You are on page 1of 39

39.

A construción do estado liberal e primeiros intentos democratizadores


na España do século XIX

1. Introdución: concepto de liberalismo e impacto da revolución francesa

1.1. Absolutismo vs liberalismo

Desde un punto de vista ideolóxico, ambos bandos non compartían a mesma doutrina
política. Por un lado, as monarquías estaban a favor do absolutismo. O absolutismo foi unha
ideoloxía e modelo político propios do Antigo Réxime caracterizado pola pretensión teórica
de que o poder político do rei non está suxeito a ningunha limitación institucional. Este
dereito era de orixe divina, xa que Deus é o que o escolle para gobernar. Do rei emanan todos
os poderes do Estado, implicando tamén que a figura real identifícase co propio Estado. Este
individuo exerce a autoridade de forma absoluta e a súa vontade é lei, tendo que obedecela e
non cuestionala. Unhas ideas defendidas polos estamentos privilexiados. Por outro lado,
Francia e os seus aliados apoiaron o liberalismo. O liberalismo é unha ideoloxía definida polo
seu interés en protexer a liberdade individual. Os seus principais defensores, a burguesía, eran
contrarios ao poder absoluto e a intervención arbitraria do rei. Eles defenderon a igualdade
xurídica, o dereito á propiedade privada, a soberanía nacional, a limitación do poder real e o
exercicio deste poder de acordo a lei, o cambio de súbdito a cidadán, etc. Moitas destas ideas
apareceron grazas ás obras de autores como John Locke ou Montesquieu.

1.2. A Revolución francesa e o ascenso de Napoleón

Os antecedentes áchanse na Revolución francesa, un conflito sociopolítico que ocorre na


Francia de finais do século XVIII e constituíu un cambio sen precedentes ao contribuír á
demolición do Antigo Réxime en Europa e a transición cara un réxime onde a burguesía
adquire un papel protagonista. As causas responden a numerosos factores: as aspiracións
dunha burguesía en ascenso, a influencia da Ilustración, a crise económica e financeira en
Francia, as malas colleitas e o incremento dos prezos dos produtos básicos e a desigualdade
social. O conflito desenvólvese en diferentes etapas segundo o sistema político que adopta
Francia: monárquica, republicana e imperial. Nesta primeira etapa, a cal inicia coa formación
de Asemblea Nacional e a toma da Bastilla de 1789, o rei Luis XVI intenta deter a rebelión
popular pero termina converténdose en prisioneiro político xunto ao resto da familia real. O
intento de fuga e as acusacións de contrarrevolución provocarían o descrédito do monarca.

Os acontecementos revolucionarios causaran unha situación moi inestable en Francia. Os


cambios de goberno e líderes políticos resultaban frecuentes, pero o ascenso de Napoleón ao
poder a través do golpe de Estado de 1799, que derrocou ao Directorio, trouxo unha maior
estabilidade política. Napoleón Bonaparte era un formidable militar que nas campañas de
Italia e na expedición a Exipto conseguira vitorias decisivas contra os integrantes da
Coalición. Os seus éxitos militares e a súa ambición impulsárono a establecer o Consulado e,
máis tarde, o Primer Imperio francés. En ambos casos falamos dun réxime autoritario e
centralizado no que o poder recaía en mans de Napoleón. O emperador quería converter a
Francia na primeira potencia europea. En política interior, promoveu un programa de
reformas que afectou a numerosos ámbitos, destacando a creación do Código Civil francés
(1804). En política exterior, Napoleón busca dominar Europa ao tempo que transforma aos
territorios conquistados en Estados satélite, aos que estende as súas reformas e utiliza como
apoio.
1.3. Reacción internacional

A grave situación de Francia foi recibida con inquietude polas monarquías europeas que nun
inicio pensaban intervir para apoiar a Luis XVI e aproveitar o caos francés. O encarcelamento
do rei e a súa execución, non obstante, dispararon todas as alarmas. O medo á revolución e a
extensión dos seus principios por Europa deu lugar a que o rei de Prusia e o emperador do
Sacro Imperio emitan a Declaración de Pillnitz (1791). A pesar de que as ameazas eran
vagas, neste contexto de tensións, que inclúe a disputa pola cuestión de Alsacia, Francia
interpretou o anuncio como unha declaración de guerra. Para facer fronte á Francia
republicana, as principais monarquías forman unha coalición e apoian aos realistas e
contrarrevolucionarios franceses. Nun primeiro momento, os éxitos militares estiveron de
parte das forzas aliadas pero dende 1794 a resistencia francesa era superior. O triunfo nas
campañas italianas e a expedición en Exipto por Napoleón, futuro emperador dos franceses e
firmante do tratado de Fontainebleau, foron tamén un impulso moi favorable.

O ascenso de Napoleón non foi ben recibido pola Gran Bretaña de Xurxo III. Gran Bretaña,
como un dos membros principais da Coalición, loitou contra a Francia revolucionaria e os
seus aliados. O conflito, non obstante, foise complicado co paso do tempo. En 1802 fírmase a
Paz de Amiens entre ambos contendentes, pero o incumprimento do tratado por ambas partes
reactivou o enfrontamento un ano despois. As condicións do tratado non eran satisfactorias,
pero a rivalidade comercial-militar entre ambas potencias e o temor a Napoleón fixeron que
Gran Bretaña sobornara ás monarquías de Europa para acabar definitivamente co problema
francés. A superioridade naval británica permitiu vencer ás flotas francesa e española na
batalla de Trafalgar (1805), pero a situación complicouse co Bloqueo Continental, unha
medida de Napoleón para illar comercialmente a Gran Bretaña.

1.4. Reacción española

Unha das potencias europeas que participou activamente nesta contenda foi España, aínda
que non sempre no mesmo bando. Carlos IV accedera ao trono español a finais do século
XVIII, polo que o seu reinado está marcado polos sucesos franceses e o conflito
internacional. Nun inicio, a acción española definiuse polo illamento, respecto do que estaba
pasando no país veciño; e o apoio a Luis XVI. A política de neutralidade fracasou pola
radicalización revolucionaria polo que Carlos Godoy, primer ministro de Carlos IV, firma
con Gran Bretaña a adhesión á coalición monárquica, loitando cos revolucionarios na guerra
do Rosellón (1793-1795) ata que o afundimento da fronte navarra e vasca cambia a situación:
España e Francia establecen unha alianza militar mediante Tratado de San Ildefonso (1796)
para combater a Gran Bretaña, tradicional inimiga na contenda pola hexemonía marítima e o
comercio con América.

Vitorias e derrotas foron alternándose na guerra anglo-española, pero traendo como


consecuencia o colapso do comercio colonial polo bloqueo británico.A vitoria fronte a
Portugal, aliado tradicional dos británicos, na “guerra das Laranxas” permite rematar a guerra
coa Paz de Amiens (1802), pero pronto o pacto é roto por ambas partes e Napoleón arrastra a
España a unha nova guerra para illar comercialmente a Gran Bretaña por medio do seu
Bloque Continental. A incorporación española foi catastrófica, traendo consigo o desastre
naval da batalla de Trafalgar (1805).

A pesar do esgotamento dos recursos fiscais por culpa das continuas guerras, Carlos IV e
Godoy non podían contradecir os desexos de Napoleón. A fráxil situación empeorou coa
firma do Tratado de Fontainebleau (1807), que permitía o paso tropas francesas por España
para atacar Portugal; e o descontento das clases privilexiadas, que se agruparon arredor do
princípe herdeiro Fernando. O asunto era alarmante: o exército francés ocupou distintas
cidades españolas e o Motín de Aranxuez (1808), un levantamento dirixido pola nobreza
palaciana, provocou a abdicación de Carlos IV e a destitución do primer ministro. Neste
contexto, a incapacidade da monarquía era tan evidente para Napoleón que invade España e
obriga a Carlos IV e Fernando VII a abdicar na súa persoa, dando trono ao seu irmán Xosé I
que impulsará un plan de reformas de base bonapartista.

2. Contexto e antecedentes: a guerra de independencia (1808-1814) e o reinado de


Fernando VII (1814-1833)

2.1. Guerra de independencia (1808-1814)

Para infortunio do emperador francés, o descontento popular estala o 2 de maio de 1808 en


forma dunha insurrección en Madrid que foi abortada pola represión das tropas napoleónicas.
Porén, este movemento de resistencia popular esténdese por todo o país, orixinando a guerra
de Independencia española (1808-1814). Os defensores organizáronse en Xuntas locais
formadas por partidarios de Fernando VII que máis tarde, por cuestións de coordinación,
pasaron a ser Xuntas provinciais, que asumiron a soberanía en ausencia do monarca e
buscaron apoio en Gran Bretaña para enfrontar aos franceses. Un exemplo foi a Xunta do
Principado de Asturias. Meses despois, os representantes de cada Xunta provincial formaron
a Xunta Suprema Central, un órgano que se encargaría de exercer os poderes executivo e
lexislativo españois durante a guerra.

Durante a guerra, xurdiron distintos grupos españois en favor ou en contra dos franceses. Dun
lado, temos aos afrancesados. Trátase dunha pequena minoría procedente do despotismo
ilustrado que colabora con Xosé I polo seu programa reformista e a constitución dun poder
forte. Doutra parte, está a fronte patriótica. A maior parte da poboación estaba a favor do
regreso de Fernando VII e a expulsión dos franceses aínda que por distintos motivos. A maior
parte do clero e a nobreza querían a volta do absolutismo. Unha parte dos ilustrados buscaba
un programa de reformas, pero dentro das cales do Antigo Réxime. Por último, os liberais
vían na guerra a oportunidade de implantar un sistema político liberal.

Nun inicio, Napoleón pensaba derrotar a resistencia española rapidamente debido ao seu
carácter desorganizado. Non obstante, a resistencia foi grande, obrigando aos franceses a
retirarse tralo sitio de Zaragoza. Peor golpe foi a derrota en Bailén, que impediu a conquista
de Andalucía e forzou a Xosé I a abandonar Madrid. Non obstante, en novembro de 1808
Napoleón ponse ao mando dun exército de 250.000 homes. O avance é demoledor, aplicando
moitas derrotas (batalla de Ocaña) á resistencia española e o exército británico de John
Moore. En 1809 o territorio estaba controlado, aínda que non por moito tempo. A partir de
aquí a resistencia adoptou a forma de guerrillas, é dicir, pequenos grupos locais que atacaban
ao exército francés por sorpresa, someténdoo a un desgaste permanente. En 1812, as tropas
españolas en colaboración coa guerrilla e o exército de Wellington aproveita que Napoleón
dividira as súas forzas (fronte ruso) para asestar un golpe definitivo.

Un dos acontecementos máis importantes da guerra de Independencia española foi a


elaboración e aprobación da Constitución de 1812. Trala derrota en Ocaña e a retirada a
Cádiz, a Xunta toma a decisión de disolverse en 1810 e iníciase unha convocatoria de Cortes.
O proceso de elección dos deputados e a súa reunión non foi fácil polo estado da guerra, pero
logrouse nomear aos necesarios onde destacaban tres grupos: absolutistas, moderados e
liberais. Os últimos non eran maioría, pero formaban un grupo cohesionado e de notable
formación intelectual cuxa iniciativa permitiulle lograr grandes avances na redacción da
constitución.

Finalmente, apróbase a Constitución de 1812, un documento longo (384 artigos) onde se


establece unha monarquía constitucional parlamentaria baseada na soberanía nacional,
definindo nación como o conxunto de cidadáns dos territorios peninsulares e coloniais; e
división de poderes, distinguindo o lexislativo (cortes unicamerais con amplos poderes
elixidas mediante sufraxio universal masculino), executivo (encarnado no Rei, una figura
sagrada e inviolable que encabezaba o goberno e interviña nas leis a través da iniciativa e a
sanción) e xudicial (encarnado nos tribunais aínda coa subsistencia dos foros eclesiástico e
militar). Tamén contiña unha declaración de dereitos do cidadán que inclúe liberdade de
pensamento e opinión, igualdade ante a lei, dereito de propiedade, etc.

Durante un breve tempo, as Cortes de Cádiz impulsaron unha serie de leis e decretos
destinados a eliminar o Antigo Réxime. Entre eles a supresión dos señoríos xurisdiccionais, a
desamortización de baldíos e terras comunais, a supervivencia dos morgados e o incautación
e venta en pública poxa dos chamados “bens nacionais” (os confiscados aos traidores, Ordes
Militares, etc). No eido social destacan a abolición da Inquisición ou a declaración de
liberdade de prensa. Esta transformación xurídica, non obstante, ten unha escasa conexión
coa realidade española e ten maior trascendencia no constitucionalismo hispanoamericano.

2.2. A Restauración do absolutismo (1814-1820)

Para contextualizar é preciso situarse no primeiro terzo do século XIX. Trala derrota de
Napoleón Bonaparte na Sexta Guerra de Coalición e o desterro deste á illa de Elba,
convócase o Congreso de Viena (1814). O ideario do Congreso resúmese en tres principios: o
de lexitimidade, que supón a devolución do trono ao seu lexítimo posuidor (o rei); o de
equilibrio, que implica a estabilidade entre as principais potencias; e o de intervencionismo,
que é o dereito a intervir nos asuntos internos dun Estado para restaurar dereitos dun rei
lexítimo. O Congreso tiña por obxectivo a configuración dun novo mapa europeo, que
favoreceu as principais potencias (Inglaterra, Austria, Rusia e Prusia); e volver á situación
anterior á Revolución francesa, dando lugar á restauración monárquica. Este novo orde tiña
graves consecuencias para Francia, que quedaba reducida ás fronteiras de 1791 e rodeada de
estados tapón. Para garantir estes cambios, os Estados implicados crearon diversos sistemas
de alianzas como a Santa Alianza e a Cuádrupla Alianza.

Este contexto internacional marcado polo Congreso de Viena afectou a España. En 1814,
unha vez retirados os franceses, Fernando VII volve a España. En abril, un grupo de
deputados absolutistas presentáronlle o Manifesto dos Persas, un documento no que
reclamaban a volta ao absolutismo. O rei, animado polo apoio do exército e o pobo, publicou
o Decreto do 4 de Maio polo cal suprimía a Constitución de 1812 e toda labor lexislativa das
Cortes de Cádiz e o retorno ao Antigo Réxime: restitución do réxime señorial, recuperación
dos privilexios da nobreza e o clero, etc. Non obstante, o país non podía voltar á mesma
situación. O goberno de Fernando VII definiuse por unha xestión nefasta debido ao papel
secundario de España no contexto europeo, a represión dos seus inimigos (afrancesados e
liberais), o fracaso da reforma fiscal (pola oposición dos privilexiados), a ausencia de
solución en relación ao problema agrario (inexistencia dun mercado nacional) e a
independencia das colonias españolas en América.
2.3. O Trienio Liberal (1820-1823)

En 1820, porén, Europa experimenta o primeiro ciclo das revolucións burguesas. O


movemento ten lugar nos países mediterráneos, iniciando en España e sendo imitada por
Portugal, Italia e Grecia. Estes movementos xorden como reacción á Restauración,
organizándose por medio de sociedades secretas como os masóns ou carbonarios. As súas
ideas axustábanse ao nacionalismo e liberalismo. A revolución xestouse baixo a forma do
pronunciamento e posuía un carácter netamente político: a esixencia de constitucións liberais
e o fin das institucións do Antigo Réxime. Por desgraza, a Europa dos congresos reprime os
movementos: o Congreso de Laybach autorizou a intervención de Austria en Italia e de Rusia
en Europa central; e o Congreso de Verona (1822), do que sae o tratado citado no texto, a de
Francia en España. Inicialmente, as potencias europeas opuxéronse á intervención de Francia
debido ao medo a que reinstaurara o control sobre a península ibérica pero o cumprimento
das condicións británicas (entre elas non axudalos na recuperación colonias) deu vía libre a
Francia.

Retomando a revolución española, os liberais prestaran apoio a sectores afíns ao liberalismo


dentro do exército e protagonizaron distintos pronunciamentos militares. Moitos destes
alzamentos como Mina en Pamplona ou Porlier en A Coruña fracasaron ata que en xaneiro de
1820 o coronel Rafael Riego, ao fronte dunha compañía de soldados acantoados en Sevilla,
decide sublevarse e percorre Andalucía proclamando a Constitución de 1812. A pasividade
do exército, a acción dos liberais nas principais urbes e a neutralidade dos campesiños
obrigaron a Fernando VII a xurar a Constitución de 1812. Así dase inicio ao Trienio Liberal
(1820-1823). O novo goberno proclama unha amnistía, retornando os liberais exiliados; e
convoca eleccións a Cortes, onde os liberais logran a maioría e restauran gran parte das
reformas de Cádiz. Moitas das medidas seguían unha política anticlerical: expulsión dos
xesuítas, diminución do décimo, etc. Tamén se instaurou a Milicia Nacional, un corpo de
voluntarios para defender estas reformas.

