You are on page 1of 31

1.

Grecia Antiga

1.1. Civilización minoica (3000-1400 a. C) e micénica (1600-1100 a. C)

Os antecedentes da Grecia Antiga deberíamos situalos nas civilizacións minoica e micénica.


Como punto de partida, o estudo da civilización minoica inicia co descubrimento e a
excavación do palacio de Cnosos polo arqueólogo Arthur Evans a comezos do s. XX. Desde
o punto de vista cronolóxico o arqueólogo Nikolaos Platón propuxo a seguinte división para a
civilización minoica:

-Prepalaciano (3000-2000 a.C): En torno ao 2100-2000 a.C., experimenta unha evolución


interna, influenciada probablemente polo contacto oriental, debido a factores
socioeconómicos: aumento da poboación, desenvolvemento de centros urbanos, a introdución
avances tecnolóxicos, o establece- mento de relacións comerciais con outras rexións e o
xurdimento dunha activ. económica puxante.

-Palaciano (2000-1700 a. C): Etapa na que os factores anteriores dan lugar finalmente a unha
nova sociedade urbana e organizada onde o palacio é a peza fundamental. Os palacios máis
importantes como Cnosos, Malia, Festos e Zakros eran edificios de carácter monumental
formados por un com plexo de salas e estancias que se desenvolven en torno a un patio
central. Aquí radicaba o poder po lítico, económico e relixioso, é dicir, o palacio era un poder
centralizado. Cada cidade organizábase como unha monarquía onde a sociedade está
fortemente xerarquizada; con grupos sociais distintos; e a base económica é agropecuaria,
baseada na tríade mediterránea e cuxos excedentes utilizábanse para o comercio exterior.

-Postpalaciano (1700-1400 a. C): Etapa caracterizada por unha maior inseguridade, dando
lugar a que as cidades pasen a amurallarse, aparezcan grupos guerreiros e a estrutura dos
palacios se volva máis complexa. Segundo distintas teorías, a súa decadencia e caída está
relacionada con desastres naturais e movementos migratorios. Esta situación debilidade foi
aproveitada polo mundo micénico, tomando o control da illa de Creta cara ao século XV a. C.

No último terzo do XIX, Heinrich Schliemann, millonario prusiano, descubriu a cidade de


Micenas. Nos anos 50, os investigadores J. Chadwick e M. Ventris descifrarían o sistema de
escritura Lineal B, revelando a expresión dunha forma arcaica de grego antigo. Desde un
punto de vista cronolóxico propúxose a división: Heládico I (1600-1500 a. C), Heládico II
(1500-1400 a. C) e Heládico III (1400-1100 a. C). O universo micénico é un mundo
fragmentado política e territorialmente formado por reinos independentes e rivais que xiraban
en torno ao seu palacio. Os principais asentamentos estaban na península do Peloponeso:
Argos, Micenas, Pilos, Tebas e Tirinto. A partir dos séculos XIV e XIII eles crecen por unha
política de expansión por toda a conca do Mediterráneo oriental (Asia Menor, Siria e
Palestina) e o Mediterráneo central (sur de Italia e Sicilia). As motivacións son comerciais,
buscando obter materias primas como metais que logo serían transformadas en talleres e
vendidas. Aquí os palacios desempeñaban unha función económica que consiste na
centralización, redistribución e comercialización de produtos.

A decadencia e fin do mundo micénico sitúase cara ao século XII, pero as causas que
explican esta caída constitúen un enigma. Entre as razóns internas achamos unha crise no
mecanismo dos palacios e na organización guerreira. Entre as hipóteses externas atópanse os
movementos migratorios, que afectaron tamén a outras civilizacións do Mediterráneo
oriental. Aquí falamos dos chamados pobos do mar, unha coalición heteroxénea de grupos
que provocaron o fin das súas condicións favorables causando unha maior inestabilidade
política e a interrupción dos intercambios comerciais. Algunhas teorías relacionan o seu fin
coa invasión doria, pero a cuestión é conflitiva xa que no pasado estas explicacións
implicaron motivos ideolóxicos e propagandísticos.

