu orixe á guerra de la independencia.
Por que está en España o exército francés?
Por que están os reis en Baiona? Por que se sublevan os españois?

Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias * Declaración de guerra a Francia, petición de
axuda a Inglaterra e chamada ao pobo á defensa da patria.
Creación de xuntas locais, provinciais e posteriormente a Xunta Central, en toda España, en ausencia dos reis, que
crían secuestrados por Napoleón.
Estas Xuntas asumen o poder e coordinan a guerra contra os franceses

Doc. 3.- Evaristo San Miguel expón diversos proxectos dos combatentes contra os franceses *

5
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A invasión francesa provocou a loita contra os franceses e, ou mesmo tempo, enfrontamentos entre os españois:
patriotas e afrancesados.
A guerra de Independencia: bandos enfrontados: patriotas contra afrancesados -Os patriotas enfrontados tamén:
liberais (partidarios de cambios políticos) contra absolutistas (partidarios de manter o réxime sen cambios)
-A guerrilla, como forma de loita contra o exército dos franceses

Doc. 4.-Constitución de 1812 *


A nación española.
A soberanía nacional. A
división de poderes.
A revolución liberal de Cádiz: reunión das Cortes en 1810, formadas por deputados absolutistas e liberais. Os
primeiros decretos.
A Constitución de Cádiz (a primeira Constitución española): características e significación

---------- CONCLUSIÓNS

Entre 1808 e 1814 tivo lugar un proceso simultáneo: bélico – guerra de independencia- e revolución liberal –labor
das Cortes de Cádiz-. O proceso terá influencia en varios puntos europeos e americanos poucos anos máis tarde (onda
revolucionaria de 1820, proceso de independencia das colonias americanas). Fernando VII (o rei desexado) regresou
a España en 1814. Os liberais esperaban que recoñecese as Cortes e xurase a Constitución pero, facendo caso aos
absolutistas, derrogou a Constitución, anulou todas as leis promulgadas polas Cortes de Cádiz e restaurou o
absolutismo. Os liberais terán que recorrer á forza para impoñer o seu sistema.

Nos textos propostos deféndense tres sistemas políticos diferentes: absolutismo (Doc.1), liberalismo (Doc.2) e
democracia (Doc.3). Debes contextualizar cada documento nun período concreto da historia de España e
caracterizar cada un dos réximes nos seus aspectos esenciais, salientando as diferenzas en asuntos como a soberanía,
a estrutura do poder ou os mecanismos de participación e representación.

Doc.1.-En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan o coñecido como
“Manifesto dos persas”:

“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras
fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes
que escolleron aos seus reis. Así que o soberano absoluto non ten facultade de usar sen razón a súa autoridade (dereito
que non quixo ter o mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para prescribir aos súbditos
todo o que mira ao interese común, e obrigar á obediencia aos que se negan a ela (...).

Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa representación e os nosos votos
particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M.
nin polas provincias (...) porque estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentes
prexuízos”.

Doc.2.-En 1845, Joaquín Francisco Pacheco, líder do Partido Moderado, defende o sufraxio restrinxido:

“Distinguimos hoxe, señores, os dereitos políticos dos dereitos civís; e se estes os concedemos a todos os cidadáns,
non así os primeiros, que non podemos outorgar senón aos que os han exercer ben (...).

O dereito electoral non será un dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estar privadas del pola
razón sinxela de que non poderán exercelo convenientemente (...).

Tomouse por regra xeral como base para a concesión deste dereito o goce de certa renda ou o pagamento de
determinada contribución. Este principio, señores, é racional e aceptable. A riqueza, ou por mellor dicir o benestar, a
vida desafogada e fácil, en que o traballo material non é unha carga dura, non é a penosa ocupación de todos os
momentos, e deixa espazo para as concepcións do espírito; ese benestar mediano (...), ese é o que debe tomarse como
condición de capacidade política, porque é o que dá a intelixencia e a valía na orde social (...).

Quen gaña afanosamente o seu sustento nun traballo ímprobo e coa suor do seu rostro, quen non pode gozar
algunha vez o digno descanso (...), quen está reducido a un escaso xornal (...), non pode pretender a consideración nin
a estima política”.

Doc.3.-O 19 de setembro de 1868, a Xunta Superior Revolucionaria dá a coñecer a seguinte proclama:

6
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

“A Xunta Superior Revolucionaria, fiel á súa elevada orixe, fai a seguinte declaración de dereitos: Sufraxio
universal. Liberdade de cultos. Liberdade de ensinanza. Liberdade de reunión e asociación pacíficas. Liberdade de
imprenta (…). Descentralización administrativa que devolva a autoridade aos concellos e ás provincias. Xuízo de
xurados en materia criminal (…). Inmobilidade xudicial”.

Proposta de composición:
“A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA: ABDICACIÓNS DE BAIONA E OCUPACIÓN NAPOLEÓNICA”

Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre o período histórico
comprendido entre 1808 e 1814, no que se desenvolve a chamada Guerra da Independencia. A política profrancesa
do valido de Carlos IV, Manuel Godoy (Documento 1), aumentaría o desprestixio e a debilidade da Monarquía
Borbónica, en favor de Napoleón Bonaparte (Documento 2). A sublevación popular do Dous de Maio (Documento
3), daría lugar a un longo conflito na Península, coñecido como Guerra da Independencia.

Doc.1.-Anexo segredo do Tratado de Fontainebleau (27 de outubro de 1807):


Art. I. Un corpo de tropas imperiais francesas de vinte e cinco mil homes de infantería, e de tres mil homes de
cabalaría entrará en España e marchará en dereitura a Lisboa: se reunirá a este corpo outro de oito mil homes de
infantería e de tres mil de cabalaría de tropas españolas con trinta pezas de artillería.
Art. II. Ao mesmo tempo unha división de tropas españolas de dez mil homes tomará posesión da provincia de
Entre Miño e Douro e da cidade de Oporto; e outra división de seis mil homes, composta igualmente de tropas
españolas tomará posesión da provincia de Alentejo e do reino dos Algarbes.
Art.III. As tropas francesas serán alimentadas e mantidas pola España, e os seu soldos pagados pola Francia
durante todo o tempo do seu tránsito por España.
Art. VI. Un novo corpo de corenta mil homes de tropas francesas reuniranse en Baiona, a más tardar o 20 de
novembro próximo …]. Este novo corpo non entrará sen embargo en España, ata que as dúas Altas Potencias
contratantes se puxeran de acordo a este efecto.

Doc.2.-Ilustración popular sobre as “Abdicacións de Baiona” (Litografía do XIX):

7
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (…). O sangue francés foi vertido;
reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (…):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (…).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (…)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a sedición serán
considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

Outros documentos:
1. Memorias de Godoy. Inquietude ante a Revolución francesa. 1836
O rei Carlos IV e María Luisa recibían cada día [...] unha gran impresión, un choque moral con cada noticia nova
do que ocorría en Francia; era a época das angustias, das desgrazas do rei Luís XVI, de María Antonieta, a raíña, e da
súa infortunada familia. Profundamente impresionados por aqueles acontecementos desastrosos, Carlos IV e María
Luisa atribuíanlles en parte, e pouco equivocábanse, ao cambio continuo de ministerios a que se vía ao rei polas
intrigas e as influencias contrarias e funestas do seu corte. A veciñanza dos reinos facía temer a cada pouco que o
incendio se comunicase dun a outro. Carlos IV miraba ao seu ao redor [...] non sabía en quen depositar a súa
confianza. Dubidaba [...]. Provocacións, insultos directos saían da tribuna francesa; o trono de Luís XVI acababa de
afundirse; a república habíalle substituído e non se falaba se non de revolucionar os Estados veciños, de levar a eles a
propaganda e a guerra. Xa a invasión tivera lugar no Norte; Luís XVI, xefe da familia dos Borbóns, coa raíña e os
seus fillos, prisioneiros, ían ser xulgados. Que facer Que conduta política adoptar?.

2. Orde do día do 2 de maio asinada polo xeneral Murat (1808).


Orde do día: Soldados: mal aconsellado o populacho de Madrid, levantouse e cometeu asasinatos. Ben sei que os
españois que merecen o nome de tales lamentaron tamañas desordes, e estou moi distante de confundir con eles a uns
miserables que só respiran roubos e delitos. Pero o sangue francés vertido clama vinganza. Por tanto, mando o
seguinte: [...] Art. 2. Serán arcabuceados todos cuantos durante a rebelión foron presos con armas. Art. 3. A Xunta de
Goberno vai mandar desarmar aos veciños de Madrid. Todos os moradores da corte que pasado o tempo prescrito para
a execución desta resolución anden con armas, ou as conserven na súa casa sen licenza especial, serán arcabuceados.
Art. 4. Todo círculo que pase de oito persoas, se reputará reunión de sediciosos e disiparase a fusilazos. Art. 5. Toda
vila ou aldea onde sexa asasinado un francés será incendiada. Art. 6. Os amos responderán dos seus criados, os
empresarios de fábricas dos seus oficiais, os pais dos seus fillos e os prelados de conventos dos seus relixiosos. Art. 7.
Os autores de libelos impresos ou manuscritos que provoquen á sedición, os que os distribuíren ou venderen, se
reputarán axentes da Inglaterra, e como tales serán pasados polas armas. Dado no noso cuartel xeral de Madrid, ao 2
de maio de 1808. Joaquín Murat.

3. As Xuntas de goberno asumen a soberanía e organizan a resistencia contra os franceses.


Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vosos corazóns o horror á perfidia coa que foi
seducido, temedes pola vosa sagrada relixión,(...) Tedes xa caudillo; tómanse as decisións máis vigorosas; correde
polas armas, vamos a defender a causa de Deus, o honor da nosa Patria, nosas vidas e facendas(...).
Xunta Suprema do reino de Galicia. Proclama. 5-VI-1808.

2.- As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá facer referencia ao contexto da guerra de Independencia; ás razóns para a
convocatoria de Cortes en Cádiz; explicar o seu labor lexislativo, así como as tendencias
políticas dos deputados; indicar as dificultades atopadas para o establecemento do
réxime liberal e demostrar que coñece o novo modelo político e social deseñado pola
Constitución de 1812.
(Páxinas 100, punto 2.1, á 103. Vicens Vives)

O 2 de maio de 1808, unha multitude congregouse diante do palacio para impedir a


partida do resto da familia real cara a Baiona e alzouse de forma espontánea fronte á
presenza francesa. Aínda que foron duramente reprimidos polo xeneral Murat, o seu
exemplo propagouse por todo o país freando o avance das tropas imperiais.

8
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Entre maio e xuño numerosas vilas e cidades formaron Xuntas para enfrontarse ao
ocupante francés. De composición moi variada, e controladas na maioría dos casos
polas elites dominantes, representan unha nova concepción do poder revolucionaria no
senso de non recoñecer a España oficial representada por Xosé I. En cada poboación
xurdiu una xunta local. Para maior coordinación, as xuntas provinciais formaron a Xunta
Suprema Central de España e Indias que coordinou a loita contra os franceses, pide
axuda a Inglaterra e exerceu o goberno de España. Recoñeceu a Fernando VII como rei
lexítimo de España e asumiu a súa autoridade ata o seu retorno. A revolución que se
iniciou case ao mesmo tempo ca guerra, prevía unha convocatoria de Cortes xerais e
extraordinarias, por iniciativa da Xunta Central, aínda que foi levada a cabo polo
Supremo Consello de Rexencia, que substituíu á Xunta Central en xaneiro de 1810.

Iniciouse un proceso de convocatoria de Cortes para lexitimar a acción política ante


o baleiro de poder, coñecer a vontade do país e implementar reformas (“consulta ao
país” a través da Xuntas provinciais ou os Concellos: non ao poder absoluto do
monarca). A maioría dos nobres e eclesiásticos trataban de restablecer o sistema
político tradicional, pero os liberais eran conscientes da oportunidade presentada para
unha transformación política que restrinxira o poder real e establecera una Constitución
baseada na soberanía da nación e separación de poderes.

Tras un difícil proceso de elección de deputados dado o estado de guerra, as Cortes


abríronse en Cádiz( Isla de León), por ser a cidade de máis fácil defensa e estar libre da
ocupación francesa, o 24 de setembro de 1810. Cádiz era un importante centro
comercial e unha das cidades máis abertas e avanzadas de España. O sector liberal
forzou a formación dunha cámara única e na súa primeira sesión aprobaron o principio
de soberanía nacional, isto é, o recoñecemento de que o poder reside no conxunto de
cidadáns, representados nas Cortes.

A composición social dos deputados que actuaron en Cádiz, mostraba a


complexidade social do momento. Xunto a vellos membros dos antigos estamentos
(nobres, eclesiásticos) houbo representantes das clases medias urbanas, militares,
maxistrados, funcionarios, e das profesións liberais e da actividade mercantil. O clero
predominaba, xunto a xuristas e funcionarios. Non asistiu ningún artesán nin campesiño.
O número de deputados que interviñeron neses anos foi duns 300, e estiveron presentes
104 no momento da inauguración, e 184 cando se aprobou a constitución. As novas
Cortes ordinarias trasladáronse en xaneiro de 1814 a Madrid. Unha parte destacada das
reformas foron inspiradas por clérigos de adscrición liberal (Espiga, Villanueva). Os
funcionarios viron nas Cortes a oportunidade para reformar a desacreditada monarquía e
os militares tiveron tamén un papel moi importante.

Pronto apareceron nos debates dúas grandes faccións ou tendencias


ideolóxicas. Os partidarios da liberdade e das reformas radicais, os liberais, que
propoñían unha cámara única que asumise a soberanía nacional, e os que se opoñían a
eles, partidarios do mantemento da sistema político absolutista. Son os realistas,
absolutistas ou servís, de ser vil, forma pexorativa como foron denominados polos
contrarios.

As Cortes de Cádiz realizaron un intenso labor lexislativo. Ademais da


Constitución promulgada o 12 de marzo de 1812, elaboraron numerosos decretos polos
que se eliminaban as estruturas e os fundamentos xurídicos do Antigo Réxime e se
establecía un novo modelo político, administrativo social e económico inspirado nos
principios ideolóxicos do liberalismo.

9
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Entre estes decretos destacan:

1. Proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes (setembro de


1810). O rei deixaba de ser soberano e o corpo social da nación española emerxía como
suxeito da soberanía, e a depositaba nas Cortes, chamadas por esta razón Señor e
Maxestade. Fronte ao poder absoluto defenderon a separación de poderes.

2. A abolición dos señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal (1811)


A xustiza, en mans da nobreza e da Igrexa, pasou ao Estado. A abolición dos señoríos
xurisdicionais non afectou os dereitos dos nobres sobre a propiedade da terra, que,
incluso naqueles casos de dereitos confusos, lograron ampliar a propiedade territorial.

3. Outras reformas: a liberdade de imprenta sen censura previa, 1810. A


regulamentación do poder executivo, incluíndo a responsabilidade dos ministros. A
formación dos Concellos constitucionais e das Deputacións provinciais. A creación do
Tribunal Supremo de Xustiza, a reforma das Audiencias e a creación dos partidos
xudiciais. A supresión do tribunal da Inquisición, 1813. A abolición da tortura e a
supresión do voto a Santiago, imposto anual que debía pagar o campesiñado castelán
para sustentar o culto ao apóstolo Santiago.

A Constitución de 1812 foi coñecida como A Pepa porque foi aprobada o 19 de


marzo de 1812. Os deputados quixeron facer compatibles as tradicións do pasado dos
reinos hispánicos co novo espírito revolucionario xurdido en Francia en 1789.

Os principios da Constitución de 1812 foron os seguintes:

- Soberanía da nación: o poder residía na nación. O pobo é o posuidor do poder,


poder que exerce por delegación nos seus representantes elixidos mediante sufraxio
universal masculino indirecto, tanto para a elección dos deputados a Cortes, como dos
alcaldes e rexedores dos concellos.
- Monarquía como forma de goberno. O rei promulgaba as leis e tiña dereito de
veto transitorio. O poder do rei estaba limitado e restrinxido a ditas funcións.
- Separación de poderes:
• Poder executivo, exercido polo monarca, que é xefe do Estado e do Goberno.
• Poder lexislativo, exercido polas Cortes, que elaboran as leis. Teñen que ser
sancionadas e promulgadas polo monarca, que tamén dispón de veto suspensivo. As
Cortes están formadas por unha soa cámara, e teñen preeminencia sobre o monarca.
• Poder xudicial, exercido polos tribunais de xustiza.

- Recoñecemento de dereitos e das liberdades individuais e da igualdade ante á lei.


Liberdade de opinión e de imprenta. Igualdade de todos ante á lei e ante as cargas do
Estado, sexan estas fiscais, como o pago de impostos, ou militares, como o servizo
militar obrigatorio. Aparece tamén o dereito á propiedade individual, como un dereito
básico garantido polo estado.
- Creación da Milicia Nacional, corpo de civís armados para a defensa do sistema
constitucional.
- Unitarismo e centralismo políticos: imponse unha única lexislación que elimina os
particularismos dos antigos reinos e privilexios forais.
- Catolicismo: a relixión católica era a única da nación española.
- Liberdade económica: coa supresión de gremios, abolición dos señoríos,
liberdade de cercado de terras para poñer fin ao predominio da Mesta, liberdade de
industria e de contratación, programa de desamortización de mans mortas.

10
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Trátase dunha Constitución revolucionaria, que abolía o absolutismo monárquico,


establecendo un réxime baseado na separación de poderes. Facía concesións ao
tradicionalismo, como a ausencia dunha declaración de dereitos ordenada e sintética, e
consagraba o catolicismo de Estado, debido ao sentimento nacionalista católico e
antinapoleónico, dominante na época de guerra de independencia.

Nin a Constitución nin as leis emanadas das Cortes tiveron unha aplicación práctica
polo estado de guerra no que se vivía. Fernando VII, a súa volta, derrogou a
Constitución e a obra lexislativa das Cortes de Cádiz, pero significou un referente e unha
inspiración dos textos posteriores. O seu espírito fixo que fose unha referencia durante
toda a Historia Contemporánea de España. Así mesmo, converteuse nun mito para o
liberalismo universal e un modelo para todas as constitucións latinoamericanas.

COMENTARIO SOBRE TEXTOS HISTÓRICOS

Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812,
no contexto da denominada Guerra da Independencia (1808-1814). Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas,
senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a
utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc 1.- As Cortes de Cádiz proclaman a soberanía nacional e a separación de poderes ( 24 -IX- 1810):
“Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan á nación española, decláranse lexítimamente
constituidos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a soberanía nacional. As Cortes (...) recoñecen,
proclaman e xuran de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor don Fernando VII de Borbón; e declaran nula, de
ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que se di feita a favor de Napoleón, non só pola violencia que interveu
naqueles actos inxustos e ilegais, senón principalmente por faltarlle o consentimento da nación.
Non convindo queden reunidos o poder lexislativo, o executivo e o xudicial, declaran as Cortes xerais e
extraordinarias que se reservan o exercicio do poder lexislativo en toda a súa extensión.”

Doc. 2.- Constitución de 1812:


“Art. 2. A Nación española é libre e independiente e non é nin pode ser patrimonio de ningunha familia nin persona.
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta exclusivamente o dereito de
establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.
Art. 27. As Cortes son a reunión de todos os deputados que representan á Nación, nomeados pólos cidadáns na
forma que se dirá.
Art. 172. As restriccións á autoridade do Rei son as seguintes: Primeira. Non pode o Rei impedir baixo ningún
pretexto a celebración das Cortes nas épocas e casos sinalados póla Constitución, nin suspendelas, nin disolvelas.
Oitava: Non pode o Rei impoñer por si, directa nin indirectamente, contribucións (...).”

Doc. 3.- Decreto de anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa das Cortes de Cádiz (4 - V - 1814):
“As Cortes, (...) no mesmo día da súa instalación (...) despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos
mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta (...) as leis
que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova Constitución (...); e o que era
verdadeiramente obra duna facción, revestíano (...) de vontade xeral, e por tal fíxose pasar a duns poucos sediciosos
(...) que (...) ocasionaron aos bos coidados e pesadumes (...).
Por tanto, oído o que unánimemente me informaron (...), declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder
á dita Constitución nin a decreto ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas, a
saber, os que limiten os dereitos e prerrogativas da miña soberanía (...), senón o declarar aquela Constitución e tales
decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo algún, coma se non tivesen pasado xamais tales
actos”.

11
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Algúns documentos:
Seleccións de artigos da Constitución de 1812.
As Cortes Xerais e Extraordinarias da Nación española, decretan a seguinte Constitución:
Art.1. A Nación española é a reunión de todos os españois de ambos os hemisferios. Art.2. A Nación
española é libre e independente, e non é nin pode ser patrimonio de ningunha persoa ou familia. Art.3. A
soberanía reside esencialmente na Nación, e, polo mesmo, pertence a esta exclusivamente o dereito de
establecer as súas leis fundamentais. Art.4. A Nación está obrigada a conservar e protexer as leis sabias e
xustas, a liberdade civil, a propiedade e os demais dereitos lexítimos de todos os individuos que a
compoñen. Art.6. O amor á Patria é unha das principais obrigacións de todos os españois, e así mesmo o
ser xustos e benéficos Art.8. Tamén está obrigado todo español, sen distinción algunha, a contribuír en
proporción ás súas haberes para os gastos do Estado. Art.12. A relixión da Nación española é e será
perpetuamente a católica, apostólica, única e verdadeira. A Nación protéxea por leis sabias e xustas, e
prohibe o exercicio de calquera outra. Art.13. O obxecto do Goberno é a felicidade da Nación, posto que o
fin último de toda sociedade política non é outro que o benestar dos individuos que a compoñen. Art.14. O
goberno da Nación española é unha monarquía moderada hereditaria. Art.15. A potestade de facer as leis
reside nas Cortes co rei. Art.16. A potestade de facer executar as leis reside no rei. 3 Art.17. A potestade
de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais establecidos. Art.27. As Cortes son a
reunión de todos os deputados que representan a Nación, nomeados polos cidadáns na forma que se dirá.
Art.108. Os deputados renovaranse na súa totalidade cada dous anos. Art.172. As restricións á autoridade
do Rei son as seguintes: Primeira. Non pode o Rei impedir baixo ningún pretexto a celebración das Cortes
nas épocas e casos sinalados pola Constitución, nin suspendelas, nin disolvelas [...]. Quinta. Non pode o
Rei facer alianza ofensiva, nin tratado especial de comercio con ningunha potencia estranxeira, sen o
consentimento das Cortes. Oitava. Non pode o Rei impoñer por si, directamente nin indirectamente,
contribucións [...]. Art. 339. As contribucións repartiranse entre todos os españois con proporción ás súas
facultades, sen excepción nin privilexio algún.

3.- A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do


reinado). Vicens Vives páxinas

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá explicar o reinado deste monarca como a crise permanente e definitiva do Antigo
Réxime, un modelo que xa resulta inviable fronte a un liberalismo que vai sufrir avances
e retrocesos ata a morte do rei. En consonancia con isto, referirase ás etapas políticas
do seu reinado e comentará as súas principais características: o Sexenio Absolutista
(regreso de Fernando VII e restablecemento do absolutismo, abolindo a obra das Cortes
de Cádiz); o Trienio Liberal (triunfo do pronunciamento liberal de 1820 e establecemento
dun goberno desta ideoloxía); e a Década Ominosa (restablecemento do absolutismo
logo da intervención dos “Cen Mil Fillos de San Luís”).
(Páxinas 120 á 125. Vicens Vives)

Despois de asinar o Tratado de Valençay (VOCABULARIO), a finais de 1813,


Napoléon renuncia ao trono español e entrega a coroa a Fernando VII quen retornou a
España en 1814 e reinou ata a súa morte en 1833. Pero o rei non aceptou o tratado nin
as reformas lexislativas levadas a cabo en Cádiz. Durante todo o seu reinado, o rei
desexado, enfrontouse cos liberais e anulou o sistema político creado en Cádiz. No seu
reinado diferéncianse tres períodos: o Sexenio Absolutista, o Trienio Liberal e a Década
Ominosa.

O Sexenio Absolutista comeza no ano 1814 e remata no 1820. En marzo de 1814


Fernando VII foi recibido en España con grande entusiasmo popular. pero o seu retorno
político representou unha volta ao Antigo Réxime. Os liberais esixían que o rei acatase e
aprobase os decretos e a Constitución de 1812, pero os absolutistas defendían que o rei
debía recuperar a plenitude da súa soberanía e declarar nulas todas as reformas.

12
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A súa chegada coincidiu coa publicación do (Vocabulario) Manifesto dos Persas*,


asinado por 69 deputados absolutistas. Durante a estancia do rei en Valencia publica o
Decreto de Valencia, do 4 de maio de 1814, que restauraba o poder absoluto do
monarca e abolía toda a lexislación das Cortes de Cádiz. Tratábase de borrar calquera
lembranza daquela etapa.

O retorno ao absolutismo e ao Antigo Réxime causou unha escasa oposición nas


masas populares, que identificaban as reformas liberais como agresións á relixión e aos
costumes tradicionais. Ademais produciuse nun contexto internacional favorable ao
absolutismo, pois Napoleón fora derrotado e a Santa Alianza unía a case todas as
monarquías europeas contra calquera brote liberal.

Numerosos intelectuais vinculados á revolución liberal son desterrados ou


encarcerados. Moitos abandonarán España. Foi o primeiro exilio da España
contemporánea, que afectou tanto a afrancesados* (considerados traidores) como a
liberais (perigo para a monarquía). O seu destino foi Gran Bretaña e Francia, desde
onde promoveron conspiracións para establecer un sistema constitucional.

O rei restaurou a Inquisición, os antigos consellos, a Mesta, os gremios, o réxime


señorial, as institucións feudais, estableceu a devolución dos bens desamortizados.
Ademais Fernando VII e o seu goberno intentaron un obxectivo imposible: refacer un
país esnaquizado pola guerra, coa agricultura desfeita, o comercio paralizado, as
finanzas en bancarrota e todas as colonias loitando pola súa independencia. Pero para
saír desta crise económica era preciso reformar a Facenda real (intento de Martin de
Garay cun sistema de contribución única e proporcional aos ingresos) que non é posible
pola oposición dos privilexiados e do propio rei. Ademais a política estivo marcada pola
camarilla que rodeaba ao rei, home de carácter voluble. Os continuos cambios
provocaron unha grande inestabilidade, pois cada ministro permanecía unha media de
seis meses no cargo.

As forzas liberais, formadas por militares procedentes das guerrillas e a burguesía,


tiveron que recorrer á conspiración e ao pronunciamento*, é dicir, ao levantamento de
parte do exército que se pronuncia a favor da substitución da monarquía absoluta por
unha monarquía liberal inspirada nos principios da Constitución de Cádiz, para poder
chegar ao poder. Moitos fracasaron (Espoz y Mina, Lacy), sendo os seus organizadores
detidos e executados. Un dos primeiros pronunciamentos foi o liderado por Juan Díaz
Porlier na Coruña en 1815.

O 1 de xaneiro de 1820 , ao mando das tropas preparadas en Andalucía para ir


combater ós independentistas americanos, Rafael del Riego esixiu en Cabezas de San
Juan, (Sevilla), o restablecemento da Constitución de 1812. O triunfo liberal tivo lugar
cando o 21 de febreiro na cidade da Coruña, os oficiais dirixidos por Félix Acevedo
nomearon unha Xunta de Goberno e de Galicia e restableceron a Constitución de 1812.
Tras o (Vocabulario) pronunciamento, Fernando VII viuse obrigado a aceptar a
Constitución o 10 de marzo de 1820, e formou un goberno integrado por destacados
liberais. Este movemento foi imitado en varios puntos de Europa: Portugal, Francia e
Rusia, dando lugar ao que se coñece como a vaga revolucionaria liberal dos anos 20.

Comeza o Trienio Liberal (1820-1823).

O primeiro goberno estivo formado por liberais que regresaban do exilio como Agustín
Argüelles. Algunhas das medidas adoptadas foron a liberdade dos presos políticos, a
supresión da Inquisición, a volta aos seus cargos das autoridades constitucionais en
13
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

concellos e deputacións provinciais, a convocatoria de eleccións a Cortes baseadas no


sufraxio universal indirecto, a creación da Milicia Nacional, corpo de voluntarios para a
defensa do sistema constitucional, un dos símbolos do liberalismo. Este espírito liberal
atopou dous medios de expresión fundamentais: a prensa, como instrumento da
liberdade de expresión e da pluralidade ideolóxica, e as Sociedades patrióticas, clubs
abertos para debater temas e actualidade política e social.

As diferenzas entre os liberais sobre temas como a necesidade ou non de modificar a


Constitución, o poder da Coroa, a participación política ou a soberanía da nación, deron
lugar á aparición de dúas correntes, os moderados e os exaltados. Os liberais
moderados, como Martínez de la Rosa, desexaban un compromiso coas antigas clases
dominantes e o rei, e os liberais exaltados, como Romero Alpuente, pretendían reformas
radicais. Entre as medidas dos gobernos moderados destacou a lei de supresión de
ordes monacais e a reforma de regulares, a abolición dos gremios e a desamortización
dos bens da Igrexa e a supresión das vinculacións e morgados da nobreza para
dinamizar a economía nacional e sanear a Facenda pública. Ás conspiracións
protagonizadas polos exaltados sumáronse as intrigas do rei e a acción da guerrilla
realista. Logo do fracasado golpe de estado de xullo de 1822 cambiou o signo de esta
etapa e formáronse gobernos liberais exaltados. Esta división favoreceu os intentos
absolutistas de restaurar o Antigo Réxime, contando co apoio de Fernando VII, que
nunca acatou sinceramente a imposición da Constitución.

A todo iso sumábanse a Guerra de Independencia das Colonias e as manobras


internacionais da Santa Alianza.(Tras a derrota de Napoleón, as monarquías de Rusia,
Austria e Prusia estableceron en 1815 unha alianza cuxo obxectivo foi o mantemento en Europa
do statu quo absolutista, monárquico e relixioso, a fin de impedir o xurdimento e propagación de
movementos revolucionarios) . Nese contexto, o rei de Francia Luís XVIII, ante o medo á
extensión da revolución por Europa, decidiu enviar un exército, os Cen Mil Fillos de San
Luís, dirixido polo duque de Angulema, que invadiu España en abril de 1823 coa axuda
dos voluntarios realistas. Agás nalgunhas zonas como Cádiz e A Coruña, case non
atoparon resistencia. O 1 de outubro o monarca restauraba o seu poder absoluto. O Rei
ordenaba unha persecución implacable contra os liberais e todas as leis e institucións
creadas durante o Trienio Liberal. A pesar da persecución, os liberais seguiron
conspirando para restablecer as liberdades en España, fracasando nos seus intentos.

A Década Ominosa absolutista comeza no ano 1823 e remata no 1833.

Os primeiros anos foron dunha acentuada represión política (execución de Rafael


del Riego). Houbo unha depuración no exército e na administración pública. O aparello
represivo articulouse arredor de catro instrumentos básicos: a Superintendencia Xeral de
Policía e as comisións militares para depurar funcionarios e militares, o Corpo de
voluntarios realistas, os tribunais de xustiza, que condenaban por delitos como posuír
símbolos liberais (a bandeira bordada de Mariana Pineda) e as Xuntas de Fe, herdeiras
da Inquisición. O clima de persecución foi tal que a historiografía liberal denominou como
“ominosa” ou abominable a esta década. De novo houbo un regreso do Antigo Réxime,
pero a Inquisición xa non volveu ser restaurada.

Despois de 1825, a perda das colonias agravou a crise crónica da Facenda fixo que
Fernando VII buscase a colaboración do sector moderado da burguesía. Facíase
necesaria unha reforma fiscal, que foi levada a cabo por Luís López Ballesteros, a
proposta do rei. Levou a cabo o deseño dos primeiros orzamentos do Estado da Historia
de España, a creación do Tribunal de Contas, a redución da débeda pública e o plan de
minaría mediante alugamento a compañías estranxeiras. Ademais leváronse a cabo a
14
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

creación do código de comercio, a fundación da Bolsa de Comercio de Madrid e a


creación do Ministerio de Fomento.

Esta actitude incrementou a desconfianza dos sectores máis tradicionalistas das


Cortes. Os ultrarrealistas acusaron de pusilánime a Fernando VII e fóronse agrupando
arredor do seu irmán Carlos quen, ante a falta de descendencia do monarca, era
considerado o futuro herdeiro do trono.

A cuestión Sucesoria: En 1829 Fernando VII casou por cuarta vez con María Cristina
de Borbón e deste matrimonio naceron dúas fillas, Isabel e Luísa Fernanda. Antes da
súa morte derrogou a Lei Sálica, que impedía a sucesión no trono ás mulleres desde
tempos de Filipe V, a través da (Vocabulario) Pragmática Sanción (1830) para que a
súa filla Isabel II puidera gobernar. Esta decisión orixinou un grave problema dinástico
porque o irmán do rei, Carlos María Isidro, e os realistas puros opuxéronse a esta
medida. Cando morre o rei en1833 reclamou a Coroa. Iniciase a Guerra Carlista.

Composicións de texto:
ABAU 2019.
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a restauración de Fernando VII e do
absolutismo. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos a explicar a política
seguida por Fernando VII tras o seu retorno a España, á delimitación temporal e ás características principais do
Trienio Liberal e a Década Ominosa.
Doc. 1. Manifesto dos Persas (12 de abril de 1814):
“Señor, era costume dos antigos persas pasaren cinco días de anarquía despois do falecemento do seu rei, a fin de
que a experiencia dos asasinatos, roubos e outras desgrazas os obrigase a ser máis fieis ao seu sucesor. Para selo
España a VM non necesitaba igual ensaio en seis anos da súa catividade […]; mais, como en ausencia de VM se
mudou o sistema […] e nos achamos á fronte da nación nun Congreso que decreta o contrario do que sentimos […],
cremos un deber manifestar que […] a monarquía absoluta […] é unha obra da razón e da intelixencia: está
subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado.
[…] Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto […] coa protesta de que se estime sempre sen
valor esa Constitución de Cádiz e por non aprobada por VM.”
Doc. 2. Manifesto do Rei á nación española (Madrid, 10 de marzo de 1820):
“ESPAÑOIS: Cando os vosos heroicos esforzos lograron poñer termo ao cativerio en que me retivo a máis
inaudita perfidia, todo canto vin e escoitei, non ben pisei o chan patrio, reuniuse para persuadirme de que a Nación
desexaba ver resucitada a súa anterior forma de goberno […].
Pero, mentres Eu meditaba maduramente, coa solicitude propia do meu paternal corazón, as variacións do noso
réxime fundamental que parecían máis adaptables ao carácter nacional […], fixéstesme comprender o voso anhelo de
que se restablecese aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de
1812 […]. Xurei esa Constitución pola cal suspirabades, e sempre serei o seu máis firme apoio […]. Marchemos
francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional.”
Doc. 3. Proclama dirixida polo duque de Angulema aos españois (Bayonne, 2 de abril de 1823):
“Españois! A Francia non está en guerra coa vosa Patria. Nacido do mesmo sangue ca os vosos Reis, non podo
desexar máis ca a vosa independencia, a vosa felicidade e a vosa gloria. Vou pasar os Pireneos á cabeza de cen mil
Franceses, pero é para me unir aos españois amigos da orde e das Leis, para axudarlles a rescatar o seu Rei cativo; a
restablecer o Altar e o Trono; a librar do desterro os sacerdotes; do despoxo os propietarios; a todo o pobo do
dominio dalgúns ambiciosos que, proclamando liberdade, non preparan senón a escravitude e a destrución de España
[…].”
Rúbrica de correción:

Muy Resposta en branco (0)


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0-1)

15
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, esponxe como a resposta
a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -Referencia básica ás etapas políticas do reinado de Fernando VII e a algunhas das
súas características:
-O Sexenio Absolutista: o regreso de Fernando VII despois da vitoria fronte a Francia
e o restablecemento do absolutismo abolindo a obra das Cortes de Cádiz.
-O Trienio Liberal: o triunfo dun pronunciamento liberal en 1820 e o
establecemento dun goberno desta ideoloxía durante tres anos
-A Década ominosa: o restablecemento do absolutismo logo da
intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado afondar no comentario nalgunha das
(3,5-4) seguintes cuestión):
-Explicar os factores que favoreceron o restablecemento do absolutismo por parte de
Fernando VII ao seu regreso a España
-Comentar o recurso ao pronunciamento por parte dos liberais para forzar o rei a
cambiar de sistema político.
-Explicar os factores que permitiron a volta do absolutismo en 1823
(intervención da Santa Alianza )
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado) a resposta analiza a
oposición dos deputados absolutistas das Cortes de Cádiz ás reformas liberais (doc.1),
o xuramento da constitución de 1812 por parte do rei logo do triunfo do
pronunciamento liberal de 1820 (doc.2), a intervención da Santa Alianza para
restablecer o absolutismo (doc.3). Redacción: correcta e texto coherente

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou


(4,5-5) varias das seguintes cuestión):
-Facer referencia ao Decreto de derogación da Constitución de Cádiz
-Mencionar outros pronunciamentos fallidos anteriores ao de Riego.
-Incidir no contexto internacional favorable ao absolutismo a raíz do Congreso de
Viena
-Abordar a problemática sucesoria: as súas causas e consecuencias
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable):
-A resposta afonda na crítica ao liberalismo e a defensa do absolutismo que se recolle
no doc.1
-A resposta comenta a falsidade dos argumentos dados polo rei para xurar a
constitución (doc.2)
-A resposta ten en conta que o autor da proclama do doc.3 está vinculado
familiarmente cos Borbóns españois
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está
ben articulado e argumentado

MODELO EXAME ABAU 2020

ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS


Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o reinado de Fernando VII. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos a explicar a política seguida polo monarca
tras o seu retorno a España, a delimitación temporal e as características principais das etapas do seu reinado.
(5 puntos)
Doc. 1. Decreto de Valencia, 4 de maio de 1814
“As Cortes [...] no mesmo día da súa instalación [...] despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos
mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta, despois,
sobre tal usurpación as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova
Constitución [...]. Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto
ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas [...], senón o declarar aquela
16
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo ningún, coma se non tivesen
pasado xamais tales actos”.

Doc. 2. Manifesto de Rafael del Riego, 1 de xaneiro de 1820


“Soldados, o meu amor cara a vós é grande. Polo mesmo eu non podía consentir, como xefe voso, que se vos
afastase da vosa patria [...]. España está a vivir a mercé dun poder arbitrario é absoluto, exercido sen o menor
respecto ás leis fundamentais da nación. [...] A Constitución española, xusta e liberal, foi elaborada en Cádiz entre
sangue e sufrimento. Máis o rei non a xurou e é necesario, para que España se salve, que o rei xure e respecte esa
Constitución de 1812”.
Doc. 3. Fernando VII declara nulos os actos do goberno constitucional, Gaceta de Madrid, 7 de outubro de
1823 “Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cativerio e o de toda a miña Real Familia, a mísera situación
dos meus vasalos fieis e leais [...] determinou poñer fin a un estado de cousas que era o escándalo universal.
[...] Sentado xa outra vez no trono de S. Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas
resolucións dos meus poderosos Aliados [...] declaro o seguinte:
Primeiro: Son nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e
condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820 ata hoxe, día 1° de outubro de
1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a sancionar as leis e a expedir
as ordes, decretos e regulamentos que contra a miña vontade se me ditaban e expedían polo mesmo goberno”.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes textos permiten a elaboración dunha composición que teña por tema central a evolución política
durante o reinado de Fernando VII, entre 1814 e 1833. Mentres os documentos 1, 3 e 4 sinalan o inicio de tres etapas
ben diferenciadas, que debes identificar e caracterizar, salientando as diferencias entre elas, o documento 2
exemplifica a forma de pronunciamento que frecuentemente adoptou a tensión entre liberalismo e absolutismo,
presente durante todo o reinado.

Doc.1.-Decreto de anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa das Cortes de Cádiz (1814):
“As Cortes (...) no mesmo día da súa instalación (...) despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos
mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta, despois sobre
tal usurpación, as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova Constitución
(...); e ó que era verdadeiramente obra dunha facción, revestíaselle (...) de vontade xeral (...).
Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto ningún das Cortes
xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas, a saber, os que sexan depresivos dos dereitos e
prerrogativas da miña soberanía (...), senón o declarar aquela Constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin
efecto, agora nin en tempo ningún, coma se non tivesen pasado xamais tales actos”.

Doc.2.-Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de Galicia, presidida por Juan Díaz
Porlier, en 1815:

“Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar ós oídos do rei, sitiado a toda
hora polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible, pero indispensable, resolución de reclamar coas armas na man o
que se negou ás nosas solicitudes.

O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituída dun xeito que
sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes
nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os
cambios que esixe a nosa situación”.

Doc.3.-Fernando VII acepta a Constitución de Cádiz o 10 de marzo de 1820:

“Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réxime
fundamental que parecían máis adaptables ó carácter nacional e ó estado presente das diversas opcións da monarquía
española, así como máis análogas á organización dos pobos ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se
restablecese aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de 1812, ó
propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria. Oín os vosos votos, e como tenro pai
condescendín ó que os meus fillos consideran que conduce á súa felicidade. Xurei esa Constitución pola que
deveciades, e sempre serei o seu máis firme apoio (...). Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda
constitucional (...)”.

17
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.4.-Logo da intervención da Santa Alianza, Fernando VII anula en 1823 os actos do goberno
constitucional:

“Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas
resolucións dos meus poderosos aliados e polos denodados esforzos do meu primo, o duque de Angulema, e o seu
bravo exército, desexando prover o remedio ás máis urxentes necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo o
mundo a miña verdadeira liberdade, veñen decretar o seguinte:

1º. Son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición
que sexan) que dominou os meus pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823, declarando, como
declaro, que en toda esta época carecín de liberdade”.

Outros documentos.
O Manifesto dos Persas.
Manifesto Que ao Señor Don Fernando VII fan no 12 de abril do ano de 1814 os que subscriben como deputados
nas actuais Cortes ordinarias [...]. SEÑOR: Art. 1. Era costume nos antigos Persas pasar cinco días en anarquía
despois do falecemento do seu Rey, a fin de que a experiencia dos asasinatos, roubos e outras desgrazas obrigáselles a
ser máis fieis ao seu sucesor. Para selo España a V. M. non necesitaba igual ensaio nos seis anos da súa catividade, do
número dos Españois que se compracen ao ver restituído a V. M. ao trono dos seus maiores, son os que asinan esta
reverente exposición co carácter de representantes de España; mais como en ausencia de V. M. mudouse o sistema
que rexía ao momento de verificarse aquela, e achámonos á fronte da Nación nun Congreso que decreta o contrario do
que sentimos, e do que as nosas Provincias desexan, cremos un deber manifestar os nosos votos e circunstancias que
os fan estériles, coa concisión que permita a complicada historia de seis anos de revolución. [..]. Art. 134. A
monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras
fundamentais do Estado: foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes
que elixiron os seus reis.[...]. Non podendo deixar pecharse este respectuoso Manifesto en canto permita o ámbito da
nosa representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de
Cádiz, e por non aprobada por V.M. nin polas provincias [...] porque estimamos as leis fundamentais que contén de
incalculables e transcendentais prexuízos, que piden a previa celebración dunhas Cortes españolas lexitimamente
congregadas en liberdade e con arranxo en todo ás antigas leis.
Madrid, 12 de abril de 1814.

Decreto do 1 de outubro de 1823 (Anulación da obra do Trienio Liberal).


Ben públicos e notorios foron a todos os meus vasallos os escandalosos sucesos que precederon, acompañaron e
seguiron ao establecemento da democrática Constitución de Cádiz no mes de marzo de 1820: a máis criminal traizón,
a máis vergoñosa covardía, o desacato máis horrendo á miña Real Persoa, e a violencia máis inevitable, foron os
elementos empregados para variar esencialmente o goberno paternal dos meus reinos nun código democrático, orixe
fecunda de desastres e de desgrazas. [...]. A Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cativerio e o de toda a
miña Real Familia, a mísera situación das miñas vasallos fieis e leais, e as máximas perniciosas que profusamente
esparcían custe o que custe os axentes Españois por todas partes, determinaron poñer fin a un estado de cousas que era
o escándalo universal, que camiñaba a trastornar todos os Tronos e todas as institucións antigas cambiándoas na
irreligión e na inmoralidade. [...].Sentado xa outra vez no trono de S. Fernando pola man sabía e xusta do
Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderosos Aliados [...] vin a declarar o seguinte: Primeiro: Son
nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición que sexan)
que dominou aos meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820 ata hoxe, día 1 de outubro de 1823, declarando, como
declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a sancionar as leis e a expedir as ordes, decretos e
regulamentos que contra a miña vontade meditábanse e expedían polo mesmo goberno. [...]
Gaceta de Madrid, 7 de outubro de 1823.

Confirmación da Pragmática Sanción.


Sorprendido o meu real ánimo, nos momentos de agonía, a que me conduciu a grave enfermidade, de que me
salvou prodixiosamente a divina misericordia, asinei un decreto derrogando a pragmática sanción do 29 de marzo de
1830, decretada pola miña augusto pai a petición das cortes de 1789, para restablecer a sucesión regular na coroa de
España. [...] Homes desleais ou ilusos cercaron o meu leito, e abusando do meu amor e do do meu moi cara Esposa
aos españois, aumentaron a súa aflición e a amargura do meu estado, asegurando que o reino enteiro estaba contra a
observancia da pragmática, e ponderando os torrentes de sangue e a desolación universal que habería de producir se
non quedaba derrogada. [...]. Instruído agora da falsidade con que se calumnió a lealdade dos meus amados españois,
fieis sempre á descendencia dos seus reis; ben persuadido de que non está no meu poder, nin nos meus desexos
derrogar o inmemorial costume da sucesión, establecida polos séculos, sancionada pola lei, afianzada polas ilustres
heroínas que me precederon no trono; [...]; DECLARO solemnemente de plena vontade e propio movemento, que o
decreto asinado nas angustias da miña enfermidade foi arrincado de Min por sorpresa: que foi un efecto dos falsos

18
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

terrores con que sobrecolleron o meu ánimo; e que é nulo e de.ningún valor sendo oposto ás leis fundamentais da
Monarquía, [...]
No meu Palacio de Madrid, a 31 días de decembro de 1832. Gaceta de Madrid, 1 de xaneiro de 1833.

4.- A construción do Estado liberal (principios do liberalismo e


diferenzas entre as distintas familias políticas).
Nesta pregunta o alumnado debería explicar as características xerais do liberalismo e
as diferenzas existentes entre o liberalismo moderado, progresista e os demócratas,
relacionar eses principios ideolóxicos coas diferentes constitucións e identificar os
principais líderes de cada unha desas familias políticas. Deberá ser consciente tamén da
preferencia da monarquía polo liberalismo moderado fronte ao progresista,
relacionándoo coas diferentes etapas do reinado (identificar as etapas sen profundar nas
mesmas).
(Páxinas 134 á 149. Vicens Vives)

O liberalismo foi a expresión ideolóxica dos intereses da burguesía, convertida no


século XIX, no grupo hexemónico da sociedade debido ao desenvolvemento do
comercio e a revolución industrial. O seu dominio social vai parello ao triunfo das
revolucións políticas liberais. Chamamos así aos cambios das estructuras políticas,
xurídicas e sociais acontecidas no mundo occidental entre finais do s. XVIII e principios
do s. XIX (1778/1789 – 1848) e que representan a fin do Antigo Réxime.
Liberalismo:

lustración radical francesa (Montesquieu, Rousseau) e inspiración


no parlamentarismo inglés.

- Rexeitamento do Antigo Réxime, do absolutismo e os privilexios dos nobles e a


Igrexa.
- Defensa da existencia de dereitos e libertades individuais e da igualdade de todos os
cidadáns ante a lei. (Declaración de dereitos da revolución francesa).
- Dereito á participación política dos cidadáns:
▪ División de poderes (Montesquieu) en Executivo (Goberno), Lexislativo (Parlamento
ou Cortes) e Xudicial (Xuices e Tribunais). O estado debe estar rexido por poderes
independentes e equilibrados entre si para evitar a tiranía e o abuso de poder .
▪ Principio da Soberanía Nacional: O poder reside na nación que elixe ós seus
representantes para que os gobernen (Rousseau).
▪ Institucións representativas (Parlamentos ou Cortes e Gobernos) elexidos pola
participación política dos cidadáns a través do seu voto (sufraxio)
- Novo sistema político regulado por unha Constitución (lei suprema), e os códigos e
leis que se derivan dela e son elaborados polo poder lexislativo.
- Principios económicos
- “Liberalismo económico” (Adam Smith)
- Conducirá ó sistema económico capitalista
- Dereito á propiedade privada individual.
- Libertade económica e de empresa (O Estado non intervén na economía).
- O mercádo regúlase pola lei da oferta e a demanda (que regula a producción, os
prezos e os salarios). Triunfa políticamente (mediante as revolucións liberais)
- Ideoloxía da Burguesía (clase social dominante no s. XIX) Obtén o dominio
económico (dirixe a Revolución Industrial)

Entre 1808 e 1833 España viviu un proceso histórico caracterizado polo


enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos: absolutismo e liberalismo cun
dominio do primeiro. A guerra civil aberta en España polo carlismo ante a sucesión de
19
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Fernando VII, propicia que o liberalismo finalice co seu ostracismo e se converta no


principal apoio da rexente María Cristina de Borbón para garantir que o trono español
recaia na súa filla Isabel.

Durante o reinado de Isabel II instaurouse en España o Estado liberal. As diferenzas e


disputas entre os distintos grupos liberais sobre os principios configuradores do Estado,
provocaron frecuentes cambios constitucionais e políticos entre as dúas tendencias: a
progresista, vixente entre 1836 e 1843, e a moderada, entre 1844 e 1868.

O triunfo da revolución fronte ao Antigo réxime converteu o liberalismo na ideoloxía


dominante. Porén, á hora de levar á práctica os seus principios políticos e económicos,
existiron fortes diferenzas que causaron a súa división en varias tendencias; esta división
non foi só ideolóxica, senón que reflectía conflitos de intereses entre os diversos grupos
burgueses por controlar o poder político e asegurar a súa hexemonía social.

O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e toda Europa durante


o século XIX. Xurdiu como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor dos
grupos poderosos a perder a súa posición hexemónica na sociedade ante as demandas
populares.
Os seus trazos definitorios son:
 Monarquía constitucional, como forma de Estado e de goberno na que:
- Todas a institucións do Estado, incluída a Coroa, exercen os seus poderes de acordo
coa Constitución.
- O poder executivo e a dirección política son exercidos pola Coroa, quen nomea e
cesa libremente os ministros do goberno, na práctica, o rei reina e goberna a través dos
seus ministros. Os ministros son responsables da súa actuación ante as Cortes e
necesitan tamén da súa confianza para poder gobernar (sistema de dobre confianza). En
caso de conflito entre o Goberno e as Cortes, o rei pode disolvelas ou cambiar os
ministros.
- A Coroa comparte o poder lexislativo coas Cortes, de modo que as leis xorden da
vontade conxunta de ambas as dúas institucións.
- Correspóndelle tamén ao rei o dereito de convocatoria, suspensión e disolución das
Cortes, o que lle permite actuar de árbitro, poder moderador, nas diferenzas ente o
executivo e lexislativo e manter controladas e subordinadas as Cortes, en maior ou
menor medida de acordo coas atribucións establecidas na Constitución.
 Soberanía compartida. A fonte de todo o poder é a nación, que se identifica coas
institucións políticas tradicionais: a Coroa e as Cortes. O rei, conxuntamente coas
Cortes, representan a nación, e exercen e son depositarios da soberanía. O poder do rei
lexitímase non só por ser representante da nación, senón tamén pola intervención da
providencia divina (“rei pola graza de Deus e da Constitución).
 Restrición da participación política(goberno oligárquico). A política debe ser un
traballo realizado polos homes máis capaces e intelixentes (soberanía da
intelixencia). Considerando que a vontade xeral non se pode coñecer pola simple
suma dos intereses particulares de todos os habitantes, cualificada como a
tiranía do número, o dereito ao (Vocabulario) sufraxio debe ser restrinxido,
reservado unicamente a aqueles que posúan un determinado nivel económico ou
cultural, sufraxio censatario.
 Limitación dos dereitos individuais, que debían esta regulamentados e figurar por
escrito con límites precisos no seu exercicio, xa que, do contrario, segundo os liberais
doutrinarios, podían xerar indisciplina e desorde social.
 Catolicismo de Estado, e restrición da liberdade de cultos.

20
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

O Liberalismo Democrático: foi a corriente minoritaria do liberalilsmo.Como


principais trazos destacan:
1. Soberanía popular: a fonte dopoder é a nación,lpero identifiada co pobo, co
conxunto de individuos que vivían nela.
2. Participación popular nas institucións de poder e de goberno. Todos poden
participar co seu voto nas eleccións, defenden o sufraxio universal. Así mesmo
consideran que o pobo debe participar na administración da xustiza( xurado).
3. Dereitos e liberdades inalienables e inherentes á natureza humana . Deben constar
explicitamnete e amplamente na Constitución. Relevantes son a liberdade de expresión
e os dereitos de reunión e asociación.
4. Liberdade de cultos e separación da Igrexa e o Estado.
5. Ríxida eparación de poderes.
6. Libre alternancia política no goberno froito da vontade popular. (goberno
democrático)

Estes principios foron asumidos, en maior o menor medida, polos grupos burgueses
pero existiron fortes diferenzas á hora de poñelos en práctica e causaron a división dos
liberais en moderados e progresistas. As principais diferenzas estaban en: a concreción
e definición da soberanía, a separación e o exercicio do poder, o réxime de dereitos e
liberdades, especialmente o dereito ao sufraxio, a cuestión da liberdade relixiosa, e a
forma e organización territorial do Estado.

Os Moderados ou conservadores, asumiron plenamente a defensa dos principios do


liberalismo doutrinario. Foron os que exerceron máis tempo o poder e contaron coa
predilección dos monarcas españois e o apoio o dos grupos poderosos da sociedade.
Foron férreos defensores da exclusión das masas da participación política, impoñendo
un restritivo sistema electoral. Amosáronse partidarios do establecemento dun estado
unitario e centralizado, a través do control da vida municipal polo goberno central
(nomeamento de alcaldes polo goberno), limitan as liberdades civís e eliminan a Milicia
Nacional
Períodos de goberno:
- Minoría. Rexencia de Mª Cristina 1833-35 e1837-40.
- Maioría 1843-53,1856-68.
Principais líderes políticos: Narváez, González Bravo e Bravo Murillo.

Constitución moderada vinculada: Constitución de 1845.

Os Progresistas, procedentes dos exaltados das Cortes de Cádiz e do Trienio


Liberal, foron moderando as súas reivindicacións. Aceptaron gran parte dos principios do
liberalismo doutrinario, pero reclamaban a supremacía das Cortes sobre o rei, a
descentralización municipal e unha interpretación máis ampla das liberdades, en
especial a de prensa, e unha maior liberdade de culto dentro do estado confesional.
Tamén foron defensores das modificacións e medidas lexislativas favorables ao
desenvolvemento das actividades económicas capitalistas (desamortizacións, lei xeral
de ferrocarrís, etc).
Períodos de goberno:
- Minoría:
Rexencia de Mª Cristina1835,1836-37.
Rexencia de Espartero1840-43.
- Maioría 1854-56 (Bienio Progresista).
Principais líderes políticos: Mendizábal, Espartero, Madoz e Prim.
Constitucións progresistas vinculadas: Constitución de 1837, Constitución 1856
(Non Nata).
21
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Desamortizacións 1836 (Mendizábal) e 1855 (Madoz. Bienio Progresista).

Os Demócratas xurdiron na década de 1840, como unha disidencia dos progresistas


pola súa crecente moderación. Constituíron unha minoría radical a súa vez dividida entre
os partidarios da monarquía e os partidarios da república.
Defendían no Manifesto Fundacional do Partido Demócrata de 1849:
-A Soberanía popular: a fonte do poder é a nación pero identificada co pobo, co
conxunto de individuos que vivían nela. O poder deriva da vontade, libremente
expresada, da maioría dos seus habitantes.
-A Participación popular: todos os homes teñen dereitos políticos iguais e poden
participar co seu voto nas institucións. Defenden o sufraxio universal masculino. O pobo
debe participar na administración da xustiza mediante o a institución do xurado, e na
defensa das liberdades mediante a creación de milicias: a Milicia ou Garda Nacional.
-Ríxida separación de poderes: o lexislativo para as Cortes, o executivo pode ser
exercido polo rei/raíña ou polo presidente da república.
-Os dereitos e liberdades son inalienables e inherentes á natureza humana: deben
figurar na forma máis ampla posible na Constitución. Especial recoñecemento teñen a
liberdade de expresión e os dereitos de reunión e asociación.
-Libre alternancia política no goberno que debe ser froito da vontade popular segundo
o resultado das eleccións e non da decisión do xefe do estado.
-Liberdade de cultos e separación Igrexa-estado.

Nestes principios inspirouse a Constitución de 1869. Unha constitución que inaugura


en España a monarquía parlamentaria (Amadeo de Saboia), onde rei reina, pero non
goberna.

O republicanismo aproveitou o curto reinado de Amadeo de Saboia para proclamar a


1ª República, expor a discusión do modelo territorial e reivindicarse como o sistema
verdadeiramente democrático (ver republicanos).

(Vocabulario) A Unión Liberal é un partido político fundado en 1858 polo xeneral


O´Donnell que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista, e numerosos
militares. Partidarios da monarquía constitucional de Isabel II, dominou a escena política
entre 1858 a 1863 e de 1865 a 1866, destacando as campañas de prestixio militar que
desenvolveron no exterior: Cochinchina, Marrocos ou México. Discutiron e votaron os
orzamentos, algo insólito na historia financeira española. Defendían a soberanía
compartida entre o rei e as Cortes e a orde social.
Principais líderes políticos: O’Donnell e Serrano.

Os Carlistas: Defendían o retorno ao Antigo Réxime; o tradicionalismo político,


relixioso e social; o foralismo ( Dios, Patria, Rei); o lexitimismo de Carlos de Borbón.
Tiñan apoios no País Vasco, Navarra, Aragón, Valencia e parte de Cataluña e do clero e
nobreza agraria e campesiños.

Os Republicanos defenden a República como modelo de Goberno. Na década de


1840 o republicanismo conta con revistas e núcleos organizados en Madrid, Barcelona e
Valencia e reivindica a República como forma de estado e de goberno. O seu principal
ideólogo foi Pi i Margall e consideraba que España nunca fora unha unidade política
homoxénea, senón que estaba composta por entidades de diferentes linguas, costumes
e intereses. A solución ao intento de manter a unidade sería recoñecendo o dereito á
autonomía política das diversas partes con unha federación ou República federal
española. O Estado Federal é a forma de organización dun Estado formado polo pacto e

22
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

unión de varios estados, cada un con un poder político soberano dotado de


autobogoberno, leis e institucións propias.
Principais líderes políticos: Pi y Margall, Salmerón.

En Galicia na década de 1860 existían núcleos nas principais cidades galegas,


destacando Ramón Pérez Costales e Juan Manuel Paz Novoa, que terán un gran
protagonismo na revolución de 1868.

Constitución vinculada: Proxecto de Constitución de 1873.

Nota: En Galicia houbo, no 1846, un pronunciamento iniciado en Lugo por Miguel Solís.
Lograron establecer en Santiago unha Xunta Superior de Galicia, derrotados Solís e os seus
compañeiros foron fusilados en Carral. Son os Mártires de Carral.
Texto:
Os cidadáns que subscriben(...) ao constituírse en Xunta Superior Provisional de Goberno das catro provincias de
Galicia(...)(proclaman) Sabela II libre e constitucional. Abaixo o sistema tributario. Liberdade. Independencia
nacional. Cortes constituíntes(...).
Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente a engrandecer o antigo reino de Galicia(...)
Xunta Superior Provisional de Galicia.Proclama.15-IV-1846.

O sistema político e de partidos no reinado de Isabel II (1833-1868)


Períodos de goberno:
Minoría de idade de Isabel II (1833-1843):
 Rexencia de María Cristina (1833-1840) // Primeira Guerra Carlista (1833 –1839).
 Rexencia do xeneral Espartero (1840-1843)

Reinado efectivo/Maioría de Isabel II (1843-1868):

 Década moderada (1844-1854) Narváez.

 Bienio progresista (1854-1856) Espartero.


- Desamortización “civil” de Madoz (1855). Póñense á venda os bens que quedaban da
Igrexa, e principalmente as terras comunais e as colectivas en mans do estado e dos concellos. (É a
desamortización que abarca un maior volume de terras.).
- Lei de ferrocarrís (1855). Os progresistas desenvolveron medidas para fomentar o
crecemento económico, vinculadas á industrialización do s. XIX.
- Constitución de 1856 “non nata”. Proxecto de carácter progresista que limitaba os poderes
da Coroa.

 Década moderado-unionista (1856-1866): Hexemonía da Unión Liberal (1858-1863, 1865-6)


O’Donnell.

 Crise, revolución e fin do reinado(1868).

Características:

a) Partidos políticos do liberalismo


 Débiles (debilidade da burguesía).
 Configurados por unha minoría de notables, frecuentemente enfrontados entre si.
 Apenas tiñan contacto coa realidade social
 Gran peso dos dirixentes (nos moderados, nos progresistas, na Unión Liberal)
23
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

 Vinculados á prensa (voceiros das súas ideas)


 b) Principais rasgos do sistema político durante o reinado:
 Predominio de gobernos moderados ou ultramoderados . Década moderada (1844-1854).
Narváez.
 O sistema organízase a partir da Constitución de 1845.
 A participación política redúcese aos grupos máis ricos da sociedade.
 A oposición debe acceder ao poder mediante pronunciamentos.
 c) O sistema electoral:
 Sufraxio censatario
 O pobo mantíñase aparte da vida política (a maioría non sabía ler nin escribir).
 Os resultados electorais son manipulados polos gobernos mediante a corrupción e o
amaño.
 d) Repercusión política da vida persoal e as actividades privadas de Isabel II:
 Terán repercusión pública os seus problemas matrimoniais e a súa desordenada vida
amorosa.
 A raíña manterá unha constante inxerencia nos asuntos de goberno. Isabel II estará moi
influenciada pola súa “camarilla” de amizades e diversos conselleiros eclesiásticos
 e) A oposición ós gobernos moderados:

 O campesiñado catalán, prexudicado polas medidas liberais (impostos, quintas, crise


agraria, efectos da industrialización), protagoniza entre 1846 e 1849 a Segunda Guerra carlista.
 Pronunciamentos progresistas: Entre outros, destaca o pronunciamento de 1846 en Galicia
con reivindicacións provincialistas ( Solís e os Mártires de Carral).
 f) Inestabilidade constitucional
A falta de consenso entre os liberais propicia a elaboración dun elevado número de constitucións a
partir e tres modelos básicos:
 Constitucións moderadas / conservadoras (as de máis duración)
 1845
 1876
 Constitucións progresistas:
 1837
 “Non nata” de 1856
 Constitucións demócratas:
 1869
 Proxecto republicano federal de 1873

IDEOLOXÍAS POLÍTICAS NA ESPAÑA DE MEDIADOS DO


SÉCULO XIX

 TRADICIONALISMO:

► CARLISMO
 Lexitimismo (dereitos ó trono de D. Carlos e os seus descendentes).
 Foralismo (defensa das leis e institucións tradicionais do País Vasco e Navarra).

► NEOCATÓLICOS / INTEGRISTAS
 Monárquicos isabelinos ultracatólicos.
 A aproximación entre a Igrexa católica e o liberalismo conservador prodúcese a
partir do Concordato de 1851

24
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

 LIBERALISMO:
LIBERALISMO DOUTRINARIO LIBERALISMO DEMOCRÁTICO
(Dominante no s. XIX con Sabela II/ (Minoritario /Máis tardío)
defende a posición hexemónica das clases altas)

- Soberanía compartida (entre o Rei - Soberanía nacional ou soberanía


e as Cortes que representan á Nación ) popular

- Monarquía Constitucional -Monarquía ou República


democráticas

Amplas prerrogativas do rei Ríxida separación de poderes

- Goberno oligárquico nas mans das - Goberno democrático (libre


clases altas: Aristocracia e alta burguesía alternancia nos gobernos)
(únicos con dereitos políticos)

Sufraxio censatario Sufraxio universal e participación


popular
- Dereitos limitados - Dereitos e liberdades garantidos

- Catolicismo de Estado - Liberdade de cultos / Separación de


Igrexa e Estado.

 MOVEMENTO OBREIRO: Aparece na escea política en 1868. Desenvólvese a fins do s. XIX seguindo dúas
correntes principias:
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) (1879)

SOCIALISMO MARXISTA

Partido Comunista de España (PCE)(1920)

MOVEMENTO ANARQUISTA: FRE-AIT (1870), CNT (1910), FAI (1927).

PARTIDOS POLÍTICOS DO LIBERALISMO A MEDIADOS DO SÉCULO XIX.


Débiles (debilidade da burguesía).
Partidos políticos Configurados por unha minoría de notables. do liberalismo: Vinculados á prensa
(voceiros das súas ideas).

PARTIDO MODERADO ( P. Conservador tras 1875 con Alfonso XIII)


-Notables / Clases altas.
- Defenden as ideas do liberalismo doutrinario. Sistema electoral (censitario)
-Exclusión das masas da política Control municipal
- Controlan os gobernos no s. XIX coa confianza da coroa.
-Entre 1856 e 1866 a UNIÓN LIBERAL de O´Donnell situarase a cabalo entre moderados e
progresistas

PARTIDO PROGRESISTA (P. Liberal tras 1875)


- Burguesía urbana e industrial, clases medias.
- Proceden dos exaltados do trienio liberal, modéranse ó integrar gobernos con Mª Cristina. -
Aceptan parte do liberalismo doutrinario ainda que reclaman cambios que impliquen máis

25
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

participación popular: Ampliación do sufraxio censitario (a grupos con menores ingresos). - Máis
libertades ( p. e. libertade de imprenta).
- Predominio das Cortes sobre o rei.
- Descentralización municipal.
- Desenvolverán leis económicas favorables ó capitalismo: Desamortizacións, lei de Ferrocarriles.
- Excluidos dos gobernos Conspiracións e pronunciamentos lévanos a gobernar por curtos
periodos.

PARTIDO DEMÓCRATA Fórmase como unha escisión do partido progresista do que rexeitan
a aceptación do liberalismo doutrinario na Constitución de 1837.
- Profesionais liberais, artesáns e traballadores cualificados.
- Defenden as ideas do liberalismo democrático (Sufraxio universal, Cortes unicamerais, amplios
dereitos individuais).
- Situado fora do sistema ata a revolución de 1868.
Diferencianse
1.Monárquicos (partidarios dunha monarquía democrática)
2. -Republicanos 2.1 Republicanos Unitarios (partidarios dun estado unitario e centralizado)
2.2 Republicanos Federais: partidarios de establecer a república federal española.

Abau 2022. Xullo.


Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a construción do estado liberal. Tendo en conta
os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás diferenzas ideolóxicas existentes entre as principais
correntes liberais e á súa plasmación constitucional.
Doc. 1. Proxecto de Reforma da Constitución. Diario de sesións do Congreso, lexislatura 1844-45:
“Na Constitución que vai rexer a España están de acordo a Coroa e as Cortes, desexando concorrer a acomodar os
antigos foros e liberdades da Nación ao seu estado e necesidades actuais [...]. Desta maneira procúrase en canto cabe a
inapreciable vantaxe de dar por base á Constitución a vontade acorde do Monarca e dos elixidos da Nación, evitando
esaxeradas por un ou outro extremo, que adoitan principiar por celos e rivalidades, e terminar por escándalos e
trastornos”.
Doc. 2. Manifesto da Xunta Central do partido progresista publicado no diario La Iberia o 2-10- 1858:
“Os principios non variaron nin poder variar xamais. Son os que proclamaron en Cádiz os lexisladores do ano 12,
os que se consignaron na Constitución do 37 e prevalecíanos nas Cortes constituíntes reunidas o ano 54. As variantes
que ofrecen as referidas Constitucións, débense exclusivamente ás necesidades do momento, pero todas elas teñen a
mesma orixe, a soberanía da nación e o mesmo obxecto dar ao pobo español toda a liberdade posible dentro dunha
monarquía constitucional. Como a Constitución do 45 nin recolle esa orixe, nin enche cumpridamente ese obxecto,
non foi nin pode ser nunca a bandeira do noso partido”.
Doc. 3. : O xornal La soberanía nacional xustifica a escisión do partido progresista, 25-11-1854:
“Para que o nobre partido que tomou un tempo o nome fermoso de liberal non se confunda con esta falanxe de
corrompidos que aínda pesa sobre as nosas frontes como unha mancha inmensa, é necesario que tome un nome novo e
en consonancia co progreso dos tempos […]. Ese nome é a democracia. O ideal liberal, que onte se chamou progreso,
desenvolto polos tempos hoxe chámase democracia. E neste sentido a democracia é, non só a verdadeira expresión dos
intereses, sentimentos e principios de España libre, non só o único medio de fundar entre nós a liberdade querida,
senón que tamén espera o pensamento fundamental do século, e a gran bandeira de rehabilitación das sociedades
modernas”.
Moi Resposta en branco.
deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos.
(entre 0 e 1,4) A resposta contén xeneralidades sobre a época.
Deficiente Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do
(entre 1,5 e 2) procesohistórico considerado.
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
comoa resposta a unha pregunta teórica.
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras
inventadas,frases incoherentes ou mal articuladas.

26
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Insuficiente Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema,


(entre 2,1 e Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
2,4) comoa resposta a unha pregunta teórica.
Redacción: básica e expresión demasiado simple.
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica do
(entre 2,5 e tema proposto:
3,4) -Contextualizar o tema presentado na maioría de idade de Isabel II.
-Citar os principios esenciais do liberalismo político (soberanía nacional,
división de poderes, dereito ao sufraxio...).
-Referenciar as dúas correntes básicas do liberalismo (doutrinaria e
democrática) e as principais familias políticas (moderados, progresistas e
demócratas).
-Indicar a preferencia da monarquía polo liberalismo moderado.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Redacción: texto formalmente correcto.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
(entre 3,5 e dalgunha destas cuestións)
4,4) -Explicar as principais diferenzas ideolóxicas entre moderados, progresistas
e demócratas nomeadamente no que respecta ao concepto de soberanía, o
sufraxio, o papel da Coroa, o recoñecemento de dereitos e as relacións
Igrexa /Estado.
-Facer referencia á sucesión de etapas rexistrada no período (década
moderada, bienio progresista e gobernos unionistas) sinalando algunha das
medidas máis significativas adoptadas e os líderes principais das diferentes
correntes.
-Subliñar o papel do exército na vida política do período (presenza
constantede militares no poder político e protagonista de
pronunciamentos) nomeando algún dos protagonistas máis destacados.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, na composición
úsanse os documentos para algunha das seguintes cuestións)
-Relaciónase de xeito explícito o contido do documento 1 coa corrente
liberal moderada no que se refire ao concepto de soberanía compartida.
-Relaciónase de xeito explícito o contido do documento 2 coa corrente
liberal progresista e a súa defensa da soberanía nacional.
-Relaciónase de xeito explícito o contido do documento 3 coa corrente
liberal democrática.
Redacción: correcta e texto coherente.
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese
unha
(entre 4,5 e 5) ou varias das seguintes cuestións)
-Afondar noutras diferenzas ideolóxicas entre moderados, progresistas e
demócratas (por exemplo: relación entre administración central e local,
modelo de exército, sistema impositivo, modelo económico, orde pública...).
-Explicar as principais características da constitución de 1845: sistema
bicameral (Senado de designación real e Congreso electivo), sufraxio
censatario (restrinxido aos propietarios e maiores
contribuíntes),
confesionalidade católica do Estado.
-Afondar nos principios progresistas recollidos nas constitucións citadas
directa ou indirectamente nos documentos (1812, 1837 e non nata de
1856).
-Subliñar a exclusión dos demócratas do xogo político pese a contar cunha
base social cada vez máis ampla, o que explicará o seu papel protagonista
na
revolución de 1868.
27
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da


composición o contido dos documentos emprégase nalgúns destes sentidos)
-Utilízase o contido do doc.1 para subliñar a identificación dos moderados
cos intereses dos grupos sociais oligárquicos dominantes (facer as mínimas
reformas posibles :“acomodar os antigos foros”/ evitar conflitividade social
e política: “escándalos e trastornos”)
-Coméntase a defensa que fan os progresistas de liberdades restrinxidas
ao
ter que ser compatibles coa monarquía constitucional (doc.2)
-Saliéntase a corrupción política da que participa o partido progresista
como
xustificación da aparición do partido demócrata/ Incídese na identificación
entre democracia e liberdade (doc.3)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado.

Propostas de proba:
Nos textos propostos deféndense sistemas políticos diferentes. Atendendo a eles debes elaborar un texto no que
desenvolvas as seguintes cuestións: contextualización de cada documento nun período concreto da historia de
España; caracterización de cada un dos réximes nos seus trazos esenciais; diferenzas entre eles en aspectos
esenciais, como a soberanía, a estrutura do poder ou os mecanismos de representación e participación.

Doc.1.-En 1845, Joaquín Francisco Pacheco, líder do Partido Moderado, defende o sufraxio restrinxido:
“Distinguimos hoxe, señores, os dereitos políticos dos dereitos civís; e se estes os concedemos a todos os cidadáns,
non así os primeiros, que non podemos outorgar senón aos que os han exercer ben (...). O dereito electoral non será un
dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estar privadas del pola razón sinxela de que non poderán
exercelo convenientemente (...). Tomouse por regra xeral como base para a concesión deste dereito o goce de certa
renda ou o pagamento de determinada contribución. Este principio, señores, é racional e aceptable. A riqueza, ou por
mellor dicir o benestar, a vida desafogada e doada, en que o traballo material non é unha carga dura, non é a penosa
ocupación de todos os momentos, e deixa espazo para as concepcións do espírito; ese benestar mediano (...), ese é o
que debe tomarse como condición de capacidade política, porque é o que dá a intelixencia e a valía na orde social (...).

Doc.2.-A Constitución de 1845:


“Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas (...), sabede: Que
sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado
(...), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas
Cortes actualmente reunidas, en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.3.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do
momento:
“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da
soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten
dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o
menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das
medias. Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo
eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…). Hai unha fracción
demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da
soberanía nacional. Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere,
segundo vemos nas súas publicacións, no canto do rei, un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un
ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o
sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos
traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

Doc. Catro principios da UNIÓN LIBERAL (1858)


Non busco nomes; os que queren o trono constitucional; os que queren a verdade do goberno representativo; os que
queren a intervención lexítima do parlamento; os que queren a liberdade de imprenta con suxeción ás leis para que
non se abuse dela; os que queren a seguridade individual e que as leis sexan unha verdade no país, éses son os que
deseo que se unan, e non pregúntolles de onde veñen, senon se queren vir conmigo a salvar os principios do trono, da
sociedade e da liberdade do país. LEOPOLDO O'DONNELL, Diario de Sesións do Congreso, 7 de decembro de 1858
28
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

COMENTARIO GUIADO CON ORIENTACIÓNS

Durante o século XIX desenvolvéronse en España tres sistemas políticos diferentes: o absolutismo, o liberalismo e a
democracia. O liberalismo é o sistema que naceu como oposición ao absolutismo e ambos se enfrontaron no primeiro
terzo do século XIX. No liberalismo existían varias tendencias. A maioritaria foi o liberalismo máis conservador ou
doutrinario. O liberalismo democrático unicamente estivo vixente durante o Sexenio democrático

Doc.1.-O líder do Partido Moderado, defende o sufraxio restrinxido


En 1845, durante a Década moderada do reinado de Isabel II, o líder dos liberais moderados xustifica a restrición do
dereito electoral unicamente ás persoas que considera que están capacitadas para exercelo e que, segundo argumenta,
deben selo por razóns económicas, é dicir aqueles que posúan un determinado nivel de renda. Deste modo quedan
excluídas da participación política a maioría dos cidadáns. A lei electoral de 1846 permitía o voto do 0,8% da
poboación.
O liberalismo:
Orixe: revolución liberal no contexto da Guerra de Independencia (Tarefas das Cortes de Cádiz. 1808-1814) o
Enfrontado ao absolutismo no reinado de Fernando VII e na Primeira Guerra Carlista o Apoios políticos e sociais o
Dúas correntes: moderados e progresistas. Diferenzas máis destacadas
O liberalismo doutrinario dos moderados defende:
Soberanía compartida entre o rei e as Cortes con primacía do rei o O rei comparte o poder lexislativo coas Cortes o
Mecanismos de representación e participación: Sufraxio censatario o Dereitos e liberdades escasos

Doc.2.-A Constitución de 1845


Constitución de gobernos moderados.
Contexto: década moderada (1843-54)
Tipo de soberanía:compartida con supremacía do rei sobre as Cortes Réxime liberal moderado
Vixencia: 1845-54, 1856-68 .

Doc.3.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza …. Tendencias políticas do século XIX
Panorama xera da complexidade ideolóxica e de partidos durante o reinado de Isabel II
Moderados e progresistas partidarios do liberalismo
doutrinario , Demócratas (monarquía democrática) e republicanos (república) defenden o liberalismo democrático

CONCLUSIÓNS
Despois dunha longa loita, o liberalismo acabou por impoñerse sobre o absolutismo na década de 1830. Pero a
tendencia dominante bo século XIX, en España e toda Europa, foi o liberalismo doutrinario. O réxime democrático,
que se estableceu no Sexenio, fracasou polas disensións internas e a falta de apoios e finalmente volve a dominar o
liberalismo conservador durante a Restauración borbónica.
O reinado de Isabel II estivo caracterizado pola tensión política, especialmente entre a familia liberal, saíndo triunfante
a tendencia moderada que foi a que conseguiu estar máis tempo no goberno. A tensión, sumada ás escasas dotes de
goberno da raíña, rematou coa súa expulsión en 1868 coa revolución gloriosa o setembrina, que dá orixe ao Sexenio
democrático, un período no que se estableceron os principios do liberalismo democrático, moi inestable, no que se
sucedeu unha monarquía (Amadeo I) e a Primeira República.

Composicións anteriores LOMCE:


 ORIENTACIÓNS: Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto sobre a vida política
durante o reinado de Isabel II. Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: A diversidade das forzas
políticas, dende o carlismo ata o republicanismo democrático; o predominio político moderado; o intervencionismo
militar na política; as circunstancias que concorren na caída do réxime. Lembra que non se trata de responder a
preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en
conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc. 1. Pastoral do bispo de Mondoñedo (1837)::
“Carlistas, pelexade ata a morte polo voso Deus, polo voso Rei, pola vosa Relixión, polas vosas leis, por vós
mesmos e polo ben do mundo enteiro (…). Respectade e honrade aos Sacerdotes que eles tanto perseguen, e
buscádeos con ansia, se vos remorde algún delito para confesarlle e dar gloria ao voso Deus (…)”
Doc. 2. Preámbulo da Constitución de 1845:
“Dona Isabel II, pola Graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a
presente viren e entenderen, sabede:
Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do
Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os tempos
nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos
29
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

(…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.


Doc.3. Comentario sobre o intervencionismo militar na vida política (El pensamiento de la nación, 18 de
marzo de 1846):
“As queixas contra a preponderancia militar datan de moito tempo: hai longos anos que as fraccións liberais se
acusan unhas a outras polos estados de sitio. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados,
dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles aos progresistas repetir os mesmos
cargos que logo reproduciron os moderados ata 1843; dende o pronunciamento de xuño do dito ano quéixanse outra
vez os progresistas (…).
O poder militar é forte porque o civil é fraco, non tanto se debe pensar en abater aquel como en fortalecer este; a
forza do poder civil será a ruína do militar, que deixará de ser poder e pasará a ser unha clase como as demais do
Estado...”.
Doc. 4. En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do
momento:
“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da
soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten
dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o
menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das
medias.
Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo
porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…).
Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade
individual e da soberanía nacional.
Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos nas
súas publicacións, no canto do rei un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis membros
por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio universal
para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e
artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

Doc. 5. As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868,
publicando o seguinte manifesto:
“Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e a
Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno
provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os
alicerces da nosa rexeneración social e política”.
Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto que teña por asunto central a vida política durante o
reinado de Isabel II. Enfrontado desde os seus inicios á pretensión carlista (Doc. 1), os principais protagonistas do
xogo político foron os progresistas (Doc. 2) e os moderados (Doc. 3), con claro predominio dos segundos. A
aparición e desenvolvemento de outras forzas políticas opositoras ó réxime (Doc. 4) rematarían propiciando a
caída da raíña por medio dun pronunciamento militar (Doc. 5), recurso frecuentemente utilizado para promover
cambios de goberno. Lembra que non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes
referirte a elas na túa redacción.

Doc. 1.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos, expón así algunhas das ideas do
carlismo:

“Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola gracia de Deus e non pola gracia da soberanía
nacional (...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando
deste xeito todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a
Escritura sagrada di expresamente: todo poder ven de Deus (...). O liberalismo é puro absolutismo, porque se atribúe a
si un poder que non lle ven de Deus, de quen prescinde, nin do pobo soberano, porque a este non se lle concede senón
o van e ridículo dereito de depositar un billete nunha urna electoral”.

Doc. 2.-Preámbulo da Constitución de 1837:


“Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a
dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte
Constitución”.

30
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 3.-Preámbulo da Constitución de 1845:


“Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a tódolos que a
presente viren e entenderen, sabede:
Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do
Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en tódolos tempos nos
negocios graves da Monarquía, modificando ó efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (...) en
decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc. 4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas
do momento:
“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da
soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten
dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o
menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das
medias.
Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre tódolos outros. O rei, segundo eles,
éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (...).
Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade
individual e da soberanía nacional.
Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos
nas súas publicacións, no canto do rei un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis
membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio
universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, ós
traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

Doc. 5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de
1868, publicando o seguinte manifesto:

“Aldraxada a lei fundamental (...), corrompido o sufraxio pola ameaza e o soborno (...), pasto a Administración e a
Facenda da inmoralidade (...), muda a prensa (...). Tal é a España de hoxe (...). Queremos que un Goberno provisional
que represente tódalas forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa
rexeneración social e política”.

Nos textos propostos a continuación tes recollidos algúns dos principios ideolóxicos do liberalismo na España
decimonónica. Durante o reinado de Sabela II, os principais protagonistas do xogo político foron os progresistas
(Documento 1) e os moderados (Documento 2), con claro predominio dos segundos. A aparición e desenvolvemento
doutras forzas políticas opositoras ao réxime (Documento 3), rematarían propiciando un movemento revolucionario
que acabaría coa monarquía sabelina en 1868. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de
realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a
utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Preámbulo da Constitución de 1837:


“Sendo a vontade da Nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz a
dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte
Constitución”.
Doc.2. “Discurso de Joaquín Francisco Pacheco”, líder do Partido Moderado (1845).
“Distinguimos hoxe, señores, os dereitos políticos dos dereitos civís; e se estes concedémolos a tódolos cidadáns,
non así os primeiros, que non podemos outorgar senón ós que os han exercer ben (…). O dereito electoral non será un
dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estar privadas del pola razón sinxela de que non poderán
exercelo convenientemente (…).
Tomouse por regra xeral como base para a concesión deste dereito o goce de certa renda ou o pagamento de
determinada contribución. Este principio, señores, é racional e aceptable. A riqueza, ou por mellor dicir o benestar, a
vida desafogada e fácil, en que o traballo material non é unha carga dura, non é a penosa ocupación de tódolos
momentos, e deixa espazo para as concepcións do espírito; ese benestar mediano (…), ese é o que debe tomarse como
condición da capacidade política, porque é o que dá a intelixencia e a valía na orde social (…).
Doc.3.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas
do momento:
“Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da
soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten
dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o
menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das
medias.
Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles,
éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…).
31
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade
individual e da soberanía nacional.
Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos
nas súas publicacións, no canto do rei, un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis
membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio
universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos
traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”.

Outros documentos:
Constitución de 1845.
Título I. Dos Españois. Art. 2. Todos os españois poden imprimir e publicar libremente as súas ideas sen previa
censura, con suxeición ás leis. Art. 6. Todo español está obrigado a defender a Patria coas armas cando sexa chamado
pola lei, e a contribuír en proporción das súas haberes para os gastos do Estado. Art. 7. Non pode ser detido, nin preso,
nin separado do seu domicilio ningún español, nin achandada a súa casa, senón nos casos e na forma en que as leis
prescriban. Art. 11. A Relixión da Nación española é a Católica, Apostólica, Romana. O Estado obrígase a manter o
culto e os seus ministros. Título II. Das Cortes. Art. 12. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei. Art. 13.
As Cortes compóñense de dous Corpos Colexisladores, iguais en facultades: O Senado e o Congreso dos Deputados.
Título III. Do Senado. Art. 14. O número de senadores é ilimitado: o seu nomeamento pertence ao Rei [...]. Art. 17. O
cargo de Senador é vitalicio. Título IV. Do Congreso dos Deputados. Art. 20. O Congreso dos Deputados
compoñerase dos que nomeen as Xuntas Electorais na forma que determine a lei. Nomearase un deputado polo menos
por cada cincuenta mil almas de poboación. [...]. Art. 22. Para ser deputado requírese ser español, do estado seglar,
cumprir vinte e cinco anos, gozar a renda procedente de bens raíces ou pagar por contribucións directas a cantidade
que a lei electoral esixa.[..]. Título V. Da celebración e facultades das Cortes. Art. 35. O Rei e cada un dos corpos
colexisladores teñen a iniciativa das leis.

Os “Mártires de Carral”.
Os cidadáns que subscriben(...) ao constituírse en Xunta Superior Provisional de Goberno das catro provincias de
Galicia(...)(proclaman) Sabela II libre e constitucional. Abaixo o sistema tributario. Liberdade. Independencia
nacional. Cortes constituíntes(...).
Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente a engrandecer o antigo reino de Galicia(...)
Xunta Superior Provisional de Galicia.Proclama.15-IV-1846.
Nota: En Galicia houbo, no 1846, un pronunciamento iniciado en Lugo por Miguel Solís. Lograron establecer en
Santiago unha Xunta Superior de Galicia, derrotados Solís e os seus compañeiros foron fusilados en Carral. Son os
Mártires de Carral. (Guerra dos Matiners en Cataluña tamén no 1846, ou Segunda Guerra Carlista)

Lei de desamortización de Pascual Madoz.