Non obstante, o Trienio Liberal estivo marcado pola inestabilidade e o rexeitamento popular.
Dunha parte, os campesiños estaban descontentos porque as medidas do Trienio Liberal non
beneficiaban a súa situación, sen maior acceso á terra ou menores impostos. En 1822, os
campesiños rebélanse e álzanse partidas absolutistas en Cataluña, Navarra e Galicia. Doutro
lado, Fernando VII aceptara o novo réxime forzado polo que intenta paralizar as novas leis
recorrendo ao seu dereito de veto. Ao mesmo tempo, conspiraba en contra dos liberais ao
buscar o apoio das clases privilexiadas, que forman partidas armadas con colaboración do
campesiñado; e das potencias absolutistas, as cales en 1823 envían os Cen Mil Fillos de San
Luis para repoñer a Fernando VII como rei absoluto.

Esta actitude do monarca provocou unha fractura política: a escisión dos liberais. Por unha
parte, os moderados ou “doceañistas” eran partidarios de reformas limitadas que non
prexudicaran aos seus apoios sociais (aristocracia e burguesía propietaria), outorgando maior
poder ao rei e creando unha segunda cámara reservada ás clases máis altas. Doutro lado, os
exaltados ou “veinteañistas” eran partidarios de medidas máis radicais que favoreceran aos
intereses das clases medias e populares, aplicando a Constitución de Cádiz e introducindo
reformas máis cara a esquerda. Na maior parte do Trienio Liberal tiveron maior presenza e
forza os primeiros.

2.4. A Década Ominosa (1823-1833)


O regreso de Fernando VII a súa anterior posición deu lugar a unha feroz represión,
depurando a administración e exército e obrigando aos liberais a exiliarse en Gran Bretaña.
Porén, as dificultades da Facenda, agravadas pola perda das colonias americanas, forzaron a
un estrito control do gasto e a necesidade de reformas. Por esa razón, Fernando VII busca
apoio do sector moderado burguesía financeira e industrial, nomeando Luis López Ballesteros
ministro de Facenda e impulsando medidas como a concesión dun arencel proteccionista para
manofacturas catalás.

Isto enfrontou ao rei cos realistas e os sectores ultramontanos, que defendían a volta aos
principios do Antigo Réxime e o restablecemento da simbólica Inquisición. A partir de 1826,
esta oposición identifícase coa figura de D. Carlos Mª Isidro, irmán do rei e suposto sucesor.
Esta sucesión veríase truncada polo nacemento da futura Sabela II. Nun principio, ela non
podía optar ao trono pola Lei Sálica, que regulaba a sucesión en favor do home fronte á
muller. Non obstante, o rei derogouna a través da Pragmática Sanción e a súa morte en 1833
Sabela convértese en raíña. O resultado foi o xurdimento da primeira guerra carlista.

3. A consolidación do Estado liberal: O reinado de Sabela II (1833-1868)

3.1. A Primeira Guerra Carlista (1833-1840)

Á morte de Fernando VII, ten lugar unha disputa sucesoria entre isabelinos e carlistas na súa
busca por obter o poder e impor o seu modelo de sociedade. Por un lado, os isabelinos eran
partidarios de Sabela II e a súa nai, a rexente María Cristina de Borbón. Ela buscou apoios no
liberalismo máis moderado e formou un goberno de carácter reformista. Os seus apoios
estaban nos funcionarios e nunha parte da alta nobreza, así como dun sector da xerarquía
eclesiástica. Por outra parte, os carlistas apoian a D. Carlos. Os seus partidarios, de ideoloxía
tradicionalista e antiliberal, defenden un modelo absolutista onde garantice a preeminencia
social da Igrexa e a conservación do sistema foral. A súa base social era o clero e a pequena
nobreza agraria, cun amplo grupo de campesiños orixinarios especialmente de País Vasco,
Navarra e parte de Cataluña e Valencia.

A Primeira Guerra Carlista (1833-1840) tivo como focos máis importantes Navarra e País
Vasco, pero estendeuse polo norte de Castela, Aragón, o Pireneo e as comarcas do Ebro en
Cataluña. Hai dúas fases diferenciadas. A primeira etapa (1833-1835) constitúe o momento
dos triunfos carlistas, aínda que sen conquistar ningunha cidade importante. A segunda etapa
(1836-1840) supuxo un xiro na guerra, decantándose en favor dos liberais a partir da vitoria
do xeneral Espartero na batalla de Luchana (1836). A debilidade do carlismo propiciou as
discrepancias entre os transaccionistas, os partidarios dun acordo, e os intransixentes,
defensores de continuar a guerra. Finalmente, o xeneral Maroto acordou a sinatura do
Convenio de Vergara (1839), que establecía mantemento dos foros en País Vasco e Navarra e
a integración dos oficiais carlistas no exército real.

3.2. O proceso de construción do Estado liberal (1833-1843)

Os gobernos de Cea Bermúdez e Martínez da Rosa foron de carácter moderado. As medidas


máis destacadas foron a división provincial de 1833, creando 49 provincias co fin de
estruturar mellor o Estado e utilizadas como circunscricións electorais e cun representante
nelas (o gobernador civil); e a promulgación do Estatuto Real (1834), un documento (non
constitución) que establecía unha serie de regras para convocar Cortes xerais.
Os liberais progresistas protagonizan unha vaga de revoltas urbanas en contra das ordes
relixiosas, especialmente en Cataluña, nos chamados motíns anticlericais de 1835. A rexente
María Cristina de Borbón nombra un goberno ao cargo de Mendizábal. A súa principal
medida foi a desamortización dos bens do clero regular, coa meta de financiar os gastos
militares. Non obstante, os moderados opuxéronse e lograron destituír a Mendizábal.

Neste contexto, xuntas revolucionarias urbanas progresistas fórmanse e organizan revoltas


armadas en contra do goberno moderado en Málaga, Zaragoza e Barcelona e máis adiante por
todo o país, con apoio do exército. Desta maneira, ten lugar o motín da Granxa (1836), un
golpe levado a cabo por un grupo de sarxentos da Garda Real aproveitando descanso da
rexente no palacio da Granxa. O resultado foi a restitución da Constitución de 1812 e o
nomeamento dun goberno progresista no que Mendizábal é ministro de Facenda. O goberno
desmentalou así o Antigo Réxime e implantou un sistema liberal a partir dunha serie de
medidas.

A acción máis importante foi a desamortización de Mendizábal (1836), que supuxo a


disolución das ordes relixiosas (agás as benéficas), a incautación do seu patrimonio e
abandono de +20.000 frailes dos seus conventos. Como resultado, o Estado financiou os
gastos militares da guerra e reduxo boa parte da débeda; a nobreza e a alta burguesía
beneficíaronse da creación de grandes lotes de terras en detrimento dos pequenos propietario
e o afundimento dos prezos dos produtos agrícolas causou o empobrecemento dos
campesiños e revoltas no campo andaluz. Outras accións foron a disolución do réxime
señorial, convertendo ao señor en propietario e vasalos en xornaleiros; e a desvinculación
definitiva dos morgados, unha práctica de reparto hereditario que beneficiaba ao fillo
primoxénito.

A Constitución de 1837, elaborada polas novas Cortes xerais, é un documento breve (78
artigos) de corte progresista. Non obstante, é menos avanzado porque busca o acordo cos
moderados e, por tanto, deixa á marxe certas cuestións que deberían ser reguladas por lei
orgánica. Entre os seus principais puntos declara a soberanía nacional; monarquía
constitucional, coa creación dun sistema de dúas cámaras colexisladoras (Congreso,
diputados elixidos por sufraxio, e Senado, elixidos polo monarca); división de poderes,
concedendo amplos poderes ao rei (veto de leis, nomear e destituír ministros, disolución do
Parlamento, etc); aconfesionalidade do Estado, pero financiando o culto da Igrexa católica; e
elección por sufraxio universal masculino de alcaldes e concelleiros, establecendo máis tarde
na lei electoral sufraxio censatario moi restrinxido (2,4% da poboación).

Neste momento queda configurado un primeiro sistema de partidos, sobre a base dos partidos
mo- derado e progresista, fortemente mediatizado pola intromisión dos militares, que
aumentaron o seu poder grazas ás guerras carlistas. As próximas eleccións a Cortes foron
gañadas polos moderados e as municipais polos progresistas. Os moderados das Cortes non
respetaron a elección de alcaldes polo que mediante a Lei de Concellos fixeron que a rexente
os designara directamente. A reacción progresista consistiu en violentas revoltas urbanas,
causando a dimisión da rexente e o nomeamento de xeneral Espartero como rexente (1840-
1843) polos éxitos na guerra carlista.

O seu modo de gobernar personalista e autoritario, sen máis colaboradores que a súa
camarilla de militares afíns, (os “ayacuchos”) causou tensións internas entre progresistas.
Espartero firmou un tratado de libre comercio con Inglaterra, abrindo o mercado español aos
tecidos de algodón in- gleses e danando a industria téxtil catalá. A reacción foi o
levantamento en Barcelona, reprimíndose duramente no Bombardeo de Barcelona (1842).
Esta forma de resolver os problemas provocou a súa perda de prestixio e os moderados
aproveitaron a división do progresismo para impulsar unha serie de conspiracións
encabezadas polos xenerais Narváez e O’Donnell. O golpe de 1843 fai que Espartero sexa
derrocado e proclámse a maioría de idade de Sabela II aos 13 anos.

3.3. A década moderada (1844-1854)

A década moderada caracterizouse polo presenza no poder dos liberais moderados, apoiados
pola Coroa. A presidencia de goberno foi ocupada polo xeneral Narváez, responsable do
movemento revolucionario de 1843 e defensor principal do sistema isabelino. Narváez
goberno durante a maior parte da década, excepto algúns períodos nos que gobernan outros
moderados. A principal tarefa do seu gabinete foi a Constitución de 1845, que foi unha
reforma da anterior para recoller as ideas do moderantismo: soberanía compartida, entre as
Cortes e o Rei; monarquía constitucional, na que hai unha ampliación dos poderes reais e o
establecemento de dúas cámaras (Congreso, cuxos dipu- tados son elixidos por sufraxio
censatario masculino restrinxido do 1%, e Senado, designados polo rei a libre vontade),
división teórica de poderes, permitindo que o rei poida gobernar por decreto; e
confesionalidade do Estado, recoñecéndose a oficialidade e financiamento da relixión
católica. Os concellos e deputacións agora quedan sometidos a Administración central na Lei
de Concellos.

Os moderados realizaron a institucionalización do Estado liberal baixo os principios de


centralismo, uniformación e xerarquización. Para elo impulsaron unha serie de medidas:
creación da Garda Civil (1844), unha forza armada para o mantemento da orde pública no
ámbito rural en substitución da Milicia Nacional de carácter urbano e progresista; reforma
fiscal de Mon-Santillán (1845), que pon fin ao sistema fiscal do Antigo Réxime ao eliminar
os privilexios (excepto en Navarra e as provincias vascas) e establecer novos impostos
(contribución territorial, por propiedades agrarias, c. industrial, pagada por empresas; e
imposto de consumos, que grava produtos de consumo diario); creación de novos bancos
privados, para captar inversións; aprobación do Código Penal (1848); e creación das
deputacións provinciais, para fortalecer a organización territorial. Tamén hai que sinalar a
firma do Concordato de 1851 entre España e a Igrexa, conseguindo esta segunda a
financiación estatal, a restauración das ordes relixiosas e o control da educación.

O goberno moderado, non obstante, sufriu uns problemas. Un deles foi a Segunda Guerra
Carlista (1846-1849). O desencadeante foi o fracasado intento de matrimonio entre Sabela II
e Carlos Luis de Borbón, o fillo do infante D. Carlos. Nun contexto de crise agraria e
industrial, repleto de malas colleitas e caída da demanda textil, Carlos chama a sublevación e
levántanse en armas partidas de guerrilleiros campesiños, especialmente en Cataluña coa
dirección do xeneral Cabrera. Finalmente, estes son derrotados polo seu escaso número e
falta de apoios no exército. Outro foi a agudización do autoritarismo, que co goberno de
Bravo Murillo propuxo unha reforma constitucional que trans- formara o Estado nunha
ditadura.

3.4. Bienio progresista (1854-1856)

O autorismo moderado, o agravamento da crise de subsistencia (arrastrada dende 1846), a


falta de representación política e a xeralización da corrupción dan lugar á unión de
progresistas, demócratas e sectores moderados puritanos contra o goberno de Sabela II na
“revolución de 1854”. Esta unión desembocou no pronunciamento de Vicálvaro, liderado
polo xeneral O’Donnell fundador de Unión Liberal (moderados puritanos e progresistas
conservadores). As forzas de oposición enfrontáronse ás tropas fieis ao goberno, pero cun
resultado insatisfactorio. Os sublevados retíranse a Andalucía, onde O’Donnell únese ao
xeneral progresista Serrano. Estes lanzan o Manifesto de Manzanares, un documento que
busca a movilización popular e solicita o cumprimento da C. de 1845, redución dos impostos,
restauración da Milicia e reforma electoral.

O manifesto logra o seu obxectivo, causando unha revolución popular e obrigando aos
dirixentes a chegar a un acordo. A presidencia do goberno ocupouna progresista Espartero,
con O’Donnell de ministro de Guerra. As súas medidas foron a restauración da Milicia e a
elección directa de alcaldes na lei municipal. Tamén preparan a Constitución non nata de
1856, que introducía novidades como liberdade de culto e elección do Senado pero non entra
en vigor.

Non obstante, o máis destacado do bienio progresista foi a lexislación económica. En


primeiro lugar está a Lei Xeral Desamortizadora (1855) de Madoz, que afectou aos bens
restantes da Igrexa pero sobre todo ás terras comunais dos concellos. En segundo lugar, a Lei
Xeral de Ferrocarrís (1855) permitiu a xeneralización na construción das liñas de ferrocarril.
Esta lei regulaba a súa execución e ofrecía amplos incentivos ás empresas, beneficiándose os
capitais estranxeiros. A preocupación por fomentar o desenvolvemento económico tamén
notouse na lei de reforestación, ampliación da rede de estradas, a creación de sociedades de
crédito e novos bancos, etc.

A pesar destas medidas, os progresistas non lograron remediar a crise que mobilizara ao pobo
en 1854 e creouse un clima de conflitividade social. En Cataluña, os desastrosos efectos da
recesión económica causan a folga xeral de Barccelona (1855). A folga foi liderada polo
sindicato “Unión de Clases” que pedía mellores condicións laborais: aumento salarial,
redución da xornada laboral, etc. O malestar social tamén conduciu a un levantamento
campesiño en Castela e á expansión da folga a outras cidades. A dura represión e a disolución
da Milicia causa ruptura entre moderados puritanos e progresistas. As discrepancias no
progresismo fan que os máis moderados diríxanse cara a Unión Liberal e os máis radicais
cara ao Partido Demócrata. A represión de O’Donnell causa a dimisión de Espartero e o
liderazgo do goberno pasa a mans de O’Donnell.

3.5. A descomposición do sistema sabelino (1856-1868)

Unha primeira etapa neste período constitúena os chamados gobernos unionistas (1856-
1863). O goberno de O’Donnell intentou un equilibrio, combinando o seu proxecto moderado
con propostas progresistas. Isto permitiu unha relativa estabilidade política, asociada a unha
etapa de prosperidade económica. Entre as medidas principais están a recuperación da C. de
1845, con modificacións de carácter progresista (aumento do sufraxio); a aprobación da Lei
Moyano (1857), dando lugar a que a educación non esté monopolizada polas ordes relixiosas
e se estruture en tres niveis (ensinanza pri maria, secundaria e superior); e a expansión da
rede ferrocarrís, cun incremento espectacular de km aínda que monopolizado por empresas de
capital estranxeiro.

Este período coincide coa política expansionista española, con España embarcándose en
proxectos internacionais, a miúdo aliado con Francia, movidos pola exaltación patriótica pero
sen capacidade para formar colonias. Aquí destacou a Guerra de África (1859-1860), con
gran vitoria española. O goberno unionista experimentou tamén problemas na forma do
Desembarco carlista de San Carlos da Rápita (1860), que fracasa debido á negativa dos
propios oficiais a secundalo; e a Sublevación da Loxa (1861), unha revolta campesiña
dirixida por Rafael Pérez del Álamo en Andalucía causada polos efectos da desamortización
de Madoz.

Unha segunda fase está constituída polos gobernos moderados (1863-1868) con Narváez
voltando ao poder. Esta fase xorde pola incapacidade de O’Donnell fronte á oposición
moderada e a propia Coroa. Non obstante, a situación pronto se torceu. Os progresistas
pasaron de novo á insurrección co apoio dos demócratas; Sublevación dos sarxentos de San
Gil (1866), unha revolta do cuartel de San Gil (Madrid) militares progresistas e democrátas
que foi duramente reprimida por O’Donnell. A consecuencia foi que boa parte dos unionistas
puxéronse en contra do goberno, agrupándose todos os problemas que causarían a revolución
de 1868.