1.2. Idade Escura (1100-750 a. C)

Tras a destrución dos centros micénicos, hai unha gran escaseza de fontes arqueolóxicas e
escritas que permitan construír as liñas xerais desta época a que coñecemos como Idade
Escura. Desde un punto de vista cronolóxico, distinguimos entre a Época primitiva (1100-900
a. C) e a Época recente (900-750 a. C). A pesar de que non podemos falar de ruptura total e
existen importantes diferenzas rexionais, o panorama defínese polo empobrecemento da
cultura material, tanto na calidade como na variedade artística. En xeral, hai unha
descentralización do poder e un cambio económico cara á gandería (pastoreo trashumante).
Entre as principais novidades está a introdución da metalurxia do ferro, substituíndo ao
bronce; e a adopción do rito funerario da incineración, por ser un rito menos custoso que a
inhumación.

1.3. Idade Arcaica (750-490 a. C)

A Idade Arcaica é un período importante da historia grega xa que asistimos ao nacemento da


polis, a colonización grega, o rexurdimento da escritura, a introdución da moeda, etc. Estas
innovaciones foron exportadas fora Grecia continental na expansión polo mediterráneo dando
lugar á formación da civilización Helénica. Desde unha óptica social, a sociedade arcaica
estaba dividida en homes libres e escravos. Dentro do primeiro grupo distinguimos: pequenos
propietarios, que posúen un oikos de pequenas dimensións; thetes, unha clase social de
xornaleiros que formaban a metade da poboación na maioría de polis; demiergoi, un grupo
social heteroxéneo (sacerdotes, comerciantes, artesáns, médicos, etc) que traballaba para a
poboación; e aristoi, nobreza cuxa posición social se fundamentaba na súa orixe por ser
descendentes dun heroe ou deus.
Desde unha visión económica, o Oikos (casa) era a unidade básica. O Oikos é o conxunto de
bens e persoas que incluía á cabeza do oikos (o telestai, xeralmente o varón de maior idade o
equivalente grego ao paterfamilias), a súa familia extendida (é dicir, aparte da familia nuclear
-esposa e fillos- a varias xeracións) e os escravos. Todos eles vivían xuntos nun mesmo
marco doméstico. O oikos funcionaba como unha unidade económica e social de carácter
autárquico. É dicir, era centro desde o cal se organiza a vida grega. A partir del non só se
satisfacían as necesidades materiais (alimento, seguridade, etc) senón tamén proporcionaba
os valores éticos, os deberes e relacións sociais e cos deuses. Para rematar, os propietarios
dos oikoi tamén se relacionaban socialmente por medio da institución do agasallo e
implicaban contrapartidas morais (hospitalidade).

1.3.1. A colonización grega e o nacemento da polis

Un dos fenómenos máis cruciais do período é a colonización grega, é dicir, o proceso de


expansión comercial e territorial dos pobos gregos pola conca do Mediterráneo entre os
séculos VIII e VI a. C. As causas son agrarias, pola escaseza de terras con valor agrícola e o
aumento demográfico que xeran problemas de abastecemento e no sistema herdanzas; e
comerciais, co interés de establecer novos mercados e obter materias primas (especialmente
metais). As principais áreas de expansión foron o Próximo Oriente e o norte de África (Al-
Mina, Náucratis, Cirene), o sur de Italia e Sicilia (Cumas, Naxos, Siracusa), zona do
Adriático e o Exeo seteptrional (Corcira), o mar Negro (Olbia) e o mediterráneo occidental
(Ampurias e Masalia). En Italia e Sicilia a colonización grega encontra o seu máximo
desenvolvemento e actividad, chegando a un grado de helenización que lle otorgou o nome
de Magna Grecia. Nestes lugares fundaron colonias que tiñan distintas categorías. Unha delas
a apoikia, un asentamento independente, política e administrativamente, da polis a que
pertencían antes os fundadores; e a klerouchia, asentamento fora do territorio da polis pero
que permanecía sendo dependente política e administrativamente. Por último, están os
emporios, portos comerciais e puntos de intercambio situados en territorio bárbaro. De
exemplo está Ampurias.