1. Decláranse en estado de venda, con arranxo ás prescricións da presente lei, [...] todos os predios rústicos e
urbanos [...] pertencentes: ao Estado, ao clero, ás ordes militares [...], aos propios e comúns dos pobos, á beneficencia
[...], e calquera outros pertencentes a mans mortas [...]. 3. Procederase ao alleamento de todos e cada un dos bens
mandados vender por esta lei, sacando a pública licitación as leiras ou as súas sortes [?]. 6. Os compradores das leiras
ou sortes quedan obrigados ao pago en metálico da suma en que se lles adxudiquen [?]. Título III. Investimento dos
fondos procedentes da venda dos bens [...] 12. Os fondos que se recaden a consecuencia das vendas realizadas [...],
destínanse aos seguintes obxectos, a saber: 1º. A que o goberno cubra, por medio dunha operación de crédito, o déficit
do orzamento do Estado, se o houber no ano corrente. 2º. O 50 por 100 do restante, e en anos sucesivos do total dos
ingresos, á amortización da Débeda Pública [...]. 3º. O 50 por 100 restante a obras públicas de interese e utilidade
xeral [...].
Aranxuez, ao 1 de maio de 1855. Eu, a Raíña. O Ministro de Facenda, Pascual Madoz.

Discurso parlamentario de Bravo Murillo, o déficit crónico da Facenda.


Resulta, pois, señores, que gastamos entre [o orzamento] ordinario e o extraordinario (que xa me farei cargo
despois do que significa esta diversidade de nomes), 2.800 millóns, e que os ingresos do país son 2.200 [...]. Que veña
aquí o ministro de Facenda máis entendido, o estadista máis afamado do mundo, e non achará máis que tres camiños:
ou diminuír os gastos, ou aumentar os ingresos, ou facer únoo e o outro para vir por este medio á igualación. O estado
permanente e normal dun país non pode ser máis que a nivelación dos gastos cos ingresos. O que entre nós está a
suceder pode durar catro, seis, oito ou dez anos [...]. Estivémonos, e estamos, comendo o que non é noso; vendemos
os bens que eran dos pobos, da beneficencia, da instrución pública; que tiñan dono coñecido (eu agora non o censuro
nin aprobo)(...)
Que vai suceder, pois, nunha nación en que se gastan 600 millóns máis dos que se ten, e onde se está contraendo
unha débeda perpetua; onde se estableceu unha fábrica de papel sen fin, por cuxo papel se abona un interese, onde os
gastos van crecendo anualmente, mentres que os ingresos non poden crecer na mesma progresión? J. BRAVO
MURILLO, Discurso nas Cortes, 1865.

32
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Manifesto de Manzanares.
Españois: A entusiasta acollida que vai atopando nos pobos o Exército liberal; o esforzo dos soldados que lle
compoñen, tan heroicamente mostrado nos campos de Vicálvaro; o aplauso con que en todas partes foi recibida a
noticia do noso patriótico alzamento, aseguran desde agora o triunfo da liberdade e das leis que xuramos defender.
Dentro de poucos días, a maior parte das provincias sacudiría o xugo dos tiranos; o Exército enteiro haberá vindo a
poñerse baixo nosas bandeiras, que son as leais; a nación gozará os beneficios do réxime representativo, polo cal
derramou ata agora tanto sangue inútil e soportou tan custosos sacrificios. Día é, pois, de dicir o que estamos resoltos
a facer no da vitoria. Nós queremos a conservación do trono, pero sen camarilla que o deshonre; queremos a práctica
rigorosa das leis fundamentais, mellorándoas, sobre todo a electoral e a de imprenta; queremos a rebaixa dos
impostos, fundada nunha estrita economía; queremos que se respecten nos empregos militares e civís a antigüidade e
os merecementos; queremos arrincar os pobos á centralización que os devora, dándolles a independencia local
necesaria para que conserven e aumenten os seus intereses propios, e como garantía de todo isto queremos e
exporemos, baixo sólidas bases, a Milicia Nacional. Tales son os nosos intentos, que expresamos francamente, sen
impoñelos por iso á nación. As Xuntas de goberno que deben irse constituíndo nas provincias libres; as Cortes xerais
que logo se reúnan; a mesma nación, en fin, fixará as bases definitivas da rexeneración liberal a que aspiramos. Nós
temos consagradas á vontade nacional nosas espadas, e non as envaiñaremos ata que ela estea cumprida.
Cuartel xeral de Manzanares, ao 6 de xullo de 1854. O xeneral en xefe do Exército constitucional, Leopoldo
O'Donnell, conde de Lucena.

5.- A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869.

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá referirse ás causas deste proceso revolucionario, así como ao seu
desenvolvemento posterior (alianzas políticas, programa revolucionario...), ata chegar á
formación dun Goberno Provisional e ás medidas levadas a cabo por este, facendo
fincapé na constitución de 1869 e nas súas características. Aínda que a monarquía de
Amadeu de Saboia non sexa obxecto de comentario, pode facerse unha referencia breve
á mesma para explicar as consecuencias da Revolución.
(Páxinas 158 á 165. Vicens Vives)

Cando en 1863 O’Donnell decidiu incorporar a Prim no goberno, o desgusto de Isabel


II derivou en conspiración e tivo que dimitir. A radicalización do autoritarismo e o forte
intervencionismo da raíña, referendado pola crecente influencia da súa camarilla
ultracatólica, acabaron por desnaturalizar o sistema liberal e provocar unha grande
inestabilidade gobernamental.

Os progresistas, demócratas e republicanos responsabilizaron a Isabel II da súa


exclusión e do mal funcionamento das institucións e decidíronse polo pronunciamento
como única vía de acceso ao poder. En 1866, a sublevación dos sarxentos do cuartel
de San Gil converteuse nunha revolta popular e foi duramente reprimida. O goberno de
Narváez pechou as Cortes e implantou unha especie de ditadura, gobernando por
decreto. A partir dese momento as prácticas ditatoriais nos últimos gobernos moderados,
estenderon a impopularidade do réxime, entregado ao servizo dunha oligarquía sen
escrúpulos, e da raíña Isabel II, firme apoio do moderantismo.

Desde 1860 a crise política viña unida á económica poñendo fin á etapa de
prosperidade e provocar unha inestable situación política:

-Crise financeira: investimentos ferroviarios non rendibles polo que caeu


estrepitosamente o valor das accións ferroviarias na Bolsa. Caída da cotización da
débeda pública.
-Crise industrial: alza de prezos do algodón pola Guerra de Secesión de EEUU (1861-
65). Contracción da demanda. Crebas e paro.
-Crise de subsistencia: malas colleitas do trigo que se encarece ata un 100%.

33
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Cara o ano 1868, unha gran parte da poboación tiña motivos para opoñerse ao
sistema isabelino: os grandes negociantes reclamaban un goberno que actuase para
salvar os seus investimentos en Bolsa; os industriais reclamaban medidas
proteccionistas; os obreiros e campesiños denunciaban a súa miseria e protagonizaron
motíns e conflitos populares.

O modelo político isabelino, forxado ao arredor dos partidos moderado e unionista,


esgotárase. Unha coalición de forzas progresistas e demócratas asinaron en 1866 o
Pacto de Ostende(BÉLXICA), primeiro episodio dun movemento que acabou co reinado
de Isabel II, e que sería ratificado en Bruxelas no ano seguinte (Pacto de Bruxelas), no
que se suman os unionistas trala morte de O´Donnell. Uníronse baixo unha causa
común: establecer un goberno provisional que asumise os principios do liberalismo
democrático e que convocase eleccións para constituír unhas novas Cortes, coa
finalidade de elixir un novo modelo de Estado e redactar unha nova constitución.

O malestar político, económico e social que se arrastraba desde anos atrás conduciu
ao pronunciamento do almirante Juan Bautista Topete na baía de Cádiz o 19 de
setembro de 1868. O goberno entregoulle o poder en Madrid a unha Xunta
revolucionaria, que se encargou de regular a revolución. Ao día seguinte engadiuse o
xeneral Serrano e fíxose público un manifesto baixo o lema ¡Viva España con honra!.
Nel denunciábase a corrupción da monarquía, pedíase a participación dos cidadáns para
defender a liberdade, anunciábase a formación dun goberno provisional e a convocatoria
de Cortes constituíntes por sufraxio universal.

A sublevación espallouse, de forma inmediata baixo a dirección de Prim, por cidades


andaluzas, Almería, Málaga e Cartaxena, e progresivamente por Santander, A Coruña. A
reacción dos gobernantes foi agrupar o exército en Madrid para dirixirse ao sur e acabar
coa sublevación. O 28 de setembro, a batalla de Alcolea -Córdoba- entre as forzas
gobernamentais, dirixidas polo xeneral Novaliches, e as tropas sublevadas, ao mando de
Serrano, significou o desastre das tropas borbónicas, e levou á dimisión do goberno e
provocou que o día 30 Isabel II abandonase o país en dirección a Francia.

Ó mesmo tempo, nas cidades, estimuladas polos progresistas, demócratas e


republicanos xorden numerosas xuntas, As primeiras formáronse en Andalucía e
Barcelona, e seguíronas as de Alacante, Zaragoza, Valladolid, Burgos, Santander, A
Coruña ou Asturias que, xunto ás reclamacións democráticas do sufraxio universal e da
liberdade de prensa, ensino e asociación, esixen reivindicacións de tipo social como a
abolición do imposto dos consumos e a supresión do sistema das quintas, piden o
recoñecemento do dereito de asociación, separación de Igrexa e Estado, eleccións,
reparto da propiedade ou proclamacón da república. Hai pois unha unión de
pronunciamento e revolución social, pero a deriva radical foi cortada con rapidez.

Goberno Provisional

O 3 de outubro formouse un Goberno Provisional (sen consultar as Xuntas


provinciais nin locais) presidido polo xeneral Serrano, que estaba composto por
cinco ministros unionistas e catro progresistas (Prim) e, aínda que deixou fora aos
demócratas, e con eles ó sector máis revolucionario, contaba co seu apoio. O 25 de
outubro, o goberno mostraba nun manifesto á nación o seu programa de reformas. As
súas primeiras medidas foron revolucionarias contando con conseguir o maior apoio
social e controlar a revolución disolvendo as xuntas, desarmando ós Voluntarios de la
Libertad (nome dos membros da Milicia Nacional) e restituíndo a disciplina no Exército.
Deixando ben patente que unha cousa era derrocar os Borbóns, e outra pretender
34
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

cambios revolucionarios no sistema económico ou político.(distanciamento das clases


populares integradas nas xuntas respecto dos grupos burgueses ata o momento
marxinados do poder político e que organizaran a revolución, revolución falseada)

O Goberno puxo en marcha numerosas reformas políticas (liberdade de expresión,


de asociación, de reunión, de cultos, supresión das ordes relixiosas, emancipación dos
fillos dos escravos, decreto de liberdade de ensinanza) e económicas (supresión dos
consumos, arancel librecambista de Figuerola, a peseta como unidade monetaria) e
convocou eleccións municipais (nova Lei de Concellos que restaura a elección popular
dos alcaldes) e xerais, mediante sufraxio universal directo masculino.

Pero o proceso político ía deixando no camiño as reivindicacións das clases populares


urbanas e do mundo rural. O desencanto estendeuse por lugares de Andalucía, onde os
republicanos se enfrontaron ás demandas de dirixentes populares, como Caro en Jerez.
Movementos similares houbo en Cádiz, Málaga, Sevilla.

O Goberno Provisional convocou eleccións a Cortes constituíntes en xaneiro de


1869, elixidas por sufraxio universal masculino, que deron o triunfo ós partidarios da
monarquía democrática (coalición gobernamental: unionistas, progresistas e demócratas
monárquicos) que obtiveron 236 escanos fronte a 85 republicanos e 20 carlistas. A
fragmentación política resultante será un factor de inestabilidade durante todo o Sexenio
democrático.

Estas Cortes elaboraron unha nova Constitución no ano 1869.

RESUMO. Inspirada nos principios do liberalismo democrático, establecía a soberanía


nacional, entendida como popular; a monarquía como forma de goberno; unha clara
separación de poderes: o rei exercía o poder executivo suxeito á soberanía nacional e o
poder xudicial estaba en mans dos tribunais con xurados; Cortes bicamerais, formadas
polo Congreso e o Senado; e dereitos e liberdades amplos entre os que se deben
destacar a liberdade de cultos e especialmente o dereito de asociación e reunión (nacerá
a Federación Rexional Española da Asociación Internacional de Traballadores -FRE da
AIT-).

É un texto de extensión media, con 112 artigos, influído pola constitución belga de
1831 e a estadounidense de 1787. Establecía a soberanía nacional, de base popular, e
proclamaba a división de poderes e unha ampla declaración de dereitos.

-Regulaba todos os dereitos individuais que recoñecía, incluso “calquera outro non
consignado expresamente”, artigo 29. Estes dereitos eran: liberdade de cultos-
eliminando a confesionalidade do estado-, de reunión, de asociación, de residencia, de
ensinanza, de expresión e de inviolabilidade de domicilio. Dereito de asociación e de
reunión recollidos por primeira vez. Dereitos e liberdades recollidos de forma explícita e
ampla.
-A liberdade de cultos suscitou un debate entre o cóengo Manerola , defensor da
Igrexa e o deputado republicano Emilio Castelar. A liberdade de cultos, eliminaba a
confesionalidade do Estado.
-Establecíase o sufraxio universal como a conquista política máis destacada da
revolución de 1868. (artigo 16) ao que se opuxo, sen éxito, o deputado conservador
Cánovas, que o quería limitado.
-Instaurouse un sistema bicameral. O Senado elixido por sufraxio universal indirecto, a
través de compromisarios, pero só podían ser senadores os maiores contribuíntes e as
altas capacidades, o que lle daba un resaibo censatario. O Congreso estaba elixido por
35
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

sufraxio universal. As Cortes asumían o poder lexislativo, controlaban as accións do


goberno e aprobaban os orzamentos.
-O poder xudicial estaba en mans dos tribunais formados por xuíces, nomeados a
través dun sistema de oposicións, e xurados con participación popular.
-Establecíase a Monarquía como forma de goberno.
-O Rei tiña atribucións semellantes ás de constitucións anteriores, pero o artigo 33
aclara que esa monarquía estaba suxeita á soberanía nacional.
Esta peculiaridade provocou a necesidade de buscar un novo rei, o que marcou a vida
política de España ata fins de 1870

A adopción da monarquía como forma de goberno provocou a dura oposición dos


republicanos e obrigou a nomear a Serrano Rexente, mentres Prim ocupou a xefatura
do goberno.

Comezou a buscarse un novo rei para España, que tiña que ser católico, liberal e
contar co apoio das potencias europeas. Finalmente ese rei será Amadeo de Saboia,
fillo do rei de Italia Vítor Manuel II.

Ao asasinato de Prim (xusto antes da súa chegada), que deixa ao monarca sen o seu
principal valedor, e ás dificultades de goberno de coalición sumáronse unha serie de
problemas que complicaron o seu labor:
- Unha guerra colonial en Cuba que se iniciara en 1868.
- A oposición activa dos carlistas e dos afonsinos, partidarios do retorno dos Borbóns
na persoa do fillo de Isabel II, Afonso.
- O permanente acoso dos republicanos, que non aceptaron a solución monárquica da
Constitución o que se plasmou no Pacto de Tortosa de 18 de maio de 1869 con
levantamento armados en Cataluña, Aragón e Valencia.
- O descontento das capas populares urbanas e rurais que vían sen resposta as súas
demandas sociais.

Isto provocou que Amadeo renunciara ao trono o 11 de febreiro de 1873 o que abriu
paso á Primeira República.

Composicións LOMCE:
ABAU 2021/2022
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a Revolución Gloriosa. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas da revolución e ao seu desenvolvemento,
así como ás principais medidas do Goberno Provisional e ás características da Constitución de 1869. (5
puntos)
Doc. 1. Programa revolucionario da Xunta de Málaga, 25 de setembro de 1868:
“Os que subscriben, cidadáns que pertencen á Xunta revolucionaria e provisional de Málaga,
propóñenlle a
esta o seguinte:
Primeiro. Que inmediatamente se redacte e publique un manifesto con estas bases principais:
A destitución da monarquía reinante. O sufraxio universal e libre. Unidade de foros. Abolición
das quintas e das matrículas de mar. Unha soa cámara […]. Liberdade de imprenta sen depósito,
fianza nin editor responsable. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia. Liberdade de
ensinanza […]. Liberdade de cultos, de comercio e de asociación. Abolición da pena de morte”.
Doc. 2. Establecemento do sufraxio universal, 9 de novembro de 1868:
“O goberno provisional, que non descoñece nin esquiva a grande responsabilidade que bota sobre
36
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

si ao someter o principio do sufraxio universal a un decreto tan indispensable, como desexado,


ten unha necesidade […] de expoñer con sinceridade […] os motivos que o impulsaron a resolver
do xeito que vai levalo a efecto.
[…] A mesma gravidade dos problemas que a Nación está chamada a resolver, obrigou tamén ao
Goberno a restrinxir os seus naturais desexos de darlle ao sufraxio a maior extensión posible, ao
fixar a idade en que se pode exercer tan prezado dereito”.
Doc. 3. A Constitución de 1869:
“A nación española, e no seu nome as Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio universal,
desexando afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos vivan en
España, decretan e sancionan a seguinte Constitución […]:
Art. 2. Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido nin preso a non ser por causa de delito.
Art. 13. Ningún poderá ser privado temporal ou perpetuamente dos seus bens e dereitos, nin
turbado na posesión deles, senón en virtude de sentenza xudicial.
Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan todos os
poderes. Art. 33. A forma de goberno da nación española é a monarquía”.

Moi Resposta en branco (0)


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0-1)
Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Deficiente
(1,5-2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e estáelaborada como
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Contidos:
-Sinalar de forma xenérica as causas da revolución de 1868 (malestarpolítico, económico e
Aprobado social).
(2,5-3)
-Mencionar o pronunciamento militar de Cádiz e ao seu principal líder
-Comentar o carácter democrático da revolución e do sistema políticoderivado da mesma.
-Referenciar os trazos fundamentais da constitución de 1869: sufraxiouniversal masculino,
soberanía popular, monarquía...
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiadosimple.

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
(3,5-4) seguintes cuestións):
-Explicar os factores que desencadean a Gloriosa revolución.
-Sinalar os seus principais líderes militares e políticos
-Referir o desenvolvemento do proceso revolucionario (alianzas políticas, formación de xuntas
revolucionarias de ideario democrático, enfrontamento das tropas realistas e revolucionarias,
exilio da raíña...).
-Facer fincapé no feito de que os demócratas son excluídos do goberno provisional.
-Mencionar varias das medidas tomadas polo goberno provisional: convocatoria de eleccións a
cortes constituíntes, recoñecemento de amplas liberdades, disolución das xuntas
revolucionarias...
-Afondar nas características da constitución de 1869: clara división de poderes, liberdade de
cultos, dereito de reunión, de asociación, sistemabicameral...
-Sinalar o establecemento da monarquía de Amadeu de Savoia como conclusión da
revolución.
Uso dos documentos: ademais do esixido para o aprobado, no comentario se fai referencia
aos obxectivos propostos polos revolucionarios (doc.1), se sinala a importancia do dereito ao
sufraxio (doc. 2) e se relaciona de xeito explícito algún dos artigos do doc. 3 co contido da
Constitución.
37
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Redacción: correcta e texto coherente

Sobresalie Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese


nte unha ou varias das seguintes cuestións):
(4,5-5) -Mencionar o Pacto de Ostende e os seus integrantes como o paso
previo á revolución de setembro de 1868.
-Comentar as reivindicacións sociais das xuntas revolucionarias en
consonancia co carácter popular do proceso revolucionario: supresión
de quintas, abolición dos consumos, recoñecemento do dereito de
asociación...
-Enumerar outras medidas menos coñecidas do goberno provisional:
creación da peseta, reorganización da milicia nacional, emancipación
dos fillos dos escravos, decreto de liberdade de ensinanza...
-Facer fincapé no progresivo distanciamento das clases populares
integradas nas xuntas revolucionarias respecto dos grupos burgueses ata
o momento marxinados do poder político e que organizaran a
revolución (revolución falseada)
-Comentar a fragmentación política resultante das eleccións a cortes
constituíntes, a cal será un factor de inestabilidade durante todo o
Sexenio Democrático.
-Sinalar a constitución de 1869 como a máis avanzada de todo o s.XIX.
-Mencionar a rexencia de Serrano como paso político previo á
monarquía de Amadeu de Savoia.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable no comentario
analízase en profundidade algún dos documentos):
-A resposta relaciona as demandas recollidas no doc. 1 coa restrición de
dereitos e liberdades propias do moderantismo e da constitución de
1845
-Comentar as limitacións impostas ao sufraxio universal (idade, sexo)
(doc, 2)
-Relacionar de xeito explícito o artigo 33 do documento 3 con un dos
obxectivos do goberno provisional de procura dun novo rei
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico.
O texto está ben articulado e argumentado

Proba modelo:
Os documentos que se presentan reflicten momentos importantes da evolución política durante o Sexenio democrático
(1868-1874). Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: as circunstancias que conduciron á expulsión
do trono de Isabel II e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes; os trazos esenciais do novo réxime político que
a Constitución de 1869 instaura; Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha
composición coherente e argumentada.

Doc.1.Manifesto España con honra (Setembro de 1868).


Hollada a lei fundamental [...]; corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno, [...]; morto o Municipio; pasto a
Administración e a Facenda da inmoralidade e do agio; tiranizada o ensino; muda a prensa [...]. Tal é a España de
hoxe. Españois, quen a aborrece tanto que non se atreva a exclamar: «Así ha de ser sempre» [...] Queremos que unha
legalidade común por todos creada teña implícito e constante o respecto de todos. Queremos que o encargado de
observar a Constitución non sexa o seu inimigo irreconciliable. [..] Queremos vivir a vida da honra e da liberdade.
Queremos que un goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o
sufraxio universal bota os cimentos da nosa rexeneración social e política. Contamos para realizar o noso
inquebrantable propósito co concurso de todos os liberais, unánimes e compactos ante o común perigo.(….).¡Viva
España con honra!

Doc.2.O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución
coñecida como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de
sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o
pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...). Queremos

38
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución (...). Cidadáns:
¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”.

Doc.3. Constitución de 1869:


“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a
xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguinte
Constitución (...): Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e
opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para todos os
fins da vida humana que non sexan contrarios á moral pública (...). Art. 32. A soberanía reside esencialmente na
nación, da cal emanan todos os poderes. Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía. Art. 34. A
potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis. Art. 35. O poder executivo reside no
Rei, que o exerce por medio dos ministros. Art. 36. Os tribunais exercen o poder xudicial”.

COMENTARIO GUIADO CON ORIENTACIÓNS

O Sexenio democrático (1868 – 1874) foi un período de forte inestabilidade política e social no que se implantaron os
principios do liberalismo democrático e no que se sucederon unha monarquía e nova dinastía e unha república. Os
enfrontamentos políticos, a conflitividade social e as guerras carlista cubana, propiciaron a intervención do exército,
cunha ditadura militar que trataba de restablecer a orde política e social. En 1875 iniciouse a Restauración borbónica.

DOCUMENTOS CUESTIÓNS A DESENVOLVER

Doc.1. documento Viva España con Honra.


* Inicio da revolución de setembro de 1868
- As circunstancias que conduciron á expulsión de Isabel II: o desprestixio da monarquía e da raíña, a falta de apoios
políticos, os acordos dos grupos da oposición (Pacto de Bruxelas), a crise económica, os problemas sociais, etc
Doc.2-En setembro de 1868 a Xunta de Goberno de Málaga súmase á Gloriosa
A revolución: formación de Xuntas de goberno e pronunciamento militar en Cádiz
- Os obxectivos dos revolucionarios triunfantes: expulsar á raíña e establecer os principios do liberalismo democrático
(soberanía popular, sufraxio universal masculino, liberdade de cultos, de expresión…)
Doc.3.-Constitución
* A constitución do Sexenio de 1869
- Os trazos do novo réxime que se instaura coa Constitución de 1869: monarquía parlamentaria baseada en los
principios del liberalismo democrático: soberanía nacional (ou popular) non compartida, monarquía parlamentaria,
ríxida separación de poderes: lexislativo exclusivamente nas Cortes, executivo na Coroa e xudicial nos tribunais.

CONCLUSIÓNS
A inestabilidade política e social do Sexenio democrático, o sufracio universal, e a Soberanía popular na Constitución
de 1969. O acordo entre os liberais moderados, que prepararon o regreso dos Borbóns e así, en decembro de 1875, o
xeneral Martínez Campos proclamou rei Alfonso XII de Borbón, con quen comeza o período chamado Restauración
borbónica, que ten lugar entre 1875 e 1931

Os documentos que se presentan reflicten momentos importantes da Revolución Gloriosa e dos inicios do Sexenio
democrático (1868-1874). Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: as circunstancias que conduciron
á expulsión do trono de Isabel II coa Revolución de 1868 (Documento 1) e as aspiracións dos revolucionarios
triunfantes; os trazos esenciais do novo réxime político tralas eleccións democráticas (Documento 2) e que
a Constitución de 1869 instaura (Documento 3). Para concluír, podes aludir ao fracaso final do Sexenio e á súa
substitución por un novo réxime. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha
composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución
coñecida como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (…). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de
sufraxio (…), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o
pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (…). Queremos Cortes
Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución (…). Cidadáns: ¡Viva a
liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”.
Doc.2.-Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións democráticas en 1869:

39
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3.-Constitución de 1869:
A Nación española e no seu nome as Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a
xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cuantos vivan en España, decretan e sancionan a seguinte
Constitución: (…)
Art. 2. Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido nin preso senón por causa de delito. (…).
Art.5. Ninguén poderá entrar no domicilio dun español ou estranxeiro residente en España sen o seu consentimento
(…); a entrada no domicilio dun español ou estranxeiro (…) só poderá decretarse por Xuíz competente e executarse de
día (…).
Art.17. Tampouco poderá ser privado ningún español: Do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións
(…). Do dereito para reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse (…).
Art.32. A soberanía reside esencialmente na Nación, da cal emanan todos os poderes. Art.33. A forma de Goberno
da Nación española é a Monarquía.
Art.34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.

Xuño 2021

. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. Os seguintes textos
deben permitirlle facer unha redacción sobre a Revolución Gloriosa. Tendo en conta os documentos e o seu contexto,
debe atender cando menos ás causas da revolución e ao seu desenvolvemento, así como ás principais medidas do
Goberno Provisional e ás características da Constitución de 1869. (5 puntos)

Doc. 1. Programa revolucionario da Xunta de Málaga, 25 de setembro de 1868: “Os que subscriben, cidadáns que
pertencen á Xunta revolucionaria e provisional de Málaga, propóñenlle a esta o seguinte: Primeiro. Que
inmediatamente se redacte e publique un manifesto con estas bases principais: A destitución da monarquía reinante. O
sufraxio universal e libre. Unidade de foros. Abolición das quintas e das matrículas de mar. Unha soa cámara […].
Liberdade de imprenta sen depósito, fianza nin editor responsable. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.
Liberdade de ensinanza […]. Liberdade de cultos, de comercio e de asociación. Abolición da pena de morte”.

Doc. 2. Establecemento do sufraxio universal, 9 de novembro de 1868: “O goberno provisional, que non
descoñece nin esquiva a grande responsabilidade que bota sobre si ao someter o principio do sufraxio universal a un
decreto tan indispensable, como desexado, ten unha necesidade […] de expoñer con sinceridade […] os motivos que o
impulsaron a resolver do xeito que vai levalo a efecto. […] A mesma gravidade dos problemas que a Nación está
chamada a resolver, obrigou tamén ao Goberno a restrinxir os seus naturais desexos de darlle ao sufraxio a maior
extensión posible, ao fixar a idade en que se pode exercer tan prezado dereito”.

40
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 3. A Constitución de 1869: “A nación española, e no seu nome as Cortes constituíntes, elixidas por sufraxio
universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos vivan en España,
decretan e sancionan a seguinte Constitución […]: Art. 2. Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido nin preso
a non ser por causa de delito. Art. 13. Ningún poderá ser privado temporal ou perpetuamente dos seus bens e dereitos,
nin turbado na posesión deles, senón en virtude de sentenza xudicial. Art. 32. A soberanía reside esencialmente na
nación, da cal emanan todos os poderes. Art. 33. A forma de goberno da nación española é a monarquía”.
Outros documentos:

Manifesto España con honra (Setembro de 1868).


Españois: A cidade de Cádiz posta en armas, con toda a súa provincia, coa Armada ancorada no seu porto, e todo o
departamento marítimo da Carraca, declara solemnemente que nega a súa obediencia ao goberno de Madrid, segura de
que é leal intérprete de todos os cidadáns que no dilatado exercicio da paciencia non perdesen o sentimento da
dignidade, e resolta a non depoñer as armas ata que a Nación recobre a súa soberanía, manifeste a súa vontade e
cúmprase. [...]. Haberá algún español tan alleo ás desventuras do seu país que nos pregunte as causas de tan grave
acontecemento [...] Hollada a lei fundamental [...]; corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno, [...]; morto o
Municipio; pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade e do agio; tiranizada o ensino; muda a prensa [...]. Tal
é a España de hoxe. Españois, quen a aborrece tanto que non se atreva a exclamar: «Así ha de ser sempre» [...]
Queremos que unha legalidade común por todos creada teña implícito e constante o respecto de todos. Queremos que
o encargado de observar a Constitución non sexa o seu inimigo irreconciliable. [..] Queremos vivir a vida da honra e
da liberdade. Queremos que un goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en
tanto que o sufraxio universal bota os cimentos da nosa rexeneración social e política. Contamos para realizar o noso
inquebrantable propósito co concurso de todos os liberais, unánimes e compactos ante o común perigo; co apoio das
clases acomodadas, que non quererán que o froito das súas suores siga enriquecendo a interminable serie de agiotistas
e favoritos; cos amantes da orde, se queren velo establecido sobre as firmísimas bases da moralidade e do dereito; cos
ardentes partidarios das liberdades individuais, cuxas aspiracións poñeremos baixo o amparo 2 da lei; co apoio dos
ministros do altar, interesados antes que ninguén en cegar na súa orixe as fontes do vicio e do mal exemplo; co pobo
todo e coa aprobación, en fin, da Europa enteira; pois non é posible que no consello das nacións declarouse nin se
decrete que España ha de vivir envilecida. [...]. Españois (...): acudide ás armas, non co impulso do encono, sempre
funesto; non coa furia da ira, sempre débil, senón coa solemne e poderosa serenidade con que a xustiza empuña a súa
espada. Viva España con honra!

Manifesto á nación do Goberno provisional (1868).


Á NACIÓN Consumado no terreo da forza o movemento revolucionario iniciado en Cádiz contra un poder que
lentamente había ido afrouxando e rompendo todos os vínculos da obediencia e o respecto, ata o punto de facer
posible o seu derrubamento no espazo de poucos días; terminada a misión das Xuntas e nomeadas as autoridades,
conveniente e necesario é xa que o Goberno provisional [...] recolla e concrete as varias manifestacións da opinión
pública [...]. Como punto de partida para a promulgación dos seus principios xeradores, a revolución empezou por
sentar un feito que é a base robusta sobre a cal deben descansar as súas reconquistadas liberdades. Este feito é o
destronamiento e expulsión dunha dinastía que, en aberta oposición co espírito do século, foi rémora a todo progreso
[...]. Destruído o obstáculo e expededir o camiño, a revolución estableceu o sufraxio universal, como a demostración
máis evidente e palpable da soberanía do pobo [...]. Verdade é que se levantaron voces elocuentes e autorizadas en
defensa do réxime republicano, apoiándose [...] no marabilloso exemplo que ofrece, allende os mares, unha potencia
nada onte, e hoxe envexa e admiración do mundo. [...]. O mal éxito que tiveron tentativas desa natureza noutros países
de Europa que nos precederon nas vías revolucionarias debe excitar hondamente a meditación pública, antes de
lanzarse por camiños descoñecidos e escuros. [...].
Madrid, 25 de outubro de 1868.

Constitución de 1869.
Art. 2. Ningún español nin estranxeiro poderá ser detido nin preso senón por causa de delito. [...]. Art. 16. Ningún
español que se ache no pleno goce dos seus dereitos civís poderá ser privado do dereito para votar nas eleccións de
Senadores, Deputados a Cortes, Deputados provinciais e concelleiros. Art. 17. Tampouco poderá ser privado ningún
español: Do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito, valéndose da imprenta
ou doutro procedemento semellante. Do dereito para reunirse pacíficamente. Do dereito de asociarse para todos os fins
da vida humana que non sexan contrarios á moral 3 pública; e por último, Do dereito de dirixir peticións individual ou
colectivamente ás Cortes, ao Rey e ás autoridades. Art. 21. A Nación obrígase a manter o culto e os ministros da
relixión católica. O exercicio público ou privado de calquera outro culto queda garantido a todos os estranxeiros
residentes en España, sen máis limitacións que as regras universais da moral e do dereito. Se algúns españois
profesaren outra relixión que a católica, é aplicable aos mesmos todo o disposto no parágrafo anterior. Art. 32. A
soberanía reside esencialmente na Nación, da cal emanan todos os poderes. Art. 33. A forma de Goberno da Nación
española é a Monarquía. Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rey sanciona e promulga as leis.
Art. 35. O poder executivo reside no Rey, que o exerce por medio dos seus ministros. Art. 36. Os Tribunais exercen o
poder xudicial. Art. 38. As Cortes compóñense de dous Corpos Colegisladores, a saber: Senado e Congreso. [..]. 1 de
xuño de 1869.

41
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Abdicación de Amadeo de Saboya.


Ao Congreso: Grande foi a honra que merecín da Nación española elixíndome para ocupar o trono, honra tanto
pola miña máis apreciada, canto que se me ofrecía rodeada das dificultades e perigos que leva consigo a empresa de
gobernar un país tan hondamente perturbado. [...]. Coñezo que me enganou o meu bo desexo. Dous anos longos ha
que cingo a coroa de España e a España vive en constante loita, vendo cada día máis afastada a era de paz e de ventura
que tan ardentemente anhelo. Se fosen estranxeiros os inimigos da súa dicha, entón, á fronte destes soldados tan
valentes como sufridos, sería o primeiro en combatelos; pero todos os que coa espada, coa pluma, coa palabra agravan
e perpetúan os males da nación, son españois, todos invocan o doce nome da Patria, todos pelexan e axítanse pola súa
ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan
opostas manifestacións da opinión pública, é imposible atinar cal é a verdadeira e máis imposible aínda achar o
remedio para tamaños males. Busqueino ávidamente dentro da lei, e non o achei. Fóra da lei non ha de buscalo quen
prometeu observala. Ninguén achacará a fraqueza de ánimo a miña resolución. (...) Estas son, Señores Deputados, as
razóns que me moven a devolver á Nación, e no seu nome a vós, a Coroa que me ofreceu o voto nacional facendo dela
renuncia por min, polos meus fillos e sucesores.(...). Amadeo. Palacio de Madrid, 10 de febreiro de 1873.

6.- A Primeira República (proxecto de constitución federal e


cantonalismo)

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá referenciar xenericamente o paso da monarquía de Amadeo de Saboia (chea de
dificultades) a un réxime republicano inestable e moi cuestionado. Como consecuencia
do anterior, explicará a falta dun modelo consensuado de república; o xurdimento do
movemento cantonal, a división entre os republicanos federais así como o proxecto de
constitución federal.
(Páxinas 168 á 169. Vicens Vives)

O reinado de Amadeo I veu marcado por numerosas dificultades. Ao asasinato de


Prim (xusto antes da súa chegada), que deixa ao monarca sen o seu principal valedor, e
ás dificultades de goberno de coalición sumáronse a guerra colonial en Cuba que se
iniciara en 1868; a oposición activa dos carlistas e dos afonsinos, partidarios do retorno
dos Borbóns na persoa do fillo de Isabel II, Afonso; o descontento das capas populares
urbanas e rurais que vían sen resposta as súas demandas sociais; e o permanente
acoso dos republicanos, que non aceptaron a solución monárquica da Constitución
(Pacto de Tortosa) e que, durante este breve reinado, tenta conseguir o apoio popular
necesario para instaurar a República.

Tras a renuncia ao trono de Amadeo I en febreiro de 1873 pola complicada situación


antes apuntada, o Congreso e o Senado reúnense conxuntamente, formando a
Asemblea Nacional, e deciden proclamar o 11 de febreiro de 1873 a República, a
pesar de ser maioritariamente monárquicos. A mesma Asemblea Nacional asume todos
os poderes e nomea presidente do poder executivo a Estanislao Figueras, quen
exercería de xefe do Estado e do Goberno.

A historia deste período abrangue menos dun ano, do 11 de febreiro de 1873 ao 3 de


xaneiro de 1874, cando o golpe de estado do xeneral Pavía derrocou ao goberno
republicano. Nese tempo sucedéronse numerosos acontecementos: catro presidentes
(Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar), seis gobernos, unha intensa axitación
social (reivindicacións sociais revolucionarias de AIT), dúas guerras, a carlista e a
cubana, e a revolución cantonal.

O novo modelo de Estado bateu con múltiples dificultades. Unha, a cuestionada


lexitimidade da súa orixe: ao proclamarse en sesión conxunta de ambas cámaras,
constituída en Asemblea constituínte, algo que non permitía a Constitución de 1869;
outra, as fortes diferenzas entre os republicanos: os unitarios defendían a creación
42
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

dunha república unitaria, os federais gradualistas, de Pi i Margall, defendían a


configuración da federación dende arriba, é dicir, que as Cortes Constituíntes da nación
decidisen e organizasen o reparto de poderes entre o Estado Federal e os Estados que
formasen a federación, e os federais intransixentes ou cantonalistas, defendían unha
federación feita desde abaixo, mediante a proclamación inmediata da soberanía das
unidades políticas inferiores, os Estados ou Cantóns, para construír dende eles, e por
acordos libres entre iguais, a federación española.

Figueras mantivo a Constitución de 1869, suprimindo os artigos referidos á


monarquía. Un mes despois disolvíase a Asemblea tras abolir a escravitude en Porto
Rico e suprimir as quintas e convocáronse novas eleccións a Cortes constituíntes
para maio de 1873 (celebradas por sufraxio universal masculino, para os maiores de 21
anos). Foron gañadas polos republicanos federais.

A nova Asemblea Nacional constituínte proclamou a República federal e nomeou


presidente do poder executivo a Francisco Pi i Margall (11 de xuño, 1873).

Rapidamente elaborouse un Proxecto de Constitución federal(1873) que, inspirada na


de 1869 no referente a garantías, dereitos e liberdades, establecía a soberanía popular
con sufraxio universal organizaba España como unha federación formada por dezasete
Estados federados, incluídos Cuba e Porto Rico; a xefatura do Estado correspondía ao
presidente da República, elixido por sufraxio universal, quen posuía o poder de relación
entre os distintos poderes e que, a súa vez, nomeaba o presidente de Goberno e os
seus ministros; o poder lexislativo correspondía, en exclusiva, á Asemblea Nacional
republicana, composta por dúas Cámaras, o Senado (representativo dos estados
federados), e o Congreso, elixido por sufraxio universal directo de todos os españois
maiores de 21 anos; recoñece a autonomía municipal; e establece a separación da
Igrexa e do Estado.

A axitación social e política incrementouse en toda España. Os obreiros e


campesiños, estimulados pola Federación Rexional Española da Asociación
Internacional de Traballadores, protagonizaron folgas e protestas, ocuparon terras e
esixiron melloras nas súas condicións de vida. Destaca a queima dos teares en Alcoi (8-
7-73). A noticia causou un forte temor na burguesía. Ao mesmo tempo os federais
intransixentes comezaron a proclamar a independencia de cantóns.

(Vocabulario) O Cantonalismo xurdiu por dúas causas: como reacción defensiva


ante a posible dereitización da República e como medio de presión para acelerar a
implantación da república federal.

Como movemento social respondeu a diversas demandas sociais e políticas que


tiñan como obxectivo común establecer o federalismo ata as súas últimas
consecuencias. Baseábase na democracia directa, a autonomía de municipios e
provincias, a supresión de consumos e quintas, a repartición da terra, un anticlericalismo
difuso e a defensa dos intereses das clases medias e populares. Non cuestionaron a
unidade de España.

O Movemento cantonal de 1873 dividiu ós republicanos entre os transixentes (Pi i


Margall ) e os partidarios da represión. Pi i Margall intentou dar resposta a estas
demandas sociais con medidas como a Lei Benot que regulaba o traballo dos nenos ou
a abolición da escravitude en Cuba. O contexto fixo inviable estas medidas.

43
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Este movemento iniciouse en Cartaxena o 12 de xullo de 1873 ao que seguiron moitos


outros cantóns: Valencia, Alacante, Sevilla, Cádiz. O presidente Pi y Margall opúxose a
sufocar a revolta polas armas e dimitiu, sendo substituído por Nicolás Salmerón.

A represión iniciouse o 20 de xullo polo goberno de Salmerón. Os últimos en caer


foron Málaga en setembro e Cartaxena en xaneiro de 1874.

O novo goberno republicano estivo presidido por Nicolás Salmerón (18 xullo) quen,
para sufocar o movemento cantonalista en Andalucía e Levante e a guerra carlista no
Norte, tivo que apoiarse nos militares (Pavía e Martínez Campos). A necesidade de ter
que asinar penas de morte levou a Salmerón, contrario a pena capital, a dimitir.

O 6 de setembro Salmerón deixaba a presidencia. Substituíuno Emilio Castelar que


defendía unha República Centralista, a pesar de que elaborara o proxecto de
constitución federal. Conseguiu poderes extraordinarios da Asemblea o que lle permitiu
acabar co problema cantonal e facer fronte ás guerras carlista e cubana. Gobernou
durante varios meses por decreto, tomando medidas drásticas e apoiándose nos
militares conservadores.

Descontentos os federais, ao reabrirse as Cortes (2 de xaneiro) retiráronlle a


confianza a Castelar e decidiron escoller un novo presidente. A derrota de Castelar
abríalle a porta a un novo goberno federal o que precipitou que, mentres se celebraba a
sesión (3 de xaneiro), o xeneral Pavía irrompera nas Cortes e disolvera a Asemblea
nacional.

Pavía impúxose sen encontrar resistencia política nin popular, o que reflectía a
debilidade da República. O poder pasou a unha coalición de unionistas e progresistas
encabezada por Serrano que asume a foi a presidencia dunha república moi influída
polo modelo francés.

O Goberno de Serrano tratábase dunha ditadura persoal encuberta baixo a forma


republicana. Impuxo un réxime autoritario suspendendo as garantías constitucionais:
disolveu as Cortes, suspendeu as garantías constitucionais, aplicou a censura de
prensa, ilegalizou ós federais, disolveu a Internacional e suspendeu concellos e
deputacións. Dábaselle un papel importante ao exército e facía un chamamento aos
partidos liberais (Manifesto á nación do 8 de xaneiro de 1874) pretendendo incorporar os
sectores conservadores, mais a maioría dos monárquicos (afonsinos) optara polo retorno
dos Borbóns.

As tensións entre os republicanos, as guerras carlista e cubana, e o incremento das


reivindicacións sociais realizadas polos membros da AIT, provocaron unha permanente
inestabilidade durante todo o ano 1874 favoreceu os intentos de Cánovas del Castillo de
restaurar a Monarquía na persoa de Afonso XII.

O 1 de decembro de 1874, o futuro rei fixo público dende o exilio e Gran Bretaña o
Manifesto de Sandhurst (Vocabulario) no que se poñía a disposición dos españois.

O 29 de decembro de 1874 en Sagunto o xeneral Martínez Campos


pronunciouse, con escasas resistencias, a favor da monarquía de Alfonso XII, o fillo de
Isabel. Remataba en España a experiencia republicana, e retornaba a monarquía dos
Borbóns.

44
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

En Galicia, na década de 1860, existían núcleos de republicanismo nas principais


cidades galegas. Xurdirá no 1868 en Madrid o Partido Democrático republicano Federal,
que creou en Galicia diversos comités locais .

En xullo de 1869 asinouse na Coruña o Pacto galaico-asturiano no que se recollía a


defensa da soberanía popular, a república federal e a milicia cidadá, comités locais e a
formación dunha comisión permanente co sede na Coruña. Nesta cidade os
republicanos gañaron as eleccións municipais no 1871 sendo nomeado alcalde Federico
Tapia.

Dende o ano 1894 os republicanos conseguiron na Coruña manterse unidos,


agrupando todas as tendencias en torno ao Casino Republicano e á Unión
Republicana local. Contaron con líderes de moito carisma como Pérez Costales, Paz
Novoa que terán un gran protagonismo na revolución de 1868. Desde 1899 ata 1923, de
xeito ininterrompido, dominaron por maioría o Concello, que tiña maioría republicana
pero con alcalde monárquico nomeado polo Goberno.

Composicións LOMCE:
Suspenso Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
(0-0,6)
Suspenso Resposta confusa, que revela a incomprensión do problema presentado.
(0,9-1,2) Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos.
Aprobado Resposta básica que incide nas seguintes cuestións:
(1,5-1,8) -a proclamación da Primeira República tras a abdicación de Amadeo de Saboia
-a diversidade de proxectos políticos entre federais e radicais
-os obxectivos do goberno de Pi y Margall
-a elaboración do proxecto de Constitución federal
-os grandes conflitos dos período: o levantamento cantonal

Notable Resposta que demostra o coñecemento do tema:


(2,1-2,4) -explícase cunha certa profundidade polo menos unha das cuestións referenciadas
Redacción: correcta.
Sobresaliente -Resposta con precisións e aclaracións, que demostra capacidade de expresión:
(2,7-3) -explícanse cunha certa profundidade polo menos dúas das cuestións referenciadas
Redacción: correcta, que demostra capacidade argumentativa, dominio do vocabulario e
capacidade de síntese.

Proposta de composición:

Os documentos que se presentan reflicten momentos importantes da evolución política durante a 1ª República. (1873-
1874). Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: os trazos esenciais do novo réxime político e a
implantación do réxime republicano e do proxecto federal que se intenta instaurar., o proxecto dunha nova
Constitución e o que supuxo o movento cantonal.

Doc.1. O federalismo segundo Pi y Margall


A federación é un sistema polo cal os diversos grupos humanos, sen perder a súa autonomía no que lles é peculiar e
propio, asócianse e subordinan ao conxunto dos da súa especie para todos os fins que lles son comúns (...). Establece a
unidade sen destruír a variedade, e pode chegar a reunir nun corpo a humanidade toda, sen que se menoscabe a
independencia nin se altere o carácter de nacións, provincias nin pobos. Por isto, ao paso que a monarquía universal
foi sempre un soño, van preparando sen cesar a federación, a razón e a Historia.
F. PI E MARGALL, As nacionalidades

45
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.2.Organización territorial no proxecto de Constitución de 1873


Artigo 1. Compoñen a Nación española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Asturias, Baleares,
Canarias, Castela a Nova, Castela a Vella, Cataluña, Cuba, Estremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Porto Rico,
Valencia, Rexións Vascongadas. Os Estados poderán conservar as actuais provincias ou modificalas segundo as súas
necesidades territoriais. Artigo 39. A forma de goberno da Nación española é a República federal. Artigo 42. A
soberanía reside en todos os cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos políticos da República
constituída por medio de sufraxio universal. Artigo 43. Estes organismos son: O Municipio. O Estado rexional. O
Estado federal ou Nación.
Proxecto de Constitución de 1873

Doc.3. Disposicións do Cantón de Cartaxena


A Xunta Soberana (do Cantón de Cartaxena) (...), interpretando as aspiracións do pobo de Cartaxena, estimou
conveniente establecer: 1°- A instrución gratuíta, obrigatoria, elemental, con responsabilidade persoal dos xefes de
familia e colectividades encargados da educación da infancia (...). 4º- Queda terminantemente prohibida, (...) o ensino
nos mesmos de dogmas, nin relígión positiva, debendo aterse para a moral nos principios da ciencia e dos deberes
sociais (...). . Esta Xunta Soberana de salvación acorda: Quedan confiscados todos os bens que pertenzan ás
asociacións relixiosas, que pasan desde logo á propiedade colectiva do Cantón (...).Quedan confiscados e declarados
propiedade colectiva do Cantón todos os bens (...) que gocen os seus actuais donos por herdanza e con orixe de graza
ou doazón real, tales como vinculacións, mayorazgos, capellanías.
Cartaxena, 1 de outubro de 1873

COMENTARIO GUIADO CON ORIENTACIÓNS

O Sexenio democrático (1868 – 1874) foi un período de forte inestabilidade política e social que culmina coa
proclamación da 1ª República en febreiro do 1773. Os enfrontamentos políticos dentro do republicanismo, a
conflitividade social e as guerras carlista cubana, propiciaron a intervención do exército, cunha ditadura militar que
trataba de restablecer a orde política e social. En 1875 iniciouse a Restauración borbónica.
Doc.1.O FEDERALISMO SEGUNDO PI E MARGALL
- Fortes diferenzas entre os republicanos.
-Diferenzas entre republicanos federalistas e unitarios. Os federais intransixentes.
- Definición de federalismo según o texto 1.
Doc.2.ORGANIZACIÓN TERRITORIAL NO PROXECTO DE CONSTITUCIÓN DE 1873
-Rasgos básicos na nova organización territorial presentes do documento.
-Réximes políticos que instauran
-Modelos de soberanía que reflicten: popular
-Organismos de representación dos cidadáns presentes no texto.

Doc.3..DISPOSICIÓNS DO CANTÓN DE CARTAXENA


-cronoloxía e definición do movemento cantonal.
-Rasgos básicos presentes no texto: democracia, anticlericalismo,etc.
-Fin e represión do movevento cantonal.

CONCLUSIÓNS
O primeiro intento republicano foi unha experiencia curta, caracterizada pola inestabilidade política. No seu
primeiros once meses sucedéronse catro presidentes do Poder Executivo ata que o golpe de estado da xeral Pavía do 3
de xaneiro de 1874 puxo fin á república federal proclamada en xuño de 1873 e deu paso á instauración dunha
república unitaria baixo a ditadura do xeneral Serrano. O período estivo marcado por tres conflitos armados
simultáneos: a terceira guerra carlista, a sublevación cantonal e a Guerra cubana. A Primeira República enmárcase
dentro do Sexenio Democrático, que comeza coa Revolución de 1868 que deu paso ao reinado de Amadeo I de
Saboya, ao que seguiu a república, e termina co pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto (decembro 1874)

Composicións selectividade anteriores:


Baseándote nos documentos que se presentan, debes realizar unha composición que teña por tema central a
evolución política durante o Sexenio democrático (1868-1874). Debes comezar por comentar as circunstancias que
conducirán á expulsión do trono de Isabel II e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes (Doc.l). A Constitución
de 1869 supón a instauración dun novo réxime político, que debes caracterizar nos seus trazos esenciais (Doc.2). As
razóns do fracaso da fórmula monárquica (Doc.3), a implantación do réxime republicano que a sucede e do proxecto
federal (Doc.4) que se intenta instaurar deben integrarse tamén na túa redacción. Para concluir, podes aludir ao
fracaso final da República e á súa substitución por un novo réxime.
46
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.l.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución
coñecida como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (...)- Imos, poís, establecer a liberdade de cultos.
Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal.
Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule sen traba.
Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...).
Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución
(...).
Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”.

Doc.2.-Constitución de 1869:

“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a
xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguirte
Constitución (...):
Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de
palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para tódolos fíns da vida
humana que non sexan contrarios á moral pública (...).
Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan tódolos poderes.
Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía.
Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros.
Art 36. Os tribunais exercen o poder xudicial”,

Doc.3.-Abdicación de Amadeo I (11 de febreiro de 1873):


“Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en constante loita, vendo cada día máis
distante a era de paz que tanto desexo (...). Todos invocan o doce nome da patria, todos pelexan e axítanse polo seu
ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan
opostas manifestacións da opinión pública, é imposible afirmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda atopar o
remedio para tamaños males. Busqueino dentro da lei ansiosamente e non o atopei. Fóra da lei non ha búscalo quen
prometeu observala (...).
Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no seu nome a vosoutros, a Coroa
que me ofreceu o voto nacional (-..)”.

Doc.4.-Proxecto de Constitución federal de 1873:


“Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón, Asturias, Baleares,
Canarias (,..).
Art. 39. A forma de goberno da Nación Española é a República federal (...).
Art. 42. A soberanía reside en tódolos cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos políticos da
República constituida por medio do sufraxio universal.
Art. 43. Estes organismos son: o Municipio, o Estado rexional, o Estado federal ou Nación (...).
Art.45. O poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder de relación
entre estes poderes”.

Modelo exame:
I República Española (1873-1874).
Os documentos que se presentan reflicten momentos importantes da I República Española (1873-1874). Na túa
redacción debes abordar as seguintes cuestións: as circunstancias que conduciron á proclamación da I
República (Documento 1); os trazos esenciais do proxecto da Constitución federal (Documento 2) e o fenómeno
do cantonalismo (Documento 3). Para concluír, podes aludir ao fracaso final da I República e do Sexenio
Democrático, e á súa substitución por un novo réxime. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas,
senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os
coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

47
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.1.-O 11 de febreiro de 1873, o Congreso dos Deputados proclama a I República Española:

Doc.2.-Proxecto de Constitución Federal da I República Española (xuño de 1873):


“La Nación Española reunida en Cortes Constituyentes, deseando asegurar la libertad, cumplir la justicia y realizar
el fin humano a que está llamada en la civilización, decreta y sanciona el siguiente Código fundamental (…):
Art. 1º. Componen la nación española los Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baja, Aragón, Asturias, Baleares,
Canarias, Castilla la Nueva, Castilla la Vieja, Cataluña, Cuba, Extremadura, Galicia, Murcia, Navarra, Puerto Rico,
Valencia, Regiones Vascongadas. (…).
Art.39º. La forma de gobierno de la Nación española es la República federal. (…).
Art.42º.La soberanía reside en todos los ciudadanos, y se ejerce en representación suya por los organismos
políticos de la República, constituída por medio del sufragio universal.
Art.43º. Estos organismos son: el Municipio. El Estado regional. El Estado federal o Nación. (…).
Art.45º. El poder de la Federación se divide en poder legislativo, poder ejecutivo, poder judicial y poder de
relación entre estos poderes. (…).
Art.92º. Los Estados tienen completa autonomía económico-administrativa y toda la autonomía político compatible
con la existencia de la Nación (…)”.

Doc.3. – Manifesto da “Junta Soberana del Cantón de Cartagena”. Cartagena, 1 de outubro de 1873:
“(…), interpretando las aspiraciones del pueblo de Cartagena, ha estimado conveniente establecer:
– La instrucción gratuita, obligatoria, elemental, (…)
– Queda terminantemente prohibida, bajo la más estricta responsabilidad de los profesores y encargados de los
colegios (…) la enseñanza en los mismos de dogmas, ni religión positiva, debiendo para la moral atenerse a los
principios de la ciencia y de los deberes sociales. (…)
– Quedan confiscados todos los bienes que pertenezcan a las asociaciones religiosas, que pasan desde luego a la
propiedad colectiva del Cantón (…)
– Quedan confiscados y declarados propiedad colectiva del Cantón todos los bienes que radiquen en su término y
que disfruten sus actuales dueños por herencia y con origen de gracia o donación real, tales como vinculaciones,
mayorazgos, capellanías (…)”

Outros documentos:
Declaración do pacto Federal galaico-asturiano. 18-VII-1869
“Os representantes das cinco provincias de Asturias e Galicia acordaron aliarse e unirse para todo o que se
refira á conduta do partido republicano e a causa da revolución, sen que de modo algún intente separase do resto da
nación (…)
a Asemblea xeral galaico-asturiana considera, como única forma de goberno capaz de perpetuar a práctica
das nosas grandes e patrióticas aspiracións, a república democrática federal.
(...)¡Viva a república Federal!.

48
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

7.- A Restauración
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
explicará as bases do sistema da Restauración ou sistema canovista (a súa xénese
conservadora, monarquía constitucional doutrinaria, o “turnismo” ou quenda pacífica de
partidos) e a Constitución de 1876 nos seus trazos fundamentais (soberanía compartida
Coroa/Cortes, papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...). Tamén
deberá facer referencia á consolidación do sistema canovista a través da configuración da
“quenda pacífica” e ao funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e
fraudulento. (Páxinas 230 á 235. Vicens Vives)

A inestabilidade durante o Sexenio democrático favoreceu os plans de Antonio


Cánovas del Castillo para restaurar a monarquía borbónica. Progresivamente foi tecendo
una rede de apoios entre grupos de militares, aristócratas e burgueses, temerosos do
avance das conquistas democráticas que se produciran durante o Sexenio. Tras
convencer a Isabel II de que abdicase en favor do seu fillo Alfonso en 1870, este foi
enviado a Academia militar de Sandhurst, onde se educaban os reis ingleses. Alí
publicou o 1 de decembro de 1874 o manifesto de Sandhurst, (Vocabulario) no que se
presentaba como un monarca constitucional, católico e liberal.

O 19 de decembro de ese mesmo ano o xeneral Martínez Campos pronunciouse en


Sagunto a favor da monarquía e proclamou rei de España a Alfonso XII. Iniciábase así
o período coñecido como Restauración borbónica, no que se diferencian as seguintes
etapas: reinado de Alfonso XII, 1875-85, a rexencia de María Cristina, 1885-1902, e o
reinado de Alfonso XIII, 1902-1933.

Tras o pronunciamento, chegou Alfonso XII a España e nomeou como presidente do


Goberno a Cánovas del Castillo (liberal conservador, pero pragmático) que sentou as
bases políticas do novo réxime. Analizou a estabilidade do modelo político de Gran
Bretaña e a propia historia de España para xustificar a recuperación do sistema de dobre
confianza entre o rei e a Cortes propio do liberalismo doutrinario. A Coroa representaba
a tradición e a unidade española e as Cortes representaban a vontade da nación.

O sistema político debía asentarse en dous principios indiscutibles: o principio


monárquico hereditario, personificado pola Coroa na familia de Alfonso XII, que
representaba a tradición e a unidade españolas; e o principio de liberdade exercido
polas Cortes, que representaban a vontade da nación. Ambos principios debían
sustentar o poder e compartir a soberanía, contrapoñéndose e dando equilibrio ao
sistema.

Segundo estas ideas a monarquía debía ser constitucional doutrinaria e o Goberno


debía contar con esa dobre confianza: a da Coroa e a da Cortes. O Goberno debía ser
nomeado pola Coroa, pero para desempeñar a súa tarefa tiña que contar coa maioría
parlamentaria nas Cortes. Se era necesario, utilizábase a manipulación dos resultados
electorais a través da fraude e dos caciques para conseguilo.

Cánovas baseaba a estabilidade no bipartidismo: dous grandes partidos


monárquicos, un no Goberno e o outro na oposición, que se alternarían no exercicio do
poder. Debían aceptar o sistema monárquico constitucional e serían herdeiros dos
tradicionais partidos liberais dos moderados e dos progresistas. Ao aplicarse o modelo
inglés en España apareceron o Partido Conservador liderado por Cánovas, que incluía
os antigos moderados e membros da Unión Liberal, e o Partido Liberal dirixido por
Práxedes Mateo Sagasta, formado polos progresistas e demócratas. Ademais,
49
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

consideraba indispensable unha alternancia pacífica de Goberno baseada na quenda de


mutuo acordo entre os partidos. Cando un Goberno tiña dificultades ou sufrira un forte
desgaste, a Coroa nomeaba como presidente ao xefe do partido da oposición. Para que
puidese gobernar cun amplo apoio parlamentario, a continuación disolvía as Cortes
convocando unhas eleccións que necesariamente tiña que gañar o partido do novo
Goberno. Utilizábanse redes de influencia no rural co caciquismo para conseguir alí os
votos necesarios.

Outra idea importante deste sistema era someter o poder militar ao poder civil, a
necesidade de apartar ao exército da vida política e evitar os pronunciamentos
(espadóns). O exército debía estar sometido á autoridade suprema do Estado, por iso o
rei debía ter o mando supremo das forzas armadas(rei soldado). É de gran importancia o
acordo na quenda de goberno entre liberais e conservadores para garantir a estabilidade
do sistema. Ese acordo (consolidado no Pacto do Pardo con motivo da morte de
Alfonso XII) alonxaría a tentación do pronunciamento.

Outro piar do seu pensamento político en aras da estabilidade era o de devolverlle á


Igrexa o seu prestixio perdido durante o Sexenio Democrático, principalmente no campo
educativo.

Por último, era esencial que en materia de dereitos á cidadanía, os partidos do


sistema realizaran os avances a partir dun pacto, o que se denominou
transaccionismo.

A aplicación dos principios políticos do pensamento de Cánovas deu lugar ao sistema


da restauración borbónica ou sistema canovista por ser el o seu principal impulsor.

Cánovas convocou eleccións constituíntes para asentar as bases políticas da


monarquía. As novas Cortes, con maioría de deputados do Partido Conservador,
aprobaron a Constitución de 1876 que era un híbrido entre a doutrinaria do 45, para as
cuestións principais de funcionamento, e a do 69, en materia de dereitos. Establecía un
réxime oligárquico rexido por unha monarquía constitucional doutrinaria
conservadora.

A soberanía estaba compartida entre o rei e as Cortes. A Coroa gozaba de


prerrogativas xa que nomeaba libremente ao presidente, sancionada e promulgaba as
leis, posuía iniciativa legal, tiña dereito de veto, podía suspender e disolver as Cortes,
exercía o mando supremo das forzas armadas e dirixía a vida política internacional.
Como consecuencia, o rei ademais de reinar tamén goberna. Todos estes poderes
debían ser exercidos por ministros responsables ante as Cortes.

As Cortes bicamerais estaban constituídas polo Congreso cuxos membros serían


elixidos polos cidadás con dereito a voto (de acordo cunha lei electoral posterior) e o
Senado, formado por membros vitalicios asignados polo propio rei a proposta do
Goberno, senadores por dereito propio por exercer unha alta xerarquía no Estado e
senadores electivos, elixidos polos maiores contribuíntes. As dúas cámaras compartían
a iniciativa legal co rei, quedando, na práctica, supeditadas á Coroa.

Os dereitos e liberdades (sufraxio, prensa, asociación) aparecían recollidos, pero


redactados de forma xenérica polo que necesitaba un desenvolvemento en leis
posteriores de inferior rango. Isto permitía un tratamento máis restritivo ou liberalizado
segundo a vontade do Goberno vixente.

50
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Ademais, esta Constitución establecía o Catolicismo de Estado aínda que tamén se


recoñecía a liberdade de conciencia e de culto.

En síntese, o réxime político establecido na restauración borbónica foi unha


monarquía constitucional doutrinaria favorable aos intereses sociais, políticos e
económicos das clases burguesas e aristocráticas, que mantivo fóra do xogo político á
maioría do país.

Un réxime oligárquico, clerical en moitos aspectos, sen democracia,


pseudoparlamentario, cunha clase política formada por camarillas de notables unidos
para poder ocupar os cargos públicos, nun estado invertebrado e débil no que o
caciquismo constituía a verdadeira estrutura político-administrativa do goberno. Un
réxime que manifestaba un profundo egoísmo social dos grupos dominantes, que
pretendían asegurarse o monopolio do poder e a súa hexemonía económica e social.

Nota. Monarquía constitucional doutrinaria conservadora: doutrina e práctica política


que quería conciliar a monarquía co goberno representativo, creando un sistema de
goberno amparado no sufraxio censatario. Os seus elementos esenciais serán a
monarquía, a orde, a liberdade, a Constitución o principio de representación e o
parlamentarismo.

Este réxime da Restauración apoiábase nun sistema electoral caracterizado polo


caciquismo, a corrupción electoral e a abstención xeneralizada, que facilitaba a
manipulación das eleccións en beneficio dos partidos da quenda.

O turnismo pacífico ou alternancia pacífica (quenda)(Vocabulario) foi un dos


elementos fundamentais do sistema da Restauración. A súa orixe estivo na esixencia de
Sagasta de que o rei chamase a gobernar no ano 1881 ao seu partido como alternancia
ao de Cánovas. A aceptación do rei ante esta petición instaurou o precedente do relevo
pacífico no poder, e afastou o risco de pronunciamentos e motíns. Rompíase así a que
fora a práctica do reinado de Isabel II, que se fundamentou no monopolio do goberno
polos moderados, polo que os progresistas só tiñan a vía do levantamento para alcanzar
o poder.

A consolidación da alternancia produciuse na etapa da rexencia de María Cristina


(1885-1902), especialmente tras o goberno longo liberal (1885-1890) e o chamado
Pacto do Pardo (1885),que estableceu o acordo entre Cánovas e Sagasta e mais a
Rexente de alternar no poder co fin de asegurar a propia monarquía ante a dobre
ameaza carlista e republicana. O partido da quenda ao que lle tocaba gobernar sempre
obtiña un 60% do total de deputados.

Instaurouse, pois, un acordo tácito de que os dous partidos que apoiaban a


monarquía alternarían no poder, mediante a manipulación do proceso electoral, unha
verdadeira fraude que permite falar de democracia puramente formal ou “sistema liberal
sen democracia”.

Cando o partido gobernante entraba nunha crise política, o rei chamaba ao xefe de
partido da oposición para que formara novo goberno: se gobernaba o Liberal, chamaba
o Conservador e viceversa. A continuación, para que este novo goberno puidera ter o
respaldo das Cortes (por ser un réxime parlamentario), o rei procedía a disolver o
Congreso e convocar novas, que se manipulaban para que obtivese maioría o partido
que debía formar goberno.

51
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Este mecanismo, no que o goberno non sae da maioría parlamentaria senón dun
acordo entre os partidos do sistema coa aprobación do rei, levou ao sistema a un
proceso continuo de fraude electoral e falseamento dos procesos electorais.

O proceso de preparación das eleccións e os resultados e o reparto de escanos


(fraude electoral) co encadramento.(Vocabulario, Encasillado ) O Ministro de
Gobernación enchía os cadros correspondentes aos distritos electorais cos nomes dos
candidatos que o Goberno tiña previsto que resultasen elixidos e reúne aos
gobernadores civís de cada provincia para proceder a nomear aos candidatos e os
escanos que se repartiría cada partido de acordo co papel asignado nesa convocatoria.
Posteriormente, estes buscaban o acordo cos caciques para conseguir axustar os
resultados electorais ás instrucións recibidas do Ministerio da Gobernación. Deste xeito,
o partido do novo goberno tería un amplo dominio dos escanos da cámara.

Efectivamente, para que este proceso culminara de acordo ao previsto era


imprescindible contar coa intervención dos caciques.(Vocabulario) O estreito control do
voto que exercían os caciques, base do sistema, sobre as elección periódicas, xerou
unha cadea de favores e adhesións persoais que impedía no ámbito rural, non así no
medio urbano, unhas eleccións libres. Os caciques intercambiaban cos seus clientes
votos por favores, de xeito que compensaban o apoio electoral coa entrega de cargos e
prebendas, a realización de distintas obras públicas, as recomendacións, etc. Ex:
Montero Ríos e a familia Bugallal, auténticos “virreinados” galegos.

O cacique definíase polos seguintes trazos:

- Era o home máis influínte dunha localidade o comarca, e que exercía o control
sobre os electores da zona.
- O seu poder baseábase no control dos actos da Administración do Estado e na
influencia que exercía directamente no gobernador provincial e, a través deste, no
Goberno. A riqueza supoñía un complemento, pero non era determinante na función do
cacique.
- Podía facer un uso non legal das instancias estatais a favor dos seus amigos e en
contra dos seus inimigos (“para o amigo o favor, para o inimigo a Lei”), actuaba no
ámbito local e comarcal e, ó sumo, provincial. Podía realizar favores, axilizar trámites e
xestións e, a cambio, recibía a lealdade dos electores da súa localidade o comarca.
- Era un intermediario do Estado coa súa comunidade, aceptado por ambos.

Este sistema respondía ao modelo das relacións de padroado, é dicir, as relacións


entre o patrón e os seus clientes, que recibían favores a cambio de fidelidade. Estas
relacións non eran só económicas e de clase: houbo as familiares, de negocios,
amizades ou círculos de influenza social, forxadas xa desde os anos do reinado de
Isabel II e o Sexenio.

Para conseguir os resultados previstos nas eleccións recorríase sistematicamente ao


engano electoral, é dicir, a un conxunto de trampas que adulteraban os resultados
electorais e que se coñece como fraude electoral. Deste xeito manipulábanse o censo
–incluíndo persoas mortas ou impedíndolles votar ás vivas- e as actas electorais;
comprábanse votos; incluíanse votos falsos nas urnas ou gardábanse papeletas de
votación (por exemplo en pucheiros, de onde vén a denominación de
pucheirazo)(Vocabulario) ou ameazábase ó electorado con coaccións de todo tipo,
sempre a conveniencia do resultado desexado. Outros métodos consistían na colocación
das urnas en lugares de imposible acceso ou a manipulación das votacións
con lázaros (votos de falecidos que, polo menos sobre o papel, resucitaban como
52
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

o Lázaro dos Evanxeos) e cuneros (candidatos que se inscribían nunha circunscrición


coa que non tiñan vinculación persoal ou política).

A lei electoral de 1890 introduciu o sufraxio universal masculino. Na práctica nada


cambiou. O dereito ao voto reducíase aos homes maiores de 25 anos, o que supoñía
elevar o censo electoral a uns 5 millóns de electores. España situouse con esta medida
na avanzada dos países que introduciron o sufraxio universal masculino. Só Francia,
Suiza e Suecia recoñecían ese dereito. En 1907 aprobouse unha lei electoral co teórico
obxectivo de eliminar a fraude electoral, consistía en que na circunscrición onde só se
presentase un candidato, este era nomeado automaticamente electo, sen necesidade de
celebrarse as votacións. A Segunda República tomou medidas para que as eleccións
fosen máis limpas e transparentes, como a figura do interventor do partido.

Este sistema corrupto, que utilizaba calquera recurso para falsear os resultados
electorais, foi criticado duramente polo Rexeneracionismo(Vocabulario) e pola
oposición política. Foi considerado, seguindo a interpretación de Joaquín Costa, como
oligárquico, caciquil, corrupto e incapaz de aplicar as demandas democratizadoras da
sociedade da súa época. A crítica rexeneracionista reflectiu moi ben a conexión entre o
caciquismo e a fraude electoral do turnismo: Caciquismo e oligarquía, de Joaquín Costa
(1901), ou os Episodios Nacionais, de Benito Pérez Galdós (1912).

Con isto, aumentou considerablemente a conflitividade social e política que, ao


sumarlle o desastre do 98, provocou o inicio dunha grave crise nos anos finais da
rexencia de María Cristina. En 1902 Alfonso XIII accede trono español, seguindo así a
dinastía dos Borbóns e, continuando por conseguinte, o período da Restauración
Borbónica, aínda que a acumulación dos conflitos e o descontento co sistema farán
considerar este período como o da crise da Restauración.

O desenvolvemento da quenda de partidos. (Páx. 233)

Reinado Afonso XII

O dominio do Partido Conservador.1876-1881.

Entre 1876 e 1881 os conservadores tiveron o goberno de forma continuada, coñecido


como a “ditadura canovista”, polo forte carácter autoritario de Cánovas. Deseñaron a
base institucional do sistema, tanto no que se refire á Constitución de 1876 coma á Lei
electoral de 1878, que restableceu o sufraxio censatario e fixou as circunscricións
electorais con vantaxes para os distritos rurais, máis conservadores.

A liberdade de reunión quedou regulada pola lei de xuño de 1880, que establecía
unha división de partidos en legais e ilegais, o que daba marxe de manobra para accións
represivas do goberno. Foi derrogada en 1881 por Sagasta e os liberais. A Lei municipal
de 1877 eliminaba a autonomía dos concellos e a elección popular dos alcaldes, que
pasaban a ser nomeados polo Goberno no caso das cidades, mentres os gobernadores
civís, nomeaban o resto dos alcaldes, ás ordes do ministerio de Gobernación.

Nesta etapa de goberno acaban a Guerra Carlista (1876, abolen os foros vascos;
Concertos económicos en 1878) e a sublevación cubana (Paz de Zanjón de 1878).

53
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A etapa liberal:1881-1883

En 1881, os progresistas chegaron ó goberno. Supoñía a primeira ocasión, ó longo do


século XIX, na que os antigos progresistas eran chamados pola Coroa a formar goberno
sen ter que utilizar previamente a forza. Sagasta iniciou a apertura do réxime cunha
nova lei de imprenta máis libre (1883) e consentiu a actividade legal das forzas
opositoras, republicanas, socialistas e anarquistas.

Os problemas internos no seu partido e a axitación social e republicana do 1883,


fixeron que en 1884, o Rei chamase de novo a Cánovas. Tivo que afrontar un conflito
diplomático co Alemaña polas illas Carolinas, a epidemia de cólera de 1885 e a crítica
situación social que analizou a Comisión de Reformas Sociais, creada en 1883 polo
ministro liberal Moret. O rei morría o 25 de novembro de 1885.

Rexencia de María Cristina (1885-1902)

Para evitar o regreso de Isabel II ao trono e asegurar a coroa para o fillo póstumo de
Alfonso XII, o futuro Alfonso XIII, chegouse a un acordo de quenda pacífica no poder, no
chamado Pacto de El Pardo. A súa finalidade era dar apoio á rexencia de María
Cristina de Habsburgo e garantir a continuidade da monarquía e a alternancia no poder
ante as fortes presións de carlistas e republicanos. Cánovas cedíalle o goberno ao
Partido Liberal.

O goberno longo liberal (1885-1890)

Foi o de maior duración de toda a Restauración. Iniciou as seguintes reformas,


conciliadoras coa tradición democrática herdada da revolución de 1868.
 Lei de asociacións, de 1887: legalizou os sindicatos obreiros, e permitiu a
celebración dos congresos fundacionais da UGT e do PSOE: foi moi avanzada, exemplo
para outras similares europeas.
 Lei do xurado de 1888, favoreceu a liberdade de prensa.
 Lei de sufraxio universal de 1890: sufraxio universal masculino nas eleccións
xerais para varóns maiores de 25 anos. Permitiu integrar no sistema ós republicanos de
Castelar.
 Código civil de 1889 e Lei de procedemento administrativo, melloraron o
funcionamento administrativo do Estado.
 Creación de embaixadas nas principais cidades europeas. España formou parte
da Triple Alianza dirixida pola Alemaña de Bismarck, pero tivo escaso peso na división
colonial de África.

A crise final de século.1890-1898.

En 1890 Sagasta abandonou o goberno, pero regresou dous anos máis


tarde. En 1895 Cánovas asumiu de novo a presidencia ata 1897, data do seu asasinato.
Durante esta década non se introduciron novidades no funcionamento do sistema da
quenda.

Na etapa final xurdiron tres problemas que desembocarían na crise de 1898: a


situación das colonias, a cuestión social e o auxe dos nacionalismos (fronte a tendencia
centralizadora e unificadora dos gobernos da Restauración).

54
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A derrota de 1898, cualificada de “desastre”, causou un forte efecto na opinión


pública, nos partidos políticos, nos intelectuais a nas clases medias. Manifesta a
incapacidade da oligarquía dominante de modernizar o país.

Os militares, frustrados, responsabilizaron da derrota aos políticos, desprezando á


sociedade civil e ao sistema liberal.

Os intelectuais reflexionaron sobre a decadencia. O máis destacado foi Joaquín Costa


(Rexeneracionismo*), o agrónomo aragonés, que tivo unha gran influencia sobre a
opinión pública. Denunciou a fraude electoral e o atraso económico e social de España.
A rexeneración debería apoiarse na fin do caciquismo, na mellora do campo español e
na elevación do nivel educativo e cultural do país. O seu lema sería Escola e despensa.
A loita contra o caciquismo levouno a xustificar a necesidade de contar cun cirurxián de
ferro, un gobernante autoritario para reconducir o país..

*Rexeneracionismo:(Vocabulario) movemento intelectual que, entre os séculos


XIX e XX, medita sobre as causas da decadencia de España como nación. O seu
principal teórico foi Joaquín Costa. As súas formulacións sumáronse moitos intelectuais
da época, como Unamuno, Maeztu, Ortega ou Azaña. Chegou a influír en políticos da
Restauración, como Maura.

Pódese sintetizar en tres puntos:


 Un diagnóstico pesimista sobre o pasado español. A historia de España é
contemplada como un proceso que desembocaba nunha “nación frustrada”. Costa
chegou a dicir que era necesario “fundar España outra vez, coma se non existise” .
 A solución aos problemas de España había que buscala en Europa.
 sistema político da Restauración resumiuno Costa en dous trazos
negativos: oligarquía e caciquismo. O país estaba dirixido por unha “minoría absoluta,
que atende exclusivamente ao seu interese persoal, sacrificándolle o ben da
comunidade”.

Partidos marxinados do sistema

- Republicanismo:
 Partido republicano centralista de Salmerón, Partido republicano Federal de Pi i
Margall).
 Candidaturas conxuntas como a Unión republicana: éxito reducido.
 Importante rede de casinos, ateneos, xornais, faladoiros, etc.
 Apoio de clases medias e pequena burguesía.

- O Carlismo.
 Certa forza nas provincias forais (Áraba-Álava-, Guipúscoa, Navarra e Biscaia).
 Vázquez de Mella: Acta de Loredán, catolicismo, tradicionalista, foros.
 Sector integrista de Ramón Nocedal. Insurreccións que fracasaron.

- O PSOE. Represión ata a Lei de Asociacións de 1887, que permite as


asociacións obreiras.

- Os nacionalismos. Un dos feitos máis importantes do final do século XIX foi a


aparición de movementos políticos de carácter nacionalista na periferia peninsular.
Xorden agora movementos que reivindican os dereitos históricos cataláns, vascos,
valencianos, galegos e andaluces.

55
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Probas ABAU:
Composición ABAU 2018:
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a vida política da Restauración. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos obxectivos e ao funcionamento do sistema de
quendas entre partidos, ás características dos mecanismos electorais que o facían posible e aos seus efectos.
Doc. 1. O turnismo visto polo historiador Miguel Artola:
“A quenda é unha fórmula política que ofrece vantaxes inmediatas a cambio de enormes riscos a medio prazo…
No canto da inestabilidade e o perigo, a quenda ofrece, a cambio dunha pequena manipulación, a posibilidade de que
ambos os partidos poidan desenvolver os seus programas satisfacendo a maior número de electores e asegurando
unha evolución pacífica (…). Os efectos perversos da quenda pactada derívanse da perda de información respecto da
opinión pública (…). A separación conceptual da España real e a España oficial que leva irremisiblemente aparellada
a contraposición dunha e outra, así como a condena da última, non é máis que a consecuencia previsible e inevitable
da aceptación do principio da quenda”.
Fonte: J.L. Garcia Delgado y otros, La España de la Restauración, Madrid, Editorial s. XXI, 1985, p. 15.
Doc. 2. Artigo contra o caciquismo publicado no xornal El Imparcial, o 18 de outubro de 1883:
“É necesario (…) poñer man nisto e romper esa vinculación de poderes, pola que resulta que unha soa persoa,
allea a todo cargo oficial, e libre, por tanto, de toda responsabilidade, constitúe unha maxistratura anónima, pero
omnipresente e práctica, un despotismo peor cen veces que o dos reis absolutos, porque tendo por seus ao recadador
de impostos, ao alcalde e ao xuíz; a facenda, a honra e ata a vida dos homes honrados están á mercé dese gran
especulador da política que se chama cacique (…)”.
Doc. 3. O fraude electoral segundo Benito Pérez Galdós (1884):
“É moi triste como se fixeron as últimas eleccións, co menor número posible de electores, con bastantes
resurreccións de mortos e non poucas violencias e atropelos. Xa é costume que só voten os que dunha maneira ou
outra sacan partido das amizades e servizos políticos, e a inmensa maioría da nación, mirando tan importante acto
con desdén, abstense de tomar parte nel, segura de non alcanzar por procedementos representativos o remedio dos
seus males (…). Resultado desta fraude pública, é que as eleccións as fai o ministro da Gobernación, e daquela
fábrica de votos saen tamén as minorías. Non podendo marchar ben o sistema sen oposición, o goberno fabrícaa co
mesmo celo que pon na construción da maioría”.
Fonte: B. Pérez Galdós, “Política española”, Antología de artículos, 1884.

Moi Resposta en branco (0).


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
(0-1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5).
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, formúlase como a resposta
a unha pregunta teórica (2).

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -referencia básica ó contexto do período (obxectivos do sistema bipartidista implantado
polo canovismo e características xerais del).
-explicación básica do proceso electoral e do papel que xogaba o cacique nel.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado):
(3,5-4) -explicar cando empeza o turnismo e canto tempo estivo funcionando.
-explicar cales eran os partidos da quenda e as súas características.
-explicar as prácticas coercitivas sobre o electorado.
Uso dos documentos, a resposta analiza parte do contido dos documentos: vantaxes e
inconvenientes do sistema (doc. 1), actuacións e capacidades atribuídas ós caciques
(doc. 2), estratexias da manipulación electoral (doc. 3).
Redacción: correcta.

56
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):


(4,5-5) -precisar como se desenvolveu o sistema de quenda no tempo e cales foron os dirixentes
dos principais partidos.
-extráese unha conclusión que sintetice a relevancia do período analizado e
perfila o que será o futuro do tema presentado.
Uso dos documentos: a resposta profundiza nos documentos.
Redacción: correcta e precisa, e o texto está ben argumentado.

Xuño 2020
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a Restauración. Tendo en conta os documentos
e o seu contexto, debe atender cando menos os factores que explican o retorno da monarquía borbónica, as
características do sistema canovista e os trazos fundamentais da Constitución de 1876. (5 puntos).
Doc. 1. Discurso pronunciado no Congreso por Antonio Cánovas del Castillo, 11 de marzo de 1876
“S.M. a Raíña nai, como dixen, interveu persoal e directamente no manifesto de Sandhurst, e aquel manifesto
declarou expresamente que a augusta dinastía expatriada non recoñecía como vixente a Constitución do 45, abolida
polos feitos, nin a Constitución do 69, fundada polos feitos, e que os feitos mesmos destruíran.
Non hai, pois, niso máis nada ca un compromiso da dinastía; da augusta persoa que cedeu o Trono […], e do
mesmo Rei don Alfonso XII, aínda que ambas as declaracións se fixeron baixo a miña responsabilidade, a cal acepto
e recollo completamente. Esas declaracións consistían en que esa augusta dinastía […] viña a España sen ningunha
Constitución escrita”.
Doc. 2. Discurso pronunciado no Congreso por Sagasta, 20 de setembro de 1881
“Perante a representación que nestas Cortes teñen todos os principios e todos os intereses, non cabe descoñecer o
fallo favorable que sobre a marcha iniciada o 8 de febreiro polo meu novo goberno, acaba de pronunciar o país,
desexoso de que os partidos […] alternen pacificamente no Poder […]. Amestrado polos sucesos, sente o país tanta
necesidade de orde e repouso; anhela tan vivamente ver aseguradas as liberdades que á conta de incalculables
sacrificios conquistou […] que nada me parece tan factible como conseguir a alianza definitiva entre os dous grandes
elementos en que hoxe aparece dividida a sociedade española”.
Doc. 3. A Constitución de 1876
“Artigo 11. A relixión católica, apostólica, romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e os seus
ministros. Ninguén será molestado no territorio español polas súas opinións relixiosas nin polo exercicio do seu
respectivo culto. Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei. Art. 19. As Cortes compóñense de
dous Corpos Colexisladores, iguais en facultades: o Senado e o Congreso”.
Moi Resposta en branco (0)
deficiente(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

Contidos:
Deficiente(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponsecomo a resposta a unha
pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,frases incoherentes ou
mal articuladas.

Contidos:
-Contextualizar a volta da monarquía borbónica como consecuencia do fracaso e a inestabilidade
da I República.
Aprobado(2,5-3)
-Relacionar o novo réxime político coa figura de Cánovas del Castillo.
-Citar as características básicas do sistema da Restauración: xénese conservadora, monarquía
constitucional e quenda pacífica de dous partidos.
-Sinalar os trazos fundamentais da constitución de 1876: soberanía compartida Coroa/Cortes,
papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple

57
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das seguintes
cuestións)
-Referir o papel esencial de Cánovas no proceso político de retorno da monarquía borbónica
(creación do “partido afonsino”, consecución da abdicación de Sabela II, redacción do manifesto
Notable(3,5-4)
de Sandhurst...)
-Sinalar a proclamación de Afonso XII como rei a través do pronunciamento militar de signo
moderado de Martínez Campos.
-Explicar os trazos políticos da Restauración: o papel que no sistema político xogan as
institucións básicas (Cortes e Coroa), o funcionamento do denominado “turnismo” entre
conservadores e liberais...
-Facer fincapé no recurso á quenda pacífica como instrumento de estabilidade política: fórmula
para rematar co intervencionismo do exército na vida política española (supremacía do poder
civil sobre o militar), evitar a proliferación de enfrontamentos civís, superar o carácter excluínte
e partidista do reinado de Sabela II...
-Afondar nas características da constitución de 1876: sistema bicameral, cuestión relixiosa,
dereitos e liberdades...
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado na composición úsanse os
documentos para algunha das seguintes cuestións):
-Salientar o papel desenvolvido pola raíña Sabela II na volta da monarquía borbónica a España
(doc.1).
-Relacionar o doc.2 co inicio da quenda pacífica ao asumir o partido
liberal de Sagasta o poder por primeira vez.
-Relacionar de xeito explícito algunha das características da constitución de 1876 cos artigos
recollidos no doc.3
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente (4,5-5) Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou varia das seguintes
cuestións)
-Referir de xeito explícito as tensións características da I República (enfrontamento entre
republicanos, guerra carlista, guerra en Cuba, reivindicacións sociais da AIT, medo dos grupos
conservadores á revolución social..) como factores explicativos da Restauración da monarquía
borbónica.
-Salientar a admiración de Cánovas polo parlamentarismo inglés.
-Facer referencia ao desexo de Cánovas de que a restauración monárquica se fixese por vía
pacífica e non a través da intervención militar.
-Sinalar a constitución de 1876 como unha síntese ou punto medio entre a de 1845 e a de 1869.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da composición o contido
dos documentos emprégase nalgúns destes sentidos):
-Xustificar a necesidade dunha nova constitución que superase ás do 45 e 69 no doc.1
/Establecer unha relación entre as referencias explícitas que no documento 1 se fai á ausencia de
constitución no novo réxime co doc.3 (a propia constitución).
-Criticar o papel ficticio das Cortes da Restauración a partir do falso argumento que se recolle no
doc.2 (“a representación que nestas Cortes teñen todos os principios e todos os intereses”)/
Comentar as similitudes existentes entre os dous partidos gobernamentais e que posibilitan “a
alianza definitiva entre os dous grandes elementos en que hoxe aparece dividida a sociedade
española”
-Utilizar o artigo 11 recollido no doc.3 á hora de exemplificar como a constitución de 1876 é un
punto intermedio entre a de 1845 (Estado confesional) e a de 1869 (Estado aconfesional).
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben articulado
e argumentado

Proposta de proba con orientacións:


Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre os fundamentos políticos da Restauración
borbónica e o funcionamento real do sistema. Na redacción, debes abordar as seguintes cuestións: A concepción do
sistema como unha monarquía constitucional; a dinámica da “quenda pacífica” entre dous partidos. Lembra que non
se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na
avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-O Manifesto de Sandhurst presenta en 1874 o programa político da Restauración:


“Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os
ollos ao seu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 impediron que defendese a
súa independencia nin rematar en 1840 outra empeñada guerra civil (...). Afortunadamente, a Monarquía hereditaria e
constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade (...) para que todos os problemas que traia o seu
58
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

restablecemento consigo sexan resoltos de conformidade cos votos e a conveniencia da nación. Non hai que agardar
que decida eu nada en firme e arbitrariamente; sen Cortes non resolveron os negocios arduos os Príncipes españois alá
nos antigos tempos da Monarquía, e esta xustísima regra de conduta non hei esquecela eu na miña condición presente,
e cando todos os españois están xa afeitos aos procedementos parlamentarios”.