A revolución tivo dúas causas fundamentais: a crise económica e a deteorioración política.


Por unha parte, a partir de 1866 inicou unha relevante crise: a nivel financeiro (fin da
especulación ferroviaria) e a nivel industrial (efectos da Guerra de secesión americana na
industria textil catalá). Isto ademais coincidiu coa crise de subsistencia que afectaba ás clases
populares. Por outro lado, trala revolta de San Gil os gobernos moderados pechan as Cortes.
Ante a imposibilidade de acceder ao poder por medio de mecanismos constitucionais, o
Partido Progresista dirixido por Prim firma cos democrátas o Pacto de Ostende (1867). Aquí
propoñen o fin da monarquía sabelina e deixan a decisión sobre a forma de estado en mans
dunhas Cortes constituíntes elixidas mediante sufraxio universal.

4. O Sexenio Democrático (1868-1874)

4.1. A Revolución de setembro de 1868

En 1868, goberno liberal queda sen líderes históricos trala morte de Narváez e ausencia de
apoios fronte a unha oposición formada por Unión Liberal (Serrano, Cánovas), o Partido
Progresista (Prim e Sagasta) e o Partido Demócrata (Castelar, Pi e Margall). Así, en setembro
sucede o levantamento militar en Cádiz, coa participación de Prim e o comandante Topete. O
movemento, aclamado como a “Gloriosa revolución”, gañou un inmenso apoio e créanse
xuntas revolucionarias e milicias urbanas nas que predominan demócratas, obreiros e clases
baixas urbanas. As reivindicacións son soberanía nacional, sufraxio universal, separación
Igrexa-Estado, supresión dos imp. de consumos e quintas, repartición da propiedade e a
proclamación da república. Na batalla da Ponte de Alcolea, Serrano vence o exército enviado
dende Madrid e a reina fuxe a Francia. O radicalismo das Xuntas non era compartido por
unionistas e progresistas polo que disolven as xuntas, desarman a Milicia Nacional e forman
en Madrid un goberno provisional con Serrano de rexente e Prim de presidente.
A convocatoria de eleccións constituíntes outorga a vitoria á coalición gobernamental
(progresistas, unionistas e un sector dos demócratas). Como novidade, nesta asemblea gañan
representación dúas minorías: republicanos e carlistas. Posteriormente, unha comisión
constitucional elaborou unha nova carta magna. A Constitución de 1869 foi a constitución
máis democrática da España decimonónica: soberanía nacional; monarquía constitucional,
división de poderes, con Cortes bicamerais (Senado e Congreso) que ostentan poder
lexislativo e anulan o veto do rei; liberdade de culto, pero garantindo o mantemento do culto
católico e a confesionalidade do Estado; sufraxio universal masculino, para os maiores de 25
anos; e equiparación dos dereitos de Cuba e Porto Rico, ao mesmo nivel que os peninsulares.
Tamén se establece un amplo réxime de dereitos e liberdades: dereito de asociación, reunión
e manifestación, liberdade de ensino, detención non arbitraria, etc.

A política económica definiuse polo librecambismo en detrimento do proteccionismo:


supresión dos impostos de consumos, aínda que reestablecida para as facendas locais;
introdución da contribución persoal, tributo que actúa segunda a renda; establecemento da
peseta, como unidade monetaria; Lei de Minas (1871), cunha venda ou concesión de
depósitos mineiros a compañías estranx; Lei Bases Arancelarias, que tivo a oposición dos
algodoeiros cataláns e os produtores do cereal do interior. A pesar dos cambios, as clases
populares estaban descontentas ante a non eliminación das quintas e a volta do imposto de
consumos. O período entre 1869 e 1870 estivo protagonizado por unha forte conflitividade
social: demandas do campesiñado andaluz e estremeño, que buscaban un reparto da terra;
revoltas urbanas, protestando contra quintas, consumos e o aumento de prezos; e o incipiente
movemento obreiro, que sufriu un proceso de radicalización.

4.2. O reinado de Amadeo de Saboia (1871-1873)

Coa creación deste novo sistema monárquico, as Cortes escollen en novembro de 1870 entre
unha serie de candidatos apropiados onde o gañador foi Amadeo de Saboia, fillo de Vítor
Manuel II, rei de Italia e símbolo da liberdade política en Europa. O reinado de Amadeo de
Savoia, non obstante, non auguraba durar moito: o xeneral Prim, o seu principal valedor, fora
asasinado recentemente. As dificultades pronto foron evidentes, xa que practicamente non
tivo aliados. A oposición máis forte foi a dos alfonsinos, fieis á dinastía borbónica coa idea de
restauración mediante o príncipe Afonso. O seus apoios (antigos moderados, Igrexa e
nobreza) foron liderados por Cánovas del Castillo.

Unha segunda oposición foi o carlismo,

7. Aspectos xerais do século XIX

7.1. Sistema político oligárquico

O debate político só tiña lugar entre un pequeno grupo de privilexiados, sexa pola súa riqueza
ou as súas propiedades: alta nobleza y alta burguesía (1% da poboación). A clase media
urbana e rural, é dicir, profesionais cualificados, pequena burguesía e demais (10% da
poboación) estaban excluídos do voto e por elo reivindicaban a extensión do sufraxio. A
maioría, formada por individuos de clase baixa (campesiños, asalariados, etc) non tiñan
ningún papel en política.

7.2. Protagonismo dos espadóns

A cuxuntura bélica de inicios do XIX (Guerra de Independencia, Primeira Guerra Carlista,


etc) fixo que os militares obtiveran un inmenso protagonismo na vida política decimonónica.
Os xenerais de prestixio (Espartero, Narváez, O’Donell, Prim e Serrano Domínguez)
lideraban os partidos políticos e recurrían ao pronunciamento para intentar facerse co goberno
ou condicionar o seu rumbo. Este fenómeno repítese unha e outra vez durante o reinado de
Sabela II: o motín da Granxa (1836), as xuntas revolucionarias de 1840, a Vicalvarada
(1854), etc. Polo xeral, non obstante, estas rebelións e golpes de Estado non supoñían un
cambio de sistema nin tampouco tiñan un carácter sanguento a diferenza das acontecidas no
século XX.

40. Transformacións agrarias e proceso de industrialización na España do


século XIX

1. As transformacións agrarias

Durante o século XIX, a agricultura española continuou sendo o sector principal pola
ocupación de ⅔ partes da poboación activa e o crecemento económico ao longo do século. A
pesar das crises de 1824-25, 1835-38, 1847 e 1856-57, o crecemento foi posible grazas o
aumento de poboación (de 10 a 18 millóns de persoas) e a importante diminución da
importación de cereal. A agricultura española tamén experimentou unha maior
especialización dos cultivos por rexións, de acordo a tres modelos diferentes: o norte ou zona
cantábrica, que fomentou o cultivo de millo e pataca mentres o de trigo ía a menos; o interior,
que se dedicou ao cultivo de trigo; e o Mediterráneo, que dedicou a produtos orientados ao
comercio (vide, oliva, froitas, hortalizas). Os cultivos novos como a pataca permitiron unha
mellora da calidade de alimentación e apoiaron á transformación dos c. tradicionais. Tamén
se levou a cabo unha substitución do sistema bienal polo trienal nalgunhas zonas.

A formación dun mercado interior foi unha necesidade e desafío básico para a economía
española. O Antigo Réxime deixou un legado limitacións xurídicas e deficiencias na estrutura
dos transportes que facía inevitable implantación do policultivo en cada zona. A relevancia
dos mercados comarcais era vital neste contexto, particularmente nas áreas interiores, máis
illadas das rutas comerciais e da posibilidade de obter subministros doutros lugares. As
reformas liberais intentaron modificar esta realidade estimulando o desenvolvemento do
comercio de cereal desde a zona de Valladolid ata a Santander e desde aí ata Cataluña que á
súa vez enviaba aceite, viño, papel ou xabón. Coa chegada e expansión do ferrocarril, o
transporte fíxose máis rápido e económico, favorecendo a articulación do mercado. A pesar
de todo, España tiña unha economía dual: zonas modernizadas cun mercado de intercambio
de produtos relativamente dinámico e zonas ancoradas no comercio comarcal e no
autoabastecemento.

A evolución dos produtos agrarios non foi allea ás distintas coxunturas do século XIX. O
trigo, trala crise de principios de século, recuperouse de 1840 en diante. As razóns foron
estabilidade política e o mercado proteccionista que intentaba librar aos agricultores casteláns
de competencia exterior. A vide adquiriu unha importancia crecente, cunha maior aceptación
social dos seus produtos (viño, uva e uva pasa) no mercado exterior. A expansión destes
cultivos cuadriplicouse e a produtividade dobrouse. España, favorecida pola crise da filoxera
(un insecto parásito da vide), transformouse na primeira potencia mundial entre 1868 e 1878.
Non obstante, a chegada da praga causou unha crise que non se superou ata final de século.
Polo seu lado, o aceite tiña gran demanda exterior, sobre to- do nos países
hispanoamericanos. Como resultado, os oliveiras expandíronse en Andalucía, Aragón e
Cataluña.

No ámbito gandeiro, temos que destacar a supresión definitiva da Mesta en 1836. A Mesta
fora un poderoso gremio gandeiro que durante moito tempo disfrutou de grandes privilexios
para favorecer a actividade gandeira en detrimento da agricultura. A drástica redución dos
pastos comunais debido aos procesos desamortizadores (Mendizábal e Mádoz) provocou un
forte descenso numérico das cabezas de lañar (ovellas e cabras), mentres crecían as especies
dedicadas a obtención de leite e a carne para unha poboción española cada vez máis
abundante. No último terzo do século XIX tivo lugar unha crise profunda no sector gandeiro
xa que España tivo que afrontar a entrada no mercado mundial de potencias (Arxentina,
Australia e Estados Unidos) con novas e amplas explotacións que traballaban con baixos
custos.

2. O proceso de desamortización

A desamortización é un proceso socioeconómico levado a cabo por influencia da Ilustración


desde fin do sécul. XVIII e durante o s. XIX. As desamortizacións consisten en poñer no
mercado, previa expropiación forzosa e mediante subasta pública, as terras e bens que ata
entón non se podían enajenar (vender, ceder ou doar) e que están no poder das “mans mortas”
(entidades eclesiásticas e civís). O fin é obter ingresos extraordinarios para amortizar os
títulos de débeda pública, acrecentar a riqueza nacional e crear unha burguesía e clase media
de propietarios que cultivaran en condicións capitalistas para que o Estado puidera recadar
maiores impostos.

Xunto coa abolición do réxime señorial e a disvinculación, a desamortización conforma a


triloxía da reforma agraria española do século XIX. A desamortización ten como obxecto a
instauración dunha propiedade plena, libre e individual que permita maximizar os
rendementos e capitalismo do campo. A entrada destes bens no mercado efectuouse mediante
poxa no caso de propiedades plenas e por medio da rendención polo censatario no caso de
dereitos. Outros dos seus obxectivos foi reunir o apoio dos compradores de bens nacionais á
causa nacional e debilitar así as bases económicas dos inimigos da revolución liberal. Os
títulos adquiridos dos propietarios serían vinculados á fortuna do réxime político. Por último,
o produto das vendas sería aplicado á amortización da Débeda Pública e contribuiría a paliar
as crecentes necesidades facendísticas do Estado.

Unha primeta etapa (1766-1798) comprendeu a Guerra de Convención, que produciu un


aumento da débeda; a desamortización de Manuel Godoy (1798), de bens raíces de hospitais,
hospicios, ca- sas de misericordia ou confrarías, empregado en débeda pública; e venda da
sexta parte das propie dades eclesiásticas entre 1798 e 1805. Unha segunda fase (1808-1814)
correspondeu á desamor- tización impulsada durante a Guerra de Independencia pola
administración de Xosé I Bonaparte e polos lexisladores reunidos nas Cortes de Cádiz. As
Cortes de Cádiz estableceron unha lexislación desamortizadora básica, cuxa principal
expresión atópase no decreto 13-9-1813 e encerra todos os principios e mecanismos xurídicos
da posterior lexislación. A norma quería modificar a estrutura da propiedade e achegar
recursos ao erario público. As propiedades afectadas era os dos afrance- sados, os bens dos
xesuítas e das ordes militares, os conventos e mosteiros afectados pola guerra, etc. A volta do
absolutismo, non obstante, anulou estas medidas en 1814. Durante o trienio liberal, o decreto
27-9-1920 suprimiu as vinculacións e os morgados. Alcanzou a bens mobles e inmobles,
foran eclesiásticos ou estatais. En 1824, anulouse este decreto e reintegráronse as propiedades
sen devolución de prezos pagos nin indemnizacións.

En 1836, o proceso de desamortización experimentou un impulso decisivo grazas aos


progresistas e Mendizábal. Un decreto de 19-2-1836 declarou en venda todos os bens das
ordes relixiosas supri- midas (xesuítas entre eles) e outro decreto de 9 de marzo ampliou a
medida aos restantes colexios, conventos e demais casas de relixiosos varóns. En xaneiro de
1837, decretouse a devolución aos seus compradores dos bens nacionais vendidos durante
trienio liberal. Un decreto de xullo suprimiu o décimo e determinadas institucións relixiosas
femininas, así como estableceuse a manuntención do clero secular polo Estado. A
desvinculación, que rematou coa propiedade de morgado, levouse a cabo mediante o decreto
30-8-1836 e a lei de 19-8-1841, que concretaba a forma de división dos morgados. O verán
de 1837 a Coroa e as forzas liberais alcanzaron unha serie de acordos que per- mitiron
materializar a abolición dos señoríos e a execución da desamortización eclesiástica.

Na valoración global os efectos reais da desamortización foron desfavorables: a situación


deficitaria do Estado non mellorou moito e a propiedade da terra non foi alterada
substancialmente. É dicir, as vellas estruturas de propiedade foron reforzadas pero con novos
propietarios: elites económicas de Madrid e burgueses terratenentes adquiren abundantes
terras no centro e o sur peninsular. Trátase de grupos urbanos que accederon á propiedade
grazas as súas influencias.

En 1844, os gobernos moderados accederon a suspender a venda de terras decretadas por


Mendi- zábal, determinando a devolución á Igrexa dos bens que aínda non foran vendidos
(case a metade). Polo Concordato de 1851, a Igrexa recobrou o dereito de adquirir bens
inmobles e recuperar anti- gos bens da súa propiedade sen vender. A volta dos progresistas
trouxo consigo a desamortización de Madoz (1855), declarando en venda tanto bens civís e
eclesiásticos de mans mortas. O volume de vendas duplicou o da desamortización de
Mendizábal e desenvolvouse durante todo o s. XIX, dando lugar a un amplo e intenso
proceso de transformación de propiedades amortizadas en prop. libres e circulantes. Para o
caso clerical, a desamortización afectou ao clero secular, vendéndose un terzo de bens total.
Para o caso civil, os bens de propios e comunais dos Concellos constituíron o maior volume
de vendas. As propiedades municipais pasaron a mans de latifundistas, sobre todo no centro e
sur peninsular, empobrecendo aos campesiños e incrementando a conflitividade social no
campo a longo prazo.

3. A particular incorporación de España ao proceso de industrialización

Dende finais do século XVIII, nalgunhas zonas, os tecidos de la eran substituídos polo
algodón, o tecido base da industrialización. En Cataluña, as innovacións técnicas no sector
téxtil seguían moi de preto as de Gran Bretaña. Cataluña era o centro máis importante e con
maior número de obreiros. A Guerra de Independencia, non obstante, truncou este proceso
industrial. A perda do mercado colonial freou as exportacións e a languidez do mercado
interior lastraba un intento de recuperación industrial. Afortunadamente, cara a 1825 supérase
esta fase de crise e a industria textil empregou a miles de obreiros.

O auxe da industrialización catalá queda patente polo aumento dos investimentos, cuxa
procedencia foi maioritariamente de prósperos negocios en Cuba e das transaccións
comerciais efectuadas. A industria algodoeira catalá triplica a súa produción entre anos 1830
e 1840. A mediados de século, o tecnología baseada en vapor empeza a utilizarse. Entre 1842
e 1851, o investimento multiplícase por oito e instálanse importantes industrias en Barcelona.
Cataluña transfórmase no cuarto produtor téxtil a nivel mundial, a pesar de que os baixos
salarios da poboación limitan a demanda e a articul. dun mercado nacional. Coa guerra de
Secesión dos Estados Unidos, non obstante, a industria téxtil estáncase ante a redución das
exportacións.