O outro fenómeno trascendental da Idade Arcaica foi o nacemento da polis, que supuxo un
cambio na súa organización sociopolítica. A pesar de que coñecemos as polis gregas como
cidade-estado, o concepto supón a agrupación dun núcleo urbano e o seu entorno rural. O
proceso de constitución da polis, que se coñece co nome de sinecismo, supón a fusión de
cidades e aldeas que aceptan ter un único centro político que represente o seu territorio. Este
proceso durou en torno a un século, facéndose visible cara ao 750-700 a.C., sendo moitas
veces pacífico pero outras tantas mediante a forza. A polis era unha entidade pechada fronte a
outras comunidades alleas. Só os cidadáns eran membros de pleno dereito, pero a cidadanía
era un privilexio restrinxido. En Esparta por exemplo o dereito á cidadanía era reservado á
casta de guerreiros. En Atenas, de 300.000 hab. eran cidadáns 45.000 (15%).

Nos seus inicios as polis estaban dominadas por un basileos (monarca), pero a mediados do
S. VII a.C., estas monarquías foron substituídas por oligarquías nas que o poder político
pasou a mans de asembleas formadas por representantes das familias locais máis importantes
e ricas: os eupátridas. Estas asembleas anualmente elixían, de entre os eupátridas, a unha
serie de maxistrados (arcontes), que se encargaban de dirixir os asuntos da polis como o
exército, a relixión, etc. Estes eupátricas, que obviamente se corresponden cos aristoi,
exercían o poder político ao tempo que dominaban a economía da polis mediante a
propiedade da maior parte das terras agrícolas, que eran o principal xerador de riqueza na
polis.
1.3.2. O xurdimento dos lexisladores e os tiranos

A ríxida estrutura social xustificou durante moito tempo o liderazgo e o control da


aristocracia sobre a polis. Non obstante houbo factores que provocaron á desestabilización
deste sistema. En primeiro lugar, a consolidación do comercio e a artesanía como actividades
xeradoras de riqueza. Cidadáns que non proviñan de grandes familias prosperaron
gradualmente ata logra certa riqueza e mais tarde esixiron os dereitos políticos da nobreza. En
segundo termo, a conflitividade social e as revoltas na polis. O empobrecemento dos
campesiños polo cambio a unha economía monetaria fixo que eles se endebedaran. En tal
situación recurriuse á escravitude por débedas, o que provocou unha gran tensión social co
evidente estalido de revoltas. Por último, a necesidade de exércitos con mellores e numerosos
soldados. Este feito requiriu que os soldados foran reclutados entre o pobo, co que se creou a
falanxe hoplítica. Ao ser cidadáns non aristocráticos os que defendían agora as polis, estes
acabaron pedindo un recoñecemento dos seus dereitos políticos.

Coa intención de resolver esta crise sociopolítica, nalgunhas polis intentaron satisfacer as
esixencias reformistas das clases inferiores e medias. O resultado foi a elección de
maxistrados extraordinarios chamados nomothetas (lexisladores) que redactarían novas leis e
mediarían nos conflitos existentes respectando sempre o marco legal. Entre este grupo de
lexisladores sobresaen o espartano Licurgo e os atenienses Dracón e Solón. No caso de
Dracón, arconte epónimo, a finais do século VII a.C., destacou pola promulgación dun código
de leis que era a primeira recopilación escrita das normas da polis co que impidiu que os
aristócratas puideran xulgar arbitrariamente. Non obstante, o rigor do código foi excesivo e
tampouco deu resolto os problemas sociais. A comezos do século VI a.C. o enfrontamento
entre eupátridas e o pobo ateniense escalou ata o punto de aproximarse a stasis, é dicir, un
conflito entre diferentes faccións ou guerra civil que se producía en épocas de crise. Para
resolver dita situación, ambos bandos escolleron en común como mediador e arconte a Solón
cuxas reformas legais quedarían plasmadas nunha nova constitución ateniense.