Doc.2.-Constitución de 1876: “Don Alfonso XII, pola Graza de Deus, rei constitucional de España; a todos os que as
presentes viren e entenderen, sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino, actualmente reunidas, viñemos
en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía española (...): Art.11. A relixión Católica, Apostólica e
Romana é a do Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus ministros (...). Art.18. A potestade de facer as leis
reside nas Cortes co Rei. Art.19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o
Senado e o Congreso dos Deputados (...). Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (...)”.

Doc.3.-Gobernos da quenda pacífica, 1875-1902:


1875-1881 Cánovas, Martínez Campos
1881-1884 Sagasta, Posada Herrera
1884-1885 Cánovas
1885-1890 Sagasta
1890-1892 Cánovas
1892-1895 Sagasta
1895-1897 Cánovas
1897-1899 Sagasta
1899-1901 Silvela, Azcárraga
1901-1902 Sagasta
COMENTARIO GUIADO CON ORIENTACIÓNS

A Restauración borbónica é un período que se inicia en 1875 coa volta de Afonso XII de Borbón, fillo de isabel II, e
o establecemento dun sistema político denominado sistema canovista, por ser Cánovas del Castillo o seu principal
artífice
Trátase dun sistema de monarquía constitucional doutrinaria, con alternancia pacífica no poder de dous partidos e cos
principios recollidos na Constitución de 1876 (docs.1, 2)
Doc.1.-O Manifesto de Sandhurst
Afonso de Borbón, futuro Afonso XII, preséntase como a mellor opción para España: unha monarquía hereditaria e
constitucional que deixe atrás as experiencias do Sexenio democrático e a falta de liberdades da súa derradeira etapa.
Papel de Cánovas del Castillo no deseño e triunfo do novo sistema: o Ideoloxía liberal conservadora - Defensor da
monarquía constitucional doutrinaria
- Aglutinador dos apoios á causa dos Borbóns
- Papel na educación do novo monarca. Formación do príncipe na academia inglesa de Sandhurst, desde onde envía
este manifesto
- Aceptación do pronunciamento de Martínez Campos para proclamar o novo rei
Doc.2.-Constitución de 1876
Constitución de 1876. Constitución canovista
Principios políticos que recolle: o Soberanía compartida: o rei comparte a soberanía e o poder lexislativo coas Cortes
(Art.18).
- Posúe o dereito de veto das leis. Exerce o poder executivo en exclusiva (Art.50) e é o xefe supremo do exército
- Catolicismo de estado (Art.11) o Cortes bicamerais (Art.19): Congreso elixido, segundo estableza a lexislación
electoral, e Senado designado polo monarca e as institucións do Estado
- Constitución conservadora, flexible, ambigua, froito do acordo entre os dous grandes partidos: o Conservador de
Cánovas e o Liberal de Sagata
- Establece o sistema político chamado canovista, inspirado no sistema inglés: monarquía constitucional, bipartidismo,
control do poder militar polo poder civil, catolicismo de Estado.
- Foi a Constitución que máis tiempo estivo vixente, 47 años (1876-1923)
Doc.3.-Gobernos da quenda pacífica
Alternancia pacífica no poder dos partidos políticos liberais – tamén chamados dinásticos, gobernamentais e da
quenda- dirixidos polo liberal conservador Cánovas e o liberal progresista Sagasta.
- Funcionamento do sistema: cando o goberno tiña dificultades para gobernar, o rei nomeaba como presidente de
goberno ao líder da oposición ao tempo que disolvía as Cortes e convocaba novas eleccións, eleccións que sempre
gañaba o partido do goberno grazás á manipulación do voto

CONCLUSIÓNS
O sistema canovista funcionou sen grandes dificultades no reinado de Afonso XII e a rexencia de Mª Cristina, grazas
aos acordos entre Cánovas e Sagasta e ao papel dos monarcas, que non se entrometeron nos asuntos das cuestións
políticas. Pero no reinado de Afonso XIII produciuse a progresiva desarticulación do sistema, que acabou na ditadura
de Primo de Rivera en 1923.

59
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións selectividade anteriores:


Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre os fundamentos políticos da Restauración
borbónica e o funcionamento real do sistema. Na redacción, debes abordar as seguintes cuestións: A concepción do
sistema como unha monarquía constitucional; a dinámica da “quenda pacífica” entre dous partidos; a manipulación
caciquil e electoral. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición
coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a
corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Constitución de 1876:
“Don Alfonso XII, pola Graza de Deus, rei constitucional de España; a todos os que as presentes viren e
entenderen, sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino, actualmente reunidas, viñemos en decretar e
sancionar a seguinte Constitución da Monarquía española (…): Art.11. A relixión Católica, Apostólica e Romana é a
do Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus ministros (…). Art.18. A potestade de facer as leis reside nas
Cortes co Rei. Art.19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o Senado e o
Congreso dos Deputados (…). Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (…)”.

Doc.2.-Sátira do sistema de quendas: Cánovas e Sagasta altérnanse como cociñeiro e cliente, pero España
sempre frega os pratos.

Doc.3.-Benito Pérez Galdós critica o caciquismo en Política española (antoloxía de artigos), 1884:
“Consecuencia de todo iso é o caciquismo, o entronizamento de certos individuos nas localidades, os cales, como
instrumentos do deputado, son donos dos resortes administrativos (…). O cacique dá e quita os miserentos postos de
traballo que gozan os máis pobres do lugar; seus son o carteiro, o secretario do Concello, o peón camiñeiro, o
expendedor de efectos estancados. O cacique é quen, ao facer o reparto da contribución, carga a man ao adversario,
alixeirando ao amigo (…). Verdade é que o tirano da aldea, que tan grandes servizos presta ao deputado, someténdolle
a localidade, abruma a este coas súas esixencias ”.
Outros documentos
Constitución de 1876. 30 de xuño de 1876.
Art. 11. A relixión Católica, Apostólica, Romana, é a do Estado. A Nación obrígase a manter o culto e os seus
ministros. Ninguén será molestado en territorio español polas súas opinións relixiosas, nin polo exercicio do seu
respectivo culto, salvo o respecto debido á moral cristiá. Non se permitirán, con todo, outras cerimonias nin
manifestacións públicas que as da relixión do Estado. Art. 13. Todo español ten dereito: De emitir libremente as súas
ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito, valéndose da imprenta ou doutro procedemento semellante, sen
suxeición á censura previa. De reunirse pacificamente. De asociarse para os fins da vida humana. De dirixir peticións
individual ou colectivamente ao Rei, ás Cortes e ás autoridades. O dereito de petición non poderá exercerse por
ningunha clase de forza armada. Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei. Art. 19. As Cortes
compóñense de dous Corpos Colexisladores, iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos Deputados. Art. 20. O
Senado componse: 1°.- De senadores por dereito propio. 2°.- De senadores vitalicios nomeados pola Coroa. 3°.- De
senadores elixidos polas corporacións do Estado e maiores contribuíntes na forma que determine a lei [...]. Art. 27. O
Congreso dos Deputados compoñerase dos que nomeen as xuntas electorais, na forma que determine a lei. Nomearase
un deputado, ao menos, por cada cincuenta mil almas de poboación. Art. 28. Os Deputados elixiranse e poderán ser
reelixidos indefinidamente polo método que determine a lei. Art. 50. A potestade de facer executar as leis reside no
60
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Rei, e a súa autoridade esténdese a todo canto conduce á conservación da orde pública no interior e á seguridade do
Estado na exterior, conforme á Constitución e ás leis. Art. 51. O Rei sanciona e promulga as leis.

Discurso de Cánovas del Castillo sobre o sufraxio universal en 1888.


O sufraxio universal, que é en si mesmo unha malísima institución política, unha institución incompatible con todo
ordenado réxime político e máis se ese réxime é o monárquico, o sufraxio universal, aínda cando sexa verdade, é
incompatible a longo prazo coa propiedade individual, coa desigualdade das fortunas e con todo o que non sexa un
socialismo desatentado e anárquico. O sufraxio universal non pode ser máis que un instrumento de socialismo ou unha
farsa vil, e, neses últimos tempos, é baixo ese título postremeiro, como xulguei conveniente cualificalo [...]. Quen
pensa, quen dixo sequera que, despois de que en España votouse unha lei de sufraxio universal, as opinións dos
xentíos, dos pobres, dos que nada teñen, estarán representados nas urnas electorais? [...] hai moitos que ao pretender
establecer o sufraxio universal queren facer que se derive del a soberanía; hai moitos que lle buscan como pretexto
para disputar á Coroa os fundamentos substanciais dos seus dereitos; hai moitos que aspiran a que por el póidase
contrarrestar a eficacia do principio monárquico, dentro das ideas conservadoras.
Sevilla o 8 de novembro de 1888.Discurso pronunciado por Cánovas del Castillo.

Composición ABAU 2018:


Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a vida política da Restauración. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos obxectivos e ao funcionamento do sistema de
quendas entre partidos, ás características dos mecanismos electorais que o facían posible e aos seus efectos.
Doc. 1. O turnismo visto polo historiador Miguel Artola:
“A quenda é unha fórmula política que ofrece vantaxes inmediatas a cambio de enormes riscos a medio prazo…
No canto da inestabilidade e o perigo, a quenda ofrece, a cambio dunha pequena manipulación, a posibilidade de que
ambos os partidos poidan desenvolver os seus programas satisfacendo a maior número de electores e asegurando
unha evolución pacífica (…). Os efectos perversos da quenda pactada derívanse da perda de información respecto da
opinión pública (…). A separación conceptual da España real e a España oficial que leva irremisiblemente aparellada
a contraposición dunha e outra, así como a condena da última, non é máis que a consecuencia previsible e inevitable
da aceptación do principio da quenda”.
Fonte: J.L. Garcia Delgado y otros, La España de la Restauración, Madrid, Editorial s. XXI, 1985, p. 15.
Doc. 2. Artigo contra o caciquismo publicado no xornal El Imparcial, o 18 de outubro de 1883:
“É necesario (…) poñer man nisto e romper esa vinculación de poderes, pola que resulta que unha soa persoa,
allea a todo cargo oficial, e libre, por tanto, de toda responsabilidade, constitúe unha maxistratura anónima, pero
omnipresente e práctica, un despotismo peor cen veces que o dos reis absolutos, porque tendo por seus ao recadador
de impostos, ao alcalde e ao xuíz; a facenda, a honra e ata a vida dos homes honrados están á mercé dese gran
especulador da política que se chama cacique (…)”.
Doc. 3. O fraude electoral segundo Benito Pérez Galdós (1884):
“É moi triste como se fixeron as últimas eleccións, co menor número posible de electores, con bastantes
resurreccións de mortos e non poucas violencias e atropelos. Xa é costume que só voten os que dunha maneira ou
outra sacan partido das amizades e servizos políticos, e a inmensa maioría da nación, mirando tan importante acto
con desdén, abstense de tomar parte nel, segura de non alcanzar por procedementos representativos o remedio dos
seus males (…). Resultado desta fraude pública, é que as eleccións as fai o ministro da Gobernación, e daquela
fábrica de votos saen tamén as minorías. Non podendo marchar ben o sistema sen oposición, o goberno fabrícaa co
mesmo celo que pon na construción da maioría”.
Fonte: B. Pérez Galdós, “Política española”, Antología de artículos, 1884.

Moi Resposta en branco (0).


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
(0-1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5).
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, formúlase como a resposta
a unha pregunta teórica (2).

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -referencia básica ó contexto do período (obxectivos do sistema bipartidista implantado
polo canovismo e características xerais del).
-explicación básica do proceso electoral e do papel que xogaba o cacique nel.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.

61
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado):


(3,5-4) -explicar cando empeza o turnismo e canto tempo estivo funcionando.
-explicar cales eran os partidos da quenda e as súas características.
-explicar as prácticas coercitivas sobre o electorado.
Uso dos documentos, a resposta analiza parte do contido dos documentos: vantaxes e
inconvenientes do sistema (doc. 1), actuacións e capacidades atribuídas ós caciques
(doc. 2), estratexias da manipulación electoral (doc. 3).
Redacción: correcta.

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):


(4,5-5) -precisar como se desenvolveu o sistema de quenda no tempo e cales foron os dirixentes
dos principais partidos.
-extráese unha conclusión que sintetice a relevancia do período analizado e
perfila o que será o futuro do tema presentado.
Uso dos documentos: a resposta profundiza nos documentos.
Redacción: correcta e precisa, e o texto está ben argumentado.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes documentos permiten elaborar unha composición sobre os fundamentos políticos da Restauración
borbónica e o funcionamento real do sistema. Concibida como unha monarquía parlamentaria (Doc.1) que se plasma
na Constitución de 1876 (Doc.2), a súa dinámica política estivo non obstante marcada pola manipulación da quenda
pacífica entre os dous grandes partidos dinásticos (Doc.3), o protagonismo do caciquismo (Doc.4) e o recurso
sistemático ó fraude electoral (Doc.5). Lembra que non se trata de elaborar un tema á marxe das fontes propostas,
polo que debes apoiarte nelas ó elaborar a túa redacción.

Doc.1.-O Manifesto de Sandhurst presenta en 1874 o programa político da Restauración:

“Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os
ollos ó seu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 ímpediron que defendese a
súa independencia nin rematar en 1840 outra empeñada guerra civil (...).
Afortunadamente, a Monarquía hereditaria e constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade (...)
para que tódolos problemas que traia o seu restablecemento consigo sexan resoltos de conformidade cos votos e a
conveniencia da nación. Non hai que agardar que decida eu nada en firme e arbitrariamente; sen Cortes non resolveron
os negocios arduos os Principes españois alá nos antigos tempos da Monarquía, e esta xustísima regra de conducta non
hei esquecela eu na miña condición presente, e cando tódolos españois están xa afeitos ós procedementos
parlamentarios”.

Doc.2.-Constitución de 1876:
“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus, rei constitucional de España; a tódolos que as presentes viren e entenderen
sabede: Que en unión e de acordo coas Cortes do reino, actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a
seguinte Constitución da Monarquía española (...):
Art. 11. A relixión Católica, Apostólica e Romana é a do Estado. A nación obrígase a manter o culto e os seus
ministros (...).
Art. 18. A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Art 19. As Cortes están formadas por dous corpos colexisladores iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos
Deputados (...).
Art.50. A potestade de facer executar as leis reside no Rei (...)”.

Doc.3.-A quenda: Cánovas e Sagasta altérnanse como cociñeiro e cliente, pero España sempre frega os
pratos:

62
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3.-Gobernos da quenda pacífica, 1875-1902:

1875-
1881 Cánovas, Martínez Campos
1881-
1884 Sagasta, Posada Herrera
1884-
1885 Cánovas
1885-
1890 Sagasta
1890-
1892 Cánovas
1892-
1895 Sagasta
1895-
1897 Cánovas
1897-
1899 Sagasta
1899-
1901 Silvela, Azcárraga
1901-
1902 Sagasta

Doc 4.-Benito Pérez Galdós critica o caciquismo en Política española (antoloxía de artigos), 1884:

“Consecuencia de todo elo é o caciquismo, o entronizamento de certos individuos nas localidades, os cales, como
instrumentos do deputado, son donos dos resortes administrativos (...). O cacique dá e quita os miserentos postos de
traballo que disfrutan os máis pobres do lugar; seus son o carteiro-peón, o secretario do Concello, o peón camiñeiro, o
expendedor de efectos estancados. O cacique é quen ó facer o reparto da contribución carga a man ó adversario,
alixeirando ó amigo (...). Verdade é que o tirano da aldea, que tan grandes servicios presta ó deputado, someténdolle a
localidade, abruma a este coas súas esixencias (...)”.

Doc 5.-Valentí Almirall, republicano federal, denuncia o fraude electoral (1880):

“Entre nós reina a farsa en toda a súa crueza, unha farsa completa, exclusiva das eleccións españolas. O mesmo se
o sufraxio é universal que restrinxido, nunca hai máis que un só elector: o ministro da Gobernación. Este cos seus
gobernadores de provincia e o innumerable exército de empregados de todas clases, sen excluir os altos cargos da
maxistratura e do profesorado, prepara, executa e consuma as eleccións (...), dende o fondo do seu despacho, situado
no centro de Madrid (...). Nada hai que sexa sagrado: listas elrectorais, urnas, escrutinio, todo é falseado polos nosos
políticos baixo a inmediata dirección do gobernador civil de cada provincia”.

Outros documentos:
Programa do PSOE de 1880.
Considerando que esta sociedade é inxusta porque divide aos seus membros en dúas clases desiguais e antagónicas,
unha -a burguesía- que posuíndo os instrumentos de traballo é a clase dominante; outra -o proletariado- que, non
posuíndo máis que a súa forza vital, é a clase dominada; Que a suxeición económica do proletariado é a causa
primeira da escravitude en todas as súas formas: a miseria social, o envilecimiento intelectual e a dependencia política;
Que os privilexios da burguesía están garantidos polo poder político, do cal se vale para dominar ao proletariado(. ..)
Que a poderosa panca con que o proletariado ha de destruír os obstáculos que á transformación da propiedade
opóñense ha de ser o poder político, do cal se vale a burguesía para impedir a reivindicación dos nosos dereitos. [...].
En suma: o ideal do Partido Socialista Obreiro é a completa emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de
todas as clases sociais. [...].

Artigo de Joaquín Costa sobre a terra e a cuestión social


O pobo xeme na mesma servidume que antes, a liberdade non penetrou no seu fogar, o seu mísera sorte non
cambiou no máis mínimo, como non sexa para empeorar [...], o réxime liberal ha feito bancarrota.
E sabedes por que? Porque esa liberdade non se coidaron máis que de escribila na ?Gaceta?, crendo que a iso
reducíase todo; porque non se coidaron de afianzala dándolle corpo e raíz no cerebro e no estómago; no cerebro,
mellorando e universalizando a instrución, no estómago, promovendo unha transformación fonda da agricultura, que a
faga producir dobre que ao presente e diminúa o prezo das subsistencias, e, mediante a difusión da propiedade
territorial, elevando aos braceiros á condición de terratenentes.
COSTA, J.: A terra e a cuestión social.
63
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Discurso de Cánovas del Castillo sobre o sufraxio universal en 1888.


O sufraxio universal, que é en si mesmo unha malísima institución política, unha institución incompatible con todo
ordenado réxime político e máis se ese réxime é o monárquico, o sufraxio universal, aínda cando sexa verdade, é
incompatible a longo prazo coa propiedade individual, coa desigualdade das fortunas e con todo o que non sexa un
socialismo desatentado e anárquico. O sufraxio universal non pode ser máis que un instrumento de socialismo ou unha
farsa vil, e, neses últimos tempos, é baixo ese título postremeiro, como xulguei conveniente cualificalo [...]. Quen
pensa, quen dixo sequera que, despois de que en España votouse unha lei de sufraxio universal, as opinións dos
xentíos, dos pobres, dos que nada teñen, estarán representados nas urnas electorais? [...] hai moitos que ao pretender
establecer o sufraxio universal queren facer que se derive del a soberanía; hai moitos que lle buscan como pretexto
para disputar á Coroa os fundamentos substanciais dos seus dereitos; hai moitos que aspiran a que por el póidase
contrarrestar a eficacia do principio monárquico, dentro das ideas conservadoras.
Sevilla o 8 de novembro de 1888.Discurso pronunciado por Cánovas del Castillo.

Tratado de París entre España e os Estados Unidos.


S. M. a Raíña Rexente de España, en nome do seu augusto fillo D. Alfonso XIII, e os Estados Unidos de América,
desexando poñer termo ao estado de guerra hoxe existente entre ambas as nacións [...]. Previa discusión das materias
pendentes han convido nos seguintes artigos: Art 1. España renuncia a todo dereito de soberanía e propiedade sobre
Cuba. En atención a que dita illa, cando sexa evacuada por España, vai ser ocupada polos Estados Unidos, os Estados
Unidos , mentres dure a súa ocupación , tomarán sobre si e cumprirán as obrigacións que polo feito de ocupala
imponlles o Dereito internacional para a protección de vidas e facendas. Art. 2. España cede aos Estados Unidos a illa
de Porto Rico [...], e a illa de Guam no arquipélago das Marianas ou Ladróns. Art. 3. España cede aos Estados Unidos
o arquipélago coñecido por Illas Filipinas Art. 6. España, ao ser asinado o presente tratado, poñerá en liberdade a
todos os prisioneiros de guerra e a todos os detidos ou presos por delitos políticos a consecuencia das insurreccións en
Cuba e en Filipinas, e da guerra cos Estados Unidos.
Feito por duplicado en París, ao 10 de decembro de 1898.

8.- A cuestión nacional no último terzo do século XIX

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá demostrar que coñece os factores que levaron á eclosión dos nacionalismos
periféricos (o seu nacemento como unha reacción fronte ás pretensións centralistas do
Estado liberal), o seu ideario, así como o seu desenvolvemento posterior (carácter
minoritario nos comezos ata a súa conversión en movementos de masas, cunha
importante influencia política, capaces de enfrontarse aos partidos da quenda). Deberá
tamén facer mención dos seus líderes principais.
(Páxinas 239 á 241. Vicens Vives)

Durante a segunda metade do século XIX, e máis concretamente no último terzo, a


imaxe do acontecido noutros lugares de Europa, en España desenvolvéronse os
rexionalismos e nacionalismos. Estes movementos, opostos á política centralizadora da
Restauración, xurdiron sobre todo en territorios periféricos dotados de elementos
culturais diferenciados que evolucionaron, progresivamente, na defensa da existencia de
nacións propias diferenciadas.

Na orixe súmanse unha serie de factores entre os que destacan:

-A diversidade cultural e lingüística da periferia peninsular con catalán, galego e


vasco.
-A imposición do estado liberal, centralizador e unitario, que suprime as
particularidades xurídicas e territoriais, incrementado o enfrontamento centro-periferia.
-O desigual desenvolvemento capitalista, que provocou un gran auxe de Cataluña,
País Vasco e Asturias, non coincidentes coa localización dos centros de decisión
política.
-A débil “nacionalización” española, e dicir, o débil desenvolvemento do sentimento
nacional español aceptado por todos os habitantes.

64
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

-O descontento e a desilusión pola marcha xeral do país, situación que dificultaba


crear un proxecto común e sentirse orgulloso de pertencer a España.

A negativa do poder central a ceder ás reivindicacións de autogoberno radicalizaron


as posturas e incrementaron as tendencias separatistas. Este proceso pasou por
diversas fases máis o menos longas. Dentro de España as reivindicacións en liñas
xerais evolucionaron cara a unha maior radicalización e especificidade, partindo do
provincialismo e pasando do rexionalismo ao nacionalismo.

O termo de provincialismo utilízase para cualificar todas aquelas doutrinas e


movementos que, dende 1833, defenden, contra o centralismo, o recoñecemento das
particularidades culturais, xurídicas e políticas das provincias que constitúen España,
identificadas estas, nalgúns casos, cos vellos reinos medievais: Galicia, Catalunya…Hai
a tendencia liberal, democrática e federalista (federación de Estados soberanos con
base nas provincias, dentro da unidade da nación española), e a tradicionalista
antiliberal baseado na defensa do catolicismo e as tradicións locais, defendendo os
privilexios recoñecidos polos antigos fueros.

O de rexionalismo emprégase, a partir da década de 1880, para cualificar aqueles


movementos políticos e culturais que reivindican a descentralización administrativa e o
autogoberno.

O nacionalismo é un movemento en defensa da consideración e do recoñecemento


da comunidade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de
soberanía política e de goberno propio. Aparecen os partidos nacionalistas que defenden
estes dereitos. Nuns casos defendían o dereito a ser considerados nación , dentro do
Estado español, e noutros eran partidarios de formar un Estado propio e independente
do español.

O Catalanismo comeza nas décadas centrais do XIX e adquire plena vertebración


nas décadas finais deste século e iniciais do XX. Presenta unha ampla variedade
ideolóxica (desde o nacionalismo conservador ata o federalismo republicano), sendo
apoiado por unha ampla base social.

Débense ter en conta os seguintes factores:

-A existencia dunha lingua propia potenciada como lingua literaria que coincidiu, na
década de 1830, co nacemento dun movemento literario, a Renaixença, cuxo obxectivo
era a recuperación da lingua e dos acenos da identidade cataláns. Impulsou a
publicación de obras en catalán e promoveu a celebración duns certames literarios, os
Xogos Florais.
-A permanencia do dereito tradicional catalán.
-A conciencia dun pasado histórico glorioso, do que proceden numerosos símbolos
identificativos: a bandeira, a señera, herdeira do emblema dos reis da Coroa de Aragón,
o himno dos Segadores, que lembra a sublevación catalá de 1640 contra o Conde
Duque de Olivares e a Generalitat, antiga institución medieval.
-O forte desenvolvemento industrial e socioeconómico que deu lugar á aparición
dunha importante burguesía industrial e de negocios..
-A marxinación política sentida polos cataláns fronte á centralización na toma de
decisións en Madrid.

65
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Existen diferentes doutrinas e posturas:

- Rexionalismo: Década de 1880.

O catalanismo cultural deu paso á actividade política que afirmaba a existencia dunha
nacionalidade catalá e reivindicaba un maior autogoberno en Cataluña, sen discutir a
unidade nacional de España. A burguesía apoiou este movemento para conseguir a
adopción de medidas proteccionistas fronte ás librecambistas do Goberno central.

Presenta varias tendencias:


A. A do tradicionalismo católico do bispo Torras i Bages.
B. A progresista. De base popular e principios republicanos e federalistas, estivo
liderada polo federalista Valentí Almirall, que reivindica a modernización e
transformación do país e funda o xornal Diari Catalá (en catalán), e o Centre Catalá.
Propuxo a autonomía de Cataluña e alentou a presentación á raíña rexente (1885) do
Memorial de Agravios (Memorial des Greuges), con reivindicacións políticas e
económicas en defensa do proteccionismo e dunha maior atención para os intereses de
Cataluña.
C. Tendencia conservadora. Foi a que tivo máis capacidade de actuación e
influencia. Fúndase a Lliga de Cataluña en1887, destacando entre os seus líderes
Francesc Cambó. A creación da Unió Catalanista en 1891, e as súas demandas de
restauración das institucións históricas e traspaso de competencias, suporían un novo
paso no proceso para a consolidación do catalanismo. Na súa primeira Asemblea
(1892), aprobouse as bases para a Constitució Rexional Catalá (Bases de Manresa)
nas que se reclamaba a restauración das institucións históricas e o traspaso a Cataluña
de amplas competencias políticas e económicas.

- Nacionalismo:
A crise do sistema político da Restauración, en 1898, acrecentou o interese da
burguesía catalá por ter a súa propia representación política á marxe dos partidos
dinásticos.

A. O Nacionalismo catalán conservador: Prat de la Riba é o primeiro en identificar


Cataluña como nación. Propuxo a fórmula de federación das diferentes nacións e
nacionalidades ibéricas que constituirían España. Xunto a Cambó funda a Lliga
Rexionalista de Cataluña (1901). O partido aspiraba a participar activamente na política
e a ter representantes nas institucións que defendesen os intereses do catalanismo. O
éxito electoral converteu a Lliga no principal partido de Cataluña durante o primeiro terzo
do século XX.
De acordo coa lei de Dato nace en 1914 a Mancomunidade de Cataluña.
B. O Nacionalismo catalán progresista e republicano. Defendeu a creación dun Estado
catalán consolidado pola democracia, as liberdades cidadáns, o reformismo social, o
laicismo e o republicanismo. Primeiras organizacións independentistas (Francisco
Maciá,1919).
Todas as reivindicacións catalanistas foron reprimidas pola Ditadura de Primo de
Rivera, o que favoreceu a radicalización e favoreceu o reagrupamento das forzas da
esquerda nacionalista e republicana en 1931: Esquerra Republicana De Cataluña, forza
hexemónica na II República.

O Nacionalismo Vasco

Antecedentes: Na Idade Media e no Antigo Réxime as provincias vascas e Navarra


conservaron privilexios forais (sistema fiscal propio, institucións administrativas e
66
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

xurisdicionais, aduanas internas que a separaban de outros territorios, prestacións


militares so no seu territorio...).

Carlismo e foralismo: Os privilexios forais determinaron o apoio dos vascos ao


carlismo. O Convenio de Vergara (1839), que puxo fin á guerra carlista, tivo efectos
diferentes: nas Provincias Vascas supuxo a supresión dos seus foros por Espartero
(1841) e, tras ser restablecidos parcialmente en 1844, Cánovas aboliunos
definitivamente ao ser derrotados os carlistas en 1876 polo que os territorios vascos
quedaban suxeitos ao pagamento de impostos e ao servizo militar. Porén, ante as
protestas aprobáronse en 1878 os Concertos Económicos, que lles concedía ás
Provincias Vascas a capacidade de distribuír as quintas a través das Deputacións,
asemade da recadación de rendas e impostos cos que se contribuía ás cargas do
Estado (concerto económico co Goberno, vixente ata 1937). En Navarra os intentos
para lograr unha conciliación concretáronse na Lei paccionada de 1841, pola que
mantiña a súa autonomía fiscal e administrativa.

A pesar de que os Concertos permitíanlles ás Provincias Vascas un sistema exclusivo


de autonomía fiscal, en Biscaia xurdiu un movemento de defensa dos dereitos históricos.

A diferenza do sucedido en Cataluña, no País Vasco o nacionalismo non se baseou


inicialmente na lingua, cuxo uso se concentraba nalgunhas zonas rurais, senón na
singularidade da etnia vasca e no rexeitamento cara a costumes chegados de fóra.
Procedeuse a unha idealización do mundo rural tradicional vasco nun momento en que
Biscaia e Guipúscoa se estaban industrializando de maneira acelerada e recibían
numerosos inmigrantes procedentes doutras zonas de España.

Xurde un pensamento nacionalista fortemente independentista, encabezado por


Sabino Arana (Regulamento de Euskaldun Batzokija). No domingo de Resurrección de
1882, convertido no día da Patria Vasca (Aberri Eguna), declara que España non é a
súa patria. Desde 1890 proclamou que os vascos constituían unha nación particular e
independente do resto de España, e converteu a tradicional reivindicación dos foros en
símbolo da soberanía vasca. Fundou unha sociedade político-recreativa (Euskaldun
Batzokija) co obxectivo de defender a independencia dunha nova entidade política,
Euskadi, que estaba formada por todos os territorios vascos, e o seu goberno
basearíase nun lema “Deus e leis antigas” (foros), cunha bandeira (a ikurriña), cunha
lingua (o euskera) e cun inimigo: os maquetos (os non vascos, que representaban unha
ameaza para as esencias vascas, chegados doutras provincias pola “chamada” da
industrialización). Para Sabino Arana os elementos definitorios da nación vasca son a
raza vasca, o integrismo católico, os foros, o euskera, os costumes e o folclore
tradicional. O movemento estaba impregnado dun gran sentimento católico e de defensa
da tradición, pretendía impulsar a lingua e os costumes vascos e defendía a pureza
racial do pobo vasco (etnocentrismo). Posteriormente, a posición política de Arana
suavizouse, ao aceptar que a autonomía debía alcanzarse desde a legalidade e dentro
da unidade do Estado español. Esta evolución facilitou o seu achegamento a sectores da
burguesía vasca, que vían no nacionalismo un posible aliado ante o incremento do
movemento obreiro derivado da industrialización de Biscaia a partir da década de 1880.

En 1895 fundou o Partido Nacionalista Vasco (PNV) e presentouse ás eleccións a


partir de 1898 onde lograron as súas primeiras representacións parlamentarias. Tras a
morte de Sabino Arana en 1903, Ángel Zabala completou a organización (Euskadi Buru
Batzar) e precisou os estatutos (1906). No Manifesto do Partido Nacionalista Vasco
(1906) expóñense os obxectivos. En 1923 (Ditadura de Primo de Rivera) foron

67
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

suprimidas as organizacións políticas e o PNV quedou relegado a actos culturais,


folclóricos e deportivos.

A partir de mediados do XIX xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia


das súas particularidades, xunto á defensa dos seus intereses económicos e políticos.
Por isto configurouse un movemento heteroxéneo, o galeguismo, que reivindica o
recoñecemento dos intereses de Galicia o a defensa do galego e o autogoberno.

No seu proceso cabe distinguir tres fases:

1. Provincialismo (1840-1885).

En torno a 1840 xorden as primeiras reivindicacións en defensa da propia


personalidade de Galicia e tamén a crítica ao centralismo político. Este labor foi obra da
xeración de 1846, entre os que destacou Antolín Faraldo, que nos seus escritos fixo
patente as características diferenzadoras de Galicia e os problemas que padecía (falta
de industrialización, ruralización, atraso, illamento…). Xunto á denuncia dos problemas,
aparecen as primeiras reivindicacións políticas reclamando o autogoberno, que se
reflicten no Pronunciamento de 1846, encabezado por Miguel Solís Cuetos contra o
goberno moderado de Narváez. Formase en Santiago a Xunta Superior de Goberno de
Galicia, que denunciou a explotación que padecía o pobo galego e o desexo de
rexenerar a súa riqueza e prestixio . Este movemento fracasou e Solís e os seus
compañeiros foron fusilados (Mártires de Carral), pero as súas propostas foron
continuadas por grupos políticos con perspectivas diferentes. Paralelamente xorde un
movemento cultural que tratou de recuperar a historia e a literatura, O Rexurdimento
(Rosalía de Castro, Murguía, Pondal, Curros, etc.).

2. Rexionalismo (1885-1916)

Ao mesmo tempo que noutras zonas, na década de 1880 aparece un movemento


de carácter rexionalista que busca, xustifica e defende o emprego do galego e a
consecución dun dereito á autonomía política e administrativa, pero sen rachar a
unidade de España. O rexionalismo formulouse desde dúas posturas diferentes:
- A liberal, liderada por Manuel Martínez Murguía. Xustificou a realidade de Galicia
en razóns étnicas, idiomáticas, xeográficas e históricas e reivindicou o dereito a
recuperar a súa autonomía política, que se lograría con descentralización administrativa
e económica
- A conservadora, tradicionalista e católica, representada por Alfredo Brañas.
Defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) para así compaxinar o
rexionalismo coa unidade de España. Avogou polas institucións propias para o goberno
das rexións: estas teorías podíanse aplicar a todas as rexións que tivesen aspiracións á
autonomía política. Para Galicia incluía o catolicismo como trazo fundamental, así como
o cooperativismo social e gremial como base das institucións políticas rexionais.
Apareceron as primeiras organizacións de tipo galeguista, así como os primeiros xornais
(Real Academia Galega, 1906, A Nosa Terra,1907). Como bandeira adoptouse a da
Comandancia Naval da Coruña, branca con franxa azul, e o himno, con letra de Pondal e
música de Pascual Veiga. Foi estreado en decembro de 1907 na Habana.

3. Nacionalismo (1916-1936)

A partir de 1916 o galeguismo (Antón Villar Ponte, Vicente Risco, Ramón Villar
Ponte, Castelao) afirmou que Galicia é unha nación, caracterizada pola súa lingua, a súa
xeografía, a súa raza, o seu espírito, a súa cultura e a súa historia. Fundamentaron e
68
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

divulgaron os trazos esenciais da nación galega e propuxeron solución para os


problemas. Aínda que tiveron un mesmo ideario común básico xurdiron diferenzas entre
eles por motivos políticos e sociais:
- Nacionalismo Tradicionalista (Otero Pedrayo, Vicente Risco...): defendeu o
predominio ideolóxico do catolicismo, a hexemonía social e política da fidalguía e dos
intelectuais.
- Nacionalismo Democrático (Castelao, Xaime Quintanilla, Alexandre Bóveda...):
tratou de compatibilizar a democracia co pleno autogoberno de Galicia.

No terreo organizativo manifestouse


1. As Irmandades da Fala (A Coruña, 1916, Antón Villar Ponte). Defendían a lingua
galega e a súa dignificación, así a busca de solucións aos problemas económicos e
políticos. En 1918 celebrouse en Lugo a I Asemblea das Irmandades da Fala (I
Asemblea Nacionalista)
2. Seminario de Estudos Galegos (Xeración Nós). Labor de estudo, creación e
divulgación de todos os aspectos da realidade galega
3. Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Despois da Ditadura de
Primo de Rivera, en1929 comezou a reorganización xunto cos republicanos
4. Partido Galeguista (1921): Gran protagonismo na II República

MODELO EXAME CIUG 24


PREGUNTA 3. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS
TEXTOS PROPOSTOS.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a cuestión nacional no último terzo do século
XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás características dos
rexionalismos e nacionalismos periféricos no periodo considerado, as súas orixes e os líderes principais. (5
puntos)

Doc. 1. Memorial en defensa dos intereses morais e materiais de Cataluña, coñecido como Memorial de
agravios, presentado á Coroa en Madrid o 10 de marzo de 1885:

“Non temos, Señor, a pretensión de , nin moito menos atacar a gloriosa unidade da patria española; ao contrario,
desexamos fortificala e consolidala; pero entendemos que para logralo non é bo camiño afogar e destruír a vida
rexional para substituíla pola do centro […]. O que nós desexamos, Señor, é que en España se implante un sistema
rexional adecuado […]. Señor: estamos privados do noso sistema administrativo […]. Non podemos usar a nosa
lingua máis que nos nosos fogares e en conversas familiares […]. E como se todo isto non fose bastante, hai tempo
que se nos vén ameazandocon destruír, ou cando menos adulterar, o noso dereito civil”.

Doc. 2. Discurso pronunciado por Manuel Murguía no certame literario celebrado en Pontevedra o 9 de agosto de 1886:

“As linguas son as verdadeiras bandeiras nacionais: levan as súas propias cores. Conservemos a nosa e pelexemos
no seu nome e á súa sombra. Ela reflicte a nosa vida intelectual e afectiva: criouse nas nosas entrañas, é a un tempo
a nosa nai e a nosa filla: dez séculos puxeron nela canto nos pertence. Dedous millóns de habitantes, millón e medio
só sabe e só fala o galego. Cultivémoslle, pois, démosle a vida e relevo, a consistencia e a duración de que só é
capaz a obra literaria.”
Doc. 3. Fragmento do artigo «Glorias y fiestas bastardas», publicado no xornal nacionalista bilbaíno Bizkaitarra o 27 de
abril de 1894:

“A maior desgraza do bizkaíño non é a relaxación dos seus costumes, nin a extinción da súa lingua, nin a
corrupción da súa raza, nin a invasión maketa; nin sequera a escravitude a que lle reduciu o español. Non: a
desgraza máis grande do bizckaíno é o non coñecer á súa Patria; que se a coñecese, facilmente evitase aquelas
outras, que son consecuencia desta incomprensible cegueira”.

69
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

ESQUEMA:

Ideas e conceptos previos:

o Nación / Patria.
o Soberanía nacional.
o Dereito de autodeterminación.
o Enfrontamento ideas de esquerda / nacionalismo.

1.- O nacionalismo español:

o A idea de nación española moderna:


 Guerra da independencia.
 Cortes de Cádiz /Constitución de 1812.
o Nacionalismo conservador: Bases comúns (a historia, a coroa, o territorio, o
catolicismo, a unidade da patria e o centralismo).
o Nacionalismo de democrático: Vontade de unión dos españois.
o Hostilidade das esquerdas (Anarquistas, Socialistas, Comunistas) que
defenden o internacionalismo proletario.

2.- Os nacionalismos periféricos:

o Contexto europeo: auxe dos nacionalismos na segunda metade do s. XIX.


o Fases:
 Cultural (Rexurdimento, Renaixença)
 Rexionalismo (tras a década de 1880): Solicitudes de descentralización e autogoberno.
 Nacionalismo (fins do XIX e principios do XX): Das peticións de autonomía á idea de nación
diferenciada.
o Factores:
 Diversidade cultural e lingüística.
 Reacción ó centralismo do estado liberal.
 Desigual evolución económica e industrial.
 Débil desenvolvemento dun sentimento nacional español
(falta de consenso sobre o sistema político, sobre os símbolos nacionais, fracaso da labor do Estado en
integrar ós cidadáns a través da educación o exército e a participación política).
 Descontento e desilusión pola marcha xeral do país.

a) O Catalanismo.

o A personalidade diferencial de Cataluña ( historia [a Cataluña medieval e os


decretos de Nova Planta], símbolos, costumes, dereito propio, crecemento industrial no s. XIX,
marxinación política).

o O Rexionalismo catalán (1880-1900):

 O “Memorial de Agravios” de 1885. Denuncia da marxinación de Cataluña ante Alfonso XII.


 As Bases de Manresa (1892) . Proxecto autonomista de carácter conservador e concepción
federal.

o O Nacionalismo catalán:
 1900-1923 Nacionalismo conservador: Lliga Regionalista de Cataluña ( Francesc Cambó e
Enric Prat de la Riba).
- Triunfos electorais
- (1914-1925) Mancomunitat de Cataluña.

70
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

- Participación de Cambó nos gobernos tras


1917.
 1923-1930 Represión do nacionalismo pola Dictadura. Radicalización e ideas
independentistas.
 1931-1936/1939 Nacionalismo de esquerdas: Esquerra Republicana de Cataluña (F. Maciá,
Lluis Companys).

b) O nacionalismo vasco:

o Orixes do nacionalismo: Carlismo, foralismo e desenvolvemento da


ideoloxía tradicionalista a fins do XIX.
o Sabino Arana:
 Establece a ideoloxía nacionalista (nación e raza vascas, foros e privilexios, integrismo
católico, euskera, símbolos, tradición e cultura, loita contra as ameazas ó vasquismo polos maketos).
 1895. Fundación do Partido Nacionalista Vasco (P. N. V.).
o 1921 División do P.N.V. entre independentistas radicais e autonomistas
moderados.
o 1923 Represión pola Dictadura.
o 1930 Reunificación do P.N.V.

c) O galeguismo:

o Orixes do galeguismo: Provincialismo (1840 – 1885)

 Provincialismo progresista. Pronunciamento de 1846, A. Faraldo e os mártires de Carral.


 Rexurdimento cultural (Rosalía, Curros, Pondal).

o Rexionalismo galego (1885-1916):

 Murguía e Alfredo Brañas.


 1907 Solidaridade Galega (Rexionalistas e republicanos federais; preocupación polo mundo
campesino, Asembleas de Monforte).
 1910 Acción Galega liderada por Basilio Álvarez, partido agrarista, loita contra o caciquismo
e pola redención de foros.

o O nacionalismo galego (1916-1936):

 A. Vilar Ponte, Vicente Risco, Castelao (“Sempre en Galiza”).


 1916 As Irmandades da Fala; I Asemblea Nacionalista en Lugo (1918): solicitude de
autonomía integral para Galicia.
 Xeración Nos / Seminario de Estudos Galegos.
 1923 – 1930 Represión pola Dictadura.
 Galeguistas e republicanos: Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en 1929;
Federación Republicana Galega (FRG) en 1930.
 1931. Partido Galeguista (Organización propia dos nacionalistas) liderado por Castelao e
Alexandre Bóveda.
 1936. Estatuto de Autonomía de Galicia durante a Segunda República.

71
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o nacionalismo en españa no s. XIX. Tendo en
conta os documentos e a súa contextualización, debes atender cando menos ás razóns das reivindicacións
nacionalistas, e a súa evolución .

Doc.1 As BASES DE MANRESA (1892)


Base 3a : A lingua catalá será a única que, con carácter oficial, poderá usarse en Cataluña e nas relacións desta rexión
co poder central. Base 4a : Só os cataláns, xa o sexan de nacemento ou en virtude da naturalización, poderán
desempeñar en Cataluña cargos públicos...Tamén deberán ser exercidos por cataláns os cargos militares que
comporten xurisdición. Base 6a : Cataluña será a única soberana do seu goberno interior. Base 7a : O poder lexislativo
Rexional radicará nas Cortes Catalás. Base 8a : O poder xudicial organizarase restablecendo a antiga Audiencia de
Cataluña... Base 12a : Cataluña contribuirá á formación do exército permanente de mar e terra por medio de
voluntarios ou ben mediante unha compensación en metálico. Base 13a : O mantemento da orde pública e seguridade
interior de Cataluña estarán confiadas ao Somatén, e para o servizo activo permanente crearase un corpo parecido ao
dos “Mossos de l'Esquadra” ou da Garda Civil... Base 15a : O ensino público, nas súas diferentes ramas e graos,
deberá organizarse dunha forma adecuada ás necesidades e carácter da civilización de Cataluña... Base 16a : A
Constitución Catalá e os dereitos dos cataláns estarán baixo salvagárdaa do Poder executivo catalán... Manresa, 27 de
marzo de 1892

Doc. 2. Programa inicial do PNV (1895)


Artigo 7º. Confederación. Sendo Bizcaya pola súa raza, a súa lingua, a súa fe, o seu carácter e os seus costumes, irmá
de Áraba, Benabarra, Guipúscoa, Laburdi, Navarra e Zuberoa, ligarase ou confederará con estes seis pobos para
formar o todo chamado Euskalerría, pero sen mingua da súa particular autonomía. Esta doutrina expresarase no
principio seguinte: Bizcaya libre en Euskeria libre. Artigo 8º. A Confederación euskeriana farase constituíndose por
vontade libe e expresa de todos e cada un dos Estados vascos e tendo todos os mesmos dereitos... Artigo 9º. As bases
necesarias para que a unidade nacional sexa sólida e duradeira son: unidade de raza no posible; unidade católica.
Artigo 10º. As bases esenciais que se desprenden da igual liberdade e idénticas facultades con que os Estados vascos
concorrerán á unión son: liberdade para separarse, igualdade de deberes e dereitos e idénticas obrigacións. Artigo 11º.
Unha vez establecida a Confederación, dentro dela terán sempre todos os Estados os mesmos dereitos e idénticas
obrigacións. Artigo 12º. A Confederación non lles ligará máis que na orde social e no das relacións co estranxeiro,
permanecendo nos outros coa mesma absoluta independencia tradicional. Artigo 13º. Todos os artigos deste Título 1º
[...], son irrevogables. SABINO ARANA, Programa orixinal do Bizcai- Buru- Batzar (Consello Provincial Biscaíño),
1895

Doc.3. Ideas de Alfredo Brañas.


O país galego ha constituído, desde os tempos máis remotos, un círculo social independente dentro da nacionalidade
española: dominado sucesivamente por celtas, suevos, romanos, godos e árabes, puido conservar a través dos séculos
a fisonomía especial a cuxa formación contribuíron celtas e suevos, os únicos pobos, as dúas únicas razas que
constitúen a personalidade, o carácter e o tipo esencial dos habitantes de Galicia (Brañas,El regionalismo, 1889 ).

PAUTAS XERAIS
Cronoloxía. Finais século XIX
1. Diferenciar rexionalismo de nacionalismo. Factores: diversidade lingüística, estado centralizador, desilusión pola
marcha do país, etc.
Texto 1. Cataluña Factores diferenciadores en Cataluña: lingua propia, etc (breve)
Rexionalismo: tendencia progresista: Almirall tendencia conservadora: as bases de Manresa (texto proposto)
Análise do documento: -Peticións no texto: Lingua, Somatenes, Constitución, ensino. Nomear a transcendencia deste
documento para o nacionalismo posterior ( Prat da Riba, Lliga,etc)
Texto 2. Nacionalismo vasco.
Antecedentes: foros e carlismo Industrialización. Sabino Arana: Regulamento do esukaldun Baztokija Texto:
Nacemento do PNV Propostas do texto: territorio, raza, catolicismo,etc
Texto 3 Galicia.
Orixes do galeguismo: - Provincialismo (1840 – 1885)
- Provincialismo progresista.
Pronunciamento de 1846, A. Faraldo e vos mártires de Carral. - Rexurdimento cultural (Rosalía, Curros, Pondal). ◦
Rexionalismo galego (1885-1916): Murguía e Alfredo Brañas.
◦ Texto Proposto: Alfredo Brañas -Xustificacións nun pasado glorioso “celtas” e suevos. Propostas posteriores:
(Vocabulario “ agrarismo”. 1907 Solidaridade Galega 1910 Acción Galega liderada por Basilio Álvarez, partido
agrarista, loita contra ou caciquismo e pola redención de foros.)
Conclusión Persoal: Tema non resolto.

72
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

COMENTARIO SOBRE TEXTOS HISTÓRICOS


Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a cuestión nacional en España no último terzo do
século XIX. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: As pretensións centralizadoras e uniformizadoras do
Estado liberal e o xurdimento de movementos reivindicativos de carácter periférico sobre todo no País Vasco,
Cataluña e Galicia e as súas consecuencias Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de
realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a
utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc 1. Memoria en defensa dos intereses morais e materiais de Cataluña, tamén coñecido como
Memorial des greuges (1885):
Non temos, Señor, a pretensión de debilitar, nin moito menos atacar a gloriosa unidade da patria española;
antes pola contra, desexamos fortificala e consolidala; pero entendemos que para logralo non é bo camiño
afogar e destruír a vida rexional para substituirla pola do centro [...]
Señor: arrebatóusenos o noso sistema administrativo [...] Non podemos usar a nosa lingua máis que nos
nosos fogares e en conversacións familiares; desterrada das escolas, foino máis tarde da contratación
pública e tamén dos tribunais […]
A forza de traballo e privacións sen conto, os nosos industriais crearon unha industria española que en
corenta anos progresou e alcanzou altísimo nivel. Esta industria vén sendo atacada de raíz dalgúns anos a
esta parte [...].
Doc. 2. Prat de la Riba, no seu artigo Nacionalisme catalá y separatisme espanyol, expón a súa visión
da relación entre Cataluña e España (10 de abril de 1900)
“Situada Cataluña na área xeográfica coñecida co nome de España, somos españois da mesma maneira que
somos europeos por estar comprendida España dentro do continente Europa. Gobernada España polo
Estado español, os cataláns somos españois como membros dese Estado, como cidadáns desa sociedade
política. Non somos, pois, inimigos de España, tomada neste sentido (que é o único real), nin ao combater
ao Estado español queremos outra cousa que refacelo con equidade e xustiza, e cunha organización máis
adecuada e perfecta, dentro da cal Cataluña poida atopar unha vida de liberdade e progreso”.
Doc.3. Deus e Lei Vella segundo Sabino Arana (Regulamento de Euskeldun Batzokija, 1894):
Art.3. Jaungoikua. Biscaia será católica-apostólica-romana en todas as manifestacións da súa vida interna e
nas súas relacións cos demais pobos.
Art.4. Lagizarra. Biscaia constituirase libremente. Restablecerá en toda a súa integridade o esencial das leis
tradicionais chamadas Fueros. Restaurará os bos usos e costumes dos nosos devanceiros. Constituirase,
senón exclusivamente, principalmente con familias de raza euskeriana. Sinalará ao Euskera como lingua
oficial”.
Doc.4. José Ortega y Gasset, na súa obra España invertebrada (1921), destaca a responsabilidade do
poder central no xurdimento dos nacionalismos:
“O propósito deste ensaio é corrixir a puntería do pensamento político ao uso, que busca o mal radical do
catalanismo e biscaitarrismo en Cataluña e Biscaia, cando non é alí onde se encontra. ¿U-lo, pois?
Para min isto non ofrece dúbida: cando unha sociedade se consome vítima do particularismo, pode
afirmarse que o primeiro en amosarse particularista foi precisamente o Poder central. E isto é o que pasou
en España. Castela fixo a España, e Castela desfíxoa”.

9.- A reforma agraria liberal: as desamortizacións


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá demostrar que entende o concepto de desamortización e, daquela, referirá as
razóns explicativas que a facían necesaria. Ademais, terá que vincular o proceso de
desamortización desenvolvido en España no s. XIX coas tendencias liberais que o
favorecen e paralizan. Tamén será preciso que afonde nas etapas fundamentais do
devandito proceso, indicando os seus obxectivos así como os beneficiados e os
prexudicados por ese feito. Finalmente, cumprirá que realice un balance global dos
efectos das desamortizacións nos distintos eidos (político, socioeconómico e cultural).

73
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

(Páxinas 138 e 178-181 á 125. Vicens Vives)

Durante o século XIX tanto o réxime de propiedade da terra como as actividades


agrarias transformáronse radicalmente.

No Antigo Réxime diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a


produción agrícola e a propiedade da terra. Por iso a burguesía liberal consideraba
imprescindible realizar unha reforma agraria, consistente en converter a propiedade da
terra nun ben libre, privado, particular e individual. Para facelo era preciso abolir o
réxime señorial, desamortizar as terras eclesiásticas e comunais, desvincular os
morgados, suprimir as servidumes colectivas e o décimo eclesiástico, e autorizar a
liberdade de cultivos, o cerramento dos campos e a libre compravenda de terras.

A medida máis importante desta reforma foi a desamortización(Vocabulario) ou


venda en poxa pública dos bens rústicos e urbanos pertencentes ás mans mortas
eclesiásticas e dos baldíos e terras de comúns e propios (bens propiedade dun
municipio que proporcionan unha renda ao mesmo por estar arrendados ) dos concellos.
O proceso desamortizador foi longo, debido tanto á masa de bens afectados como polas
disputas políticas e ideolóxicas.

Os gobernos liberais progresistas eran firmes partidarios, pero esta era rexeitada
polos absolutistas e a Igrexa, que consideraba os seus bens como “patrimonio de
Xesucristo e propiedade sagrada”, e foi paralizada polos gobernos liberais moderados.
Os ingresos destas vendas ían dirixidos ao saneamento da Facenda pública.

Foron os ilustrados os que iniciaron o estudo das medidas para mellorar a


agricultura. Jovellanos, no seu Informe sobre a Lei agraria de 1795, falaba xa da
desvinculación dos morgados e a transformación das terras de mans mortas e comunais
en propiedade particular. Non se levaron á práctica.

En 1796, as dificultades facendísticas provocadas polas guerras contra Inglaterra


propiciaron o primeiro intento desamortizador, a desamortización de Godoy. A medida
afectou a unha pequena cantidade de propiedades da Igrexa que recibiron unha
porcentaxe do valor das terras vendidas.

Durante a revolución liberal, as Cortes de Cádiz, promulgaron diversos decretos e


desamortizacións polo que se poñían en venda os bens dos afrancesados, das ordes
militares, dos conventos suprimidos ou destruídos, xunto con parte do patrimonio da
Coroa e dos baldíos e terras dos concellos. A finalidade foi facer fronte ao custo da
guerra contra os franceses. Quedan paralizadas coa restauración do absolutismo.

Tras o triunfo da revolución de 1820 os liberais volveron a recuperar as medidas


desamortizadoras, sacando á venda os bens da Inquisición e dos conventos suprimidos
durante o Trienio Liberal, pero quedaron de novo paralizadas en 1823 tras a nova
restauración absolutista de Fernando VII.

Foi no reinado de Isabel II, xa definitivamente instalados os liberais no poder, cando


se realizou a transformación do réxime de propiedade, entre 1835 e 1855, destacando a
actuación dos progresistas Mendizábal, Espartero e Madoz.

74
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Fases.

1. 1835-36.
No contexto da revolución liberal, o progresista Mendizábal acometeu a
desamortización eclesiástica, mediante dous decretos que afectaron ao clero regular.
Polo decreto de outubro de 1835 quedaban suprimidos os mosteiros das ordes
monacais, con excepción dos que prestaban servizos de auxilio social, coidado de
enfermos, educación de pobres. O decreto de febreiro de 1836 declaraba en venda
todos os bens raíces das institucións suprimidas. Os obxectivos básicos eran.

reformar o réxime da propiedade, convertendo en posesión individual e libre os
bens inmobiliarios das comunidades relixiosas: o clero regular.

Obter recursos para cubrir os gastos do estado provocados pola guerra carlista.

Reducir a débeda pública como paso previo para acometer unha profunda
reforma do sistema tributario.

Conseguir amplo apoio social á causa liberal, á vez que se debilitaba
economicamente ao maior enemigo do liberalismo: a Igrexa.
2. 1841.
Durante a rexencia do liberal progresista Espartero, completouse a desamortización
de Mendizábal. Polo decreto de setembro de 1841 foron declarados nacionais os bens
do clero secular e postos en venda con finalidades facendísticas.
A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un
acordo co Vaticano (Concordato de 1851) polo que a Igrexa aceptaba as vendas
realizadas a cambio de que o Goberno sostivese economicamente ao clero e
considerase ao catolicismo como a relixión do estado.
3. 1855.
Durante o Bienio progresista foi aprobada a Lei Xeral de desamortización do
ministro de Facenda, Pascual Madoz. Iniciouse a desamortización civil, pola que se
puñan en venda os bens do estado e dos concellos, e rematouse coa desamortización
eclesiástica, sacando a venda o que aínda quedaba das propiedades eclesiásticas. Foi a
lei que produciu os maiores cambios polo volume de terras que se puxeron en venda,
así como polas importantes consecuencia sociais, especialmente negativas para os
campesiños pobres. Unha parte dos ingresos foron destinados a financiar a construción
do ferrocarril.

A Desamortización puxo en venda, aproximadamente, o 20% do territorio español,


case a metade da terra cultivable, cun valor estimado en torno ao 30% do valor total da
propiedade inmoble. Estas medidas supuxeron a desaparición das fórmulas xurídicas
vinculadas á propiedade da terra do Antigo Réxime (mans mortas, morgados, diezmos,
tributos señoriais, …) e a liberalización do mercado de terras. Os principais compradores
foron xentes que dispoñían de recursos económicos: nobreza terratenente, campesiños
ricos e burguesía comercial e administrativa. Con estas compras, ademais de aumentar
o seu patrimonio, estes grupos incrementaron o seu prestixio social, en moitos casos
tamén fixeron bos negocios, grazas ao aumento dos prezos agrarios e inmobiliarios,
ante as demandas crecentes da poboación. Concentraron nas súas mans grandes
propiedades latifundistas, especialmente no sur de España.

Balance global:
- Como medida política foi un éxito: o réxime de propiedade da terra transformouse
e consolidouse a propiedade privada e o réxime liberal.

- Desde o punto de vista socioeconómico hai matices. O xurista Francisco Tomás y


Valiente lamenta que se incrementaron os latifundios agrarios, pero sen investir na súa
75
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

modernización. Foi unha ocasión perdida para que os campesiños pobres accederan á
propiedade da terra. Outros, como o historiador Josep Fontana, non comparten esa idea
en canto cren que eses posibles compradores non tiñan capacidade económica para
comprar terras.
Tamén se culpa á desamortización de ter contribuído ao atraso da industrialización
pola desviación dos recursos financeiros cara á compra de terras, en lugar de investilos
nas actividades industriais.

- Os afectados foron a Igrexa, os municipios e os campesiños pobres e xornaleiros,


que viron empeorar as súas condicións de vida coa perda dos beneficios da caridade
eclesiástica e do aproveitamento das terras e pastos comunais, así como polo
endurecemento dos contratos de arrendamento e e traballo. Producíronse tamén
cuantiosas perdas no patrimonio artístico e cultural da Igrexa, debido á exclaustración e
ao abandono de conventos e mosteiros. Os municipios perderon a súa principal fonte de
ingresos ao privatizar os bens de propios, baldíos e comunais.

- Todo iso axuda a explicar o apoio que a causa carlista recibiu do mundo rural e
campesiño, que prometía a volta ao Antigo Réxime agrícola e a anulación das
desamortizacións.

- Os efectos sobre a produción e a produtividade: Se calcula que cambiaron de


dono máis de 10 millóns de hectáreas, a metade do territorio cultivable español. En xeral
a produción creceu de forma modesta ata o último cuarto de século. A estrutura
produtiva seguía baseándose na clásica tríade formada por trigo, oliveira e vide. A
política proteccionista do Arancel de 1891 ocultaba a baixa produtividade, especialmente
nos cereais, polo atraso técnico, as estruturas arcaicas, e o escaso investimento. Viños,
pasas, améndoas, aceite de oliva e cítricos non se desenvolveron plenamente ata o
século XX, cando se abandonou a política proteccionista.

En Galicia a desamortización tivo unhas características especiais debido ao


mantemento do sistema foral e á peculiar organización dos montes comunais. Os foros
eran contratos de longa duración. Os campesiños pagaban as rendas e non podían ser
expulsados da terra, era o domino útil. A nobreza, os conventos, mosteiros e catedrais,
eran os donos e titulares das terras: posuían o dominio eminente. A fidalguía local,
cobraba a maior parte das rendas nun papel de intermediaria. A maioría dos montes
comunais non eran propiedade dos concellos senón dos veciños das parroquias e
aldeas.

Balance en Galicia:
- O que vendeu en Galicia o Estado foi o dereito a percibir unhas rendas, e, nunha
mínima proporción de propiedade plena da terra.
- Tivo escasa importancia a desamortización dos propios, debido ao reducido
patrimonio dos concellos galegos.
- Non se alterou a organización agraria tradicional. Os compradores dos bens
desamortizados convertéronse en rendeiros.
- A produción permaneceu estancada e mantiveron os montes comunais en mans
dos veciños.
- Os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra. Mediante a redención
dos foros, en 1926, lograron o acceso á propiedade da terra.

76
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións LOMCE:
XUÑO 2022

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a reforma agraria liberal. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas e obxectivos das medidas
desamortizadoras, ao tipo de bens afectados polas mesmas e aos seus resultados. (5 puntos)
Doc. 1. Desamortización de Mendizábal. Gaceta de Madrid, 21 de febreiro de 1836:
“Atendendo á necesidade e conveniencia de diminuír a débeda pública consolidada, e de entregar
ao interese individual a masa de bens raíces, que viñeron a ser propiedade da nación, a fin de que
a agricultura e o comercio saquen deles vantaxes […] en nome da miña excelsa Filla raíña Dona
Isabel decreto o seguinte:
Art. 1º. Quedan declarados en venda desde agora todos os bens raíces de calquera clase, que
pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas, e os demais que fosen
adxudicados á nación por calquera título”.
Doc. 2. Desamortización de Madoz. Gaceta de Madrid, 3 de maio de 1855:
“Dona Isabel II, pola graza de Deus e a Constitución […], sabede que as Cortes constituíntes
decretaron e Nós sancionamos o seguinte:
Art. 1. Decláranse en estado de venda […] todos os predios rústicos e urbanos, censos e foros
pertencentes: Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares […]. Ás confrarías, obras pías e santuarios
[…]. Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrución pública e a calquera outros
pertencentes a mans mortas, estean ou non mandados vender por leis anteriores”.
Doc. 3. Propietarios e valor dos bens desamortizados entre 1836 e 1867 (en millóns de reais):

Período Clero Beneficencia Concellos Outros Total


1836-1844 3.447 0 0 0 3.447
1855-1856 324 167 160 116 767
1858-1867 1.253 461 1.998 438 4.150
Total 5.024 628 2.158 554 8.364

Fonte: Gabriel Tortella Casares, El desarrollo de la España Contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y
XX, Madrid, Alianza, 1994, p. 48.
Moi Resposta en branco (0)
deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0-1)
Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Deficiente Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e estáelaborada como
(1,5-2) resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Contidos:
-Explicación básica do concepto de desamortización.
Aprobado
(2,5-3) -Referencia xenérica ás causas e obxectivos das medidas
desamortizadoras.
-Mencionar o tipo de bens afectados polas mesmas.
-Sinalar os seus resultados máis destacados.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiadosimple.

77
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
(3,5-4) seguintes cuestións):
-Relacionar as medidas desamortizadoras cos gobernos progresistas e indicar a
paralización das mesmas por parte dos gobernos moderados.
-Explicar os obxectivos principais perseguidos polas diferentes desamortizacións (p.ex.
a financiación do ferrocarril coa desamortización de Madoz, da guerra carlista coas
desamortizacións de Mendizábal e Espartero...).
-Afondar nas etapas fundamentais do proceso desamortizador e nas características
xerais dos bens afectados.
-Comentar os principais beneficiados e prexudicados polas desamortizacións e as súas
razóns explicativas (relacionadas co sistema de venda a través de poxa pública).
-Ofrecer un balance global dos efectos das desamortizacións no eido socioeconómico.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, na resposta afóndase no
comentario dalgún dos documentos propostos ):
-Relaciónase o doc.1 coa desamortización do clero regular (“comunidades e
corporacións relixiosas extinguidas”) e/ou co obxectivo de sanear a Facenda
(“diminuír a débeda pública consolidada”).
-Relaciónase o artigo 1 do doc.2 co carácter xeral da desamortización deMadoz.
-Utilízanse as cifras recollidas na táboa para comparar os efectos das desamortizacións
eclesiásticas e xeral.
Redacción: correcta e texto coherente

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllenseunha ou


(4,5-5) varias das seguintes cuestións):
-Mencionar as desamortizacións previas á de Mendizábal (Godoy, XoséI, Cortes de
Cádiz, Trienio Liberal).
-Explicar as diferenzas concretas entre clero regular/clero secular e/oubens propios
e comúns dos municipios.
-Comentar as críticas ao sistema de venda a través de poxa públicarealizadas
por Flórez Estrada.
-Xustificar o feito de que as desamortizacións non foron en realidade
unha verdadeira reforma agraria (non se transforman a estrutura dapropiedade
da terra nin os sistemas de cultivo).
-Sinalar a relación entre desamortización e atraso da industrialización española
(desviación de recursos financeiros cara a compra de terras en lugar de investilos nas
actividades industriais).
-Facer mención explícita das particularidades do proceso desamortizador en Galicia
(mantemento do sistema foral, escasa importancia da desamortización dos bens
propios dos concellos...)
-Mencionar outras medidas de transformación agraria implantadas poloréxime
liberal (abolición dos señoríos, desvinculación dos morgados...) Uso dos documentos
(ademais do esixido para o notable, na redacciónda composición o contido dos
documentos emprégase nalgún destessentidos):
-Comentar a relación entre desenvolvemento agrícola e comercial quese menciona
no doc.1
-Explicar a diferenza entre “propios e comúns dos pobos” ou o concepto de “mans
mortas” mencionado no doc.2
-Empregar os datos do doc.3 para comentar que as desamortizacións eclesiásticas non
afectaron ás ordes relixiosas con fins asistenciais (cifra0 da casa “beneficencia”).
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico.O texto está
ben articulado e argumentado

Proposta de composición con suxestións:


Os seguintes documentos serven de base para a realización dunha composición sobre a desamortización, que xunto
con outras medidas (abolición do réxime señorial, desvinculación dos morgados...) conforman o que podemos
considerar en conxunto a reforma agraria liberal. Os tres primeiros documentos explicítan o tipo de bens afectados
por cada medida desamortizadora, expoñendo o primeiro deles os obxectivos que se pretenden acadar.

Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):


“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa solemne
e dar garantía positiva á débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao producto das rendas; é

78
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruir as canles da industria e
da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio, anchear a patria, crear novos e firmes
vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...), crear
una copiosa familia de propietarios (...).
Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces de calquera clase que pertencesen ás
comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.

Doc.2.-Desamortización de Espartero (1841):


“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...).
Art. 3. Decláranse en venda tódalas fincas, dereitos e accións do clero catedral, colexial, parroquial, fábricas das
igrexas e confrarías”.

Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855):


“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes:
Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos
pobos. Á beneficencia. Á instrucción pública e calesquera outros pertencentes a mans mortas xa estean ou non
mandados vender por leis anteriores”.

Doc.4.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:


“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a resposta é relativamente sinxela. Na
etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz, para
financiar a construcción da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en que estas vendas redundaron en proveito do
Estado non debe minimizarse”.

ORIENTACIÓNS
A reforma agraria liberal: conxunto de medidas lexislativas levadas a cabo polos gobernos liberais que afectaban á
propiedade da terra.

Obxectivos desta reforma:


- Eliminar os obstáculos xurídicos que impedían o desenvolvemento da agricultura.
- Converter a terra en propiedade privada, libre e absoluta

Medidas levadas a cabo:


- Abolición do réxime señorial
- Desvinculación dos morgados
- Suprimir as servidumes colectivas
- Suprimir o décimo e outros tributos agrarios o Autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento dos campos e a libre
compravenda das terras
- Desamortizar as terras eclesiásticas, de propios e comunais

As desamortizacións:
- Antecedentes: Cortes de Cádiz, Trienio Liberal o No reinado de Isabel II: o Tipo de bens afectados - Obxectivos das
leis desamortizadoras
Valoración do balance do proceso desamortizador: Consecuencias sociais , consecuencias financeiras e económicas
- A especificidade da desamortización en Galicia
Desamortización de Mendizábal, 1836
-Contexto político: revolución de 1835-36. Guerra carlista. Rexencia de María Cristina
Obxectivos: recadar diñeiro para financiar a guerra e castigar ao clero regular, que apoiaba ao carlismo
-Bens afectados: bens do clero regular (mosteiros e conventos, ordes relixiosas)
-Consecuencias: políticas, económicas, sociais e artísticas (patrimonio arquitectónico especialmente)
Desamortización de Espartero, 1841
-Contexto Político: rexencia de Espartero
-Obxectivos: financiar a débeda do Estado -Bens afectados: bens do clero secular (parroquias e bispados)
-Consecuencias: políticas, económicas e sociais
-Paralización do proceso. Concordato de 1851
Desamortización de Madoz, 1855
-Contexto Político: Bienio Progresista
-Obxectivos: recadar diñeiro para financiar o ferrocarril
-Bens afectados: bens comunais e de propios (concellos)
-Consecuencias: políticas, económicas e sociais

CONCLUSIÓNS
A desamortización isabelina foi a principal medida da reforma agraria liberal en España, pero é valorada de forma
diferente polos historiadores. En xeral valórase o éxito como medida económica para a Facenda pública, como medio
79
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

de ingresos coa que facer fronte a problemas bélicos, financiar a construción da rede ferroviaria e evitar unha posible
bancarrota do Estado, aínda que posiblemente se puido recadar moito máis que se ingresou polo deficiente sistema de
poxa establecido. Pero as valoracións difiren nas consecuencias sociais e políticas. Non aumentaron, os pequenos
propietarios que estaban chamados a ser a base social do réxime liberal e as consecuencias da desamortización civil
foron especialmente negativas para o campesiñado máis pobres que se beneficiaba das propiedades comunais.
A singularidade da desamortización galega, pola existencia dos foros, permitirá, a longo prazo, unha silenciosa
revolución que, tras a redención dos foros, permita a posesión da terra aos antigos foreiros, creando así un grupo
social numeroso e propietario das terras que traballaba.

Xuño 2021
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. Os seguintes textos
deben permitirlle facer unha redacción sobre a reforma agraria liberal. Tendo en conta os documentos e o seu
contexto, debe atender cando menos ás causas e obxectivos das medidas desamortizadoras, ao tipo de bens afectados
polas mesmas e aos seus resultados. (5 puntos)
Doc. 1. Desamortización de Mendizábal. Gaceta de Madrid, 21 de febreiro de 1836: “Atendendo á necesidade e
conveniencia de diminuír a débeda pública consolidada, e de entregar ao interese individual a masa de bens raíces, que
viñeron a ser propiedade da nación, a fin de que a agricultura e o comercio saquen deles vantaxes […] en nome da
miña excelsa Filla raíña Dona Isabel decreto o seguinte: Art. 1º. Quedan declarados en venda desde agora todos os
bens raíces de calquera clase, que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas, e os demais que
fosen adxudicados á nación por calquera título”.
Doc. 2. Desamortización de Madoz. Gaceta de Madrid, 3 de maio de 1855: “Dona Isabel II, pola graza de Deus e a
Constitución […], sabede que as Cortes constituíntes decretaron e Nós sancionamos o seguinte: Art. 1. Decláranse en
estado de venda […] todos os predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes: Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes
Militares […]. Ás confrarías, obras pías e santuarios […]. Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á
instrución pública e a calquera outros pertencentes a mans mortas, estean ou non mandados vender por leis
anteriores”.
Doc. 3. Propietarios e valor dos bens desamortizados entre 1836 e 1867 (en millóns de reais):
Período Clero Beneficencia Concellos Outros Total
1836-1844 3447 0 0 0 3447
1855-1856 324 167 160 116 6 767
1858-1867 1 1253 461 1998 438 8 4.150
Total 5024 628 2158 554 8364

Fonte: Gabriel Tortella Casares, El desarrollo de la España Contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX,
Madrid, Alianza, 1994, p. 48.
Otros documentos:
O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente enxuíza así a desamortización:
“En suma: que a desamortización municipal se cadra non debeu facerse e que a de bens eclesiásticos e outras
“mans mortas” non debeu facerse como se fixo. Pero toda a burguesía, mesmo a de esquerdas, quixo desamortizar, e
por conseguinte a desamortización foi un feito consumado (...).
Tamén considero innegable que o sistema desamortizador preferible en función do logro duns beneficios xerais,
non debeu ser o de Mendizábal e Madoz (isto é, o do partido progresista), senón o aconsellado no seu día por Flórez
Estrada (...). Este era o único capaz de facilitar a creación dunha clase media rural de pequenos propietarios, coa que
se estabilizaría no noso país o réxime liberal, e se enchería o baleiro entre o latifundista e o braceiro”.

10.- Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá demostrar que coñece xenericamente as dificultades do proceso de
industrialización en España e que identifica os sectores pioneiros e as áreas xeográficas
en que se localizan (industria téxtil, centrada en Cataluña, e siderúrxica –
individualización dos tres focos clásicos–). Respecto ao papel xogado polo ferrocarril,
deberá vinculalo coa Lei de Ferrocarrís como impulsora do mesmo, así como analizar as
principais características da rede ferroviaria española e as súas consecuencias. Neste
punto será interesante valorar a súa relevancia como estimulador ou non da
industrialización española.
(Páxinas 182, 185 á 187 e 190 á 191. Vicens Vives)
80
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A industrialización en España iniciouse a partir da década de 1830, pero a principios


do século XX a nosa economía seguía sendo esencialmente agraria, incapaz de
competir co mercado internacional, e a participación da industria na renda nacional non
superaba unha quinta parte do total.

Débense analizar as causas polo que non se desenvolveu un proceso de plena


industrialización en España como noutros países da Europa occidental. Hai que te en
conta as seguintes cuestións:
 A posición xeográfica de España, no extremo suroccidental de Europa, que
implicaba custos de transporte máis elevados, tano para a adquisición de materias
primas como para as exportacións.
 A escaseza de recursos naturais como o carbón de calidade ou o ferro, e falta de
recursos hídricas en boa parte do territorio español.
 Escasas transformacións no sector agrario: a falta de renovación técnica permitiu
o mantemento dunha agricultura tradicional que empregaba grandes cantidades de man
de obra con sistemas de cultivo de baixa produtividade. A agricultura non puido actuar,
como en Inglaterra, como motor de modernización proporcionando mercados, capitais e
alimentos baratos á industria.
 Reducida capacidade de consumo do mercado interior: a autosuficiencia e
miseria de moitos campesiños e os baixos ingresos dos obreiros limitaban a súa
capacidade de compra e o volume de produción.
 Lentitude nos cambios lexislativos de carácter económico: fronte ás limitacións
económicas do Antigo réxime, o desenvolvemento industrial e capitalista baséase na
liberdade de mercado, na propiedade privada e na iniciativa persoal. En España os
cambios nas leis foron lentos, estiveron suxeitos aos vaivéns da revolución liberal e
tardaron en consolidarse, o que reflicte a pouca forza da burguesía comercial e
industrial. Porén a lexislación liberal aboliu os obstáculos legais contrarios á liberdade de
circulación e produción de bens (supresión de aranceis interiores, unificación de pesos e
medidas…) e procurou a construción de mellores vías de comunicación para conseguir
un mercado interior cada vez máis integrado.
 Despreocupación pola educación e innovacións tecnolóxicas. As clases
dominantes prestaron escasa atención á mellora da educación e da investigación o que
orixinou o mantemento de altas taxas de analfabetismo e unha forte dependencia da
tecnoloxía estranxeira.
 Escasa mentalidade emprendedora e capitalista: o capital foi considerado en
España polos grupos dominantes máis como un elemento de ostentación ou para vivir
de rendas que como instrumento para o investimento económico en actividades
produtivas e industriais.
 Preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores: terras,
propiedades, accións en Bolsa, débeda pública (os altos xuros ofrecidos polo Estado
para conseguir cartos fixeron máis atractivo este investimento que o industrial). Os
capitalistas realizaron escasos investimentos produtivos, de modo que foron os capitais
estranxeiros os que dominaron as actividades produtoras e rendibles do país.
 Predominio das actividades industriais relacionadas co sector primario: minería,
transformación agrícola e pesqueira, e de produción de bens de consumo, téxtil, con
débil desenvolvemento das industrias de base.
 Dependencia do exterior en tecnoloxía, investimentos e capitais.
 Falta de competitividade dos produtos españois: altos custos de produción, falta
de renovación, impiden competir no mercado mundial.
 Protección arancelaria que, en liñas xerais, foi proteccionista.
 Forte desequilibrio territorial e rexional, zonas atrasadas no interior e focos
81
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

desenvolvidos. A distribución sectorial da industria mostra a súa pouca diversificación,


cun predominio das industrias agroalimentarias tradicionais (fariñas, viño e aceite).

Historiadores como Jordi Nadal falan do fracaso da revolución industrial. Outros, como
Gabriel Tortella , falan dun patrón latino de modernización, caracterizado pola lentitude
e tardanza nas transformacións na conca do Mediterráneo, cunha recuperación no s. XX.

En canto á política proteccionista, para o economista Ramón Tamames as taxas


arancelarias fixeron posible o desenvolvemento económico. Porén, Tortella entende que
esta protección atrasou a industrialización e a modernización o que aseguraba os
beneficios, evitando cambios que terían que producirse en libre competencia.

O desenvolvemento industrial do s. XIX en España presenta fortes desequilibrios


rexionais, convivindo zonas industrializadas e urbanizadas con outras atrasadas e
rurais. Ademais de en Cataluña, ou no País Vasco, os maiores focos industriais, existían
tamén industrias noutras zonas, pero eran locais, destinadas a un consumo próximo, con
escas repercusión nacional ou internacional, e sen a estrutura económica desa rexións.

[AMPLIACIÓN: Cataluña constituíu a principal zona industrial de España onde o


desenvolvemento téxtil propiciou a diversidade industrial de Cataluña co crecemento
doutros sectores: metalurxia, química, papeleira e editorial así como as relacionadas coa
transformación de produtos agrarios.

Andalucía e Levante teñen en común un inicio temperá industrializador no sector


siderúrxico e téxtil que non tivo continuidade, pola competencia doutras rexións máis
desenvolvidas ou con menores custos de produción (a siderurxia andaluza pola
competencia do norte e os costes do transporte de carbón; o téxtil no Levante pola
competencia catalá). Ambas rexións reorientáronse cara a potenciación do sector
agrario (cítricos en Levante, aceite e viño en Andalucía) e tamén mineiro en Andalucía.

Asturias e País Vasco tiveron como sector clave na industralización a siderurxia


vinculada a explotacións mineiras (carbón asturiano e mineral de ferro vasco).

En Galicia o panorama industralizador foi pobre debido a competencia doutras zonas.


O liño, materia téxtil por excelencia, non resistiu a competencia do algodón e foi
desaparecendo mentres que a salgadura da pesca deu lugar a unha importante industria
conserveira de peixe. Cabe destacar tamén a construción naval e o desenvolvemento da
produción hidroeléctrica aproveitando a abundancia de cursos de auga.]

A Industria Téxtil. O algodón.


A expansión da industria moderna na España do século XIX comezou en Cataluña co
sector algodoeiro. Dende o principio foi un sector dedicado a producir para o mercado e
non para o autoconsumo. Hai unha serie de razóns que explican o comezo da
Revolución Industrial nesta zona:
- O dinamismo económico iniciado no século XVIII pola importancia do comercio
con América.
- A tradición histórica: A finais do século XVIII xa era importante a produción de
“indianas” (tecidos estampados de algodón).
- A abundancia de man de obra (preparada polo desenvolvemento da produción
téxtil rural nesta área)..
- A presenza de empresarios dispostos a inverter e de capitais procedentes da
agricultura e do comercio.

82
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

- A axuda do proteccionismo contra a competencia do téxtil inglés (ata 1849 e tras


1891). Como aspectos negativos: o proteccionismo paralizou o comercio e a ausencia de
competencia desincentivou a innovación e a introdución de tecnoloxía.

O proceso de mecanización:
Os primeiros cambios iniciáronse cara a 1780, cando empezaron a introducirse as
novas máquinas de fiar inglesas (Spining Jenny e Mule Jenny).

A consolidación definitiva da moderna industria algodoeira tivo lugar trala prohibición


da entrada de algodón fiado no noso país (1802). Aínda que este impulso inicial viuse
freado pola Guerra de Independencia (1808-1814), o ritmo expansivo da produción
renovouse con rapidez ao finalizar o conflito (a pesar do proceso de emancipación das
colonias e a consecuente interrupción do mercado colonial).

A partir de 1830 a industria téxtil avanzou a bo ritmo: expansión e mecanización. En


1832 instálase a primeira máquina de vapor (alimentada con carbón): estas fábricas
coñecéronse como vapores (o primeiro foi a fábrica de Bonaplata de Barcelona de
1832). A mecanización coñeceu un notable impulso, aínda que foi máis rápida no fiado
(1861: substitución dos fusos manuais polos mecánicos) que no tecido (teares
mecánicos a partir de 1874). Deberíase ter en conta que a incorporación ao mercado
laboral da pouco numerosa xeración nacida durante a Guerra de Independencia, que
supuxo un importante aumento de custo do traballo, favoreceu a rápida mecanización do
fiado o que supuxo a diminución dos custos e prezos de venda, o que estimulou a
demanda.

Aínda que a fase de crecemento inicial viuse interrompida durante a guerra de


Secesión do Estados Unidos (1861-65) , que dificultou conseguir algodón (fame de
algodón), a partir de 1874 iniciouse unha nova fase expansiva marcada pola
mecanización do tecido e polo xurdimento de numerosas colonias industriais que,
nacidas para aproveitar a enerxía hidráulica (concas dos ríos Llobregat, Besós), deron
lugar á creación de núcleos urbanos. O reforzamento do monopolio mercantil con Cuba
e Porto Rico favorecerá tamén a rápida recuperación deste período.

Porén, a crise de 1898 provocará o estancamento desta industria durante as


primeiras décadas do século XX. A crise traducise en paro, tensión social e decadencia
da banca catalá.

Paralelamente a este proceso comezan as protestas obreiras pola mecanización


(ludismo) que lles quitaba traballo (destrución da fábrica de Bonaplata en 1835, protestas
de 1854).

O crecemento da industria algodoeira conseguiu desprazar, pola súa maior calidade e


menor prezo, á tradicional industria téxtil non algodoeira espallada polo conxunto de
España. Porén, a pesar do crecemento continuo da produción, as cantidades absolutas
eran moi pequenas comparadas coas doutros países de Europa. Por iso, o tamaño do
sector algodoeiro catalán foi suficiente para industrializar Cataluña (metalurxia e
maquinaria, química, agroalimentaria), pero non para arrastrar o conxunto da industria
española.

Os límites da industria téxtil


- A escaseza de carbón catalá e as dificultades de transporte da hulla asturiana
(non chegou ata 1892). Isto estimulo a proliferación das mencionadas colonias
industriais.
83
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

- A debilidade do mercado español con pouca capacidade adquisitiva o que


levoulles a esixir ao Goberno medidas proteccionistas.

O resto dos sectores téxtiles


- A industria da la. A nova industria mecanizada tamén se situou en Cataluña, en
cidades próximas a Barcelona (Tarrasa, Sabadell). Os centros tradicionais (Béjar,
Palencia, Antequera e Alcoy) mantivéronse ao especializarse en certos produtos como
mantas, baetas, etc.
- A industria da seda, tradicional en Valencia e Andalucía (Granada) entrou en crise
(competencia de cultivos como a laranxeira e da produción doutros países). Acabou
tamén por trasladarse a Cataluña.
- A industria do liño, centrada en Galicia, non se deu adaptou aos novos tempos e tras
a perda do mercado americano cos procesos independentistas acabou por extinguirse.

A Industria Siderúrxica.
A siderurxia (produción de ferro e aceiro) foi o sector que, na segunda metade do
século XIX, acompañou ao téxtil no desenvolvemento da industria moderna. Estivo
sempre moi ligada ao desenvolvemento da minaría do ferro e do carbón, xa que as
elevadas temperaturas requiridas nos altos fornos para a obtención de ferro laminado
precisaban deste combustible en grandes cantidades. Por este motivo, aínda que
España era un país rico en xacementos minerais, durante o s. XIX so se explotaron os
xacementos próximos aos portos (Biscaia, Cantabria, Málaga co ferro de Ojén) polos
elevados custos de transporte.