No sector siderúrxico, o papel dos Altos Fornos Heredia é importante nun primeiro núcleo
andaluz: altos fornos son instalados en Cazalla de la Sierra, Huelva e Málaga. A
continuación, establécense núcleos siderometalúrxicos en Asturias e País Vasco, ampliados á
industria naval e do ferrocarril. A primeira empresa de Asturias foi a Real Compañía
Asturiana de Minas de Carbón (1833), pero as primeiras produción foron baixas. A minaría
regulaméntase entre 1839-1855, constituíndose varias sociedades dominadas por capitais
franceses, ingleses e belgas. Non obstante, os recursos mineiros non atraeron suficiente
investimento para desenvolver unha industria nacional, excepto no caso do ferro por parte da
nacente industria siderúrxica vasca. Outro problema é o maior prezo do carbón español, en
comparación ao inglés, debido a súa baixa calidade, pequeno tamaño e dificultades de
extracción.

No ámbito mineiro español, podemos distinguir dous períodos no século XIX. O primeiro
defínese polo predominio do capital español e as pequenas dimensións das instalacións. Este
feito impediu a acumulación de grandes fortunas que producisen un desenvolvemento das
economías rexionais. A Lei de minería (1825) axudou a un certo auxe, sobre todo en
Cataluña, pero a conflitiva situación de España nos anos trinta prexudicou seriamente aos
investimentos. Un segundo período tivo lugar no Sexenio democrático, aprobándose a Lei de
Bases da Minería (1868). Isto permite a creación das Sociedades Mercantís (1869),
permitindo a entrada de capitales estranxeiros e a formación de compañías de explotación dos
recursos mineiros. O ferro e a pirita de cobre son os produtos máis buscados.

Biscaia foi o foco principal de aproveitamento do ferro: en primera instancia, para a


exportación a Inglaterra (necesario para a obtención de aceiro de calidade); e en segundo
lugar, a partir dos 80 é preciso para o desenvolvemento da súa industria siderúrxica. Os
inconvenientes a superar foron a carestía de carbón, a falta de capitais e a insuficiente
protección arancelaria. En 1902, Altos Fornos de Biscaia naceu a partir da fusión de grandes
empresas siderúrxicas e prolongou a súa vida como empresa clave do sector durante case
todo o século XX.

No proceso de industrialización, a modernización das infraestruturas por medio da


construción do ferrocarril foi esencial. A construción da rede ferroviaria empezou
tardíamente polas guerras civís, a difícil orografía, etc. O primeiro ferrocarril, Barcelona-
Mataró, inaugurouse en 1848. A lentitude do ritmo de construción dominou ata a Lei xeral de
ferrocarrís (1855), que estimulou o trazo de novas liñas con subvencións ás compañías e
exencións na importación de equipos, polo que a capital de España pronto estaba unida con
varios puntos do litorial. Non obstante, o apoio ao ferrocarril foi o froito da especulación e a
rendibilidade dos trens foi escasa, explotados por compañías moi sub- vencionadas nas que o
capital francés era maioritario. Desde unha óptica máis positiva, o ferrocarril tivo un gran
impacto na vida nacional: a comercialización da agricultura, acercando produtos frescos aos
mercados urbanos; as cidades abiraron espazos para a construción de estacións, situándose no
interior dos cascos urbanos; a mobilidade da poboación aumentou; entre outros efectos.

4. O sistema financeiro e a coxuntura a finais de século

O sistema financeiro impulsou decisivamente o proceso de expansión económica, cos bancos


sendo unha peza imprescindible da revolución industrial. Cando a cuxuntura de expansión e
crecemento esixía uns instrumentos de apoio para o despegue comercial e industrial os
gobernos promulgaron unha normativa capaz de fomentar o desenvolvemento dos
establecementos bancarios. En 1844, o industrial e financeiro Xosé de Salamanca fundou o
Banco de Sabela II, competidor do Banco de San Fernando. Este fora convertido, trala
reforma de Facenda de Mon-Santillán, no órgano banca- rio que apoiaba ao Estado. En 1847,
ambos bancos únense e, máis tarde, obtén o nome de Banco de España (1856). No Sexio
Democrático, este banco obtén o monopolio da emisión de billetes.
A lexislación bancaria de 1856 contemplou a existencia de sociedades de crédito (Crédito
Mobilia- rio, Sociedade Española Mercantil e Industrial e Compañía Xeral de Crédito) e
bancos de emisión (Banco de Santander e Banco de Bilbao). Tamén se crearon novas
entidades en Sevilla, Valladolid, Zaragonza, A Coruña, etc. Todas elas posibilitaron e
apoiaron os negocios a escala local. O capital estranxeiro das sociedades de crédito investiuse
en ferrocarril, minas, etc.

A finais do s. XIX, os problemas comerciais sufridos por agricultores castelás e industriais


cataláns do téxtil permite a súa unión para esixir unha política proteccionista, materializada
na Lei Arancelaria de 1891. Desta forma, ambos grupos puideron disfrutar case en exclusiva
do comercio interior de España e dos mercados coloniais. Dende 1890 a 1914, vanse
perfilando os trazos representativos dunha sociedade máis moderna e avanzada,
manifestándose na formación dun sector bancario moi importante en mans de financeiros
españoles, no crecemento da industria siderometalúrxica e a cre- ación das primeiras plantas
de produción de enerxía eléctrica. Con todo, os trazos dunha economía dual perduraron en
España.

5. Crecemento demográfico e cambio social

A poboación española creceu duns 10 millóns a uns 18 millóns de habitantes do principio ao


final do século XIX. O crecemento acentuouse durante o último cuarto do século XIX e o
primeiro terzo do século XX. As taxas de natalidade e mortalidade descenderon lentamente
nese período, pero os facelementos diminuíron a maior velocidade que os nacementos. A
evolución da poboación activa por sectores económicos tamén foi moi lenta, cun ⅔
traballando no sector primario en 1900. Este lento crecemento tamén se ve na poboación
urbana, cun 32% de españois vivindo en núcleos de máis de 10.000 habitantes aínda que as
cidades aumentaron de tamaño e desenvolveron grandes ensanches. Os movementos da
poboación tamén teñen relevancia: entre 1900 e 1920, dous millóns de españois emigraron a
América Latina ou ao norte de África.

En xeral o crecemento da poboación non se pode relacionar facilmente co éxito


socioeconómico da España decimonónica. A expansión demográfica non foi acompañada de
transición demográfica. A poboación aumentou no campo pola erradicación da peste e a
expansión dos cultivos da pataca e o millo. Non obstante, as epidemias (febre amarela e
cólera) continuaron e as crises de subsistencias e as fames foron frecuentes, cebándose coas
clases humildes.

A sociedade decimonónica distínguese entre sociedade sabelina e sociedade da Restauración.


As dúas teñen elementos comúns, pero teñen trazos moi distintos polos cambios políticos,
económicos, culturais e técnicos.

Na sociedade sabelina, a primeira vista a nobreza perdeu o seu papel na nova sociedade de
clases debido á desaparición do estatus privilexiado e a abolición dos señoríos. Non obstante,
os nobres seguen tendo un enorme poder: a desamortización non afectou á propiedade
nobiliaria, o Senado é un lugar reservado para a nobreza de sangue, a influencia no goberno e
o consello continúa se ben deixa de ser determinante pola ausencia de preparación
administrativa nunha sociedade liberal, etc. A sociedade burguesa e aristocracia
aproximáronse nun dobre proceso de aburguesamento da no- breza, polo desenvolvemento de
novas funcións na administración, a vida política e as finanzas; e de ennobrecemento da
burguesía, querendo a posición máis prestixiosa da nobreza.

Dentro dos niveis máis altos das clases medias, distinguindo entre aqueles con fortuna
económica e aqueles definidos polo desempeño de actividades liberais ou cargos importantes
na Administración, cristalizou unha conciencia de grupo derivada da posesión de voto e o
control da prensa, a opinión e a vida social. A mentalidade burguesa defínese polo carácter
sagrado da propiedade, a exaltación da orde e o medo á revolución popular e o pensamento
plutocrático (resumindo en: diñeiro=talento, pobreza=estupidez). Outros grupos, con menor
riqueza, nas clases medias foron os que exercían profesións liberais e os funcionarios.

Un grupo social que ter en conta son os militares. A cuxuntura bélica de inicios do XIX
(Guerra de Independencia, Primeira Guerra Carlista, etc) fixo que obtiveran un inmenso
protagonismo na vida política decimonónica. Os xenerais de prestixio (Espartero, Narváez,
O’Donell, Serrano Domínguez e Prim) lideraban os partidos políticos e usaban o
pronunciamento para intentar facerse co goberno ou condicionar o seu rumbo. Trátase dos
espadóns, militares que facían unha carreira política. Este fenómeno repetiuse unha e outra
vez durante o reinado de Sabela II: o motín da Granxa (1836), as xuntas revolucionarias de
1840, a Vicalvarada (1854), etc.

Nos estratos máis humildes, o proletariado español tivo un papel menor pola industrialización
tardía e as súas reducidas dimensións. Outro grupo social foron os campesiños, afectado pola
alta presión fiscal e o analfabetismo. Esta pésima situación estimulou a emigración
transoceánica e o transvase cada vez máis abundante de homes do campo á cidade e as
comarcas agrícolas do sur ás industriais do norte.

A sociedade da Restauración caracterizouse pola polarización cada vez máis clara entre as
clases acomodadas e os clases traballadoras. As razóns foron a estratexia do poder político, o
avance das formas de produción industrial e as formas de vida urbana.

Nas clases altas, achamos a convivencia entre nobreza, burguesía terratenente, industrial e
mercantil e funcionarios e profesionais liberais de alto nivel económico. A nobreza
tradicional, esencialmente latifundista, foi perdendo importancia relativa na sociedade da
época aínda que mantiña o prestixio e relacións cos sectores adiñeirados. Entre as clases
medias atopábanse a maioría dos profesionais liberais: avogados, médicos, profesores, etc. O
seu número dobrouse durante o reinado de Afonso XIII. O mesmo ocorreu cos burócratas e
os propietarios medios do campo e a cidade.

As clases populares constituían unha ampla maioría da poboación: asalariados do campo e


cidade, pequenos propietarios e arredantarios agrícolas. A poboación campesiña continuaba
sendo a máis numerosa, pero nas primeiras décadas do s. XX hai unha redución do número de
agricultores e os xornaleiros redúcense á metade entre 1875 e 1930. As condicións de vida
melloraron ao longo do primeiro terzo do século, pero temos graves problemas na España
rural. Os movementos obreiros foron adquirindo cada vez máis forza reivindicativa a pesar
das reformas legais. A muller ocupou un plano secundario nas relacións laborais, destacando
no servizo doméstico e, en Cataluña, no téxtil.

49. A II República e a guerra civil

1. A caída da ditadura e o camiño cara a república


Segundo García Queipo de Llano, a decadencia da ditadura de Primo de Rivera inicia a
mediados de 1928. Neste momento coinciden unha serie de factores: o agravamento da
diabetes do ditador, que pouco despois foi a razón da súa morte; o fracaso da ditadura en
instaurar un réxime novo, con Primo de Rivera intentando propoñer outras alternativas pero
ningunha aceptada; o papel crecente da oposición, sumando monárquicos, republicanos,
nacionalistas, socialistas, anarquistas e estudian- tes; as conspiracións armadas contra o
réxime, protagonizadas por un sector do exército; e a crise monetaria e financeira, coa
depreciación progresiva da peseta a partir 1928 e os efectos do crack do 29.

Coa dimisión do xeneral Miguel Primo de Rivera en xaneiro de 1930, o monarca intentou
devolver o debilitado réxime monárquico á senda constitucional e parlamentaria: encarga
formar goberno ao xeneral Dámaso Berenguer e comeza o breve período coñecido como
“Dictablanda” (1930-1931). A solicitude real foi imposible de cumprir: os partidos dinásticos
xa non existían, Unión Monárquica Nacional (antes Unión Patriótica, o partido único da
ditadura) non lle ofreceu apoio, a lentitude das medidas liberalizadoras non axudou e os
apoios en xeral eran escasos. O fracaso do militar causa a súa substitución polo almirante
Aznar, que forma un goberno de concentración formado polo sector máis oligárquico do
capitalismo e o alfonsismo, así como polo conservadorismo catalán da Lliga.

Os cambios sociais e a identificación entre ditadura e monarquía explican a resposta


desfavorable ao restablecemento da Restauración e o auxe do republicanismo nas cidades.
Neste contexto, ten lugar o Pacto de San Sebastián (1930). Unha reunión promovida por
Alianza Republicana na que se acordou poñer fin á monarquía de Afonso XIII e proclamar a
república. Aquí reuníronse grupos distintos: conservadorismo republicano de Alcalá Zamora
(Dereita Liberal Republicana); o catala- nismo republicano de Estat Catalá e Acció Catalana
(Maciá); o rexionalismo galego de ORGA de Casares Quiroga; o centro-esquerda de Azaña;
o radicalismo de Lerroux e o federalismo de Marc. Domingo. Máis tarde, incorpóranse UXT,
CNT e PSOE.

Aznar anunciou a celebración de eleccións municipais o 12 de abril de 1931 co fin de


comprobar os apoios reais á coalición monárquica e a conxunción republicano-socialista. O
resultado electoral foi favorable aos republicanos, gañando en 41 de 50 capitais de provincia.
As zonas rurais foron conquistadas polos monárquicos debido aos mecanismos caciquís. O
martes 14 de abril proclaman a República dende os balcóns ocupados polos novos
concelleiros e o rei Afonso XIII abandonou o país.

2. O goberno provisional e a Constitución de 1931

A instauración da república española prodúcese nun marco definido polo retroceso


democrático derivado da subida ao poder das forzas fascistas en diferentes Estados (Alemaña,
Italia, Grecia) e a repercusión do crack 29. A República tratou de establecer un réxime
democrático, descentralizado, rexeneracionista e de inspiración laica. O 14 de abril de 1931,
constituído o Comité revolucionario en Goberno provisional, proclamouse a II República. A
composición respondeu á unión das forzas políticas do Pacto de San Sebastián, é dicir,
formado por unha coaliación republicano-socialista que ostentou o poder ata a aprobación da
Const. de 1931 e a formación do primer goberno ordinario o 15/12/1931. Foi liderado por
Alcalá Zamora e máis tarde por Manuel Azaña.

O primeiro decreto do goberno provisional estableceu, entre outras cuestións, amnistía para
delitos políticos cometidos na ditadura, personalidade xurídica dos sindicatos, concesión de
garantías aos propietarios e requerimento dos militares de prestar xuramento de fidelidade á
Segunda República. A partir de aquí o goberno debe solucionar a cuestión catalá e levar a
cabo medidas e reformas no ámbito relixioso, militar e laboral. Un primeiro problema foi
afrontar a proclamación da República Catalá por Francesc Maciá. O asunto resolveuse
rapidamente: Alcalá Zamora pacta a formación do goberno provisional da Generalitat,
aceptado por case todos os partidos catalás.

No ámbito relixioso, a actitude da Igrexa Católica ante a república foi moderada coa
excepción dun sector numeroso do episcopado formado por bispos integristas estaba en
contra da república. Non obstante, as protestas e críticas foron incrementándose por distintas
razóns: a queima de conventos, afectando a uns cen edificios e institucións relixiosos entre o
10 e o 13 de maio ante a lenta reacción do goberno; as medidas de separación do Estado e a
Igrexa, especialmente as referidas a ensinanza relixiosa; a detención e expulsión do cardeal
Segura, cuxa pastoral desatou a ira de republicanos e socialistas; e o caso Echeguren, co
goberno suspendendo as facultades de venta dos bens de todo tipo da Igrexa Católica e as
ordes relixiosas.

No ámbito laboral, o proxecto de Largo Caballero consistía en crear un marco legal que
dotara aos traballores de seguridade laboral na contratación. As dúas pezas básicas do
proxecto foron a Lei de Contratos de Traballo, pola que se regulan os convenios colectivos e
dictaminaba as condicións de suspensión e rescisión dos contratos; e a Lei de Xurados
Mixtos, que extende o sistema de xu- rados mixtos á industria e os servizos. Estas leis tamén
establecen o dereito a vacacións pagadas, a protección do dereito de folga, garantía de salario
mínimo, etc.

No ámbito electoral, as eleccións de 1931 supuxo o triunfo do centro-esquerda pola desunión


da dereita, a unidade da coalición republicano-socialista e a abstención da CNT. A lei
electoral axudou polos cambios nos distritos e o apoio á lista maioritaria. O peso dos distintos
partidos manifestouse na orientación da Constitución de 1931: os republicanos ofrecen o
sentido autonomista e anticlerical e o PSOE unha ampliación de dereitos no social. A
Constitución é aprobada en decembro de 1931 por maioría ante a ausencia da dereita.