Entre as medidas implantadas por Solón está a aprobación da sisactía, é dicir, unha lei que
prohibía a escravitude dos cidadáns atenienses e a súa familia como causa de débedas. Neste
marco tamén realizou unha anulación xeral das débedas, públicas e privadas. Un segundo
cambio, o máis relevan te foi a creación dun sistema censitario, que implicaba o paso dunha
aristocracia a unha timocracia. Nesta timocracia, os cidadáns eran divididos en catro clases
cuxos dereitos políticos e posición no exército dependían da súa maior ou menor riqueza.
Estes eran pentacosiomedimnos (500 medimnos ou máis), os hippeis (entre 300 e 500), os
zeugitas (entre 200 e 300) e os thetes (inferior. a 200).

Un último cambio relevante está relacionado coa creación de tres institucións: a Bulé ou
Consello, a Ekklesia ou asemblea de cidadáns e Heliea ou Tribunal Supremo. En primeiro
termo, a Bulé era un organismo formado por 500 membros das clases anteriores elixidos por
sorteo e durante un ano. A súa función era ocuparse da preparación dos asuntos que se
discutirían na asemblea. En segundo lugar, a Ekklesia grega era unha asemblea popular que
se encargaba de tomar tódalas decisións de política interior e exterior, así como lexislativas,
xudiciais e executivas. Non obstante, necesitaba do permiso do Areópago e a Bulé. Esta
institución, formada por todos os cidadáns varóns maiores de dezaoito anos, elixía aos 9
arcontes. Delegaba o seu poder executivo nos arcontes e o seu poder xudicial na Heleia e o
areópago. Por último, a Heliea era un tribunal composto por 6000 membros elixidos
anualmente por sorteo entre os cidadáns varóns maiores de 30 anos, con excepcións. As súas
funcións eran xulgar delitos comúns e apelacións menores. As reformas de Solón
constituirían un paso importante cara a democracia, ofrecendo a un maior número de
cidadáns a oportunidade de participar en política.

A pesar das reformas emprendidas en moitas polis, os conflitos sociais continuaron. Entre o
século VII e VI a. C., a situación foi aproveitada por aristócratas que, actuando sen respetar
os procesos legais, ocuparon o poder mediante a usurpación, privando ás oligarquías locais
do exercicio tradic. do poder. Estes personaxes (Cilón, Pisístrato, etc) recibiron o nome de
tiranos. Estes utilizaron unha estratexia demagóxica para lograr a aceptación popular e apoio
contra os aristócratas con medidas como inversión en obras públicas ou celebración de festas
relixiosas. Non obstante, isto ocultaba un goberno corrupto no que os maxistrados foron
substituídos polos seus amigos e familiares.Un deles foi Pisístrato, quen gobernou de maneira
discontinua Atenas apoiado por un grupo humilde que buscaba reformas radicais aos seus
problemas que non iban satisfacer os oligarcas nin partidarios de Solón. Os seus fillos, os
Pisistrátidas, chegaron a gobernar pero sen a moderación do seu pai, sendo derrocados e
instaurada a democracia á chegada de Clístenes.

Cara finais do século VI a.C, os cidadáns das clases inferiores volveron a esixir maior
participación nas institucións xa que grandes familias dos eupátridas continuaron dominando
a vida política. Para solucionar esta crise, Clístenes, político ateniense e membro da familia
dos Alcmeónidas, instaura o principio de isonomía (a igualdade dos cidadáns ante a lei) no
que respecta a reparto igualitario dos cargos públicos. Isto supoñía que a virtude e o mérito
persoal eran de máis valor que a procedencia e a riqueza do individuo, establecendo así as
bases da democracia ateniense. O seu proxecto partía de dous ámbitos: territorial-
administrativo e institucional.