Os primeiros intentos de crear unha siderurxia moderna desenvolvéronse a partir de


1826 en Málaga, aproveitando o ferro de Ojén. Dese xeito, a produción siderúrxica
andaluza foi hexemónica na Península durante trinta anos, pero fracasou polo uso de
carbóns vexetais ante a dificultade de conseguir carbón de coque, o que elevaba os
custos de produción polo que non resultaban competitivos e a zona entrou nunha
definitiva decadencia a mediados do século XIX.

Os xacementos de hulla en Asturias converteron esta rexión no centro siderúrxico de


España entre 1864 e 1879. As súas minas de carbón favoreceron a localización das
siderúrxicas, a pesar do escaso poder calorífico da hulla asturiana. Aínda que o volume
absoluto da produción era reducido mantivo a primacía ata as últimas décadas do século
XIX, ao ser, nese momento, a única zona de España que dispuña de carbón mineral.

Biscaia unha longa tradición de ferrerías e posuía extensas minas de ferro próximas
ao mar, o que abarataba o seu transporte. A escasa demanda interior fixo que a maior
parte da produción se destinase á exportación (2/3 a Gran Bretaña e tamén a Alemaña,
Francia e Bélxica). Pero a partir de 1876, coa chegada do carbón de coque galés a
Bilbao, se afianzou a industria siderúrxica no País Vasco grazas á consolidación do eixe
comercial Bilbao-Cardiff, baseado na exportación de mineral de ferro a Gran Bretaña e
na importación de carbón de coque galés para os altos fornos vascos.
Nas dúas últimas décadas do século constituíronse as grandes empresa siderúrxicas
vascas: en 1880, a empresa Altos Hornos de Vizcaya construíu varios altos fornos, e
en 1882 creouse a Sociedad Anónima Altos Hornos y Fábrica de Hierro y Acero de
Bilbao.

En 1885, Altos Hornos de Vizcaya instalou o primeiro convertedor Bessemer de


España, que fabricaba aceiro en serie a partir dun lingote de ferro sen fósforo, unha
característica do ferro do País Vasco pouco frecuente no resto de Europa. A finais da
84
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

década púxose en marcha o primeiro forno Martin-Siemens, que producía aceiro de


calidade. Deste xeito, a produción de ferro de Biscaia, que entre 1861 e 1879 supoñía un
20% do total nacional, pasou a representar case dous terzos do total a finais de século.

A influencia deste eixe comercial Bilbao-Cardiff deixouse notar tamén en Cantabria,


onde se constituíu, en1899, Nueva Montaña S.A.

O Ferrocarril
A introdución en España do ferrocarril, símbolo do progreso e modernización, foi
tardía. Se en 1830 funcionaba en Inglaterra aquí non o fixo ata 1848 (Barcelona-Mataró).

A Lei xeral de ferrocarrís de 1855, deseñou un trazado radial desde Madrid ata os
puntos extremos da periferia e ademais establecía que a construción e explotación das
liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas.

Para facilitar a construción dos ferrocarrís, o Estado concedía vantaxes aos inversores
privados e para o seu financiamento contou con tres frontes de recursos: a
subvención estatal, o capital dos accionistas e o líquido das obrigacións que
emitían as propias compañías ferroviarias.

As características do terreo aconsellaron dar maior ancho ás vías españolas,


ocasionando problemas á hora de unilas con trazados europeos, máis estreitos.

Na construción dos trazados ferroviarios diferéncianse varias fases:


- Antes de 1855: O primeiro trazado ferro viario foi inaugurado en 1848: Barcelona-
Mataró. Só se construirían 440 quilómetros de liñas ferroviarias repartidos nas zonas de
Barcelona, Madrid e Asturias. O malestar xerado pola especulación arredor da
construción do ferrocarril foi un dos argumentos do pronunciamento de 1854.

- 1855-1865: Lei Xeral de Ferrocarrís (1855). Intensa construción(5.000 Km) das


principais vías, gracias ao apoio estatal e aos investimentos estranxeiros (especialmente
franceses).
Establece as características da rede ferroviaria:
A. Trazado radial (vinculado a razóns económicas e ó centralismo político), que fai
pasar transportes e comunicacións polo centro do país.
B. Ancho de vía maior que o europeo, que ocasiona problemas de desconexión con
Europa. Virá motivado por razóns técnicas (caldeiras grandes) de adaptación e
estabilidade nun país tan montañoso, plantexamentos de estratexia militar e a
especulación na compra de materiais.

C. O fomento da construción ferroviaria conduce a alentar a inversión de capital


estranxeiro (principalmente francés) tanto na construción das liñas como na súa
explotación, garantindo vantaxes e subvencións polo Estado e permitindo a importación
de todo tipo de maquinaria e elementos mecánicos (o que prexudicará o
desenvolvemento da produción da industria nacional ó restarlle mercado). Creáronse
unhas vinte compañías ferroviarias, no contexto dunha burbulla ferroviaria de carácter
especulativo.

- 1866-1876: Crise provocada pola especulación e a falta de beneficios (o atraso do


país non xera o suficiente fluxo de pasaxeiros e mercancías para facer rendible a
explotación). Deterase a construción da rede ferroviaria e as empresas de ferrocarrís
sufrirán un forte deterioro na Bolsa, crebará o sistema bancario e producirase unha forte
crise económica, social e política (revolución de 1868).
85
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

- 1877-1895: Relanzamento da construción ferroviaria, de forma paralela ó


crecemento económico do país, a cargo de grandes compañías concesionarias (MZA–
Madrid-Zaragoza-Alicante—, a do Norte, Ferrocarrís Andaluces), principalmente de
capital francés, que lograron superar a crise do período anterior anexionándose ás máis
pequenas. No último terzo do século XIX o ferrocarril converteuse no principal medio de
transporte, revolucionando as comunicacións e o transporte de mercancías.

- 1896-1936: continuou a tendencia anterior, pero con moita lentitude.

O papel do ferrocarril no mercado interior e na industrialización española

A mediados do século XIX, en España, un país montañoso e de difícil orografía, o


atraso dos transportes era notable con relación a outros países do continente. Contaba
con menos de 10.000 quilómetros de estradas e camiños, 8 veces menos ca Francia.
Ademais, non existía unha rede hidrográfica que permitise o transporte fluvial coma
noutros países europeos.

Por iso, aos moitos problemas económicos uníase a falta dunha rede de transportes
que facilitase os intercambios e permitise os intercambios entre o centro e a periferia. Así
pois, o ferrocarril viuse como unha oportunidade para intentar vertebrar un mercado
nacional que impulsase a economía, tanto pola gran velocidade que alcanzaba, como
pola redución do custo do transporte de mercadorías e pasaxeiros. Isto conseguiuse a
pesar fas limitacións da súa construción, da deficiente explotación e das concesións a
compañías estranxeira: dotouse a España dun sistema de transporte masivo, barato e
rápido.

No que se refire á importancia do ferrocarril na Revolución Industrial en España, non


hai unidade de criterio entre os historiadores: algúns sosteñen que foi elevada, porque
permitiu a comunicación interior e facilitou o transporte de mercancía, pero outros
defenden que foi moi limitada, pola errónea política estatal que, permitindo a importación
de materiais, prexudicou ó sector siderúrxico e metalúrxico españois.

[RESUMO: O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico de España é


obxecto de controversia entre os historiadores. Para uns foi considerable pois, nun país
con graves dificultades orográficas, permitiu a comunicación interior e facilitou o
transporte de mercadorías. Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían
esperar debido á mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario,
con grave prexuízo para o desenvolvemento do sector siderúrxico español.]

Composición de texto ABAU.

2018/ 2020
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre os principais sectores industriais e o papel do
ferrocarril na España do século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á
evolución dos sectores téxtil e siderúrxico e ás súas diferenzas rexionais, así como ás características do
desenvolvemento ferroviario español e aos seus efectos sobre o conxunto da economía. (5 puntos)

Doc. 1. En 1860 o escritor catalán Manuel Angelón describía o desenvolvemento industrial de Cataluña:
“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen dúbida o
núcleo da forza e riqueza industrial da Península; Barcelona é chamada por propios e estraños a Manchester da nosa
querida patria (…). Non hai probablemente industria ningunha que non teña en Cataluña a súa representación, e non en
pequena escala, senón en vastas proporcións. Os fiados e tecidos de algodón, os estampados, os tecidos de seda e la

86
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

nas súas múltiples calidades, damascos, veludos, tisús, encaixes, máquinas, papel, todo se fabrica no antigo
principado”. Fonte:
M. Angelón, Isabel II. Historia de la reina de España, Barcelona, López Bernegosi Editor, 1860, p. 559.
Doc. 2. Distribución rexional da produción siderúrxica española (medias anuais en miles de toneladas):
Período Produ Andalucí Biscaia Asturias
ción a
1861-1865 45,65 14,65 11,73 13,17
1871-1875 45,53 4,46 8,72 24,90
1881-1885 131,59 2,89 76,71 40,08
1896-1900 289,24 227,69 102,81
Fuente: Jordi Nadal, El fracaso de la Revolución Industrial en España, Barcelona, Ed. Ariel, 1975, p.167.

Doc. 3. En febreiro de 1851 o diario conservador El Heraldo facíase eco da inauguración do ferrocarril
Madrid- Aranxuez:
“Poucas solemnidades viu Madrid desde a súa fundación que poidan compararse en brillo, (…) en esperanza do
porvir, á que presenciou o domingo. A inauguración do ferrocarril de Aranxuez é o primeiro paso que dá a capital da
monarquía cara ao mar; é o anuncio seguro de que tarde ou cedo os ricos produtos de Castela, da Mancha e dalgunhas
provincias meridionais, estancados hoxe, e afogando na súa improdutiva abundancia ao seu mesmo produtor,
impedindo a creación de capitais, e deixando ermos campos feraces que poderían alimentar a metade de Europa,
lograsen baleirarse nos grandes mercados do mundo, e cambiarse polos produtos que necesitamos e de que
carecemos”.
Moi Resposta en branco (0)
deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0-1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase como a resposta
a unha pregunta teórica (2)

Aprobado Contidos:
(2,5-3) Referencia básica ás características da industria na España do s.XIX:
-o desenvolvemento da industria algodoeira catalá e os avances do maquinismo
-a expansión da siderurxia e o predominio da industria vasca
-a construción do ferrocarril e os seus obxectivos (favorecer o desenvolvemento dun
mercado nacional, fomento doutras actividades económicas)
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado):


(3,5-4) -explicar os factores que favoreceron a industria téxtil catalá (a tradición manufactureira,
a existencia de capitais e dunha clase empresarial moi activa, o proteccionismo)
-explicar os cambios na xeografía siderúrxica (os inicios en Málaga, o crecemento da
industria asturiana polo uso da hulla e a expansión da biscaíña)
-explicar o proceso de construción (as primeiras liñas, a importancia da Lei Xeral de
Ferrocarrís de 1855, a introdución de capital estranxeiro) Uso dos documentos. A
resposta analiza parte do contido dos documentos: o predominio de Cataluña no
panorama industrial español e a importancia da mecanización (doc. 1), o crecemento da
produción siderúrxica a partir dos anos 80, a perda de peso da industria andaluza e o
crecemento da vasca (doc. 2), as expectativas creadas polas primeiras liñas ferroviarias
(doc. 3).
Redacción: correcta.

87
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):


(4,5-5) -referencia a outras industrias téxtiles (seda, liño)
-referencias ás vinculacións existentes entre a siderurxia e as actividades mineiras
-referencia ás características da rede ferroviaria española (rede radial, ancho de vía)
-valoración xeral da problemática analizada
Uso dos documentos:
-a resposta ten en conta a condición de catalán e coetáneo aos feitos do autor do texto
(doc. 1)
-a resposta afonda na evolución da produción que figura na táboa 2
-a resposta ten en conta a orixe da información (diario conservador) do documento 3
Redacción: correcta e precisa, e texto está ben argumentado.

88
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o desenvolvemento económico
español no século XIX, centrando a atención na industria. Como punto de partida, o Doc.1 chama a atención sobre o
contraste centro-periferia. O Doc.2 permite comentar as características do desenvolvemento ferroviario español,
tanto no seu papel de artellador do mercado interior como de incentivador de diversas actividades económicas,
mentres os Docs.3 e4 atenden respectivamente a dous sectores clave, como son o siderúrxico e o téxtil. Por último, o
Doc.5 complementa a información subministrada nos anteriores e permite realizar unha valoración global do
desenvolvemento decimonónico.

Doc.1.-En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir de
motor do desenvolvemento económico español:
“Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso
desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades; o centro está
exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia, varios puntos do
mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de España. Londres é digna
capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que rebordan aquelas cidades vedes as
indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en
tódolos arredores a longuísima distancia nada parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin
comercio”.

Doc.2.-O seguinte mapa amosa as liñas


ferroviarias : construídas en España entre
1848 e 1868: Doc.3.-Principais instalacións siderúrxicas en 1866

Doc.4.-Importación de algodón en rama pola aduana de Barcelona

Doc.5.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do século XIX:
“Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da modernización do país. Por unha banda
temos os esforzos privados da clase empresarial catalana por crear unha base industrial no principado. Por outra están
os repetidos intentos progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna, é dicir,
industrializada e tecnificada. O século XIX non foi en España de absoluto estancamento: en Cataluña, e en especial en
Barcelona, desenvolveuse unha notable industria; o país levou a cabo a desamortización e a construcción da rede
ferroviaria; reformouse a educación, o sistema monetario e bancario, os impostos; instituíuse

89
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

definitivamente o orzamento; sentáronse as bases da industria siderúrxica, etc. Pero en total a tan cacarexada
revolución industrial non tivo lugar”

Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o desenvolvemento económico
español no século XIX, centrando a atención na industria. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: Os
contrastes e os desequilibrios rexionais; as características do desenvolvemento ferroviario; os sectores produtivos
máis destacados; valoración global do desenvolvemento decimonónico. Lembra que non se trata de responder a
preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en
conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir de motor do
desenvolvemento económico español:

“Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso
desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades; o centro está
exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia, varios puntos do
mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de España. Londres é digna
capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que rebordan aquelas cidades vedes as
indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en todos os arredores a longuísima distancia nada
parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin comercio”.

Doc.2.-Lei Xeral de Ferrocarrís (1855):

“Art.6. Os particulares ou compañías non poderán construír liña ningunha (...) se non obtiveron previamente a
concesión da mesma (...).
Art.14. As concesións (...) outorgaranse por termo de noventa e nove anos cando máis (...).

Art.19. Os capitais estranxeiros que se empreguen na construción de ferrocarrís ou en empréstitos para este
obxecto quedan baixo a salvagarda do Estado e están exentos de represalias, confiscacións ou embargos por causa de
guerra”.

Doc.3.-Produción de ferro coado en España, 1861-1900 (en millares de toneladas):

ANOS MÁLAGA SEVILLA OVIEDO BISCAIA OUTROS TOTAL


1861-65 12,43 2,22 13,17 11,73 6,10 45,65
1866-70 1,91 1,36 19,24 10,73 9,32 42,56
1871-75 3,08 1,38 24,90 8,72 7,45 45,53
1876-80 3,36 1,43 28,84 17,24 11,7 62,57
1881-85 1,51 1,38 40,08 76,71 11,91 131,59
1886-90 33,18 138,97 2,07 174,22
1891-95 44,30 ? 185,49
1896-1900 52,10 227,69 9,45 289,24

Doc.4.-Neste texto publicado en 1860 saliéntase a importancia da industria catalá:

“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen dúbida o
núcleo da forza e riqueza industrial da Península; Barcelona é chamada por propios e estraños o Manchester da nosa
querida patria (…). Non hai probablemente industria ningunha que non teña en Cataluña a súa representación (…).
Sabadell e Terrassa adiantaron tan considerablemente na fabricación de las, que xa os seus artefactos chamaron a
atención en exposicións nacionais e estranxeiras. Non menos progresou a cidade de Reus na industria de tecer a seda
(…). Girona elabora en grandes cantidades papel continuo para imprimir e escribir (…).

As poboacións de Gracia, Sants, Sant Martí, Sant Andreu, Horta e Badalona, que parecen simplemente barrios
anexos á capital do principado, son outras tantas poboacións fabrís, nas que a industria se atopa tan adiantada coma na
mesma metrópole”.

90
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.5.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do século XIX:

“Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da modernización do país. Por unha banda
temos os esforzos privados da clase empresarial catalá por crear unha base industrial no principado. Por outra están os
repetidos intentos progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna, é dicir,
industrializada e tecnificada. O século XIX non foi en España de absoluto estancamento: en Cataluña, e en especial en
Barcelona, desenvolveuse unha notable industria; o país levou a cabo a desamortización e a construción da rede
ferroviaria; reformouse a educación, o sistema monetario e bancario, os impostos; instituíuse definitivamente o
orzamento; sentáronse as bases da industria siderúrxica, etc. Pero en total a tan cacarexada revolución industrial non
tivo lugar”.

11.- O movemento obreiro (Sexenio Democrático e Restauración)

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


terá que contextualizar a expansión do movemento obreiro no período político do
Sexenio Democrático, relacionándoo co recoñecemento de dereitos na constitución de
1869 e coa influencia da AIT. Tamén deberá ofrecer unha explicación básica dos
principios esenciais defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e marxista/socialista
(obxectivos e medios empregados para a súa consecución). Así mesmo, cumpriría que
se referise á evolución do movemento obreiro no último terzo do século XIX,
sinaladamente da Restauración, como momento de consolidación das organizacións de
traballadores e do recoñecemento dos sindicatos, sen esquecer os episodios represivos.
(Vicens Vives páxs. 216-221)

Na sociedade de clases que se configurou paralelamente á industrialización e ao


desenvolvemento capitalista, existiu unha importante conflitividade social que deu orixe
ao nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais
para a clase traballadora. O conxunto destas actividades chámase movemento obreiro.

Os primeiros episodios de protesta obreira son accións desorganizadas de carácter


ludista (Ludismo/Ned Ludd) (Vocabulario) nos que os obreiros, vendo que as novas
máquinas eliminan postos de traballo e baixan os salarios destruían as máquinas que
lles quitaban o traballo (destrución de máquinas de fiar en Alcoy en 1821; incendio da
fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835-primeiro vapor de España), contestadas cunha
forte represión por parte do goberno e a patronal.

Nun principio os obreiros formaron asociacións de socorro mutuo. Influídas polo


socialismo utópico, plantéxanse como sociedades benéficas e de axuda mutua para
facer fronte (caixa de resistencia) ós problemas do asociado en caso de enfermidade,
despido, morte, etc. Este plantexamento buscaba evitar a prohibición que impón a
lexislación liberal para as asociacións obreiras. Desenvólvense a partir da Lei de
sociedades de socorros mutuos de obreiros de 1839. Estas sociedades terán
importancia no téxtil catalán, cun marcado carácter sectorial e local, e reivindicarán o
dereito de asociación pleno para poder reclamar melloras salariais e das condicións de
traballo. O desenvolvemento destas asociacións producirase durante os breves períodos
de goberno progresista (Espartero 1840-1843 / Bienio progresista de 1854-56). O feito
de maior transcendencia foi a primeira folga xeral (1855), durante o Bienio Progresista.
Orixinouse como reacción contra unhas novas máquinas, as selfactinas, que aforraban
man de obra e deixaron a moitos obreiros no paro.

91
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

As revoltas agrarias foron constantes no campo andaluz dende a desamortización


de Madoz (1855). Nese ano houbo en Aragón, Castela e Andalucía que se estendeu os
anos seguintes, un forte movemento de ocupación de terras, chegando a formar un
exército de 10.000 homes armados e outros tantos sen armas. Fracasan por falta de
apoio político e polo medo á radicalización, pero o afán de terras continuou e as
revoltas prolongáronse durante máis de medio século.

As novas ideoloxías Obreiras:

Aparecen na segunda metade no XIX e tiveron unha fonda repercusión nos


movementos sociais. Competiron polo control do movemento obreiro. as diferencias non
eran só ideolóxicas, senón tamén sobre a estratexia revolucionaria a desenvolver, o que
orixinou fortes tensións entre as organizacións máis representativas.

ANARQUISMO:

Introducido no 1868 por Giuseppe Fanelli, amigo de Bakunin. Foi moi importante en
Cataluña, Levante e Andalucía.

Pretende unha transformación revolucionaria da sociedade mediante:


 A destrución do Estado.
 A eliminación de autoridade ou poder: político, relixioso, familiar, económico e ou
militar.
 Supresión da propiedade privada e a abolición do dereito da herdanza.
 Eliminación das diferenzas socieconómicas.
 Nova sociedade organizada en Comunas, autoxestionadas e federadas entre si.

Os anarquistas desconfían da loita política como medio para lograr a


transformación da sociedade, e practican a abstención e o retraemento electoral.
Utilizaron como vía de loita a folga xeral revolucionaria, os sindicatos, organizacións
clandestinas, o emprego da violencia e os atentados -propaganda pola acción-.

SOCIALISMO MARXISTA:

Foi Paul Lafargue, xenro de Marx, quen introduciu e divulgou o pensamento


marxista en España durante a súa estadía en 1871.

Os obxectivos marxistas centráronse en conseguir a sociedade socialista mediante


a transformación da capitalista, e para iso había que ter en conta que Marx pretende
explicar a evolución da sociedade humana e do home como individuo, mediante factores
principalmente materiais :
-Infraestrutura.- Os factores económicos, a economía son, para Marx, o suxeito e o
motor da historia. Agora ben, toda economía fundaméntase no modo que teñen os
homes de procurarse os medios de subsistencia, e ese modo é o traballo, a produción.
Segundo o modo de produción establécense unhas determinadas relacións sociais ou
relacións de produción.
-Superestrutura.- Todos os demais factores detectables nunha sociedade: arte,
relixión, dereito, moral, filosofía, etc., son consecuencias (creados e modificados) desa

92
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

infraestrutura económica e constitúen o que se chama a superestrutura que está sempre


ao servizo da clase dominante.

E é que, en efecto, a sociedade áchase dividida en clases sociais: a dominante e a


dominada, a explotadora e a explotada: capitalista / proletariado. Sempre foi igual, e toda
a historia da humanidade ten como verdadeiro motor a loita de clases. Na Antigüidade:
amos / escravos; na Idade Media: señores feudais / servos; na Idade Moderna:
capitalistas / proletarios.

A historia dunha sociedade, pensa Marx, é a historia da súa loita de clases, clases
que son o produto das relacións económicas. A loita de clases ten lugar de modo
dialéctico: unha é a tese, a outra a antítese e delas xurdirá a síntese. Así, tese:
capitalismo; antítese: proletariado; síntese: sociedade comunista: Sociedade sen clases
e sen tensión.

-Os traballadores deben conquistar o poder e utilizar o Estado como instrumento de


nivelación social. (ditadura do proletariado). Unha vez conquistado o poder, o
proletariado debía impoñer medidas de forza: expropiación da propiedade privada e dos
medios de produción e financeiros, que debían pasar ao Estado. Lograda a
colectivización e socialización dos medios de produción, todos os individuos deberían ter
iguais condicións de vida e conseguiríase a desaparición das clases sociais, na nova
sociedade socialista.

SINDICATOS E PARTIDOS OBREIROS

En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores


(AIT), tamén coñecida como Primeira Internacional, co obxectivo de potenciar a unión do
proletariado en todo o mundo. Logo da revolución de 1868 fundouse en Barcelona no
1870, a Federación rexional Española (FRE), integrada na AIT, aínda que con maioría
anarquista. As disputas entre Marx e Bakunin culminaron coa expulsión dos
anarquistas da AIT.

O italiano Giuseppe Fanelli viaxou a Madrid e Barcelona para crear os primeiros


núcleos de afiliados á Internacional. Difundiu os ideais anarquistas como se fosen os da
AIT. Isto axudou á expansión da ideas anarquistas entre o proletariado catalán e
campesiñado andaluz.

A Federación Rexional española iniciou unha rápida extensión por toda España,
alcanzando o seu máximo desenvolvemento en 1873 con case 40.000 afiliados, na súa
maioría traballadores de Cataluña, Levante e Andalucía. Este crecemento provocou un
forte temor nos empresarios e políticos liberais.

O levantamento popular en Alcoy no 1873 propiciou a prohibición das actividades


da Internacional en España no 1874, aínda que seguiu actuando na clandestinidade
ata a súa disolución en 1881.

93
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

As organizacións anarquistas.

Non presentaron unha fronte común, senón que se caracterizaron pola súa división,
tanto a nivel ideolóxico como polas tácticas desenvolvidas. Cómpre diferenciar.

A. Partidarios das actuacións no terreo sindical:


Xorde para defender os principios colectivistas e antiautoritarios. Fundan en
Barcelona en 1882 a Federación de Traballadores da Rexión Española, herdeira da
FRE. As disensións ideolóxicas entre as seccións agrarias andaluzas e as industriais
catalás, provocaron que en 1888 se transformase en Federación de Resistencia ao
Capital, buscando a unión de todas as tendencias.

A finais do século XIX as federacións locais anarquistas intentaron integrarse nunha


única organización, Solidariedade Obreira, moi activa en Cataluña nos anos 1906-1908.
A represión desatada logo da Semana Tráxica de Barcelona propiciou a fundación en
Barcelona no 1910 da CNT, Confederación Nacional do Traballo, que defendeu a folga
xeral revolucionaria como táctica esencial para a emancipación da clase traballadora.
Foi a principal asociación sindical nas décadas iniciais do século XX. En plena
clandestinidade coa ditadura de Primo de Rivera no 1923, os máis radicais fundaron en
1927 a Federación Anarquista Ibérica (FAI).

B. A Corrente revolucionaria.
Defenderon o emprego da propaganda pola acción (actos terroristas), con
atentados contra intereses e personalidades da clase dominante, como medio para
conseguir o derrubamento da orde establecida. A partir de 1878 foron responsables de
numerosos atentados e asasinatos. Atentados contra Alfonso XIII e Alfonso XIII,
asasinatos dos presidentes do goberno Cánovas, Canalejas e Dato, etc. Nesta liña de
actuación encádrase a organización andaluza anarquista e secreta a Man Negra (1882-
3)
A difusión das ideas anarquistas produciuse mediante a prensa e os libros, así como a
creación de ateneos libertarios. Entre os periódicos destacaron las revistas Blanca e
Acracia.

As Organizacións socialistas marxistas.

A difusión das teorías marxistas en España veu da man de Paul Lafargue, xenro
de Marx. Instalado en Madrid no 1871 impulsou o grupo de internacionalistas madrileños
favorables ás posicións marxistas. Este grupo integrado por Francisco Mora, José
Mesa e Pablo Iglesias desenvolveu a través do xornal La Emancipación unha ampla
campaña a prol da conquista do poder político pola clase obreira.

As discrepancias entre as dúas correntes internacionalistas culminaron en 1872 coa


expulsión do grupo madrileño da FRE e coa fundación da Nova Federación
Madrileña, netamente marxista. A Nova federación Madrileña, transformouse no 1879
na Agrupación Socialista madrileña, fundada polo tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias,
núcleo orixinario do Partido Socialista español (PSOE). O partido contaba cun
periódico, El Socialista, e tras a publicación da Lei de Asociacións de 1887, celebrou o
seu primeiro Congreso en 1888.

94
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A Unión Xeral de Traballadores (UXT) foi constituída como federación de sindicatos


socialistas en 1888. As ideas básicas do programa socialista eran: 1.- Posesión do poder
político pola clase traballadora. Acabaría coa loita de clases e crearía un estado
comunista onde todos fosen iguais. Ata este momento aceptarán o xogo político para ir
madurando nos seus obxectivos 2.- Transformación da propiedade privada en
propiedade social (única forma de eliminar as diferenzas e crear unha sociedade de
iguais) 3.- Medidas políticas e económicas de inmediata realización para alcanzar o fin
proposto: petición de dereitos de asociación e reunión, de liberdade de prensa, de
sufraxio universal; a xornada de oito horas e o salario igual para traballadores de ambos
os sexos. 4.- Rexeitamento do terrorismo, práctica que consideraba unha falsa vía para
a liberación dos traballadores. 5.- Oposición á expansión colonial e ás guerras. (medios
que utilizan os países capitalistas para consolidar o seu sistema económico)

Unha das particularidades foi a estreita interdependencia existente entre o partido e o


sindicato, así como a dobre militancia dos afiliados e dos membros das respectivas
executivas. As zonas de maior implantación foron Madrid, Biscaia e Asturias,
posteriormente, o campo andaluz e Cataluña.

En 1889 ambas organizacións, representadas por Pablo Iglesias, contribuíron á


fundación en París da Segunda Internacional. Entre os seus acordos estaban a
declaración do Primeiro de Maio como día da clase obreira e a loita pola xornada de 8
horas.

A partir do 1890 o PSOE participou nas eleccións municipais e xerais, e Pablo


Iglesias chegou a ser o primeiro deputado obreiro no 1910.

A Revolución Soviética, no 1917, fixo que unha parte de afiliados socialistas,


partidarios de seguir o modelo soviético, fundan en 1921 o Partido Comunista de
España(PCE).

Sociedades obreiras católicas

Ante o avance do anarquismo e do socialismo entre as clases traballadoras a


xerarquía eclesiástica intentou contrarrestalas mediante a creación de organizacións con
obxectivos semellantes, pero desde unha óptica cristiá. Como os Círculos católicos,
casas de beneficencia como as de Vicente de Paul. Defendían a colaboración entre
clases e a concordia social que defendía a Igrexa. Moito éxito entre as traballadoras
domésticas. Concesión do dereito de folga 1909 e redución da xornada laboral a 8
horas no 1919.

A resposta Patronal.

Para defender os seus intereses, meter presión aos gobernos e facer fronte as
reivindicacións proletarias, empresarios e comerciantes constituíron asociacións: Xuntas
de Comercio, Cámaras Oficiais, Comisión de fábricas, etc. Polo xeral eran de ámbito
provincial ou rexional, aínda que algunhas tiveron implantación estatal como a
Confederación Patronal española.

95
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Asociacións de mulleres.

Nos anos finais do XIX os colectivos de mulleres traballadoras comezaron a


organizarse sindicalmente. Tiveron que vencer a resistencia das propias mulleres e as
trabas impostas polos seus compañeiros, que trataban de deixalas á marxe da loita
sindical.
En Galicia foron as mulleres das fábricas de conservas de Vigo e as misteiras
(traballadoras das fábricas de mistos-fósforos) coruñesas, as primeiras en crear os
seus propios sindicatos.

Conclusión
A pesar das dificultades o movemento obreiro español foi conseguindo que o
Estado Liberal elaborase leis de carácter laboral que regulasen o traballo, os salarios. En
1883 creouse a Comisión de reformas sociais. En 1903 esta Comisión foi convertida no
Instituto de Reformas sociais, entidade destinada a coñecer a situación socioprofesional
do país para asesorar o Goberno, impulsando leis de mellora das condicións da clase
obreira. En 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión, para a xestión dunha
incipiente seguridade social.

Composicións ABAU:

ABAU 2021
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o movemento obreiro. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á expansión do movemento obreiro no Sexenio, á
crecente influencia da AIT e aos principios defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e socialista. (5
puntos)
Doc. 1. Mensaxe enviada polas asociacións obreiras de Cataluña ao Terceiro Congreso da Asociación
Internacional de Traballadores de Bruselas en setembro de 1868:
“Encadeadas despois de longo tempo por un poder despótico, as sociedades obreiras de España
envían un saúdo cordial ós seus irmáns do resto de España. O momento presente non é moi
favorable ás asociacións. Non obstante […] en Cataluña e en Andalucía as asociacións obreiras
desenvólvense pouco a pouco […]. Os obreiros españois están dispostos a loitar cos seus irmáns
contra esa formidable asociación do Exército, do Trono e do Altar, para establecer ao fin, sobre
bases sólidas, a paz, a xustiza e o traballo”.
Doc. 2. Manifesto da Federación Rexional Española aos traballadores españois, Madrid, 31 de xaneiro de
1872.
“O noso lema non pode ser máis claro nin terminante:
NON MÁIS DEREITOS SEN DEBERES; NON MÁIS DEBERES SEN DEREITOS
Ou noutros termos: O QUE QUEIRA COMER QUE TRABALLE
Este é o socialismo que proclama a Internacional, cuxas dúas afirmacións principais son: en
economía, o colectivismo; en política, a anarquía. O colectivismo, é dicir, a propiedade común
dos instrumentos do traballo, utilización dos mesmos polas colectividades obreiras que os fagan
directamente producir, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de cada cal. A
anarquía, é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa a súa conversión en simples administradores
dos intereses colectivos”.

96
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 3. Informe da agrupación socialista madrileña ante a Comisión de Reformas Sociales, 1884.
“Queredes de boa fe favorecer a clase traballadora? Recoñecédelle os dereitos políticos;
permitídelle a libre emisión das súas ideas, a asociación en defensa dos seus intereses, a libre
acción política, nunha palabra. Reservádevos en boa hora, o dereito de manter pola forza a orde
pública. Nós, que sabemos que toda revolución vai precedida dunha evolución máis ou menos
rápida, pero sempre longa, coidaremos de non vos dar o gusto de que resolvades pola forza o que
non podedes alcanzar coa razón. Quedaremos citados para a batalla final. Entre tanto, viviremos
dentro da legalidade, limitada só pola necesidade da orde pública; loitaremos pacificamente na
prensa, nos comicios, nas asembleas. Compararemos pacificamente intereses con intereses,
doutrina con doutrina. Veremos cales triunfan na opinión pública, na conciencia social”.
ABAU 2019
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS.

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro no último terzo do
século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ao proceso de
consolidación das sociedades obreiras en España, á identificación das principais organizacións da época e á
delimitación das súas diferenzas ideolóxicas e estratéxicas.
Doc. 1. A AIT aos obreiros españois. Xenebra, 26 de decembro de 1868:
“O pobo español expulsou a raíña Isabel; nós posuímos a convicción de que non sufrirá máis o restablecemento
do realismo.
[…] Reivindicade por tanto as reformas que a revolución política por si soa é incapaz de producir para o ben do
pobo, para o ben de todos. […]
Irmáns de España:
Vinde, adherídevos en masa á nosa obra; que as vosas sociedades obreiras veñan afiliarse á nosa asociación, que
as seccións da Internacional se funden e multipliquen en todas as vosas cidades, en todas as vosas aldeas. O porvir é
voso”.
Doc. 2. Proclama dirixida pola Comisión federal da Federación Rexional Española a todos os internacionais
(Alcoi, 24 de febreiro de 1873):
“[…] A base principal da revolución que anhelamos cremos que consiste na completa descentralización, ou
mellor dito, na destrución total dos poderes autoritarios, eternos inimigos do progreso, da liberdade e da xustiza.
[…] É preciso ir adiante cara ao triunfo da Anarquía e do Colectivismo, é dicir, a destrución de todos os poderes
autoritarios e dos monopolios de clase, onde NON HABERÁ NIN PAPAS, NIN REIS, NIN BURGUESES, NIN
CURAS, NIN MILITARES, NIN AVOGADOS, NIN XUÍCES, NIN ESCRIBÁNS NIN
POLÍTICOS; pero si unha libre federación universal de libres asociacións obreiras agrícolas e industriais […].”
Doc. 3. Estatutos da UXT, aprobados en Barcelona en 1888:
“Artigo 1º. A Unión Xeral de Traballadores de España ten por obxecto: 1º. Reunir no seu seo as Sociedades,
Federacións e Unións de Resistencia. 2º. Crear novas Seccións de oficio e constituílas en Federacións Nacionais. 3º.
Mellorar as condicións de traballo. 4º. Manter estreitas relacións coas organizacións obreiras dos demais países que
persigan o mesmo fin ca esta Unión, e practicar con elas, sempre que sexa posible, o principio da solidariedade.
Artigo 2º. A Unión Xeral de Traballadores de España proponse realizar o seu obxecto apelando á folga ben
organizada e solicitando dos Poderes públicos cantas leis favorezan os intereses do traballo, tales como a xornada
legal de oito horas, fixación dun salario mínimo, igualdade de salario para os obreiros dun e outro sexo, etc. […].”
Rúbrica de correción:
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

97
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -Contextualizar o desenvolvemento do movemento obreiro en Españadurante o
Sexenio Democrático.
-Referencia xenérica aos factores que permitiron a expansión do movemento
obreiro neste período: a AIT e o dereito de asociación recoñecido na
constitución de 1869.
-Explicación básica dos principios esencias defendidos polas ideoloxías obreiras
anarquista e marxista/socialista facendo referencia aos seus obxectivos e aos medios
empregados para a súa consecución.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción Redacción: texto
formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable (3,5- Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
4) das seguintes cuestións):
-Refírense as primeiras manifestacións do movemento obreiro anteriores a 1868
(ludismo, Sociedades de Socorros Mutuos, folgas) insistindo no seu carácter
espontáneo e na súa escasa organización e repercusión en comparación coas
organizacións obreiras do útlimo terzo do s.XIX.
-Analízase o proceso de implantación da ideoloxías obreiras en España:
personalidades difusoras, zonas de maior arraigo de cada ideoloxía e citánse as
principais organizacións obreiras anarquistas e socialistas.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado): a resposta analiza
parte do seu contido:
DOC. 1: Salientar a chegada do internacionalismo a España tras a
Revolución A Gloriosa e a necesidade de reformas laborais aproveitando a
conxuntura de cambio político.
DOC. 2: Explicar as reivindicacións do FRE salientando a súa
orientación anarquista.
DOC. 3: Analizar os estatutos da UXT e relaciona as súas peticións (melloras
salariais e redución da xornada de traballo) coa situación laboral dos obreiros
nesta etapa.
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllense unha ou
(4,5-5) varias das seguintes cuestións):
-Analizar as distintas tendencias que coexistiron dentro do anarquismo no último
terzo do s.XIX en España (anarquismo puro, anarco- sindicalismo e anarco-
comunismo).
-Facer fincapé na orientación anarquista da difusión da I Internacional en España, o
que explica a identificación da FRE con dito ideario e o maior espallamento e
arraigo das ideas anarquistas fronte as socialistas.
-Referir a evolución do movemento obreiro no útlimo terzo do s.XIX: momento
álxido durante a Primeira República intimamente relacionado
co cantonalismo, e represión durante a Restauración polo temor que aFRE-AIT
xerou nos empresarios e nos políticos moderados (disolución e clandestinidade das
organizacións obreiras).
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analizar en
profundidade o contido dalgún dos documentos):
-Doc.1: Salientar a falta de interese dos dirixentes da revolución de 1868 por
resolver os problemas reais do proletariado, de aí a necesidade de que este se adhira
en masa ás organización obreiras internacionais.
-Doc.2: Relacionar o contido da proclama co movemento cantonalista da Primeira
República (descentralización e libre federación).
98
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

-Doc.3: Facer referencia á organización interna da UXT (sindicatos de oficio a nivel


local e federacións nacionais) e algún dos seus logros (p.ex. a celebración do 1º de
maio por primeira vez en España en 1890).
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está
ben articulado e argumentado

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2021

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o movemento obreiro. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á expansión do movemento obreiro no Sexenio, á crecente
influencia da AIT e aos principios defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e socialista. (5 puntos)

Doc. 1. Mensaxe enviada polas asociacións obreiras de Cataluña ao Terceiro Congreso da Asociación
Internacional de Traballadores de Bruselas en setembro de 1868:
“Encadeadas despois de longo tempo por un poder despótico, as sociedades obreiras de España envían un saúdo
cordial ós seus irmáns do resto de España. O momento presente non é moi favorable ás asociacións. Non obstante […]
en Cataluña e en Andalucía as asociacións obreiras desenvólvense pouco a pouco […]. Os obreiros españois están
dispostos a loitar cos seus irmáns contra esa formidable asociación do Exército, do Trono e do Altar, para establecer
ao fin, sobre bases sólidas, a paz, a xustiza e o traballo”.

Doc. 2. Manifesto da Federación Rexional Española aos traballadores españois, Madrid, 31 de xaneiro de
1872.
“O noso lema non pode ser máis claro nin terminante: NON MÁIS DEREITOS SEN DEBERES; NON MÁIS
DEBERES SEN DEREITOS Ou noutros termos: O QUE QUEIRA COMER QUE TRABALLE Este é o socialismo
que proclama a Internacional, cuxas dúas afirmacións principais son: en economía, o colectivismo; en política, a
anarquía. O colectivismo, é dicir, a propiedade común dos instrumentos do traballo, utilización dos mesmos polas
colectividades obreiras que os fagan directamente producir, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de
cada cal. A anarquía, é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa a súa conversión en simples administradores dos
intereses colectivos”.

Doc. 3. Informe da agrupación socialista madrileña ante a Comisión de Reformas Sociales, 1884. “Queredes
de boa fe favorecer a clase traballadora? Recoñecédelle os dereitos políticos; permitídelle a libre emisión das súas
ideas, a asociación en defensa dos seus intereses, a libre acción política, nunha palabra. Reservádevos en boa hora, o
dereito de manter pola forza a orde pública. Nós, que sabemos que toda revolución vai precedida dunha evolución
máis ou menos rápida, pero sempre longa, coidaremos de non vos dar o gusto de que resolvades pola forza o que non
podedes alcanzar coa razón. Quedaremos citados para a batalla final. Entre tanto, viviremos dentro da legalidade,
limitada só pola necesidade da orde pública; loitaremos pacificamente na prensa, nos comicios, nas asembleas.
Compararemos pacificamente intereses con intereses, doutrina con doutrina. Veremos cales triunfan na opinión
pública, na conciencia social”.

MOI DEFICIENTE Resposta en branco (0)


A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0/1)

Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
DEFICIENTE(1,5-2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos e estáelaborada como
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,frases incoherentes
ou mal articuladas.

99
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Contidos:
-Contextualizar o desenvolvemento do movemento obreiro en España durante o Sexenio
APROBADO(2,5-3) Democrático.
-Referencia xenérica aos factores que permitiron a expansión do movemento obreiro neste
período: a AIT e o dereito de asociación recoñecido na constitución de 1869.
-Explicación básica dos principios esenciais defendidos polas ideoloxíasobreiras anarquista e
marxista/socialista facendo referencia aos seusobxectivos e aos medios empregados para a
súa consecución.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.

NOTABLE(3,5-4) Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das
seguintes cuestións):
-Refírense as primeiras manifestacións do movemento obreiro anteriores a 1868 (ludismo,
Sociedades de Socorros Mutuos, folgas) insistindo no seu carácter espontáneo e na súa
escasa organización e repercusión en comparación coas organizacións obreiras do último
terzo do s.XIX.
-Analízase o proceso de implantación das ideoloxías obreiras en España: personalidades
difusoras, zonas de maior arraigo de cada ideoloxía e cítanse as principais organizacións
obreiras anarquistas e socialistas.
Uso dos documentos ademais do esixido para o aprobado,
-A resposta salienta o escaso desenvolvemento do movemento obreiro en España con
anterioridade á constitución de 1869/Fai referencia ás vinculacións establecidas entre os
primeiros núcleos do movementoobreiro en España e a AIT a partir do contido do doc.1
-Relaciona de xeito expreso partes do documento 2 cos principios da ideoloxía anarquista
defendidos pola FRE.
-Analiza as principais peticións dos socialistas e a súa actuación dentro da
legalidade/Comenta a estratexia socialista de participar na vida política e actuar pola vía
pacífica mentres non ten lugar a revolución que acabe co sistema liberal-burgués (doc. 3).
Redacción: correcta e texto coherente.

SOBRESALIENTE Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha ou varias das
(4,5-5) seguintes cuestións):
-Analizar as distintas tendencias que coexistiron dentro do anarquismo no último terzo do
s.XIX en España (anarquismo puro, anarco-sindicalismo e anarco-comunismo).
-Facer fincapé na orientación anarquista da difusión da I Internacional en España, o que
explica a identificación da FRE con dito ideario e o maior espallamento e arraigo das ideas
anarquistas fronte as socialistas.
-Referir a evolución do movemento obreiro no último terzo do s.XIX: momento álxido
durante a Primeira República, intimamente relacionado co cantonalismo, e represión
durante a Restauración polo temor que FRE-AIT xerou nos empresarios e políticos
moderados (disolución e clandestinidade das organizacións obreiras).
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable no comentario analízase en
profundidade o contido dalgún dos documentos)
-Relaciónase o doc.1 coa orientación anarquista da difusión da I Internacional en España:
“os obreiros españois están dispostos a loitar cos seus irmáns contra esa formidable
asociación do Exército, do Trono e do Altar”/Menciónase que Cataluña e Andalucía son
zonas de forte implantación do anarquismo ademais de tradicionais focos de
reivindicación proletaria.
-Na análise do doc. 2 sublíñase a defensa do colectivismo económico por parte dos
membros da Federación Rexional Española, o que supón de ruptura co sistema capitalista
vixente.
-Sinálase que a constitución da Comisión de Reformas Sociais evidencia que os gobernos
liberais dos inicios da Restauración eran conscientes da necesidade de mellorar a situación
da clase obreira.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado

100
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

ABAU 2019
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS.

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro no último terzo do
século XIX. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ao proceso de
consolidación das sociedades obreiras en España, á identificación das principais organizacións da época e á
delimitación das súas diferenzas ideolóxicas e estratéxicas.
Doc. 1. A AIT aos obreiros españois. Xenebra, 26 de decembro de 1868:
“O pobo español expulsou a raíña Isabel; nós posuímos a convicción de que non sufrirá máis o restablecemento
do realismo.
[…] Reivindicade por tanto as reformas que a revolución política por si soa é incapaz de producir para o ben do
pobo, para o ben de todos. […]
Irmáns de España:
Vinde, adherídevos en masa á nosa obra; que as vosas sociedades obreiras veñan afiliarse á nosa asociación, que
as seccións da Internacional se funden e multipliquen en todas as vosas cidades, en todas as vosas aldeas. O porvir é
voso”.
Doc. 2. Proclama dirixida pola Comisión federal da Federación Rexional Española a todos os internacionais
(Alcoi, 24 de febreiro de 1873):
“[…] A base principal da revolución que anhelamos cremos que consiste na completa descentralización, ou
mellor dito, na destrución total dos poderes autoritarios, eternos inimigos do progreso, da liberdade e da xustiza.
[…] É preciso ir adiante cara ao triunfo da Anarquía e do Colectivismo, é dicir, a destrución de todos os poderes
autoritarios e dos monopolios de clase, onde NON HABERÁ NIN PAPAS, NIN REIS, NIN BURGUESES, NIN
CURAS, NIN MILITARES, NIN AVOGADOS, NIN XUÍCES, NIN ESCRIBÁNS NIN
POLÍTICOS; pero si unha libre federación universal de libres asociacións obreiras agrícolas e industriais […].”
Doc. 3. Estatutos da UXT, aprobados en Barcelona en 1888:
“Artigo 1º. A Unión Xeral de Traballadores de España ten por obxecto: 1º. Reunir no seu seo as Sociedades,
Federacións e Unións de Resistencia. 2º. Crear novas Seccións de oficio e constituílas en Federacións Nacionais. 3º.
Mellorar as condicións de traballo. 4º. Manter estreitas relacións coas organizacións obreiras dos demais países que
persigan o mesmo fin ca esta Unión, e practicar con elas, sempre que sexa posible, o principio da solidariedade.
Artigo 2º. A Unión Xeral de Traballadores de España proponse realizar o seu obxecto apelando á folga ben
organizada e solicitando dos Poderes públicos cantas leis favorezan os intereses do traballo, tales como a xornada
legal de oito horas, fixación dun salario mínimo, igualdade de salario para os obreiros dun e outro sexo, etc. […].”

Rúbrica de correción:
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -Contextualizar o desenvolvemento do movemento obreiro en Españadurante o
Sexenio Democrático.
-Referencia xenérica aos factores que permitiron a expansión do movemento
obreiro neste período: a AIT e o dereito de asociación recoñecido na
constitución de 1869.
-Explicación básica dos principios esencias defendidos polas ideoloxías obreiras

101
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

anarquista e marxista/socialista facendo referencia aos seus obxectivos e aos


medios empregados para a súa consecución.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción Redacción: texto
formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable (3,5- Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
4) das seguintes cuestións):
-Refírense as primeiras manifestacións do movemento obreiro anteriores a 1868
(ludismo, Sociedades de Socorros Mutuos, folgas) insistindo no seu carácter
espontáneo e na súa escasa organización e repercusión en comparación coas
organizacións obreiras do útlimo terzo do s.XIX.
-Analízase o proceso de implantación da ideoloxías obreiras en España:
personalidades difusoras, zonas de maior arraigo de cada ideoloxía e citánse as
principais organizacións obreiras anarquistas e socialistas.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado): a resposta analiza
parte do seu contido:
DOC. 1: Salientar a chegada do internacionalismo a España tras a
Revolución A Gloriosa e a necesidade de reformas laborais aproveitando a
conxuntura de cambio político.
DOC. 2: Explicar as reivindicacións do FRE salientando a súa
orientación anarquista.
DOC. 3: Analizar os estatutos da UXT e relaciona as súas peticións (melloras
salariais e redución da xornada de traballo) coa situación laboral dos obreiros
nesta etapa.
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllense unha ou
(4,5-5) varias das seguintes cuestións):
-Analizar as distintas tendencias que coexistiron dentro do anarquismo no último
terzo do s.XIX en España (anarquismo puro, anarco- sindicalismo e anarco-
comunismo).
-Facer fincapé na orientación anarquista da difusión da I Internacional en España, o
que explica a identificación da FRE con dito ideario e o maior espallamento e
arraigo das ideas anarquistas fronte as socialistas.
-Referir a evolución do movemento obreiro no útlimo terzo do s.XIX: momento
álxido durante a Primeira República intimamente relacionado
co cantonalismo, e represión durante a Restauración polo temor que aFRE-AIT
xerou nos empresarios e nos políticos moderados (disolución e clandestinidade das
organizacións obreiras).
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analizar en
profundidade o contido dalgún dos documentos):
-Doc.1: Salientar a falta de interese dos dirixentes da revolución de 1868 por
resolver os problemas reais do proletariado, de aí a necesidade de que este se adhira
en masa ás organización obreiras internacionais.
-Doc.2: Relacionar o contido da proclama co movemento cantonalista da
Primeira República (descentralización e libre federación).
-Doc.3: Facer referencia á organización interna da UXT (sindicatos de oficio a
nivel local e federacións nacionais) e algún dos seus logros (p.ex. a celebración do
1º de maio por primeira vez en España en 1890).
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto
está ben articulado e argumentado

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas
orixes ata a crise da Restauración. Estruturando libremente a túa composición á luz dos documentos, e tendo en
conta a súa contextualización, debes atender cando menos ós seguintes aspectos: razóns e reivindicacións obreiras,
formas de organización e loita, e caracterización ideolóxica das principais organizacións obreiras.

102
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.1.-Parte do xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata (Barcelona, 1835):

“Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades, cando se
decataron de que tentaban este ataque os amotinados, enviaron toda a forza de que se podía dispoñer, co fin de atallar
o incendio; mais en balde, xa que estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas
diminuían a producción do traballo manual. Os donos da fábrica, que tiñan hai días temores deste ataque, tomaron
precaucións cunha garda dos seus propios dependentes, quen prematuramente fixeron fogo ós amotinados, cousa que
alporizou a estes e aumentou a súa insolencia. A tropa que tiña que contelos púxose de por medio e resultaron da
liorta varios mortos e feridos”.

Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario
de Pontevedra (13 de decembro de 1857):

“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece
que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de diferente
feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas as operacións son novas, non
se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que apenas
sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os
xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas
(…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nos cuartos do
director”.

Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición as Cortes:
“Señores Deputados das Cortes Constituíntes:

Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das
habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ó taller ás nosas donas con prexuízo
da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro.

Ó xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade
do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin que
carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente
o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.

Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en
adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de
salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o
desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.

Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que
para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):

“Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadán humilde e ó elevado magnate, á
relixión, á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade
persoal; á orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo
retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e
desenvolvemento!

E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados,
se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á
sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”.

Doc 4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería
definitivamente convocada en agosto:

“O proletariado organizado chegou así ó convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita
común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os
representantes da Unión General de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por

103
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar as clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que
garantan ó pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades
emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma
máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.

Outras composicións:
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas
orixes ata a Restauración. Estruturando libremente a túa composición á luz dos documentos, e
tendo en conta a súa contextualización, debes atender cando menos aos seguintes aspectos: situación da
clase obreira, causas desta situación, reivindicacións obreiras, etapas na formación do movemento
obreiro formas de organización e loita, e caracterización ideolóxica das principais organizacións obreiras.
Non esquezas a normas xerais que debes seguir nun exercicio deste tipo.

Doc. 1 Parte do xeneral Pastor sobre o incendio na fábrica Bonaplata (Barcelona 1835).
Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades
(…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inútil, xa que
estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a
produción do traballo manual. (…) resultaron da refrega varios mortos e feridos.
Doc. 2. Exposición presentada por 33.000 obreiros ás Cortes, 1855.
Señores deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das
habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas
necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro.
O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun
dereito: o dereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta
de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exixencias dos donos dos
talleres, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…).
Doc 3. Acta do Consello e comisión federal da Rexión Española. 1872.
A sección de carpinteiros ten fixado nas esquinas grandes carteis vermellos que din así: “ Alto-A.I.T.-
Sección de Carpinteiros. Esta sección acordou abolir a velada e polo tanto esperamos que ningún faga
traición a este acordo (…)”. Os carpinteiro, ferreiros, toneleiros e douradores, se os mestres non ceden a
demanda de abolir a velada, o luns 7 declararanse en folga. Queren os burgueses pedir operario a
Valladolid. Sirva isto de aviso ós obreiros desa localidade, como a todos os de España, para que,
cumprindo co deber da solidariedade, os internacionais da Coruña logren o seu triunfo completo.
Doc. 4. Programa do P.S.O.E.. 1888
O partido socialista declara que ten por aspiracións:
1. A posesión do poder político pola clase traballadora.
2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en propiedade
colectiva, social ou común. Entendemos por instrumentos de traballo a terra, as minas, os transportes,
as fábricas, máquinas,
3. A organización da sociedade sobre a base da federación económica, o usufructo dos instrumentos de
traballo polas colectividades obreiras, garantido a todos os seus membros o producto total do seu
traballo (…)
Dono o proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar a unha parte da familia
obreira, como equivocadamente(…) sosteñen certos elementos revolucionarios, senón para arrancar a
burguesía todos os seus pivilexios e monopolios e reducir ós seus individuos á categoría de simples
productores.
Doc. 5. Bases para a organización anarquista da rexión española. 1888.
1. Enténdese por anarquía o non goberno, isto é, un estado social no que no sexa necesario goberno nin
dirección algunha; porque entendemos que mentres subsista o principio de autoridade, non está garantida
a liberdade de todos os membros da sociedade (…)
2. Aínda que recoñecendo que non será unha sociedade completamente anarquista mentres exista o máis
pequeño átomo de autoritarismo ou suxeición algunha, débese considerara como garantía da liberdade a
abolición do principio de propiedade e toda explotación do home polo home.

104
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Tema 12.- A evolución da sociedade no s. XIX.

Coa configuración do Estado liberal no século XIX, as novas leis impuxeron a


igualdade xurídica de todos os cidadáns. Poñíaselles fin aos privilexios outorgados por
nacemento, os títulos ou a pertenza ao clero.

O novo sistema liberal, supuxo a liquidación da sociedade estamental, o crecemento


da burguesía, a formación do proletariado obreiro e a organización da sociedade de
clases. De todas estas modificacións saíu especialmente favorecida a burguesía que
logrou a eliminación dos obstáculos que se opoñían ao seu enriquecemento e ao
acceso do poder político.

1. Os grupos sociais tradicionais.

A Nobreza: perdeu prerrogativas e privilexios, xudiciais, fiscais e honoríficos, pero


conservou e incrementou o seu patrimonio, en parte polas compras dos bens
desamortizados. Seguiron formando parte da cúspide da nova sociedade. O aumento de
novos títulos nobiliarios concedidos polos monarcas a burgueses (ennobrecemento
burgués) contribuíu ao mantemento do seu papel social.

En Galicia, a fidalguía mantivo o poder social e político sobre os campesiños.


Desenvolveu actitudes tradicionalistas, carlismo, e conservadoras, caciquismo político. A
súa base económica era a percepción de rendas agrícolas. A medida que avanza o
século XIX perden rendas forais e a súa posición merma.

O Clero: perderon privilexios e riqueza coa revolución liberal e o número dos seus
membros quedou reducido, pola supresión de conventos, aproximadamente a un terzo
do que existía no século XVIII. Unha parte militou no inmobilismo tradicionalista, sendo
moi combativo co liberalismo e as novas ideoloxías obreiras. A súa influenza seguiu
sendo importante, confesionalidade católica do estado, control da educación recoñecido
no Concordato de 1851, etc. En liñas xerais os gobernos progresistas limitaron o seu
poder, e os moderados e conservadores o favoreceron.

O campesiñado: seguiu sendo o grupo máis numeroso e, a diferenza con outros


países europeos industrializados, reduciu escasamente os seus efectivos. En liñas
xerais sufriron as consecuencias negativas das medidas de transformación do réxime da
propiedade realizadas polos liberais (desamortizacións). En Andalucía o predominio das
grandes propiedades implica que o número de xornaleiros sen terras fose moi elevado.
Isto explica as numerosas revoltas que axitaron o campo andaluz no século XX e parte
do XX. ( en 1930 o 1% dos propietarios posuía o 42% das terras).

En Galicia: o campesiñado aínda que non posuía a propiedade da terras, tiña certos
dereitos sobre ela derivados do réxime foral, como a estabilidade da renda, dereitos de
transmisión hereditaria da explotación, etc. A excesiva parceladiño das explotacións,
minifundio, e a inmobilidade dos foros actuaron de lastre para a modernización.
Intensificaron o cultivo de millo e da pataca, as hortas, etc. Aínda así o desequilibrio
entre poboación e recursos buscaba solución a través da emigración e das protestas
(agrarismo, vocabulario)
105
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

2. Os novos grupos sociais

Burguesía e proletariado industrial constituíron os novos grupos antagónicos da nova


sociedade de clases que se formou na España Liberal.

A burguesía, estaba integrada por comerciantes, industriais, financeiros, funcionarios,


militares, profesionais liberais, rendistas, etc. constituíu o grupo ascendente da
sociedade, exercendo o poder político e económico. Os seus valores e ideais
impuxéronse a sociedade, e fálase da existencia dunha sociedade burguesa.

O limitado desenvolvemento industrial español fixo que fose un grupo escaso en


efectivos. Podemos diferenciar unha alta burguesía, financeiros, industriais con grandes
fortunas que controlaban o poder político (oligarquía) e que se localizaba en Madrid e
Barcelona e Bilbao.

Por debaixo estaba as chamadas clases medias urbanas, cunha composición moi
plural: pequenos propietarios, rendistas, donos de negocios, profesionais liberais, e os
asalariados non manuais como funcionarios ou mestres. En liñas xerais estas clases
medias foron favorables á introdución de reformas e defenderon os principios liberais e
democráticos. O seu número era escaso debido ao débil desenvolvemento económico e
urbano en España.

O proletariado: desenvolveuse parello á industrialización, de modo que este grupo


non alcanzou importancia significativa no século XX. Estaba formado por traballadores
procedentes do campo e das clases populares urbanas. Os obreiros industriais tiveron
que soportar duras condicións de vida, xornadas extenuantes, salarios ínfimos, traballo
infantil e das mulleres, elevada mortalidade, pésimas vivendas, etc polo que tiveron que
organizar accións reivindicativas para conseguir melloras salariais e laborais.

3. As mulleres defensoras do liberalismo

A causa liberal foi asumida e defendida por numerosas mulleres e moitas pagaron
coa vida a súa militancia.

Mariana Pineda: esta muller granadina pagou coa súa vida a defensa dos ideas
liberais. Tras a súa morte converteuse nun símbolo das liberdades reprimidas polo
absolutismo de Fernando VII.

Juana de Vega: esta coruñesa casou cun dos máis destacados guerrilleiros e
militares liberais, Francisco Espoz e Mina. Tivo que exiliarse no 1823 e desenvolveu un
constante activismo político e social a favor dos pobres e do liberalismo progresista tras
a morte do rei.

4. A Restauración: discriminación e reivindicación feminina.

Ao longo do período da Restauración a muller foise incorporando a tarefas ata entón


consideradas exclusivas do home, especialmente no mundo laboral pola
industrialización. Esta nova situación non mellorou a condición feminina pois a muller
106
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

seguiu discriminada desde o punto de vista xurídico, legalmente inferior ao home;


político, sen dereito de voto; e social, sometemento ao home; laboral, a igual traballo
menor salario; e cultural, restricións de acceso a estudos e institucións culturais.

A condición feminina: a subordinación da muller era xustificada pola súa suposta


inferioridade xenética, a función reprodutora convertía á muller nun ser pasivo,
incompleto, en definitiva, nun complemento do home. O destino das mulleres era o
matrimonio e concertarse no “anxo e a raíña do fogar”, papel amplamente divulgado
pola publicidade e aceptado pola sociedade oficial.

A lexislación liberal, Código Penal de 1848, Civil de 1889 e de Comercio de 1885,


discriminaba claramente á muller que quedaba sometida ao home para calquera acción
legal ou comercial.

Entre as voces que se alzaron contra esta situación destacou a da pensadora


ferrolá Concepción Arenal.

O traballo das mulleres nas cidades fóra do fogar.

A muller complementa a economía doméstica traballando fóra do fogar,


especialmente nas fábricas ou nas casa da burguesía. Esta nova situación engadiu a
discriminación laboral e salarial.

Contaban con menos dereitos e máis obrigacións laborais. Realizando o mesmo


traballo o salario da muller era inferior entre un 30 e un 60 % ao dos homes.

Lexislación protectora e incumprimento das normas: En España a primeira lei que


protexía os dereitos das mulleres e dos nenos foi a Lei Benot de 1873 que prohibía o
traballo de nenos e nenas menores de 10 anos. O seu cumprimento fue escaso. Houbo
que esperar a 1900 para que se aprobase unha nova lei que limitaba os abusos.

Os informes enviados polos servizos de inspección ao Instituto de reformas sociais


(1903) e as protestas das propias traballadoras deixan patente que as leis non se
cumprían.

Asociacionismo e reivindicación feminina.

A loita das mulleres obreiras foi máis complexa que a dos seus compañeiros varóns,
pois tiveron que encarar as contradicións do movemento obreiro dirixido principalmente
por homes, que se ben loitaban pola liberación da clase traballadora, replicaban a súa
vida sindical e cotiá o modelo patriarcal.

Desde o punto de vista ideolóxico existiron sindicatos femininos anarquistas,


socialistas, e católicos. Organicamente uns mantivéronse independentes e outros
fóronse integrando na UXT ou nas Federacións Locais anarquistas.
Paralelamente formáronse as primeiras organizacións feministas. Distinguimos dúas
correntes, unha a do feminismo obreirista de inspiración anarquista (sección Varia de
Traballadoras Anarcocolectivistas de Sabadell creada en 1884), outra socialista, cos
grupos femininos creados no PSOE a partir de 1904. E o feminismo librepensador coa
107
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

reivindicación dos dereitos femininos desde o republicanismo, o laicismo e o


anticlericalismo, coa fundación en Barcelona da Agrupación de Mulleres librepensadoras
en 1886.

Tamén xurdiron mulleres líderes que participaron en mitins e folgas como a anarquista
Teresa Claramunt e a socialista Virginia González Polo.

Textos

1.Concepción Arenal. A educación da muller. 1892


Pensamos, por tanto: que a educación debe ser a mesma para o home que para a muller; que é máis
urxente aínda respecto á muller, porque, sendo para ela a personalidade máis necesaria, está máis
combatida polas leis e polos costumes;
Que a falta de personalidade é un obstáculo para a súa instrución e, adquirida, para que a utilice;
Que, por máis que se ilustre, se non se educa, se non ten gravidade e dignidade, se non é un carácter,
unha persoa, aínda os que saiban moito menos que ela procurarán e ata lograrán facela pasar por
marisabidilla.
2. Catecismo do labrego
P.- Que quere dicir labrego?
R.- Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabiar vos que gobernan, ser
a quen fan pagar cédula como as persoas para tratalo como aos cás, que leva faldriqueira non traxe por
fantasía, boca na cara por burla, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras,
que traballa moito e come pouco, que á semellanza dous burros de arrieiro que levan ou viño e beben a
auga, procuran o trigo para comer ou millo, que anda langraneando por unha peseta sen poder nunca
xuntala, e que ven ser considerado polos seus semellantes como un ninguén que a todo chamar chámanlle
Xan Paisano.
P.- Que entendes por home de labranza?
R.- Unha caste de boi posto de pé, unha máquina de sacar cartiños dá terra.
P.- Cal é a sinal do labrego?
R.- A proeza.
P.- Por que?
R.- Porque nela vivimos e morremos.
Frei Marcos da Portela. Catecismo do labrego.1889
3. Xornadas de traballo no XIX.
Persoal.
Art.7 (…) Operarios soldadores. Desde o 1 de outubro a 30 de novembro, entrada ás 6.30 e saída as
15.30. Concédese media hora para o almorzo e unha para a comida (…) Para as mulleres e os peóns as
horas de entrada serán as mesmas que para os operarios soldadores, pero sairán media hora despois, sendo
obrigación das mulleres e aprendices a limpeza diaria das fábricas, unha vez rematada a xornada.
Regulamento interior para as fábricas de conservas de Vigo. 15-11-1899.

108
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

SÉCULO XX
COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
BLOQUES 12-22

13.- A crise da Restauración

No reinado de Alfonso XIII pódense diferenciar tres períodos:1902-1923, a


monarquía constitucional, no que se produce a crise do sistema canovista, 1923-1930, a
ditadura de Primo de Rivera, co apoio do rei, e 1930-31, e o auxe do republicanismo e o
desprestixio da monarquía que culminará coa súa caída.

1. Os inicios do reinado e as propostas de reforma.1902-1916.

Alfonso XIII inicia o reinado con 16 anos como monarca constitucional dentro do
marco da Constitución de 1876. Durante o seu reinado produciuse a progresiva
desarticulación do sistema canovista.

A. O mantemento da quenda e o fraccionamento dos partidos dinásticos.

O asasinato de Cánovas en 1897 e o falecemento de Sagasta en 1903


provocaron frecuentes disensións no seo dos seus respectivos partidos. Os novos
líderes , Silvela, Maura, Dato entre os conservadores, e Moret, Montero Ríos, Canalejas
entre os liberais, se dividiron en diversas familias, moitas veces enfrontadas entre si.

A quenda seguía funcionando pero, a medida que avanzaba o século XX, os


gobernos obtiveron cada vez menos respaldo parlamentario debido ao fraccionamento
dos seus respectivos partidos.

Esa situación favoreceu o frecuente cambio de presidente de Goberno e o


crecente intervencionismo político do rei á hora de resolver as crises gobernamentais.
Ademais a fraude electoral e o caciquismo continuaban, pero cada vez resultaban máis
insoportables para a opinión pública.

B. A crecente contestación política e social.

A contestación política e social foise incrementado apoiada polas clases medias


urbanas e as masas de obreiros e xornaleiros. Ademais da conflitividade laboral, con
numerosas folgas, continuaron os atentados anarquistas.

Nas cidades, os republicanos romperon o monopolio dos partidos dinásticos. Na


Coruña os republicanos conseguiron agrupar todas as tendencias en torno ao Casino
republicano. Contaron con fortes líderes, como Pérez Costales, Lens, Senra,etc. Desde
1899 ata 1923, de xeito ininterrompido dominaron por maioría o Pleno do Concello,
dándose a curiosa situación dunha cidade con maioría republicana pero con alcalde
monárquico nomeado polo goberno.
109
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Tamén aumentaron as correntes anticlericais que, estendidas entre os


republicanos e as organizacións obreiras socialistas e anarquistas, acentuaron o seu
enfrontamento irreconciliable co catolicismo intransixente da Igrexa, apoiado polo
sistema oficial.

Tivo gran resonancia a auxe dos nacionalismos periféricos, sobre todo en


Cataluña. En 1901 fundouse a Lliga rexionalista e Cataluña, con enorme éxito electoral,
que deu pulo a numerosas reivindicacións catalanistas que foron vistas como
ameazadoras para a unidade de España.

2. O Intervencionismo do exército e a Lei de xurisdicións.

Segundo o sistema canovista, o exército debía estar sometido ao poder civil e


non intervir en asuntos políticos. Despois do desastre do 1898, as críticas contra o
exército xeneralizáronse causando un forte malestar entre os militares que aumentaron o
seu resentimento contra as autoridades, os partidos políticos, a prensa, a sociedade
civil e os nacionalismos, desenvolvendo posturas cada vez máis conservadoras e
autoritarias en defensa dos seus intereses corporativos que os levaron a considerarse
os salvadores da patria e da unidade nacional.

En 1905 uns oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron varias redaccións de


prensa, a revista satírica Cu-Cut, e o xornal La Veu de Catalunya, nas que se defendía
o catalanismo e se criticaba ao exército. O Goberno non se atreveu a castigar a ditos
oficiais a aprobou, co consentimento do rei, a Lei de Xurisdicións de 1906, pola que se
sometía a código e a xuízo militar os delitos de opinión e de obra que fosen contra a
unidade da patria e contra o exército. Deste modo, o poder militar impúxose ao poder
civil.

3. Maura e o rexeneracionismo conservador

O goberno longo de Maura, 1907-9 puxo en marcha o seu proxecto de “revolución


desde arriba”. Facer fondas reformas políticas que desen autenticidade ao sistema, pero
sen alterar as bases do réxime.

Lei de reforma electoral: establecía que cando nunha circunscrición non se presentasen
máis candidatos que o número de postos a cubrir, automaticamente os candidatos
quedaban proclamados sen necesidade da consulta electoral. Quedaban así privados do
voto os electores neses distritos. Ademais, o artigo 24 esixía duras condicións para
presentarse: ter sido elixido anteriormente, apoio previo do censo no seu distrito
electoral. Agravou as prácticas caciquís.

Lei de Administración Local, que tamén pretendía acabar co caciquismo. Prevía unha
maior autonomía local e a posibilidade de crear mancomunidades locais e provinciais.
Non se chegou a aprobar pola oposición da oligarquía local temerosa de perder o control
do poder municipal.

O programa incluía medidas proteccionistas para a industria e Lexislación laboral: Lei


de accidentes de traballo, descanso e legalización da folga. Crean O Instituto Nacional
110
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

de Previsión.

4. Marrocos e a Semana Tráxica de 1909.

A cuestión marroquí converteuse nun problema para os gobernos españois.


España trataba de compensar a perda de Cuba e Filipinas coa ocupación do Norte de
Marrocos. Os acordos con Francia en 1904, e 1906, garantiron o territorio do macizo do
Rif e a Yebala, de clima árido e habitada por tribos ou cabilas de orixe bérber (bereber),
dominada por caudillos locais como Abd el-Krim.

Barcelona, corazón naquela época da industrialización española, vivira desde


principios de século un gran auxe das mobilizacións obreiras que culminara en 1907
coa creación de Solidariedade Obreira, organización anarquista. A Lei de Xurisdicións de
1906 trouxo un reforzamento do anticlericalismo e antimilitarismo na cidade. A política
autoritaria do goberno de Antonio Maura non axudou a acougar os ánimos. Con todo, foi
a guerra de Marrocos, a que determinou o estalido da Semana Tráxica.

Os ataques dos habitantes do Rif contra os traballadores españois dunha


compañía mineira levou á mobilización de reservistas, moitos deles casados e con
familia. A mobilización contra a guerra comezou o 18/07/1909 no porto de Barcelona,
durante o embarque de tropas cara a Marrocos

Os primeiros choques militares en Marrocos saldáronse co Desastre do Barranco


do Lobo (xullo de 1909) con máis de mil duascentas baixas españolas. O día 26 de xullo
estalou a folga xeral en Barcelona, convocada por Solidariedade Obreira e a UXT. Esta
folga xeral derivou nunha revolta popular antimilitarista e anticlerical. Os incidentes na
rúa multiplicáronse, levantáronse barricadas, producíronse queimas de conventos,
enfrontamentos co exército, etc.
As autoridades responderon declarando o Estado de guerra e enviando reforzos
para reprimir as manifestacións. Os sucesos violentos foron controlados finalmente o 2
de agosto. A Semana Tráxica tivo un brutal custo humano: un centenar de mortos,
feridos, destrucións... A represión foi moi dura (fusilamentos de Montjuic) e culminou co
xuízo sen garantías e a execución de Francisco Ferrer e Garda, pedagogo anarquista e
fundador da Escola Moderna (proxecto de escola libertaria, onde se practicou a
coeducación).

A Semana Tráxica forzou a caída do conservador Maura (a oposición berraba


¡Maura Non!). Mentres o PSOE conseguía que Pablo Iglesias fose elixido deputado en
1910, o liberal José Canalejas levou a cabo o último intento rexeneracionista dentro do
sistema da Restauración. Tamén nese ano os anarquistas fundaron a CNT,
Confederación Nacional do Traballo que desenvolvería a primeira folga xeral en España
en 1911.

5. O rexeneracionismo liberal: Canalejas. (Asasinado polos anarquistas en 1912)

A partir de 1910 o ferrolán José Canalejas propuxo desde a presidencia do


Goberno e do Partido liberal unha serie de reformas:

111
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

-Lei do Cadeado ou Lei de Asociacións relixiosas (1910): prohibe novas ordes relixiosas.
A forte oposición obrigaron ao Goberno a retirala.
-Lei de Mancomunidades:1911. Permite a formación de mancomunidades de municipios
e a concesión dunha reducida autonomía rexional. Permitiu a creación da
Mancomunidade catalá en1914.
-Reforma do sistema impositivo: imposto sobre rendas urbanas.
-Lei do Recrutamento:1912. Establecía o servizo militar obrigatorio na guerra e sen
redención en metálico, pero estableceu os soldados de cota que, mediante pago,
reducían o tempo do servizo militar.

Canalejas intentou introducir melloras nas condicións de traballo. Asasinado nun


atentado anarquista en 1912 a oposición dos sectores conservadores fixo que as súas
propostas tivesen pouco recorrido. En diante, podemos falar dunha crise permanente
dos partidos da quenda.

Rexeneracionismo intelectual: Unamuno, Maeztu, Ortega y Gasset, Joaquín Costa.


(Reformas económicas e educativas.)

6. A crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos.

A primeira guerra mundial(1914-18) tivo un grande impacto na sociedade


española, tanto desde o punto de vista ideolóxico, aliadófilos, apoiados pola esquerda e
os sectores máis liberais, e os xermanófilos, con apoios nos sectores máis
conservadores. A neutralidade favoreceu unha espectacular expansión da economía.
Mentres a burguesía industrial e financeira se enriqueceu , as clases traballadoras
sufriron un descenso do seu nivel de vida pola subida dos prezos dos produtos de
primeira necesidade., con forte demanda nos países en guerra.

No ámbito político púxose de manifesto a crise do sistema da alternancia e a


descomposición dos partidos dinásticos. Os conservadores fraccionáronse entre os
seguidores de Dato e o xurdimento dun novo movemento político, o maurismo, e os
liberais dividíronse entre os seguidores de García Prieto e os de Romanones.

A Crise de 1917.

No verán de 1917 o sistema político da Restauración atravesou por unha


situación crítica, ao confluír tres tipos de conflitos: o militar, o político e o social.

A crise militar: As Xuntas de defensa.

No outono de 1916 aparecen en Barcelona as Xuntas de Defensa militares,


asociacións formadas por oficiais para defender os seus intereses profesionais en
materia económica. O proxecto de reforma militar ,que pretendía modernizar o exército
mediante a redución do excesivo número de oficiais, e a precaria situación económica
da oficialidade explican a rápida extensión por toda España. Engaden outras
reivindicacións: regulamento dos ascensos por antigüidade (“escala pechada”) e non por
méritos de guerra, defensa do honor dos militares fronte ás críticas antimilitaristas,
represión contra as ideoloxías obreiras, etc. En xuño de 1917 presentan un ultimato ao
goberno, o manifesto das Xuntas. O goberno temeroso da rebelión militar e da ameaza
112
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

dun golpe de estado, dobregouse ante as súas esixencias. Pero os problemas no


exército seguiron: xuntistas, que reclamaban ascenso por escalafón, e africanistas, que
antepoñían os méritos de guerra., exceso de oficiais, orzamento insuficiente, etc.

A crise política. A Asemblea de Parlamentarios.

Aproveitando a debilidade do goberno provocada pola actuación das Xuntas,


diversos grupos de oposición, catalanistas, reformistas, republicanos e socialistas, viron
a oportunidade para unha reforma ou unha revolución democrática.

Francesc Cambó, líder da Lliga rexionalista de Cataluña, tomou a iniciativa. Ante a


suspensión das garantías constitucionais, a imposición da censura de prensa e o peche
das Cortes decretado polo goberno conservador de Dato. Cambó convocou a todos os
senadores e deputados españois a unha Asemblea de Parlamentarios en xullo de 1917.

A Asemblea de Parlamentarios acordou a formación dun goberno provisional e a


celebración de Cortes Constituíntes que reformasen a Constitución en sentido
descentralizador e aprobasen a autonomía para Cataluña. Pero o reducido apoio político
a esta Asemblea, só asistiron uns 70 deputados dun total de 760, na súa maioría
republicanos e socialistas, e o rexeitamento das Xuntas ás súas pretensións, permitiron
disolvela. A Lliga Rexionalista, defensora dos intereses da burguesía catalá, temorosa
ante unha posible revolución social, abandonou a súas pretensións e buscou un acordo
co Goberno.

A Crise social: a folga revolucionaria de agosto de 1917.

A masiva exportación de produtos españois aos países belixerantes na gran


Guerra de 1914 xerou a alza de prezos dos alimentos e provocou un incremento do
malestar social. Xa en decembro de 1916 a centrais sindicais rivais, UXT e CNT
convocaron unha folga xeral. Coincidindo coa celebración da Asemblea de
Parlamentarios en Barcelona, os ferroviarios valencianos iniciaron unha folga. A UXT e o
PSOE convocaron unha folga xeral revolucionaria en toda España para o 13 de agosto
do 1917. Os seus obxectivos eran o derrocamento do réxime e a convocatoria de Cortes
constituíntes.
A folga contou coa colaboración dos republicanos e a CNT. Tivo un seguimento
maioritario entre o proletariado dos centros industriais. Apenas tivo impacto nas zonas
rurais. O goberno reaccionou cunha forte represión: cadea perpetua para os membros
do comité de folga, 71 mortos, 2 mil detidos, imposición da lei marcial, emprego de
armas de fogo polas forzas de orde pública. A folga fracasou pola dura represión do
Goberno
Entre 1918 e 1921 producíronse mobilizacións no sur de España que esixían o
reparto de terras seguindo o exemplo da revolución rusa, polo que este período se
coñece como trienio bolchevique. Houbo unha forte radicalización das posturas que
derivou no pistoleirismo.
En síntese: 1917 foi un ano no que de maneira sucesiva, unha parte do exército,
unha parte dos parlamentarios e unha parte da clase obreira ameazaron con botar
abaixo a orde constitucional e o sistema establecido. O Goberno conseguiu controlar a
situación pola división entre os protagonistas, que non coincidían nos seus obxectivos
nin na estratexia a seguir.
113
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

7. A quebra da Quenda.
A crise de 1917 agravou a situación política. A fragmentación dos partidos da
quenda impedía a existencia de maiorías parlamentarias estables. Por outra, a división
da oposición impedía construír unha alternativa ao sistema da restauración.
Para superar esta situación o sistema recorreu a unha nova fórmula: os gobernos de
concentración que integraban os partidos dinásticos e a políticos da Asemblea de
Parlamentarios de da Lliga regionalista.

Esta fórmula supuxo, na práctica a quebra da quenda. O máis relevante foi o


chamado Goberno Nacional, presidido por Maura en 1918 ,durou sete meses

Tras o fracaso dos gobernos de concentración volveuse á quenda. Entre 1918 e


1923 sucedéronse unha decena de gobernos inestables, que recorreron á suspensión
das garantías constitucionais e a clausura do parlamento. A crise política era
permanente.

(Crise económica e axitación social. Folga: 1919 na Canadiense. Pistoleirismo:


contratados polos empresarios. Trienio bolxevique no campo do Sur)

8. A Guerra de Marrocos.
En 1912 os gobernos de España e Francia delimitaron a respectiva zona de
influencia no norte de Marrocos e crearon o Protectorado, pero para mantelo era preciso
ocupalo e pacificalo, especialmente na zona do Rif. Os gastos incrementáronse e o
exército creou corpos específicos para a loita en Marrocos: A Lexión, 1920; e os
Regulares, con soldados indíxenas.

O novo alto comisario, o xeneral Dámaso Berenguer iniciou a ocupación do sector


occidental e ordenoulle ao xeneral Silveste, comandante xeneral de Melilla, que detivese
a súa ofensiva no Rif. Pero o impaciente xeneral Silvestre proseguiu un avance
precipitado sobre o corazón do Rif, territorio extenso e de difícil orografía, defendido por
unha liña débil de fortes militares, os “blocaos”. O caudillo rifeño Abd el-Krim encabezou
unha rebelión e organizou o cerco as tropas españolas en Annual. Silvestre deu a orde
de retirada, e no medio do caos perdeuse toda a zona ocupada e morreron e
desapareceron máis de 10 mil soldados, incluído o propio xeneral Silvestre.

A cuestión das responsabilidades.

O desastre de Annual provocou un forte impacto na opinión pública e acentuou a


impopularidade da guerra e do exército. A esixencia de responsabilidades forzou ao
goberno a nomear unha comisión de investigación presidida polo xeneral Picasso para
delimitar as responsabilidades. Os militares, os partidos dinásticos e a propia figura do
rei víronse envoltos o que acrecentou o desprestixio xeral do réxime. A incapacidade do
réxime de transformarse, debido tanto á oposición da Coroa como da oligarquía
dominante favoreceu que poucos días antes de que o informe elaborado pola comisión
chegase ás Cortes o xeneral Primo de Rivera encabezara un golpe de estado polo que
se impoñía unha ditadura militar como solución para a crise do réxime.

114
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións ABAU:

Xuño 2022
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise da Restauración. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ao cuestionamento do sistema canovista
feito polo rexeneracionismo, aos efectos da política colonial en Marrocos e á trascendencia da Semana
Tráxica. (5 puntos)
Documento 1. Joaquín Costa critica o réxime canovista na súa obra Oligarquía y caciquismo
(1901).
En conclusión: non é a forma de goberno en España a mesma que impera en Europa, aínda que un día o
pretendera a Gaceta; o noso atraso a este respecto non é menor ca en ciencia e cultura, ca en industria, ca en
agricultura, ca en milicia, ca en administración pública. Non é a nosa forma de goberno un réxime
oligárquico, servido, que non moderado, por institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro
xeito, non é o réxime parlamentario a regra, e excepción delas os vicios e as corruptelas denunciadas na
prensa e no Parlamento mesmo durante sesenta anos; ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas
constitúen o réxime, son a mesma regra.
Documento 2. Manifesto contra a Guerra emitido polo Partido Socialista o 28 de xuño de 1909.
O goberno obrigado por compromisos internacionais que a nación descoñece, ou movido polo afán de
amparar os intereses duns cuantos plutócratas, resolveu enviar a Marrocos 20.000 homes […]. Tal
enormidade, incrementada pola tremenda inxustiza de que á guerra vaian soamente os fillos dos pobres, os
que non puideron librarse da contribución de sangue por carecer de 1.500 pesetas, non debe ser consentida
pola clase obreira […]. Por outra banda, a clase obreira, que loita hoxe non xa por mellorar a súa sorte,
senón tamén por emanciparse e emancipar a todos os homes, ten un alto interese en que o militarismo non
alcance no noso país maior preponderancia da que ten, e seguramente alcanzaría se se realizase unha
campaña guerreira en Marrocos.
Documento 3. A Semana Tráxica segundo o relato do correspondente do diario El mundo en
Barcelona.
Día 27. É tan grave o que ocorre, que non pode publicarse. Toda a noite pasada houbo tiroteos, con
mortos e feridos nas rúas. Na barriada de San Andrés foi queimado o convento de Maristas. Ás once, os
revolucionarios levantaron unha barricada na rúa de San Pablo. Acudiu forza de Veteranos (pois non hai
tropas case na praza), sostendo un tiroteo, con mortos e feridos […]. Ás 7, 40 da tarde aumenta o tiroteo en
todas as partes. O Cárcere encóntrase cheo. Foron detidos moitos anarquistas. O terror fíxose dono de
Barcelona. […] Os farois, apagados nas barriadas por falta de gas. Hai moitas mulleres encarceradas.
Desfila agora polas rúas unha manifestación capitaneada por mulleres. A Garda Civil é asubiada e
vitoreada a tropa.

Moi deficiente Resposta en branco.


(entre 0 e 1,4) A resposta contén xeneralidades sobre a época.A
resposta é unha paráfrase dos documentos.
Deficiente Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do proceso histórico
(entre 1,5 e 2) considerado.
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse comoa resposta a
unha pregunta teórica.
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas.

115
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

33Insuficiente Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema.


(entre 2,1 e Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse comoa resposta a
2,4) unha pregunta teórica.
Redacción: básica e expresión demasiado simple.
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica dotema proposto.
(entre 2,5 e -Facer unha referencia básica á crise de 1917 e os seus compoñentesprincipais: crise
3,4) militar, política e social.
-Subliñar a descomposición do sistema de quendas.
-Sinalar a quebra do réxime da Restauración tras o desastre de Annual.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.

Redacción: texto formalmente correcto.


Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentariodalgunha destas
(entre 3,5 e cuestións)
4,4) -Explicar a crise política: a clausura das Cortes e a convocatoria da Asemblea de
Parlamentarios polo líder da Liga Rexionalista catalá.
-Sinalar algunha característica da folga xeral de 1917.
-Explicar algunha das consecuencias sociais e políticas da conflitividade: a expansión do
pistolerismo, a descomposición dos partidos dinásticos, gobernos de concentración...
-Referirse a algún aspecto da evolución da guerra de Marrocos: o
protectorado español, a guerra no Rif, a derrota de Annual e o seus efectos Uso dos
documentos (ademais do esixido para o aprobado, na composiciónúsanse os documentos
para algunha das seguintes cuestións):
-Utilízase o texto para subliñar a intención dos políticos rexionalistas de elaborar unha nova
Constitución e de darlle un carácter federal por consideralo máis axustado á realidade
política española (doc.1)
-Faise fincapé no papel das organizacións obreiras (UXT, CNT) como impulsoras das
reivindicacións do proletariado e na súa consideración da folga xeral como o principal
medio para acadar os seus obxectivos (doc. 2)
-Coméntase a desorganización que presidiu a retirada do exército español en Annual e os
factores que levaron a identificar o episodio como un desastre (doc.3).
Redacción: correcta e texto coherente.
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unhaou varias das
(entre 4,5 e 5) seguintes cuestións)
-Sinalar a importancia do contexto internacional na xestación da crise(Primeira Guerra
Mundial e os seus efectos).
-Facer referencia a outras vertentes da crise: a crise militar e a creación dasXuntas de
Defensa.
-Valoración xeral da problemática analizada.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da composición o
contido dos documentos emprégase nalgúns destes sentidos)
-Resáltase que os promotores da Constitución federativa eran parlamentarios que se reúnen
en Asemblea e defenden as súas ideas mediante un Manifesto (doc.1).
-Incídese no incumprimento das promesas de reforma económica que están na base do
descontento dos traballadores (doc. 2)
-Subliñase a procedencia do documento -o expediente Picasso- para sinalar a súa
condición de texto elaborado por unha comisión militar de investigación a instancias das
Cortes (doc. 3)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado.

116
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

-Subliñase a procedencia do documento -o expediente Picasso- para sinalar


a súa condición de texto elaborado por unha comisión militar de
investigación a instancias das Cortes (doc. 3)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado.

ABAU 2018
Composición histórica (5 puntos):
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a crise de 1917, os gobernos de
concentración e a guerra de Marrocos. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender
cando menos ás diversas causas da crise, os seus efectos sobre o sistema de quendas e o agravamento da
situación provocado polo desastre de Annual.

Doc. 1. Petición da Asamblea de Parlamentarios. Barcelona, 19 de xullo de 1917:


“A política do actual Goberno, sobre significar unha provocación a Cataluña e a España enteira, constitúe á
vez un agravio ao Parlamento e un obstáculo a que as ansias de renovación que sente o país poidan obter
normal satisfacción.
(…) Que declarando o Goberno e os partidos que teñen maioría nas actuais Cortes, que estas non poidan
actuar en funcións de constituíntes, e considerando a Asemblea que urxe deliberar e resolver sobre a
organización do Estado, a autonomía dos municipios e os demais problemas que as circunstancias expoñen
con présa inaprazable para a vida do país, entenden que é indispensable a convocatoria de novas Cortes, que
en funcións de constituíntes, poidan deliberar sobre estes problemas e resolvelos”.
Doc. 2. Manifesto do Comité de folga á clase traballadora. Madrid, 12 de agosto de 1917:
“Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación ningunha, os
propósitos anunciados polos representantes da U.X.T. e da C.N.T. no manifesto subscrito por estes
organismos no mes de marzo último.
(…) Pedimos a constitución dun Goberno provisional que asuma os poderes executivos e moderador e
prepare, previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións
sinceras, dunhas Cortes constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentais da
constitución política do país. Mentres non se conseguiu ese obxectivo, a organización obreira áchase
absolutamente decidida a manterse na súa actitude de folga”.
Doc. 3. Discurso parlamentario pronunciado por Indalecio Prieto en outubro de 1921 sobre o Desastre
de Annual.
“(…)vistes, señores, despois dun desastre da magnitude do que foron teatro aquelas odiosas terras da zona de
Melilla, a frugalidade, a sobriedade, a sequidade con que o señor presidente do Consello o expuxo ante o país:
unhas cantas frases para dicir que non podía haber esaxeración ao cualificar o desastre; unha ausencia total,
absoluta, de datos sobre a contía e magnitude da catástrofe e a máis absoluta ausencia tamén de todo xuízo
sobre as causas que a procrearon”.

Rúbrica corrección:
Moi Resposta en branco (0).
deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
(0-1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5).
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase como a resposta
a unha pregunta teórica (2).

117
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -referencia básica a crise de 1917 e os seus compoñentes principais: crise militar, política
e social
-a descomposición do sistema de quendas
-a quebra do réxime da Restauración tras o desastre de Annual
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado):


(3,5-4) -explicar a crise política: a clausura das Cortes e a convocatoria da
Asemblea de Parlamentarios polo líder da Liga Rexionalista catalá
-sinalar algunha característica da folga xeral de 1917
-explicar algunha das consecuencias sociais e políticas da
conflitividade: a expansión do pistolerismo, a descomposición dos
partidos dinásticos
-referirse a algún aspecto da evolución da guerra de Marrocos: o
protectorado español, a guerra no Rif, a derrota de Annual e o seus
efectos
Uso dos documentos. A resposta analiza parte do contido dos
documentos: os obxectivos da Asemblea de Parlamentarios (doc. 1), os
protagonistas da folga de agosto de 1917 e as súas peticións (doc. 2), o
impacto político da derrota de Annual.
Redacción: correcta.
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o aprobado e o notable):
(4,5-5) -sinalar a importancia do contexto internacional na xestación da crise (Primeira Guerra
Mundial e os seus efectos)
-facer referencia a outras vertentes da crise: a crise militar e a creación das Xuntas de
Defensa

-valoración xeral da problemática analizada


Uso dos documentos:
-a resposta afonda na ideoloxía da Asemblea Constituinte (doc. 1)
-a resposta ten en conta a autoría do manifesto e a quen vai dirixido (doc. 2)
-a resposta ten en conta a orixe do texto (un discurso parlamentario) e a personalidade
que o pronuncia (o deputado socialista Indalecio Prieto)
Redacción: correcta e precisa, o texto está ben argumentado.

ABAU 2019

ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. 2020

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise da Restauración. Tendo en conta
os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos aos efectos do desastre do 98, ao crecente papel do
exército na vida política e aos principais grupos de oposición ao sistema. (5 puntos)

Doc. 1. “Quen debe gobernar despois da catástrofe” (Joaquin Costa, Discursos políticos, 1899): “Non
temos perdón de Deus; perdémonos porque queremos […]. Parecía natural, digo, que en agosto do ano anterior
se renovase o persoal da política española, […] aínda que non fose máis que por un sentimento de pudor e de
pública honestidade. Pois non, señores; no canto de se xubilaren eles, preferiron que se xubile a nación, que é
tida xa en Europa como fóra de servizo, […] e logo que se viron outra vez arriba, nin sequera se lles ocorreu
variar de conduta; volveron facer o mesmo de antes: durmir, aprazalo todo para mañá, deixar que España estea
cada vez máis lonxe de Europa, porque Europa segue avanzando e nós, parados […].”

118
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 2. Lei de Xurisdicións (Gaceta de Madrid, 24 de abril de 1906): “DON ALFONSO XIII, pola graza
de Deus e a Constitución Rei de España: A todos os que a presente viren e entenderen, sabede: que as Cortes
decretaron e Nós sancionamos o seguinte: […] Art.3º. Os que de palabra ou por escrito, por medio da imprenta,
gravado ou outro medio mecánico de publicación, en estampas, alegorías, caricaturas, emblemas ou alusións,
inxurien ou ofendan clara ou encubertamente o Exército ou a Armada ou institucións, armas, clases ou Corpos
determinados do mesmo, serán castigados coa pena de prisión correccional. E coa de arresto maior nos seus
graos medio e máximo a prisión correccional no seu grao mínimo os que […] instigaren directamente á
insubordinación en institutos armados ou a apartarse do cumprimento dos seus deberes militares a persoas que
sirvan ou estean listas a servir nas forzas nacionais de terra ou mar […].”.
Doc. 3. Noticia do mitin celebrado no teatro Variedades de Madrid (Diario de Barcelona, 12 xullo de
1909): “Efectuouse esta mañá o mitin convocado polo comité Socialista para protestar contra a guerra. Presidiu
o señor Largo Caballero, quen expuxo o obxecto do acto. Despois de falaren algúns concorrentes fíxoo Pablo
Iglesias, que estimou que toda guerra é prexudicial, e para España o é a de Marrocos […]. Os reunidos
aprobaron as seguintes conclusións: pedir ao goberno que non envíe forzas a Marrocos e que retire as que alí
ten, e pedir autorización para celebrar o domingo unha manifestación de protesta contra a guerra.”.

Rúbrica corrección:
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

Deficiente (1,5- Contidos:


2) Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse como a
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas

Aprobado (2,5- Contidos:


3) -Contextulizar a crise da Restauración no reinado de Afonso XII.
-Referencia xenérica ao “desastre do 98” (perda das últimas colonias ) e á corrente
rexeneracionista xurdida a raíz do mesmo.
-O crecente papel do exército na vida política visible a través da Lei de
Xurisdicións de 1906.
-A oposición ao sistema da Restauración por parte do movemento obreiro debido
fundamentalmente á mobilización de reservistas na guerra de Marrocos e á súa
marxinación do sistema político.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable (3,5- Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha
4) destas cuestións):
-O rexeneracionismo: análise dos males que afectaban ao país, propostas de
modernización e principais representantes.
-As críticas ao exército logo do “desastre do 98” e a súa viraxe cara posturas cada
vez máis conservadoras erixíndose como garante da unidade da patria (fronte aos
nacionalismos, sobre todo catalán) e da orde social (fronte ao auxe do movemento
obreiro).
-A guerra en Marrocos como estratexia políticomilitar para recuperar o prestixio
internacional despois do “desastre” e os seus efectos nas clases populares:
mobilización de reservistas e Semana Tráxica de Barcelona de 1909.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado):
-A resposta analiza parte do contido dos documentos: o papel de Joaquín Costa
como representante do rexeneracionismo (doc.1), a defensa do prestixio do exército
español na lei de Xurisdicións (doc.2), a oposición do PSOE á guerra de Marrocos
e á mobilización de reservistas (doc.3).

119
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Redacción: correcta e texto coherente

Sobresaliente (4,5-5) Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllense unha ou
varias das reguintes cuestións):
-Relaciónase a lei de Xurisdicións coas publicacións na revista satírica catalá Cu-
Cut de 1905.
-Cítanse outros factores explicativos da crise da Restauración: fraccionamento e
descomposición dos partidos dinásticos a inicios do século XX, o auxe do
republicanismo, o desenvolvemento dos nacionalismos -sobre todo catalán
(Solidaridat Catalana)-, o incremento da conflitividade social e da oposición de
socialistas e anarquistas, as sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de
Marrocos…
-Noméanse algunhas das reformas desenvolvidas polos líderes dos partidos
dinásticos (Maura –conservador- e Canalejas –liberal-) para superar a crise e sanear
o sistema da Restauración.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analizar en
profundidade algún dos documentos):
-Doc.1: Salientar a preocupación dos rexeneracionistas ante a incapacidade da clase
dirixente de modernizar o país e sacalo do seu atraso con respecto de Europa.
-Doc.2: Referir o apoio do rei aos militares e a defensa que o exército fai dos seus
intereses como corpo.
-Doc.3: Relacionar o contido deste documento cos sucesos da Semana Tráxica de
Barcelona de xullo de 1909.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está
ben articulado e argumentado

Outras composicións:
Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración. aberta coa
perda das colonias ultramarinas en 1898. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: o impacto do
Desastre do 98 (Documento 1), a pervivencia da fraude electoral na vida política española (Documento 2) e a
crecente disposición do Exército a tutelar a vida política (Documento 3). Lembra que non se trata de
responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na
avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión
escrita.
Doc. 1.- Tratado de Paz. París, 10-XII-1898.
“Art. 1. España renuncia a todo derecho de soberanía y propiedad sobre Cuba. En atención a que dicha isla,
cuando sea evacuada por España va a ser ocupada por los Estados Unidos, éstos, mientras dure su ocupación,
tomarán sobre sí y cumplirán las obligaciones que, por el hecho de ocuparla, les impuso el derecho
internacional (…).
Art.2. España cede a los Estados Unidos la isla de Puerto Rico y las demás que están ahora bajo su soberanía en
las Indias Occidentales, y la isla de Guam en el archipiélago de las Marianas (…).
Art.3. España cede a los Estados Unidos el archipiélago conocido por las islas Filipinas (…). Los Estados
Unidos pagarán a España la suma de veinte millones de dólares (…).
Art.5. Los Estados Unidos, al ser firmado el presente tratado, transportarán a España, a su costa, a los soldados
españoles que hicieron prisioneros de guerra las fuerzas americanas al ser capturada Manila.”
Doc. 2.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905:
“Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións; que de hoxe en diante non se
poderá berrar „¡Morra España!‟ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles
que tamén pasou a época en que poidan amosárense débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista
custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o
separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu
inquebrantable amor a España unha e intanxible”.
Doc.3. – Artigos de “La Voz de Galicia”, 9-XI-1903 e 15-XI-1905.
“Un infeliz sacristán (…) penetró en el colegio (electoral) a cumplir con su deber, sin duda por lo que tiene de
sagrado el sufragio. “Fulano de tal” (exclamó, alargando tímidamente una candidatura al presidente). Al
120
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

comprobarse las listas, figura que ya ha votado. “Ha votado otro por mí? (…) ¡Pero si no salí del convento en
toda la mañana! “ “Pues haber salido. ¡No se puede ser sacristán para estas cosas!” (risas).
Un individuo con blusa (de obrero) dice ser teniente retirado de la Guardia Civil (…). La racha de sacerdotes
suplantados duró un rato (…). El caso más flagrante fue el de un individuo con trazas de aquilón de muelle (…)
que se proclama, impávido, fraile dominico. “pero, ¿y los hábitos?” “Osté non ten por qué meterse en la vida
privada”, replica. Votó entre múltiples protestas.”

Outros documentos:
Moción da Asemblea Obreira de Tarrasa (Semana Tráxica). 21 de xullo de 1909.
Considerando que a guerra é unha consecuencia fatal do réxime de produción capitalista; considerando,
ademais, que dado o sistema español de recrutamento do exército, só os obreiros fan a guerra que os
burgueses declaran. A Asemblea protesta enerxicamente: 1. Contra a acción do goberno español en
Marrocos. 2. Contra os procedementos de certas damas da aristocracia que insultaron a dor dos reservistas,
das súas mulleres e dos seus fillos, dándolles medallas e escapularios, no canto de proporcionarlles os medios
de subsistencia que lles arrebatan coa marcha do xefe de familia. 3. Contra o envío á guerra de cidadáns útiles
á produción e, en xeral, indiferentes ao triunfo da cruz sobre a media lúa, cando se poderían formar
rexementos de curas e frades que, ademais de estar directamente interesados no éxito da relixión católica,
non teñen familia nin fogar, nin son de utilidade algunha ao país, [...]. E compromete á clase obreira a
concentrar todas as súas forzas por se houbese de declarar a folga xeral para obrigar ao goberno para
respectar os dereitos que teñen os marroquís para conservar intacta a independencia da súa patria.

A intromisión dos militares na política española.


A outra noite, a primeira hora, un gran número de oficiais do exército, molestados polas caricaturas e artigos
que publicaba a pensa catalá, reuníronse en número de máis de douscentos na Praza Real, comezaron a dar
vivas a España e desde alí marcharon á imprenta do semanario catalanista “Cu-Cut”. Sacaron os trastos e
pertenzas que encontraron e gran cantidade de periódicos e prendéronlle lume, formando unha fogueira(...).
Na redacción (do xornal “La Veu”) deron varios sablazos, obrigando aos que ali estaba a berrar:”Viva España”.
Esnaquizaron todo, respectando só o escudo de Cataluña, dicindo que Cataluña era unha provincia española.

ABAU 2022 extraordinaria.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise de 1917. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos factores políticos e sociais que conduciron á
crise de 1917 e ás consecuencias do “desastre de Annual”. (5 puntos)

Doc. 1. Manifesto do 14 de xuño de 1917, dirixido polos parlamentarios rexionalistas ao país.


“Dar ao Estado unha constitución federativa: tal é a gran solución renovadora. Mediante unha organización
interna de estrutura federativa, os pobos ibéricos terían o ambiente de fraternidade, de intimidade amorosa que
forma as grandes unidades indivisibles […]. Esta organización federativa é, por outra banda, a que corresponde
á estrutura da sociedade política española, dividida en nacionalidades, en pobos de personalidade
suficientemente definida”.

Doc. 2. Manifesto declarando a folga xeral, 27 de marzo de 1917:


“Na presente e crítica ocasión, xa viu o pobo o que ficou das promesas de reformas da economía nacional.
Continúan as eternas ocultacións de riqueza […], os beneficiados cos negocios da guerra, nin empregan as súas
ganancias no fomento da riqueza nacional, nin se aveñen a entregar parte dos beneficios ao Estado, e o
Goberno, débil cos poderosos e altivo cos humildes, lanza a diario contra dos obreiros a Garda Civil […]. E
respondendo a este convencemento, os representantes da Unión Xeral de Traballadores e os da Confederación
do Traballo, acordan por unanimidade: Primeiro […] imponse que o proletariado español empregue a folga
xeral, sen prazo definitivo de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus
dereitos”.

Doc. 3. Descrición da retirada do 22 de xullo en Annual segundo o fiscal militar que actuou no
expediente Picasso:

121
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

“Abandónase a posición con todos os seus elementos, sen ordes, sen instrucións, con présas, sen coñecer nin
plan nin dirección, revoltas as forzas, confundidas, sen xefes pode dicirse, acosados polo inimigo, e sen máis
idea visible que a da salvación individual, pola fuxida vergoñosa nuns, inexplicable noutros e lamentable en
todos, sendo inútiles os esforzos duns cantos para conter esta avalancha, que tan impremeditadamente se
deixou desbordar. […] A columna fuxitiva, deixando como rastros mortos e feridos, material esnaquizado e
bestas inútiles –pois as útiles utilizábanas para fuxir–, chegou en multitude a Izumar. Recobradas un pouco as
forzas despois de Izumar, volven outra vez ao barranco de baixada a desorganizarse, e xa é inútil o esforzo
individual dalgúns xefes e oficiais e clases para conter a desmoralización acosada polo inimigo, máis atento
entón a aproveitar o botín deixado en Annual e nas outras posicións”.

Moi deficiente Resposta en branco.


(entre 0 e 1,4) A resposta contén xeneralidades sobre a época.A
resposta é unha paráfrase dos documentos.
Deficiente Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do procesohistórico
(entre 1,5 e 2) considerado.
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse comoa resposta a
unha pregunta teórica.
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.

Insuficiente Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema.


(entre 2,1 e Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse comoa resposta a
2,4) unha pregunta teórica.
Redacción: básica e expresión demasiado simple.
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica dotema proposto.
(entre 2,5 e -Facer unha referencia básica á crise de 1917 e os seus compoñentesprincipais: crise
3,4) militar, política e social.
-Subliñar a descomposición do sistema de quendas.
-Sinalar a quebra do réxime da Restauración tras o desastre de Annual.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Redacción: texto formalmente correcto.

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentariodalgunha destas


(entre 3,5 e cuestións)
4,4) -Explicar a crise política: a clausura das Cortes e a convocatoria da Asemblea de
Parlamentarios polo líder da Liga Rexionalista catalá.
-Sinalar algunha característica da folga xeral de 1917.
-Explicar algunha das consecuencias sociais e políticas da conflitividade: a expansión do
pistolerismo, a descomposición dos partidos dinásticos, gobernos de concentración...
-Referirse a algún aspecto da evolución da guerra de Marrocos: o
protectorado español, a guerra no Rif, a derrota de Annual e o seus efectos Uso dos
documentos (ademais do esixido para o aprobado, na composiciónúsanse os documentos
para algunha das seguintes cuestións):
-Utilízase o texto para subliñar a intención dos políticos rexionalistas de elaborar unha nova
Constitución e de darlle un carácter federal por consideralo máis axustado á realidade
política española (doc.1)
-Faise fincapé no papel das organizacións obreiras (UXT, CNT) como impulsoras das
reivindicacións do proletariado e na súa consideración da folga xeral como o principal
medio para acadar os seus obxectivos (doc. 2)
-Coméntase a desorganización que presidiu a retirada do exército español enAnnual e os
factores que levaron a identificar o episodio como un desastre (doc.3).
Redacción: correcta e texto coherente.

122
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unhaou varias das
(entre 4,5 e 5) seguintes cuestións)
-Sinalar a importancia do contexto internacional na xestación da crise(Primeira Guerra
Mundial e os seus efectos).
-Facer referencia a outras vertentes da crise: a crise militar e a creación dasXuntas de
Defensa.
-Valoración xeral da problemática analizada.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da composición o
contido dos documentos emprégase nalgúns destes sentidos)
-Resáltase que os promotores da Constitución federativa eran parlamentarios que se reúnen
en Asemblea e defenden as súas ideas mediante un Manifesto (doc.1).
-Incídese no incumprimento das promesas de reforma económica que están na base do
descontento dos traballadores (doc. 2)
-Subliñase a procedencia do documento -o expediente Picasso- para sinalar a súa
condición de texto elaborado por unha comisión militar de investigación a instancias das
Cortes (doc. 3)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración. Aberta coa
perda das colonias ultramariñas en 1898, ao longo das primeiras décadas do século XX a crise vaise
acentuando e manifestando en diferentes ámbitos: a disposición do Exército a tutelar a vida política (Doc.1), a
crecente conflitividade social (Doc.2), os problemas bélicos en Marrocos (Doc. 3) e a exasperación da
inestabilidade gubernamental (Doc.4) son algúns dos seus máis importantes síntomas. O pronunciamento de
Primo de Rivera (Doc.5) supón o final do réxime constitucional.

Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905:


“Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións; que de hoxe en adiante non se
poderá berrar ‘¡Morra España!’ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles
que tamén pasou a época en que poidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista
custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o
separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu
inquebrantable amor a España unha e intanxible”.

Doc. 2.-A UGT e a CNT convocan unitariamente a folga xeral en agosto de 1917:

“Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare,
previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas
Cortes Constituíntes que aborden en plena liberdade os problemas fundamentais da constitución política do
país. Mentres non se acade ese obxectivo, a organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa
actitude de folga. Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia nos chaman con
frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de todos, pola
salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!”.

Doc. 3.-Viñeta alusiva ao desastre de Annual (1921):

123
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 4.-A inestabilidade dos gobernos entre 1917 e 1922:

ANO TOMA CARÁCTER


POSESIÓN POLÍTICO
1917 19 abril Concentración liberal
1917 11 xuño Conservador
1917 3 novembro Concentración liberal
1918 22 marzo Concentración nacional
1918 9 novembro Concentración liberal
1918 5 decembro Liberal
1919 15 abril Conservador
1919 20 xullo Conservador
12
1919 decembro Concentración
1920 5 maio Conservador
1921 8 marzo Interino

Doc. 5,-En setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera xustifica así o seu golpe de Estado, aprobado
pola Coroa:

“Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento
de cantos amando á Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes
que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e inmoralidades que comezaron o ano 98 e
ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleu
nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...).
Pois ben, agora irnos recabar tódalas responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e
doutrina.
Non temos que xustificar o noso acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos,
depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos (...),
precaria e ruinosa a producción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura,
xustiza influída pola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos chorar mágoas e vergoñas,
senón poñerlles pronto radical remedio, para o que requirimos o concurso de tódolos bos cidadáns”.

Outros documentos:
Manifesto conxunto UXT-CNT (marzo de 1917).
Mais, a pesar das nosas advertencias serenas, das nosas queixas metódicas e fundamentadas e das nosas
protestas, [...] é o certo que cada día que pasa representa para o proletariado unha agravación crecente da
miseria ocasionada pola carestía das subsistencias e pola falta de traballo. [...]. O proletariado organizado ha
chegado así ao convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os
amparadores da explotación, erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os
representantes da Unión Xeral de Traballadores e os da Confederación Nacional do Traballo acordaron por
unanimidade: 1) Que, en vista do exame detido e desapasionado que os asinantes deste documento fixeron da
situación actual e da actuación dos gobernantes e do Parlamento, non atopando, a pesar dos seus bos desexos,
satisfeitas as demandas formuladas polo último congreso da Unión Xeral de Traballadores, e co fin de obrigar
ás clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ao pobo o mínimo das
condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o
proletariado empregue a folga xeral, sen prazo limitado, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar
os seus dereitos.2) Que a partir deste momento, [...] os organismos proletarios, de acordo cos seus elementos
124
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

directivos, procederán á adopción de todas aquelas medidas que consideren adecuadas ao éxito da folga xeral,
achándose preparados para o momento en que haxa de comezar este movemento.
Madrid, 27 de marzo de 1917.

Manifesto da folga xeral (agosto de 1917).


Aos obreiros e á opinión pública: chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación algunha, os
propósitos anunciados polos representantes da Unión Xeral de Traballadores e a Confederación Nacional do
Traballo no manifesto subscrito por estes organismos no mes de marzo último. Durante o tempo transcorrido
desde esta data ao momento actual, a afirmación feita polo proletariado de demandar, como remedio dos males
que padece España, un cambio fundamental de réxime político foi corroborada pola actitude que sucesivamente
foron adoptando importantes organismos nacionais, desde a enérxica afirmación da existencia das Xuntas de
Defensa da arma de Infantería, fronte aos intentos de disolución destes organismos polos poderes públicos, ata
a Asemblea de Parlamentarios celebrada en Barcelona o 19 de xullo, e a adhesión ás conclusións desa
Asemblea de numerosos Concellos, que dan o público testemuño das ansias de renovación que existen en todo
o país. (...)D. E esta magna mobilización do proletariado non cesará ata non obter as garantías suficientes de
iniciación do cambio de réxime, necesario para a salvación da dignidade, do decoro e da vida nacionais.
Pedimos a constitución dun Goberno Provisional, que asuma os poderes executivo e moderador e prepare,
previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras dunhas
Cortes Constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentais da Constitución política do
país. Mentres non se conseguiu ese obxectivo, a organización obreira áchase absolutamente decidida a
manterse na súa actitude de folga. Cidadáns: non somos instrumento de desorde, como na súa impudicia
chámannos con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrificio polo ben de
todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. Viva España!
Madrid, 12 de agosto de 1917. Polo Comité Nacional de UXT, Francisco Longo Caballero, vicepresidente,
Daniel Anguiano, vicesecretario. Polo Comité Nacional do PSOE, Julián Besteiro, vicepresidente, Andrés
Saborit, vicesecretario.

Condicións de vida no campo andaluz.


Os que subscriben, en representación da Sociedade de agricultores e similares, [...], e no desexo de que o
Instituto poida facer un minucioso estudo para a elaboración dun proxecto de Lei que dea satisfacción na maior
cantidade posible aos obreiros agrícolas en Andalucía, teñen a honra de expoñer o seguinte:1.º Que a orixe dos
actuais conflitos é motivado pola carestía das subsistencias, dunha parte, e doutra a intransixencia da clase
patronal, oposta sempre a conceder aumentos nos salarios en proporción a como nesta provincia están as
subsistencias [...]. Memoria para o Instituto de Reformas Sociais. Montilla, 19 de febreiro de 1919

Expediente Picasso.
[...] a desmesurada extensión das diversas liñas militares tendidas no territorio [...] a existencia das cabilas
armadas deixadas a retagarda; pretender en tales condicións adiantar temerariamente no territorio insumiso e
foco da rebeldía sen medios adecuados [...]; fiar a seguridade do territorio de retagarda, ao cúmulo de posicións
dispersas, deficientemente organizadas, mal abastecidas e gornecidas, con disgregación das forzas e
constituíndo en si mesmo grave coidado e compromiso; a falta de liñas graduadas de apoio para o caso dun
obrigado repregamento, eventualidade descartada dos cálculos do mando; [...]., con desguarnecimiento da
retagarda e da praza, facendo irreparable, polo fatal concerto de todas ditas circunstancias, as consecuencias da
desfeita e da desastrosa retirada, sobrevinda impensadamente para o Mando, pero ante o temor se non na
previsión dos que serenamente consideraban a situación do territorio [...]. Abandónase a posición con todos os
seus elementos, sen instrucións, con présas, sen coñecer plan nin dirección, revoltas as forzas, confundidas, sen
xefes, pode dicirse, acosados polo inimigo e sen máis idea visible que a da salvación individual pola fuxida,
vergoñosa nuns, inexplicable noutros e lamentable en todos, sendo inútiles os esforzos duns cuantos para conter
esta avalancha, que tan impremeditadamente deixouse desbordar. É imposible facer a descrición exacta deste
momento de pánico, descrito de tan diversos modos polas diferentes testemuñas, que diso non se saca máis que
unha triste impresión de dor?. Expediente Picasso, 1922.

Manifesto de Primo de Rivera.


Ao país e ao Exército: Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (porque quixésemos
vivir sempre na legalidade e que ela rexese sen interrupción a vida española) de recoller as ansias, de atender o
clamoroso requirimento de cuantos amando a Patria non ven para ela outra salvación que libertarla dos
profesionais da política, dos que por unha ou outra razón ofrécennos o cadro de desdichas e inmoralidades que
empezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A tupida rede da política de
125
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

concupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real. Con frecuencia parecen pedir que
gobernen os que eles din non deixan gobernar, aludindo aos que foron o seu único ?aínda que débil? freo, e
levaron ás leis e costumes a pouca ética sa, a tenue tinguidura de moral e equidade que aínda teñen; pero na
realidade se avienen fáciles e contentos á quenda e á repartición, e entre eles mesmos designan a sucesión. Pois
ben, agora imos solicitar todas as responsabilidades e a gobernar nós ou homes civís que representen nosa
moral e doutrina. Xa abonda de rebeldías mansas, que, sen poñer remedio a nada, danan tanto e máis á
disciplina que está recia e viril a que nos lancemos por España e polo Rey. Este movemento é de homes: o que
non senta a masculinidad completamente caracterizada, que espere nun recuncho, sen perturbar, os días bos
para que a Patria preparamos. Españois! Viva España e viva o rei! Non temos que xustificar o noso acto, que o
pobo san demanda e impón. Asasinatos de prelados, ex gobernadores, axentes da autoridade, patróns, capataces
e obreiros; audaces e impunes atracos; depreciación da moeda; francachela de millóns de gastos reservados;
sospeitosa política arancelaria [...] porque quen a manexa fai alarde de descocada inmoralidade; rastreras
intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos; incerteza ante este gravísimo problema
nacional; indisciplina social, que fai ao traballo ineficaz e nulo, precaria e ruinosa a produción agraria e
industrial; impune propaganda comunista; impiedad e incultura; xustiza influída pola política; descarada
propaganda separatista [...]. Manifesto de Primo de Rivera tras o golpe de estado, en ABC, 14 de setembro de
1923.

14.- A ditadura de Primo de Rivera (golpe de estado e etapas:


delimitación temporal e características principais)

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o


alumnado terá que analizar as causas explicativas do Golpe de Estado así como os
apoios cos que contou. Afondará igualmente, nas características das dúas etapas
en que se dividiu a Ditadura (Directorio Militar e Civil) mencionando a crecente
oposición á mesma que se foi xestando e que provocou o seu final. No apartado
final da composición, o alumnado pode facer tamén unha breve referencia aos
gobernos de Berenguer e Aznar.
(Vicens Vives páxinas 270 -275 e 296-297)

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España dende
o golpe de Estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de
setembro de 1923, ata a dimisión de este o 28 de xaneiro de 1930 e a súa
substitución polo goberno de Dámaso Berenguer.

Diversos factores explican que a ditadura militar comezara a contemplarse como


unha solución á crise entre a alta burguesía, gran parte das clases medias e o
Exército.

En abril de 1923, un goberno liberal presidido por García Prieto pretendeu levar a
cabo unha reforma da Constitución e da Lei electoral, incluíndo unha maior
democratización do sistema, a redución da influencia da Igrexa, a limitación de
poderes do rei e un novo marco de lexislacións laborais. Este proceso viuse
obstaculizado pola oposición do rei, do Exército e da Igrexa, a pesares de contar
cunha clara maioría nas Cortes.

A isto hai que engadir o descontento do Exército tras o desastre de Annual,


ocorrido en Marrocos, que supuxo un crecente descrédito do rei e do mesmo
Exército, que sufriu conatos de indisciplina militar (Málaga, onde se negaron a
126
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

embarcar), e o afán de evitar as consecuencias do expediente Picasso para algúns


importantes xenerais, entre eles Berenguer.

Outro factor foi a auxe dos nacionalismos periféricos (manifestacións catalanistas


sentidas polo Exército como unha ameaza á unidade do Estado) e o ascenso dos
republicanos e do movemento obreiro. Ademais, o número cada vez mais elevado
de prácticas terroristas cun elevado número de vítimas provocaba un forte impacto
na sociedade. Isto supuxo que moitos temeran a subversión social e política.

Por último, o triunfo do fascismo italiano tras a Marcha sobre Roma en 1922 e o
ascenso ao poder de Mussolini constituíu un importante exemplo para a situación
española do momento.

Miguel Primo de Rivera deu o golpe de Estado militar o 13 de setembro de 1923.


O goberno de García Prieto tratou de que o rei aprobase a destitución dos xenerais
sublevados. Ante a falta de apoio do monarca, dimitiu en pleno. O día 14 o rei
chamou a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando así o golpe de
Estado. A coroa unía os seus destinos á ditadura.

Primo de Rivera presentouse como o rexenerador e o “cirurxián de ferro” do que


falara Joaquín Costa, o rexeneracionista. Falto de formación intelectual e política, o
seu pensamento era simplista e inxenuo e fortemente influenciado por Mussolini e
o fascismo italiano, do que imitou a intervención económica do Estado e o
mantemento da orde social. Foi un réxime autoritario, paternalista e excesivamente
optimista.

Xustificou a súa actuación nun manifesto dirixido á nación onde declaraba a súa
intención de rexenerar a política nacional, acabar co caciquismo e coa corrupción,
recuperar a orde pública, poñer fin á conflitividade obreira e garantir a unidade
nacional perante o auxe dos nacionalismos. A alta burguesía, unha parte das
clases medias e do exército, o rei e a súa contorna política aceptaron a ditadura
como solución á crise pola que estaba pasando o sistema da Restauración.

O golpe contou coa indiferenza ou a aceptación popular, explicable polo malestar


existente. Os políticos conservadores, os terratenentes, a burguesía e os pequenos
e medianos propietarios apoiaron a nova situación política. Os socialistas non se
opuxeron abertamente e mesmo colaboraron. Os anarquistas opuxéronse
frontalmente, ao igual que intelectuais, estudantes, republicanos e vellos políticos
monárquicos.

Esperábase que o novo réxime tivese un carácter temporal e puxese fin a un


sistema que demostrara ser incapaz de resolver os problemas do país. Por iso, nun
primeiro momento a ditadura apenas atopou resistencia.

A ditadura de Primo de Rivera pasa por dúas etapas diferenciadas: o Directorio


Militar (1923-1925) (Vocabulario) e o Directorio Civil (1925-1930).

127
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

O 15 de setembro, o rei encargoulle a Primo a formación do novo goberno e


concedeulle o cargo de presidente e de ministro único. Comeza o Directorio
Militar

Este primeiro Directorio está integrado unicamente por militares. De ideoloxía


antiliberal, conservadora e centralista, se presentaba a si mesmo como un réxime
de interinidade de carácter temporal. Centrou a súa actuación nos intentos de
rexenerar a vida política do país, restablecer a orde pública, frear as reivindicacións
dos nacionalismos periféricos e do movemento obreiro e pacificar Marrocos.

Un dos seus obxectivos básicos, e argumento fundamental do seu levantamento,


foi o desmantelamento do sistema político da Restauración para acabar co
caciquismo e lograr rexenerar a vida política. Neste sentido as primeiras medidas
tomadas foron as seguintes:

 Suspensión da Constitución de 1876 e das garantías constitucionais.


 Disolución das Cortes.
 Destitución das autoridades vixentes. Os gobernadores civís foron
substituídos por gobernadores militares.
 Disolución dos concellos, trocándoos por xuntas de vogais designados entre
os maiores contribuíntes da localidade Os caciques locais substituíronse por outros
que rendían contas ante as autoridades militares.
 Modificouse o Estatuto Municipal e o Estatuto Provincial, obra de Calvo
Sotelo, para aumentar a democratización destas institucións. Desaparecía así a
Mancomunidade catalá (prohibiu o uso de símbolos catalanistas e restrinxiu o uso
da lingua catalá ao ámbito privado).
 Creación de delegados gobernativos, tamén militares, encargados do control
dos novos concellos.
 Os partidos políticos non foron suprimidos, pero perderon a súa capacidade
de influencia nos concellos e a falta de contendas electorais fixo que os vellos
partidos practicamente deixaran de existir.
 Reforma da normativa electoral: redución de 25 anos a 23 para poder votar.
Dereito de voto ás mulleres se eran cabeza de familia. Non se chegaron a aplicar.
 Formación dun movemento o partido cívico: a Unión Patriótica
(UP)(Vocabulario), considerado como núcleo organizador da acción
social dos cidadáns. Cunha finalidade confusa foi un movemento de apoio
e propaganda á ditadura. É o partido único do novo réxime.

Outro dos seus obxectivos foi o restablecemento da orde pública:

 Para controlar o movemento obreiro foi decretado o estado de guerra ata


1925, restrinxe as liberdades públicas como o dereito de reunión e persigue as
organizacións obreiras vinculadas á CNT e ao PCE. Prohibíronse as
manifestacións e folgas e encarceráronse e perseguíronse aos principais dirixentes
obreiros O número de folgas e atentados diminuíu. En xeral reduciu os conflitos
laborais, puxo fin á violencia social e acabou co pistoleirismo.

128
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

 Crea o Somatén, milicia de orixe catalá formada por civís armados baixo a
autoridade dos mandos militares para o mantemento da orde e da paz pública e na
defensa da propiedade privada.

Ademais instaurou unha política de orde pública moi represiva para a defensa da
Unidade da Patria:

 Consideración de delito para calquera idea entendida como contraria á


unidade española.
 Desenvolvemento de campañas de afirmación dos símbolos nacionais de
España e de represión das reinvindicacións nacionalistas: prohibición de
bandeiras e himnos, clausura de institucións e diarios nacionalistas, prohibición do
emprego público da lingua propia nas escolas e institucións.

Neste momento tamén intentou resolver a cuestión de Marrocos. Consciente da


necesidade de manter o apoio do exército, en 1925 interveu militarmente no Rif.
Os ataques contra o protectorado francés das tropas rifeñas de Abd el Krim,
propiciaron a colaboración entre ese país e España, que se concretou no
desembarque español na baía de Alhucemas que, xunto co avance dos franceses
dende Fez, supuxeron a derrota de Abd el Krim e o fin da guerra de Marrocos
(1926).

O pretendido carácter rexeneracionista do Directorio Militar concretouse nunha


lexislación social: regulou o traballo da muller, promoveu a construción de vivendas
e impulsou os investimentos en obras públicas para reducir o desemprego. Estes
éxitos deron popularidade a Primo de Rivera quen, a finais de 1925 decidiu cambiar
a composición do Directorio, dando paso ao Directorio Civil.

Este novo Directorio pretendía abandonar a excepcionalidade política iniciada co


golpe militar e regresar á normalidade, institucionalizando o novo réxime e
cedéndolles protagonismo aos civís fronte aos militares. Para iso formouse un novo
goberno presidido por Primo de Rivera do que formaban parte técnicos como José
Calvo Sotelo (Facenda) e Eduardo Aunós (Traballo). Esta transformación mostraba
que este quería consolidarse no poder e contar co apoio dos sectores
conservadores, da banca e da industria. Para iso confiaba no aproveitamento da
boa conxuntura económica internacional da década de 1920.

A súa intención foi a de sentar as bases dun novo réxime político e a


potenciación do desenvolvemento económico español:

 Intento de instauración dun réxime corporativo:

 A Asemblea Nacional Consultiva (1927) convocouse coa finalidade de


institucionalizar o novo réxime e deseñar a súa forma de goberno. Primo
continuaba a seguir o modelo italiano, neste caso o Consello Fascista. Estaba
formada polos representantes das diferentes corporacións elixidos por sufraxio
indirecto, por funcionarios da Administración e por representantes sociais escollidos
desde o poder. A súa función foi sempre consultiva e sempre actuou baixo control
129
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

gobernamental. Debía encargarse de elaborar un Estatuto Fundamental da


Monarquía a modo de constitución. O proxecto deste Estatuto (1929) establecía un
réxime autoritario no que o poder lexislativo radicaría nas Cortes e no monarca. A
oposición dos vellos políticos dinásticos, a negativa dos socialistas a seguir
colaborando e a actitude reticente do rei paralizaron o proxecto e aceleraron a
oposición ao ditador.
 Organización Corporativa Nacional ou Consello do Traballo. Creada en 1926
para frear a conflitividade laboral e controlar o movemento obreiro. Trátase dun
sindicato vertical que inclúe obreiros e patróns nuns “Comités paritarios”. A súa
misión era a regulamentación dos salarios e as condicións de traballo, sempre
baixo o control estatal. Contaron coa colaboración do sindicato socialista UGT en
principio, pero retirouse máis tarde. A CNT negouse a participar e foron
perseguidos, detidos ou tiveron que exiliarse.
 Elaboración dunha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de
mellorar as condicións de vida dos traballadores, como o Código de Traballo.
Tamén se adoptaron medidas como a distribución de comida e roupa, a
construción de casas baratas, subsidios para familias numerosas, etc.
 Potenciación do desenvolvemento económico: política baseada no
nacionalismo económico e o dirixismo estatal que combinou elementos
intervencionistas cun impulso ao desenvolvemento industrial dos sectores de bens
de investimento (inspiradas no fascismo italiano): páxinas 296-297.

- Proteccionismo arancelario.
- Regulamentación da produción e da competencia, creando organismos
supervisores como o Consello de Economía Nacional.
- Control do mercado interior e dos prezos.
- Fomento da produción nacional mediante créditos e encargos estatais ás
empresas privadas.
- Impulso da realización de vías de comunicación e grandes obras públicas
(tren, renovación de estradas, pantanos). Creación das Confederacións
Hidrográficas para o aproveitamento dos ríos.
- Inversión na industria pesada (siderometalúrxica e cemento)
- Concesión de grandes monopolios estatais: CAMPSA, en petróleo,
Tabacaleira Española, na venda de tabaco, e a Compañía Telefónica Nacional, en
telefonía.
- Intento de reforma fiscal. O proxecto, elaborado por Calvo Sotelo, incluía un
imposto progresivo sobre a renda, pero foi abandonado pola oposición dos
poderosos.

Esta política económica comportou un aumento dos gastos do Estado que, ao


non ir acompañados dunha reforma fiscal que permitise elevar os ingresos, elevou
o déficit orzamentario, e obrigou a emisións de débeda pública.

A partir de 1926 a ditadura empezou a perder apoios e aumentaron as críticas e


a oposición, que tamén afectaron a Alfonso XIII. (punto 7.5 da páxina 273)

130
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

 Os militares: Primo, partidario dos ascensos por méritos de guerra, suprimía


os ascenso por estrita antigüidade. Ante a oposición dos oficias de artillería, forzou
o rei a que ratificase o decreto de disolución do corpo de Artillería.

Os políticos liberais demandaban o retorno ao sistema constitucional. Algúns


apoiaron a conspiración militar do 24 de xuño de 1926, a Sanjuanada. O intento
fracasou e os seus líderes foron encarcerados.

 Algúns intelectuais e xornalistas, como Unamuno, Ortega, Blasco Ibáñez,


que se enfrontaron ao ditador, a pesar da ríxida censura, sufriron a persecución do
réxime. Moitos estudantes apoiáronos con manifestacións e protestas. (Fundaron a
Federación Universitaria escolar en 1927)
 Os republicanos: formaron en 1926 Alianza Republicana, na que se
integraron diversos grupos e personalidades.
 Os nacionalismos periféricos radicalizaron a oposición, como Estat Català
(Macià). En1929 fundouse en Galicia a ORGA.
 A oposición obreira centrouse fundamentalmente na CNT e no PCE, que
foron perseguidos e prohibidos. En 1927, xorde a FAI (Federación Anarquista
Ibérica)(Vocabulario) para incrementar a influencia anarquista na CNT.
 A partir de 1929, o PSOE entrou en contacto con grupos republicanos que
intentaban poñer fin á ditadura e substituír a monarquía por un réxime republicano.

Esta ditadura viuse afectada pola crise de 1929, que prexudicou á situación
política e económica, aumentando os conflitos sociais e acelerando a perda de
apoios ao réxime. Así, o 27 de xaneiro de 1930, Miguel Primo de Rivera presenta a
súa dimisión.

Esta dimisión dará paso ao goberno de Berenguer, que inaugurou a chamada


ditabranda. En agosto de 1930 un importante número de personalidades políticas
(republicanos, nacionalistas, socialistas e algúns intelectuais) reuníronse e
estableceron un acordo verbal coñecido como Pacto de San Sebastián
comprometéndose a derrocar a monarquía e establecer a República e convocar
eleccións a Cortes constituíntes; formar un Comité revolucionario que actuaría
como Goberno provisional; e desenvolver, cos militares republicanos, diferentes
intentos de sublevación. Creouse ese Comité Revolucionario presidido por Alcalá
Zamora, preparouse unha folga xeral (que non chegou a realizarse) e un
pronunciamento militar (Sublevación de Jaca, que fracasou) para forzar a
proclamación da república.

En febreiro o almirante Aznar formará un novo goberno e convocará eleccións


municipais para o 12 de abril de 1931 que suporán a renuncia á potestade real e
abandono do país de Afonso XIII e a proclamación da Segunda República.

A fin da monarquía non foi o resultado dunha revolución, senón da deterioración


do propio sistema político. O colapso de 1931 foi o resultado dunha longa crise
institucional que os gobernos da monarquía foron incapaces de resolver e que
acabou co sistema constitucional da Restauración e, finalmente, coa propia
monarquía restaurada.
131
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións ABAU:
2018
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a crise de 1917, os gobernos de
concentración e a guerra de Marrocos. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando
menos ás diversas causas da crise, os seus efectos sobre o sistema de quendas e o agravamento da situación
provocado polo desastre de Annual.
Doc. 1. Petición da Asemblea de Parlamentarios. Barcelona, 19 de xullo de 1917:
“A política do actual Goberno, sobre significar unha provocación a Cataluña e a España enteira, constitúe
á vez un agravio ao Parlamento e un obstáculo a que as ansias de renovación que sente o país poidan obter
normal satisfacción.
(…) Que declarando o Goberno e os partidos que teñen maioría nas actuais Cortes, que estas non poidan
actuar en funcións de constituíntes, e considerando a Asemblea que urxe deliberar e resolver sobre a
organización do Estado, a autonomía dos municipios e os demais problemas que as circunstancias expoñen
con présa inaprazable para a vida do país, entenden que é indispensable a convocatoria de novas Cortes, que
en funcións de constituíntes, poidan deliberar sobre estes problemas e resolvelos”.
Doc. 2. Manifesto do Comité de folga á clase traballadora. Madrid, 12 de agosto de 1917:
“Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación ningunha, os
propósitos anunciados polos representantes da U.X.T. e da C.N.T. no manifesto subscrito por estes
organismos no mes de marzo último.
(…) Pedimos a constitución dun Goberno provisional que asuma os poderes executivos e moderador e
prepare, previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións
sinceras, dunhas Cortes constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentais da
constitución política do país. Mentres non se conseguiu ese obxectivo, a organización obreira áchase
absolutamente decidida a manterse na súa actitude de folga”.
Doc. 3. Discurso parlamentario pronunciado por Indalecio Prieto en outubro de 1921 sobre o
Desastre de Annual.
“(…)vistes, señores, despois dun desastre da magnitude do que foron teatro aquelas odiosas terras da zona
de Melilla, a frugalidade, a sobriedade, a sequidade con que o señor presidente do Consello o expuxo ante o
país: unhas cantas frases para dicir que non podía haber esaxeración ao cualificar o desastre; unha ausencia
total, absoluta, de datos sobre a contía e magnitude da catástrofe e a máis absoluta ausencia tamén de todo
xuízo sobre as causas que a procrearon”.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición, debes
elaborar unha redacción sobre a ditadura do xeneral Primo de Rivera, centrándote nos ámbitos político e
económico. O golpe de Estado (Doc. 1), aprobado por Alfonso XIII, pon fin ao réxime constitucional e
instaura no goberno a un Directorio Militar que será sucedido en 1925 por un Directorio Civil (Doc. 2). Os
éxitos militares en Marrocos e un crecemento económico sustentado no nacionalismo e no intervencionismo
(Docs. 3 e 4) non puideron evitar a caída do ditador en 1930, enfrontado a unha crecente oposición (Doc.5)
e ao cambio de tendencia na conxuntura económica internacional.

Doc.1 .-Manifesto do xeneral Primo de Rivera (13 de setembro de 1923):


“Españois: Chegou para nós o momento máis temido que agardado (...) de atender o clamoroso
requirimento de cantos amando a Patria non ven para ela outra salvación que libertala dos profesionais da
política, dos que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventura e inmoralidades que comezaron
no ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso (...).
Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radical remedio, para o que requirimos o
concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter
provisorio encargado de manter a orde pública (...)”.

132
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 2.-Proposta de Primo de Rivera a Alfonso XIII para substituír o Directorio Militar por un
Directorio Civil (1925):
“En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que propoño a V. M. é a
substitución dunha ditadura militar por outra civil e de organización máis axeitada, pero non menos vigorosa.
E permítome propoñelo así, recollendo a arela popular, que só teme do cambio de goberno que se debiliten os
resortes do mando que foron carácter do Directorio militar, cuxa vida, como xenuína representación do
exército e da mariña, que tan patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a este
arriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto; nin tampouco debe subtraerse por
máis tempo ao país, na súa representación civil, que é a axeitada e tan manifestamente está da nosa parte, a
participación e a responsabilidade na obra de reconstituílo e reeducalo administrativa e politicamente”.
Doc. 3.-José Calvo Sotelo, na súa obra Mis servicios a España (1931), expón e defende as que foran
liñas mestras da actuación económica da ditadura:
“As ditaduras propenden fatalmente ao intervencionismo. O seu omnímodo poder é incompatible coa
inhibición (...). O intervencionismo de Primo de Rivera abrangueu a agricultura, a industria, o mesmo
comercio (...). Primo de Rivera profesou un entusiasta nacionalismo económico que eu compartín co máis
caloroso fervor. Pero o noso nacionalismo mantívose dentro de correctísimos límites. A xuízo do xeneral,
España debía nacionalizar unicamente: a) as industrias para as que a primeira materia se obtén no noso
territorio; b) as que dentro do ámbito nacional de consumo poden achar mercado suficiente de vida; c) as
indispensables para asegurar a nosa independencia política nacional”.
Doc. 4.-Incremento da produción en España en diversos sectores, 1922-1930:

1922 1930
Mineira e industrial (base 1906/13=100) 84,7 144
Enerxía eléctrica (millóns de Kw.) 1.040 2.609
Aceiro (toneladas) 326.136 953.673
Cemento (toneladas) 729.035 1.820.011

Doc. 5.-Rematada a ditadura, Ángel Ossorio, que sería deputado nas Cortes republicanas, enxuíza así
a situación de España:
“E despois de seis anos longos de Ditadura, ¿que queda en España? (...). Roto o Exército con múltiples
sublevacións sucesivas (...); rota a Universidade, coas aulas pechadas (...); rota a Facenda, coa moeda
derrubada (...); rota a Xustiza (...).
Todas as forzas lexítimas, rotas; pero, en troques, intactas todas as forzas nocivas (...): o caciquismo en pé,
as súas falanxes unidas; o sindicalismo revolucionario, latente e prevido; os extremismos nacionalistas, máis
esaxerados que antes; nin un só dos elementos da patoloxía nacional quedaron suprimidos ou atenuados”.

Outros documentos:
«O erro Berenguer»
Pero esta vez equivocouse. Este é o erro Berenguer. Ao cabo de dez meses, a opinión pública está menos
resolta que nunca a esquecer a «gran viltá» que foi a Ditadura. O réxime segue solitario, acordoado como
leproso en lazareto. Non hai un home hábil que queira achegarse a el; actas, carteiras, promesas ?as contas de
vidro perpetuas? non serviron esta vez para nada. Ao contrario: esta última ficción colma o vaso. A reacción
indignada de España empeza agora, precisamente agora, e non fai dez meses. España tómase sempre tempo, o
seu. [...] Quere unha vez máis saír do paso, coma se os vinte millóns de españois estivésemos aí para que el
saíse do paso. Busca a alguén que se encargue da ficción, que realice a política do «aquí non pasou nada».
Atopa só un xeneral amnistiado. Este é o erro Berenguer do que a historia falará. E como é irremediablemente
un erro, somos nós, e non o réxime mesmo; nós, xente da rúa, de tres ao cuarto e nada revolucionarios, quen
teño que dicir aos nosos concidadáns: Españois, o voso Estado non existe! Reconstruídeo! Delenda est
Monarchia. José Ortega e Gasset
«O erro Berenguer». Artigo de José Ortega e Gasset publicado no Sol, 15 de novembro de 1930.

133
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Alfonso XIII despídese do país.


"Ao país: As eleccións celebradas o domingo (12 de abril) revélanme claramente que non teño hoxe o amor do
meu pobo. A miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España,
e puxen o único afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas. Un rei pode equivocarse, e sen
dúbida errei eu algunha vez; pero se ben que a nosa patria mostrouse en todo momento xenerosa ante as culpas
sen malicia. Son o rei de todos os españois, e tamén un español. Acharía medios sobrados para manter as miñas
rexias prerrogativas, en eficaz forcexeo con quen as combate. Pero resoltamente, quero apartarme de canto sexa
lanzar a un compatriota contra outro en fratricida guerra civil. Non renuncio a ningún dos meus dereitos,
porque máis que meus son depósito acumulado pola Historia, de cuxa custodia ha de pedirme un día conta
rigorosa. Espero a coñecer a auténtica e adecuada expresión da conciencia colectiva, e mentres fala a nación
suspendo deliberadamente o exercicio do poder real e apártome de España, recoñecéndoa así como única
señora dos seus destinos. Tamén agora creo cumprir o deber que me dita o amor á patria. Pido a Deus que tan
fondo como eu síntano e cúmprano os demais españois. Alfonso XIII. Manifesto de despedida de Alfonso XIII
(14 de abril de 1931).

15.- O establecemento da II República (forzas políticas e


constitución de 1931)
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o
alumnado deberá explicar o proceso político que levou á implantación da II
República e referirse ao contexto socioeconómico no que esta se establece;
afondará nas distintas forzas políticas que se configuran neste período tanto a favor
como en contra da fórmula republicana, analizando os seus principais trazos
ideolóxicos e apoios, e comentará as principais características da Constitución de
1931.

O sistema constitucional e parlamentario iniciado coa Restauración


monárquica de 1874 rematou co golpe de estado de Primo de Rivera (1923) e o
establecemento dunha ditadura co visto bo do monarca. A crise da económica
mundial iniciada en 1929 alcanzou tamén a España, onde ocasionou un rápido
incremento do desemprego e un crecente descontento social. Nesta nova situación
a ditadura foi perdendo paulatinamente os apoios dos seus inicios. A situación
política, económica e social volvía a ser grave e percibíase que o seu previsible
empeoramento podería supoñer non só a fin da ditadura senón que tamén da
propia monarquía.

O 27 de xaneiro de 1930, Primo de Rivera, gravemente enfermo e falto de


apoios, presentou a súa dimisión a Afonso XIII. O rei tratou de volver ao réxime
constitucional e nomea ao xeneral Berenguer xefe de goberno, o que inaugurou a
“ditabranda”.

A oposición republicana mobilizouse rapidamente e, en agosto de 1930 ,


estableceu o Pacto de San Sebastián (Vocabulario)(republicanos conservadores,
de esquerda e radicais, socialistas e nacionalistas cataláns e galegos), un acordo
para poñer fin á monarquía ao que se uniron algúns socialistas e intelectuais.
Paralelamente creouse un Comité Revolucionario presidido por Niceto Alcalá
Zamora e preparouse unha folga. Ademais, en decembro dese ano, tiveron lugar
varios intentos frustrados de impoñer a república pola forza. O máis salientable foi o

134
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

acontecido en Jaca, levado a cabo polos capitáns Galán e García Hernández. O


resultado foi a detención e o fusilamento destes militares.

En febreiro de 1931, o almirante Aznar formou un novo goberno e


convocáronse eleccións municipais para o 12 de abril de 1931, consideradas como
un plebiscito sobre a monarquía. Nas capitais de provincia e principais núcleos
urbanas foron gañadas pola conxunción republicano-socialista sobre as forzas
políticas monárquicas. En Galicia a candidatura republicana obtivo un resultado
notable (84%).

A fin da monarquía non foi o resultado dunha revolución, senón da deterioración


do propio sistema político, iniciado coa crise do 98, debilitado durante as crises
posteriores (1909, 1917 e 1923) e definitivamente desprestixiado durante a ditadura
militar.

Afonso XIII decide acatar a vontade popular e abandona España, proclamándose


así o 14 de abril a Segunda República Española e o Comité Revolucionario
(partidos asinantes do Pacto de San Sebastián), presidido por Alcalá Zamora,
converteuse en Goberno provisional.

Este novo goberno decretou unha serie de medidas de extrema urxencia:


amnistía xeral para presos políticos, liberdades políticas e sindicais e nomeamento
de altos cargos da Administración e comezou a elaborar as liñas das grandes
reformas e fixo unha declaración de intencións.

O Primeiro problema xurdiu en Cataluña onde Francesc Maciá (Esquerra


Republicana) proclamara o Estado Catalán e a república federal. Supoñía a ruptura
do Pacto de San Sebastián, no que se establecera que habían de ser as Cortes
constituíntes as que o decidisen. O día 17 viaxaron a Cataluña varios ministros
para acordar un programa que acelerase a autonomía que incluía o recoñecemento
dun goberno autónomo, A Generalitat. A Segunda República nacía así
recoñecendo o dereito de autonomía das rexións españolas.

O 28 de xuño celebráronse as eleccións a Cortes Constituíntes que concluíron


cunha nova vitoria da conxunción republicano-socialista, quedando o poder
executivo nas súas mans e quedando Alcalá Zamora como xefe de Goberno. A
primeira tarefa das novas Cortes era elaborar unha nova Constitución de carácter
republicano.

As Cortes Constituíntes inauguraron as súas sesións o 14 de xullo de 1931.


Quedou de manifesto que a nova constitución sería un texto que respondería os
criterios da maioría parlamentaria, formada por socialistas e republicanos de
esquerda.

As Cortes crearon unha comisión para elaborar un proxecto de Constitución,


formada maioritariamente por republicanos e socialistas. Os debates
parlamentarios foron moi intensos e tiveron amplo eco na opinión pública,
especialmente o voto das mulleres. (Clara Campoamor, a favor, Victoria Kent, en
135
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

contra). A Constitución foi aprobada con 368 votos a favor e 89 ausencias dos
deputados de dereitas, en desacordo con artigo 26 que regulaba as relacións entre
a Igrexa e o Estado. O feito de que non fora sometida a referendo outorgou
argumentos á dereita para rexeitala, alegando que non respondía á opinión
maioritaria do país.

A Constitución de 1931 tiña un carácter democrático e progresista. España foi


definida como “unha república de traballadores de todas as clases sociais”, á vez
que se reflectía na renuncia a guerra como instrumento das relacións
internacionais. O Estado configurábase de forma integral, pero aceptábase a
posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións: “Estado integral,
compatible coa autonomía de municipios e rexións”. Fórmula intermedia entre o
Estado unitario e o federal que pretende atallar as reivindicacións nacionalistas e
posibilita a organización das autonomías. Este debate sobre a organización
territorial do Estado foi condicionado pola iniciativa da Generalitat de redactar e
aprobar en referendo o Estatuto de autonomía catalán (Estatuto de Nuria).

Tamén establecía o principio da soberanía popular, a forma de goberno


republicana (República parlamentaria), unhas Cortes de carácter unicameral e
unha división de poderes moi acentuada con un sistema de desconfianzas e
contrapoderes complexo para evitar o abuso de poder. O poder lexislativo residía
do Parlamento, cun claro predominio fronte ao Goberno e o xefe do Estado. O
presidente da República era elixido polos deputados e un número idéntico de
compromisarios electos polos cidadáns, tiña escasas atribucións e un mandato de
6 anos. A xustiza baseábase na independencia de xuíces e tribunais; introduciuse o
xurado.

Recoñecíase unha ampla declaración de dereitos e liberdades, e existía unha


preocupación polos temas sociais. Garantíase a igualdade absoluta perante a lei, a
educación e o traballo, a non discriminación e a obrigatoriedade da educación
primaria. Recoñecíase a facultade do Goberno para expropiar bens de utilidade
social e definíase o traballo como unha obriga social. A definición e defensa destes
dereitos sociais e individuais xerou intensos debates entre dereitas e esquerdas,
adquirindo especial relevancia, como xa adiantábamos, a regulación do dereito de
sufraxio das mulleres, que acabou coa implantación dun auténtico sistema de
sufraxio universal desde os 23 anos. Outro dos aspectos máis conflitivos foi o da
separación Igrexa-Estado. A Constitución seguirá os principios do laicismo: o
Estado non ten relixión oficial, liberdade de cultos, eliminación da financiación da
Igrexa polo Estado, matrimonio e divorcio civís, ensino laico e non polas ordes
relixiosas e expúlsanse ós xesuítas.

Deseña un modelo de economía mixta. Asumiu o principio de que a riqueza do


país quedaba subordinada aos intereses da economía nacional. Aínda que garantía
o dereito á propiedade privada, establecía a posibilidade da expropiación, abrindo
así a posibilidade dunha reforma agraria. Tamén concedía ao Estado a posibilidade
de intervir e dirixir os asuntos económicos e abriu a posibilidade de nacionalización
de certos sectores da economía.

136
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A Constitución foi aprobada o 9 de decembro de 1931 e tivo o rexeitamento


absoluto dos partidos de dereitas e dos sectores católicos. Tampouco obtivo o
consenso dos grupos republicanos máis moderados. Alcalá Zamora, que dimitira
da presidencia do goberno por non estar de acordo cos artigos de materia relixiosa,
foi nomeado presidente da República e Manuel Azaña xefe do Goberno.

O novo panorama político quedaba definido desta maneira: (ver pregunta 2.3
páx 313)

Entre os grupos de esquerda, os partidos republicanos foron partidarios de


grandes reformas, pero non mantiveron posturas revolucionarias. O PSOE era o
partido máis sólido e estruturado, contaba co apoio da UGT e recollía gran parte do
voto obreiro. A corrente socialdemócrata propuña retrasar as formulacións
revolucionarias (Besteiro e Prieto); a corrente revolucionaria estaba representada
pola UGT e consideraba a República como un camiño cara ao socialismo. Máis á
esquerda achábanse o PCE (rama bolxevique do socialismo) e o POUM (tendencia
stalinista).

Na CNT (sindicato anarquista) enfrontáronse os trentistas, cunha visión máis


moderada e que mostraban certo apoio á República, e a FAI, máis radical, que
defendía a vía insurreccional e armada.

As opcións de centro-dereita estiveron representadas polos seguidores de Alcalá


Zamora e polo Partido Republicano Radical de Lerroux. Á dereita, o partido forte
era a CEDA de Gil Robles, que defendía a propiedade agraria, os intereses dos
propietarios e o tradicional peso da Igrexa e do exército.

Os grupos monárquicos, como Renovación Española, mostraron unha actitude


claramente hostil cara o novo sistema, defendendo a necesidade dun golpe de
Estado e que chegou a acordos electorais cos carlistas agrupados na Comuñón
Tradicionalista.

Por último, pequenos grupos de corte nacionalsocialista e fascista crearon as


Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS) unidas máis adiante á Falanxe
Española.

Comeza así un período de reformas coñecido como Bienio Reformista (1931-


1933). Estas reformas emprendidas pola coalición republicano-socialista foron
contestadas por diversos sectores sociais aumentando a conflitividade social e a
violencia política con accións que foron duramente reprimidas (Casas Viejas) polo
goberno de Azaña. A isto sumáronse os reveses nas eleccións municipais parciais
de abril, os efectos da crise económica de 1929, a problemática na colaboración
entre republicanos e socialistas o que levou a unha nova convocatoria de eleccións
en 1933.

Estas novas eleccións darán paso a un goberno de coalición de centro-dereita,


coñecido como Bienio Conservador (Bienio Negro) (1933-1936)(Vocabulario),
que supuxo a paralización das reformas. A división entre os partidos que apoiaban
137
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

esta coalición, sobre todo a partir dos escándalos de corrupción, supuxeron a


convocatoria dunhas novas eleccións para febreiro de 1936. A vitoria electoral da
Fronte Popular (coalición de esquerdas) ante o Bloque Nacional provocou un
levantamento popular que foi apoiado polos partidos e organizacións de dereitas, e
que marcou o inicio da Guerra Civil.

______________________________________________________________

A nivel xeral a República orixinou actitudes de apoio e rexeitamento que crearon


un ambiente de tensión ata desencadear a Guerra Civil do 36. Factores que
contribuíron:

Unha conxuntura internacional adversa, derivada da crise provocada polo crac


da Bolsa de 1929: estancamento da produción, incremento do paro. En Europa
apareceron as solucións autoritarias, ditatoriais e fascistas.

Unha sociedade dividida e enfrontada, de fortes desequilibrios sociais, entre as


clases traballadoras que aceptaban e pedían as reformas do Goberno republicano,
e o bloque do poder tradicional (terratenentes e burguesía) que non aceptaba as
reformas.

Fragmentación e polarización políticas, derivadas do novo papel asinado aos


cidadáns a través da súa participación nas eleccións, así como na liberdade de
asociación e sindicación.

PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS OBREIRAS DA SEGUNDA REPÚBLICA (ver


doc 3 páx 313)

Ideoloxía Programa Grupos sociais Organizacións


que os apoian
AUTORITARI Antirrepublicanos Alta Fascistas: Juntas de Ofensiva
OS Antimarxistas burguesía. Nacional-Sindicalista.
Unidade de España e Terratenentes Falanxe española de José Antonio
Catolicismo Primo de Rivera. Os dous forman en
1934:Falange española y de las Jons.
Monárquicos: -Carlistas: Comuñón
Tradicionalista.
-Renovación española de Calvo
Sotelo.
DEREITAS Catolicismo. Pequena -Partido Agrario.
Defensa da orde burguesía. Acción Popular base da CEDA de
tradicional e da propiedade Pequenos 1933 de Gil Robles.
privada. propietarios. -Partido Nacionalista Vasco.
REPUBLICAN República como forma Pequena De Dereitas: Dereita Liberal
OS de Estado. burguesía Clases republicana de Niceto Alcalá-Zamora.
Laicismo medias urbanas. Centrodereita: Partido republicano
Reformismo Radical de Alejandro Lerroux.
Esquerdas: Acción republicana de
Manuel Azaña.
ORGA de Casares Quiroga.

138
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Esquerra Republicana de Cataluña:


Francesc Maciá, Lluís Companys.
ESQUERDAS Defensa dos intereses Obreiros Socialistas: PSOE de Indalecio
dos traballadores. Xornaleiros. Prieto.
Abolición da propiedade UGT de Largo Caballero.
privada. Comunistas: PCE de Dolores
Oscilan entre o apoio e Ibárruri.
a oposición aberta á POUM(partido obrero de Unificación
República. Marxista) de Andreu Nin.
Anarquistas: Fai.
CNT(Confederación Nacional do
traballo). De Buenaventura Durruti

Composicións ABAU:
2018:
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o establecemento da II República.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ás circunstancias que permitiron
a implantación do réxime republicano, á orientación política das principais forzas do momento e ás
características máis destacadas da constitución de 1931.
Doc. 1. Manifesto de Alfonso XIII á nación, publicado no xornal monárquico ABC o 14 de abril de
1931:
“As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A
miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España, posto o
único afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas.
Un Rei pode equivocarse, e sen dúbida errei eu algunha vez (…). Son o Rei de todos os españois, e tamén
un español. Acharía medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas, en eficaz loita con quen as
combate. Pero, resoltamente, quero apartarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en fratricida
guerra civil. Non renuncio a ningún dos meus dereitos, porque máis que meus son depósito acumulado pola
Historia, de cuxa custodia ha de pedirme algún día conta rigorosa”.
Doc. 2. Principais resultados das eleccións do 28 de xuño de 1931.

Partidos Líderes Nº
escanos
Partido Socialista Obrero Julián Besteiro 115
Español
Partido Republicano Radical Alejandro Lerroux 90
Partido Radical Socialista Marcelino 61
Domingo
Esquerra Republicana de Francesc Maciá 29
Cataluña
Acción Republicana Manuel Azaña 26
Derecha Liberal Republicana Niceto Alcalá- 25
Zamora

Doc. 3. Título Preliminar da constitución española aprobada o 9 de decembro de 1931.


“Artigo 1º. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime
de Liberdade e de Xustiza.
Os poderes de todos os seus órganos emanan do pobo. A República constitúe un Estado integral,
compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións.
Art. 2º. Todos os españois son iguais ante a lei. Art. 3º.
O Estado español non ten relixión oficial”.
139
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Rúbrica de corrección:
Moi Resposta en branco (0).
deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1).
(0-1)
Deficiente Contidos: xeneralidades sobre a época (1,5).
(1,5-2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, preséntase como a resposta
a unha pregunta teórica (2).
Aprobado Contidos:
(2,5-3) -referencia básica ó contexto do período (eleccións municipais de 1931 e abandono de
Afonso XIII).
-explicación do proceso que levou á convocatoria de eleccións constituintes (papel do
goberno provisional).
-o triunfo dos partidos de esquerdas.
-características básicas da constitución de 1931.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.

Notable Contidos:
(3,5-4) -características do goberno provisional presidido por Niceto Alcalá- Zamora.
-referencia ós principais partidos da época e á súa ideoloxía.
-principais características da constitución de 1931.
Uso dos documentos, a resposta analiza parte do contido dos documentos:
argumentación de Afonso XIII, caracterización básica dos partidos que figuran na táboa
2, subliñado dos artigos que figuran no documento 3.
Redacción: correcta.
Sobresaliente Contidos:
(4,5-5) -precisión sobre algunha das medidas do goberno provisional: amnistía para os presos
políticos, proclamación de liberdades políticas e sindicais.
-profundización na ideoloxía dos principais partidos da época.
-profundización nas características da Constitución de 1931.
-valoración xeral do período analizado e breve referencia á situación posterior.
Uso dos documentos:
-a resposta ten en conta o medio de difusión do manifesto real (periódico monárquico
ABC).
-a resposta profundiza nas características dos partidos que figuran na táboa 2.
-a resposta profundiza nos artigos da constitución que figuran no documento 3.
Redacción: correcta e precisa, o texto está ben argumentado

Composicións anteriores selectividade LOMCE:


Os documentos seguintes permiten elaborar unha composición sobre a política da Segunda República . O
doc 1 fala do contexto no que seproduciu a cambio de réxime político. A república estivo marcada polos
resultados das diferentes eleccións a Cortes (Doc.2). Na primeira etapa, a composición do Parlamento posibilita
a promulgación dunha Constitución (Doc.3) que abre o camiño a importantes reformas en diferentes ámbitos.
Lembra que debes apoiarte nas fontes subministradas para elaborar a túa redacción.

Doc. 1. Manifesto de Alfonso XIII á nación, publicado no xornal monárquico ABC o 14 de abril
de 1931:
“As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A miña
conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España, posto o único
afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas.
Un Rei pode equivocarse, e sen dúbida errei eu algunha vez (…). Son o Rei de todos os españois, e tamén un

140
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

español. Acharía medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas, en eficaz loita con quen as
combate. Pero, resoltamente, quero apartarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en
fratricida guerra civil. Non renuncio a ningún dos meus dereitos, porque máis que meus son depósito
acumulado pola Historia, de cuxa custodia ha de pedirme algún día conta rigorosa”

Doc.2.Principais resultados das eleccións do 28 de xuño de 1931.

Doc.3.-Constitución de 1931:
“Art.1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de
liberdade e de xustiza (...). A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios
e das rexións (...). Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...). Art.39. Os españois poderán asociarse
ou sindicarse libremente (...). Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada aos
intereses da economía nacional (...). A propiedade de toda clase de bens poderá ser obxecto de expropiación
forzosa por causa de utilidade social mediante adecuada indemnización (...). Cos mesmos requisitos a
propiedade poderá ser socializada (...). Art.48. A ensinanza primaria será gratuíta e obrigatoria. A ensinanza
será laica (...)”.

ORIENTACIÓNS: Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da
Restauración, aberta a partir de 1898. Na redacción, debes abordar as seguintes cuestións: consecuencias da
guerra de 1898; a falta de lexitimidade política do sistema; as demandas sociais e políticas que se
reclamaban para rexenerar a vida pública; os problemas bélicos en Marrocos e o papel dos militares que
culminou co pronunciamento de Primo de Rivera como final do réxime constitucional. Recorda que non se
trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que
na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión
escrita.

Doc. 1-. Balance oficial de mortos na Guerra de Cuba (1898)


Na guerra 1 xeneral 60 oficiais 1.314 soldados
Por feridas 1 xeneral 81 oficiais 704 soldados
Por febre amarela – 313 oficiais 13.000 soldados
Por outras – 127 oficiais 40.000 soldados
enfermedades
Na travesía de regreso – – 60 soldados
TOTAL 2 xenerais 581 oficiais 55.078 soldados

Doc. 2.-: Oligarquía e caciquismo (Joaquín Costa, 1901):


“Non é a nosa forma de goberno un réxime parlamentario, viciado por corruptelas e abusos,
segundo é uso entender, senón, ao contrario, un réxime oligárquico, servido, que non moderado, por
institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro xeito, non é o réxime parlamentario a regra, e
excepción dela os vicios e as corruptelas denunciadas na prensa e no Parlamento mesmo durante sesenta
anos; ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas constitúen o réxime, son as mesma regra...”
Doc. 3.-: Comunicado da Asemblea de Parlamentarios de Cataluña (asinado entre outros por Lerroux e
Cambó, 1917):
“Os representantes en Cortes de Cataluña, ante a gravidade e transcendencia dos momentos actuais, sen
quebranto das súas particulares conviccións políticas que integramente manteñen, coinciden en afirmar: A.-
141
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Que é vontade xeral de Cataluña a obtención dun réxime de ampla autonomía. B.- Que é de gran
conveniencia para España transformar a organización do Estado baseándoa nun réxime de autonomías que,
adaptando a súa estrutura á realidade da vida española, aumente a súa cohesión orgánica e facilite o libre
desenvolvemento das súas enerxías colectivas.
E en adoptar os seguintes acordos: 1º Pedir ao Goberno a inmediata reunión das Cortes para que as mesmas,
en funcións de constituíntes, deliberen e resolvan sobre a organización do Estado e a autonomía dos
Municipios e dean solución inmediata ao problema militar e aos que as circunstancias actuais suscitan con
presa inaprazable para a vida económica de España. 2º Comunicar o anterior acordo ao Goberno, e, en caso
de non obter a inmediata convocatoria das Cortes, convidar a todos os senadores e deputados españois para
que concorran a unha Asemblea extraoficial que se delibere sobre os extremos consignados no acordo
anterior, e cuxa primeira reunión tería lugar nesta cidade o día 19 do corrente”.
Doc. 4.- O desprestixio de Afonso XIII nos anos 20, reflectido nas memorias de Arturo Barea (A Forxa
dun rebelde):
“Toda a porcallada do „Narigón‟[alcume do Rei Alfonse XIII] está agora saíndo a relucir: os millóns que
[lle pagaron] para abrir as casas de xogo, o Palacio de Xeo e o Casino de San Sebastián, (…). Está nas minas
do Rif (…) e no abastecemento de camións para o exército (…); e aínda por riba de todo, a lea de Marrocos
(…): Unha historia sucia, porque resulta que é el o responsable do desastre. Escribiulle a Silvestre, ás
agachadas de Berenguer, e díxolle que seguise adiante. Din ata que, cando Annual acababa de ser
conquistado, lle mandou un telegrama a Silvestre (…) e cando se lle falou da catástrofe e dos miles de
mortos que había, dixo: „A carne de galiña é barata‟. Claro é que todos os reaccionarios estano defendendo
nas Cortes, pero os republicanos e os socialistas están pegando duro. Ademais, hai outra cousa: agora que
están mandando forzas expedicionarias e todos os Fulanos que escaparon co seu diñeiro de ir a Marrocos
teñen que ir, aínda que non queiran, moitos dos liberais queren que se depure a cousa. Séntalles como un tiro
que teñan que perder os seus cartiños e se a man vén, os fillos. De todas as maneiras, unha cousa é certa: vai
haber un proceso (…). Un proceso para establecer a responsabilidade do que pasou en África. Os xenerais
están que rebentan de rabia. Ata ameazaron cun pronunciamento como nos tempos de Isabel.

Outros documentos:
Josep Pla: O 14 de abril en Madrid.
Ás tres da tarde do día 14 izouse en Madrid a primeira bandeira republicana, que tremoló sobre o Palacio de
Comunicacións. Esta bandeira produciu un movemento xeral de curiosidade que se converteu nun estalido de
entusiasmo ao coñecerse que representaba realmente o que simbolizaba, ou sexa, a toma do poder por parte do
Goberno provisional. En canto isto fíxose público, Madrid correu a destruír e a esconder os símbolos
monárquicos. Os comerciantes provedores da Real Casa, as tendas co escudo real, as fondas, teatros e
restaurantes con algún nome relacionado coa monarquía, fixeron desaparecer rapidamente os nomes
comprometedores e dinásticos. As estatuas que o pobo conseguiu derrubar caeron de forma implacable. Un
busto de bronce de Primo de Rivera foi colgado no balcón de Gobernación. As bandeiras republicanas
fixéronse máis e máis espesas. [...]. O pobo de Madrid, que adoita posuír unha finura crítica indubidable,
aderezou o espectáculo co seu causticidad proverbial. O Rey e a Raíña non foron tratados pola masa con
cumpridos, pero tampouco cunha crueldade esaxerada. […]
J. PLA, «O 14 de abril en Madrid», Artigo publicado na Veu de Catalunya, 18 de abril de 1931.

Constitución de 1931.
Art. 1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de
Liberdade e Xustiza. Os poderes de todos os seus órganos emanan do pobo. A República constitúe un Estado
integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións. A bandeira da República española é vermella,
amarela e morada. Art. 2. Todos os españois son iguais ante a lei. Art. 3. O Estado español non ten relixión
oficial. Art. 4. O castelán é o idioma oficial da República. Todo español ten obrigación de sabelo e dereito de
usalo, sen prexuízo dos dereitos que as leis do Estado recoñezan ás linguas das provincias ou rexións [...]. Art.
11. Se unha ou varias provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas comúns
acordasen organizarse en rexión autónoma para formar un núcleo político-administrativo dentro do Estado
español, presentarán un Estatuto con arranxo ao establecido no artigo 12. [...]. Quedan disoltas aquelas Ordes
relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia a
autoridade distinta da lexítima do Estado. Os seus bens serán nacionalizados e afectados a fins benéficos. Art.

142
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

36. Os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme
determinen as leis. Art. 67. O Presidente da República é o Xefe do Estado e personifica á Nación (…).
3.Segunda República: Xefes de Estado e Presidentes do Goberno

Lista de presidentes
Presidentes da República (Xefes de Estado):

Niceto Alcalá-Zamora (1931-1936)


Manuel Azaña (1936-1939)

Xefes de Goberno:

Niceto Alcalá-Zamora de o 14 de abril de 1931 a o 14 de outubro de1931.


Manuel Azaña de o 14 de outubro de 1931 a o 16 de decembro de1931.
Manuel Azaña de o 16 de decembro de 1931 a o 12 de xuño de 1933
Manuel Azaña de o 12 de xuño de 1933 a o 12 de setembro de1933.
Alejandro Lerroux de o 12 de setembro de 1933 a o 8 de outubro de1933.
Diego Martínez Barrio de o 8 de outubro de 1933 a o 16 de diciembrede 1933.
Alejandro Lerroux de o 16 de decembro de 1933 a o 28 de abril de1934.
Ricardo Samper de o 28 de abril de 1934 a o 4 de outubro de 1934.
Alejandro Lerroux de o 4 de outubro de 1934 a o 25 de setembro de1935.
Joaquín Chapaprieta de o 25 de setembro de 1935 a o 14 de decembro de 1935.
Manuel Portela Valladares de o 14 de decembro de 1935 a o 19 de febreiro de 1936.
Manuel Azaña de o 19 de febreiro de o 1936 a o 10 de maio de 1936.
Augusto Barcia 10 de maio de o 1936 a o 13 de maio de 1936.
Santiago Casares Quiroga de o 13 de maio de 1936 a o 19 de xullo de1936.
Diego Martínez Barrio de o 19 de xullo de 1936 ao 19 de xullo de 1936.
José Giral de o 19 de xullo de 1936 a o 4 de setembro de 1936.
Francisco Largo Caballero de o 4 de setembro de 1936 a o 17 de maio de 1937.
Juan Negrín de o 17 de maio de 1937 a o 5 de abril de 1938.
Juan Negrín de o 5 de abril de 1938 a o 31 de marzo de 1939.

16.- As grandes reformas da República

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o


alumnado comentará as causas, evolución e consecuencias das principais
reformas emprendidas pola República (relixiosa, militar, agraria, territorial,
educativa...), explicando con máis detalle aquelas que se mencionen
especificamente nos documentos e indicando cales foron xa iniciadas no Goberno
Provisional ou no Bienio Reformista, a parálise de todas elas durante Bienio de
Dereitas e a súa recuperación no goberno da Fronte popular, non sendo necesario
afondar nestes períodos.

Trala proclamación da Segunda República, convócanse eleccións a Cortes


Constituíntes, que deron a maioría ós grupos pro-reformistas dos partidos
centristas republicanos e PSOE. Aproban a Constitución de 1931, que definía a
España como un estado democrático, laico, cun presidente de República, un
goberno responsable ante o Congreso, sufraxio universal total e cunha estrutura do
territorio unitaria con posibilidade de estatutos de autonomía. Como presidente da
República foi elixido Niceto Alcalá Zamora, que encargou a Manuel Azaña que
formase goberno. Azaña optou pola alianza dos republicanos de esquerda e os
socialistas para gobernar.

143
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Comeza así o denominado Bienio Reformista (1931-1933) debido as


importantes reformas realizadas que pretendían transformar e modernizar as
estruturas sociais, políticas e económicas herdadas da Restauración e se atoparan
coa oposición dos grupos oligárquicos que ostentaban dito poder. Ademais, estas
reformas veranse afectadas pola conxuntura económica da II República,
condicionada polo crack do 29, que dificultou a obtención de fondos para a súa
financiación.

No que se refire á cuestión relixiosa, o enfrontamento entre a Igrexa e o Estado


acentuouse tras a aprobación da Constitución que establecía a laicidade do Estado.
A política de secularización incluía medidas como a separación da Igrexa e o
Estado, a extinción do orzamento do clero, vixente desde o Concordato de
1851(Isabel II), a liberdade de cultos, a secularización dos cemiterios e o
matrimonio civil e o divorcio. Ademais o temor á influencia que as ordes relixiosas
exercían na educación levou o Goberno a prohibirlles dedicarse ao ensino. A
maiores, a Lei de Congregacións (1933) limitou a posesión de bens ás ordes
relixiosas e previu a posibilidade da súa disolución en caso de perigo para o
Estado. O enfrontamento máis grave produciuse cos xesuítas, que profesaban un
cuarto voto de obediencia ao Papa (por tanto un poder estranxeiro), polo que foron
disolvidos e os seus bens nacionalizados. A posta en práctica das políticas laicistas
provocou unha forte polémica e a oposición da xerarquía eclesiástica (salvo o
cardeal Vidal e Barraquer) e da poboación católica. A actitude hostil do Cardeal
Segura e do bispo de Vitoria provocou a súa expulsión do territorio español.

A primeira das reformas foi a reforma militar. En 1931 o exército español


presentaba un exceso de oficiais (macrocefalia) debido a que durante a ditadura de
Primo de Rivera se promocionaron os ascensos tanto por méritos como por
antigüidade, unha distribución de unidades arcaica e un equipamento escaso e
obsoleto. Azaña emprendeu esta reforma do exército con tres obxectivos básicos:
reducir o número de oficiais, corpos e unidades; aumentar a eficacia e asegurar a
súa obediencia ao poder civil e eliminar o seu poder político. Con esta finalidade
promulgouse a Lei de retiro da Oficialidade u Lei Azaña (1931) que establecía:

Esixencia de que todos os mandos xuraran fidelidade á República.

Supresión da Lei de Xurisdicións de 1906.

Dereito de retiros, que permitía aos oficiais pasar á reserva ou retirarse co
soldo íntegro.

Reorganización xeral das unidades do exército.

Supresión da Academia militar de Zaragoza (que dirixía Franco desde 1928),
para non favorecer o incremento de novos oficiais e viveiro de golpistas.

Clausura das Capitanías Xerais e desaparición dos Tribunais de Honra.
Desaparece a prensa destinada ao exército.

A reforma militar foi mal recibida, especialmente polos militares africanistas.


Quince meses despois da proclamación da república, algúns militares, co xeneral
Sanjurjo á fronte, subleváronse en Sevilla e protagonizaron o primeiro golpe de
estado contra a República (Sanjurjada)(Vocabulario). Sanjurjo foi condenado á
pena de morte, conmutada pola pena de prisión.

144
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

En materia policial creouse a Garda de Asalto, forza de orde pública fiel á


república, para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades.

Un dos obxectivos centrais do amplo proceso reformista impulsado polos


gobernos republicanos foi a reforma agraria. O seu obxectivo era facer fronte á
desigual distribución da propiedade da terra, para mellorar a situación do
campesiñado e incrementar a produtividade agrícola. A existencia de amplas
masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións latifundistas do sur, e de
pequenos propietarios e arrendatarios ó límite da subsistencia nas rexións
setentrionais, constituía un problema endémico en España. Por iso a reforma
agraria converteuse nunha das principais reivindicacións do campesiñado.