Os trazos máis importantes foron: soberanía nacional; división de poderes, cun poder
executivo de carácter dualista (Presidente da República e o do Goberno), un poder lexislativo
que ten unha única cámara (Congreso dos Diputados) e poder xudicial cun Tribunal Supremo
e Tribunal de Garantías Constitucionais; separación Igrexa-Estado, establecendo república
laica e suprimindo retribución do clero; declaración de dereitos, que en caso de violación
irase ao Tribunal de Garantías; renuncia á guerra; ensino primario universal, obrigatorio e
gratuíto; e establecemento dun Estado integral, onde se recoñece a autonomía das rexións.

3. O Bienio reformista (1931-1933)

3.1. Reformas

O Bienio reformista é a etapa da II República na que goberno republicano-socialista presidido


por Azaña dirixe o país entre decembro de 1931 e setembro de 1933. A situación política
defínese polo abandono de Alcalá Zamora (agora presidente) e Maura do goberno e a
separación de Lerroux e o seu partido da maioría republicana-socialista. O goberno de Azaña
caracterizouse polo reformismo autoritario, establecendo numerosas reformas nun curto
tempo.
No ámbito militar, Azaña realiza unha reforma militar cuxo obxectivo era lograr un exército
moderno e republicano. Para elo fixo fronte á macrocefalia do exército, derivada do
clientalismo e as guerras coloniais; e quixo crear unha milicia profesional de carácter
politicamente neutro. As súas medidas incluíron retiros extraordinarios, a anulación dos
ascensos durante a ditadura, o peche da Academia de Zaragoza e a redución do número de
divisións. En xeral, a reforma conseguiu desinflar parte do exército de mandos superfluos,
pero tivo poucos efectos eliminando a oposición republicana.

No ámbito relixioso, os constituíntes optaron por unha fórmula de confrontación fronte á


Igrexa ao impor un modelo anticlerical e non buscar consenso coa dereita católica e
republicana. A contenda era inevitable debido ao establecido no artigo 26, que impón a
disolución da Compañía de Xesús, a prohibición do ensino polas ordes relixiosas, o fin do
financiamento do clero, etc. Como resultado, prodúcese unha fractura política e social entre
católicos e republicanos. A Igrexa Católica empeza unha campaña con movilizacións e
protestas a favor da revisión da Constitución. Outras polémicas foron o establecemento do
divorcio e o matrimonio civil, a secularización dos cemiterios, etc.

No ámbito agrario, o problema derivaba das estruturas herdadas desde o Antigo Réxime e o
século XIX: un modelo agrícola pouco tecnificado cunha problemática respecto a latifundio.
A terra estaba deigualmente repartida e a man de obra vivía en condicións moi precarias. Un
problema que, sobre todo, afectaba ao centro e sur da península. O problema urxente porque a
exasperación dos xorna- leiros provocou sucesos como Castilblanco ou Arnedo, onde morren
campesiños e gardacivís por culpa dos enfrontamentos. A Lei de Reforma Agraria (1932)
dirixiuse á supresión do latifundio, con expropiacións e indemnizacións. O problema é que a
aplicación da lei encomendóuselle ao Instituto de Reforma Agraria, cuxa organización era
confusa e non tiña medios adecuados. A oposición da oligarquía agraria tampouco axudou. O
resultado foi un intento de reforma.

No ámbito da estrutura do Estado, as demandas nacionalistas de Cataluña e País Vasco fan


preciso unha nova organización. A segunda república facilita que algúns territorios,
entendidos como rexións con peculiaridades culturais e tradición histórica, teñan a
posibilidade de autonomía. O novo modelo recibe o nome de estado integral, unha especie de
estado federal que recoñece a autonomía dalgúns territorios. En Cataluña, o catalanismo é
unha forza transversal con numerosos apoios sociais, des- tacando Lliga Regionalista,
Esquerra Republicana de Catalunya, etc. Trala constitución do goberno catalán (Generalitat)
elabórase un Estatuto. O Estatuto de Nuria foi votado por unha ampla maioría, considerando
o catalán idioma cooficial e establecendo un parlamento catalán.

En País Vasco, achamos un nacionalismo más tradicionalista e conservador, relacionado a


burguesía de Bilbao. A súa forza hexemónica é o Partido Nacionalista Vasco (PNV),
conservador e católico, que incorpora sectores do campesiñado e poboación urbana. O
problema do Estatuto vasco non se resolveu no bienio reformista, fracasando dous estatutos.
En Galicia, a formación política importante é o Partido Galeguista, con diferentes correntes
no seu seno. O proceso de aprobación do estatuto foi moi lento polas divisións internas.

Outras reformas do bienio reformador foron sociais e educativas. Por un lado, as disposicións
máis discutidas foron a Lei de Termos Municipais, que obrigaba aos patróns a contratar
obreiros da súa mesma localidade; e a Lei dos Xurados Mixtos, pola escasa imparcialidade na
elección e o mono- polio da UXT. Por outro lado, Marcelino Domingo e Fernando de los
Ríos apostaron polo ensino primario e a extensión da cultura mediante organización de
misións pedagóxicas.

3.2. Final do goberno de Azaña

O programa de reformas de Azaña tivo unha gran oposición: monárquicos e anarquistas. Por
unha parte, a evolución ideolóxica do monarquismo tendeu á adopción dun programa
antidemocrático e xerouse unha unión entre afonsinistas e carlistas. O seu pensamento e
intereses foron difundidos en Acción Española (1931), unha revista de carácter conservador e
antirrevolucionario. Tamén xorden dous partidos conservadores: CEDA e Renovación
Española. Como resultado desta oposición, en 1932 prodúcese a Sanjurjada, un errado golpe
de estado realizado por parte do exército español liderado polo xeneral Sanjurjo desde
Sevilla. Os responsables foron figuras liberais da vella política.

Por outro lado, os anarquistas sublévanse en numerosas ocasións co fin de instaurar o


comunismo libertario. As insurreccións suceden no ámbito rural empregando un mesmo
esquema: sublevación da poboación e toma do concello ou incendio do Rexistro da
Propiedade. Neste contexto, ten lugar os sucesos de Casas Viejas (1933). O intento de
detención dun anarquista apodado “Seis Dedos” deu lugar ao asasinato dos ocupantes da
choza na que se refuxiaba e doce veciños máis. A pesar da destitución do capitán Rojas, os
feitos foron un escándalo que danou a reputación do goberno republicano.

4. O Bienio Radical-Cedista e a revolución de 1834

O Bienio conservador constituíu o período comprendido entre as eleccións xerais de


novembro de 1933 e as de febreiro de 1936 durante o cal gobernaron os partidos de centro-
dereita republicana encabezados polo Partido Republicano Radical de Lerroux, aliados coa
dereita católica da CEDA e o Partido Agrario. A diferenza da relativa estabilidade política do
primer bienio, o segundo foi un período no que os gobernos presididos polo PRR tiveron un
promedio de tres meses de vida e se turnaron tres presidentes distintos.

Nas eleccións de novembro de 1933, a CEDA intenta aglutinar o voto das clases medias e
acomo- dadas e os propietarios minifundistas en torno a tres grandes eixes: revisión das
realizacións laicas do bienio, defensa da economía nacional e amnistía para os responsables
da Sanjurjada. O centro republicano e a esquerda acoden separados, coa CNT pedindo a
abstención e os socialistas toman do a postura máis radical de Caballero. Os resultado foi a
vitoria da dereita e centro dereita grazas á coalición formada entre eles. Non obstante, a
imposibilidade dun goberno de partido único fai que Lerroux lidere o goberno co apoio da
CEDA.

O primeiro goberno de Lerroux caracterizouse máis por rectificar as reformas do primer


bienio que en anulalas: intento de Concordato, reforzo da reforma agraria, devolución das
propiedades nobilia- rias confiscadas en 1932, derogación da Lei de Termos Municipais, etc.
A súa meta era incorporar á república á dereita accidentalista (CEDA e Partido Agrario). Non
obstante, a CEDA consideraba a rectificación unha debilidade. Doutra banda, a cuestión da
amnistía causou un enfrontamento entre Lerroux e Alcalá Zamora, resolvéndose
favorablemente pero substituíndo a Lerroux por R. Samper no poder.

A partir de aquí, os gobernos do Bienio Radical teñen que afrontar as tendencias


revolucionarias na esquerda. En primeiro termo, unha folga campesiña ocorreu no verán de
1934 polo descenso dos salarios e o maximalismo dos seus dirixentes. O goberno logrou
liquidala con facilidade pola falta de apoio do sindicalismo urbano. A continuación,
sucedeuse un conflito moi grave en Cataluña a causa da cuestión agrícola dos rabassaires, un
sindicato de vicultores non propietarios. A lei de contratos de cultivo tiña como obxectivo
permitirlles o acceso á propiedade, pero o conflito de competencias fai que o Tribunal de
Garantías declárea inconstitucional. En País Vasco, agudizouse o conflito auto- nómico ante
o rexeitamento da dereita do Estatuto vasco e o agravio na modificación do concerto
económico.

Os sucesos de Cataluña e País Vasco levan a Gil Robles a un cambio de postura, esixindo
entrar no goberno. A crise foi resolta por Alcalá Zamora por medio dunha solución
moderada: concesión das carteiras de Agricultura, Traballo e Xustiza a CEDA. O cambio de
gabinete fixo estalar unha folga en toda España polo desacordo dos grupos republicanos de
esquerda. Neste momento sucédense dous graves problemas: a proclamación do Estado
Catalán e a Revolución de Asturias. Por un lado, o triunfo de ERC nas eleccións catalás de
1932 e a crise política con Madrid pola Lei de Contratos de Cultivos de 1934 fan que Lluís
Companys, presidente da Generalitat, declare a República Catalá o 6 de outubro de 1934. O
rebelión fracasou inmediatamente pola desorganización e a ausencia de apoios na esquerda,
sendo liquidada polo exército.

A Revolución de Asturias foi un movemento folguístico revolucionario producido en outubro


1934. Este movemento foi impulsado desde amplos sectores e importantes dirixentes do
PSOE e UXT (Largo Caballero ou Indalecio Prieto) e de forma desigual pola CNT-FAI e o
PCE. Os principais focos da rebelión foron Asturias e Cataluña, con importancia dos sucesos
en Ferrol, as concas mi- neiras de Castela a Vella e León e a provincia de Valladolid. En
Asturias, UXT e CNT pactan unha alianza e os mineiros logran apoderarse boa parte da
provincia e cercaron Oviedo. Para solucionar o problema, o goberno recorre á ocupación
militar con bombardeos aéreos, represión sistemática e intervención do exército colonial.

Finalmente, a crise e o fin do bienio acaban por chegar. Os gobernos de Lerroux en compañía
dos ministros cedistas definíronse por ser etapas de esterilidade onde no existiu cohesión
interna nin foi posible sacar case ningunha lei. Un problema foi a cuestión catalá, con Ceda e
os radicais suspen- dendo o estatuto catalá e presentando unha reforma para limitar os
Estatutos. Outros asuntos foron o establecemento de militares africanistas (Franco, Goded, ...)
no Ministerio de Guerra e a elabora- ción dunha contrarreforma agraria. A finais de 1935, os
escándalos de corrupción dos radicais fan que haxa unha ruptura coa CEDA e as Cortes se
disolvan para celebrar novas eleccións.

5. As eleccións de 1936 e a fronte popular

Previamente ás eleccións de 1936, os partidos políticos levaron a cabo distintas accións para
gañar. En 1934, Manuel Azaña logra formar unha federación de esquerdas republicanas:
Esquerda Repu- blicana, Acción Republicana, ORGA e o Partido Radical-Socialista. Desta
unión da esquerda repu- blicana e do sentido estratéxico de Indalecio Preto naceu Fronte
Popular (1935). Ante a coalición de esquerda, a dereita intentou crear unha fronte homoxénea
(Fronte Nacional), pero non se logrou porque a CEDA, no seu intento de obter o poder e
evitar o triunfo da esquerda, aliouse nunhas cir- cunscripcións coas forzas antirrepublicanas e
noutras coa centro-dereita republicana dando lugar a que fora imposible chegar a un
programa común. Os resultados electorais deixaron un país dividido entre dúas tendencias,
con vitoria da Fronte Popular; e o fracaso desastroso do centro, que obtivo un 5% dos votos.
Dende o inicio, o novo goberno liderado por Manuel Azaña sufriu moitos problemas. Tras
realizar a amnistía dos condenados nos sucesos de 1934, o primeiro fallo foi a destitución de
Alcalá Zamora e a súa substitución por Azaña na presidencia da república. A continuación,
ofrecéuselle formar go- berno a Indalecio Preto, pero o grupo socialista controlado por Largo
Caballero rexeitou esta invi- tación, e o posto de líder do goberno foi ocupado por Casares
Quiroga. Outras cuestións abordar foron o restablecemento da Generalitat, a elaboración dos
Estatutos País Vasco e Galicia e a volta a retomar a reforma agraria.

Neste contexto, nos meses previos á Guerra civil, prodúcese unha crecente desorde pública
que foi unha das causas do colapso do réxime. A radicalización política por parte de
comunistas, socialistas e fascistas e os enfrontamentos entre grupos paramilitares falanxistas
e obreiros deu lugar a moitos incidentes violentos: asasinatos, malleiras, folgas, queima de
igrexas, ataques á Garda Civil, etc. Os partidos de centro perdían forza fronte ao crecente
extremismo de ambos bandos. Por unha parte, a posición de Largo Caballero, próxima á
revolución, gañou máis forza no PSOE que as demais. De outro lado, Calvo Sotelo,
monárquico de extrema dereita, estaba empezando a substituír a Gil Robles como líder
parlamentario, e os membros das xuventudes da CEDA pasábanse a Falanxe.

Desde o triunfo da Fronte Popular, os defensores da ditadura preparan unha conspiración


militar a través da actividade clandestina para derribar o goberno. Desde finais de abril de
1936, o xeneral Mola tomou dirección da trama golpista e establece os plans militares e
loxísticos máis elaborados. O exiliado xeneral Sanjurjo asegurou os contactos con italianos e
alemáns para a compra de armas e o adestramento de soldados. José Antonio Primo de Rivera
ofrece as milicias falanxistas a dispo- sición dos militares. O 9 de xullo os conspiradores
alugan o avión británico Dragón Rapide que se encargaría de trasladar ao xeneral Franco a
Marrocos para estar cargo do exército de África, onde se iniciaría a rebelión. O inesperado
asasinato de Calvo Sotelo, non obstante, supuxo o detonante que acelera os preparativos para
a insurrección do 17 e 18 de xullo. Mentres tanto, o goberno non fixo caso das sinais debido a
súa excesiva confianza e pasividade sobre a posibilidade do golpe.

6. A Guerra Civil (1936-1939)

O plan de Mola consistía na declaración do estado de guerra polos capitáns xerais


comprometidos e nunha acción política inmediata coa axuda da dereita civil. Mola prevía a
dificultade de impoñerse nas grandes cidades, onde eran fortes as organizacións obreiras,
pero tiña confianza na posibilidade dun movemento militar converxente sobre a capital. A
fase do pronunciamento desenvólvese entre os días 17 e 21 de xullo. O exército sublevado
controlou sen practicamente necesidade de loita o territorio marroquí; pola presenza dos
militares africanistas; Galicia e Castela-León, zona rural e con predominio de pequenos
propietarios; boa parte da Andalucía latifundista, cos grandes propietarios; en Estremadura,
Cáceres; no norte, Navarra, Álava e o oeste de Aragón. Con máis dificultades, o bando
sublevado logra Zaragoza, a capital de Sevilla, Huelva e Oviedo. Os arquipélagos españois
tamén caen.

A insurrección fracasa na Mancha (excepto Guadalaxara e Albacete), en Badaxoz, en Levante


e Murcia, na Andalucía penibética (excepto Granada), en Asturias (excepto Oviedo), no País
Vasco (excepto Álava), en Cataluña e en Madrid. En definitiva, permanece leal a España
industrializada, onde tiña maior forza o movemento obreiro, había máis poboación urbana e
formas sociais máis e- volucionadas. En principio, os dous bandos buscaron a solución ao
conflito pola forza con medidas similares: a petición de axuda ao exterior e a mobilización de
masas. No desenvolvemento militar da guerra distínguense tres grandes ciclos:

-Desde xullo de 1936, co inicio da guerra, ata marzo de 1937, final da batalla de Guadalaxara.
Ten dúas subetapas. Por unha parte, a guerra de columnas está definida pola presenza de
pequenas uni- dades de soldados de gran mobilidade. A primeira operación militar de
envergadura foi o paso do estreito por parte do exército do norte de África, co apoio de Italia
e Alemaña. O resultado foi un fracaso para a república, que controlaba a zona coa súa frota.
Ante o golpe, a República disolve o exército e crea outro a partir de milicias recrutadas entre
as organizacións políticas e sindicais para a creación dun Exército Popular. En setembro, ten
lugar o enlace entre as forzas sublevadas do norte e o sur a través da Serra de Gredos. Este
feito permitiu designar a Franco como mando único trala morte de Sanjurjo e o fracaso dos
xenerais Goded e Fanjul. A finais de outubro ten lugar o contra- ataque republicano de
Illescas (Toledo), con axuda soviética. Por otra parte, a batalla de Madrid foi un conxunto de
accións durante cinco meses de combate, ciclo ao que pertencen as operacións do Xarama e
Guadalaxara. Esta subetapa constituíu un revés para o plan dos sublevados e condiciona a
prolongación do conflito.