Por un lado creou o demo ático, unha circunscripción administrativa básica na que se
fragmentaba o territorio ateniense. Cada un dos demos constituía unha verdadeira
comunidade (no ámbito urbano, un barrio) coa súa asemblea (ágora), que escollía ao seu
propio dirixente (demarca); xestionaba as finanzas locais e administraba os bens comunais;
tiña os seus propios cultos e festividades; entre outros. É dicir, como unidade administrativa
participaba na vida cidadá da Ática. O demos impuxo unha división con criterios de
vecindade en oposición á división anterior con criterios de parentesco. Unha vez creados os
demos, dividiuse a Ática en tres rexións de población equivalente. Por último, creou dez
tribos (fileas), circunscripcións territoriais e non xentilicias, que servía para proporcionar a
estrutura militar básica do Estado. Cada unha delas reclutaba ao seu batallón hoplita e
cabalería. Por outro lado, despoxou ao Areópago da maior parte das súas atribucións en favor
de organismos públicos restantes: Bulé, Eklesia e Heliea. A maior parte das súas funcións
quedaron configuradas nesta época. Por último, Clístenes instaura o ostracismo que era unha
forma de castigo pola cal o pobo expulsaba a un cidadán considerado peligroso para a polis
durante un período de dez anos.

1.4. Época clásica (490-323 a. C)

1.4.1. As Guerras Médicas (490-478 a. C)

As Guerras Médicas foron unha serie de conflictos entre o Imp. persa aqueménida e as polis
gregas que teñen lugar entre o 490 a. C. e o 479 a. C. A orixe da colisión atópase na revolta
das cidades da rexión de Xonia (Asia Menor), lideradas polo tirano de Mileto, Aristágoras.
Estas sublevaríanse porque pretendían recuperar a súa autonomía política e o papel de
intermediario a nivel económico. Non obstante, a revolta fracasou ante a escasa axuda que
recibiron da Hélade. Os persas decidiron castigar a Atenas e Eretria e subxugar o maior
número de polis gregas a través dunha inmensa forza expedicionaria. A maior parte das polis
ante o perigo dos persas sométense, pero Atenas e Esparta únense na súa contra. A primeira
guerra médica (492-490 a. C) supón a conquista de Tracia e as illas Cícladas, pero o proxecto
fracasa pola gran vitoria ateniense na batalla de Maratón. Despois, ten lugar un período de
entreguerras onde os plans persas de revitalizar o conflito pospóñense por unha serie de
problemas internos. A segunda guerra médica (480-478 a. C) é testemuña de moitas batallas:
Termópilas, Salamina, Platea e Micale. Ao principio, hai unha sucesión de derrotas gregas,
pero as vitorias de Salamina, Platea e Micale danlle a vitoria aos aliados gregos. En
particular, o seu éxito estivo no control do mar. Unha das súas consecuencias foi o ascenso e
hexemonía política de Atenas, converténdose na polis grega principal. O incremento do
prestixio de Atenas debéuse ao seu liderazgo e as vitorias obtidas en Maratón e Salamina.

1.4.2. O século de Pericles (478-431 a. C)

O ascenso de Atenas tería lugar durante a Pentecontecia, un período de tempo que vai o final
das Guerras Médicas no 478 a.C. ata o inicio da Guerra do Peloponeso no 431 a.C. Neste
periodo vai aparecer una figura crucial: Pericles. El era un personaxe de procedencia
aristocrática pero membro da facción dos demócratas radicais. Pericles sobresaía como un
político e orador de gran carisma que trala morte de Efialtes, xefe do partido democrático,
consolidouse no poder e mantívose nel de forma case ininterrumpida ata a súa morte. A súa
influencia foi tan grande que con el inauguramos o coñecido como o Século de Pericles, un
periodo no que o estadista Atenas impulsou a hexemonía política, o crecemento económico e
o florecemento cultural de Atenas.