Antes da súa aprobación en 1932, o goberno provisional de Niceto Alcalá-


Zamora xa implantara unha serie de leis que aspiraban a mellorar a situación dos
traballadores no campo.

O intento golpista de 1932 tivo un dobre efecto: confiscáronse sen indemnización


as terras da alta aristocracia e acelerouse a aprobación da Lei.

En esencia a Lei da reforma Agraria de setembro de 1932 pretendía a


modernización técnica, acabar co latifundismo e redistribuír a propiedade mediante
o asentamento de campesiños nas terras expropiadas. Regulaba a redistribución
da terra, facultando ó Estado á expropiación e reparto de terras particulares nunha
serie de supostos. Entre elas estaban as propiedades dos antigos señoríos
(grandes de España), as terras incultas ou mal cultivadas, as permanentemente
arrendadas, ou as de regadío carentes de rego pola desidia dos seus donos.

Todos os propietarios expropiados, salvo os grandes de España e os donos dos


antigos señoríos, debían ser indemnizados. A propiedade de todas as terras
correspondeulle ao Estado. O réxime de explotación colectivo ou individual
decidiríano as comunidades de campesiños, co que se salvaba así unha das
diferenzas entre socialistas e republicanos.

Tamén foi aprobada a Lei de Intensificación de cultivos (22-10-1932) que


afectaba ás fincas de secaño da metade sur peninsular e que permitía a cesión de
terras non cultivada polos seus propietarios aos xornaleiros.

Posto que a lei tamén prevía a indemnización dos propietarios expropiados,


creouse o Instituto de Reforma Agraria (IRA), para desenvolver este proceso e
facilitar créditos ás familias campesiñas beneficiadas pola medida. Contaba cun
orzamento de 50 millóns de pesetas, claramente insuficiente.

A reforma tivo que afrontar grandes problemas fundamentalmente porque os


resultados foron moi limitados. Se o plan era asentar entre 60 e 70 mil campesiños,
en dous anos só houbo 12 mil asentamentos. Entre as causas do fracaso da lei
cabe sinalar a súa complexidade técnica, o exiguo orzamento, o escaso interese
dos republicanos de esquerda, incluído Azaña, a incompetencia do ministro
145
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

encargado de aplicala, Marcelino Domingo, así como a oposición dos grandes


propietarios.

A lentitude da súa aplicación, o paro e a frustración dos xornaleiros do campo


derivaron en insurreccións anarquistas que desembocaron en duros e tráxicos
enfrontamentos coas forzas da orde pública. Tiveron lugar en Castela, Andalucía e
Estremadura, onde tamén se produciron ocupacións ilegais de terras. En xaneiro
de 1932 produciuse o primeiro intento revolucionario na conca mineira do Alto
Llobegat. Os disturbios na provincia de Cádiz culminaron nos sucesos de Casas
Viejas, no mes de xaneiro de 1933, co enfrontamento entre grupos de campesiños
da CNT e a Garda Civil e a Garda de Asalto. O 10 de xaneiro os seus habitantes
proclamaron o comunismo libertario, colectivizaron as terras, cortaron o teléfono e
cavaron trincheiras. As forzas de orde público mataron a oito campesiños e
fusilaron a outros 12.

Con respecto á reforma educativa, a Constitución establecía a súa a nova


filosofía ao respecto: ensino obrigatorio, gratuíto e laico. Creáronse numerosas
escolas públicas e mellorouse a formación dos mestres. Introduciuse a
coeducación, suprimindo a separación dos alumnos nas aulas por sexo.
Desenvolvéronse clases para adultos, diminuíron as taxas de analfabetismo.

A non obrigatoriedade do ensino da relixión e o carácter laico provocou unha


forte reacción entre os políticos máis conservadores (a guerra escolar). O desexo
de levar a instrución e a cultura a todos os lugares de España propiciou a aparición
de novas experiencias. Entre elas destacaron as Misións Pedagóxicas, que levaron
polos pobos teatro, cine, bibliotecas ambulantes. Tamén se abriron Casas de
Cultura, con bibliotecas, fomentáronse as vacacións e as colonias escolares e
fixéronse iniciativas como o Teatro Universitario La Barraca, dirixido polo poeta
Federico García Lorca.

No que se refire á política autonómica, a constitución republicana intentou


conxugar as aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do estado
unitario, establecendo que o Estado integral republicano era compatible coa
autonomía dos municipios e das rexións.
En Cataluña tras un primeiro intento de Francesc Maciá, dirixente de ERC, de
proclamar a República Catalá, iniciáronse negociacións que conduciron á formación
dun goberno autonómico, a Generalitat, e á aprobación dun estatuto de Autonomía
(1932). O réxime autonómico estableceu un goberno e un parlamento propios, con
competencias en materia económica, social, educativa e cultural. As eleccións ao
parlamento catalán deron a vitoria a ERC e Francesc Maciá foi elixido presidente
da Generalitat, cargo que ocupou ata a súa morte en 1933, cando foi substituído
por Lluís Companys. A transferencia de competencias foi lenta, e o 6 de outubro de
1934 Lluís Companys proclamou a República Catalana. O estatuto foi suspendido e
o Goberno catalán foi enviado a prisión.

No País Vasco, o PNV e os carlistas redactaron un proxecto de Estatuto no 1931


(Estatuto de Estella). A súa aprobación atrasouse ata outubro de 1936, xa inicada a
Guerra Civil. José Antonio Aguirre, dirixente do PNV, foi escollido lehendakari.
146
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

En Galicia o proceso estatutario foi máis lento. A finais do 1931 diversas


personalidades e grupos galeguistas fundaron o Partido Galeguista, o seu
obxectivo básico era a conquista da autonomía para Galicia. O 28 de xuño de 1936,
tras unha intensa campaña a favor da autonomía e na que destacaron galeguistas
como Castelao e Alexandre Bóveda, foi aprobado polo pobo galego. O inicio da
guerra civil fixo que non se puidese levar á práctica.

Finalmente a reforma social de Largo Caballero (secretario xeral do PSOE e


UXT) tratou de mellorar a situación dos obreiros fomentando reformas nas
negociacións dos contratos de traballo decretando seguros sociais e favorecendo a
actividade dos sindicatos. Estas reformas non chegaron a contentar ós obreiros e
xornaleiros, pero molestaron moito ós empresarios e terratenentes.

A posta en práctica de todas estas reformas atópase limitada pola inestabilidade


política presente durante a república, e pola oposición da oligarquía, acostumada a
exercer o poder e o control, que optará por organizarse electoralmente. Destacará
a CEDA de Gil Robles, que aglutinará aos católicos e afonsinos descontentos, e o
primeiro partido fascista FET y de las JONS de J. A. Primo de Rivera.

A matanza de Casas Viejas minou a credibilidade do goberno e foi motivo da súa


caída. Na esquerda orixinouse un forte debate que debilitou a coalición
republicano-socialista. Azaña dimite.

En 1933 Alcalá Zamora disolverá as Cortes e convocará eleccións que gaña o


bloque antirreformista (Coalición Antimarxista), debido a unidade dos católicos, o
sufraxio universal total, o abstencionismo anarquista derivado de Casas Viejas e a
lentitude do proceso reformista. Iníciase así o denominado Bienio antirreformista
ou Negro, dominado polo Partido Republicano Radical de Lerroux e a CEDA, cuxa
principal tarefa foi abolir dito proceso reformista.

En febreiro de 1936 unha nova coalición chamada a Fronte Popular, integrada


polos reformistas e o PSOE, obtén a vitoria coa proposta de volver a poñer en
funcionamento o proceso reformista iniciado en 1931 e unha amnistía para os
represaliados no bienio anterior (destacan os sucesos de outubro de 1934 e a folga
de Cataluña). Neste momento, os sectores que se sentiron agraviados deciden
abandonar a loita electoral e organizar un golpe militar en conexión co contexto
europeo de desprestixio dos réximes liberais parlamentarios e auxe dos
totalitarismos. Neste momento, xa cesado Alcalá Zamora, o executivo está
integrado por Manuel Azaña como Presidente da República e Casares Quiroga
como presidente do goberno.

A modo de conclusión en relación a este tema podemos afirmar que a


sublevación do 18 de xullo de 1936 ten como aglutinante non tanto un proxecto
político común, xa que as súas propostas eran ideoloxicamente heteroxéneas e
oscilaban desde unha ditadura militar republicana de Mola ata a restauración
borbónica de Gil Robles, senón paralizar o proxecto reformista iniciado en 1931.

147
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións:

ABAU 2021
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre as grandes reformas da II República.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas da reforma
militar, educativa e agraria, ao seu desenvolvemento e efectos. (5 puntos)

Doc. 1. Lei de Retiro da Oficialidade, 25 de abril de 1931:


“A proposta do Ministro da Guerra, o Gobierno provisional da República decreta:
Artigo 1º. Concédese o pase á situación de segunda reserva, co mesmo soldo que gocen no
seu emprego da escala activa, a todos os Oficiais xerais do Estado Maior xeneral, aos da
Garda civil e Carabineiros, e aos dos Corpos de Alabarderos, xurídico militar, Intendencia,
Intervención e Sanidade […] que o soliciten do Ministerio da Guerra dentro dos trinta días
seguintes ao da publicación deste Decreto.Artigo 2º. Concédese o paso á situación de
retirado, co mesmo soldo que gocen actualmente no seu emprego, e calquera que sexan os
seus anos de servizos, a todos os Xefes, Oficiais e asimilados, así en situación de actividade
como na de reserva retribuída das distintas Armas e Corpos do Exército […], que o
soliciten do Ministerio da Guerra dentro do prazo sinalado.
Doc. 2. Informe sobre as Misións Pedagóxicas:
“A Misión desenvolve o seu programa en forma de reunións culturais públicas na escola,
noutra sala ou na praza e a horas compatibles co traballo local, nunha ou varias sesións
diarias, desenvolvendo en charlas sinxelas amplos temas de interese xeral humano, […]
audicións musicais comentadas, e conferencias e conversacións sobre educación cidadá,
desenvoltas á marxe de toda intención partidista, nun plano de limpeza, co fin primordial de
difundir ideas acerca da cultura política actual, o espírito da República e o coñecemento da
Constitución. Paralelamente a esta actuación cultural, a Misión cumpre outra finalidade
estritamente pedagóxica: visita as escolas, desenvolve cos nenos leccións, cantos, xogos,
excursións, en colaboración cos mestres”.
Doc. 3. Balance da reforma agraria segundo o enxeñeiro agrónomo Pascual Carrión, un dos seus
promotores:
“Ata o 31 de decembro de 1933, é dicir, quince meses despois de ser promulgada a Lei de
Reforma Agraria, só se ocuparon 24.203 hectáreas nas que se asentaron 2.500 campesiños,
cantidade como vemos insignificante á beira dos plans que propuxo a comisión técnica de
asentar de 60.000 a 75.000 campesiños anualmente que, nos dous anos transcorridos
desde a presentación do proxecto, debían colocar polo menos 150.000 campesiños. […]
Como vemos, o labor realizado foi moi modesto e nin sequera se ocupou gran parte das
leiras dos grandes de España, que sumaban 562.528 hectáreas”.
Moi deficiente(0- Resposta en branco (0)
1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

Deficiente(1,5-2) Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos e estáelaborada como resposta a
unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,frases incoherentes ou
mal articuladas.

148
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Aprobado(2,5-3) Contidos:
-Contextualización política e cronoloxía básica das reformas.
-Referencia xenérica ás motivacións do programa reformista.
-Reformas levadas a cabo, indicadas brevemente: militar, educativa,agraria, relixiosa...
-Referencia xenérica aos resultados obtidos (efectos limitados eoposición xerada polo programa
reformista).
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiadosimple.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das seguintes
(3,5-4) cuestións):
-O contexto das reformas: sinalar a importancia da etapa do Goberno Provisional como punto
de partida das mesmas, incidir no proceso que conduciu ao Bienio Reformista (aprobación da
constitución de 1931, encargo do goberno a Manuel Azaña e alianza dos republicanos de
esquerda e os socialistas).
-Afondar nas reformas reflectidas nos documentos propostos: reforma militar, educativa e
agraria:
-Expor as circunstancias que facían necesarias ditas reformas.
-Comentar outras medidas concretas levadas a cabo en relación coas mesmas.
-Sinalar os seus efectos sociais, políticos, económicos...
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, na resposta afóndase no comentario
dalgún dos documentos propostos ):
-A resposta sinala o inicio das reformas xa durante o goberno provisional/identifica como Ministro
da Guerra a Manuel Azaña a partir do doc. 1.
-Explica os obxectivos principais das Misións Pedagóxicas recollidas nodoc.2
-Sinálanse os limitados efectos da reforma agraria a partir do doc.3
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente(4,5- Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllense unha ou varias das
5) seguintes cuestións):
-Referir a evolución das reformas ao longo da República.
-Facer fincapé nos apoios e rexeitamentos que tiveron estas reformas, as cales contribuíron a
crear as “dúas Españas” que se enfrontarán na guerracivil.
-Falar da “mala xestión” da reforma agraria (protestas, levantamentos...) por parte do goberno
de Azaña, que acabaría por custarlle o posto nas eleccións de 1933.
-Facer referencia a outras reformas da República non recollidas nos documentos: reforma
relixiosa, territorial e laboral.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da composición o
contido dos documentos emprégase nalgún destes sentidos):
-Doc.1: Salientar o interese da República por modernizar o exército e facelo máis eficaz a través,
entre outras medidas, da redución do número de oficiais ofrecéndolles condicións moi
vantaxosas.
-Doc.2: Facer referencia ao desexo do goberno de difundir os valores da República e da
Constitución entre os sectores populares de todos os lugares de España/Salientar os obxectivos
de alfabetización, democratización e difusión da “alta” cultura (teatro, música, literatura...).
-Doc. 3: Comentar o espírito autocrítico do autor do balance, quen non nega os modestos
efectos da reforma agraria malia ser el mesmo un dos seus promotores.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. Otexto está ben articulado
e argumentado

ABAU 2019
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre as grandes reformas da II República.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ás motivacións e ao contexto do
programa reformista, ás principais medidas adoptadas e aos seus resultados.
Doc. 1. Santiago Carrillo rememora a figura de Manuel Azaña e o seu papel na Segunda República:
“Manuel Azaña era o líder republicano menos coñecido polas masas o 14 de abril cando o Comité
Revolucionario se fixo cargo do Goberno, pero era tamén o que tiña un coñecemento máis exacto dos grandes
problemas nacionais do momento. Entre estes atopábanse a gran propiedade latifundista, o control da Igrexa
católica sobre a política e a cultura […] e a existencia dun Exército colonialista […].

149
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

[…] Como digo, seguramente Azaña tiña conciencia destes problemas coma ninguén, pero carecía de
suficiente forza propia, dun partido forte que o sustentase, do apoio dunha burguesía emprendedora
—inexistente— e, como recoñeceron moitos, do carácter e a coraxe que esixía a empresa […].”
Doc. 2. Beneficios da reforma agraria, segundo o enxeñeiro agrario Pascual Carrión, integrante da
Comisión Técnica encargada de elaborar o anteproxecto de Lei de Reforma Agraria:
“[…] O custo da reforma, xa o apreciamos, é duns 500 millóns de pesetas anuais durante un decenio, pero
estas cantidades seranlle devoltas ao Estado polos mesmos cultivadores, e, canto ás melloras sociais, camiños,
poboados, obras de rega, etc., tamén serán amortizadas co aumento de contribucións e impostos.
[…] A respecto dos beneficios sociais, non hai que ponderar o que supón que teñan ocupación todos os
obreiros agrícolas desas provincias e que poidan levar unha vida modesta, pero que cubra as súas necesidades
e lles permita ser verdadeiramente libres […].”
Doc. 3. A reforma educativa. Decreto de 24 de xuño de 1931:
“O Goberno provisional da República sitúa no primeiro plano das súas preocupacións os problemas que
fan referencia á educación do pobo. A República aspira a transformar fundamentalmente a realidade española
ata lograr que España sexa unha auténtica democracia. E España non será unha auténtica democracia mentres
a inmensa maioría dos seus fillos, por falta de escolas, se vexan condenados a perpetua ignorancia.
[…] Fundado nestas razóns, e a proposta do Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, o Goberno
provisional da República decreta:
Artigo 1.º Autorízase o Ministerio de Instrución pública para crear, a partir do 1º de Xullo, 7.000 prazas de
Mestres e Mestras con destino ás Escolas nacionais […].”

Rúbrica corrección:

Muy Resposta en branco (0)


deficiente (0- A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
1)
Deficiente Contidos:
(1,5-2) Xeralidades sobre a época (1,5)
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, esponxe como a
resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas

Aprobado Contidos:
(2,5-3) -Contextualización política e cronolóxica básica das reformas..
-Referencia xenérica ás motivacións do programa reformista
-Reformas levadas a cabo, indicadas brevemente: a cuestión relixiosa, reforma
agraria, militar, educativa...
-Referencia xenérica aos resultados obtidos (efectos limitados e oposición
xerada polo programa reformista).
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha


(3,5-4) destas cuestión):
-Na reforma agraria recollida nos documentos.
-Noutras medidas concretas levadas a cabo en relación con algunas das outras reformas
reflectidas nos textos propostos: reforma da Igrexa, doexército e/ou da educación.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado):
-A resposta analiza parte do contido dos documentos: o papel de Azaña no programa
reformista (doc.1), os beneficios sociais da reforma agraria (doc.2), a preocupación por
elevar o nivel educativo da poboación española (doc.3)
Redacción: correcta e texto coherente

150
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Sobresa Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllese unha ou varias
liente (4,5- das seguintes cuestión:)
5) -Referir a evolución das reformas ao longo da República.
-Facer fincapé nos apoios e rexeitamentos que tiveron estas reformas, as cales
contribuíron a crear esas “dúas Españas” que acabarían enfrontándose na Guerra Civil.
-Falar da “mala xestión” da reforma agraria (protestas, levantamentos...) por parte do
Goberno Azaña que acabaría por custarlle o posto nas eleccións de 1933.
-Facer referencia a outras reformas da República non recollidas nos documentos:
reforma territorial e reforma laboral.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable):
-Doc.1: Salientar o interese reformista do Comité Revolucionario citado no documento
e/ou ter en conta a autoría do texto ao relacionar a Santiago Carrillo co Partido
Comunista, afín á obra republicana
-Doc.2: A resposta ten en conta a orixe do texto: un informe previo á redacción da
Lei de Bases da Reforma Agraria feito por un dos seus principais defensores, polo
que ofrece unha visión excesivamente favorable da mesma, en contraste coa
realidade.
-Doc.3: Subliñar que a reforma educativa se puxo en marcha durante o goberno
provisional, demostrando que era un asunto prioritario para os dirixentes políticos
republicanos.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está
ben articulado e argumentado.

Composicións anteriores LOMCE:

ORIENTACIÓNS: Os documentos seguintes permiten elaborar un texto sobre a rebelión militar do 18 de


xullo de 1936. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: A caracterización do golpe militar; os
argumentos esgrimidos polos sublevados e os principais asuntos que propician o conflito co goberno
lexítimo; os intereses defendidos e os apoios sociais e políticos cos que conta cada parte; a interpretación
histórica do levantamento militar. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de
realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos,
a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1. Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que xustifica a rebelión contra a
República:
“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas;
autoridades de sona gubernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e ametralladoras
dirímense as diferenzas entre os cidadáns (...), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas
revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (...). Ao espírito revolucionario e inconsciente das
masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (...), únese a neglixencia de autoridades de todas
clases (...).
A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei,
nin liberdade (...), nin unidade da patria, ameazada polo desgarramento territorial (...). ¿É que podemos
abandonar a España aos inimigos da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen
resistencia? ¡Iso non! Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos defendela”.
Doc.2. O día 2 de agosto de 1936, o presidente das Cortes republicanas, Diego Martínez Barrio, enxuíza
así a insurrección militar:
“Os xenerais e oficiais que se lanzaron en armas fixérono contra o Estado español, representado por
un Presidente da República, nomeado legalmente, e coa asistencia e aínda co voto de deputados de todos os
partidos; por unha Cámara lexítima elixida sen tacha, durante o mando dun goberno adversario, duns partidos
que resultaron triunfantes nas eleccións, e por un poder executivo constitucionalmente designado (...).
Certo é que o Estado e os seus poderes lexítimos se atopan asistidos co máis desinteresado dos
concursos das clases obreiras, representadas polos seus sindicatos e partidos. Así, o Socialista como o
Comunista, así a CNT como a UGT, así a Federación de Grupos Libertarios como o Partido Sindicalista (...).
151
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Pero detrás do Estado atópanse tamén en liña de combate os partidos republicanos que contribuíron á
instauración do réxime en abril de 1931 (...), as clases comerciais, industriais e agrícolas do país (...), o pobo
español (...).
Toda rebelión descansa sobre un suposto de falsidade: o de aparentar crer que a gobernación do país
está secuestrada por poderes ilexítimos e que o triunfo do Estado se traduciría na implantación dun réxime
político comunista (...).
¿Por que o fixeron? ¿Por que o fixeron? Simplemente se trata de substituír a vontade xeral do pobo
enteiro pola dunha clase social desexosa de perpetuar os seus privilexios. Nin amor a España, nin desacougo
polo corpo da Patria, nin temores polo seu desmembramento, nin desasosego polo desenvolvemento da súa
economía (...)”.
Doc.3. Nos últimos anos, unha interpretación revisionista do golpe comparte e predica algúns dos mitos
franquistas. Texto de Pío Moa (2009):
"O 18 de xullo foi, realmente, a rebelión dunha parte do exército e do pobo contra o proceso
revolucionario e un goberno ilegal (...). Foi a esquerda a que derrubou todo o que tiña de democrática a
república e fixo inevitable o dilema de someterse á tiranía revolucionaria ou rebelarse contra ela (...).
E o autoritarismo franquista liberou a España da revolución, da guerra mundial, dunha nova guerra civil,
deixou un país próspero e reconciliado, e inaugurou o período de paz máis prolongado que gozou España en
dous séculos".
Doc.4. Interpretación do historiador Ángel Viñas (2011):
"¿Que representou o golpe militar do 18 de xullo? No meu parecer, o desexo de derrogar pola forza,
a calquera custo, as reformas políticas, económicas, culturais e sociais da experiencia republicana. Eran
necesarias para paliar a extrema pobreza na que se debatía unha parte importantísima da sociedade española.
Eran precisas para achegar a España aos moldes culturais europeos, dos que durante tanto tempo estivera
afastada (...). Eran imprescindibles para poñer España ao día (...).
Tales reformas non foron asumibles polo sector máis reaccionario das dereitas".

A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos ámbitos, como os
que aparecen reflectidos nos documentos . Á luz dos textos, debes comentar cada unha das cuestións que se
citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á súa caracterización xeral,
ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se opuxeron, e aludindo ás derivacións ou
desenlace da confrontación en torno a tales medidas.

Doc. 1.-No seguinte discurso (13 de outubro de 1931), Manuel Azaña refírese aos principais problemas
que debe afrontar a República, prestando especial atención á cuestión relixiosa:

“A revolución política, é dicir, a expulsión da dinastía e a restauración das liberdades públicas, resolveu un
problema específico de importancia capital, ¡quen o dubida!, pero non fixo máis que suscitar e enunciar aqueles
outros problemas que han transformar o Estado e a sociedade españois ata a raíz. Estes problemas, ao meu
curto entender, son principalmente tres: o problema das autonomías locais, o problema social na súa forma
máis urxente e aguda, que é a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, e que é en rigor a
implantación do laicismo do Estado con todas as súas inevitables e rigorosas consecuencias. Ningún destes
problemas os inventou a República (...). Refírome a iso que chaman problema relixioso. A premisa deste
problema, hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou de ser católica”.

Doc. 2.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):

“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1º. As ofrecidas
voluntariamente polos seus donos (...). 4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos
públicos que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa
explotación directa (...). 5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas
directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co
único obxecto de percibir a súa renda. 6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...). 7º. As incultas ou
manifestamente mal cultivadas (...)”.

152
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 3.- O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de


Cataluña:

Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da
República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...). Art. 2º. O idioma catalán
é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa a
súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais,
autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...). Art. 11º. Corresponde
á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e
a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.

Doc.4.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de


Cataluña:

“Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da
República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...).
Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os
cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas
relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...).
Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15,
número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.

Doc. 4.-Manifesto electoral da Candidatura antimarxista por Madrid (outubro de 1932):


“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente a necesidade dunha inmediata
derrogación, pola vía que en cada caso proceda, dos preceptos, tanto constitucionais como legais, inspirados
en designios laicos e socializantes (…); traballarán sen descanso para lograr a cancelación de todas as
disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas
relixiosas (…).
A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representada polo socialismo e os seus
subalternos auxiliares, máis o menos descubertos ou subrepticios, prevaleza ou sequera inflúa
predominantemente, como ata agora, na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados
todos os nosos esforzos”.

Os documentos seguintes permiten elaborar unha composición sobre a evolución política da Segunda
República ata o golpe de estado de xullo de 1936. Tal evolución estivo en gran parte marcada polos resultados
das diferentes eleccións a Cortes (Doc.l). Na primeira etapa, a composición do Parlamento posibilita a
promulgación dunha Constitución (Doc.2) que abre o camiño a importantes reformas en diferentes ámbitos; o
triunfo das dereitas en 1933 supon un xiro esencial, manifesto xa no programa electoral que se pretende
aplicar (Doc.3); por último, o resultado electoral de 1936 reinicia de xeito acelerado a política de reformas
(Doc.4), pero coa ameaza crecente dun golpe como o que se denuncia no Doc.5. Lembra que debes apoiarte
nas fontes subministradas para elaborar a túa redacción.

Doc.l.-Gráfico simplificado (esquerdas/dereitas) dos resultados electorais de 1931,1933 e 1936:

153
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.2.-Constitución de 1931:

“Art.1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de
liberdade e de xustiza (...).

A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións (...).
Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...). Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse
libremente (...).

Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada ós intereses da economía
nacional (...). A propiedade de toda clase de bens poderá ser obxecto de expropiación forzosa por causa de
utilidade social mediante adecuada indemnización (...). Cos mesmos requisitos a propiedade poderá ser
socializada (...).

Art.48. A ensinanza primaria será gratuita e obrigatoria.

A ensinanza será laica (...)”.

Doc.3.-En outubro de 1933, o xornal ABC publica o programa electoral da candidatura antimarxista
por Madrid:

“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente e por riba de todo a necesidade dunha
inmediata derogación (...) dos preceptos, tanto constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos e
socializantes (...); traballarán sen descanso para acadar a cancelación de tódalas disposicións confiscadoras da
propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (...). A impedir que a política
anticatólica, antieconómica e antinacional, representanda polo socialismo e os seus subalternos (...), prevaleza
(...) na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados tódolos nosos esforzos”.

Doc 4.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seu pacto-programa:

“Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coaligados comprométense:

1°. A conceder por lei unha amplia amnistía dos delictos político-sociais cometidos posteriormente a
novembro de 1933 (...).

Restablecerán o imperio da Constitución (...).

Derogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación na propiedade, previa


liquidación, ós arrendatarios antigos e pequenos (...).

A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do Estado (...). Pularán, co ritmo dos
primeiros anos da República, a creación de escolas de primeira ensinanza”.

Doc 5.-José Díaz, secretario xeral do PCE, denuncia nas Cortes a existencia dun complot contra o
goberno da Fronte Popular (15 de xullo de 1936):

“Señor Gil Robles (...), estamos completamente seguros de que en moitas provincias de España se están a
facer preparativos para o golpe de Estado (...). Todos estamos vixiantes, a fin de que non poidades levar a cabo
os vosos intentos porque, de facelo así, levaredes a España polo camiño polo que a levastes neses dous anos de
represión, de fame e de descrédito para o país. Nós non queremos esa España, senón unha España democrática,
onde haxa benestar para os obreiros e para as clases populares (...). Non queredes acatar o que representou o
triunfo do 16 de febreiro, e de aí a vosa política e a vosa actuación”.

A rebelión militar do 18 de xullo de 1936 foi o punto culminante dunha confrontación que xa se viña
producindo desde a mesma proclamación da República en 1931. Mentres no Doc.1 o xeneral Franco expón as
razóns dos sublevados, no Doc.2 o presidente das Cortes defende a lexitimidade da República. O teu
comentario debe centrarse nos asuntos máis conflitivos que motivan a insurrección e que foran unha constante

154
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

nos cinco anos anteriores, prestando atención aos intereses defendidos por cada parte e ás forzas sociais e
políticas que apoian a cada bando.

Doc.1.-Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que xustifica a rebelión contra e
República:

“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas;
autoridades de sona gobernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e metralladoras
dirímense as diferenzas entre os cidadáns (...), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas
revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (...). Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto
do máis asañado ataque das hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que reciben das directivas
estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores (...).

Ao espírito revolucionario e inconsciente das masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (...),
únese a neglixencia de autoridades de todas clases (...).

A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei, nin
liberdade (...), nin unidade da patria, ameazada pola esgazadura territorial (...). ¿É que podemos abandonar a
España aos inimigos da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso non!
Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos defendela”.

Doc.2.-O día 2 de agosto de 1936, o presidente das Cortes republicanas, Diego Martínez Barrio,
enxuíza así a insurrección militar:

“Os xenerais e oficiais que se lanzaron en armas fixérono contra o Estado español, representado por un
Presidente da República, nomeado legalmente, e coa asistencia e aínda co voto de deputados de todos os
partidos; por unha Cámara lexítima elixida sen tacha, durante o mando dun goberno adversario, duns partidos
que resultaron triunfantes nas eleccións, e por un poder executivo constitucionalmente designado (...).

Certo é que o Estado e os seus poderes lexítimos atópanse asistidos co máis desinteresado dos concursos das
clases obreiras, representadas polos seus sindicatos e partidos. Así, o Socialista como o Comunista, así a CNT
como a UGT, así a Federación de Grupos Libertarios como o Partido Sindicalista (...). Pero detrás do Estado
atópanse tamén en liña de combate os partidos republicanos que contribuíron á instauración do réxime en abril
de 1931 (...), as clases comerciais, industriais e agrícolas do país (...), o pobo español (...).

Toda rebelión descansa sobre un suposto de falsidade: o de aparentar crer que a gobernación do país está
secuestrada por poderes ilexítimos e que o triunfo do Estado se traduciría na implantación dun réxime político
comunista (...).

¿Por que o fixeron? ¿Por que o fixeron? Simplemente se trata de substituír a vontade xeral do pobo enteiro
pola dunha clase social desexosa de perpetuar os seus privilexios. Nin amor a España, nin desacougo polo
corpo da Patria, nin temores polo seu desmembramento, nin desasosego polo desenvolvemento da súa
economía (...)”.

Outras composicións:
A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos ámbitos, como os
que aparecen reflectidos nos documentos que se propoñen. Á luz dos textos, debes comentar cada unha das
cuestións que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á
caracterización xeral da mesma, ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se opuxeron, e
aludindo ás derivacións ou desenlace da confrontación en torno a tales medidas.
Doc.1.-A Constitución de 1931 aborda así a cuestión relixiosa:
Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (…). Art. 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas
como Asociacións sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non
manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e institucións relixiosas. Unha

155
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do presuposto do Clero. Quedan
disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro
especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima do Estado (…). As demais Ordes relixiosas
someteranse a unha lei especial votada por estas Cortes Constituíntes e axustada ás seguintes bases: 1ª.
Disolución das que polas súas actividades constitúan un perigo para a seguridade do Estado (…). 4ª.
Prohibición de exercer a industria, o comercio ou o ensino. 5ª. Submisión a todas as leis tributarias do país.
Doc.2.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):
Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1º. As ofrecidas
voluntariamente polos seus donos (…). 4º.As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos
públicos que as exploten en réxime de arrendamento, aparcería ou calquera outra forma que non sexa
explotación directa (…). 5º.As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas
directamente polos adquirentes (…), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co
único obxecto de percibir a súa renda. 6º.As que constituíron señoríos xurisdiccionais (…). 7º. As incultas ou
manifestamente mal cultivadas (…).
Doc.3.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de Cataluña:
.Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da
República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (…). Art. 2º. O idioma catalán
é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (…). Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa
a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais,
autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (…). Art. 11º. Corresponde
á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e
a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto.

Outros documentos:
Posición da Igrexa: Boletín Eclesiástico de Tarragona.
Os principios e preceptos constitucionais en materia confesional non só non responden ao mínimum de
respecto á liberdade relixiosa e de recoñecemento dos dereitos esenciais da Igrexa que facían esperar o propio
interese e dignidade do Estado, senón que, inspirado por un criterio sectario, representan unha verdadeira
oposición agresiva, aínda a aquelas mínimas esixencias. [...]. Máis radicalmente aínda se cometeu o grande e
funesto erro de excluír á Igrexa da vida pública e activa da nación, das leis, da educación da mocidade, da
mesma sociedade doméstica, con grave menosprezo dos seus dereitos sacros e da conciencia cristiá do país, así
como en dano manifesto da elevación espiritual dos costumes e das institucións públicas. De semellante
separación violenta e inxusta, de tan absoluto laicismo do Estado, a Igrexa non pode deixar de lamentarse e
protestar, convencida como está de que as sociedades humanas non poden conducirse sen lesión de deberes
fundamentais, coma se Deus non existise, ou desatender á Relixión, coma se esta for un corpo estraño a elas ou
cousa inútil e nociva. [...]
Boletín Eclesiástico de Tarragona, 31 de decembro de 1931.

Manuel Azaña: o problema relixioso.


A premisa deste problema, hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou de ser católica; o
problema político consecuente é organizar o Estado en forma tal que quede adecuado a esta fase nova e
histórica o pobo español. Eu non podo admitir, señores deputados, que a isto chámeselle problema relixioso. O
auténtico problema relixioso non pode exceder dos límites da conciencia persoal, porque é na conciencia
persoal onde se formula e respóndese a pregunta sobre o misterio do noso destino. Isto é un problema político,
de constitución do Estado [...][...]. Que haxa en España millóns de crentes, eu non volo discuto; pero o que dá o
ser relixioso dun país, dun pobo e dunha sociedade, non é a suma numérica de crenzas ou de crentes, senón o
esforzo creador da súa mente, o rumbo que segue a súa cultura?. Diario de sesións das Cortes, 13 de outubro de
1931.

Manuel Azaña: defensa da autonomía de Cataluña.


"Non se pode entender a autonomía, non se xulgarán xamais con acerto os problemas orgánicos da autonomía,
se non nos libramos dunha preocupación: que as rexións autónomas, non digo Cataluña, as rexións, despois que
teñan a autonomía, non son o estranxeiro, son España, tan España como o son hoxe; quizais máis, porque
estarán máis contentas. Non son o estranxeiro, por conseguinte, non hai que tomar respecto das rexións

156
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

autónomas as precaucións, as reservas, as prevencións que se tomarían cun país estranxeiro, co cal acabásemos
de axustar a paz, para a defensa dos intereses españois. Non é iso.
Diario de Sesións das Cortes. 1932.

José Ortega e Gasset: Non é isto, non é isto!.


Desde que sobreveu o novo réxime non escribín unha soa palabra que non fose para dicir directa ou
indirectamente isto: Non falsifiquedes a República! gardade a súa orixinalidade! Non esquezades nin un
instante como e por que advino! En suma: autenticidade, autenticidade... Con esta predicación non propoñía eu
aos republicanos ningunha virtude superflua e de ornamento. É dicir, que non se trata de dúas Repúblicas
igualmente posibles -unha, a auténtica española, outra, imaxinaria e falsificada- entre as cales coubese elixir.
Non: a República en España, ou é a que triunfou, a auténtica, ou non será. Así, sen dúbida nin remisión. Cal é a
República auténtica e cal a falsificada? A de «dereita», a de «esquerda»? Sempre protestei contra a vaguedad
esterilizadora destas palabras, que non responden o estilo vital do presente -nin en España nin fóra de España.
[...]. Non é cuestión de «dereita» nin de «esquerda» a autenticidade da nosa República, porque non é cuestión
de contido nos programas. O tempo presente, e moi especialmente en España, tolera o programa máis
avanzado. Todo depende do modo e do ton. O que España non tolera nin tolerou nunca é o «radicalismo» -é
dicir, o modo tallante de impoñer un programa-. Por moitas razóns, pero entre elas una que as resume todas.
(...)
Unha cantidade inmensa de españois que colaboraron co advenimiento da República coa súa acción, co seu
voto ou co que é máis eficaz que todo isto, coa súa esperanza, dinse agora entre desasosegados e descontentos:
«Non é isto, non é isto!» A República é unha cousa. O «radicalismo» é outra. Se non, ao tempo
José Ortega e Gasset: «Crisol», 9 de setembro de 1931.
A coalición da Fronte Popular (xaneiro de 1936).
Os partidos republicanos Esquerda Republicana, Unión Republicana e o Partido Socialista, en representación
do mesmo e da Unión Xeral de Traballadores. Federación Nacional de Mocidades Socialistas, Partido
Comunista, Partido Sindicalista, Partido Obreiro de Unificación Marxista, sen prexuízo de deixar a salvo os
postulados das súas doutrinas, chegaron a comprometer un plan político común que sirva de fundamento e
cartel á coalición das súas respectivas forzas na inmediata contenda electoral e de norma de goberno que
haberán de desenvolver os partidos republicanos de esquerda, co apoio das forzas obreiras, 6 no caso de vitoria.
Declaran ante a opinión pública as bases e os límites da súa coincidencia política e, ademais, ofrécena a
consideración das restantes organizacións republicanas e obreiras por se estiman conveniente aos intereses
nacionais da República vir integrar en tales condicións o bloque de esquerdas que debe loitar fronte á reacción
nas eleccións xerais de deputados a Cortes [...].
Publicado no Socialista, 16 de xaneiro de 1936.

17.- A guerra civil: sublevación, bandos en conflito e a súa


dimensión internacional

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o


alumnado terá que referirse ao contexto no que se produciu a conspiración militar
para pasar deseguido a abordar a organización da sublevación, que rematou coa
división de España en dúas zonas (unha fiel á República e outra dominada polos
sublevados), explicando como foi percibido o conflito polos dous bandos e as
repercusións da guerra española no escenario político previo á II Guerra Mundial e
apoios recibidos.

Ante as eleccións de febreiro de 1936, formouse nunha coalición de esquerdas, a


Fronte Popular, resultado dun acordo electoral, pero non de goberno, entre os
partidos republicanos de esquerda, os socialistas e os comunistas, cun programa
moderado baseado nunha amnistía xeral para os encarcerados polos sucesos de
outubro de 1934 e a recuperación da política reformista do primeiro bienio. Fronte a
esta coalición electoral, as dereitas e o centro presentáronse desunidos: a CEDA
fracasou no seu intento dunha coalición de dereitas a escala nacional e só logrou
157
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

establecer pactos concretos e tamén fracasou a extrema dereita no intento de


recompoñer o Bloque Nacional.

As eleccións foron gañadas pola Fronte Popular(Vocabulario) e, primeiro


Azaña como presidente da República, e logo Santiago Casares Quiroga, como
presidente do goberno, foron elixidos para dirixir o Goberno. Este último dispersou
aos xenerais máis contrarios á República (Franco, Sanjurjo, Mola…), por ser
sospeitosos de tramar un golpe de estado. Non obstante, a derrota electoral da
dereita, a volta ás reformas do primeiro período republicano e o auxe das posicións
revolucionarias provocou en diferentes sectores conservadores o medo á
revolución social e estimulou os proxectos golpistas ideados por estes militares
(fundamentalmente por Mola).

A situación política e social fíxose moi conflitiva debido a que Falanxe Española
xunto con outros grupos de estrema dereita formaron patrullas armadas que
iniciaron accións violentas pensando nun golpe e forza para acabar coa Fronte
Popular. Así, boa parte da oficialidade do exército comezou a planificar un
levantamento armado, liderado por Sanjurjo e organizado polo xeneral Mola, coa
finalidade e restaurar a orde, autoridade e defensa da unidade e relixión de
España.

O asasinato o 13 de xullo de 1936 do líder dos monárquicos afonsinos, o


deputado José Calvo Sotelo, en vinganza polo asasinato do Tenente Castillo,
militante das esquerdas, acelerou a sublevación militar dando lugar a una Guerra
Civil que duraría tres anos.

A sublevación militar contra a República, prevista para o 16 de xullo, iniciouse


en Melilla o 17 de xullo e, de inmediato, estendeuse ao resto das tropas do
Protectorado español en Marrocos. Franco trasládase en avión desde Canarias
para poñerse ao mando das tropas mellor preparadas do exército español, o Terzo
da Lexión e os Regulares. Na madrugada do día 18, Franco autonomeouse xefe
das tropas de África, decretou o Estado de guerra en Canarias e Marrocos e
dirixiuse aos españois xustificando o alzamento militar.

Entre os días 18 e 20 de xullo o alzamento militar estendeuse ao resto do


territorio español con resultados moi diversos. Triunfou en parte de Andalucía, onde
o xeneral Queipo de Llano se fixo co poder en Sevilla. O xeneral Mola ocupou
Navarra, o centro da conspiración, co apoio do requeté carlista. En Zaragoza , o
xeneral Cabanellas logrou dominar a maior parte de Aragón. A rebelión militar
tamén se fixo co poder en Castela e León, A Rioxa, Galicia, Canarias, Mallorca e
parte de Estremadura.

Nas grandes cidades, Madrid, Barcelona, Valencia e nas zonas industriais e


obreiras de Asturias, País Vasco e Cataluña abortouse a sublevación militar.
Nestes sitios, parte do exército e das forzas de orde pública, Garda de Seguridade
e Asalto e Garda Civil, mantivéronse fieis á república, ao que se engadiu a
resistencia popular de milicianos das organizacións políticas e sindicais.

158
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A sublevación fracasou na maioría das grandes cidades do norte, do centro e do


leste de España, e triunfou no noroeste, centro e parte de Estremadura e no
suroeste de Andalucía, Canarias e Baleares, excepto Menorca.

O presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga, decretou o cese dos


sublevados e a disolución dos corpos militares que os apoiasen. Estas medidas
tiveron un efecto negativo para os republicanos porque moitos soldados
abandonaron os cuarteis e a república quedou cun exército reducido. As forzas
sociais de esquerda pedían armas pero Casares Quiroga non quixo entregalas e
dimitiu.

Na madrugada do día 19, Azaña formou un gabinete presidido por Diego


Martínez Barrio que fracasou no seu intento de negociación cos militares rebeldes
e tamén dimite. Azaña nomeou no mesmo día 19 a José Giral presidente do
Goberno, resolto a afrontar a sublevación. Decide entregar armas ás organizacións
obreiras, aínda co risco de que estas impuxesen a revolución.

A finais de xullo de 1936 a sublevación derivara nunha auténtica guerra civil que
dividiu o país en dous bandos enfrontados. Os sublevados (autodenominados
como nacionais), monárquicos de dereitas, CEDA, militares conservadores, grupos
católicos falanxistas, tradicionalistas e opositores ás reformas republicanas,
rexeitaban a República, estaban apoiados e inspirados polo fascismo e tiñan a
intención de restablecer a orde a través dunha ditadura militar para recompoñer
lentamente o poder civil en forma de monarquía ou república. Porén os sublevados
falanxistas pretendían impoñer un réxime fascista e os carlistas unha restauración
da monarquía. Estiveron apoiados polos oficiais intermedios do exército de terra, a
Garda Civil (agás Barcelona), as masas católicas e conservadoras (Monárquicos,
CEDA, carlistas, falanxistas) e os pequenos e medianos propietarios agrícolas.
Entre os apoios aos sublevados destacou o da Igrexa. O episcopado español
cualificou o movemento militar como unha Cruzada de liberación contra o
comunismo en defensa da fe católica, da tradición e da orde social. Bispos e
clérigos acompañaban nas cerimonias aos militares rebeldes e daban a súa
bendición ás tropas sublevadas.

No outro bando atopamos aos republicanos (denominados rojos polo outro


bando), constituídos polas clases populares, clase media republicana, intelectuais e
artistas, influídos polas organizacións socialistas, comunistas e anarcosindicalistas
que defendían a lexitimidade republicana dándolle apoio á Fronte Popular. Conta
co apoio da metade do Exército, boa parte da Mariña e da Aviación, dous terzos
das Forzas de Seguridade: e agarda de Asalto, os Carabineiros e Garda Civil (en
Barcelona) mantivéronse fieis. Pero a realidade era enganosa, porque as tropas de
terra mellor preparadas para o combate eran as do Protectorado e os medios
aéreos e navais foron superados polos italianos e alemáns, que apoiaban aos
sublevados, moito máis modernos. A desmobilización dos soldados de mandos
militares destituídos e que o poder quedara nas mans das milicias e dos comités
locais propiciou unha situación revolucionaria que sumiu a moitos territorios na
inoperancia.

159
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A recorrencia da República ás organizacións sindicais de esquerdas para lle


facer fronte ao Golpe de Estado orixinou a aparición dunha estrutura de poder
popular. O goberno decretou a disolución do exército tradicional e creáronse
batallóns de voluntarios nos que debían integrarse as milicias populares. O poder
do Estado foi substituído por organismos dispostos a impoñeren unha nova orde
revolucionaria: comités, xuntas e consellos, encargados de formar as columnas de
voluntarios para a fronte.

O 5 de setembro formouse un goberno de concentración presidido por Largo


Caballero (UXT), no que estaban presentes republicanos, socialistas, comunistas e
anarcosindicalistas (4 ministros dende novembro). Tiña como obxectivo
recompoñer o Estado eliminando as xuntas, consellos e comités pero recoñecendo
os Consellos Rexionais e dirixir a guerra militarizando as milicias e creando o
Exército Popular. Porén, os Feitos de Maio (enfrontamento entre militantes da CNT
e do POUM e militantes do PSUC, ERC e UXT, que apoiaban ao goberno)
debilitaron definitivamente o goberno de Largo Caballero e fortaleceron as
posicións comunistas grazas ao apoio da Unión Soviética á República.

Coa esixencia dos comunistas da disolución do POUM, Largo Caballero dimitiu,


constituíndose un novo goberno presidido por Negrín e formado unicamente por
partidos, sen a presenza da UGT nin da CNT. A política deste novo goberno era de
resistencia da República, intentando alcanzar un acordo co inimigo, pero este
nunca foi posible.

Pola outra banda, na zona dos sublevados a orde estaba mantida pola
disciplina militar e a proclamación do estado de guerra. Tras a morte do xeneral
Sanjurjo deixa ver o problema do liderazgo dos golpistas polo que o 24 de xullo de
1936 creouse a Xunta de Defensa Nacional, dirixida por Cabanellas e cuxa misión
era gobernar o territorio ocupado e as súas primeiras medidas foron prohibir a
actividade de todos os partidos políticos, suspender a Constitución e decretar a
paralización da reforma agraria.

O xeneral Francisco Franco dirixía a guerra, e Hitler e Mussolini


recoñecérono como único interlocutor válido para negociar o seu apoio á
sublevación. Deste xeito o 30 de Setembro Franco foi nomeado xefe do Alzamento
e o día 1 de outubro nomeárono Xefe de goberno do Estado e Xeneralísimo dos
Exércitos españois. Desaparece a Xunta de Defensa Nacional, establecéndose
unha Xunta Técnica do Estado.

En 1937, Franco deu a coñecer o Decreto de Unificación, polo que se creaba


un partido único, Falange Española Tradicionalista y de las JONS,(Vocabulario) do
que Franco sería Xefe Nacional.

O proceso de institucionalización do Estado franquista culmina coa


desaparición da Xunta Técnica do Estado, dando paso ao primeiro goberno de
Franco quen concentraba agora na súa persoa a Xefatura do Estado e a
presidencia do goberno. O novo Estado inspirábase no fascismo e defendía o
conservadorismo e o catolicismo. Aboliuse a lexislación republicana, o que leva a
160
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

unha supresión das liberdades, á imposición da censura e á supresión dos


Estatutos de Autonomía. En marzo de 1938 aprobouse a primeira Lei Fundamental,
o Foro do Traballo inspirado no fascismo italiano. A Igrexa católica fixo pública
unha Pastoral Colectiva dos Bispos en apoio dos sublevados. A zona nacional
converterase así nun Estado Totalitario.

Dende fóra de España este conflito foi visto como unha confrontación entre as
forzas democráticas e os réximes fascistas. A URSS e os partidos obreiros
estiveron a favor da República, mentres que as forzas conservadoras (Francia e
Reino Unido) abstivéronse, e os gobernos fascistas (Alemaña e Italia), o réxime
filofascista portugués e o catolicismo estiveron a favor de Franco.

Deste xeito, de modo case simultáneo, o goberno republicano de Giral e o bando


sublevado de Franco solicitaron axuda militar das potencias europeas, dada a
situación inicial de equilibrio de forzas, escaseza de medios e de equipamento
militar e as limitacións da industria bélica nacional. Pero os gobernantes das
democracias, en especial Gran Bretaña, quen ameazaba a Francia con cesar o seu
apoio na política internacional fronte a ameaza de Hitler de darlle apoio á
República, defendían unha política de pacificación ante a Alemaña nazi e crean un
Comité de Non Intervención (1 de agosto de 1936), ao que se adhiren 27 países,
tentando non conferir un carácter internacional ao conflito. Se prohibía a
exportación a España e as súas posesións do Norte de África, de armas,
municións, e de todo tipo de material de guerra. O goberno de EEUU non se
sumou a este acordo, con todo secundou a política de neutralidade británica. Na
práctica deixou ao goberno lexítimo da República en desvantaxe fronte aos
militares sublevados que recibiron abertamente apoio oficial de Alemaña e Italia.

Italia e Alemaña, cos que simpatizaban ideoloxicamente os sublevados, non


cumpriron o establecido e proporcionaron axuda aos sublevados, material bélico e
voluntarios. A Italia de Mussolini estaba moi interesada en contar con España
para impoñer o seu soño imperial de dominio no Mediterráneo e no norte de África
e enviou un numeroso corpo de voluntarios, o Corpo di Truppe Volontarie,
constituída polos Camisas Negras. Alemaña (Hitler) xogou un papel fundamental
xa que, grazas á súa axuda, os militares puideron atravesar o Estreito de Xibraltar,
protexido pola Armada, afín á República. O réxime nazi, interesado en privar a
Francia dun aliado no flanco sur e facer da guerra española un campo de probas
para o seu material militar e as novas tácticas de guerra, enviou aos
sublevados/nacionais unidades de carros de combate, forzas de defensa aérea e
aviación organizadas na chamada Lexión Cóndor,(Vocabulario) decisiva para os
bombardeos de posicións republicanas. España pagaría ao final da guerra
(carencia) mediante materias primas, especialmente minerais (Wolfram).

As forzas sublevadas tamén contaron co apoio de Portugal. O goberno do


ditador Salazar facilitou o paso de armas e víveres e enviou aos Viriatos (10.000
voluntarios). Os sublevados obtiveron axuda financeira de capitalistas españois
(March) e de grandes compañías multinacionais angloamericanas, como
Texaco, Shell (petróleo a crédito) e de Ford e General Motors, que proporcionaron
material de transporte.
161
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Por outro lado, a República case non tivo apoios. Francia, nun principio,
axudou á República, pero o goberno da Fronte Popular do socialista Leon Blum,
para manter a súa vital alianza co Reino Unido, subscribiu o acordo de Non
intervención, prohibiu a venda de armas e material de guerra e a axuda pasou a ter
carácter particular (voluntarios e contrabando de armas). A fronteira non se abriu
ata marzo de 1939. Gran Bretaña temía un conflito internacional. O goberno
conservador de Chamberlain tratou de illar o conflito e Gran Bretaña foi a máxima
defensora do Comité de Non Intervención. En México, o seu presidente, Lázaro
Cárdenas, autorizou a venda de material e apoiou diplomaticamente a causa
republicana, pero foi máis simbólica que efectiva. A URSS, dirixida por Stalin,
mostrouse prudente inicialmente mais, coa intervención de Hitler e Mussolini,
decidiu colaborar co goberno da República e enviar asesores militares, avións,
carros de combate, combustibles, pilotos e técnicos. Esta axuda pagouse co ouro
do Banco de España durante o goberno de Largo Caballero. Para Stalin unha
derrota da República debilitaría a Francia e fortalecería ao eixe nazi-fascista.
Ademais, acudiron a participar na Guerra Civil, en auxilio da II República, as
Brigadas Internacionais, (Vocabulario)partidas de voluntarios procedentes de
diversos países (máis de 35.000 homes e mulleres de 53 países distintos),
estimulados pola Internacional Comunista ou Komintern en defensa da causa
republicana fronte a ameaza internacional do fascismo. A maioría dos voluntarios
procedían de organizacións políticas ou sociais de esquerda. Foron consideradas
tropas de choque en operacións ofensivas . A súa intervención foi destacada na
defensa de Madrid e na batalla de Teruel.

A participación de diferentes estados estranxeiros na guerra vulneraba os


acordos asinados polo pacto de non-intervención. O Comité de Londres acordou en
xullo de 1938 establecer un plan de repatriación dos estranxeiros que aceptou
Negrín. Franco non o cumpriu: seguiron en España as tropas italianas e alemás.
En 1996, os brigadistas superviventes recibiron a nacionalidade española.

O 1 de abril de 1939, tras sucesivas derrotas do bando republicano, Franco


asinou en Burgos o derradeiro parte de guerra, dando por concluído o conflito. (ver
pregunta 7.6 páxina 350).

A vitoria dos sublevados significou a fin das reformas emprendidas pola


República, a instauración dunha ditadura. e o exilio e a persecución dos que se
mantiveron fieis á legalidade republicana.
------------------------------------------------------------------------------------------------------
Hai diferentes aspectos que caracterizan o conflito.
 Guerra ideolóxica: guerra entre o fascismo e a democracia, entre o
cristianismo e o comunismo: propaganda, carteis.
 Guerra que implicou a toda a poboación: milicianos no bando republicano,
auxilio social e atención aos feridos no bando sublevado/nacional.
 Guerra de trazos de combate social e loita de clases: obreiros contra
patróns, xornaleiros contra propietarios.
 Formas de combate arcaicas con outras novidosas: corpo a corpo, tanques e
carros, bombardeos No bando republicanos tivo un elevado compoñente popular e
162
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

revolucionario favorecido pola descomposición do exército con numerosos mandos


procedentes das filas obreiras, como Durruti, o coruñés Líster.

MODELO EXAME CIUG 2024

PREGUNTA 4. ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS


PROPOSTOS.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a guerra civil. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas do golpe militar, á configuración e
ideario do bando franquista e as razóns e efectos da política de non intervención. (5 puntos)
Doc. 1. O diputado republicano Emilio González López narra nas súas Memorias as vivencias do
golpe:

“Nese tráxico 18 de xullo, acudín ao Congreso dos Deputados, que era un fervedoiro de xentes
[…]. As noticias que se ían recibindo, de todas partes da península, mostraban que non se trataba
dunha nova sanjurjada, senón dun extenso movemento militar, no que tomaban parte a maior parte
das guarnicións de España e con eles os elementos de dereitas, sobre todo monárquicos e
falanxistas.
Casares Quiroga non sabía como facer fronte a este alzamento, que se propagaba coa rapidez do
lume por toda a península. Non soubera tomar […] ningunha medida eficaz para previlo ou
desarticulalo, a pesar de que fora advertido multitude de veces de que se estaba preparando; nin
tampouco agora, que xa estalara”.
Doc. 2. Fragmento da Declaración ao país efectuada pola Xunta de Defensa Nacional (1936):

“Basta! Fronte ao marxismo, España; fronte á anarquía, a lei, e encher o abismo odioso que
separaba aos españois cos froitos benfeitores dunha sólida obra de goberno que asente a
solidariedade nacional baixo unha autoridade inflexible, que impoña a orde pública, que asegure a
paz e propulse as desmayadas enerxías da economía […]. Ditas están as causas e insinuados os
propósitos deste levantamento nacional, no que o Exército, cerebro, corazón e brazo, enriquece a
grandeza da súa acción co sangue popular, que voluntariamente se incorpora ás filas dos
salvadores de España”.
Doc. 3. O xeneral republicano Vicente Rojo lembra a guerra desde o seu exilio:

“A non intervención pesaba como unha laxa sobre a República; e en tanto se creaba ao redor desta
unha atmosfera de illamento, nós podiamos recibir informes fidedignos relativos ás armas e
pertrechos de guerra de todas clases que desembarcaban nos portos do Cantábrico e do Sur […].
Que terrible delito cometera unha República que defendía a súa Constitución e as súas leis para
que lla sometese internacionalmente a unha asfixia material e moral, condenándoa a ver
esterilizados os seus esforzos?”

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes documentos deben permitirche elaborar un texto sobre a Guerra Civil. Na redacción debes
desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio; as posicións ideolóxicas que se
enfrontan no conflito; os factores que favorecen os sublevados e as consecuencias . Lembra que na avaliación
se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:

163
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a República, as liberdades populares e


as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren polo
fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán; España enteira está en
pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a República do pobo!”.

Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:

“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e
rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito
consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España é unha
proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.

Doc. 3.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais,
asina o Decreto de Unificación:
“Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña
Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange
Tradicionalista y de las JONS. Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión
principal de comunicar ao Estado o alento do pobo e de levar a este o pensamento de aquel a través das virtudes
político-morais, de servizo, xerarquía e irmandade (...). Quedan disoltas as demais organizacións e partidos
políticos”.

Doc. 4.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937:
“¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo
revolucionario. ¿Por qué? Porque defendemos a República democrática (...). Unha República democrática e
parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”.

Doc. 5.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT:


“Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”.

Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais
asina o Decreto de Unificación:
“Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servicios e elementos, intégranse, baixo a Miña
Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange
Tradicionalista y de las JONS.
Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ó Estado o
alento do pobo e de levar a este o pensamento de aquel a través das virtudes político-morais, de servicio,
xerarquía e irmandade (...).
Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.

Doc. 7.-Último parte de guerra:


“No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos
obxectivos militares. A guerra rematou.
Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Ano da Victoria”.

Outras propostas:
Os seguintes documentos deben permitirche elaborar un texto sobre a Guerra Civil. Na redacción debes
desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio (Documento 1); as posicións
ideolóxicas dos dous bandos que se enfrontaron no conflito (Documento 2) e a dimensión internacional da
guerra española (Documento 3). Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar
unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a
utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que xustifica a rebelión contra e
República:
“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas;
autoridades de sona gobernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e metralladoras
dirímense as diferenzas entre os cidadáns (…), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas
164
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (…). Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto
do máis asañado ataque das hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que reciben das directivas
estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores (…). Ao espírito revolucionario e inconsciente
das masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (…), únese a neglixencia de autoridades de todas
clases (…). A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei,
nin liberdade (…), nin unidade da patria, ameazada pola esgazadura territorial (…). ¿É que podemos abandonar
a España aos inimigos da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso
non! Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos defendela”.
Doc. 2.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:
“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a República, as liberdades populares e as
conquistas democráticas do pobo (…). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren polo
fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (…). Pero non pasarán; España enteira está
en pé de loita (…). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a República do
pobo!”.

Doc. 3.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:
“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e rusos.
O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito consumado.
Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (…). A nosa acción en España é unha proba efectiva
da nosa participación na loita antibolxevique”.

Outros documentos:
Golpe de 1936: instrucións do xeneral Mola.
Tan pronto teña éxito o movemento nacional, constituirase un Directorio, que o integrará un presidente e catro
vocais militares [...]. O Directorio exercerá o poder en toda a súa amplitude; terá a iniciativa dos Decretos-Leis
que se diten [...]. Devanditos Decretos-Leis serán referendados no seu día polo Parlamento Constituínte elixido
por sufraxio, na forma que oportunamente se determine [...].Os primeiros Decretos-Leis serán os seguintes: a)
Suspensión da Constitución de 1931. b) Cese do Presidente da República e membros do goberno. c) [...]. d)
Defensa da Ditadura republicana. As sancións de carácter ditatorial serán aplicadas polo Directorio sen
intervención dos Tribunais de Xustiza. e) Derrogación das Leis e Regulamentos e disposicións que non estean
de acordo co novo sistema orgánico do Estado. e) Disolución das actuais Cortes. [...]. O Directorio
comprometerase durante a súa xestión a non cambiar o réxime republicano, manter en todo as reivindicacións
obreiras legalmente logradas [...] e adoptar cantas medidas estimen necesarias para crear un Estado forte e
disciplinado. Terase en conta que a acción ha de ser en extremo violenta para reducir canto antes ao inimigo,
que é forte e ben organizado. Desde logo, serán encarcerados todos os directivos dos partidos políticos,
sociedades ou sindicatos non afectos ao movemento, aplicándolles castigos exemplares aos devanditos
individuos para estrangular os movementos de rebeldía ou folgas. Madrid, 5 de xuño de 1936. “O Director”.

Manifesto do xeneral Franco ao iniciarse a sublevación militar.


Españois: a cuantos sentides o santo amor a España, aos que nas filas do Exército e a Armada fixestes
profesión de fe no servizo da Patria, a cuantos xurastes defendela dos seus inimigos ata perder a vida, a Nación
chámavos ao seu defensa. A situación de España é cada día máis crítica, a anarquía reina na maioría dos seus
campos e pobos; autoridades de renome gubernativo presiden cando non fomentan as revoltas; a tiro de pistola
e metralladoras dirímense as diferenzas entre os cidadáns, que, alevosa e traidoramente, asasínanse, sen que os
poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas revolucionarias de todo orde paralizan a vida da Nación,
arruinando e destruíndo as súas fontes de riqueza e creando unha situación de fame que lanzará á desesperación
aos homes traballadores. Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto do máis enconado ataque das hordas
revolucionarias, obedecendo consígnaa que reciben das directivas estranxeiras [...]. Xustiza, igualdade ante as
leis ofrecemos. Paz e amor entre os españois, liberdade e fraternidade, exentas de libertinaxe e tiranía. Traballo
para todos, xustiza social [...] e unha equitativa e progresiva distribución de riquezas, sen destruír nin poñer en
perigo a economía española. Pero fronte a isto unha guerra sen cuartel aos explotadores da política, aos
engañadores do obreiro honrado, aos estranxeiros e aos extranjerizantes que directa ou solapadamente tentan
destruír a España. Nestes momentos é España decata a que se levanta pedindo paz, fraternidade e xustiza; en
todas as rexións, o Exército, a Mariña e as forzas da orde pública, lánzanse a defender a Patria. [...] saberemos
salvar canto sexa compatible coa paz interior de España e a súa anhelada grandeza, facendo reais na nosa
165
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Patria, por primeira vez, e por esta orde, a triloxía FRATERNIDADE, LIBERDADE E IGUALDADE.
Españois: VIVA ESPAÑA!!! VIVA O HONRADO POBO ESPAÑOL!!! Comandante Xeral de Canarias.
Santa Cruz de Tenerife, ás cinco e cuarto horas do día 18 de xullo de 1936.

Decreto da Xunta de Defensa Nacional. 1-X-1936.


Art.1. En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Defensa Nacional, noméase xefe do
Goberno do Estado español ao excelentísimo señor xeneral de División don Francisco Franco Bahamonde,
quen asumirá todos os poderes do novo Estado.
Art.2. Noméase así meso xeneralísimo das forzas nacionais de terra, Mar e Aire, e confíreselle o cargo
de xeneral xefe dos exércitos de operacións. Xunta de Defensa Nacional. 1-X-1936

Carta colectiva do episcopado español sobre a guerra (1 de xullo de 1937).


A Igrexa non quixo esta guerra. Certo que miles de fillos seus, obedecendo aos ditados da súa conciencia e do
seu patriotismo, e baixo a súa responsabilidade persoal, alzáronse en armas para salvar os principios da relixión
e xustiza cristiás que secularmente informaran a vida da nación [...]. A sublevación militar non se produciu, xa
desde os seus comezos, sen colaboración co pobo san [...], que este movemento e a revolución comunista son
dous feitos que non poden separarse, se se quere axuizar debidamente a natureza da guerra. E porque Deus é o
máis profundo cimento dunha sociedade ben ordenada -o era a nación española- a revolución comunista, aliada
dos exércitos do goberno, foi, sobre todo, antidivina. Pechábase así o ciclo da lexislatura laica da Constitución
de 1931 coa destrución de canto era cousa de Deus. A guerra é, pois, como un plebiscito armado. [...] A loita
dun pobo partido en dúas tendencias: a espiritual, ao lado dos sublevados, que saíu en defensa da orde, a paz
social, a civilización tradicional e a patria, e moi ostensiblemente, nun gran sector, para a defensa da relixión; e
da outra parte, a materialista, chámese marxista, comunista ou anarquista, que quixo substituír a vella
civilización de España, con todos os seus factores, pola novísima «civilización» dos soviets rusos. 1 de xullo de
1937.

Manuel Azaña: discurso da paz, piedade e perdón.


É a conmoción profunda na moral dun país, que ninguén pode constrinxir e que ninguén pode canalizar.
Despois dun terremoto, é difícil recoñecer o perfil do terreo. Imaxinade unha montaña volcánica, pero apagada,
en cuxos flancos viven durante xeracións moitas familias pacíficas. Un día, a montaña entra de súpeto en
erupción, causa estragos, e cando a erupción cesa e disípanse as fumaredas, os habitantes sobreviventes miran á
montaña e xa non lles parece a mesma; non recoñecen o seu perfil, non recoñecen a súa forma. É a mesma
montaña, pero doutra maneira, e a mesma materia en fusión que expele o cráter; cando cae en terra e se
solidifica, forma parte do perfil do terreo e hai que contar con ela para as edificacións do día de mañá. Este
fenómeno profundo, que se dá en todas as guerras, impídeme á miña falar do porvir de España na orde política
e na orde moral, porque é un profundo misterio, neste país das sorpresas e das reaccións inesperadas, ou que
poderá resultar o día en que os españois, en paz, póñanse a considerar o que fixeron durante a guerra. Eu creo
que se desta acumulación de males ha de saír o maior ben posible, será con este espírito, e desventurado o que
non o entenda así.(...)
«Paz, Piedade e Perdón». Manuel Azaña: Discurso no Concello de Barcelona, l8 de xullo de 1938.

Os 13 Puntos de Juan Negrín (1 de maio de 1938).


O goberno [...] declara solemnemente aos seus compatriotas e ao mundo enteiro que os obxectivos da loita que
se perseguen son os seguintes: 1. Asegurar a independencia absoluta e a integridade total de España. [...]. 2.
Liberación do noso territorio das forzas militares estranxeiras que o invadiron [...]. 3. República popular
representada por un Estado vigoroso que se asente sobre principios de pura democracia [...]. 4. A estrutura
xurídica e social da república será obra da vontade nacional, libremente expresada, mediante un plebiscito [...].
4 5. Respecto ás liberdades rexionais, sen que sexa comprometida a integridade da unidade española [...]. 6. O
Estado español garantirá a plenitude dos dereitos ao cidadán na vida civil e social [...]. 7. O Estado garantirá a
propiedade legal e lexitimamente adquirida [...]. 8. Profunda reforma agraria que liquide a propiedade
aristocrática [...]. 9. O Estado garantirá os dereitos do traballador [...]. 10. O mejoramiento cultural, físico e
moral da Raza. 11. O Exército español, ao servizo da Nación, estará libre de tendencia e partido [...]. 12. O
Estado español reafírmase na doutrina constitucional de renuncia á guerra como instrumento de política
nacional [...]. 13. Ampla amnistía para todos os españois que queiran cooperar ao inmenso labor de
reconstrución e engrandecimiento de España [...].

166
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

18.- O franquismo: características e institucionalización

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o


alumnado analizará as características esenciais do réxime franquista así como o
seu proceso de institucionalización a través das denominadas Leis fundamentais,
ademais de explicar o concepto de “Democracia Orgánica”, relacionando a
evolución ideolóxica e institucional experimentada polo Réxime ao longo do tempo
tanto co contexto político internacional como coas transformacións sufridas pola
propia sociedade española.
(Vicens Vives páxinas 358-367,398-399)

En 1939 era evidente que Franco non desexaba implantar unha ditadura militar
transitoria que abrise paso á restauración da monarquía, senón que pretendía
construír unha nova orde política que desterrase toda idea de democracia liberal.

Dentro dunha panorámica internacional complexa (Segunda Guerra Mundial),


comezou a institucionalización do réxime franquista.

O novo Estado franquista caracterizouse por: a concentración de poderes na


persoa de Franco xa que agora era Xefe do Estado, Xeneralísimo dos tres
exércitos, Presidente do Goberno e Xefe Nacional do partido único; ser un Estado
totalitario, inspirado nos réximes fascistas italiano e nacionalsocialista alemán,
suprimiuse a Constitución de 1931 e prohibíronse os partidos políticos e sindicatos;
ter un carácter unitario e centralista, debido á abolición dos Estatutos de
Autonomía e o fomento da marxinación da lingua e cultura propias; existencia
dunha constante represión dos vencidos e da oposición; forte control dos medios
de comunicación, que estaban sometidos a una ríxida censura e eran empregados
como aparato de propaganda do réxime.

Ata 1946 o réxime pretendeu darse legalidade xurídica e elaboráronse unhas


Leis Fundamentais: Foro do Traballo (1938), que regula as relacións laborais e
establece os principios do nacionalsindicalismo; Lei Constitutiva das Cortes (1942),
que creaba as Cortes como órgano lexislador só deliberativo e supeditado a
Franco; Foro dos Españois (1945), declaración de dereitos dos Españois
subordinada os principios do movemento sen ningunha garantía para podelos
exercer; Lei do Referendo Nacional (1945), o xefe do Estado podía someter a
consulta popular as cuestións que considerase oportunas e a Lei de Sucesión
(1947), establecía España como reino e prevía a monarquía como sucesora do
franquismo á vez que referendaba a Franco como Xefe do Estado. Na Lei de
Sucesión de 1947 establecíase que España era un reino, pero no que Franco
exercía como xefe do Estado. A xefatura do Estado, á súa morte, sería ocupada
por un rei que el designase. Xoán de Borbón, conde de Barcelona e fillo de Alfonso
XIII, reclamoulle o dereito de sucesión, pero Franco defendía a instauración dunha
monarquía inspirada nos principios do novo réxime, mentres que Xoán de Borbón
defendía a restauración da monarquía tradicional borbónica.

167
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

O Exército foi o apoio máis destacado, participando como instrumento de


represión política. FET y de las JONS converteuse no partido único. Para lograr
apoios sociais creáronse catro organizacións: Fronte de Xuventudes, Sección
Feminina, Sindicato Español Universitario e Central Nacional Sindicalista. A Igrexa
tivo un papel moi destacado no novo Estado confesional católico.

Primou o nacionalcatolicismo.(Vocabulario) Considerouse a Guerra civil como


Cruzada, e a Franco, Caudillo de España pola gracia de Deus. Polo Concordato de
1953, Franco podía presentar bispos para que o Papa elixise e entraba nas igrexas
baixo palio. A Igrexa conseguiu potenciar o culto católico, recuperar a súa
capacidade de adquirir e posuír bens, a restitución de bens perdidos polas
desamortizacións (mosteiros, como Sobrado), o dereito a establecer Seminarios,
escolas, as garantías de ensino da relixión católica, restablecer o matrimonio
relixioso, e o control da moral pública. As normas de comportamento estaban
baseadas na moral católica tradicional e prohibiuse o matrimonio civil e o divorcio.
Nos anos 60 o Concilio Vaticano II provoca un distanciamento da Igrexa católica
fronte o réxime franquista (curas obreiros, homilías críticas).

A familia foi considerada como a base fundamental da sociedade na que o papel


da muller era o de nai e esposa. Na divulgación destes valores tivo un papel
fundamental a Sección Feminina de FET, (Vocabulario)creada en 1934 por Pilar
Primo de Rivera. Potenciou un modelo feminino caracterizado pola perda de todos
os dereitos e consolidación dun sistema de valores machista: fogar, e inferioridade
xurídica e legal. Anulouse o divorcio e o uso de anticonceptivos e o aborto.
Prohibiuse a coeducación e o nivel educativo das nenas foi inferior. En 1937
creouse o Auxilio Social, no que se incluía a formación teórica e a prestación
obrigatoria de traballos sociais para todas as mulleres durante seis meses.

As Cortes non tiñan ningunha representación democrática e todos os seus


membros, os procuradores, eran designados desde o poder. Tamén había
procuradores natos por razón do seu cargo como os alcaldes, reitores das
universidades e os representantes da xerarquía eclesiástica. Tratábase dunha
representación corporativa por terzos: o sindical, o de entidades e o da
Administración local. (ver modificación posterior a 1967: democracia orgánica)

No plano territorial, España constituía unha entidade única e indivisible.


Todas as institucións autonómicas foron suprimidas. O goberno exercía o seu
poder mediante os gobernadores civís e restablecéronse as Capitanías Xerais. A
administración local quedou sometida ao goberno central, que nomeaba
directamente os alcaldes. O único idioma permitido foi o castelán.

O mundo laboral quedou regulado polo Foro do Traballo, en 1938, a primeira


das Leis Fundamentais. Recollía a prohibición do traballo nocturno de mulleres e
nenos, o descanso dominical, vacacións anuais retribuídas. O ámbito sindical
organizouse seguindo modelos fascistas. Declarados ilegais todos os sindicatos
existentes a Lei de Unidade Sindical en 1940 encadrou, de modo forzoso, a todos
os traballadores en corporacións de carácter vertical, (Sindicato Vertical ,
Vocabulario)a patróns e obreiros. Estruturábanse en tres esferas: a campesiña, a
168
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

artesanal-industrial e a marítima. Todos formaban a Organización sindical


Española(OSE), sindicato único, baixo a xefatura da Falange. Prohibíase a folga,
castigada como delito de lesa patria e de sedición. Este sindicalismo opoñíase á
loita de clases.

En cuanto aos dereitos individuais, o Foro dos españois de 1945 decretaba os


dereitos e deberes dos españois. Deberes: fidelidade á patria, lealdade a Franco,
servicio militar obrigatorio. Dereitos: de opinión, residencia, reunión e asociación,
educación, seguro de enfermidade. Na práctica, non se exerceron. Censuráronse
as ideas e valores nas artes, na cultura e na prensa. O pensamento foi controlado
a través da Formación do Espírito Nacional, conxunto de ideas e valores políticos a
estudar na escola (educación para adoutrinar).

Neste momento atopamos diferentes actitudes cara este novo réxime. As


clases altas e os propietarios agrícolas atopábanse a favor, mentres que as clases
medias e populares desenvolveron unha actitude de pasividade como resultado da
extrema vixilancia e represión. O réxime contou co apoio de falanxistas, carlistas,
monárquicos e conservadores (CEDA, Lliga Catalana…) e a Igrexa, como vimos,
tivo unha grande influencia na vida política a partir de diversos grupos como a
Asociación Católica nacional de Propagandistas e o Opus Dei.

Paralelamente ao proceso de institucionalización, o réxime, desde unha


aparente neutralidade na Segunda Guerra Mundial, amosou as súas simpatías cara
ás potencias do Eixe. A derrota dos Estados fascistas en 1945 supuxo para o
franquismo unha etapa de illamento e rexeitamento internacionais.

Aínda que, partir de 1947, a configuración de dous bloques antagónicos (URRS e


EEUU) e o inicio da Guerra Fría, supuxo que se fora aceptando o réxime
internacionalmente a cambio de algúns cambios institucionais, a realidade na
Península era distinta. O malestar creado polas duras condicións de vida e de
traballo sumado á opresión política provocaron protestas, como a folga xeral de
Bilbao e o movemento popular de Barcelona.

Estas dificultades políticas e económicas obrigaron a Franco a remodelar o seu


goberno no verán de 1951. O novo gabinete abriu unha etapa política
caracterizada polo predominio do nacionalcatolicismo. Neste momento a
mencionada Guerra Fría facilitou as relacións internacionais de España e o
verdadeiro recoñecemento chegou coa sinatura do Concordato coa Santa Sé,
afianzando a confesionalidade do Estado e co Acordo cos Estados Unidos en 1953.

A persistencia dos problemas económicos na década de 1950 conduce a


novos movementos de folga entre 1956 e 1958. Nesta situación Franco realizou
unha nova remodelación do Goberno, entrando como ministros os tecnócratas.
Coas súas medidas a década de 1960 caracterizarase por un intenso crecemento
económico, o “desarrollismo”.

Unha das primeiras actuacións do novo gabinete foi a promulgación da Lei


de Principios do Movemento Nacional (1958), a sexta das Leis Fundamentais, que
169
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

actualiza os principios directores do réxime sen alterar a natureza ditatorial e


deixaba en mans de Franco a elección do futuro monarca e o momento no que se
produciría a sucesión. Establecía os principios inmutables e permanentes do
réxime: unidade de España, catolicismo, e unidades de participación natural da vida
social (familia, municipio e sindicato). O Movemento Nacional ou simplemente
Movemento é o nome que recibiu durante o franquismo o mecanismo totalitario de
inspiración fascista que pretendía ser a única canle de participación na vida pública
española. Respondía a un concepto de sociedade corporativa na que unicamente
debían expresarse as chamadas entidades naturais: familia, municipio e sindicato.
Co cambio de rumbo da Segunda Guerra Mundial, Franco empezouse a distanciar
das potencias fascistas. En setembro de 1943 deu orde para que, en diante, desde
os medios oficiais se referisen á Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de
Ofensiva Nacional Sindicalista (FET e das JONS) como un Movemento e non como
un partido. Así pois, en diante denominouse de forma xenérica Movemento
Nacional ao conxunto de organismos e mecanismos que compoñían o réxime
franquista.

Creouse en 1963 o Tribunal de Orde Pública (TOP) e, en1966, Fraga Iribarne


promoveu a Lei de Prensa e Imprenta que suprimiu a censura previa. En 1967,
promulgouse a Lei Orgánica do Estado, compendio definitivo da democracia
orgánica e actualización das anteriores e precisáronse as funcións do xefe do
Estado e do xefe do goberno, ata entón exercidas por Franco. Con ela xurdían os
procuradores polo terzo familiar elixidos mediante sufraxio polos cabezas de familia
(as mulleres só podían votar se o eran). Chamouse a este sistema democracia
orgánica. A diferenza das democracias liberais esta democracia orgánica
consideraba que en lugar dos denostados partidos políticos, os órganos naturais de
asociación eran tres: a familia, onde se nace; o municipio, onde se vive; o sindicato,
onde se traballa. Como órgano consultivo unhas Cortes, nas que os seus membros
recibirán o nome de procuradores, aos que se engadiría o terzo familiar a partir
deste momento.

En 1967, entra en funcionamento a Lei de Bases da Seguridade Social e en


1969, de acordo co estipulado na Lei de Sucesión, Franco designou ao príncipe
Xoán Carlos de Borbón como sucesor.

Todas estas reformas incrementaron as disensións dentro do réxime franquista e


mesmo no sen do propio goberno e fixéronse públicas en 1969. A crise resolveuse
coa vitoria do xeneral Carrero Blanco e a formación do chamado goberno
monocolor, que supuxo a saída dos ministros más aperturistas (Fraga e Solís),
aos que se responsabilizaba do aumento da contestación social.

Dende comezos da década de 1970 ata a morte de Franco en 1975 o franquismo


estivo condicionado polo aumento da conflitividade social, a ampliación da
oposición democrática e as tensións no interior do réxime. A estes problemas
engadíuselle o inicio dunha grave crise económica derivada do aumento do
problema do petróleo e un conflito internacional na colonia española do Sáhara.

170
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Xuño 2021

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o franquismo. Tendo en conta os documentos
e o seu contexto, debe atender cando menos ás características básicas do réxime, aos seus principais apoios e
ao seu proceso de institucionalización a través das denominadas Leis orgánicas. (5 puntos)

Doc. 1. Editorial do diario Arriba, pertencente á prensa do Movemento, publicado con motivo da
conmemoración oficial do «Día do Caudillo» do 1 de outubro de 1949:
“Francisco Franco, o da mellor espada, pertence ás hostes de vangarda do providencial destino. É o home de
Deus, o de sempre, o que aparece no crítico instante e derrota os inimigos proclamándose campión da Milicia
do Ceo e da Terra. Perténcenlle polo tanto […] títulos de Caudillo, Monarca, Príncipe e Señor dos Exércitos.
De Caudillo polo seu propio esforzo de mílite; de Monarca pola seu ben gañada nobreza; de Príncipe polo seu
agudo quefacer político e de Señor dos Exércitos pola súa valía, competencia e coñecementos das tácticas,
estratexias e demais complexos problemas da guerra”.

Doc. 2. Pastoral do bispo de Ourense sobre o referendo da Lei de Sucesión a celebrar o 6 de xullo de
1947:
“Do éxito ou do fracaso desta lei depende o ser ou non ser, a orde, a vitalidade, a prosperidade, ou a ruína e
desaparición da Patria; o triunfo e afirmación definitiva da España auténtica, espiritualista, cristiá, ou a volta á
anti-España da revolución vermella, que é o mesmo que a definitiva negación de España […]. Entre a luz e as
tebras non hai alianza posible […]. Nin como católicos nin como españois podemos inhibirnos ante o
referendo”.

Doc. 3. Lei de principios do Movemento Nacional, 17 de maio de 1958:


“I. España é unha unidade de destino no universal. O servizo á unidade, grandeza e liberdade da Patria é deber
sagrado e tarefa colectiva de todos os españois.
II. A Nación española considera como timbre de honra o acatamento á Lei de Deus, segundo a doutrina da
Santa Igrexa católica, Apostólica e Romana, única verdadeira e fe inseparable da conciencia nacional, que
inspirará a súa lexislación.
IV. A unidade entre os homes e as terras de España é intanxible. A integridade da Patria e a súa independencia
son esixencias supremas da comunidade nacional.
VI. As entidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato, son estruturas básicas da comunidade
nacional”.

Moi Resposta en branco (0)


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)
(0-1)
Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Deficiente
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e está
(1,5-2)
elaborada como resposta a unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras
inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Contidos:
-Contextualizar o réxime franquista
Aprobado
-Sinalar as características básicas do réxime e os seus principais apoios.
(2,5-3)
-Comentar de xeito xenérico as principais leis orgánicas a través das
cales se institucionaliza a ditadura.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado
simple.
171
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no


(3,5-4) comentarionalgunha das seguintes cuestións):
-Explicar en profundidade cando menos dúas das características
ideolóxicas do franquismo.
-Facer fincapé no papel xogado pola Igrexa como lexitimadora do
réxime e un dos seus apoios esenciais (nacionalcatolicismo).
-Afondar na contextualización e comentario da lei de Sucesión, lei
de Referendo e/ou lei de principios do Movemento Nacional

Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, a


respostaemprega contido dos documentos para
-Comentar a defensa da concentración de poderes na persoa de
Franco(doc.1)
-Xustificar o apoio da Igrexa ao réxime e ás súas institucións (doc.2)
-Facer referencia aos principios inmutables da ditadura (doc.3)
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario
recóllense unha ou varias das seguintes cuestións)
-Sinalar que as bases ideolóxicas do franquismo e os apoios ao
mesmo están presentes xa na denominada España Nacional
durante a guerra civil.
-Comentar a evolución dos trazos fascistas ao longo da ditadura.
-Facer referencia ao obxectivo das leis orgánicas franquistas
de legalizar un réxime que carecía de legalidade democrática.
-Relacionar a promulgación das diferentes leis fundamentais co
contexto internacional e a propia evolución da sociedade española.
-Explicar o concepto de democracia orgánica
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analízase
en profundidade algún dos documentos):
-Salientar a exaltación de Franco como líder carismático e
providencial(doc.1)
-Comentar o anticomunismo da Igrexa española (doc.2)
-Relacionar de xeito explícito os artigos do doc.3 cos trazos máis
característicos do franquismo (nacionalcatolicismo, defensa da
unidade da patria, antiparlamentarismo/Estado corporativo)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario
específico.
O texto está ben articulado e argumentado

172
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre a instauración e institucionalización do réxime
franquista. Comezada durante a guerra civil marcando as diferencias coa democracia (Doc.1), nos seguintes anos diferentes textos
legais van conformando o réxime: a implantación do sindicalismo vertical (Doc.2), a creación dun seudoparlamento á medida (Doc.3)
ou a codificación de dereitos e deberes dos españois (Doc.4) son exemplos representativos. Por último, no Doc.5 amósanse algúns dos
instrumentos e apoios que serviron ó franquismo na súa consolidación.

Doc.1.-Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento Nacional:

“Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos principios roxo-
comunistas (...).

Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, organicamente constituída; a un
Estado neutro e sen ideais, sustitúelle o misional e totalitario, que orienta ó pobo sinalándolle o camiño (...).
Hai que soldar ó pobo, dividido polos partidos, hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os prexuízos
da loita de clases; (...) hai que elevar os principios do Movimiento”.

Doc.2.-Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):

“Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo Fuero del Trabajo, reflexo fiel
da organización política do Novo Estado, a saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do
Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados tódolos factores da economía por ramas da producción ou
servicios.

Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con personalidade suficiente polo
Estado, quen non admitirá a existencia de ningunha outra con fins análogos ou similares”.

Doc.3.-Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):

“Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de dictar normas xurídicas (...), o órgano que se crea
significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha
institución máis sistemática do poder (...).

Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado. É misión principal das Cortes
a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ó Xefe do Estado.

Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a)Os ministros. b)Os conselleiros nacionais
de F.E.T. y de las J.O.N.S. c)O Presidente do Consello do Estado (...). d)Os representantes dos Sindicatos Nacionais. e)Os
Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f)Os Rectores das Universidades (...). i)Aquelas persoas que pola súa
xerarquía eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servicios a España, designe o Xefe do
Estado, en número non superior a cincuenta”.

Doc.4.-Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):

“Art. 1. -O Estado español proclama como principio rector dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a
liberdade da persoa humana, recoñecendo ó home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade
nacional, titular de deberes e dereitos (...).
Art. 2.-Os españois deben servicio fiel á Patria, lealdade ó Xefe do Estado e obediencia ás leis (...).
Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén
será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin
manifestacións externas que as da relixión católica (...).

Art. 10.-Tódolos españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da
familia, o municipio e o sindicato (...).
Art. 12. -Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais
do Estado”.