-Desde abril de 1937 ata novembro de 1938.

7. Forzas políticas (1931-1936)

a) Partidos republicanos:

-Dereita Liberal Republicana. Partido conservador, pero de carácter republicano. Representa


a un segmento da burguesía partidaria da modernización do estado. Nos primeros meses vai
apoiar á república, pero pasados os meses alexarase do seu carácter radical inicial. O fracaso
da súa opción política explica o fracaso da estabilización do réxime. Destacan Alcalá Zamora
e Miguel Maura.
-Partido Radical. Un partido de carácter liberal, anticlerical e anticatalanista. Os seus apoios
son os republicanos de dereita e os monárquicos de esquerda. No primer bienio foi a forza
hexemónica da burguesía española. Non obstante, os escándalos de corrupción e a crecente
dereitización política fan que entre en crise e desaparezca en 1936. Destacan Alejandro
Lerroux e Martínez Barrio.
-Acción Republicana. Un partido liberal, progresista, reformista e laico cuxos apoios son a
pequena burguesía, os intelectuais e a clase media. Presidido por Manuel Azaña.
-Partido Radical-Socialista. Un partido que defendía un liberalismo social de raíces xacobinas
cun compoñente moi forte de anticlericalismo. Sufriu numerosas discrepancias internas e
escisións. Os seus líderes foron Álvaro de Albornoz e Marcelino Domingo.

b) Organizacións operarias:

-Partido Socialista Obrero Español. É o partido máis grande, extendido e organizado da


época. É un dos bastións da República, xa que se une nun primeiro momento aos partidos
republicanos para gobernar. Os seus dirixentes foron Largo Caballero, representante da
tradición sindical do partido e responsable da radicalización; Fernando dos Ríos,
representante do socialismo humanista e liberal; e Indalecio Prieto, representante da
colaboración cos republicanos.
-CNT-FAI. Organización sindical que agrupou a un sector moi numeroso, duns centos de
miles de militantes. Nun principio, apoiaban a república, pero logo decepciónanse e
promoven insurreccións. O anarcosindicalismo experimenta un xiro hacia a esquerda.
Destacan Peiró Pestana e Durrut.
-Partido Comunista Español (PCE). Un partido de ideoloxía marxista-leninista que empeza
sendo moi pequeno e un millar de afiliados, pero irá crecendo ao longo da II República
(acada os 100000 afiliados en 1936) e desempeña un papel importante na etapa do Frente
Popular e a guerra. Entre os seus representantes están Dolores Ibárruri e José Díaz.

c) Partidos monárquicos e de dereitas:

-Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). Unha coaliación de partidos


católicos e de dereitas, herdeira de Acción Popular e vinculada á Asociación Católica
Nacional de Propagan- distas. De ideoloxía autoritaria, conservadora e nacionalista española
cuxo principal interés foi a de- fensa dos intereses católicos. Practicou política accidentalista,
atacando á legalidade republicana desde dentro e acercándose progresivamente ao fascismo.
Dirixido por José María Gil Robles.
-Renovación Española (RE). Un partido monárquico e tradicionalista cuxos maiores apoios
eran as clases altas da sociedade española. Dirixido por Calvo Sotelo e Goicochea.
-Comunión Tradicionalista (CT). Un partido católico, monárquico e tradicionalista, o cal
deriva do carlismo máis clásico.
-Falanxe Española. É o partido fascista español. Partido minoritario en este periodo pero que
cobra forza a partir de 1935. O fascismo non gañou forza entre as clases medias e
traballadoras, polo que se convirte na escuadra paramilitar ao servicio da dereita clásica.
Fundado por José Antonio Primo de Rivera.

18. A ordenación territorial do estado español. Raíces históricas

1. Introducción

A actual configuración político-administrativa de España é froito dun longo proceso


histórico, que tería o seu primero capítulo coa conquista romana da P. Ibérica e a creación das
primeiras divisións provinciais. Máis tarde, na Plena Idade Media quedarán configurados os
principais territorios e será coa instalación do Estado liberal no século XIX cando o deseño
actual quede establecido.

Coa promulgación da Constitución de 1978, España é definida como un estado autonómico:


unha figura que permite unha maior descentralización administrativa e política baixo a cesión
de competen cias por parte do Estado central ás Comunidades Autónomas. O esquema
territorial completarase coas entidades de ámbito local: municipios e provincias.

A diversidade política, social, económica, xeográfica e histórica dos distintos territorios que
compo ñen España deu lugar a importantes desequilibrios e contrastes rexionais na
distribución da riqueza ou da poboación. As políticas rexionais levadas a cabo pola UE e o
propio Estado español buscan mitigar esas diferenzas e que se dea unha converxencia real
entre as distintas rexións.

2. Antecedentes históricos da actual organización territorial

2.1. Roma e os reinos xermánicos


A primeira división administrativa foi realizada polos romanos tras a paulatina conquista da
P. ibérica a partir da II Guerra Púnica (218-201 a. C). A república romana dividiu os
territorios conquistados no levante e sur peninsular en dúas grandes provincias: Hispania
Citerior e Hispania Ulterior. Coas Guerras Cántabras (29-19 a. C) a P. ibérica queda
conquistada por Roma polo que o novo poder imperial, encarnado en Octavio Augusto, crea
unha nova división territorial en Hispania en base a 3 provincias: Bética, Lusitania e
Tarraconensis. Máis tarde, coa idea de reforzar o poder imperial, o emperador Diocleciano
crea a diócese de Hispania e divídea nas provincias Bética, Cartaginensis, Gallaecia,
Lusitania e Tarraconensis. Esta última división territorial manterase ata a desaparición do
Imperio no 476, coa excepción da creación da provincia da Balearica (s. IV). Doutra parte,
Roma tamén creou subdivisións administrativas dentro das provincias: o conventus, con
funcións xudiciais, tributarias e de recrutamento; e a civitas, formada por un núcleo urbano e
o territorio adxacente.

Unha vez desaparece o Imperio romano de Occidente, no s. VI o reino visigodo elixe Toledo
como capital e centro político e mantén a estrutura administrativa romana de provincias e
civitas, pero sen do xa visible o inicio do proceso de feudalización e, polo tanto, xurdindo a
figura do dux provinciae e do comes civitatis. Para o caso dos suevos, asentados na provincia
de Gallaecia, a mediados do século VI estableceron unha división territorial interna de base
eclesiástica recollida no Parrochiale Suevorum que ten unha gran importancia na división
tradicional en parroquias da actual Galicia.

2.2. A Idade Media

A rápida desaparición do reino visigodo tras a chegada dos musulmáns no 711 implicou unha
nova organización político-administrativa. O mundo andalusí foi dividido en coras, unidades
administrativs de goberno con funcións militares e tributarias. A partir de 1031, co fin do
califato de Córdoba, moi tas destas coras pasaron a ser independentes baixo a forma dos
reinos de taifas.

Non obstante, territorio andalusí non permanece inalterable. O continuo avance dos reinos
cristiáns sobre Al-Ándalus sentará unha das bases máis significativas da diferenciación
territorial actual. Por un lado, do núcleo ovetense nacerá o reino astur-leonés, que a inicios do
século X, baixo o reinado de Afonso III, estendíase ata o río Douro. Dentro del o condado de
Castela irá gañando cada vez máis relevancia e con Fernando I convértese en reino. Desde os
s. XI ata o XIII os reinos de León e Castela alternarán períodos onde comparten un mesmo rei
e outros con dinámicas independentes. Finalmente, durante reinado de Fernando III ambos
reinos comparten un mesmo monarca de forma definitiva, nacendo a Coroa de Castela: León,
Castela, Galicia, Asturias, Vizcaya, Toledo, Sevilla, Córdoba, Xaén e Murcia.

Do núcleo pirenaico nacerán o reino de Navarra, o de Aragón e os condados cataláns. Todos


eles teñen en común que foron parte da Marca Hispánica, pero paulatinamente lograrán
desvincularse do poder franco no século IX e irán avanzando sobre os territorios musulmáns.
Do matrimonio de Petronila de Aragón e de Ramón Berenguer IV nace a unión dinástica
entre estes dous territorios, conformándose a Coroa de Aragón. Esta completará o seu
territorio coa conquista de Valencia e Baleares baixo o monarca Xaime I o Conquistador.
Deste modo a mediados do século XIII quedan configuradas as divisións políticas básicas que
sobrevivirán ao longo da Baixa Idade Media: Coroa de Castela, a Coroa de Aragón e o reino
de Navarra.
2.3. O Antigo Réxime

No século XV, o matrimonio dos Reis Católicos supón a unión dinástica dos distintos
territorios que gobernaban, pero mantendo cada un deles as súas estruturas políticas e
administrativas. Máis tarde, a monarquía hispánica anexiona definitivamente os territorios de
Granada (1492) e Navarra (1512). A dinastía dos Habsburgo continua nesta liña, coa
excepción do intento fracasado do conde-duque de Olivares por homoxeneizar as estruturas
de ambas Coroas durante o reinado de Filipe IV.

A morte sen descendencia de Carlos II traerá consigo a Guerra de Sucesión (1700-1713) e o


asen tamento no trono español da dinastía borbónica na figura de Filipe V. Este monarca
desenvolverá un modelo de uniformidade e centralización política e administrativa por medio
dos Decretos de Nova Planta, que implicarán a supresión das institución particulares dos
territorios da Coroa de Aragón e a extensión das leis e institucións da Coroa de Castela. A
pesar desta tendencia centralizadora, as provincias vascas e Navarra manterán os seus
privilexios forais e unha complexa rede de señoríos xurisdiccionais continuará a existir ata a
chegada do Estado liberal.

2.4. A Idade Contemporánea

A paulatina imposición do liberalismo en España significará o asentamento dun novo modelo


de ad- ministración territorial. O liberalismo, ao estar baseado na igualdade xurídica da
cidadanía, entra en contradicción cos privilexios territoriais e estamentais do Antigo Réxime.
En 1833, o goberno de Cea Bermúez decreta unha nova división provincial realizada polo
ministro de Fomento, Xavier de Burgos: España é dividida en 49 provincias, pervivindo este
modelo ata actualidade coa excepción do arquipélago canario dividido en dúas provincias
durante a ditadura de Primo de Rivera.

Neste contexto, o réxime foral das provincias vascas e Navarra é un problema para crear un
estado liberal uniforme e centralizado, causando á defensa destes dereitos nas guerras
carlistas. No caso navarro, a Lei Paccionada (1841) permitiulle manter parte dos privilexios
na recadación tributaria; e no caso vasco, a partir de 1876 só manterán un réxime económico
especial.

Nas décadas finais do século XIX nacen distintas correntes rexionalistas en Cataluña, País
Vasco e Galicia como un movemento político e cultural que reivindicaba formas de
descentralización admin. e de autogoberno consideradas como un dereito histórico dos pobos
fronte ao estado uniformador e centralizador. Este inicial rexionalismo dará lugar nas
primeiras décadas do século XX a correntes propiamente nacionalistas. En 1913, a forza do
movemento catalanista fai que se aprobe a Lei de Mancomunidades, permitindo a formación
de gobernos interprovinciais con finalidade administrativa

Na Segunda República, a necesidade de dar solución aos movementos nacionalistas provoca


que a constitución de 1931 recolla a definición de España como un estado integral, é dicir,
unitario, pero compatible coa creación de rexións autónomas. Así, é aprobado o Estatuto de
Nuria (1932) para Cataluña, o estatuto do País Vasco (1936) e o estatuto galego, aprobado en
referendo en xullo de 1936. A vitoria do bando nacional na Guerra Civil, non obstante,
desembocou na instalación dun modelo de estado fortemente centralizado, baseado na idea de
España como unidade no universal, na incompatibilidade das autonomías e na persecución
dos nacionalismos periféricos.
3. A organización territorial na actualidade

O marco lexislativo básico da actual organización político-administrativa do Estado español


está na Constitución de 1978, especialmente no Título VIII (art. 137-158) onde se nos
describe o esquema fundamental da organización territorial. En base a tal esquema, España
constitúese como un Estado autonómico, definido por unha importante descentralización
administrativa, unha relativa descentrali- zación política e unha inexistente cesión de
soberanía.

3.1. Concepto e formación do Estado das Autonomías

Segundo Xusto Beramendi, o Estado autonómico é unha forma intermedia entre o Estado
unitario e o Estado federal. Este caracterízase por unha ampla distribución de competencias
(materias que o Estado central cede e as comunidades asumen) entre o poder central e os
poderes autonómicos. As comunidades autónomas desenvolven capacidade de autogoberno,
podendo lexislar e levar a cabo medidas administrativas sobre as mesmas. A nivel
autonómico, reprodúcense os órganos lexislativos executivos e xudiciais do Estado español.

En consecuencia, o modelo autonómico é distinto ao federal. En primeiro lugar, a soberanía


en vez de ser compartida entre os distintos estados que compoñen a federación esta é unica ao
residir no conxunto do pobo español. En segundo lugar, a orixe do estado federal parte de
unidades políticas que previamente eran soberanas e ceden parte da súa soberanía ao ente
federal. En cambio, no caso do Estado español pártese dun suxeito único de soberanía que
elabora a Constitución de 1978 e concede posteriormente os estados de Autonomía. Por
último, nos estados federais hai Cámaras altas de representación da soberanía de cada Estado
federado fronte á inexistencia destes órganos no caso español xa que as Cortes Xerais son á
expresión soberanía española.

O capítulo III do Título VIII recolle as condicións e os procedementos que permiten a


creación de Comunidades Autónomas. En primeiro lugar, poden constituírse como CCAA 3
tipos de territorios: provincias limítrofes que posúan unha serie de trazos históricos, culturais
ou económicos comúns; teritorios insulares e provincias con entidade rexional histórica. En
segundo lugar, os procedementos para acceder á autonomía poden clasificarse en tres grandes
categorías: a vía especial ou rápida (art. 151), que permite acceder de modo inmediato ao
maior teito de competencias (Cataluña, País Vasco, Galicia, An dalucía e Navarra); a vía
común ou lenta (art. 143), que non permite acceder de modo inmediato ao teito competencial
senón de forma progresiva nun prazo máximo de cinco anos; e a vía excepcional (art. 144),
alternativa para aqueles casos onde non teñen cabida as dúas vías anteriores (Madrid e Ceuta
e Melilla).

3.2. Elementos da organización do Estado das Autonomías

Os elementos básicos da organización deste Estado podemos resumilos en:

a) Estatuto de autonomía. É a norma básica de cada CCAA, sendo recoñecida polo Estado
como Lei Orgánica de carácter estatal aprobada polas Cortes Xerais trala súa tramitación
autonómica. Os estatutos conteñen a denominación oficial e o territorio que abrangue a CA,
as institucións propias de autogoberno (Asemblea Lexislativa, Consello de Goberno,
Presidente e Tribunal Superior de Xustiza), as competencias asumidas dentro marco
constitucional e as bases para futuros traspasos e procedemento de reforma.

b) Competencias. Trátase de cada unha das funcións que o Estado cede ás comunidade
autónomas para que desenvolva no marco do réxime de autonomía. As competencias,
reguladas no Título VIII, podemos definilas en dous grandes ámbitos. En primeiro lugar están
as competencias exclusivas das CCAA ou compartidas co Estado (art. 148). Son aquelas que
cede parcial ou totalmente o Estado a cada unha das autonomías. Este ámbito é amplo,
atopando competencias políticas (organización das institucións de autogoberno), económicas
(agricultura, gandaría, …), de ordenación de territorio (urbanismo, vivenda e medio
ambiente), infraestruturas e transportes (obras públicas), culturais e de ocio (fomento de
linguas cooficiais, museos, …), sanidade e educación, etc. En segundo lugar, as competencias
exclusivas do Estado (art. 149) son aquelas consideradas esenciais para o conxunto da nación
española (relacións internacionais, defensa nacional, seguridade pública, …)

c) O organigrama institucional das CCAA está composto por tres niveis: lexislativo (os
parlamentos autonómicos) executivo (a presidencia da comunidade autónoma e consello de
goberno) e xudicial (o Tribunal Superior de Xustiza).

d) O financiamento das CCAA responde a dous grandes modelos. En primeiro lugar, o


réxime foral é o implantado en País Vasco e Navarra. Ambas CCAA recadan os seus tributos
e posteriormente pactan co Estado, mediante convenios ou concertos, a cantidade a pagar á
Administración Xeral do Estado. En segundo lugar, o réxime común é o implantado no resto
de CCAA. Estas fináncianse a través de varios modos complementarios: tributos, sexan
propios, cedidos (patrimonio, sucesión) ou compartidos (IRPF, IVE e impostos especiais) co
Estado; e fondos, en caso de que cos tributos recadados non se cubrisen os servizos públicos
básicos.