Desde o punto de vista político, Pericles levou a cabo unha serie de reformas tendentes a
establecer a denominada Democracia Radical. Os primeiros pasos da democracia ateniense
terían lugar grazas á labor de lexisladores (nomothetas) como Dracón, coa súa recopilación
escrita das leis da cidade, e Solón coa creación das principais institucións atenienses como a
Bulé, a Ekklesia e a Heleia. Máis adiante, Clístenes sentaría as bases para o establecemento
da democracia ao promulgar o principio de isonomía e levar a cabo o seu proxecto
institucional e territorial. Finalmente, Pericles foi respon- sable de materializar unha
profundización do sistema democrático.

Unha das súas primeiras reformas consistiu en reducir os poderes do Aerópago, un consello
cuxos membros eran na súa maioría aristócratas, en favor doutros organismos populares
como a Ekklesia, a Bulé e a Heliea, nas que recaeron as principais decisións políticas. Outras
das súas iniciativas máis relevantes consistiu en outorgar un salario para pagar aos membros
de ditos organismos que ata entón experimentaban graves necesidades económicas. Ademais
asegurou a invulnerabilidade dos xuíces e funcionarios públicos e estendeu os dereitos
políticos a tódolos cidadáns da polis (excepto estranxeiros, mulleres, escravos e menores de
idade). Tamén houbo diversas medidas sociais que incluíron asistencia pública aos
desfavorecidos e concesión de terras aos campesiños.

Desde un punto de vista cultural e artístico, Atenas converteuse no maior centro cultural e
intelectual da Hélade. Pericles rodeouse dunha corte de filósofos e artistas como o escultor
Fidias, o filósofo Anaxágoras, o arquitecto Hipodamo de Mileto e a mestra de retórica
Aspasia. Impulsou as artes, o teatro e a filosofía, dando lugar un periodo marcado polo
desenvolvemento do pensamento racional con filósofos como Anaxágoras, Demócrito ou
Protágoras; e do teatro coa apertura ás clases máis baixas. Non obstante, máis ambicioso do
seu proxecto foi a reconstrución da Acrópole de Atenas, con edificios e esculturas feitas por
grandes artistas como Fidias ou Mnesicles que crearon obras como Partenón ou a estatua de
Atenea. Pericles tamén embeleceu Atenas con máis construcións e potenciou a importancia
das festividades locais (as Panateneas) Para asegurar a viabilidade das súas reformas e
proxectos, non obstante, Pericles tivo que costealas mediante o tesouro da Liga de Delos, xa
que os recursos económicos de Atenas eran insuficientes para facer fronte aos gastos.
Mentres Atenas manteuse como a principal potencia permitiuse disfrutar desta situación
privilexiada, pero o descalabro na Guerra do Peloponeso rematou con ela.

1.4.3. O Estado Espartano

Esparta foi unha dos polis máis relevantes da Grecia Antiga e o principal rival de Atenas. As
orixes de Esparta resultan incertas, pero as reformas do século VII a. C. coñecidas como a
Gran Retra ou a Constitución de Esparta, foron esenciais na configuración da polis. O seu
artífice foi o lexislador Licurgo, quen establece un estado comunal e militarista centrado na
formación e no éxito bélico. É dicir, unha cidade-estado distinta a tódalas demais. Entre as
reformas hai que destacar a territorial, que, semellante a Clístenes, divide aos habitantes en
tribos baseadas no territorio que ocupan é non polos lazos de sangue; e a militar, que
implicou a instauración da falanxe hoplítica e o fin da guerra como unha cuestión reservada á
clase aristocrática. Por último, a reforma política crea 3 institucións: a Apella, unha asemblea
integrada por todolos cidadáns espartanos onde os reis e os xerontes tiñan o dereito a facer
propostas sobre as que o pobo expresaba a súa opinión; a Xerusia, un consello de anciáns
cuxa función era elexir aos reis e o mando do exército; e o Eforado, un grupo formado por
cinco maxistrados elixidos anualmente cuxa principal función era controlar aos reis pero o
seu poder foi crecendo cada vez máis en detrimento da Xerusia.