173
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.5.-Dionisio Ridruejo, ex-falanxista posteriormente represaliado polo réxime, exprésase así na súa obra
Escrito en España (1962):

“Os grupos económicos atribuíanse con todo acougo o seu lote de soberanía. A Igrexa tomaría o seu. O Exército –
anque oficialmente incluído, home a home, no Partido único- absorbería a súa porción, exercendo o control dos
instrumentos executivos, e ficaría constituído en forza básica e arbitral. O Partido único proporcionaría o persoal político
por xunto e representaría docilmente o papel de pobo na función (...). Pola súa banda, o poder persoal, establecido como
clave de arco (...), esponxaríase nunha camarilla recrutada entre os máis fieis (...).
En rigor, a guerra non producira poderes novos. Máis ben repuxera no seu sitio, libres de coidados, ós poderes antigos,
destruíndo aqueles outrora que os ameazaban”.

Os seguintes documentos permiten abordar algúns aspectos da evolución social e a vida cotiá durante a ditadura
franquista. Na túa redacción debes tratar as seguintes cuestións: trazos xerais da evolución socioeconómica; o papel da
censura na represión das liberdades en diferentes ámbitos; a imposición excluínte da moral católica; a subordinación da
muller, en situación de desigualdade legal. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar
unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1. O poeta Manuel María lembra os difíciles anos da posguerra en Outeiro de Rei (Lugo):

“Na posguerra inmediata comezaron a escasear os alimentos. Estaba racionado o azucre, o café, o aceite, o xabón, o
pan e outras provisións. Había unhas cartillas, chamadas de “racionamento”, cuns cupos para controlar estes artigos. Con
frecuencia tardaban moito en chegar ás tendas”.

Doc.2. A censura reprimía a liberdade de expresión en todos os ámbitos. Dous exemplos:


A) Instrución de 1942:

“¡Atención censores! Todas as fotografías sobre campionatos de deportes da Sección Feminina, nas que as camaradas
estean ensinando os xeonllos están prohibidas e por tanto deberán ser riscadas”.

B) Informe do censor sobre a obra de Ricardo Gullón “La poesía de Luis Cernuda” (1952):

“Exaltación dun autor (…) que combateu publicamente ao Réxime (…). Non se trata de riscaduras como as
aconsellables nas páxinas 2, 20, 24, 25, 26, 27, 28, 30, 37 e 38, senón do problema de resolver sobre a apoloxía dunha
figura e unha temática declaradamente inimiga dos principios relixiosos (…). É blasfematorio (…), é uranista

(…) é roxo”.

Doc.3. Normas de modestia. Diócese de Málaga, 1943:

“11ª. Repróbase como práctica inmoral (…) que os noivos anden sós por lugares afastados, como tamén que se
permitan actitudes e familiaridades impropias entre os que aínda non están unidos polo santo sacramento do matrimonio
(…).

13ª. Os bailes modernos (…) constitúen, falando obxectivamente, pecado grave de luxuria ou polo menos de
escándalo”.

Doc.3. Consellos da Sección Feminina para ser unha boa esposa (1953):

“Fai que se sinta ás súas anchas. Deixa que se acomode nunha cadeira de brazos ou se recoste no cuarto. Ten unha
bebida quente lista para el (…). Arranxa a súa almofada e ofrece quitarlle os zapatos. Fala con voz doce e pracenteira”.

Doc.4. Código Civil (1958):


“Artigo 57. O marido ten que protexer a muller e esta tenlle que obedecer ao marido.

Artigo 58. A muller está obrigada a seguir o marido onde este fixe a súa residencia.
Artigo 59. O marido é o administrador único dos bens da sociedade conxugal”.

174
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.5. Variación dalgúns indicadores do nivel de benestar na década dos sesenta:


1960 1970
Renda por habitante (en dólares) 290 818
Taxa de analfabetismo (por 100 habitantes) 11,2 5,7
Teléfonos (por 1.000 habitantes) 59 135
Televisores (por 1.000 habitantes) 5 70
Frigoríficos (produción por 1.000 habitantes) 1 25
Enerxía eléctrica (Kw/h por habitante e ano) 612 1.515

Outras composicións:
ORIENTACIÓNS: Os seguintes documentos deben permitirche elaborar unha redacción sobre a instauración e
institucionalización da ditadura franquista. Nela debes abordar as seguintes cuestións: a súa caracterización ideolóxica,
hostil á democracia; a liquidación dos sindicatos de clase; o pseudoparlamentarismo e a concentración de poderes; a
eliminación das liberdades civís e políticas; os instrumentos e apoios que serviron ao franquismo na súa consolidación.
Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada,
e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):


“Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (…), o órgano que se crea significará,
á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis
sistemática do poder (…). Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado.
É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do
Estado. Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a) Os ministros. b) Os conselleiros
nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c) O Presidente do Consello do Estado (…). d) Os representantes dos Sindicatos
Nacionais. e) Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (…). f) Os Rectores das Universidades (…). i)Aquelas
persoas que pola súa xerarquía eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos a España,
designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta”.
Doc.2.-Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):
“Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade
da persoa humana, recoñecendo ao home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular
de deberes e dereitos (…). Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis
(…). Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén
será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin
manifestacións externas que as da relixión católica (…). Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións
públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (…). Art. 12.-Todo español poderá
expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado”.

Doc.3.-Dionisio Ridruejo, ex-falanxista posteriormente represaliado polo réxime, exprésase así na súa obra Escrito
en España (1962):
“Os grupos económicos atribuíanse con todo acougo o seu lote de soberanía. A Igrexa tomaría o seu. O Exército –aínda
que oficialmente incluído, home a home, no Partido único- absorbería a súa porción, exercendo o control dos instrumentos
executivos, e ficaría constituído en forza básica e arbitral. O Partido único proporcionaría o persoal político por xunto e
representaría docilmente o papel de pobo na función (…). Pola súa banda, o poder persoal, establecido como clave de arco
(…), esponxaríase nunha camarilla recrutada entre os máis fieis (…). En rigor, a guerra non producira poderes novos. Máis
ben repuxera no seu sitio, libres de coidados, os poderes antigos, destruíndo aqueloutros que os ameazaban”.

Outros documentos:
Lei de Responsabilidades Políticas do 9 de febreiro de 1939.
[...] o Goberno [...] considera chegado o momento de ditar unha Lei de Responsabilidades Políticas, que sirva para liquidar
as culpas desta orde contraídas por quen contribuíu con actos ou omisións graves a forxar a subversión vermella, [...] Os
Tribunais encargados de impoñer as sancións estarán compostos por representantes do Exército, da Magistratura e da
Falanxe Española Tradicionalista e das J.Ou.N.S. [...] Art. 1. Declárase a responsabilidade política das persoas, tanto
xurídicas como físicas, que desde o 1 de outubro de 1934 e antes de 18 de xullo de 1936, contribuíron a crear ou a agravar
a subversión de todo orde de que se fixo vítima a España, e daqueloutras que, a partir da segunda das devanditas datas,
opuxéronse ou se opoñan ao Movemento Nacional con actos concretos ou con pasividade grave. Art. 2. Como

175
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

consecuencia da anterior declaración [...] quedan fóra da lei todos os partidos e agrupacións políticas e sociais que, desde a
convocatoria das eleccións celebradas no 16 de febreiro de 1936, integraron a chamada Fronte Popular, así como os
partidos e agrupacións aliados e adheridos a este polo só feito de selo, as organizacións separatistas e todas aquelas que se
opuxeron ao triunfo do Movemento Nacional. [...]. Art. 3. Os partidos, agrupacións e organizacións declaradas fóra da Lei,
sufrirán a perda absoluta dos seus dereitos de toda clase e a perda total dos seus bens. Estes pasarán integramente a ser
propiedade do Estado. [...].
Madrid, 9 de febreiro de 1939. (Boletín Oficial do Estado, 13 de febreiro de 1939.)

A condena das Nacións Unidas (1946).


A) Pola súa orixe, natureza, estrutura e comportamento xeral, o réxime de Franco é un réxime fascista, organizado e
implantado en 2 gran parte mercé á axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista de Mussolini. B) Durante a longa loita das
Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco prestou unha axuda moi considerable ás potencias inimigas, a pesar das
continuas protestas dos aliados. [...]. A Asemblea Xeral, convencida de que o goberno fascista de Franco en España [...]
non representa ao pobo español [...], recomenda que se prohiba ao goberno de Franco pertencer aos organismos
internacionais creados polas Nacións Unidas, ou relacionados con elas, e participar en conferencias e outras actividades
que poidan concertar as Nacións Unidas, ou devanditos organismos ata que se conforme en España un goberno novo e
adecuado. Ademais [...] recomenda que, se dentro dun prazo razoable, non se establece en España un goberno cuxa
autoridade proceda dos seus gobernados e que se comprometa a respectar a liberdade de expresión, de relixión e de
reunión, e a celebrar canto antes eleccións nas que o pobo español poida expresar a súa vontade, libre de coacción e de
intimidación, e de coacción de partido, o Consello de Seguridade estude as medidas para remediar tal situación. Así
mesmo, a Asemblea recomenda que todos os Estados membros das Nacións Unidas retiren inmediatamente os
embaixadores e ministros plenipotenciarios que teñen acreditados en Madrid?.
Recomendación da Asemblea Xeral da ONU, Nova York, 12 de decembro de 1946.

Foro dos Españois (1945).


"Art. 1. O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a
liberdade da persoa humana, recoñecendo ao home, en canto portador de valores eternos e membro dunha comunidade
nacional, titular de deberes e dereitos, cuxo exercicio garante en orde ao ben común. Art. 6. A profesión e práctica da
Relixión Católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas
relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin manifestacións externas que as da
Relixión Católica. Art. 10. Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo a
través da Familia, o Municipio e o Sindicato, sen prexuízo doutras representacións que as Leis establezan. Art. 11. Todo
español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten aos principios fundamentais do Estado. Art. 15.
Ninguén poderá entrar no domicilio de ningún español nin efectuar rexistros nel sen o seu consentimento, a non ser con
mandato da autoridade competente e nos casos e na forma que establezan as Leis. Art. 16 Os españois poderán reunirse e
asociarse libremente para fins lícitos e de acordo co establecido polas Leis. [...] Art. 18 Ningún español poderá ser detido
senón nos casos e na forma que prescriben as Leis. 3 No prazo de setenta e dúas horas, todo detido será posto en liberdade
ou entregado á Autoridade xudicial. Art. 22 O Estado recoñece e ampara á familia como institución natural e fundamento
da sociedade, con dereitos e deberes anteriores a toda Lei humana positiva. O Estado protexerá especialmente ás familias
numerosas. O matrimonio será un e indisoluble. Art. 28. O Estado español garante aos traballadores a seguridade de
amparo no infortunio e recoñécelles o dereito á asistencia nos casos de vellez, morte, enfermidade, maternidade, accidentes
de traballo, invalidez, paro forzoso e demais riscos que poden ser obxecto de seguro social. Art. 30 A propiedade privada,
como medio natural para o cumprimento dos fins individuais, familiares e sociais, é recoñecida e amparada polo Estado.
Todas as formas de propiedade quedan subordinadas ás necesidades da Nación e ao ben común. Art. 33 O exercicio dos
dereitos que se recoñecen neste Foro non poderá atentar á unidade espiritual, nacional e social de España. Art. 34 As
Cortes votarán as Leis necesarias para o exercicio dos dereitos recoñecidos neste Foro. Art. 35 A vixencia dos artigos 12,
13 ["segredo da correspondencia"], 14 ["fixar libremente a súa residencia dentro do territorio nacional"], 15, 16 e 18
poderá ser temporalmente suspendida polo Goberno total ou parcialmente mediante Decreto-Lei, que taxativamente
determine o alcance e duración da medida.
Dado no Pardo, ao 17 de xullo de 1945.Francisco Franco?. Boletín Oficial do Estado, 18 de xullo de 1945.

Manifesto de Lausana (1945).


"Españois: coñezo a vosa dolorosa desilusión e comparto os vosos temores [...]. Desde o mes de abril de 1931 en que o
Rey o meu pai suspendeu as súas rexias prerrogativas, pasou España por un dos períodos máis tráxicos da súa Historia [...].
O xeneroso sacrificio do Rey de abandonar o territorio nacional, a fin de evitar a efusión de sangue, foi inútil. Hoxe,
pasados seis anos desde que finalizou a Guerra Civil, o Réxime implantado polo xeneral Franco, inspirado desde o
principio nos sistemas totalitarios das potencias do Eixo, tan contrario ao carácter e á tradición do noso pobo, é
fundamentalmente incompatible coas circunstancias que a presente guerra crea no mundo. A política exterior seguida polo
Réxime compromete o porvir da nación. [...]. Corre España o risco de verse arrastrada a unha nova loita fratricida e de
atoparse totalmente illada do mundo [...]. Só a Monarquía Tradicional pode chegar a ser o instrumento de Paz e de
Concordia para reconciliar aos españois. Por estas razóns resólvome, para descargar a miña conciencia do abafo cada día
176
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

máis apremiante da responsabilidade que me incumbe, a levantar a miña voz e requirir solemnemente ao xeneral Franco
para que, recoñecendo o fracaso da súa concepción totalitaria do Estado, abandone o poder e dea libre paso á restauración
do Réxime 4 Tradicional de España, único capaz de garantir a Relixión, a Orde e a Liberdade. Baixo a Monarquía
reconciliadora, justiciera e tolerante caben cantas reformas demande o interese da Nación. Primordiais tarefas son:
aprobación inmediata por votación popular dunha Constitución política; recoñecemento de todos os dereitos inherentes á
personalidade humana e garantía das liberdades políticas correspondentes; establecemento dunha Asemblea lexislativa
elixida pola Nación; recoñecemento da diversidade rexional; ampla amnistía política, distribución máis equitativa das
riquezas e supresión das diferenzas sociais inxustas, que son non soamente contrarias aos preceptos do Cristianismo, senón
que se atopan en contradición flagrante e perigosa coas condicións políticas e económicas do noso tempo. [...]. Firme na
miña confianza en Deus e nos meus dereitos e deberes imprescriptibles, agardo o momento de ver realizado o desexo máis
ardente da miña vida: a paz e a concordia de todos os españois.
Don Juan de Borbón. Lausana, 24 de marzo 1945.

19.- O franquismo: as forzas de oposición ao Réxime

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá demostrar que coñece e caracteriza as diferentes formas de expresión adoptadas
pola oposición ao franquismo ao longo da súa existencia: desde a primeira actividade
guerrilleira na inmediata posguerra ata o xurdimento de diversos movementos de oposición
dentro dos piares do réxime (o exército, a Igrexa e o partido único) na etapa final do mesmo,
pasando pola protesta estudantil e obreira, a organización de partidos políticos clandestinos,
a actividade terrorista e a oposición desde o exterior.

(Vicens Vives páxinas 374-377; pregunta 7.3 p. 399; 400-401; p.9.2 p. 402)

O réxime franquista caracterizouse polo predominio das vellas clases dominantes e pola
institucionalización de formas de poder inspiradas no fascismo, que foron acompañadas da
procura da autarquía económica e dunha forte represión. Foise adaptando ás diferentes
conxunturas internacionais, pero permaneceu inalterable nos seus aspectos fundamentais.
Mantívose como unha ditadura militar que concentraba todos os poderes en mans do
ditador, negando os dereitos democráticos aos españois.

Isto supuxo que, coa fin da Guerra Civil, milleiros de persoas comprometidas coa
República se viran obrigadas a exiliarse debido á forte represión do réxime contra os
vencidos. No exilio desenvolveuse unha importante oposición antifranquista e as
institucións da República e dos gobernos catalán e vasco seguiron funcionando. En México
celebráronse en 1945 as primeiras cortes republicanas no exilio e elixiuse un novo goberno
republicano. A maioría das organizacións políticas e sindicais mantiveron a súa
organización fora de España, aínda que foron decaendo a causa das divisións internas e do
progresivo afastamento da realidade social do país. As discrepancias no método de
actuación entre as diferentes forzas republicanas no exilio dificultaron a creación de
plataformas unitarias e a elaboración de programas comúns para loitar contra o franquismo
xa que uns apostaban por forzar a caída de maneira diplomática como os republicanos e
socialistas, mentres que o PCE, os poumistas (POUM) e anarquistas defendían a loita
guerrilleira.

No interior de España quedaron desmantelados os partidos e sindicatos opositores


tras a Guerra Civil. A oposición actuou en tres etapas diferenciadas ata 1951:

-Entre 1939 e 1944: a actuación da resistencia era moi limitada e destaca a actuación
dos maquis ou fuxidos (xente escapada ao monte coa idea e a esperanza de que poderían

177
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

regresar ao cabo duns días ás súas casas, unha vez que o golpe militar estivese
controlado). En outubro de 1944 houbo un intento de invasión desde Francia, entrando polo
val de Arán, duns dez mil guerrilleiros (Operación Reconquista). O obxectivo era provocar a
caída do réxime, aproveitando a debilidade dos nazis na Segunda Guerra Mundial, pero a
operación saldouse cun rotundo fracaso: 130 mortos, consellos de guerra e condenas a
morte.
-Entre 1944 e 1947: esta etapa estivo condicionada pola derrota dos países do eixe
que creou unhas condicións favorables a unha hipotética caída do réxime, xa que había
unha posible intervención aliada en España. A actividade guerrilleira foi moi intensa en
Asturias, León, Sistema Ibérico, Andalucía e Galicia). Tiveron cabida todas as ideoloxías,
sendo a máis significativa a comunista. En 1944 os sectores monárquicos democráticos
organizáronse ao redor de Juan de Borbón nun intento de restauración da monarquía,
creando a Alianza Nacional de Forzas Democráticas.
-Entre 1948 e 1951: a ditadura consolídase, o que confirma que non vai intervir en
España ningún organismo estranxeiro para promover a caída de Franco e a maior parte da
resistencia política fora liquidada pola policía franquista e a Garda Civil. A partir de 1948
tanto comunistas como anarquistas decidiron abandonar a loita armada, aínda que
persistiron pequenos grupos de maquis durante toda a década de 1950.Tamén se fixo
evidente o progresivo distanciamento coa oposición do exilio.
En Galicia o principal membro da oposición galeguista era Castelao, quen en 1944
escribiu no exilio bonaerense Sempre en Galicia, un dos libros fundamentais do
nacionalismo galego.

Paralelamente comezou, a finais da década de 1940, un tímido movemento de


protesta por parte das clases traballadoras, amosando o rexeitamento a ditadura e eran
froito dunha incipiente reorganización da esquerda. A partir de 1946 levouse a cabo unha
primeira folga xeral no País Vasco e créase a Irmandade de Obreiros de Acción Católica
(HOAC). En 1948 o PCE, ao abandonar a loita armada, centrouse na acción política
clandestina. En 1951 hai unha folga de tranvías en Barcelona pola subida do prezo do
billete, o que indica o deterioro da vida debido ao aumento dos prezos. En 1958 un
movemento de folga en Asturias supuxo a imposición do estado de excepción durante catro
meses.

Desenvolveuse tamén un importante movemento estudantil que se opoñía ao sindicato


de estudantes oficial (SEU) e esixía liberdades políticas xunto cunha reforma da
universidade. As máis significativas son as folgas en Madrid (1956) e Barcelona (1957). A
partir desde momento, e malia a dura represión académica e policial, o movemento
universitario foise espallando a outras universidades españolas.

Na década de 1960, ao tempo que se liberalizaba e melloraba a economía,


produciuse a recomposición da oposición política ao franquismo como resultado das
transformacións sociais, do recambio xeracional e da perda de influencia do exilio político.
Comezouse a seguir a fórmula de buscar o descrédito do réxime a partir das denuncias das
precarias condicións de vida e da faltade liberdades políticas. Tamén formularon a
necesidade de superación da Guerra Civil e a reconciliación entre vencedores e vencidos,
creando propostas unitarias para reivindicar as liberdades políticas e a democracia.

O réxime mantivo o seu carácter represivo, aínda que en 1963, nun intento de mellorar a
súa imaxe ante a opinión pública internacional o Goberno creou o Tribunal de Orde Pública
(TOP), que suprimía a xustiza militar dos procesos políticos. Porén, ante o terrorismo

178
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

pasaranse á xurisdición militar estes delitos, e fíxose habitual o estado de excepción. En


1970 o Proceso de Burgos ditara 9 penas de morte que suscitarán fortes protestas
internacionais

Neste momento a esquerda tivo un claro protagonismo político ao estar presente na


maioría das mobilizacións de masas, destacando o PCE de Dolores Ibárruri e Santiago
Carrillo. Xurdiron novas organizacións socialistas e marxistas (FLP, PCE-ML e PCI) así
como grupos que propugnaban a loita armada (FRAP). O PSOE, menos presente nas
mobilizacións de masas, estivo condicionado polo enfrontamento entre a dirección do exilio
e a militancia do interior, aínda que Felipe González fíxose finalmente co goberno do partido
(Congreso de Suresnes). Tierno Galván, expulsado do PSOE, fundou o Partido Socialista
de Interior.

Formouse tamén una oposición moderada por parte de disidentes do propio réxime
como Dionisio Ridruejo ou Joaquín Ruíz Giménez. En 1962, boa parte da oposición
moderada (monárquicos, demócratas-cristiáns e liberais) xunto con republicanos e
socialistas no exilio participaron no IV Congreso do Movemento Europeo celebrado en
Múnic para denunciar internacionalmente a ditadura de Franco. A prensa do réxime
denominará a esta reunión o Contubernio de Múnic,(Vocabulario) cualificando estas
demandas como unha inxerencia nos asuntos internos de España. O goberno castigou con
dureza aos participantes do interior que foron metidos no cárcere ou desterrados, con gran
escándalo da prensa europea.

No que respecta a Igrexa católica, os cambios introducidos polo Concilio Vaticano II


modificaron o comportamento dunha parte do clero español. En 1960, denunciaron a falta
de liberdades. En 1971, pediron a democratización. Desde finais dos anos 60, o Vaticano
tratou de revisar o Concordato de 1953 para eliminar o privilexio de Franco de presentar a
terna para elección de bispos. Foron tamén importantes os movementos sindicais dentro do
mundo obreiro como a mencionada Irmandade Obreira de Acción Católica, HOAC. O
goberno creou o cárcere de Zamora para eclesiásticos e actuou contra algúns bispos. O
Cardeal Tarancón, claro reformista, preside a Conferencia episcopal española, en prol das
liberdades democráticas e da reconciliación.

Os movementos nacionalistas reactívanse nesta década. En Cataluña, aínda que


os partidos históricos (Esquerra Republicana de Cataluña e Unió Democràtica) eran pouco
activos, xurdiron novas organizacións nacionalistas de esquerda e constituíuse, en 1971, a
Asemblea de Calalunya (organización unitaria de partidos, movementos e entidades
opositoras) e, en 1974, a Convergencia Democrática de Catalunya (organización
nacionalista moderada dirixida por Jordi Puyol). No País Vasco, o PNV permanecía como un
referente e inspiraba ao goberno vasco no exilio, pero o feito de maior repercusión foi a
aparición en 1959 de ETA (Euskadi Ta Askatasuna, Euskadi e Liberdade), unha
organización revolucionaria radical do nacionalismo vasco que propugnou a loita armada a
partir de 1968.

Entre 1960 e 1975 os conflitos laborais multiplicáronse, especialmente nas zonas de


tradición obreira e nas cidades industriais. Tiñan a súa orixe en reivindicacións laborais
aínda que en ocasións integraban demandas de liberdades políticas polo que a orde pública
actuaba contra elas de maneira represiva. Destaca a creación en 1964 de Comisións
Obreiras, unha organización que impulsaba a loita laboral e política e que, tras o seu éxito
nas eleccións sindicais de 1966 (aproveitaron as estruturas do sindicato vertical para chegar
179
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

aos obreiros), foi declarada ilegal (1967) e os seus dirixentes, como Marcelino Camacho ou
Julián Ariza, enfrontáronse a severas condenas. Un fito importante foi a protesta en Ferrol
en 1972 cando dous traballadores resultaron mortos no enfrontamento de orde pública. O
bispo de Mondoñedo-Ferrol, Miguel Araújo, redactou una carta pastoral, lida en todas as
parroquias da diocese, manifestando a súa protesta. As manifestacións de repulsa polos
feitos de Ferrol estendéronse por toda Galicia, sento significativa a da factoría Citroën, en
Vigo. A capacidade organizativa do PCG tamén se fixo notar na mobilización popular contra
o encoro de Castrelo de Miño, 1964. Outras organizacións como JOC e USO, colaboraron
co sindicalismo ilegal. Neste tempo, UGT mantivo unha actividade clandestina, mentres que
a CNT practicamente desapareceu.

Nesta década continúa unha forte protesta estudantil contra o Sindicato Español
Universitario (SEU), obrigatorio e falanxista, o que levou á creación de sindicatos
democráticos de estudantes. A resposta represiva do réxime (detencións, suspensión de
clases, expedientes, profesores apartados das súas cátedras como Tierno Galván,
Aranguren), xunto co impacto do Maio francés en 1968 provocou unha radicalización do
movemento. A tensión creceu en xaneiro de 1969 cando morría en Madrid o estudante
Ruano, quen, segundo a versión oficial, se suicidou cando estaba detido pola policía. O
aumento do número de estudantes, a súa maior concienciación política, a ausencia de
liberdades e as pobres condicións laborais, converteron a Universidade nun foco
antifranquista.

Tamén foi significativo o xurdimento de novos movementos sociais a favor das


liberdades e da democracia manifestados por numerosa entidades legais (Xustiza e Paz,
colexios profesionais, amigos da ONU) así como personalidades do mundo académico,
cultural, artístico e profesional, e, incluso, as asociacións de veciños.

A partir de 1973 a conflitividade social foi en aumento e os grupos de oposición


tenderon a unha acción conxunta prevendo a próxima desaparición do ditador. Creáronse
organismos unitarios para reivindicar o sistema democrático e impedir a continuidade do
franquismo como a Xunta Democrática, por iniciativa do PCE (máis CCOO, partidos de
esquerda e mesmo personalidades da dereita democrática), en 1974, e, en 1975, a
Plataforma de Converxencia Democrática, impulsada polo PSOE (xunto cos demócrata-
cristiáns, a UGT e o PNV). Ambos propoñían a formación dun goberno provisional que
implantase un réxime democrático, procedese a ditar unha ampla amnistía e convocase
eleccións libres. Da unión de ambas organizacións xurdirá, trala morte do ditador, a
chamada Plataxunta.(Vocabulario)

No exército un grupo de oficiais xoves formará clandestinamente a UMD (Unión Militar


Democrática).

Nestes anos produciuse tamén un recrudescencia da violencia terrorista xa que


ETA incrementou os seus atentados (Carrero Blanco) e apareceu un terrorismo
ultraesquerdista, representado polo FRAP e o GRAPO. O goberno de Arias Navarro
intensificou a represión.

O 20 de novembro de 1975 morre Franco e, o 22 dese mesmo mes, proclámase a


Juan Carlos de Borbón rei de España. Comeza un proceso de transición política cara a un
réxime plenamente democrático.

180
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións LOMCE:
2021
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o franquismo. Tendo en conta os documentos e o
seu contexto, debe atender cando menos ás características básicas do réxime, aos seus principais apoios e ao seu
proceso de institucionalización a través das denominadas Leis orgánicas. (5 puntos)

Doc. 1. Editorial do diario Arriba, pertencente á prensa do Movemento, publicado con motivo da conmemoración
oficial do «Día do Caudillo» do 1 de outubro de 1949:
“Francisco Franco, o da mellor espada, pertence ás hostes de vangarda do providencial destino. É o home de Deus, o de
sempre, o que aparece no crítico instante e derrota os inimigos proclamándose campión da Milicia do Ceo e da Terra.
Perténcenlle polo tanto […] títulos de Caudillo, Monarca, Príncipe e Señor dos Exércitos. De Caudillo polo seu propio
esforzo de mílite; de Monarca pola seu ben gañada nobreza; de Príncipe polo seu agudo quefacer político e de Señor dos
Exércitos pola súa valía, competencia e coñecementos das tácticas, estratexias e demais complexos problemas da guerra”.

Doc. 2. Pastoral do bispo de Ourense sobre o referendo da Lei de Sucesión a celebrar o 6 de xullo de 1947: “Do
éxito ou do fracaso desta lei depende o ser ou non ser, a orde, a vitalidade, a prosperidade, ou a ruína e desaparición da
Patria; o triunfo e afirmación definitiva da España auténtica, espiritualista, cristiá, ou a volta á anti-España da revolución
vermella, que é o mesmo que a definitiva negación de España […]. Entre a luz e as tebras non hai alianza posible […].
Nin como católicos nin como españois podemos inhibirnos ante o referendo”.

Doc. 3. Lei de principios do Movemento Nacional, 17 de maio de 1958:


“I. España é unha unidade de destino no universal. O servizo á unidade, grandeza e liberdade da Patria é deber sagrado e
tarefa colectiva de todos os españois.
II. A Nación española considera como timbre de honra o acatamento á Lei de Deus, segundo a doutrina da Santa Igrexa
católica, Apostólica e Romana, única verdadeira e fe inseparable da conciencia nacional, que inspirará a súa lexislación.
IV. A unidade entre os homes e as terras de España é intanxible. A integridade da Patria e a súa independencia son
esixencias supremas da comunidade nacional.
VI. As entidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato, son estruturas básicas da comunidade
nacional”.
Moi deficiente Resposta en branco (0)
(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

Contidos:

Deficiente(1,5-2) Xeneralidades sobre a época (1,5)


Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, e estáelaborada como resposta a unha
pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.

Contidos:
-Contextualizar o réxime franquista
Aprobado (2,5-
-Sinalar as características básicas do réxime e os seus principais apoios.
3) -Comentar de xeito xenérico as principais leis orgánicas a través dascales se institucionaliza a ditadura.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiadosimple.

181
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentarionalgunha das seguintes cuestións):
-Explicar en profundidade cando menos dúas das característicasideolóxicas do franquismo.
(3,5-4) -Facer fincapé no papel xogado pola Igrexa como lexitimadora doréxime e un dos seus apoios esenciais
(nacionalcatolicismo).
-Afondar na contextualización e comentario da lei de Sucesión, lei de
Referendo e/ou lei de principios do Movemento Nacional
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, a resposta emprega contido dos documentos
para
-Comentar a defensa da concentración de poderes na persoa de Franco (doc.1)
-Xustificar o apoio da Igrexa ao réxime e ás súas institucións (doc.2)
-Facer referencia aos principios inmutables da ditadura (doc.3)
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllense
unha ou varias das seguintes cuestións)
(4,5-5) -Sinalar que as bases ideolóxicas do franquismo e os apoios ao mesmo
están presentes xa na denominada España Nacional durante a guerra
civil.
-Comentar a evolución dos trazos fascistas ao longo da ditadura.
-Facer referencia ao obxectivo das leis orgánicas franquistas de
legalizar un réxime que carecía de legalidade democrática.
-Relacionar a promulgación das diferentes leis fundamentais co
contexto internacional e a propia evolución da sociedade española.
-Explicar o concepto de democracia orgánica
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analízase en
profundidade algún dos documentos):
-Salientar a exaltación de Franco como líder carismático e providencial
(doc.1)
-Comentar o anticomunismo da Igrexa española (doc.2)
-Relacionar de xeito explícito os artigos do doc.3 cos trazos máis
característicos do franquismo (nacionalcatolicismo, defensa da unidade
da patria, antiparlamentarismo/Estado corporativo)
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico.
O texto está ben articulado e argumentado

Composicións ABAU:
2017
ORIENTACIÓNS: Os documentos que seguen teñen como asunto central a oposición ao réxime franquista. Na
redacción, debes tratar as seguintes cuestións: A evolución da oposición ao longo da ditadura; a variedade de formas
empregadas; os diferentes sectores e organizacións implicados. Lembra que non se trata de responder a preguntas
illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os
coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1. – Orixes da guerrilla antifranquista (Vida Guerrilleira, Boletín das guerrillas de Galicia, 1948):
“Alí onde había homes perseguidos que se viron na necesidade de fuxir, fixérono antes de caer de novo na cadea ou ante
un pelotón de execución. Marcharon así ao monte homes de todas as tendencias, socialistas, anarquistas, algúns católicos
e, sobre todo, numerosos militantes comunistas (...). Ao principio as nosas accións tiñan un carácter case exclusivamente
de fuxidos que se moven organizadamente buscando puntos de apoio, falando coas xentes da necesidade de crear o
movemento guerrilleiro. Eramos os fuxidos, os escapados, como nos chamaba o pobo. E nesa época, no momento máis
agudo da represión franquista, tivemos sempre o apoio abnegado, silencioso e incondicional do pobo. Aqueles homes que
nas aldeas nos axudaban sabían perfectamente ao que se expoñían e, non obstante, non vacilaban en acollernos”.
Doc.2.- Declaración do Partido Comunista de España promovendo unha política de Reconciliación Nacional
(1956):
“Nos últimos anos produciuse unha importante evolución. Forzas considerables, que noutro tempo integraron o campo
franquista, foron mostrando a súa discrepancia cunha política que mantén vivo o espírito de guerra civil. No campo
republicano son máis numerosas e influentes as opinións dos que estiman que hai que enterrar os odios e rancores da
guerra civil (…). Un estado de espírito favorable á reconciliación nacional dos españois, vai gañando ás forzas político-
sociais que loitaron en campos adversos durante a guerra civil. (…). Fóra da reconciliación nacional non hai máis camiño
que o da violencia”.
Doc.3.- Salvador de Madariaga analiza a repercusión do chamado polo franquismo “Contubernio de Munich”:
“O 8 de xuño de 1962 quedou pois consagrada en Munich a negativa terminante a admitir a España nin aínda como
asociada no sistema europeo mentres non cambie o seu réxime. Ao regresar a España os delegados do interior (…)

182
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

víronse obrigados a escoller desde a escaleira do avión, ou o seu desterro ou o seu confinamento en Fuerteventura. A Gil
Robles non lle foi permitido comunicar coa súa casa nin aínda para cambiar de roupa (…). Esta conduta bárbara, no
sentido concreto da palabra, é dicir, desprovista de lei, caridade e respecto, terminou por allearlle ao réxime a opinión
europea e aínda universal”.
Doc.4.- Manifesto conxunto de Comisións Obreiras e o Sindicato Democrático de Estudantes (1967):
“As Comisións Obreiras de Barcelona e provincia e o Sindicato Democrático de Estudantes da Universidade de
Barcelona saúdan e solidarízanse con todas estas grandes accións de masas que se desenvolven no noso país (...). O
Goberno acentúa a represión detendo e procesando a destacados dirixentes do movemento obreiro e estudiantil (...). A
vigorosa loita solidaria do pobo conseguiu a liberdade destes demócratas encarcerados. Pero pende sobre eles a ameaza
de procesos. Ante esta situación, as CC.OO. de Barcelona e provincia e o SDEUB chamamos a todos os traballadores e
estudantes a facer do día 17 unha gran xornada de loita (...) para esixir, xunto ás reivindicacións máis urxentes da clase
obreira, aquelas que hoxe son máis sentidas polos traballadores e as amplas masas populares do país: Salario mínimo de
250 pesetas. Semana de 44 horas. Salario igual para mulleres e mozas a iguais condicións de traballo. Xestión e control
polos traballadores do réxime de seguridade social. Dereito de folga e a liberdade de reunión (...). Democratización do
ensino e a Universidade. Liberdade de todos os detidos e anulación de todos os sumarios e sancións (...). Disolución da
Brigada Político-Social e do Tribunal de Orde Pública”.
Doc.5.- En 1974, o Partido Comunista de España inspirou a formación da Xunta Democrática, na que se agrupaban
diversas forzas de oposición que aprobaron o seguinte programa:
“1.- A formación dun goberno provisional que substitúa ao actual (...). 3.- A legalización dos partidos políticos sen
exclusións. 4.- A liberdade sindical e a restitución ao movemento obreiro do patrimonio do Sindicato Vertical. 5.- Os
dereitos de folga, de reunión e de manifestación pacífica. 6.- A liberdade de prensa (...). 8.-A neutralidade e a
profesionalidade, exclusivamente militar para a defensa exterior, das forzas armadas. 9.- O recoñecemento, baixo a
unidade do Estado español, da personalidade política dos pobos catalán, vasco e galego e das comunidades e rexións que
o decidan democraticamente. 10.- A separación da Igrexa e do Estado (...)”.

Criterios de avaliación do exame.


Trátase de que as e os estudantes realicen unha composición (unha redacción) sobre a oposición ao franquismo, polo que
se valorará a calidade da comunicación escrita (claridade, coherencia, corrección sintáctica e ortográfica, capacidade de
análise e síntese).
Na redacción deben incorporar contidos presentes ou relacionados con todos e cada un dos documentos propostos,
mencionándoos explicitamente. Mais non deben limitarse a resumir ou parafrasear os documentos.
Valorarase a contextualización da información que proporcionan os documentos en relación coas circunstancias sociais e
políticas, tendo en conta aquelas que mudaron e as que se mantiveron durante a ditadura franquista. Non se esixe unha
listaxe determinada de conceptos, mais si que utilicen correctamente os que utilicen na composición.
Na redacción débese identificar as diferentes formas de oposición ao franquismo, situándoas correctamente no tempo. Non
se esixe unha precisión cronolóxica (datas concretas) mais debe estar presente a dimensión temporal.
É conveniente que identifiquen diferentes colectivos e organizacións que se enfrontaron ao franquismo (ademais dos
mencionados explicitamente nos documentos) e a relevancia (a influenza social e/ou política ) que tiveron cada un deles.
Non é preciso realizar unha composición exhaustiva sobre o franquismo, nin que mencionen necesariamente os
antecedentes e/ou consecuencias. Porén, poderá valorarse positivamente que incorporen na composición datos e/ou
aspectos causais ou doutro tipo, que lles permitan afondar no tema.

Composicións selectividade anteriores LOMCE:


Os documentos que seguen teñen como asunto central a oposición ao réxime franquista. O ámbito cronolóxico vai desde
os anos de posguerra (Doc.1) ata os derradeiros tempos da dictadura (Doc.4), presentando as diversas actividades
levadas a cabo por sectores tamén diferentes da oposición: guerrilla (Doc.1), movemento universitario (Doc.2),
movemento obreiro (Doc.3) e forzas políticas que se articulan cara o remate da dictadura (Doc.4). Na túa redacción
debes tratar a variedade e evolución da oposición ao franquismo, tendo en conta as fontes documentais subministradas.

Doc.1.-O guerrilleiro Francisco Rey lembra o movemento dos anos 40:

“Alí onde había homes perseguidos que se viron na necesidade de fuxir, fixérono antes de caer de novo na cadea ou ante
un pelotón de execución. Marcharon así ao monte homes de tódalas tendencias, socialistas, anarquistas, algúns católicos e,
sobre todo, numerosos militantes comunistas (...).

183
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Ó principio as nosas accións tiñan un carácter case exclusivamente de fuxidos que se moven organizadamente
buscando puntos de apoio, falando coas xentes da necesidade de crear o movemento guerrilleiro. Eramos os fuxidos, os
escapados, como nos chamaba o pobo. E nesa época, no momento máis agudo da represión franquista, tivemos sempre o
apoio abnegado, silencioso e incondicional do pobo. Aqueles homes que nas aldeas nos axudaban sabían perfectamente ao
que se expoñían e, sen embargo, non vacilaban en acollernos”.

Doc.2.-Noticia recollida en Mundo Obrero dunha manifestación universitaria en Madrid (1956):

“Estes potentes berros, lanzados por centos de valentes peitos xuvenís, atronaban as rúas céntricas da capital. Unha proba
patente da debilidade do goberno é que non se atreveu a utilizar a policía armada para reprimir a manifestación. A forza
pública recibira instruccións de retirarse (...).

Á pasar a manifestación diante do Ministerio de Gobernación, recrudecéronse os berros dos estudiantes contra a
Falanxe e contra o réxime. O público acollía a manifestación cun grande alborozo, con signos emocionantes de simpatía.
Os estudiantes antifranquistas foron donos ese día das rúas céntricas da capital durante preto dunha hora. O tráfico foi
paralizado por completo na rúa de Alcalá”.

Doc.3.-O líder sindical Marcelino Camacho lembra as orixes das Comisións Obreiras (CC.OO.):

“A cabalo entre 1956 e 1957 xurdiu e desapareceu, nun prazo breve, unha comisión na mina

asturiana La Camocha, para defender unha asignación de carbón aos mineiros (...). Outras funcionaron en diversos lugares
como Euskadi, Cataluña, Valencia, Andalucía, etc., sempre de forma fugaz e variada composición (...).

En Madrid iniciouse unha nova fase de Comisións Obreiras que se caracterizou polo carácter permanente desas comisións
elixidas en asembleas (...). Decidíramos servirnos da Escola Sindical de Enlaces (...) como un medio para nos coñecer e
estender os nosos contactos sobre todo coas grandes empresas do metal”.

Doc.4.-En 1974, o Partido Comunista de España inspirou a formación da Xunta Democrática, na que se agrupaban
diversas forzas de oposición que aprobaron o seguinte programa:

“1.-A formación dun goberno provisional que substitúa ao actual (...).

3.-A legalización dos partidos políticos sen exclusións.

4.-A liberdade sindical e a restitución ao movemento obreiro do patrimonio do Sindicato Vertical.

5.-Os dereitos de folga, de reunión e de manifestación pacífica.

6.-A liberdade de prensa (...).

8.-A neutralidade e a profesionalidade, exclusivamente militar para a defensa exterior, das forzas armadas.
9.-O recoñecemento, baixo a unidade do Estado español, da personalidade política dos pobos catalán, vasco e galego e das
comunidades e rexións que o decidan democraticamente.
10.-A separación da Igrexa e do Estado (...)”.

20.- O franquismo: política económica


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá demostrar que coñece a política económica do franquismo nas súas distintas
etapas: os principais trazos da política autárquica característica da primeira fase (período de
illamento internacional e bloqueo económico); a política de liberalización económica
desenvolvida polo goberno dos tecnócratas; as causas e consecuencias do chamado
Desarrollismo e os efectos da crise económica internacional no tardofranquismo.
(Vicens Vives páxinas 368-369; 386-397; introdución páx. 402)

Despois da Guerra Civil, a economía española quedou moi danada. Un dos obxectivos
iniciais do franquismo foi conseguir unha autosuficiencia económica (autarquía). Para iso
184
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

fomentouse unha política que propugnaba o illamento do exterior e a substitución do libre


mercado pola intervención do Estado na economía cun marcado carácter nacionalista,
coincidindo co período de illamento internacional e o bloqueo económico, tralo fin da
Segunda Guerra Mundial

A política autárquica buscando a autosuficiencia, a independencia económica e o


autoabastecemento, centrouse en tres grandes ámbitos de actuación:

 regulamento do comercio exterior, que pasou a estar controlado polo Estado quen
reduciu as importacións ao imprescindible, dando como resultado un encarecemento dos
produtos que se debían importar (petróleo) e unha gran escaseza de bens de consumo. O
desabastecemento afectou tamén as materias e a subministración eléctrica, o cal provocou
un notable descenso da produción industrial.
O comercio exterior organizábase a través dun sistema de licencias e acordos bilaterais
mentres que o comercio interior estaba regulamentado pola Comisaría de Abastecementos
e Transportes desde 1939.

 o fomento da industria, para asegurar a independencia militar e política do Estado,


creáronse unha serie de leis que favoreceron a creación de empresas públicas e fundouse,
en 1941, o Instituto Nacional de Industria (INI), destinado a promover a nova política
industrial. Creou numerosas empresas públicas e priorizou os investimentos vinculados á
defensa militar, empresas da industria pesada, dos sectores industriais básicos e dos
considerados estratéxicos (minería, siderurxia, produción de electricidade, estaleiros,
automoción, explosivos ,...). Nesta primeira década creáronse as principais empresas do
grupo como IBERIA, ENDESA, ENASA ou SEAT. En 1941, o Estado renovou a concesión
de CAMPSA (1927), e comprou, en 1945, case un 80% da Compañía Telefónica Nacional
de España, funcionando ambos como monopolios. No transporte destacou a
nacionalización da rede de ferrocarrís de vía ancha e a creación en 1941 de RENFE. Un
grave problema foi a dependencia tecnolóxica do estranxeiro.

 a regulación estatal da comercialización e dos prezos, que afectou sobre todo ao


sector agrario. Os baixos prezos oficiais dos produtos de primeira necesidade (cereais,
legumes, aceite, patacas) provocaron un descenso da produción. Tamén diminuíu a
produtividade por hectárea.
Os problemas da agricultura provocaron unha crecente escaseza de alimentos e un alza
continuada dos prezos dos mesmos. A ríxida regulamentación da economía implicaba o
control do mercado por parte do Estado. Con esta política os agricultores estaban obrigados
a entregar toda a produción a un prezo de taxa e a Administración(Servizo Nacional do
Trigo) encargábase de vender os produtos ao consumidor a un prezo tamén regulado. Os
baixos prezos oficiais provocaron un descenso da produción que, unida á falta de
maquinaria e fertilizantes polas medidas autárquicas e unha grave seca, lévao ao
desabastecemento xeneralizado de alimentos e o racionamento dos produtos, que
distribuían mediante unha cartilla de racionamento.
A taxación dos prezos dos alimentos por debaixo do seu valor implicou que moitos
produtores, aínda que se arriscaban á imposición de multas ou ás requisa dos produtos,
preferisen esconder a produción para vendela no mercado negro a un prezo superior ao
oficial, isto coñecíase como estraperlo.
Ademais, o sector recibiu poucas axudas e ningunha reforma xa que as terras
expropiadas pola República foron devoltas aos seus donos.

185
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Porén, para lograr incrementar a produción agraria tomáronse medidas como a


explotación de novas terras coa creación do Instituto Nacional de Colonización que, entre os
anos 1945 e 1970, construíu máis de 300 novos núcleos de colonización. Na década de
1950 iniciáronse plans integrais co desenvolvemento de regadíos, a construción de
vivendas e a extensión da rede eléctrica destacando o plan Badaxoz, en 1952. Nese ano,
tamén aprobouse a Lei de Concentración Parcelaria para evitar o minifundismo e facer máis
rendibles estas explotacións. A pesar da propaganda oficial que se fixo destas medidas,
estas tiveron resultados mi escasos.

Na década dos 40, a falta de recursos (maquinaria, tecnoloxía, carburantes, materias


primas) e dun mercado competitivo levou a un incremento da inflación, ao estancamento da
produción e o freo do crecemento. Esta política autárquica levou ao país a un profundo
estancamento económico, caracterizado polo colapso do comercio exterior, un descenso da
produción e do consumo e unha diminución do nivel de vida da poboación como
consecuencia da mencionada inflación e dos baixos salarios, e a fame produciu o
rexurdimento de moitas enfermidades, o que elevou a taxa de mortalidade.

O malestar creado polas duras condicións de vida e de traballo, sumado á opresión


política provocaron protestas, algunhas delas masivas como a folga xeral de Bilbao en
marzo de 1948 e o movemento popular de Barcelona en 1951. As dificultades políticas e
económicas levaron a Franco a remodelar o seu Goberno no verán de 1951, coa finalidade
facilitar o seu achegamento ás potencias occidentais. Rodeouse dos seus homes de
confianza como Carrero Blanco e deu entrada a algúns ministros reformistas e vinculados a
organizacións católicas (Asociación Católica Nacional de Propagandistas). Os cambios
foron escasos e os principios do réxime mantivéronse inamovibles.

A agudización da Guerra Fría facilitou que as relacións internacionais de España entrasen


nunha fase de normalización sendo admitida en diversos organismos internacionais a partir
de 1950, pero moitos problemas internos seguían sen resolverse. Aínda que se produce
unha tímida recuperación económica nestes anos como evidencian o fin do racionamento
do pan (1952) polas boas colleitas, a chegada de divisas (moeda estranxeira), materias
primas, petróleo, bens de equipo (maquinaria industrial) polos acordos cos EEUU, e o
comezo dun proceso industrializador a través do INI (fundación da fábrica de automóbiles
SEAT), as axudas exteriores resultaron insuficientes para superar os graves problemas
económicos e sociais.

A situación económica era moi difícil: a produción aumentaba lentamente e o nivel de vida
da poboación era moi inferior ao resto de países europeos. Entre 1956 e 1958 houbo un
importante movemento de folga principalmente en industrias químicas e metalúrxicas, ao
mesmo tempo que se produciron disidencias estudantís nas universidades de Madrid e
Barcelona.

En 1957, Franco realizou unha nova remodelación do Goberno, entrando como


ministros os tecnócratas, relacionados co Opus Dei, cun perfil máis técnico que ideolóxico
e tiñan a intención de proceder a unha liberalización económica e apertura comercial ao
exterior para salvar ó Estado. A economía española estaba ao borde do colapso, polo que o
Estado pediu axuda a organismos internacionais como a OCDE e o FMI, o que supuxo a
aceptación dun conxunto de medidas que implicaban a eliminación da política autárquica,
para avanzar cara unha economía libre de mercado. Este vínculo co mercado internacional,
unido ao aproveitamento da onda de expansión económica que viviu Europa naqueles anos,
186
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

supuxo a obtención de recursos financeiros que foron investidos para evitar a creba da
economía e permitiron equilibrar o déficit na balanza de pagamentos.

A nova orientación económica quedou plasmada no Plan de Estabilización (1959),


(Vocabulario) que contou co apoio do Fondo Monetario Internacional (FMI). Abranguía tres
eixes de actuación: a estabilización da economía, nunha tentativa de reducir a inflación,
elevando os xuros, conxelando os salarios e limitando os créditos bancarios; a liberalización
interior da economía, eliminando os organismos estatais interventores e a regulamentación
de prezos fixos; a liberalización exterior da economía, facilitando a entrada de mercadorías
estranxeiras e o investimento de capitais exteriores, polo que depreciouse a peseta par
facilitar os intercambios.

O seu logro máis importante foi o de sentar as bases para iniciar o forte crecemento da
década dos 60, así como el abandono definitivo do modelo autárquico. Aínda que nun
primeiro momento a economía española experimentou varios efectos negativos
(conxelación de salarios, aumento de impostos, paro, peche de empresas, aumento da
emigración), os efectos positivos apareceron a máis longo prazo: contención da inflación,
aumento das exportacións, expansión económica.

Tras estas medidas puxéronse en marcha uns Plans de Desenvolvemento Económico


e Social propostos polo goberno tecnócrata que consistían nunha planificación orientativa
co obxectivo de impulsar a actividade do sector público. Promulgáronse tres plans: 1964-
1966, 1969-1972 e 1972-1975; e, para controlar o seu funcionamento, creouse unha
Comisaría do Plan de Desenvolvemento, presidida por Laureano López Rodó. Os plans
emprenderon dúas liñas de actuación: as accións estruturais, que pretendían solucionar
algunhas deficiencias da industria, e os polos de desenvolvemento, que intentaban reducir
os desequilibrios rexionais promovendo novas empresas en zonas de escasa
industrialización.

Os resultados foron limitados pois os recursos investíronse con preferencia nas zonas
máis seguras e rendibles (País Vasco, Valencia, Madrid e Cataluña) polo que os plans foron
ineficaces porque non reduciron as diferencias entre as rexións; as inversións estiveron
vinculadas ás influencias políticas e favoreceron a especulación e a corrupción e as
melloras no transporte foron insuficientes; e fallaron as canles de distribución e
comercialización e a creación de emprego foi escasa. Porén, conseguiuse dotar ao país de
infraestruturas (electrificación, refinerías, encoros hidroeléctricos, estradas) e de materias
básicas (aceiro, carbón, aluminio).

A proposta dos tecnócratas incluía a necesidade de axeitar o funcionamento das


administracións públicas á nova orientación económica. Para incrementar os seus recursos,
púxose en marcha unha reforma fiscal, que resultou insuficiente debido a que a maior
carga fiscal recaía sobre os impostos indirectos. Porén, os orzamentos dos ministerios
dedicados a servizos sociais e infraestruturas experimentaron un notable crecemento.

O crecemento económico español produciuse fundamentalmente a partir da liberalización


económica e gracias ao contexto do crecemento xeneralizado da economía europea e
mundial tras a Segunda Guerra Mundial.

O principal motor da expansión económica foi a industria quen aumentou a súa


produción, a un ritmo dun 10% anual, grazas á importación de maquinaria e tecnoloxía, ao
187
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

investimento de capitais estranxeiros, aos baixos custos salariais e a escasa conflitividade o


que supuxo unha diversificación da produción derivada dun notable crecemento da maior
parte dos sectores. Produciuse tamén a industrialización de novas zonas, aínda que a
concentración fabril segue situándose nas zonas tradicionais, Cataluña e o País Vasco, que,
xunto con Madrid, significaban máis do 40% da produción industrial española continuou a
ser un problema.
Na década de 1960 entra en crise a agricultura tradicional, a adecuación da
produción agraria ás necesidades da nova dieta das clases urbanas implicou o abandono
das explotacións agrarias menos rendibles e a transformación de moitas outras. O aumento
da demanda de produtos hortofrutícolas implicou unha intensificación dos cultivos e a
creación de modernas explotacións gandeiras. Todas estas novidades supuxeron un éxodo
rural do campo á cidade.

Paralelamente produciuse un incremento do peso dos servizos na economía como


resultado do intenso proceso de urbanización. O comercio internacional medrou
notablemente e a construción viuse tamén incentivada.

A necesidade de financiamento das novas actividades económicas promoveu o


desenvolvemento do sector bancario, acompañado dunha notable concentración bancaria.

Porén a capacidade de produción medra paralelamente á dependencia de factores


externos como son o turismo, que supón unha elevada fonte de ingresos e o aumento da
actividade hoteleira, servizos e construción; a emigración (máis de 2 millóns emigran a
Europa entre 1950 e 1975), que contribúe a equilibrar a balanza de pagamentos e elevar o
nivel de vida do país e os investimentos estranxeiros. Todo isto impide unha
independencia económica do Estado, pero deste xeito España recibiu os recursos
financeiros que permitiron equilibrar o déficit na balanza de pagamentos .

O ritmo de crecemento será excepcional. Producirase un crecemento espectacular da


riqueza e produción nacional (PNB). É a etapa do Desarrollismo. España converteuse nun
país industrializado, abandonando a súa base agraria e comezando a mecanización e as
melloras técnicas na agricultura que expulsan man de obra do campo.

Porén, faranse visibles unha serie de problemas:


- O crecemento económico é desigual e non é suficiente para proporcionar emprego á
poboación polo que se produce unha forte corrente migratoria tanto do campo ás grandes
cidades e áreas industriais (Madrid, Barcelona e Bilbao) como a Europa (Alemaña, Suiza).
- Escándalos motivados pola especulación, fraudes na construción, malversación de
créditos estatais, nos que se verán implicados prebostes do réxime (caso Matesa).
- O éxodo rural (emigración campo-cidade) provocará a falta de vivendas, a especulación
do solo, e a aparición de fenómenos de chabolismo nos suburbios urbanos.
- Nas costas comezará un urbanismo salvaxe, propiciado polo turismo, que será o inicio
do que máis adiante se coñecerá como Marbellización.
-A falta de recursos públicos fixo que o Estado non fose capaz de cumprir o seu papel na
redistribución de rendas nin de impulsar a construción das infraestruturas axeitadas para
das solidez e continuidade ao crecemento económico.

O desarrollismo tivo tamén como consecuencia a transformación da sociedade


española, que pasou de rural a urbana, industrializada e consumista, comezando a
asemellarse á sociedade europea.
188
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Causas:
- As melloras logradas polo desenvolvemento económico.
- As influencias estranxeiras a través do turismo e da emigración.
- O impacto dos medios de comunicación de masas (radio, prensa, televisión).
Consecuencias:
 Cambios na estrutura social:
- Diminución dos xornaleiros agrarios (principais protagonistas da emigración) e
mellora da súa situación económica.
- Incremento dos obreiros da industria e dos servizos.
 Aumento das clases medias que se converten en maioritarias (profesionais liberais,
funcionarios e asalariados).
Nas clases altas (grandes propietarios de terras, dirixentes da administración, mandos do
exército) gañou poder a burguesía industrial e financeira. Estes grupos dispoñían do poder
económico e de gran influencia política, na que utilizaban os mecanismos da corrupción e o
amiguismo.
 Modernización da sociedade:
- O desenvolvemento urbano propiciou unha España máis aberta, libre e plural.
- Aumentou a importancia da educación. A Lei Xeral de Educación (1970) ampliou a
escolarización obrigatoria ata os catorce anos, implantou a coeducación e buscou axeitar a
educación á realidade laboral.
- No campo relixioso apreciáronse transformacións secularizadoras. Moitos españois
empezaron a distanciarse da Igrexa e a tutela clerical e unha parte da Igrexa apostou pola
modernización e os cambios no réxime.
- A progresiva incorporación da muller ao mundo do traballo e a súa formación
modificou o seu papel na sociedade.
- Da mesma maneira comezou a alteración da familia tradicional.
 Transformacións nas costumes e na vida cotiá:
- Incrementase o consumismo e prodúcese a mellora xeral do nivel de vida: cambios
na alimentación, primeiros electrodomésticos (neveiras, lavadoras, televisión), automóbil
para a clase media (o seiscentos), vacacións pagadas (veraneo), acceso á saúde e a
seguridade social.
- Aparece unha cultura á marxe e oposta ao réxime: moda e estética (hippies), música
(rock, cantautores), moral sexual (impacto do bikini).
 Problemas e conflitos:
- Desigualdades no reparto da renda con grandes diferencias entre ricos e pobres.
- Grandes contrastes territoriais entre áreas industrializadas e zonas atrasadas e
practicamente subdesenvolvidas.
- Insuficiencia dos servicios públicos que deixaba desprotexidos a moitos
traballadores.
- Bolsas de pobreza e chabolismo.

A rapidez e a profundidade das transformacións experimentadas non ocultaban a


debilidade do modelo económico. Se ben a capacidade de produción se incrementara
notablemente, tamén o fixera a dependencia da economía española de factores externos:
importacións, tecnoloxía e investimentos estranxeiros. Ademais a falta de recursos públicos,
dado que o goberno franquista non se atreveu a realizar unha reforma fiscal progresiva, fixo
que o Estado non fose capaz de cumprir suficientemente o seu papel de redistribución de
rendas, nin de impulsar a construción das infraestruturas axeitadas, nin de crear os
servizos públicos precisos atender as crecentes demandas dos cidadáns. Toda estas

189
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

debilidades e déficits puxéronse en evidencia coa grave crise económica mundial en


1973.

En 1973 a subida dos prezos do petróleo e o inicio dun novo ciclo tecnolóxico provocaron
unha forte crise económica mundial. O Estado franquista non foi capaz de reaccionar. O
crecemento económico paralizouse e afloraron rapidamente os graves defectos estruturais
da economía española: dependencia tecnolóxica do estranxeiro, elevado endebedamento
da empresa pública, necesidade de reconverter a industria e adaptala ás novas
necesidades, aumento do paro.

A crise económica sumarase ao aumento da conflitividade social, á ampliación da


oposición democrática e as tensións no interior do réxime e, finalmente, ao conflito
internacional do conflito do Sáhara o que desgastará, aínda máis, á ditadura
(tardofranquismo) e deixará un legado de difícil xestión para a etapa política da Transición.

Composición ABAU:
2022. Convocatoria extraordinaria
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a política económica do franquismo.
Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás características da etapa
autárquica, aos impulsos que favoreceron a liberalización económica e aos efectos do “desarrollismo” (5
puntos):
Doc. 1. Creación do INI, 25 de setembro de 1941:
“Artigo 1º. Créase o Instituto Nacional de Industria, entidade de Dereito público, que ten por finalidade
propulsar e financiar, en servizo da Nación, a creación e xurdimento de novas industrias, en especial das que
se propoñan como fin principal a resolución dos problemas impostos polas esixencias da defensa do país, ou
que se dirixan ao desenvolvemento da nosa autarquía económica, ofrecendo ao aforro español un
investimento seguro e atractivo”.
Doc. 2. Informe da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico sobre España,
1963: “España ten necesidade dun plan de desenvolvemento coherente e ben coordinado [...]. Os trazos
especiais dun plan de desenvolvemento económico e realista e que teña sentido, desde o punto de vista
operativo, dadas as actuais condicións españolas, parecen ser: a) definición dunha orientación xeral da
política económica; b) establecemento duns obxectivos xerais realistas e consecuentes; c) un programa de
facenda pública; e d) a elaboración dun conxunto de medidas integradas, tendentes a influír nas actividades
do sector privado, de acordo cunhas liñas consecuentes cos obxectivos xerais do plan”.
Doc. 3. A produción de electrodomésticos en España (en miles de unidades)
anos Frigorificos Lavadoras Radios Televisores
1960 28,7 77,3 245,1 39,4
1965 371,8 320,4 446,3 554,7
1970 1009,3 554,6 432,5 617,9

Fonte: Ramón Tamames, Estructura económica de España, Madrid, 1974, vol. II, p. 225.

190
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Moi Resposta en branco.


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos.
(entre 0 e A resposta contén xeneralidades sobre a
1,4) época.
Deficiente Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do
(entre 1,5 e procesohistórico considerado.
2) Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
comoa resposta a unha pregunta teórica.
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas.
Insuficiente Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema.
(entre 2,1 e Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
2,4) comoa resposta a unha pregunta teórica.
Redacción: básica e expresión demasiado simple.
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica do
(entre 2,5 e tema proposto.
3,4) -Explicar os obxectivos da autarquía (autoabastecemento nacional,
intervencionismo do Estado) e as súas consecuencias (escaseza de produtos
básicos e o seu encarecemento).
-Incidir no “desarrollismo” dos anos 60: a liberalización económica, os seus
obxectivos e as liñas mestras do programa.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción.
Redacción: texto formalmente correcto.
Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario
(entre 3,5 e dalgunha destas cuestións)
4,4) -Referir as outras etapas da política económica franquista e os seus trazos
esenciais: a liberalización económica dos anos 50 e a crise económica
sufrida a partir de 1973.
-Afondar nos factores que influíron no crecemento económico dos anos 60
(plans de desenvolvemento, turismo, emigración, investimento
estranxeiro...)
-Facer un balance dos efectos económicos do “desarrollismo”.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, na composición
úsanse os documentos para algunha das seguintes cuestións)
-Faise fincapé no intervencionismo estatal na economía e no contexto
político do período a partir da data do doc.1.
-Coméntanse as necesidades da economía española a principios dos años
sesenta (doc. 2)
-Utilízanse os datos da táboa para subliñar o cambio nos hábitos de consumo
da sociedade española que permitiu o incremento da produción nacional de
electrodomésticos (doc. 3)
Redacción: correcta e texto coherente.

191
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha


(entre 4,5 e ou varias das seguintes cuestións)
5) -Afondar na relación existente entre a evolución económica e a política
franquista (illamento dos anos 40, recoñecemento do réxime no contexto da
Guerra Fría -Pacto de Madrid-, goberno dos tecnócratas, problemas do
tardofranquismo).
-Facer referencias explícitas a varias das medidas concretas desenvolvidas en
cada etapa (p.ex. Plan de saneamento da economía, Lei de Protección e
Fomento da Industria Nacional, creación do INC, ingreso no FMI, creación
dos Polos de Desenvolvemento Industrial e dos Polos de Promoción
Industrial...).
-Comentar os efectos sociais, demográficos, culturais, ecolóxicos... do
“milagre español”.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da
composición o contido dos documentos emprégase nalgúns destes sentidos):
-Utilízanse fragmentos do texto para incidir nos obxectivos do INI:
desenvolver a industria militar para garantir a defensa do país, ofrecer
oportunidades de negocio ao capital español como medio de fomentar a
autarquía (doc.1)
-Incídese na orixe do documento: un informe da OCDE sobre a economía
española (doc. 2)
-Afóndase nalgúns dos datos que figuran na táboa, como a diferenza entre a
situación de partida (predominio da produción de lavadoras e radios) fronte
árealidade dos setenta (maior produción de frigoríficos e televisores) o que
indica a progresiva mellora do equipamento dos fogares españois (doc. 3):
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O
texto está ben articulado e argumentado.

ABAU 2020
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a política económica do franquismo. Tendo en
conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos as principais características da etapa autárquica e os
seus resultados, así como a nova orientación económica que conduciu ao «desarrollismo». (5 puntos)
Doc. 1. Preámbulo da Lei do 24 de outubro de 1939 de protección ás novas industrias de interese nacional
“Con motivo da gloriosa Cruzada en que España tivo que superar a crise máis grave da súa historia, púxose de relevo
a capital importancia que para a vida da Nación ten contar no territorio patrio coas industrias necesarias para a guerra e
as primeiras materias indispensables para a súa vida. A situación da nosa economía esixe, por outra banda, esforzos
considerables para redimir España da importación de produtos exóticos.
O non lograr ata hoxe, non obstante as posibilidades do mercado interior, que a iniciativa particular satisfaga esas
necesidades, aconsella estimular a implantación de tales industrias de acusado interese nacional, concedéndolles certas
garantías e beneficios”.

192
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc. 2. Preámbulo do Decreto-Lei do 20 de xullo de 1959, coñecido como «Plan de Estabilización»


“É indubidable que as medidas restritivas de emerxencia implicaban un carácter transitorio. Superadas aquelas
circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de
máis ampla liberdade, de acordo coas obrigacións asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A
maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do
dereito e da obrigación de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país. Pola contra, esta función poderase
exercer con maior axilidade suprimindo intervencións hoxe innecesarias”.

Doc. 3. Ingresos de divisas por turismo

Anos Millóns de
dólares
1955 90,7
1960 297,0
1965 1.156,9
1970 1.680,8

Fonte: Ramón Tamames, Estructura económica de España, Madrid, Ed. Guadiana, 1974, vol. II, p. 479

Composicións selectividade anteriores:


Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a evolución da política económica durante o franquismo. A partir
deles débese distinguir entre a etapa de autarquía (Docs.l y 2) e a de “desarrollismo” (Docs. 3-6). Para a primeira, o Doc. 1 presenta
as súas directrices esenciais e o Doc. 2 un balance da mesma; para a segunda, o Doc. 3 aporta as razóns xustificativas, o Doc. 4
permite achegarse a unha das manifestacións do cambio económico, e os Docs. 5 e 6 a dous fenómenos chave para entender as
transformacións económicas.

Doc.1.-” Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra
reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco:

“O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co
estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituir a directriz principal da nosa política económica, xa que, de outra maneira, se
produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente
vai vigorizar a economía dos países exportadores (...).

Imponse á nosa política comercial no exterior:

1°. Suprimir importacións que non sexan indispensables.

2°. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.

3°. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os productos que hoxe importamos.

4°. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.

Doc.2.-O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica:

“O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por
unha banda, supón o remate do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o
último tercio do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a
traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferencia que, en ritmos de crecemento e de produto real
por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese decenio dos
anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos
políticos e organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de salarios, con mutilación das
liberdades individuais e a perda, nuns casos, e marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso
económico correu entón paralelo á regresión política e social”.

193
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3.-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización:

“Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que se
vía retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos (...) como consecuencia da contenda.

A guerra mundial e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados
e fontes de aprovisionamento normais (...).

Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía
nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España como membro de pleno dereito da
OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique
do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”.

Doc.4.-O Seat 600, un dos Doc.5.-Emigración exterior entre 1951 Doc.6.-Evolución do número de

emblemas do “desarrollismo”: e 1980: turistas, 1961-1973:

ANOS AMERICA EUROPA ANO Nº (MILLÓNS)

1951-60 668.003
1961 7,4
1961-70 232.221 779.592
1964 14,1
1971-80 51.663 447.794
1967 17,8

1970 24,1

1973 34,5

Outros documentos:
O Plan de Estabilización de 1959.
Ao final da Guerra de Liberación, a economía española tivo que enfrontarse co problema da súa reconstrución, que se vía
retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos [...] como consecuencia da contenda. A guerra mundial e
as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes de
aprovisionamento normais, o que motivou unha serie de intervencións económicas ao servizo das tarefas do
abastecemento e da reconstrución nacional [...]. Grazas a ese rápido proceso, a nosa economía modificouse
profundamente. Resoltos unha infinidade de problemas, hai que enfrontarse agora con outros derivados, tanto do nivel
de vida xa alcanzado, canto da evolución da economía mundial, especialmente a dos países de Occidente, en cuxas
organizacións económicas está España. [...].Neste aspecto, o Decreto-Lei que a continuación se articula establece a
liberalización progresiva da importación de mercadorías e, paralelamente, a do seu comercio interior; autoriza a
convertibilidade da peseta e unha regulación do mercado de divisas; faculta ao Goberno para modificar as tarifas de
determinados impostos e ao Ministerio de Facenda para ditar normas achega do volume de créditos. É indubidable que
as medidas restritivas de emerxencia entrañaban un carácter transitorio. Superadas aquelas circunstancias, chegou o
momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de
acordo coas obrigacións asumidas por España como membro de pleno dereito da O.E.C.E. A maior flexibilidade
económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obrigación
de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país. Pola contra, esta función poderase exercer con maior
axilidade suprimindo intervencións hoxe innecesarias. [...]. 2 Deste xeito espérase obter a estabilidade interna e externa
da nosa economía, o equilibrio da balanza de pagos, o robustecimiento da confianza no noso signo monetario e, en
suma, a normalización da nosa vida económica.
Boletín Oficial do Estado, 20 de xullo de 1959.

194
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Acordo político do Congreso de Múnic do Movemento Europeo en 1962 (o contubernio de Múnic).


O Congreso do Movemento Europeo, reunido en Múnic os días 7 e 8 de xuño de 1962, estima que a integración, xa en
forma de adhesión, xa de asociación de todo país a Europa, esixe de cada un deles institucións democráticas, o que
significa no caso de España, de acordo coa Convención Europea dos Dereitos do Home e a Carta Social Europea, o
seguinte: 1º. A instauración de institucións autenticamente representativas e democráticas que garantan que o Goberno
se basea no consentimento dos gobernados. 2º. A efectiva garantía de todos os dereitos da persoa humana, en especial
os da liberdade persoal e de expresión, con supresión da censura gubernativa. 3º. O recoñecemento da personalidade
das distintas comunidades naturais. 4º. O exercicio das liberdades sindicais sobre bases democráticas e da defensa polos
traballadores dos seus dereitos fundamentais, entre outros medios polo de folga. 5º. A posibilidade de organización de
correntes de opinión e de partidos políticos co recoñecemento dos dereitos da oposición. O Congreso ten a fundada
esperanza de que a evolución con arranxo ás anteriores bases permitirá a incorporación de España a Europa, da que é un
elemento esencial, e toma nota de que todos os delegados españois presentes no Congreso expresan o seu firme
convencemento de que a inmensa maioría dos españois desexan que esa evolución leve a cabo de acordo coas normas
da prudencia política, co ritmo máis rápido que as circunstancias permitan, con sinceridade por parte de todos e co
compromiso de renunciar a toda violencia activa ou pasiva antes, durante e despois do proceso evolutivo. Resolución
sometida por unanimidade ao Congreso polos 118 delegados españois. Acordo político do Congreso de Múnic, 1962.

A sucesión. Mensaxe de Franco (1969).


Respecto da sucesión á Xefatura do Estado, sobre a que tantas maliciosas especulacións fixeron quen dubidou da
continuidade do noso Movemento, todo quedou atado, e ben atado, coa miña proposta e a aprobación polas Cortes da
designación como sucesor a título de Rey do Príncipe Don Juan Carlos de Borbón. Dentro e fóra de España recoñeceuse,
tanto cos aplausos como cos silencios, a prudencia desta decisión transcendental. Os nosos descendentes comprobarán
que a nova Monarquía española foi instaurada en virtude de dúas votacións populares reiteradas no prazo de vinte anos,
no referendo nacional de 1947, que aprobou a Lei de Sucesión e no de 1966, que referendou a Lei Orgánica do Estado.
Foron, pois, dúas xeracións de españois as 3 que deron o seu voto multitudinario ao noso sistema político. A designación
concreta do futuro Rey obtivo a aprobación das Cortes Españolas, representación xenuína da nación. Ben podemos dicir
que a instauración da nosa Monarquía conta cun respaldo popular practicamente absoluto e desde logo moi superior ao
que tivo en 1700 o Rey Felipe V, en cuxa entronización xogaron moito máis as manobras políticas de potencias
estranxeiras que a propia vontade do pobo español. Como dixen na memorable sesión do 22 de xullo último, a sucesión
á Xefatura do Estado constituirá no futuro un feito normal que vén imposto pola condición perecedoira dos homes. Se
Deus séguenos outorgando a súa protección, da que tan sinaladas mostras temos, a decisión adoptada nese día como
unha prudente previsión do futuro aceptada pola nación, librará a España das dúbidas e vacilacións que puidesen
suceder cando a miña Capitanía chegase a faltarvos. A permanencia inalterable dos Principios do Movemento, a solidez
do sistema institucional do Estado e a designación e xuramento prestado polo Príncipe de España, de cuxa lealdade e
amor á Patria deu sobradas probas, son firme garantía da continuidade da nosa obra. Coa axuda de Deus e a boa vontade
dos españois, os nosos fillos e netos teñen asegurada a estabilidade política da nación.

Joaquín Ruiz-Giménez: o problema estudantil.


Unha parte da nosa mocidade, a máis próxima a nós, é dicir, a dos nosos fillos concretamente, a que formamos os homes
do ano 36, parte desa mocidade está en actitude díscola, e posiblemente cada un de nós temos o risco de que algún dos
nosos fillos un día enfróntese co que nós representamos [...]. Hai outro sector de mocidade que abertamente está en
ruptura connosco, cos nosos principios. Non nos enganemos. O feito de que non o admitamos, non quere dicir que non
sexa evidente.
Intervención de Joaquín Ruiz-Giménez ante o Consello Nacional do Movemento, 1963.

Liñas definitorias de Tácito. 10 decembro, 1973.


Os que se agrupan baixo este pseudónimo coinciden, entre outros, nos seguintes puntos:
a) Convivencia nacional debe asentarse sobre bases democráticas e pluralistas.
b) Debe fomentarse a apertura denovas canles de participación na vida pública , con recoñecemento efectivo do
principio de representación.
c).O Obxectivo primario é (…) o efectivo repecto dos dereitos fundamentais e a realización das transformacións sociais e
económicas que garantan a igualdade de oportunidades entre todos os españois.

Fundación da UMD.1983.
Logo foi máis fácil barallar as letras e, tras unha unánime votación, naceu a Unión Militar Democrática (UMD). Unión,
porque sentíamos o compañeirismo; Militar, porque era a nosa fe, e Democrática porque non nos sentíamos súbditos,
senón cidadáns españois.
195
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Outras composicións:
Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a evolución da política económica durante o
franquismo. A partir deles débese distinguir entre a etapa de autarquía (Doc.l ) e a de “desarrollismo” (Docs. 2 e 3).
Para a primeira, o Doc. 1 presenta un balance da mesma; para a segunda, o Doc. 2 aporta as razóns xustificativas, e o
Doc. 3 permite achegarse a unha das manifestacións do cambio económico.
Doc.1.-O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica:
“O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por
unha banda, supón o remate do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o
último terzo do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a
traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferenza que, en ritmos de crecemento e de produto
real por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese
decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación
dos partidos políticos e organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de salarios, con
mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable.
En suma, o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social”.
Doc..-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización:
“Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que
se vía retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos (…) como consecuencia da contenda. A guerra
mundial e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes
de aprovisionamento normais (…).Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que
permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España
como membro de pleno dereito da OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en
ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”.

Doc.3.-O Seat 600, un dos emblemas do desarrollismo:

A partir dos seguintes documentos debes elaborar un comentario sobre a situación que se viviu en España logo da guerra
civil. No ámbito da política interior, o elemento esencial foi a instauración dun réxime político autoritario, comezada xa durante
a contenda bélica, marcando as diferencias coas democracias parlamentarias (Doc.1), e que atoparía a súa concreción en
diferentes textos legais. A economía dos longos anos de posguerra estivo marcada pola política autárquica (Doc.2), con
obxectivos nunca acadados. E polo que respecta ás relacións internacionais, o réxime franquista pasou dunha franca amizade
cos países do Eixo (Doc.3) a sofrir o illamento internacional ao remate da Segunda Guerra Mundial (Doc.4). Lembra que a
redacción que elabores debe ter en conta as fontes documentais subministradas, pois non se trata de elaborar un tema á marxe
das mesmas.

Doc.1.-Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento Nacional:

Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos
principios roxo-comunistas (...).
Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, organicamente
constituída; a un Estado neutro e sen ideais, sustitúelle o misional e totalitario, que orienta ao pobo sinalándolle o
camiño (...).
Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos; hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os
prexuízos da loita de clases (...); hai que elevar os principios do Movimiento”.

Doc.2.-”Fundamentos e directrices dun Plano de saneamento da nosa economía, harmónico coa nosa
reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco:

“O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co
estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, de outra maneira, se
produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente
vai vigorizar a economía dos países exportadores (...)
Imponse á nosa política comercial no exterior:
1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables.
2º. Reducir aquelas que poidan ter un sustitutivo ou permitan estan reducción.

196
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

3º. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os productos que hoxe importamos.
4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.

Doc.3.-Entrevista de Franco e Hitler en Hendaia (1940):

Doc.4.-En decembro de 1946, a Asemblea Xeral da ONU condena o réxime de Franco:

“A) Pola súa orixe, natureza, estructura e comportamento xeral, o réxime de Franco é un réxime fascista,
organizado e implantado en grande parte mercede á axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista de Mussolini.

 Durante a longa loita das Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco prestou unha axuda moi
considerable ás potencias inimigas, malia as continuas protestas dos aliados (...).

A Asemblea Xeral, convencida de que o Goberno fascista de Franco en España (...) non representa ao pobo
español (...), recomenda que se prohiba ao Goberno de Franco pertencer aos organismos internacionais creados polas
Nacións Unidas ou relacionados con elas (...).

Así mesmo, a Asemblea recomenda que tódolos Estados membros das Nacións Unidas retiren inmediatamente os
embaixadores e ministroSplenipotenciarios que teñen acreditados en Madrid”.

Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a evolución da política económica durante o
franquismo. A partir deles débese distinguir entre a etapa de autarquía (Doc.l2) e a de “desarrollismo” (Docs. 3-6). Para
a primeira, o Doc. 1 presenta as súas Directrices esenciais e o Doc. 2 un balance da mesma; para a segunda, o Doc. 3
aporta as razóns xustificativas, o Doc. 4 permite achegarse a unha das manifestacións do cambio económico, e os Docs. 5
e 6 a dous fenómenos chave para entender as transformacións económicas

Doc.1.- “Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra
reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco:
“O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co
estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, de outra maneira, se
produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente
vai vigorizar a economía dos países exportadores (...).Imponse á nosa política comercial no exterior: 1°. Suprimir
importacións que non sexan indispensables. 2°. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.
3°. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos. 4°. Intensificar as nosas
exportacións, mesmo primándoas”.

Doc.2.-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización:


“Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que
se vía retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos (...) como consecuencia da contenda. A guerra mundial
e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes de
aprovisionamento normais (...).
Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía
nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España como membro de pleno dereito da
OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique
do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”.

197
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3. Evolución número de turistas.

Ano Millóns de turistas


1961 7.4
1964 14.1
1967 17.8
1970 24.1
1973 34.5

21.- A Transición e a consolidación da democracia.

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá demostrar que coñece os principais problemas aos que debe facer fronte o
Franquismo na súa etapa final: crise económica, incremento das forzas de oposición,
“Marcha Verde”...., así como as diferentes medidas postas en marcha polo primeiro goberno
da monarquía e polo goberno de Suárez para chegar á implantación dunha democracia
parlamentaria desde a legalidade franquista vixente, analizando máis en profundidade a Lei
para a Reforma Política.
(Vicens Vives páxinas 402-403; 412-413) (Vicens Vives: páxinas 413-415)

Tras a prosperidade económica dos anos 60 (freada pola crise de 1973), a sociedade
española mudou o que fixo xurdir unha ansia xeral de cambio e de maiores liberdades.
Xorden diferenzas nas filas franquistas entre os sectores máis conservadores (bunker) e
aqueles que estaban a favor dunha pequena apertura (aperturistas). Ademais, o estado de
saúde do ditador e as crecentes dificultades políticas e económicas anunciaban a fin do
réxime.

No ano 1973 prodúcese unha crise enerxética mundial Por outra parte, o deterioro físico
de Franco, que continuou exercendo a xefatura do Estado de acordo coa Lei Orgánica do
Estado, obrigoulle a designar a Carrero Blanco (militar e home da súa máxima confianza,
representante do sector bunker) presidente de Goberno e a Arias Navarro ministro de
Gobernación. Pouco tempo despois, Carrero Blanco falece nun atentado de ETA (operación
Ogro/dec.73).

En febreiro de 1974, Carrero foi substituído por Arias Navarro, quen anuncia unha serie
de reformas coñecidas como o espírito do 12 de febreiro: maior liberdade de prensa,
elección de alcaldes, creación de asociacións políticas, maior liberdade xudicial, reforma da
Lei Sindical. Estes débiles intentos renovadores chocaron coa negativa a introducir cambios
por parte dos sectores máis inmobilistas.

Nestes anos produciuse tamén un aumento da violencia xa que ETA aumentou os seus
atentados e apareceu u terrorismo ultraesquerdista, representado polo FRAP e o GRAPO.

Nesta etapa incrementáronse as forzas da oposición, tanto no interior de España como


no exterior. No interior destacan: o grupo Tácito, a Unión Militar Democrática (UMD), sector
do exército que defendía que a institución militar non debía ser un obstáculo para a
democracia e algúns eran partidarios dun cambio; as numerosas folgas e protestas de
198
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

obreiros, universitarios e entidades veciñais; e os atentados terroristas levados a cabo por


organizacións como ETA, FRAP e GRAPO.

No exterior, distintos partidos e organizacións antifranquistas iniciaron un proceso de


unidade para restablecer a democracia; en París, no ano 1974, créase a Xunta Democrática
por iniciativa de Santiago Carrillo (líder do PCE) para liderar a oposición ao franquismo, e
integrada polas Comisións Obreiras, partidos e esquerda e mesmo personalidades da
dereita democrática. O PSOE resolve a crise entre os afiliados do interior e os do exilio no
Congreso de Suresnes, elixindo a Felipe González como secretario xeral. O PSOE impulsa
a Plataforma Democrática para aglutinar aos grupos políticos próximos a súa órbita
ideolóxica: UGT, PNV e os grupos demócratacristiáns. O programa de ambos organismos
propoñía a formación dun goberno provisional que implantase un réxime democrático,
procedes a ditar unha amnistía xeral, e convocase eleccións libres.

Outro dos factores que tivo unha negativa repercusión para o réxime foi o conflito do
Sáhara. En 1969, España cedeulle o territorio de Ifni a Marrocos, logo de lle ter concedido
a independencia a Guinea Ecuatorial un ano antes.

O 20 de novembro de 1975 morre Franco, deixando tras de si un réxime anacrónico e en


evidente crise. O 22 dese mesmo mes, Xoán Carlos de Borbón foi proclamado rei de
España ante o pleno das Cortes e o Consello do Reino; previamente tivo que xurar as Leis
Fundamentais do Reino. Dispuxo que Arias Navarro continuase á fronte do goberno, pero
nomea a Torcuato Fernández Miranda presidente do Consello do Reino e das Cortes, a
quen se lle atribúe o principio da reforma: da lei á lei.
Arias limitouse a propoñer uns mínimos cambios do sistema. Isto foi rexeitado pola
oposición quen tomou a iniciativa e definiu un programa común tras fusionárense as dúas
anteriores plataformas (Xunta Democrática e Plataforma da Converxencia Democrática) en
Coordinación Democrática (Plataxunta, vocabulario)), propoñendo a formación dun
goberno provisional e a realización de eleccións libres de carácter constituínte que puxesen
as bases dun sistema democrático.

O inmobilismo e a ineficacia de Arias, forzaron a dimisión de Arias Navarro e nomearon a


Adolfo Suárez novo presidente de goberno e mantivo a Torcuato Fernández Miranda,
presidente das Cortes.

Tras comezar desenvolvendo importantes medidas reformistas, o novo goberno propuxo


a Lei para a Reforma Política (Vocabulario) que suporá o fin definitivo do franquismo e o
inicio do proceso para celebrar unhas eleccións democráticas de forma legal (da lei á lei)
evitando rupturas traumáticas. Recoñecía os dereitos fundamentais das persoas, confería a
potestade lexislativa en exclusiva á representación popular e prevía un sistema
democrático. Pero para impoñer esta lei era necesario neutralizar a resistencia dos
inmobilistas e contar coa participación da maioría da oposición democrática.

A LRP establecía un sistema bicameral: Congreso, 350 escanos, e Senado, 207, elixidos
por sufraxio universal. Para o primeiro aplicábase a lei D'Hont, que favorecía aos partidos
minoritarios, aos nacionalistas e ás provincias con menos habitantes. Para o Senado
usábase un sistema maioritario, nominal e de catro senadores por provincia.

Tras ser sometida a referendo o 15 de decembro de 1976 foi aprobada polo 81% dos
votantes.
A legalización do PCE enfrontou o goberno de Suárez cos sectores inmobilistas e con
algún sector do exército, de quen obtivera o seu apoio sempre e cando non se legalizase
199
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

ese partido. Ante a sorpresa xeral, Suárez anunciou a legalización o 9 de abril de 1977
(sábado santo rojo). A cambio o PCE aceptaba as peticións de Suárez: a monarquía como
forma de goberno, a bandeira bicolor, e a unidade de España e a democracia.

Ante a convocatoria de eleccións libres foise configurando un novo panorama político:


por unha parte, estaban os partidos de esquerdas (PCE e PSOE), por outra, unha nova
organización de dereitas, Alianza Popular, liderada por Fraga Iribarne; e, desde o Goberno,
constitúese a (Vocabulario) baixo a dirección de Adolfo Suárez. A estasUnión de Centro
Democrático (UCD), formacións sumáronse 150 máis en todo o territorio. Paralelamente,
regresaban moitos dos exiliados: Rafael Alberti, Dolores Ibárruri, Federica Montseny.

O proceso da transición acelerouse polas circunstancias difíciles nas que se


desenvolvía: crise económica, onda de mobilizacións sociais, brotes de violencia, ataques
terroristas de ETA e do GRAPO e resistencia dos sectores ultras do franquismo.