3.3. Administración local

A organización político-administrativa a nivel local está marcada polo disposto no Título VIII
e na Lei Reguladora das Bases do Réxime Local de 1985. En base a estas normas, podemos
definir as seguientes entidades locais territoriais:

a) Municipio. Entidade básica da organización territorial conformada por unha ou varias


localidades e un territorio delimitado denominado termo municipal. A súa función é ser os
cauces inmediatos de participación cidadá nos asuntos públicos e ser prestadores dos servizos
básicos á veciñanza (auga, alumeado, protección civil, transporte de pasaxeiros, etc). O
goberno e a administración municipal correspóndenlle ao Concello, integrado polos
concelleiros elixidos pola veciñanza por sufraxio uni- versal; e a alcaldía, escollida a súa vez
polo conxunto de concelleiros. Por desgraza, os municipios españois presentan dous
problemas: excesiva fragmentación en determinadas CCAA e un problema de financiamento
xeneralizado.

b) Provincia. Entidade básica da organización territorial formada polo agrupamento de


municipios. Dentro da súa administración hai dous grupos. En primeiro lugar, están as
provincias que contan co- as Deputacións provinciais, órganos administrativos cuxa función é
prestar servizos no ámbito pro- vincial, coordinar os servizos municipais e cooperar cos
municipios. A elección dos seus deputados é indirecta, escolléndose entre os concelleiros
electos en cada un dos partidos xudiciais e este elixen a súa vez ao presidente da Deputación.
En segundo lugar, están aquelas provincias que presentan un réxime político-administrativo
especial: as 7 CCAA de carácter uniprovincial e a Comunidade Foral de Navarra, cuxas
institucións autonómicas asumen as competencias das D.P; as provincias vascas, cuxas
deputacións forais teñen as competencias ordinarias das normais e outras como a recadación
tributaria; e os arquipélagos balear e canario, cuxas competencias e recursos son asumidas
polos propios gobernos autonómicos e cada unha das illas conta con órganos locais con
competencias no ámbito insular (Consells Insulars e Cabildos respectivamente).

c) Outras demarcacións territoriais distintas ao municipio e á provincia son as parroquias,


entidades de ámbito local inferior ao municipal do ámbito galego e asturiano; e as
mancomunidades, comarcas ou áreas metropolitanas, entidades de ámbito local que agrupan
varios municipios en base a certos trazos.

4. Os desequilibrios territoriais na España actual

4.1. Evolución dos desequilibrios territoriais

Os desequilibrios territoriais son produto dun proceso histórico no que se combinan varios
factores políticos, económicos, sociais e xeográficos. Para a análise dos desequilibrios
territoriais é necesario dividir a súa evolución en base a ciclos económicos recentes, partindo
dende 1960, unha das bases esenciais da estrutura económica e demográfica da España
actual: Primeiro, segundo e terceiro ciclo

-O modelo desarrollista desenvolto polo franquismo na década 1960 impulsou a industria


naquelas áreas tradicionalmente industrializadas desde o século XIX (Cataluña e País Vasco),
pero tamén da un gran dinamismo económico a Madrid, como capital do Estado, e novas
zonas industriais, como o eixo do Ebro e o Mediterráneo. Ademais o turismo potencia a costa
do Mediterráneo e os arqui- pélagos balear e canario. Nesta etapa, o éxodo rural dará lugar a
que grandes masas de poboación do interior peninsular diríxanse ás áreas máis dinámicas de
Espa. e os países de Europa occidental. O resultado foi que, por un lado, mellorou a
distribución da riqueza; e por outra parte, aumentaron as diferenzas na densidade
demográfica entre a España interior e as rexións máis activas.

-Entre 1973 e 1985 prodúcese un forte proceso de reconversión industrial, derivado da crise
petro lífera. A cornixa cantábrica foi a área máis afectada, por contar con sectores industriais
tradicionais, e as demais rexións foron menos afectadas polo menor peso do sector industrial
ou ter unha econo mía máis diversificada. A converxencia entre territorios da anterior etapa
empeorou, a nivel estatal houbo unha caída do PIB (sobre todo, nas rexións industrializadas)
e a distribución da riqueza freou se (ao deterse os procesos migratorios).

-A partir de 1985 quedan establecidos como os territorios máis dinámicos País Vasco, Madrid
e os eixos do Ebro e o Mediterráneo. Pola contra, os territorios que non diversificaron a sua
economía (Asturias e Cantabria) e os territorios tradicionalmente con maior peso do sector
agrario (Andalucía Galicia e o interior peninsular) serán os que presenten un menor
dinamismo económico. A conver- xencia rexional, non obstante, saíu reforzada pola entrada
de fondos estruturais, como resultado da incorporación na UE; e a xeneralización do Estado
de benestar, achegando servizos e prestacións ás áreas máis desfavorecidas.

4.2. Os desequilibrios demográficos

Un dos aspectos máis significativos dos desequilibrios demográficos é a densidade de


poboación. A nivel español, a densidade sitúase nos 92 hab/km2. As densidades superiores
atópanse en Madrid, a periferia peninsular e os arquipélagos balear e canario, con densidades
de máis de 500 hab/km2 en Madrid ou Barcelona. En cambio, as áreas de baixa densidade
localízanse no interior peninsular, con algunhas provincias que nin acadan os 20 hab/km2.

Este desequilibrio tamén é evidente nos movementos natural e real da poboación española,
achando dous conxuntos diferenciados de CCAA. Dunha parte, están as que presentan taxas
de crecemento da poboación superiores á media, contando cun maior dinamismo económico,
taxas de natalidade superiores á media e unha gran recepción de poboación inmigrante nova.
Neste grupo está Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Andalucía e ambos arquipélagos.
Doutra parte, están as que presentan taxas de crecemento inferiores á media, sendo as que
arrastran problemas económicos estruturais dende a década de 1960-70 e cunha taxa de
natalidade inferior á media. No grupo están as CCAA do noroeste e interior peninsular.

4.3. Os desequilibrios económicos

O PIB per cápita é un indicador de primeira orde dos desequilibrios territoriais, sendo de
26.430€ 2019. Non obstante, esta cifra esconde importantes diferenzas xa que CCAA como
Madrid, País Vasco, Navarra e Cataluña superan amplamente esta cifra. No lado contrario
Estremadura, Ceuta, Melilla e Andalucía non alcanzan dita media. Outro indicador é
distribución territorial da poboación ocupada por sectores económicos, onde o sector terciario
ten primacía en todas las CCAA pero con diferenzas: o sector primario ten máis peso no
interior peninsular, Galicia, Andalucía e Murcia; o sector secundario en aquelas con longa
tradición industrial e as que foron obxecto da difusión indus trial dos 60; e o sector terciario
destaca en Madrid e os arquipélagos balear e canario. Un último indicador son taxas de
desemprego, máis altas nas CCAA con maiores porcentaxes de poboación nova, predominio
do emprego de baixa cualificación e elevada inmigración estranxeira. Sería o caso de
Canarias e o sur peninsular.

5. As políticas de desenvolvemento e cohesión territorial

A existencia de fortes desequilibrios territoriais levou ás distintas instancias administrativas a


deseñar unha política rexional e de cohesión territorial que intentara palialos. Este conxunto
de políticas pode ser dividido en base á procedencia das súas directrices e os seus fondos.

5.1. Unión Europea

A maioría do financiamento concéntrase nas rexións europeas menos desenvolvidas, sendo


aquelas que non superan o 75% do promedio do PIB da UE, e en transición, é dicir, aquelas
cuxo PIB per cápita está comprendido entre o 75% e o 90% do promedio do PIB da UE. A
idea é que alcancen o nivel do resto, reducindo as disparidades económicas, sociais e
territoriais existentes na UE. Aquí España caracterízase por presentar grandes contrastes
rexionais internos, con zonas deprimidas que son receptoras de fondos estruturais europeos:
Andalucía, Castela A Mancha, Estremadura, Ceuta, Melilla e Murcia. Os fondos estruturais
da UE céntranse nestes instrumentos:

-Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) centra investimentos na


innovación e investigación, as TIC, o apoio ás PEMES e a economía de baixas emisións de
carbono. Así mesmo estes fondos teñen un tratamento especial para aquelas zonas
desfavorecidas por causas naturais (montañosas, pouco poboadas, etc) e zonas ultraperiféricas
(Canarias).

-Fondo Social Europeo (FSE) centra os investimentos na redución do desemprego, a


promoción da inclusión social e loita contra a pobreza, a educación e aprendizaxe
permanente. Unha parte moi importante do orzamento dedícase á loita contra o desemprego
xuvenil.

-O Fondo de Cohesión, de carácter estatal é recibido por aqueles estados que non alcanzan o
90% do PIB per cápita da media comunitaria. O seu obxectivo é reducir disparidades
socioeconómicas e promover o desenvolvemento sostible, potenciando as redes transeuropeas
e o medio ambiente.

Tema 67. Análise da Constitución Española de 1978

1. Introducción: Contexto histórico da transición democrática

Entre a morte de Francisco Franco, 20 de novembro de 1975, e a aprobación e ratificación da


C. española de 1978 transcorre unha etapa denominada transición democrática. A transición
española presenta as seguintes características:

-Un proceso graduado no tempo, é dicir, no que os principais responsables políticos


organizaron, por prioridades, as tarefas básicas: a desvinculación do sistema ditatorial, a
constitución formal da democracia, o control civil do exército, a reforma económica e a
normalización do funcionamento das institucións e mecanismos democráticos.
-Un proceso baseado no equilibrio entre a reforma e a ruptura, permitindo a desaparición
dende a legalidade das institucións franquistas sen recorrer á opción revolucionaria.
-Un proceso que ten lugar grazas ao consenso, baseado en acordos entre as forzas políticas e
na autolimitación das elites que maoritariamente apostaban pola democracia.
-Un proceso no que os cambios acordados polas forzas políticas foron lexitimados mediante a
con- sulta popular: referendo da Lei de Reforma Política, eleccións de 1977 e referendo da C.
de 1978.

1.1. O goberno de Arias-Navarro (novembro 1975- xuño 1976)

Trala morte de Francisco Franco o réxime franquista continúa na figura de Xoán Carlos de
Borbón e Borbón, quen é proclamado rei de España ante as Cortes españolas e o Consello do
Reino o 22 de novembro de 1975. A pesar de que ocupaba esta posición en aplicación da
legalidade franquista houbo un problema de lexitimidade dinástica, xa que os dereitos
históricos da Coroa correspondían lle ao seu pai, Xoán de Borbón, quenos cedeu o 14 de
maio de 1977. O primeiro goberno formado polo rei foi presidido polo franquista Carlos
Arias Navarro, presidente do Goberno, e Torcuato Fer nández Miranda, presidente do
Consello do Reino e das Cortes. A composición deste goberno foi heteroxénea, xa que nel
estaban representadas todas as familias do réxime e personalidades refor- mistas (Adolfo
Suárez, Manuel Fraga, José María de Areilza e Rodolfo Martín Villa).

Os inicios do reinado de Xoán Carlos I definíronse por unha política continuísta que consistiu
na de- fensa da permanencia do modelo franquista coa concesión dalgúns dereitos. Porén, a
situación foi demandando cambios importantes. O goberno aceptou o programa de Fraga que
buscaba alcanzar unha democracia parecida ás occidentais, pero a partir dun proceso gradual
e controlado dende o poder. Este plan encontrou a oposición do búnker franquista, o sector
máis pechado ao cambio con forte presenza no Consello Nacional e as Cortes, quen paralizou
todo intento de reforma. Con todo a situación estaba destinada a cambiar: o monarca deu
respal as ideas reformistas coa súa viaxe por Estados Unidos, gañando o apoio internacional;
e a dimisión do presidente Arias Navarro, cuxo in- movilismo resultaba ineficaz para afrontar
as reformas.

No ámbito exterior, dende xaneiro de 1976, a conflitividade laboral foi incrementándose con
folgas e protestas políticas e económicas. As xornadas máis tráxicas aconteceron en Vitoria-
Gasteiz, onde o 3 de marzo unha asemblea obreira foi reprimida pola policía, deixando cinco
mortos e centos de feridos. A oposición democrática, formada por Xunta Democrática e
Plataforma de Converxencia Democrática, esixía o restablecemento da democracia e a
ruptura coas institucións franquistas. Se ben unha apostaba pola movilización social e a outra
pola negociación, finalmente esta oposición fusionouse en Coordinación Democrática, que
redactou un programa asumido pola maior parte de grupos políticos e sindicais.

1.2. O goberno de Adolfo Suárez e o inicio das reformas (xullo 1976-xuño 1977)

Tras aceptar a dimisión de Arias, o 3 de xullo de 1976 o rei designou novo presidente de
Goberno a Adolfo Suárez e formou un goberno con maioría democristiá sen figuras
prominentes. A reacción da oposición democrática foi de decepción, xa que Adolfo Suárez
desempeñara cargos políticos importantes, representando en apariencia a liña continuísta do
franquismo. Non obstante, a intención de Suárez era distinta: proxectos de democratización, o
anuncio de celebración de elección xerais, a ampliación da tolerancia pública, as entrevistas
selectivas e individuais cos líderes da oposición para (ofrecer legalización a cambio de
respaldo ás reformas) e decreto de amnistía para presos políticos.

Do fracaso da reforma Arias-Fraga, o novo goberno aprendeu que era necesaria unha soa lei
nova que implicara a derogación das Leis Fundamentais: a Lei de Reforma Política de 1977.
O proxecto de lei foi elaborado por Torcuato Fernández Miranda, coa idea de chegar á
democracia parlamenta ria desde a legalidade vixente mantendo a paz social e o control do
proceso pola Coroa e Goberno. Máis tarde, Adolfo Suárez logrou convencer á cúpula militar
da reforma, sendo aprobada a cambio de non legalizar o Partido Comunista; e ao Consello
Nacional do Movemento, quen a aprobou con algunhas enmendas. O proxecto foi presentado
nas Cortes orgánicas franquistas, onde foi defendida por Miguel Primo de Rivera e Urquijo.
O resultado foi apoio maioritario, votando a autodisolución e iniciando a voadura controlada
do franquismo. Finalmente, a LRP foi sometida a referendo o 15 de decembro de 1976. A
pesar da solicitude de abstención ou voto negativo da oposición rupturist. e os franquistas, os
resultados do referendo confirmaron a vitoria do proxecto cunha participación maior ao 75%
e case o 95% de votos afirmativos.

As reformas de Suárez provocaron a reacción da ultradereita, contraria a todo tipo de


cambios; e a ultraesquerda, destacando os grupos terroristas ETA e GRAPO. Os incidentes
causados por estes grupos chegaron ao seu punto álxido a finais de xaneiro de 1977: a semana
negra da transición. En primeiro lugar, grupos de ultradereita asasinaron varios estudantes
nunha manifestación proamnistía e protagonizaron a masacre realizada contra avogados
laboralistas vinculados ao PCE (Matanza de Atocha). A súa idea era parar o proceso
democrático creando un clima de pánico que xustificara a intervención do Exército, pero o
resultado foi unha ola de solidariedade co Partido Comunista e non unha reacción violenta.
En segundo lugar, o grupo GRAPO asasinou a varios policías e gardas civís e secuestrou ao
xeneral Villaescusa (presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar) e Antonio de Oriol
(presidente do Consello de Estado). Ambos liberados finalmente pola policía.

Unha vez afianzada a súa autoridade tras o resultado favorable sobre a LRP, Adolfo Suárez
tiña que convocar eleccións xerais. Para que foran democráticas, recoñeceu o dereito de
asociación política, que permitiu a legalización de numerosos partidos políticos (excepto o
PCE); disolveu o Movement. Nacional; e recoñeceu os sindicatos. Finalmente, o presidente
tomou unha medida arriscada (xa que non contaba co apoio do exército) o 9 de abril de 1977
(Sábado Santo Vermello): a legalización do PCE. A cambio, o PCE aceptaba as peticións de
Suárez: a monarquía como forma de goberno, a bandeira bicolor, a unidade de España e o
réxime democrático. A legalización provocou un enorme malestar entre membros destacados
do exército e a dimisión do ministro da Mariña, o almirante Pita da Veiga, pero contaba co
beneplácito do rei.