As eleccións xerais do 15 de xuño de 1977, cun voto de máis do 78% do censo,


deu como resultado un sistema político bipartidista, integrado pola UDC (34%) e o PSOE
(29%). O terceiro máis votado foi o PCE e o cuarto AP. Así, Adolfo Suárez formou o
primeiro goberno democrático de España despois da Guerra Civil.

O conxunto da oposición forzou que esta primeira lexislatura elaborase unha nova
Constitución e tamén acordáronse unha serie de medidas políticas, sociais e económicas
que esixían un amplo cordo, o que iniciou a etapa do denominado consenso político.

As primeiras eleccións democráticas e a constitución de 1978


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
deberá explicar o proceso de preparación das eleccións xerais de xuño de 1977 e as
numerosas dificultades que o puxeron en perigo (reacción da ultradereita e da
ultraesquerda, legalización do Partido Comunista...), así como os resultados destas
primeiras eleccións e a elaboración e principios fundamentais da constitución de 1978.
(Vicens Vives: páxinas 413-415)

Trala aprobación da Lei para a Reforma Política, primeiro polas Cortes franquistas (nov.
76) e a súa ratificación por referendo popular (dec. 76), o goberno de Suárez ditou unha
serie de disposicións que significaban a desaparición das institucións do franquismo e
negociou coa oposición a celebración dunhas eleccións democráticas: indulto a presos
políticos, liberdade sindical, legalización de partidos políticos, lei electoral.

O 13 de xullo de 1977 iniciábase a primeira lexislatura democrática.

En agosto do 77 quedou constituída unha comisión redactora do borrador do texto


constitucional, a Comisión de Asuntos Constitucionais do Congreso, integrada por 36
deputados dos diferentes partidos, que foi a encargada de elaborar o texto constitucional.
O resultado é un texto froito do consenso, intencionadamente ambiguo para evitar que o
texto puidera ser utilizado de forma partidista por unha formación, inspirado en anteriores
constitucións españolas (1876 e 1931) e en textos do estranxeiro (a italiana de 1947, a
alemá de 1949,asueca de 1975 e a portuguesa de 1976).,

A Constitución Española de 1978, inspirada en anteriores constitucións españolas


(1876 e 1931) e en textos do estranxeiro (a italiana de 1947, a alemá de 1949,asueca de
1975 e a portuguesa de 1976) Recoñece a soberanía popular baixo un réxime de
200
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

monarquía parlamentaria e establece que España é un Estado social e democrático de


dereito. O rei reina, pero non goberna. Con todo ten a atribución de ser o Xefe das Forzas
Armadas, aspecto este que lle permitiu parar o golpe de Estado de 1981.

No que se refire á división de poderes:


A Coroa: está representada polo rei. Como xefe do Estado ten unha serie de funcións
regulamentadas pola Constitución: sancionar e promulgar leis elaboradas polas Cortes e
nomear e cesar os ministros, a proposta do Presidente do Goberno.
Poder lexislativo. Cortes Xerais bicamerais (Senado e Congreso), cuxos membros son
elixidos por sufraxio universal. Tal como establecía a LRP, o Congreso dos Deputados,
estará composto por 350 deputados elixidos por sufraxio universal directo, en listas
pechadas polos partidos, baixo o sistema D'Hont e de representación proporcional; e o
Senado, será elixido por un sistema de listas abertas e representación maioritaria. O
Congreso dos Deputados elabora leis, vota os orzamentos e controla ao Executivo. O
Senado apenas ten poder e, aínda que se define como unha cámara territorial, na práctica
limítase a referendar as leis que elabora o Congreso, xa que carece de capacidade de veto.

Poder executivo. O presidente do goberno, que é elixido polo Parlamento, nomea aos
ministros e dirixe a política interior e exterior. (Debe contar con maioría absoluta para
gobernar con estabilidade).
Poder xudicial. Poder independente. A xustiza emana do pobo e adminístrase no nome
do rei por xuíces e maxistrados independentes.

España, defínese como un Estado unitario, pero descentralizado administrativamente en


autonomías, recuperando a solución territorial habilitada na Segunda República.

Recoñece a pluralidade política e a sindical, con recoñecemento tanto de partidos como


de sindicatos de traballadores e das asociacións empresariais.

Esta constitución recolle que España é un Estado aconfesional, se ben recoñece que a
relixión católica é a maioritaria do pobo español polo que terá unha consideración especial.

Dedica o máis longo dos seus Títulos (46 artigos) aos dereitos fundamentais dos
españois, desenvoltos por leis orgánicas posteriormente:
-Dereitos civís: á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á liberdade (persoal, de
empresa, relixión e culto), á propiedade privada, á obxección de conciencia, o honor. Queda
prohibida a tortura e a pena de morte.
-Dereitos políticos: a expresar libremente as ideas, a reunirse pacificamente e sen armas,
a manifestarse, a asociarse, a ir á folga,
-Dereitos sociais: ao traballo, á libre elección de profesión, a igualdade dos sexos no
traballo, á educación.

Entre os deberes consignados na Constitución destacan a defensa da patria e a


contribución ao gasto público, segundo a capacidade económica de cada un.

Ademais, créase o Tribunal Constitucional coa función de garantir que a lexislación se


axusta á Constitución. E o Defensor do Pobo, cuxa misión é a de atender directamente aos
cidadáns velando polo respecto dos seus dereitos e liberdades.

Coa redacción desta nova Constitución iniciouse a chamada política de consenso, que
consistiu en buscar un amplo acordo entre os partidos políticos parlamentarios e as

201
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

organizacións sindicais e patronais, nas cuestións clave para a construción da nova


democracia e para abordar os problemas económicos e sociais máis urxentes.

A consolidación da democracia: da crise da UCD aos gobernos do


PSOE

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado


deberá demostrar que coñece as dificultades básicas polas que pasou UCD e que levaron
ao seu líder, Adolfo Suárez, a presentar a dimisión. Igualmente analizará o intento de golpe
de Estado que tivo lugar no contexto do proceso de substitución do presidente de goberno
(obxectivo, principais líderes, actuación da monarquía e consecuencias).

A UCD, formación política creada por Adolfo Suárez, logrou gañar dúas convocatorias
electorais, a de 1977 e a de 1979, pero en ambas non obtivo a maioría absoluta. Como líder
da coalición de partidos que formaban UCD, desenvolveu un programa de goberno
centrado na democratización da vida política española, iniciándose folga/ a posta en marcha
dos principios constitucionais

Esta formación era unha partido moi heteroxéneo, resultado da confluencia de


individualidades políticas (coalición de 15 partidos) procedentes do antigo franquismo,
democristiáns, liberais e incluso da socialdemocracia e contaba con con personalidades
relevantes da vida política e social da época, como Rodolfo Martín Villa, Fernando Álvarez
de Miranda, Pío Cabanillas, Joaquín Garrigues Walker ou Francisco Fernández Ordóñez.

A transición coincidiu coa crise económica internacional do 73. Para abordar a crise
buscouse un amplo consenso político e social (partidos, sindicatos, organizacións
empresariais) que se concretou nos Pactos da Moncloa, en outubro de 1977. Estes
contiñan unha serie de acordos para a reforma e o saneamento da economía e un
programa de modificacións xurídicas e políticas.

Porén, as maiores dificultades da UCD estaban na súa orixe, unha coalición de partidos
que non foi capaz de superar as diferencias internas entre as distintas correntes ideolóxicas
nin os personalismos, e dentro do partido Suárez empezou a ser contestado como líder.

Porén, en xaneiro de 1981 Suárez presenta a súa dimisión.

Sen presidente do goberno era necesaria unha nova investidura, por iso o 23 de febreiro
de 1981 estábase realizando a votación de investidura de Calvo Sotelo no Congreso dos
Deputados. Nese momento, un grupo de gardas civís (400), baixo o mando do tenente
coronel Antonio Tejero, irrompeu pola forza e retivo aos deputados á espera de que un
mando de maior rango pase a encabezar o golpe de Estado, e parecía involucrar o nome do
rei como máximo responsable da conspiración. Paralelamente, o xeneral Milans del Bosch
sublevábase en Valencia e, tras sacar os tanques á rúa, declara o estado de excepción. Os
obxectivos deste golpe eran paralizar o proceso democrático e outorgarlle ao exército un
papel importante no futuro goberno, pero non logrou que o resto dos xefes do exército das
restantes rexións militares secundasen o golpe. A actuación do rei foi a clave na resolución
do conflito: contactou cos mandos militares para asegurarse da súa fidelidade, non recibiu
ao xeneral Armada, que parecía que falaba no nome do rei e defendía a participación no
golpe, convocou á Xunta de Xefes de Estado Maior e gravou unha mensaxe que emitiu a
televisión na madrugada do día 24, na que condenaba o golpe. A inmensa maioría das
forzas políticas e sociais, medios de comunicación e institucións apoiaron a legalidade
202
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

constitucional. O golpe militar fracasou e os implicados foron detidos, procesados e


condenados.

A consolidación da democracia: os gobernos do PSOE


Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado
explicará a política levada a cabo polos gobernos socialistas tras as chamadas “eleccións
do cambio”, facendo referencia a unha serie de puntos básicos: a política reformista, as
medidas económicas, o establecemento do estado de benestar, o cambio socio-cultural e a
integración de España na política internacional. Finalmente, pode facer unha breve mención
á crise do PSOE e á convocatoria dunhas eleccións anticipadas (1996) que foron gañadas
polo Partido Popular.

A transición á democracia tras a morte de Franco chega á súa fin despois da crise da
UCD, na que a autodestrución do goberno era inminente debido ás reticencias pola
descentralización do Estado e á forte oposición política. En agosto de 1982 Calvo Sotelo
disolve as Cortes e convoca novas eleccións. Estas eleccións fixéronse en outubro de
1982 e o PSOE obtivo a maioría absoluta, a UCD e o PCE afundíronse, e o principal partido
da oposición vai a ser Alianza Popular.

Felipe González foi elixido Presidente do Goberno e mantívose no poder durante 4


lexislaturas seguidas: entre 1982 e 1993 o goberno foi en solitario, e entre 1993-6 contou co
apoio dos nacionalistas cataláns e vascos. O Goberno socialista desenvolveu un programa
de reformas cuxa prioridade foi a loita contra a crise económica, a racionalización das
administracións públicas e o avance cara un estado do benestar.

Tamén compre destacar o aumento considerable dos orzamentos dedicados ao gasto


social que contribuíron á consolidación do estado de benestar con medidas como a
extensión de prestacións sociais, en especial a asistencia sanitaria para todos os cidadáns,
o establecemento das pensións non-contributivas, ou a revalorización das pensións
segundo o IPC; a universalización e democratización da educación, como a promulgación
da LRU (1983) para dar maior autonomía á Universidade, da LOE (1985) que instaura a
gratuidade do ensino primario e secundario, e a LOXSE (1990) que establece a
obrigatoriedade de escolarización ata os 16 anos; e as reformas de códigos legais para
adaptalos aos mandatos da Constitución destacando o establecemento de Habeas Corpus,
a despenalización do aborto en tres supostos e a aprobación dun novo Código Penal
(1995), que tipificaba novos tipos de delitos (branqueo, agresións contra o medio ambiente).

Un dos obxectivos do Goberno era a consolidación da presenza de España nos


organismos internacionais centrándose na súa relación con Europa, en extremar unha
boa veciñanza con Portugal e Marrocos, en fortalecer os lazos con Latinoamérica e manter
moi boas relacións con EEUU, así como en reclamar a devolución de Xibraltar.

Nesta liña podemos destacar a entrada de España na Comunidade Económica


Europea, en 1986.

Ademais, España mantívose dentro da Organización do Tratado do Atlántico Norte


(OTAN).
Nos anos 90, comeza a apreciarse un desgaste do Goberno. As disensións internas e
moitos casos de corrupción que afectaban a cargos públicos nomeados polo PSOE, e a
existencia de terrorismo de estado contra ETA, protagonizado polos GAL (Grupos

203
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Antiterroristas de Liberación) que foron creados e dirixidos por altos cargos do Ministerio do
Interior, que usaron os fondos reservados para accións ilegais.

Ante esta situación a oposición intensificou as críticas e os nacionalistas cataláns


retiraron o seu apoio polo que Felipe González adiantou as eleccións a marzo de 1996.
Estas foron gañadas polo Partido Popular de José María Aznar e, o PSOE non volve a
gobernar ata 2004, baixo o liderado de Rodríguez Zapatero.

ABAU 2022 Xuño.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a transición. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á política reformista impulsada por Adolfo
Suárez, ao novo panorama político xurdido desta, aos resultados das primeiras eleccións
democráticas e ás características do texto constitucional. (5 puntos)
Documento 1. Preámbulo da Lei Básica para a Reforma política (1976):

A Democracia non pode ser improvisada; ha de ser resultado do esforzo e traballo de todo o pobo español. […] A
Democracia esixe como primeiro suposto o imperio e supremacía da lei […]. Os órganos de representación, o sistema
electoral e a reforma das leis, son os tres aspectos que unha Lei de reforma política debe abordar, coa maior sinxeleza e
claridade posible. Só así quedará esclarecida a vontade de establecer unha Democracia que no respecto á Lei, outorga ao
pobo a decisión última.

Documento 2. Composición do Congreso dos Diputados tras as eleccións de 1977:

PARTIDOS ESCANOS
Unión de Centro Democrático 165
Partido Socialista Obrero Español 118
Partido Comunista de España 20
Alianza Popular 16
Partido Democrático de Cataluña 11
Partido Nacionalista Vasco 8
Outros 12

Documento 3. Constitución de 1978:


Art. 1.1. España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu
ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. 1.2. A soberanía nacional reside no pobo
español, do que emanan os poderes do Estado. 1.3. A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria. Art.
2. A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de todos os
españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre
todas elas.

Moi Resposta en branco


deficiente A resposta é unha paráfrase dos documentos
(entre 0 e 1,4) A resposta contén xeneralidades sobre a
época
Deficiente Contidos: a resposta achega os contidos básicos do tema ou do
(entre 1,5 e 2) proceso histórico considerado
Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
comoa resposta a unha pregunta teórica
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras

204
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

inventadas,frases incoherentes ou mal articuladas

Insuficiente Contidos: a resposta desenvolve os aspectos teóricos do tema


(entre 2,1 e Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos, exponse
2,4) comoa resposta a unha pregunta teórica
Redacción: básica e expresión demasiado simple.
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica do
(entre 2,5 e tema proposto
-Incídese no principio de respecto á lei vixente recollido no texto e/ou no
espírito de consenso (doc.1)
-Afóndase nos resultados das eleccións: a gran diferenza existente entre os
dous primeiros partidos e os demais, a escasa representación do PCE e de
Alianza Popular, a presenza de partidos nacionalistas vascos e cataláns
(doc.2)
-Relaciónanse máis de dous artigos concretos do documento cos principios
esenciais da Constitución (doc.3).
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico.
O texto está ben articulado e argumentado.
3,4) -Referenciar a morte de Franco e a investidura de Xoán Carlos I como rei de
España.
-Comentar o continuísmo do goberno de Arias Navarro e a política
reformadora de Adolfo Suárez.
-Sinalar os principais obxectivos da Lei para a Reforma Política.
-Facer referencia aos resultados obtidos nas eleccións de xuño de 1977.
-Enumerar os principios fundamentais da constitución de 1978 (soberanía
popular, monarquía parlamentaria, estado de Dereito., división de
poderes...)Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correct

205
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario


(entre 3,5 e dalgunha destas cuestións)
4,4) -Faise referencia ao incremento da oposición durante o goberno de Arias
Navarro (política, estudantil, proletaria, terrorista...) e á división dentro das
forzas franquistas entre reformistas e inmobilistas.
-Afóndase nas características da Lei para a Reforma Política e/ou
coméntaseo proceso político que leva á súa aprobación.
-Menciónase o proceso de legalización dos diversos partidos políticos de
cara á celebración das primeiras eleccións democráticas.
-Explícanse algúns dos principios esenciais da constitución de 1978/ cítanse
outros (Estado aconfesional, descentralización, ambigüidade na redacción
decertos artigos, dificultade para reformala...)
-Coméntase o carácter pacífico e consensuado do proceso político coñecido
como Transición.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, na composición
úsanse os documentos para algunha das seguintes cuestións)
-Identifícase no texto o obxectivo principal da Lei para a Reforma Política
(establecer unha democracia/reinstaurar a soberanía popular) (doc.1)
-Sinálanse os principais resultados das primeiras eleccións democráticas:
claro triunfo do partido de Adolfo Suárez e segundo lugar do PSOE (doc. 2)
-Relaciónanse polo menos dous artigos concretos do documento cos
principios esenciais da Constitución (doc.3)
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente Contidos (ademais do esixido para o notable no comentario recóllese unha
(entre 4,5 e 5) ou varias das seguintes cuestións)
-Faise referencia ao coñecido como “espírito do 12 de febreiro” e ao seu
fracaso.
-Cítanse algunhas das principais medidas levadas a cabo polo primeiro
goberno de Suárez (p.ex.: aprobación dunha amnistía, disolución do
Movemento Nacional e do TOP, regulamentación do dereito á folga...)
-Menciónanse as diferentes posturas mantidas pola oposición, o goberno e
asforzas franquistas no referendo sobre a Lei para a Reforma Política.
-Explícase o proceso de redacción e aprobación da constitución de 1978
(comisión de asuntos constitucionais, votación nas Cortes e referendo).
-Refírense as dúas vías de acceso para conseguir a autonomía establecidas
na constitución.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, na redacción da
composición o contido dos documentos emprégase nalgúns destes
sentidos):
-Incídese no principio de respecto á lei vixente recollido no texto e/ou no
espírito de consenso (doc.1)
-Afóndase nos resultados das eleccións: a gran diferenza existente entre os
dous primeiros partidos e os demais, a escasa representación do PCE e de
Alianza Popular, a presenza de partidos nacionalistas vascos e cataláns
(doc.2)
-Relaciónanse máis de dous artigos concretos do documento cos principios
esenciais da Constitución (doc.3).
206
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O


texto está ben articulado e argumentado.

Composicións selectividade anteriores:


A partir dos seguintes documentos debes elaborar unha composición sobre o final do franquismo e o inicio da
transición democrática. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: A incerteza política, a conflitividade social e
a crise económica que marcan o período; as posturas políticas enfrontadas, dende o inmobilismo ata a proposta
rupturista; a apertura dunha vía reformista cara á democracia. Lembra que non se trata de responder a preguntas
illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os
coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1. Extracto do comunicado no que ETA reivindica o atentado contra Carrero Blanco en 1973:

“A operación que ETA realizou contra o aparato de poder da oligarquía española na persoa de Luis Carrero Blanco,
debe interpretarse como xusta resposta revolucionaria da clase traballadora e de todo o noso pobo vasco (…). Luis Carrero
Blanco, un home duro, violento nas súas posicións represivas, constituía a peza clave garante da continuidade e
estabilidade do sistema franquista (…)”.

Doc.3. Viñ
revista P
Doc.2. Evolución do número de folgas en España entre 1971 e 1975:

207
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.4. Discurso de J. A. Girón de Velasco ao ser nomeado presidente da Confederación Nacional de


Excombatientes (novembro de 1974):

“Incúmbenos a mesma responsabilidade que, por razóns de honor, nos botou ao monte en 1936 (…). O compromiso
desta hora reside, por tanto, en evitar que sobre aquel holocausto e aquel sacrificio se corra hoxe un estúpido velo

(…). Aquí pasaron moitas cousas e han pasar moitas máis (…). Impúlsanos o deber de pechar o paso aos que queren
arrebatarnos a vitoria”.

Doc.5. Propostas da Junta Democrática, feitas públicas en París en xullo de 1974:

“1. A formación dun Goberno provisional que substitúa ao actual para devolver ao home e á muller españois (…) o
recoñecemento legal de todas as liberdades, dereitos e deberes democráticos.
- A amnistía absoluta de todas as responsabilidades por feitos de natureza política ou sindical.

- A legalización dos partidos políticos, sen exclusións (…).


11. A celebración dunha consulta popular (…) para elixir a forma definitiva do Estado”.

Doc.6.Artigo de Arnaud de Borchgrave publicado na revista Newsweek en abril de 1976:

“Coido que chegou a hora da reforma, pero o presidente do Goberno, Carlos Arias Navarro, un residuo dos días de
Franco, demostrou máis inmobilismo ca mobilidade. O rei opina que Arias é un desastre sen paliativos, xa que se converteu
no abandeirado dese grupo de leais a Franco coñecido coma „o búnker‟ (…)”.

Doc.7. Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes en novembro de 1976:
“Art 1º.1. A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo.

Os dereitos fundamentais da persoa son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado (…).
Art.2º. 1. As Cortes compóñense do Congreso de Deputados e do Senado.

2. Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade”.

Composicións propostas:
ORIENTACIÓNS: A partir dos seguintes documentos debes elaborar unha composición sobre o
final do franquismo e o inicio da transición democrática. Na redacción debes abordar as seguintes
cuestións: A incerteza política, a conflitividade social e a crise económica que marcan o período; as
posturas políticas enfrontadas, dende o inmobilismo ata a proposta rupturista; a apertura dunha vía
reformista cara á democracia.

Doc.1. Extracto do comunicado no que ETA reivindica o atentado contra Carrero Blanco en
1973:
“A operación que ETA realizou contra o aparato de poder da oligarquía española na persoa de Luis
Carrero Blanco, debe interpretarse como xusta resposta revolucionaria da clase traballadora e de todo o
noso pobo vasco (…). Luis Carrero Blanco, un home duro, violento nas súas posicións represivas,
constituía a peza clave garante da continuidade e estabilidade do sistema franquista (…)”.

Doc.2. Propostas da Junta Democrática, feitas públicas en París en xullo de 1974:


“1. A formación dun Goberno provisional que substitúa ao actual para devolver ao home e á muller
españois (…) o recoñecemento legal de todas as liberdades, dereitos e deberes democráticos.
2. A amnistía absoluta de todas as responsabilidades por feitos de natureza política ou sindical. 3. A
legalización dos partidos políticos, sen exclusións (…). 11. A celebración dunha consulta popular (…)
para elixir a forma definitiva do Estado”.

P á g i n a 208 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.3. Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes en novembro de 1976:
“Art. 1º.1. A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade
soberana do pobo. Os dereitos fundamentais da persoa son inviolables e vinculan a todos os órganos do
Estado (…). Art.2º. 1. As Cortes compóñense do Congreso de Deputados e do Senado. 2. Os
deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de
idade”.

Outras composicións selectividade:


Os documentos que seguen teñen como asunto central a oposición ó réxime franquista. O ámbito cronolóxico vai
desde os anos de posguerra (Doc.1) ata os derradeiros tempos da dictadura (Doc.4), presentando as diversas actividades
levadas a cabo por sectores tamén diferentes da oposición: guerrilla (Doc.1), movemento universitario (Doc.2),
movemento obreiro (Doc.3) e forzas políticas que se articulan cara o remate da dictadura (Doc.4). Na túa redacción debes
tratar a variedade e evolución da oposición ó franquismo, tendo en conta as fontes documentais suministradas.

Doc.1.-O guerrilleiro Francisco Rey lembra o movemento dos anos 40:

“Alí onde había homes perseguidos que se viron na necesidade de fuxir, fixérono antes de caer de novo na cadea
ou ante un pelotón de execución. Marcharon así ó monte homes de tódalas tendencias, socialistas, anarquistas, algúns
católicos e, sobre todo, numerosos militantes comunistas (...).

- principio as nosas accións tiñan un carácter case exclusivamente de fuxidos que se moven organizadamente
buscando puntos de apoio, falando coas xentes da necesidade de crear o movemento guerrilleiro. Eramos os fuxidos, os
escapados, como nos chamaba o pobo. E nesa época, no momento máis agudo da represión franquista, tivemos sempre o
apoio abnegado, silencioso e incondicional do pobo. Aqueles homes que nas aldeas nos axudaban sabían perfectamente ó
que se expoñían e, sen embargo, non vacilaban en acollernos”.

Doc.2.-Noticia recollida en Mundo Obrero dunha manifestación universitaria en Madrid (1956):

“Estes potentes berros, lanzados por centos de valentes peitos xuvenís, atronaban as rúas céntricas da capital. Unha
proba patente da debilidade do goberno é que non se atreveu a utilizar a policía armada para reprimir a manifestación.
A forza pública recibira instruccións de retirarse (...).

Ó pasar a manifestación diante do Ministerio de Gobernación, recrudecéronse os berros dos estudiantes contra
a Falanxe e contra o réxime. O público acollía a manifestación cun grande alborozo, con signos emocionantes de
simpatía. Os estudiantes antifranquistas foron donos ese día das rúas céntricas da capital durante preto dunha hora. O
tráfico foi paralizado por completo na rúa de Alcalá”.

Doc.3.-O líder sindical Marcelino Camacho lembra as orixes das Comisións Obreiras (CC.OO.):

“A cabalo entre 1956 e 1957 xurdiu e desapareceu, nun prazo breve, unha comisión na mina asturiana La
Camocha, para defender unha asignación de carbón ós mineiros (...). Outras funcionaron en diversos lugares como
Euskadi, Cataluña, Valencia, Andalucía, etc., sempre de forma fugaz e variada composición (...).

En Madrid iniciouse unha nova fase de Comisións Obreiras que se caracterizou polo carácter permanente desas
comisións elixidas en asembleas (...). Decidíramos servirnos da Escola Sindical de Enlaces (...) como un medio para nos
coñecer e estender os nosos contactos sobre todo coas grandes empresas do metal”.

Doc.4.-En 1974, o Partido Comunista de España inspirou a formación da Xunta Democrática, na que se
agrupaban diversas forzas de oposición que aprobaron o seguinte programa:

“1.-A formación dun goberno provisional que substitúa ó actual (...).

3.-A legalización dos partidos políticos sen exclusións.

4.-A liberdade sindical e a restitución ó movemento obreiro do patrimonio do Sindicato Vertical.

5.-Os dereitos de folga, de reunión e de manifestación pacífica.

P á g i n a 209 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

6.-A liberdade de prensa (...).

8.-A neutralidade e a profesionalidade, exclusivamente militar para a defensa exterior, das forzas armadas.

9.-O recoñecemento, baixo a unidade do Estado español, da personalidade política dos pobos catalán, vasco e
galego e das comunidades e rexións que o decidan democraticamente.
10.-A separación da Igrexa e do Estado (...)”.

Xullo 2021

Composicións Transición selectividades anteriores:

A partir dos documentos que seguen debes compoñer un texto sobre a transición política á democracia. Logo da morte de Franco, os
cambios inícianse definitivamente coa designación de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno (Doc.1). A Lei para a Reforma
Política (Doc.2) confirma a opción reformista adoptada pola transición e permite á UCD líderada por Suárez levar a cabo un programa
de goberno (Doc.3) que, contando no esencial co consenso das demais forzas políticas, culminaría coa promulgación da Constitución en
1978 (Doc.4). Fracasado o intento de golpe de Estado de febreiro de 1981 (Doc.5), a vitoria socialista nas eleccións de 1982 (Doc.6)
abriría unha nova etapa política.

Doc.1.-Logo de ser designado Presidente do Goberno polo Rei, Adolfo Suárez diríxese ó país (6 de xullo de 1976):

“A meta última é moi concreta: que os gobernos do futuro sexan o resultado da libre vontade da maioría dos españois, e
para elo solicito a colaboración de tódalas forzas sociais (...).

A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna para España, unha democracia na que a liberdade, a
xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan o froito do esforzo de todos e o resultado do que todos se beneficien”.

Doc.2.-Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes o 18 de novembro de 1976:


Art. 1°.1.A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo.
2.A potestade de elaborar e aprobar as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art. 2°. 1 .As Cortes compóñense do Congreso dos Deputados e do Senado.
- Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade.

- Os senadores serán elixidos en representación das entidades territoriais. O Rei poderá designar para cada
lexislatura senadores en número non superior á quinta parte dos elixidos”.

Doc.3.-Na campaña para as eleccións de xuño de 1977, o candidato de UCD, Adolfo Suárez, pronuncia o seguinte
discurso:
“Prometemos volverlle a soberanía ó pobo español, e pasado maña exércea.

Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz, construír a democracia desde a legalidade, e
cremos que, coas lóxicas deficiencias, o conseguimos.

Prometemos que tódalas familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e o mércores poden acadalo (...).

Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración con tódolos grupos representativos nas
Cortes, calquera que sexa o seu número de escanos (...). Podo prometer, e prometo (...), adicar tódolos esforzos a acadar un
entendemento social que permita fixar as novas liñas básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos (...).
Podo prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as súas propias características”.

Doc 4.-Constitución de 1978:

“Art. 1.1.-España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu
ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.

1.2.-A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
1.3.-A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Art.2..-A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible
de tódolos españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran

P á g i n a 210 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

e a solidariedade entre todas elas.


Art.3.1.-O castelán é a lingua española oficial do Estado (...).

3.2.-As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos
seus Estatutos (...).
Art.6.-Os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da
vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política”.

Doc 4.-O coronel Tejero asalta o Congreso

Doc.5.-Mensaxe de Juan Carlos I, emitido por radio e televisión na madrugada do día 24 de febreiro de 1981:
“Ante a situación creada polos sucesos desenvolvidos no Palacio do Congreso, e para evitar calquera posible confusión,
confirmo que ordenei ás autoridades civís e á Xunta de Xefes de Estado Maior que tomen as medidas necesarias para
manter a orde constitucional dentro da legalidade vixente (…).

A Coroa, símbolo da permanencia e unidade da patria, non pode tolerar de xeito ningún accións ou actitudes de persoas
que pretendan interromper pola forza o proceso democrático (…)”.

Doc 6.- Resultados das eleccións xerais de 1982:

dos Deputados o 23 de febreiro de 1981:

Xullo 2021

COMPOSICIÓNS LOMCE:

ABAU 2021
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a consolidación da democracia. Tendo en conta os
documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas do golpe de estado do 23-F, os factores que
favoreceron a chegada dos socialistas ao goberno e os efectos do Tratado de Adhesión á Comunidade Económica
Europea. (5 puntos)
Doc. 1. Bando de Milans do Bosch, declarando o estado de excepción na III Rexión militar, 23 febreiro de
1981:
“Ante os acontecementos que se están desenvolvendo nestes momentos na Capital de España e
conseguinte baleiro de poder, é o meu deber garantir a orde na Rexión do meu mando en tanto se
reciban as correspondentes instrucións que dite S.M. o Rei. En consecuencia DISPOÑO

P á g i n a 211 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Artigo 1º. Todo o persoal afecto aos Servizos Públicos de interese civil queda militarizado
Artigo 2º. Prohíbese o contacto coas Unidades Armadas por parte da poboación civil. As ditas
unidades repelerán
sen intimidación nin aviso previo todas as agresións que poidan sufrir, coa máxima enerxía”.
Doc. 2. Principais resultados das eleccións de 1982:

Partidos Votos % votos escanos


Partido Socialista Obreiro 9.836.57 46,07 202
Español 9
Alianza Popular 5.412.40 25,35 106
1
Unión de Centro Democrático 1.549.44 7,26 12
7
Convergència i Unió 794.554 3,73 12
Partido Comunista de España 824.978 3,87 4

Doc. 3. Acta das condicións de adhesión do reino de España á CEE, BOE 1 de xaneiro de 1986:
“Artigo 2. Desde o momento da adhesión, as disposicións dos Tratados orixinarios e os actos
adoptados polas
institucións das Comunidades antes da adhesión obrigarán aos novos estados membros.
Articulo 3. Os novos Estados membros adhírense, por medio da presente Acta, ás decisións e acordos
adoptados polos representantes dos Gobernos dos Estados membros reunidos no seo do Consello.
Artigo 4. Os acordos ou convenios subscritos por unha das Comunidades cun ou varios terceiros
Estados, unha
organización internacional ou un nacional dun terceiro Estado serán vinculantes para os novos Estados
membros”.

Moi deficiente Resposta en branco (0)


(0-1) A resposta é unha paráfrase dos documentos (1)

Contidos:
Xeneralidades sobre a época (1,5)
Deficiente(1,5- Uso dos documentos: a resposta prescinde dos documentos e estáelaborada como resposta a
2) unha pregunta teórica (2)
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,frases incoherentes ou
mal articuladas.
Contidos:
-Contextualizar o intento de golpe de estado no proceso de reformas políticas desenvolvidas
Aprobado(2,5- polo goberno de Adolfo Suárez de cara a establecer a democracia en España.
3) -Referir os factores que favoreceron a chegada dos socialistas ao goberno aludindo ás eleccións
de 1982 como as “eleccións do cambio”.
-Comentar as principais medidas levadas a cabo polos gobernos socialistas salientando o
establecemento do estado de benestar e a integración de España nas institucións
internacionais.
Uso dos documentos: os documentos cítanse na redacción
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.

P á g i n a 212 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Notable Contidos (ademais do esixido para o aprobado, afondar no comentario nalgunha das seguintes
(3,5-4) cuestións):
-Sinalar as principais causas do intento de golpe de estado econtextualizalo no proceso político
de substitución do presidente do goberno (Adolfo Suárez por Calvo Sotelo).
-Citar os principais conspiradores e a estratexia seguida no golpe de estado.
-Facer referencia ao papel desenvolvido polo xefe de Estado ao respecto e as súas
consecuencias.
-Comentar o cambio político resultante das eleccións de 1982 coa vitoria do PSOE que puxeron
fin ao proceso de Transición.
-Relacionar a política do PSOE coa socialdemocracia europea.
-Referir algunhas das medidas máis salientables a nivel económico, político e social dos
gobernos de Felipe González.
Uso dos documentos (ademais do esixido para o aprobado, a resposta
-Comenta a mobilización dos mandos do exército sublevado de xeito simultáneo en distintas
zonas do estado (doc.1).
-Analiza os resultados máis significativos das eleccións de 1982: maioría absoluta do PSOE e
caída da UCD (doc.2)
-Sinala a prioridade do goberno socialista por integrar España nas institucións económicas
internacionais (doc.3).
Redacción: correcta e texto coherente
Sobresaliente(4,5- Contidos (ademais do esixido para o notable, no comentario recóllenseunha ou varias das
5) seguintes cuestións).
-A oposición de parte da cúpula do exército á política dirixida polo ministro de Defensa Agustín
Rodríguez Sahagún (que non era militar).
-O sometemento definitivo do poder militar ao civil logo da actuación do rei durante o golpe de
estado.
- Indicar que a falta de solucións axeitadas xunto coa campaña de acoso ao Goberno levada a
cabo pola oposición socialista desembocou nunha nova convocatoria de eleccións.
-A polémica entrada de España na OTAN no goberno de Calvo Sotelo e o cambio de postura do
PSOE respecto da mesma.
-O proceso de integración na CEE: Tratado de Adhesión asinado en 1985, entrada en vigor en
xaneiro de 1986 e período de adaptación ata 1992.
-Os principais problemas aos que tivo que facer fronte Felipe González (por exemplo:
terrorismo de ETA, corrupción e escándalos internos, folgas xerais e contestación social,
reorganización da dereita...)
Uso dos documentos (ademais do esixido para o notable, analízase en profundidade algún dos
documentos):
-Faise referencia ao suposto “baleiro de poder” argumentado polos militares conspiradores no
doc.1 para xustificaren a súa acción/Sinálase que o rei era a única autoridade que recoñecían
moitos xefes militares.
-Afóndase nos resultados das eleccións de 1982 recollidos no doc.2. prestando especial
atención ao derrubamento do voto de UCD, ao “salto” cara ao segundo posto de Alianza
Popular cos “desertores” de UCD, o mantemento dos partidos nacionalistas e a continuada
decadencia do PCE.
-Coméntanse o compromiso adquirido por España de axustarse ás decisións e acordos do
Consello das Comunidades Europeas recollido no doc.3.
Redacción: correcta e precisa, facendo uso do vocabulario específico. O texto está ben
articulado e argumentado

P á g i n a 213 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

22. A situación da muller no século XX.(II República, franquismo,


gobernos da democracia).

1. Pioneiras na reivindicación feminina. SXX

A maioría quedarían á sombra, invisibles, silenciadas, reducidas na súa vida e no seu


traballo a anxos do fogar, mulleres de, solteironas, cumprindo as funcións e roles
considerados, pola sociedade conservadora, específicos do feminino. Pero unha minoría
tentou vivir a súa vida doutro xeito, derrubando as barreiras de xénero existentes. Cun 72%
de analfabetismo feminino, fronte ao 55 % masculino, sectores limitados de mulleres das
clases medias e altas buscaron incrementar a súa cultura e exercer unha profesión
remunerada.

A primeira muller que realizou oficialmente estudos universitarios en España foi, en


1872, Maria Helena Masseras, que fixo a carreira de Medicina na Universidade de
Barcelona. Non poderán matricularse libremente na universidade, sen previa consulta coas
autoridades, ata 1910.

Paralelamente foron creándose diferentes institucións dedicadas a ofrecer ás mulleres


españolas de clase media a oportunidade de ter acceso a unha formación académica e
laboral. A Institución Teresiana en 1911 desde unha visión católica e conservadora. A
Residencia de Señoritas en Madrid, 1915, foi unha iniciativa liberal-laica, inspirada na
Institución Libre de ensinanza e foi dirixida por María de Maeztu.

A progresiva modernización cultural daría orixe á fundación do Lyceum Club feminino, en


1926, formado pola pedagoga María de Maeztu, a avogada Victoria Kent, e a feminista
María Martos.

As mulleres da xeración do 27, que tamén se coñecen como As sens ombreiro polo xesto
rebelde de non levar sombreiro en público, foi iniciado en Madrid pola artista galega Maruja
Mallo na década de 1920.

En 1918 máis de 200 mulleres formaron a Sección feminina da Irmandade da Fala


coruñesa, na que destacou Micaela Chao Maciñeira.

2. As mulleres da Segunda República

A proclamación da Segunda República significou para as mulleres a apertura dun novo


período histórico, reformador e progresista.

Os logros das mulleres.


Tanto a Constitución de 1931 como a Lexislación republicana aprobada no bienio
reformista recoñeceron numerosos dereitos para as mulleres que significaron un gran
avance. Especial relevancia tivo o recoñecemento do dereito de Voto, pois foi a primeira vez
que o puideron exercer de pleno dereito. No ámbito social fomentaron a equiparación de
dereitos de ambos sexos coa lei do divorcio e a lei do matrimonio civil, a escolarización e o
ensino obrigatorio gratuíto, laico e coeducativo, o recoñecemento dos mesmos dereitos para
fillos lexítimos e ilexítimos, etc.

No ámbito laboral conseguiron o seguro de maternidade e a baixa maternal pagada, e a


posibilidade de acceso e admisión nos colexios profesionais.

P á g i n a 214 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A militancia feminista: moitas mulleres incorporáronse á vida política e social de España, e


militaron nos diferentes partidos e sindicatos existentes. Destacaron dentro do feminismo
burgués a Unión republicana Feminina creada en 1931 por Clara Campoamor en defensa do
sufraxio feminino. En Galicia destacou a Agrupación Republicana feminina da Coruña de
Elvira Bao e Amparo López Jean. No feminismo proletario destacou a asociación
anarcosindicalista Mulleres Libres fundada por Amparo Poch en 1936 e a telefonista e poeta
Lucía Sánchez. A Mobilización feminina conservadora: en defensa da patria, a familia o
catolicismo e a Igrexa, onde crearon seccións femininas nos partidos conservadores e
fascistas, sempre sen alterar o modelo de sociedade tradicional.

O esplendor da creación cultural, artística e intelectual das mulleres: escritoras e


intelectuais como Rosa Chacel, Carmen Conde, Zenobia Camprubí, María Zambrano foron
expoñentes da modernidade e da vangarda. Artistas como Julia Minguillón, Maruja Mallo, e
tantas outras que van saíndo á luz.

2. A guerra civil:

A guerra civil mantivo a mobilización feminina. Os dous bandos recorreron ás mulleres no


seu esforzo bélico.

Na zona republicana houbo dúas opcións, ir ás frontes de guerra como milicianas, ou


traballar na retagarda (fabricación de material bélico e na industria, etc.). As milicianas,
sobre todo anarquistas e comunistas foron espontaneamente ás frotes e tomaron as armas.
Foron obrigadas a retirarse das frontes de guerra co Goberno de Largo Caballero, proceso
que culminaría en 1937.

Na muller no bando franquista: as mulleres encadradas na Sección Feminina da Falanxe,


nas Margaridas dos requetés (agrupacións femininas carlistas) e na acción Católica
desenvolveron un enorme papel colaborador co exército e as novas autoridades
franquistas. A nova lexislación franquista recolleu o sacrifico feminino por Deus e a Patria e
a glorificación da maternidade e do fogar como destinos naturais das mulleres.

4. A muller no Franquismo.

A familia foi considerada como a base fundamental da sociedade na que o papel da muller
era o de nai e esposa. Na divulgación destes valores tivo un papel fundamental a Sección
Feminina de FET, (Vocabulario) creada en 1934 por Falanxe e presidida, ata a súa disolución
en 1977, por Pilar Primo de Rivera, filla do ditador e irmá de José Antonio, o fundador da
Falanxe.

Potenciou un modelo feminino caracterizado pola perda de todos os dereitos e


consolidación dun sistema de valores machista: fogar, e inferioridade xurídica e legal.
Anulouse o divorcio e o uso de anticonceptivos e o aborto. Prohibiuse a coeducación e o
nivel educativo das nenas foi inferior. En 1937 creouse o Auxilio Social, no que se incluía a
formación teórica e a prestación obrigatoria de traballos sociais para todas as mulleres
durante seis meses.

O franquismo acabou con todos os avances que conseguiran as mulleres no dereito


privado na Segunda República, abolición do matrimonio civil, do divorcio, penalización do
aborto e do adulterio. A licencia marital obrigaba á casada a ter que contar con autorización
do marido para abrir unha conta corrente, solicitar un pasaporte, asinar un contrato. Así

P á g i n a 215 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

quedaba expresamente recollido no art. 57 do código Civil: O marido debe protexer a muller
e esta obedecer o marido.

5. A loita pola emancipación da muller e o movemento feminista. 1975

A partir de 1975 a loita polo recoñecemento dos dereitos das mulleres e contra a
discriminación por razón de sexo e de xénero, así como o combate contra os estereotipos
sexistas en España, incrementouse e manifestouse nun amplo programa reivindicativo.

Que é ser muller?

Dous foron os seus trazos fundamentais, por unha banda a fragmentación organizativa
e, por outro, o disenso e a variedade de enfoques ideolóxicos.

Fragmentación organizativa: por un lado unhas eran partidarias da dobre militancia nos
partidos políticos de esquerdas e nos sindicatos, compaxinando os dous ámbitos. Por outro
estaban as que defendían unha única e exclusiva militancia feminista para o que
propugnaban unha liña política independente, postura de Lidia Falcón creadora do Partido
Feministas de España en 1979.

No plano ideolóxíco o feminismo da igualdade enfrontouse co feminismo da diferencia.


O feminismo da igualdade defende a necesidade de negociar cambios lexislativos e
normativos para lograr e conseguir a igualdade de homes e mulleres. Destacan as filósofas
Celia Amorós e Amelia Valcárcel e a política Empar Pineda.

En cambio o feminismo da diferenza defende a necesidade de afirmar a realidade


específica das mulleres. Fronte ao liberalismo, o marxismo e outras ideoloxías que
consideran masculinas, propoñen construír unha feminidade revolucionaria, marcando a súa
diferenza sexual , sen ter como punto de referencia aos homes. . Entre as súas principais
defensoras están a filósofa Victoria Sendón de Léon e a historiadora Milagros Rivera e a
psiquiatra Genoveva Rojo.

6. 1975. O feminismo sae á luz.

1975 foi proclamado pola ONU como o Ano Internacional da Muller. Neses anos o
movemento feminista en España non era moi grande, cunhas decenas de asociacións,
moitas vinculadas con organizacións políticas de esquerdas, pero outras independentes,
entre elas a Asociación Universitaria para o estudio dos Problemas da Muller, o Partido
Feminista e en Galicia a asociación galega da Muller. Moitas delas agruparíanse en 1978
na Coordinadora Estatal de Organizacións Feministas, creada para difundir as ideas
feministas e conseguir que as reivindicacións estivesen no primeiro plano político e social.

Buscando a liberdade e a igualdade, loitaron por acabar coa discriminación salarial, a


amnistía para as mulleres pesas, a despenalización do adulterio, o divorcio, o aborto, a
planificación familiar, etc.
Para conseguir os seus obxectivos a partir de 1978 organizaron as primeiras
manifestacións en España, o 8 de marzo polo Día da Muller Traballadora para reclamar
dereitos e denunciar inxustizas.

P á g i n a 216 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

7. A lexislación pola igualdade.

As mobilizacións nas rúas, e a presión das feministas que militaban nos partidos de
esquerdas. Especialmente no PSOE e no PCE, fixeron que, paulatinamente, se fosen
modificando as leis que as discriminaban.
Aínda que a Constitución de 1978 recoñeceu a igualdade entre homes e mulleres a
política de consenso supuxo un freo ás todoas estas reivindicacións.
Especialmente difíciles de conseguir foron o dereito ao divorcio e ao aborto, amplamente
demandados polo feminismo debido á oposición da Igrexa católica e das forzas da dereita..
No caso do divorcio a lei foi presentada polo ministro Francisco Fernández Ordóñez, da
UCD, durante o goberno de Calvo Sotelo. En xullo de 1985, durante o goberno de Felipe
González aprobaríase a despenalización parcial do aborto.
Balance: A pesar dos atrancos, as dificultades e a lentitude dos cambios, as
organizacións feministas contribuíron a eliminar as desigualdades e a estender os dereitos
políticos e sociais das mulleres, permitindo o acceso destas a unha cidadanía plena e a
construción de novos modelos de xénero.

Ampliación dos ámbitos da participación feminina.

A. Ámbito laboral: pediron a equiparación das condicións laborais e salariais cos homes e
a socialización das tarefas domésticas.
B. No ámbito da educación o feminismo reclamou a coeducación , a escola non sexista, o
funcionamento democrático das institucións educativas. No período socialista as leis de
educación permitiron importantes avances en materia de igualdade. A porcentaxe de
mulleres universitarias aumentou considerablemente.
C. No ámbito cultural cobraron protagonismo e contribuíron aos cambios. Editoriais e
librerías especializadas impulsaron a cultura en feminino. (Rosa Montero, Carmen Martín
Gaite, etc).

A loita pola visibilidade política

A pesar da mobilización política e social durante a Transición e a consolidación


democrática, poucas mulleres alcanzaron cargos de representación política. Ante esta
realidade a estratexia para aumentar a súa visibilidade foi conseguir a fixación dunha
porcentaxe de cota feminina nas listas para os cargos e as candidaturas electorais. En 1982
o Partido dos socialistas de Cataluña foi o primeiro en introducir a cota do 12% . En 1977 o
PSOE aprobou a democracia paritaria, é dicir, que a representación política do partido se
fixase un mínimo do 40 e un máximo do 60% por calquera sexo.

8. As novas leis sociais e os avances de xénero

Desde 2018, froito das transformacións sociais, os cambios ideolóxicos, a existencia de


gobernos de esquerdas e a presión do feminismo e dos grupos LGTBIQ+, aprobáronse en
España importantes leis, que provocaron tensións e enfrontamentos políticos e ideolóxicos.

A cuarta onda do feminismo en España: contra a violencia de xénero e as manifestacións


do 8M

Os anos 2017/8 marcaron un cambio na Historia do feminismo. Se a primeira onda, ata


mediados do XIX, reclamaba os dereitos civís para as mulleres, a segunda, ata a Segunda
Guerra Mundial, loitaba por conseguir o dereito ao voto, a terceira, ata inicios do século XXI,

P á g i n a 217 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

esixía dereitos reprodutivos e sexuais, a cuarta onda caracterízase polo oposición frontal a
calquera tipo de violencia sexista e machista.

Esta cuarta onda ten as súas orixes no movemento norteamericano de outubro de 2017,
#MeToo difundido polas redes sociais para denunciar as agresións e os acosos sexuais.

Es España a loita institucional contra a violencia de xénero iniciouse no 2004 coa


aprobación da Lei de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que estableceu
medidas de sensibilización, protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero,
creándose xulgados especializados.

Todas as forzas políticas asinaron en 2017 o Pacto de estado contra a violencia de


xénero.

En 2018, organización feministas de distintos países convocaron marchas reivindicativas


aproveitando o Día Internacional da Muller ,o 8 de marzo. O seu seguimento e asistencia
foron multitudinarios.. Marcou un inicio dun proceso de constante reivindicación contra a
discriminación e as violencias. Redobraron os esforzos por continuar loitando pola paridade
económica e social e a rotura do teito de cristal.

As novas leis sociais e de xénero.

1.Lei de eutanasia. 2021


2.Lei de garantía integral de liberdade sexual, 2022, máis coñecida como a Lei de “So si é
si.
3.Lei para a igualdade real efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das
persoas LGTBI, 2023
Textos para traballar

1. A Segunda República

“Señores deputados:(...) Eu non sei, nin podo, nin quero, nin debo, explanar que non é posible
sentar o principio de que se han de conceder uns dereitos se han de ser conformes co que nós
desexamos, e prevendo a continxencia de que puidese non ser así, revogalos o día de mañá. Iso
non é democrático. Señores deputados... Eu non creo, non podo crer, que a muller sexa un perigo
para a República, porque eu vin á muller reaccionar fronte á Ditadura e coa República. O que
puidese ser un perigo é que a muller pensase que a Ditadura a quixo atraer e que a República a
rexeita, porque, aínda que o que a Ditadura lle concedeu foi igualdade na nada, como me compracín
eu sempre en dicir, o certo é que, dentro do seu sistema absurdo e ilegal, chamaba á muller a uns
pretendidos dereitos ...” (Clara Campoamor, Diario de sesións das Cortes, 30 de setembro de 1931)

O voto feminino, ao fin


“O voto hoxe na muller é absurdo, porque na inmensa maioría dos pobos o elemento feminino, no
seu maior parte, está en mans dos curas, que dirixen á opinión feminina, introdúcense nos fogares e
imperan en todas partes. A muller española, especialmente a campesiña, non está capacitada para
facer uso do dereito do sufraxio dunha maneira libre e sen consellos de ninguén. Co que hoxe
acordou o Parlamento, a República sufriu un dano enorme e os seus resultados veranse moi pronto”.
(Diario "A Voz", do 1 de outubro de 1931)

P á g i n a 218 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

2. O franquismo
Doc.1 Normas de modestia. Diocese de Málaga, 1943:

“11ª. Repróbase como práctica inmoral (…) que os noivos anden sós por lugares afastados, como
tamén que se permitan actitudes e familiaridades impropias entre os que aínda non están unidos
polo santo sacramento do matrimonio (…).
13ª. Os bailes modernos (…) constitúen, falando obxectivamente, pecado grave de luxuria ou polo
menos de escándalo”.

Doc.2. Consellos da Sección Feminina para ser unha boa esposa (1953):

“Fai que se sinta ás súas anchas. Deixa que se acomode nunha cadeira de brazos ou se recoste
no cuarto. Ten unha bebida quente lista para el (…). Arranxa a súa almofada e ofrece quitarlle os
zapatos. Fala con voz doce e pracenteira”.

Doc.3. Código Civil (1958):

“Artigo 57. O marido ten que protexer a muller e esta tenlle que obedecer ao marido.
Artigo 58. A muller está obrigada a seguir o marido onde este fixe a súa residencia.
Artigo 59. O marido é o administrador único dos bens da sociedade conxugal”.

3. As reivindicacións feministas na Transición.

”Libre acceso da muller ao traballo en condicións de igualdade co home, sen trabas


discriminatorias por concepto de maternidade, estado civil ou sexo.
-A igual traballo igual salario. (...)
Educación igual para o home e a muller en todos os graos e niveis do ensino. Coeducación.
Eliminación das materias que discriminan á muller.
4. Non á utilización da muller como reclamo publicitario nos medios de comunicación de masas.”
(Asociación galega da muller. Programa provisonal.1975.)

23. España en Europa e no mundo. Entrada na Cee, integración na política


internacional, participación en conflitos bélicos e misións humanitarias e
de paz.
Desde que se produciu a transición á democracia nos anos 70 España seguiu unha serie
de liñas fundamentais que guiaron de maneira consistente política exterior

1. España e a Unión Europea

A Unión Europea é o marco natural de desenvolvemento político e económico do noso país.


As aspiracións de España por lograr a súa incorporación ás Comunidades Europeas
cobraron novo impulso coa chegada da democracia e, con tal propósito, España solicitou a
súa adhesión o 26 de xullo de 1977. Esta aspiración española viuse satisfeita o 12 de xuño
de 1985, coa firma do Tratado de Adhesión en Madrid e a súa entrada en vigor o 1 de
xaneiro de 1986.

Así mesmo, España reforzou a súa aposta pola integración subscribindo en xuño de 1991 o
Acordo de Schengen, que supuxo a eliminación progresiva dos controis nas fronteiras entre
Estados membros, dentro do marco do concepto dunha "Europa sen Fronteiras”.

A firma do Tratado de Maastricht (1992) dotou á Unión Europea da súa denominación actual,
do mesmo xeito que do deseño da folla de roteiro cara a unha moeda común: o euro. Ese
mesmo ano, durante o Cume de Edimburgo, os Estados membros instauraron o chamado

P á g i n a 219 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Fondo de Cohesión para proxectos de medio ambiente, infraestruturas de transporte e


enerxía en países cun nivel de renda por baixo do 90% da media da Unión. Como
consecuencia diso, España obtivo, xunto ao resto dos fondos estruturais recibidos, un
inestimable apoio para a revitalización e o desenvolvemento rexional.

Desde a súa adhesión, España participou activamente no desenvolvemento e afondamento


das políticas europeas máis importantes: a Política Agraria Común, a Política Pesqueira
Común, o Mercado Interior, a política enerxética e de transportes, a política industrial e a
política educativa, cultural e social. As Reunións de Alto Nivel: España celebra Cumes
bilaterais cos seus principais socios europeos como mostra dunhas relacións particularmente
estreitas e para avanzar nun diálogo sobre intereses comúns

Partindo das leccións aprendidas da crise económica e financeira de 2008, a UE foi capaz
de dar unha resposta inmediata, conxunta e solidaria para paliar os efectos da crise sanitaria
mundial do COVID, que tivo un impacto asimétrico nas economías da UE.

Para ese efecto, a UE deseña un Plan de Recuperación global, por un importe de máis de
2.000 billóns de euros, integrado polo instrumento de Próxima Xeración (Next Generation
EU) dotado con 806.900 millóns de euros e o resto polo Marco Financeiro Plurianual (MFP)
2021-2027. do que España foi unha gran beneficiaria.

2. Os eixos da política exterior española.

Desde a caída do muro de Berlín no ano 1989 o mundo cambiou notablemente. Un feito
fundamental que modificou as relacións internacionais: a globalización. Este fenómeno
converteu ao planeta nun espazo máis integrado con novos desafíos e oportunidades.

España e Iberoamérica
Iberoamérica foi outro dos campos de actuación por excelencia debido en gran parte aos
fortes vínculos existentes entre España e a rexión.

A Conferencia Iberoamericana de Nacións supuxo a plasmación política desa comunidade


España e o Magreb

Rexión do norte de África: constituída por Mauritania, Marrocos, Alxeria, Tunes e Libia, o
Magreb foi obxecto dunha atención prioritaria por parte da política exterior española.
Factores como a proximidade xeográfica, a vinculación histórica e a densidade dos
intercambios humanos, económicos e culturais favoreceron e impulsaron as relacións cos
nosos veciños do sur.

España e os Estados Unidos : A axenda bilateral viuse claramente reforzada nos últimos
tempos e identificou o eixo transatlántico como a segunda das liñas mestras da nosa política
exterior. A presenza global dos Estados Unidos (EE.UU.) e o seu papel económico central
fan da relación transatlántica una das máis importantes para España

3. España nas organizacións internacionais

3.1 España e as Nacións Unidas

España ingresou na Organización das Nacións unidas o 14 de decembro de 1955.


Desde entón implicouse nos organismos e axencias da ONU.

P á g i n a 220 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

O compromiso co multilateralismo e coas Nacións Unidas é un eixo fundamental da


política exterior de España. A nosa sólida vocación multilateral baséase na convicción de
que os desafíos globais aos que se enfronta a comunidade internacional, como o ma ntemento
da paz e a seguridade, a loita contra a pobreza e o fomento do desenvolvemento sostible, a
promoción, o respecto e a protección dos dereitos humanos, ou a loita contra o cambio
climático, soamente poden ser abordados de maneira eficaz no marco do multilateralismo e
as Nacións Unidas.

3.2 Participación de España en organismos internacionais dependentes da ONU

España mantén unha estreita relación cos organismos especializados de Nacións


Unidas, participa neles activamente e colabora para a consecución dos seus obxectivos. Dita
cooperación chegou tan lonxe que algúns destes organismos abriron unha oficina de ligazón
en España. Cabe destacar a especial vinculación que ten España coa Organización Mundial
do Turismo (OMT), que desde 1975 ten a súa sede en España.

As oficinas de ligazón máis antigas son as da Organización Internacional do Traballo -


OIT- (1985) e o Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados-ACNUR- (1988); nos
últimos anos incrementouse o número de Axencias, Fondos e Programas de Nacións Unidas
que abriron oficinas no noso país. En particular, cabe destacar: o Programa Mundial de Alimentos
(PMA).

4. Os novos instrumentos da política exterior

Cooperación española
A Axuda Oficial ao Desenvolvemento, xestionada polos organismos da Cooperación
Española, ten como finalidade última a contribución ao desenvolvemento, a erradicación da
pobreza e o pleno exercicio dos dereitos humanos nos países menos avanzados.
4.1. A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID),
integrada na Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o
Caribe do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, é o órgano
encargado do fomento, a xestión e a execución das políticas públicas de cooperación
internacional para o desenvolvemento.

4.2. Lei de Acción Exterior


A aplicación da Lei 2/2014, do 25 de marzo, da Acción e do Servizo Exterior do Estado
(LASE), aprobada co obxectivo de encher un baleiro normativo que se arrastraba desde a
transición á democracia e de superar os problemas que se diagnosticaron no deseño e
execución da política exterior española, está a dotar á política exterior de maior coherencia,
de forma que exista unha maior coordinación tanto coa UE e o seu novo Servizo Europeo de
Acción Exterior, como coas Comunidades Autónomas.

4.3. O terceiro instrumento da política exterior é a Axuda Oficial ao Desenvolvemento,


xestionada polos organismos da Cooperación Española, que ten como finalidade última a
contribución ao desenvolvemento humano, a erradicación da pobreza e o pleno exercicio
dos dereitos. A Cooperación Española ha participado activamente durante o últimos tres
anos na elaboración da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, especialmente na
definición dos novos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

4.4. As Casas e a Rede de Casas como instrumentos de diplomacia pública

P á g i n a 221 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

A Rede de Casas e as seis Casas que a compoñen (Casa de América, Casa Asia, Casa
África, Casa Árabe, Centro Sefarad-Israel e Casa Mediterráneo) constitúen un instrumento
de primeira orde da Diplomacia Pública española A organización de actividades de alto perfil
dentro e fóra de España, dirixidas a fortalecer a nosa imaxe e influencia nas súas
respectivas zonas xeográficas e a apoiar a internacionalización das nosas empresas,
constitúe a parte máis visible do seu labor.

4.5. Instituto Cervantes.

O Instituto Cervantes ten a dobre misión de promover universalmente o ensino, o estudo e o


uso do español e a de difundir o patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico dos
pobos hispánicos.

O Instituto Cervantes está presente en 87 cidades de 44 países dos cinco continentes.

5. Misións no exterior

A presenza das Forzas Armadas (FAS) españolas na escena internacional, particularmente


tras a guerra fría, foino máis en operacións de paz e axuda humanitaria que con outro tipo de
actuacións. As operacións de paz non son exclusivamente militares, pero a participación das
FAS adoita ser preponderante.

Con carácter xeral, as distintas misións nas que participan as Forzas Armadas Españolas no
exterior atenden a tres grandes obxectivos estratéxicos: proporcionar estabilidade e
seguridade; loita contra o terrorismo; e disuasión e defensa do territorio aliado. Doutra
banda, a maioría desenvólvense no ámbito multilateral —no marco de Nacións Unidas,
Unión Europea ou Alianza Atlántica—; mentres que outras son de carácter nacional como
consecuencia de acordo bilaterais.

As Forzas Armadas españolas están presentes en 17 misións no exterior con ata 3.000
militares e gardas civís despregados en catro continentes. Baixo paraugas da ONU, militares
españois forman parte da misión en Líbano (a máis numerosa na que lideran o Sector Este,
e actúan como observadores en Colombia. No marco da OTAN participan na misión
Presencia Avanzada Reforzada (Letonia), nas misións de policía aérea no Báltico, Romanía
e Bulgaria e na operación de apoio a Turquía; tamén se mantén a participación na misión de
apoio a Iraq, achegando efectivos á Coalición Internacional contra o Daesh e á misión NMI
da OTAN.

Ademais, España está presente en todas as misións militares que a Unión Europea
desenvolve no continente africano, con despregamentos en Malí, República Centroafricana,
Somalia e Senegal, así como na 'Operación Atalanta' que trata de impedir a piratería no
océano Índico.

P á g i n a 222 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

24. Evolución e cambios na España actual: os retos da globalización


económica e cultural, o estado de benestar...
Nunha mirada de conxunto aos informes publicados destacan seis grandes procesos ao
redor dos cales se articula o profundo cambio experimentado pola sociedade española nun
cuarto de século.

1. O longo camiño –e sen retorno– cara á igualdade da muller.

As mulleres foron o principal motor de cambio social e económico nas últimas décadas. O
seu mellor rendemento educativo foi a verdadeira panca dun cambio que, a través do seu
impacto no emprego –xa nunca máis reversible como en décadas anteriores–, permitiu á
muller alcanzar unha crecente autonomía. Esta nova posición social fixo aínda máis patentes
e inadmisibles os déficits de desigualdade de xénero que aínda perviven, e que atopan as
súas manifestacións máis extremas en fenómenos como a violencia contra as mulleres e o
acoso sexual.

2.Cara a unha sociedade diversa.

O proceso da inmigración en España modificou quizais para sempre a nosa sociedade e,


seguramente, farao aínda máis no futuro. A poboación estranxeira en 1993 supoñía o 1,1%
dos residentes en España; en 2017 un 13%. Ningún país da nosa contorna viviu un proceso
de cambio tan rápido e tan profundo que, ata o de agora, non provocou problemas
significativos de integración e de aceptación por parte dunha sociedade cada vez máis
diversa.

3. A precarización do emprego.

A publicación do primeiro Informe España coincidiu cunha taxa de paro do 25% da


poboación activa, que se volveu a alcanzar 20 anos máis tarde. No medio, un período de
intensa creación de emprego. Pero xa nada é igual. Asistimos a cambios profundos e
permanentes no mundo do traballo e do emprego, coa súa crecente precarización, que están
a impactar de cheo nos grandes contratos que sosteñen e dan coherencia á nosa sociedade.

4. Unha sociedade envellecida.

Ao longo dos últimos 25 anos asistimos a un acelerado proceso de envellecemento da


poboación española. O crecente peso demográfico dos maiores, polo aumento da esperanza
de vida, veu acompañado dun maior protagonismo tamén económico, social e político, o cal
esixirá unha reformulación do contrato interxeneracional sobre o que se sustentan os
principais equilibrios da nosa sociedade. No outro extremo, a baixa taxa de fecundidade –
que caeu ata os 1,3 fillos por muller, moi afastada do nivel de substitución– non é máis que o
corolario dunha serie de desequilibrios estruturais que afectan á sociedade española.

5. A omnipresencia da tecnoloxía.

A democratización da telefonía móbil e da internet, da súa confluencia radicalmente


transformadora a partir de 2007; a aparición e ubicuidade das redes sociais; a configuración
dun mundo e dunha sociedade hiperconectada… A tecnoloxía deixou constancia da súa
potencialidade para cambiar radicalmente a educación, a sanidade, as empresas, na vida
familiar e social… e ata na vida política. Deixou de ser un instrumento para converterse
nunha parte fundamental do ecosistema persoal e social no que se desenvolve a nosa vida.

P á g i n a 223 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

6. O desafío ambiental.

A crise climática ha deixado de ser unha ameaza teórica ou afastada para condicionar de
maneira crecente nosa vida cotiá. A deterioración da saúde por mor da contaminación ligada
á mobilidade e á produción de enerxía a partir de combustibles fósiles; as consecuencias do
cambio climático nos prolongados períodos de seca e graves inundacións; a extensión de
enfermidades tropicais; a multiplicación de incendios devastadores… son fenómenos cun
impacto económico e social crecente, e cun enorme potencial de reconfiguración da vida das
comunidades tanto no ámbito nacional como internacional.

7. O estado de benestar.

Nas últimas catro décadas, España logrou a que debería ser unha das principais aspiracións
de calquera país: aumentar a duración da vida da súa cidadanía ata alcanzar uns niveis de
lonxevidade sen precedentes na historia. Puido reducir as taxas de mortalidade, primeiro
entre a poboación infantil e, despois, entre a poboación de idade máis avanzada, e
conseguir que a esperanza de vida aos 65 anos pasase de 10 anos en 1920 a máis de 21
en 2019. É importante notar, en todo caso, que esta mellora da supervivencia non foi igual
para todos os grupos de poboación. Así mesmo, somos líderes mundiais en doazón desde
hai 28 anos,18 tanto polo número de doantes como pola eficacia do sistema, que é
considerado modélico pola Organización Mundial da Saúde.

O desenvolvemento do Sistema Nacional de Saúde estivo acompañado doutras dúas


transformacións crave. A primeira delas foi a universalización do sistema público de
pensións, grazas á creación das pensións non contributivas, nun contexto no que, ademais,
a contía media das pensións contributivas de xubilación logrou duplicarse en termos reais.

A outra transformación crave foi o desenvolvemento do sistema de servizos sociais e,


dentro deste, a atención a persoas en situación de dependencia e o fomento da súa
autonomía, un compoñente coñecido xa como o “cuarto piar” do estado de benestar. A que
durante décadas considerouse responsabilidade exclusiva das familias e as propias persoas
demandantes de coidados, foi progresivamente asumida polo Estado, mediante unha serie
de reformas froito do acordo entre as forzas políticas e os axentes sociais que culminou na
creación do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. Aínda que aínda queda
moito por facer.

Os desafíos pendentes

O incremento da lonxevidade veu acompañado doutros dous procesos igualmente


transcendentais para a nosa demografía: a redución da fecundidade e o aumento da
inmigración.

España é hoxe, xunto con Italia, o segundo país da OCDE cun menor número de fillos por
muller en idade fértil. En 1975, a taxa de fecundidade do noso país era de 2,8 fillos por
muller. En 2019, caera a 1,2.

No que respecta á inmigración, a chegada de poboación estranxeira foi continua, e coa


excepción do período de crise que se estende de 2009 a 2014, superou amplamente o fluxo
de persoas que abandonan o noso país. Este saldo migratorio favorable permitiu a España
manter un crecemento positivo da súa poboación e superar, a finais de 2023, a cifra de 48
millóns de habitantes. Con todo, non foi suficiente para amortecer o progresivo

P á g i n a 224 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

envellecemento demográfico. A finais do século XX, as persoas de 65 anos ou máis


supoñían o 13% da poboación española. Hoxe son case o 20%.

- Para capear este cambio, o noso país deberá mellorar a eficiencia dos seus servizos
públicos e, sobre todo, lograr que as persoas en idades avanzadas teñan unha participación
cada vez máis activa na vida económica e social. Isto implicará superar anticuados
estereotipos sobre a vellez, adaptar moitos empregos ás expectativas e capacidades dos
traballadores e traballadoras máis sénior, e facilitar a compatibilización da pensión co
emprego.

- Ao mesmo tempo, haberá que asegurar a suficiencia e sustentabilidade das pensións


públicas, garantindo a equidade entre xeracións; reforzar e reformar o noso Sistema
Nacional de Saúde; e mellorar a nosa rede pública de coidados de longa duración. Iso pode
xerar un aumento do gasto, pero tamén traerá consigo novos empregos e empresas que
poderían acabar sendo unha parte importante da nosa economía futura e unha peza
fundamental para a sostén.

8. Os retos da globalización .

Que papel xoga España nesta contorna global?

Segundo a World Trade Organization (WTO), España sitúase no posto 18 de exportadores


de mercadorías e o posto 11 en servizos comercializables. A cota de mercado nas
exportacións mundiais de mercadorías é do 1,7 % (ano 2015). En servizos comercializables,
a cota aumenta, ata o 2,5 %. É importante sinalar que nos últimos anos a cota de mercado
exterior da economía española faise incrementado importacións, atoparíase nos postos 15 e
21 respectivamente, con cotas de mercado do 1,8 % en mercadorías e do 1,4 % en servizos.
Os principais produtos exportados son produtos agrícolas (17 %), derivados do petróleo (9,8
%) e manufacturas (datos de 2015). Os principais produtos non agrícolas comercializados
co resto do mundo son manufacturas de motor (vehículos e os seus partes), medicamentos
e produtos petrolíferos (refinados no caso de exportacións).

A crise financeira e económica internacional dos últimos anos puxo de manifesto o alto grao
de interdependencia das economías mundiais, cuxa actividade excede as fronteiras
nacionais nun mundo cada vez máis globalizado.

Balance
Temos pois sentadas as bases para un crecemento máis sostible, sustentado en todos os
factores de demanda interna e cunha competitividade exterior recuperada. As perspectivas
son boas e ademais non fan máis que mellorar. Non hai máis que ler os continuos titulares
de prensa onde organismos como o Fondo Monetario Internacional, a Comisión Europea ou
o propio Banco de España elevan as súas previsións de crecemento para o noso país. Non
debemos con todo, “durmirnos nos loureiros”, pois persisten algúns factores que poderían
condicionar o futuro e fan necesario seguir avanzando nas reformas. Cuestións como o
financiamento do actual estado de benestar ou perseverar na política de investimento na
educación son importantes e difíciles retos que debemos abordar no curto prazo. Outro
elemento determinante para consolidar o noso crecemento económico é a configuración dun
marco normativo estable, fiable e eficaz.

P á g i n a 225 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Composicións anteriores LOMCE que unen documentos por temas


(S.XIX E XX)
Os seguintes documentos permiten a realización dunha redacción que teña por tema central as relacións entre a Igrexa
e o Estado dende a implantación do liberalismo na década de 1830 ata a guerra civil. Dende a inicial confrontación que a
liquidación do Antigo Réxime supón, e que exemplifica a desamortización (Doc.1), as relacións Igrexa-Estado serán
cambiantes, en función do carácter conservador ou progresista dos distintos gobernos e réximes políticos; en liñas xerais,
nos períodos de predominio conservador o poder político favoreceu á Igrexa, facéndolle importantes concesións e
buscando o seu apoio (Doc.2), ocorrendo o fenómeno contrario en momentos como a Segunda República (Doc.3). A
Igrexa, pola súa parte, non agachou as súas simpatías en momentos especialmente críticos, como a guerra civil (Doc.4),
apoiando sen matices ó bando sublevado. Lembra que debes contextualizar os documentos e referirte ós seus contidos ó
longo da túa exposición, pois non se trata de elaborar o tema de referencia á marxe das fontes propostas.

Doc.1.-Desamortización (1836):
“Art. 1º. Quedan declarados en estado de venda dende agora tódolos bens raíces de calquera clase que
pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas (...)”.

Doc.2.-Constitución de 1845:
“Art. 11. A Relixión da Nación Española é a Católica, Apostólica, Romana. O Estado obrígase a manter o
culto e os seus ministros”.

Doc.3.-Constitución de 1931:
“Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art.26. (...) O Estado, as rexións, as provincias e os municipios non manterán, favorecerán, nin auxiliarán
economicamente ás Igrexas, Asociacións, e Institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción,
nun prazo máximo de dous anos, do orzamento do clero”.

Doc 4.-Carta colectiva dos bispos españois en xullo de 1937:


“Afirmamos, ante todo, que esta guerra foi provocada pola temeridade, os erros, se cadra a malicia ou a
covardía de quen puideron evitala gobernando a nación conforme á xustiza (...). Foron os lexisladores de 1931, e
logo o poder executivo do Estado coas súas prácticas de goberno, os que se empeñaron en torcer bruscamente a
rota da nosa historia nun sentido totalmente contrario á natureza e esixencias do espírito nacional, e
especialmente opostos ó sentido relixioso predominante no país (...).
A guerra é pois un plebiscito armado (...), loita cruenta dun pobo partido en dúas tendencias: a espiritual, do
lado dos sublevados, que saiu en defensa da orde, a paz social, a civilización tradicional e a patria, e moi
evidentemente nun grande sector para defensa da relixión; e doutra parte a materialista, chámese marxista,
comunista ou anarquista, que quixo substituir a vella civilización de España (...) pola novísima “civilización”
dos soviets rusos”.

Os seguintes documentos permiten a realización dunha redacción que teña por tema central as relacións entre a Igrexa e o Estado
dende a implantación do liberalismo na década de 1830 ata o franquismo. Dende a inicial confrontación que a liquidación do Antigo
Réxime supón, e que exemplifica a desamortización (Doc.1), as relacións Igrexa-Estado serán cambiantes, en función do carácter
conservador ou progresista dos distintos gobernos e réximes políticos; en liñas xerais, nos períodos de predominio conservador o poder
político favoreceu a Igrexa, facéndolle importantes concesións e buscando o seu apoio (Doc.2), ocorrendo o fenómeno contrario en
momentos como a Segunda República (Doc.3). A Igrexa, que non agachou as súas simpatías polo bando sublevado durante a guerra
civil, constituiría un dos piares do réxime franquista (Doc.4). Lembra que debes contextualizar os documentos e referirte aos seus
contidos ao longo da túa exposición, pois non se trata de elaborar o tema de referencia á marxe das fontes propostas.
Doc.1.-Desamortización (1836):
“Art. 1º. Quedan declarados en estado de venda dende agora todos os bens raíces de calquera clase que
pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas (...)”.
Doc.2.-Concordato entre o Estado español e a Santa Sé (1851):
“Art. 1. A relixión católica, apostólica, romana, que con exclusión de calquera outro culto continúa sendo a
única da nación española, conservarase sempre nos dominios da S. M. Católica con todos os dereitos e
prerrogativas de que debe gozar segundo a lei de Deus e o disposto polos sagrados canons.
Art. 2. Na súa consecuencia a instrución nas Universidades, Colexios, Seminarios e Escolas públicas ou
privadas de calquera clase, será en todo conforme á doutrina da mesma relixión católica; e a este fin non se
poñerá impedimento ningún aos bispos e demais prelados diocesanos encargados polo seu ministerio de

P á g i n a 226 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

velar pola pureza da doutrina da fe e dos costumes, e pola educación relixiosa da xuventude no exercicio deste
cargo, mesmo nas escolas públicas”.
Doc.3.-Constitución de 1931:
“Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art.26. (...) O Estado, as rexións, as provincias e os municipios non manterán, favorecerán, nin auxiliarán
economicamente ás Igrexas, Asociacións, e Institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun
prazo máximo de dous anos, do orzamento do clero”.

Doc 4.- Normas para la Escuela Primaria. 1939. Año de la Victoria:


“O oprobio dunha escola laica rematou. Para formar españois profundos, crentes e patriotas austeros España
rexorde, gloriosa, polo esforzo decidido e xigante dos seus fillos, dos que morreron alegremente por ela, dos
que por ela se sacrificaron e quixeron renderlle o mellor e máis espléndido da súa vida. A Escola ten que recoller
o ambiente heroico das xuventudes guiadas polo Caudillo á vitoria...
1ª A reposición do Santo Crucifixo marca a apertura do curso (…).
2ª Ademais do retrato do Caudillo, haberá no salón de clase unha imaxe da Virxe, con preferencia da
Inmaculada, e en sitio preferente (...).
4ª Á entrada na escola os nenos saudarán co tradicional Ave María Purísima, sendo contestados polo mestre:
Sin pecado concebida (...)".

Os seguintes documentos ilustran sobre as institucións e/ou persoas que son depositarias da soberanía segundo catro
constitucións da España do século XIX. Na túa exposición, trata de diferenciar os distintos tipos de soberanía que estes
ordenamentos constitucionais implican (soberanía nacional, soberanía compartida, soberanía popular). En todo caso,
debes contextualizar os documentos na súa época en relación cos réximes políticos que orixinan ou reflicten, marcando as
diferencias esenciais entre eles.

Doc.1.-A Constitución de 1837:

“Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en
Cádiz o dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes Xerais congregadas a este fin, decretan e
sancionan a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.2.-A Constitución de 1845:

“Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas
(...), sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia
coas necesidades actuais do Estado (...), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de
xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas Cortes actualmente reunidas, en decretar e
sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.

Doc.3.-A Constitución de 1869:

“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal,
desexando afianzar a xustiza, a liberdade, a seguridade (...), decretan e sancionan a seguinte
Constitución”.

Doc.4.-A Constitución de 1876:

“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus Rei constitucional de España (...), sabede: que en unión e de
acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte
Constitución da Monarquía Española”.

O seguinte cadro recolle cinco fragmentos de textos constitucionais que ilustran sobre as institucións e/ou persoas que
son depositarias da soberanía en cada un deles. Na redacción, debes abordar as seguintes cuestións: contextualización de
cada constitución nun período concreto; réximes políticos que instauran ou representan; modelos de soberanía

P á g i n a 227 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

(compartida, nacional, popular) que reflicten. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar
unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.

Constitución de Constitución de Constitución de Constitución de Constitución de


1812 1837 1845 1869 1876
“Do Alfo
“As Cortes xerais e “Sendo a vontade da “Dona Isabel II, pola “A Nación XII,
n nso
naci revisar e e se
extraordinarias da graza de Deus e da Español, pola Graza de Deus
ón , n no u
sú Constitució a
nación española (…) uso da da nome Cortes Rei constitucional de
a n s
decretan seguint
soberanía, a Monarquía Constituíntes España (...), sabede:
a e
Constitución: Constitución política Española, Raíña das elixidas por sufraxio que en unión e de
A 3 e acor
(…) A promulgada Españas (...), sabede: universal, desexando coas Cortes
rt. . n do
Qu send nos Rein
soberanía reside Cádiz o dezanove de a afianzar a xustiza, a do
e o a o
marz m vontad liberdad
esencialmente na de e a das a actualmente
o il e e,
naci e polo d Rein segurida (..
oitocentos doce, as Cortes reunidas,viñemos
ón tanto o o de .),
es Cort poñ decre
pertence a Xerais regularizar e decretan e sancionan en e
ta es er tar
exclusivament es seguint
o congregadas a en consonancia coas a sancionar a seguinte
e te e
decret necesidade actua
dereito de establecer fin, e Constitución”. Constitución da
an s is
s lei Esta (...) (…)A 3
as sancionan a seguinte do A Monarquía
úas s do , rt. 2.
d modificand soberaní
fundamentais”. Constitución ao reside Española”.
a o a
Monarquía efecto a esencialmente na
Constitució nación qu
Española”. da
n , e
emana todo
promulgada o 18 de os
n s
xu d 183 poderes”
ño e 7, .
viñemos, en unión e
acor coa
de
do s
actualmen
Cortes
te
reunidas, en decretar
sancio
e a
nar
seguin
te
Constitució
da
n
Monarquía
Española”.

P á g i n a 228 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Nos textos propostos deféndense tres sistemas políticos diferentes: absolutismo (Doc.1), liberalismo (Doc.2) e
democracia (Doc.3). Debes contextualizar cada documento nun período concreto da historia de España e caracterizar
cada un dos réximes nos seus aspectos esenciais, salientando as diferenzas en asuntos como a soberanía, a estrutura do
poder ou os mecanismos de participación e representación.

Doc.1.-En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan o coñecido
como “Manifesto dos persas”:

“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás
regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos
primeiros homes que escolleron aos seus reis. Así que o soberano absoluto non ten facultade de usar sen razón a
súa autoridade (dereito que non quixo ter o mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose
absoluto, para prescribir aos súbditos todo o que mira ao interese común, e obrigar á obediencia aos que se
negan a ela (...).

Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa representación e os nosos
votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada
pola V. M. nin polas provincias (...) porque estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e
transcendentes prexuízos”.

Doc.2.-En 1845, Joaquín Francisco Pacheco, líder do Partido Moderado, defende o sufraxio restrinxido:

“Distinguimos hoxe, señores, os dereitos políticos dos dereitos civís; e se estes os concedemos a todos os
cidadáns, non así os primeiros, que non podemos outorgar senón aos que os han exercer ben (...).

O dereito electoral non será un dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estar privadas
del pola razón sinxela de que non poderán exercelo convenientemente (...).

Tomouse por regra xeral como base para a concesión deste dereito o goce de certa renda ou o pagamento de
determinada contribución. Este principio, señores, é racional e aceptable. A riqueza, ou por mellor dicir o
benestar, a vida desafogada e fácil, en que o traballo material non é unha carga dura, non é a penosa ocupación
de todos os momentos, e deixa espazo para as concepcións do espírito; ese benestar mediano (...), ese é o que
debe tomarse como condición de capacidade política, porque é o que dá a intelixencia e a valía na orde social
(...).

Quen gaña afanosamente o seu sustento nun traballo ímprobo e coa suor do seu rostro, quen non pode gozar
algunha vez o digno descanso (...), quen está reducido a un escaso xornal (...), non pode pretender a
consideración nin a estima política”.

Doc.3.-O 19 de setembro de 1868, a Xunta Superior Revolucionaria dá a coñecer a seguinte proclama:

“A Xunta Superior Revolucionaria, fiel á súa elevada orixe, fai a seguinte declaración de dereitos: Sufraxio
universal. Liberdade de cultos. Liberdade de ensinanza. Liberdade de reunión e asociación pacíficas. Liberdade
de imprenta (…). Descentralización administrativa que devolva a autoridade aos concellos e ás provincias.
Xuízo de xurados en materia criminal (…). Inmobilidade xudicial”.

Un rasgo destacado na España contemporánea é a reiterada intromisión do Exército na vida política. O pulo do líberalismo durante
a crise do Antigo Réxime (Doc.l), o apoto ás súas diferentes faccións no período isabelino (Doc.2) e mesmo a promoción da democracia
en 1868 marcan as súas actuacións iniciais; pero a partir da Restauración (Doc.3) irán gañando terreo posturas cada vez máis
conservadoras e reaccionarias, que cristalizarán no século XX en fórmulas autoritarias (DocsA e 5), coa longa ditadura franquista como
máxima expresión. Lembra que na túa exposición debes referirte aos documentos propostos, pois non se trata de elaborar un tema á
marxe dos mesmos.

Doc.l.-Manifesto que dirixe á Nación Española Juan Díaz Porlier o 21 de setembro de 1815:

“O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituida dunha maneira que
sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas
polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que
esixe a nosa situación (...). Firmes na nosa resolución, non deixaremos as armas (se nos vemos na obliga de recorrer a elas)
antes de obter o que pedimos”.

P á g i n a 229 | 230
Departamento de Xeografía e Historia IES P. Eusebio da Guarda

Doc.2.-Así interpreta un comentarista da época a presenza militar na política (Elpensamiento de la nación, 1846):

“As queixas contra a preponderancia militar datan xa de moito tempo; hai longos anos que as fraccións liberáis se acusan
unhas as outras polos estados de sitio; e unha provincia en estado de sitio é unha provincia entregada ao poder militar. O que en
1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840
tocoulles a quenda aos progresistas repetir os mesmos cargos, que logo reproduciron os moderados ata 1843; desde o
pronunciamento de xuño do mesmo ano, quéixanse outra vez os progresistas. Se algún día os moderados sucumben, é probable
que os progresistas lles ofrecerán abundantes motivos para a terceira edición de idénticas reclamacións. O nome das persoas e dos
homes non significa nada: o feito é o mesmo.

Desde a morte de Fernando VII a preponderancia estivo no poder militar (...); as cortes e os ministerios non puideron
facer nada contra a forza das armas”.

Doc.3.-O historiador Raymond Carr analiza a influencia militar na política da Restauración:

“Ata a Restauración da monarquía en 1874, o instrumento efectivo de protesta e cambio políticos foi o Exército, que
parecerá perder este papel como consecuencia da “desmilitarización” da política realizada por Cánovas. Ata 1923, agás o
levantamento republicano de Villacampa, ningún xeneral iniciou un pronunciamento.

Esta apariencia civil da vida política da Restauración é engañosa: os xenerais deixaban a política aos civís só a condición de
que estes non tocaran o Exército e de que eles mesmos seguiran a ser figuras influíntes na vida política. O tenente xeneral
Martínez Campos (...) era consultado en tódalas crises políticas importantes, e a España conservadora dirixírase ao xeneral
Polavieja para que a salvara en 1898-99 (...). O ministro da Guerra foi sempre un xeneral, e o orzamento militar unha “reserva
sacrosanta” ante a cal os políticos civís experimentaban inhibición total”.

Doc.4.-Declaración ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923:

“Eu non son un ditador. Ninguén pode, con xustiza, aplicarme esta denominación. Son un home a quen os seus
camaradas de armas, acaso erróneamente, honraron coa difícil misión de dirixir a reconstrucción da Patria”.

Doc.5.-O xeneral Franco, caudillo de España, na compaña de Adolf Hitler en 1940:

Doc.5.-Pouco despois do inicio da guerra civil, na chamada zona nacional comezou a instaurarse un réxime que
concentraba todos os poderes na persoa dun militar:
“Decreto 138/1936, de 29 de Setembro (…):

Organizada con perfecta normalidade a vida civil nas provincias rescatadas, e establecido o enlace entre as varias
frontes dos Exércitos que loitan pola salvación da Patria, á vez que pola causa da civilización, imponse xa un réxime
orgánico e eficiente, que responda axeitadamente á nova realidade española e prepare, coa máxima autoridade, o seu porvir
(…).

Artigo 1.º En cumprimento do acordo adoptado pola Junta de Defensa Nacional, noméase Xefe de Goberno do Estado
Español ao Excmo. Sr. Xeneral de División don Francisco Franco Bahamonde, quen asumirá todos os poderes do novo
Estado”.

P á g i n a 230 | 230

You might also like