Máis tarde, o Goberno fixou as eleccións xerais para o 15 de xuño de 1977. Este anuncio
acelerou a creación de formacións políticas e o retorno de exiliados republicanos (Dolores
Ibárruri, Federica Montseny, etc), participando máis de 75 partidos que para obter mellores
resultados nas eleccións decidiron agruparse segundo as súas afinidades ideolóxicas. Manuel
Fraga aglutinou ao seu arredor as forzas da dereita formando Alianza Popular (AP); as forzas
de centro (democratacristiáns, social demócratas e liberais) dirixidos por Adolfo Suárez
formaron Unión de Centro Democrático (UCD); os socialistas presentáronse fragmentados
entre o PSOE dirixido por Felipe González e o Partido Socialista Popular (PSP) de Tierno
Galván; e o PCE presentouse en solitario. O desenlace acabou coa vitoria da coalición
gubernamental UCD, con maioría relativa de escanos; o PSOE segundo, a pouca distancia de
UCD; o PCE ocupou o terceiro lugar, pero moi lexos dos anteriores; e AP foi cuarta, preto
dos comunistas.

As Cortes formadas tras as primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 tiñan como
misión a elaboración dunha Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da España
monárquica e democrática. O 22 de agosto de 1977 constituíuse no Congreso dos Diputados
unha comisión, que estaba formada por sete diputados encargados de redactar o borrador do
proxecto constitucional. A Constitución Española de 1978 foi aprobada polas Cortes Xerais o
31 de outubro de 1978, ra- tificada en referendo popular o 6 de decembro, promulgada polo
rei o 27 de decembro e publicada no BOE o 29 de decembro de 1978.

2. A constitución de 1978

A Constitución está composta por un Preámbulo (sen valor xurídico), 169 artigos repartidos
nun T. Preliminar e 10 títulos, 4 disposicións adicionais, 9 disposicións transitorias, 1
derogatoria e 1 final. A CE presenta as seguintes características xerais: ambigüidade, ao ser
redactada para admitir varias interpretacións; aplicabilidade directa e inmediata, ao anular a
LRP, as Leis Fundamentais e todas as disposicións opostas ao seu contido; consenso, froito
do acordo entre os distintos partidos políticos con proxectos distintos; eclecticismo, xa que
recibe influencia de varias constitucións como a italiana de 1947, a lei fundamental de Bonn
de 1949 ou a portuguesa de 1976; estrutura tradicional, xa que está organizada nunha parte
dogmática (recolle os grandes principios que deben inspirar o desenv. da sociedade e do
Estado e o conxunto de dereitos fundamentais) e orgánica (proceso de reforma, organización
do Estado, etc); e rixidez, porque os procedementos de reforma esixen unha votación
favorable dunha ampla maioría de ambas Cámaras e ratificación popular mediante referendo.

2.1. Título Preliminar e Título I


O Título Preliminar, composto polos artigos 1-9 da CE, regula as características máis
destacadas do novo Estado español. Un dos primeiros puntos é enunciado no artig 1.1
“España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito”. Isto significa que todos os
individuos e organismos, tanto públicos como privados, teñen que actuar segundo a
Constitución e ordenamento xurídico. O cali- ficativo de democrático implica a participación
cidadá e o recoñecemento de que a soberanía reside no pobo; o de social queda un pouco
máis difuso, sendo tan só un mandato para o lexislador e un principio orientador dos poderes
públicos, é dicir, que os dereitos sociais (educación, sanidade, etc) deben ser os principios
reitores da política social e económica que debe aplicar o Goberno. Tamén é importante o
artigo 1.3: “A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria”.

Outras cuestións relevantes están contidas nos artigos 2 a 3, onde no ámbito da administ.
territorial, España é un Estado unitario que recoñece e garante o dereito á autonomía das
nacionalidades e das rexións que o integran, é dicir, isto supón a existencia dun novo modelo:
o Estado das Autonomías; e o recoñecemento do castelán como lingua oficial e das demais
linguas españolas como oficiais nas súas respectivas Comunidades Autónomas. Máis adiante
tralos artigos sobre a bandeira e capital de España, nos artigos 6 e 7 a CE recoñece a
pluralidade política, manifestada na multiplicidade de partidos políticos; e a importancia de
sindicatos de traballadores e asociacións de empresarios, os cales poden defender os seus
respectivos intereses económicos e sociais.

Título I (artigos 10 a 55) está dedicado aos dereitos fundamentais dos españois. O título
divídese en cinco capítulos (Dos españois e estranxeiros, dos dereitos e liberdades, dos
principios rectores, das garantías e da suspensión de dereitos e liberdades). O segundo deles
subdivídese a súa vez en dúas seccións: Dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas
e Dos dereitos e deberes dos cidadáns. Estes dereitos poden agruparse en: dereitos civís
(igualdade ante a lei, integridade física e dereito á vida), dereitos políticos (asociación,
reunión pacífica e libre expresión) e dereitos sociais (traballo, libre elección profesional e
promoción social a través do traballo). Estes aspectos serán desenvoltos posteriormente por
Leis Orgánicas.

2.2. Garantía e suspensión de dereitos fundamentais

O réxime de dereitos e liberdades anterior queda garantido polas disposicións do Capítulo IV


(art. 53 e 54). O artigo 54 crea a figura do Defensor do Pobo como alto comisionado das
Cortes Xerais e o artigo 53 prevé un triple esquema de garantía:

-Nivel máximo de protección (art. 14 a 29 e 30.2). Estas disposicións adquiren carácter


vinculante para os poderes públicos, son reguladas por Lei Orgánica e poden ser obxecto de
recursos de am- paro ante o Tribunal Constitucional.
-Nivel medio de protección (art. 30 a 38). Estas disposicións adquiren carácter vinculante
para os poderes públicos, pero están reguladas por leis ordinarias e poden ser obxecto de
recursos de in- constitucionalidade ante o Tribunal Constitucional.
-Nivel mínimo de protección (art. 39 a 52). Os principios reitores da política económica e
social, ao ser unha guía ou inspiración da lexislación e a actuación dos poderes públicos, só
poden ser alega- dos fronte a xurisdición ordinaria no caso de que exista unha lei que os
desenvolva concretamente.

A suspensión de dereitos está regulada no capítulo V (art. 55) e o artigo 116 da, deixándonos
catro casos distintos:

-Estado de alarma. En caso de calamidades, catátrofes, crises sanitarias, desabastecemento ou


pa- ralización dos servizos públicos. É declarado polo Goberno, dando conta ao Congreso dos
Depu- tados, por un máximo de 15 días e solicitando a prórroga ao Congreso. Só se poden
establecer al- gunhas limitacións dos dereitos.
-Estado de excepción. En caso de que o exercicio das potestadas ordinarias sexa insuficiente
para manter a orde pública. É declarado polo Goberno, suxeito á autorización previa do
Congreso, por un máximo 30 días e cunha prórroga por un prazo idéntico. Aquí suspéndense
dereitos como folga, inviolabilidade do domicilio ou o segredo das comunicacións.
-Estado de sitio. En caso de calquera acto de forza armada ou insurrección contra a soberanía,
a in dependencia ou a integridade territorial de España. É declarado polo Congreso, aprobado
por maio ría absoluta e a proposta exclusiva do Goberno, e polo prazo de tempo sinalado polo
Congreso en cada caso. Os dereitos suspendidos son os mesmos que no caso anterior, pero
ademais os dereitos das persoas detidas polas forzas de seguridade tamén se suspenden.
-Suspensión individual de dereitos. Aplícase a persoas pertencentes a bandas armadas ou
grupos te rroristas, de acordo cos requisitos previstos nunha Lei Orgánica e sempre suxeita á
responsabilidad penal en caso de producirse abusos, ao control parlamentario e á intervención
xudicial.

2.3. Os poderes e as institucións do Estado

a) Coroa

O Título II, formado polos artigos 56-65, está dedicado á Coroa. O rei, como xefe de Estado,
ten unha serie de funcións regulamentadas pola Constitución e cun carácter simbólico, xa que
ninguna delas depende dunha decisión que lle corresponde tomar ao propio monarca en orixe:
sancionar e promulgar as leis aprobadas polas Cortes, convocar e disolver as Cortes,
convocar eleccións e referendo a proposta do Goberno, propoñer ás Cortes o candidato a
presidente de Goberno e no- mealo, nomear e cesar aos ministros a proposta do presidente de
Goberno, etc. A pesar de que o listado de funcións é longo, en realidade o seu poder é moi
limitado. Tal como corresponde a unha monarquía parlamentaria, o rei reina pero non
goberna.

O Título II tamén establece a lexitimidade monárquica da liña dinástica de Xoán Carlos I de


Borbón e os seus descendentes, os criterios que regulan a sucesión, os supostos de rexencia e
a inviolabili- dade da persoa do Rei e a necesidade de que os seus actos deben ser
referendados por outras au- toridades (sobre todo o Presidente do Goberno e os ministros).
Para o sostemento da súa casa e a familia recibe do orzamento xeral unha cantidade que pode
administrar libremente.

b) As Cortes Xerais

O Título III, composto polos artigos 66 a 96, está dedicado ás Cortes Xerais. Estas son un
órgano lexislativo composto por dúas Cámaras (Congreso dos Deputados e Senado), as cales
representan ao pobo español. As cámaras reúnense en sesión ordinaria ou extraordinaria,
traballando en pleno e comisións. Os cidadáns españoles elixen aos seus representantes en
Cortes en cada circunscrición electoral (provincia) para un período de catro anos (lexislatura).
Mentres o número de deputados é proporcional á poboación de cada provincia, o número de
senadores é de 4 por provincia elixidos por sufraxio universal, máis un senador designado
pola Asemblea Lexislativa da CCAA e outro por cada millón de habitantes da respectiva
provincia.

A función lexislativa é unhas das tarefas fundamentais das Cortes e os pasos que se dan no
proceso lexislativo habitual son os seguintes: presentación de iniciativa, podendo facelo o
Goberno, as Cor- tes, as CCAA ou mediante iniciativa popular (500.000 sinaturas);
elaboración do proxecto de lei, que é responsabilidade do autor da iniciativa; aprobación da
lei, debe ser presentada, debatida e a- probada no Congreso e máis tarde debatido e aprobado
polo Senado; e sanción e promulgación, que lle corresponde ao rei e logo ordenar a súa
publicación no BOE. A excepción a este proceso é o Decreto-Lei, un procedemento de
urxencia que pode usar o Goberno.

c) O Goberno

O Título IV, formado polos artigos 97 a 107, está dedicado ao Goberno. Este órgano exerce o
po- der executivo e está composto polo Presidente, dos vicepresidentes no seu caso, e os
ministros, os cales son nomeados e cesados polo rei a proposta do Presidente. A reunión dos
membros do Go- berno recibe o nome de Consello de Ministros e boa parte das atribucións
destes individuos, xunto co funcionamento do Goberno e dos seus órganos de colaboración e
apoio non foron establecidas ata entrada en vigor da Lei 50/1997, de 27 de novembro, do
Goberno. O Goberno funciona baixo os principios de autonomía departamental,
colexialidade, dirección presidencial e responsabilidade solidaria. Este encárgase da dirección
da política interior e exterior, de supervisar a administración civil e militar e da defensa do
Estado, da función executiva e da potestade reglamentaria.

d) O poder xudicial

O Título VI, formado polos artigos 117 a 127 (coa excepción das disposicións relativas ao
Tribunal Constitucional do Título IX (art. 159 a 165), está dedicado ao poder xudicial. A
xustiza, emanada do pobo, adminístrase no nome do rei por xuíces e maxistrados os cales son
independentes, inamo- vibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei. Os
cidadáns tamén poden participar na administración da xustiza a través do xurado. Dentro do
poder xudicial, destacan unha serie de órganos:

-Consello Xeral do Poder Xudicial: Máximo órgano de goberno e administración do poder


xudicial formado por xuíces e maxistrados. As súas funcións están relacionadas coa
publicación das senten- zas, a formación xudicial, as inspeccións, etc.
-Tribunal Supremo: Órgano xurisdiccional superior composto por un presidente, cinco
maxistrados presidentes de Sala e outros 74 maxistrados.
-Tribunal Constitucional. Órgano xudicial encargado de cuestións de recursos de
inconstitucionalid, de amparo por violación de dereitos e liberdadades recollidos na CE, nos
conflitos de competencia entre Estado e CCAA ou entre CCAAs.

2.4. A organización territorial

O Título VIII, formado polos artigos 137 a 158, está dedicado a organización territorial. O
primeiro artigo establece que o Estado organízase territorialmente en municipios, provincias e
CCAA, sendo entidades con autonomía para a xestión dos seus propios intereses.

2.4.1. Entidades locais: municipios e provincias


Esta cuestión regúlase no capítulo II (art. 140-142), pero desenvólvese máis adiante pola Lei
Regu- ladora de Bases do Réxime Local de 1985. A administración local está formada por
entes de per- sonalidade xurídica propia e certa autonomía: municipio, entidade básica
conformada por unha ou varias localidades e un termo municipal cuxa administración lle
corresponde ao Concello e Alcalde; e a provincia, entidade básica formada polo agrupamento
de municipios cuxa administración lle co- rresponde nalgunhas provincias as Deputacións
provinciais e noutras hai un réxime político-admin. especial.

2.4.2. As comunidades autónomas

Segundo Xusto Beramendi, o Estado autonómico é unha forma intermedia entre o Estado
unitario e o Estado federal. Este caracterízase por unha ampla distribución de competencias, é
dicir, materias ou funcións que o Estado central cede ás CCAA para que as desenvolvan no
marco do réxime de autonomía. As comunidades autónomas desenvolven capacidade de
autogoberno, podendo lexislar e levar a cabo medidas administrativas sobre as mesmas. A
nivel autonómico, reprodúcense os órganos lexislativos executivos e xudiciais do Estado
español.

As competencias pódense reunir en dous grandes ámbitos. En primeiro lugar, están as


competencias exclusivas das CCAA ou compartidas co Estado (art. 148). Son aquelas que
cede parcial ou total- mente o Estado a cada unha das autonomías. Este ámbito é amplo,
atopando competencias políti- cas (organización das institucións de autogoberno),
económicas (agricultura, gandaría, …), de orde- nación de territorio (urbanismo, vivenda e
medio ambiente), infraestruturas e transportes (obras pú- blicas), culturais e de ocio (fomento
de linguas cooficiais, museos, ...), sanidade e educación, etc. En segundo lugar, as
competencias exclusivas do Estado (art. 149) son aquelas consideradas esen- ciais para o
conxunto da nación española (relacións internacionais, defensa nacional, etc).

O capítulo III do Título VIII recolle as condicións e os procedementos que permiten a


creación de Comunidades Autónomas. En primeiro lugar, poden constituírse como CCAA 3
tipos de territorios: provincias limítrofes que posúan unha serie de trazos históricos, culturais
ou económicos comúns; teritorios insulares e provincias con entidade rexional histórica. En
segundo lugar, os procedementos para acceder á autonomía poden clasificarse en tres grandes
categorías: a vía especial ou rápida (art. 151), que permite acceder de modo inmediato ao
maior teito de competencias (Cataluña, País Vasco, Galicia, An dalucía e Navarra); a vía
común ou lenta (art. 143), que non permite acceder de modo inmediato ao teito competencial
senón de forma progresiva nun prazo máximo de cinco anos; e a vía excepcional (art. 144),
alternativa para aqueles casos onde non teñen cabida as dúas vías anteriores (Madrid e Ceuta
e Melilla).

O Estato de Autonomía é a norma básica de cada CCAA, sendo recoñecida polo Estado como
Lei Orgánica de carácter estatal aprobada polas Cortes Xerais trala súa tramitación
autonómica. Estes estatutos conteñen a denominación oficial e o territorio que abrangue a
CA, as institucións propias de autogoberno (Asemblea Lexislativa, Consello de Goberno,
Presidente e Tribunal Superior de Xustiza), as competencias asumidas dentro marco
constitucional e as bases para futuros traspasos e procedemento de reforma.

2.5. A reforma constitucional


O Título X, formado polos artiguos 166 a 169, está dedicado á reforma constitucional. A
iniciativa correspóndelle ao Goberno, o Congreso, o Senado e ás Asembleas Lexislativas das
CA. Os pro- cedementos de reforma son dous: xeral (art. 167) e excepcional (art. 168). A
segunda opción está reservada para proxectos cuxa obxecto sexa unha revisión total ou
parcial da CE que afecte ao Tí- tulo Preliminar, á Sección 1ª do Capítulo II do Título I ou o
Título II. Estas reformas non poden ser levadas a cabo en tempos de guerra ou durante a
vixencia dos estado de alarma, excepción ou sitio. A Constitución foi reformada en dúas
ocasións: en 1992, como un trámite necesario para ratificar o Tratado de Maastricht que
afectou ao artigo 13.2; e en 2011, reforma do artigo 135 que buscaba garantir o principio de
estabilidade orzamentaria.

Enlaces: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229
https://dudaslegislativas.com/constitucion-espanola-estructura-contenido/
https://app.congreso.es/consti/constitucion/indice/titulos/articulos.jsp?ini=1&fin=9&tipo=2

You might also like