Esparta organizábase na forma dunha diarquía, é dicir, unha monarquía onde existían dous
monarcas cun sentido de especialización funcional: os reis da dinastía dos Agiadas centraron
a súa actividade no exterior e na guerra e os monarcas dos Euripontidas ocupábanse da paz e
o goberno da cidade. Desde o punto de vista social, a sociedade espartana dividíase en tres
grandes grupos. En primeiro lugar, están os ilotas. Eles eran os esclavos públicos de Esparta
que se ocupaban de traballar a terra a que estaban adscritos. Na guerra acompañaban aos
homes libres en calidade de auxiliares. Logo están os periecos. Eles son homes libres que
estaban sometidos á vontade espartana, pero que tiñan certos dereitos. Entre eles había
campesiños, terratenentes, comerciantes, etc. Os periecos debían servir no exército, aínda que
non na mesma posición. Por último, están os homoioi. Eles son todolos cidadáns espartanos,
teóricamente iguais xuridica e socioeconomicamente.

1.4.4. A Guerra do Peloponeso (431-404 a. C)

A Guerra do Peloponeso (431-404 a. C) foi un conflito militar que enfrontou ás cidades


formadas pola Liga de Delos e a Liga do Peloponeso. Durante a Pentecontecia, o mundo
grego fragmentouse en dous bandos: Atenas e Esparta. Cada bando crea as súas propias
confederacións, pero optan en favor de enfoques diferentes. Por un lado, Atenas dirixe unha
política de expansión militar, creando un gran imperio; e por outro lado, Esparta inicia unha
política máis conservadora, exercendo o seu dominio sobre os límites do Peloponeso. A
rivalidade entre Atenas e Esparta foi a causa remota da guerra, pero o problema estivo no
enorme crecemento do poder ateniense. Nun principio, a Liga de Delos era unha
confederación de aliados da zona ático-délica dirixida por Atenas para defenderse dos
posibles ataques persas. Non obstante cos éxitos militares Atenas empezou a servir só aos
seus intereses e os aliados da liga convertéronse en sometidos. Finalmente, o detonante foi o
decreto de Atenas contra Mégara, cuxas sancións económicas non só afectaban á polis senón
aos demais aliados da Liga do Peloponeso.

Tradicionalmente esta guerra divídese en tres fases. A primeira fase, chamada a guerra
arquidámica, inaugurouse con Esparta lanzando repetidas invasións sobre a rexión da Ática
mentres que Atenas aproveitaba a súa supremacía naval para atacar as costas do Peloponeso e
trataba de apagar todo signo de malestar dentro do seu imperio. Este período conclúe coa
firma de Paz de Nicias, 421 a.C A segunda fase inicia con Atenas enviando unha inmensa
forza expedicionaria para atacar a varios aliados de Esparta. A expedición ateniense, que se
prolonga do 415 ao 413 a. C., foi un desastre. Finalmente nesta terceira fase chamada a
guerra de Decelia Esparta, coa axuda dos sátrapas persas de Asia Menor, apoia rebelións en
estados baixo o dominio de Atenas no mar Exeo e Xonia, co cal a Liga de Delos debilítase, a
supremacía marítima desaparece e Atenas ríndese. Atenas perde a súa posición gañadora en
favor dunha poderosa Esparta. Entre as consecuencias desfavorables está a destrución da base
económica da Ática, a perda de numerosas vidas humanas e a imposición dun réxime
oligárquico baixo o control do chamado goberno dos “Trinta Tiranos”.

1.4.5. A crise do século IV a. C. e a hexemonía de Macedonia (404-323 a. C)

Tralas guerras do Peloponeso, a Hélade entra nunha crise política, social e económica. As
guerras entre polis afectaron en gran medida ao século IV a. C., provocando unha profunda
inestabilidade, destrución e morte na rexión. Esparta, como gañadora da guerra do
Peloponeso, impoñeu o seu dominio pero pronto se viu cuestionado na guerra de Corinto
(395-387 a. C.) ao enfrontarse contra unha alianza formada por Atenas, Corinto, Tebas e
Argos. Os esforzos espartanos e o apoio persa permitiron que a diarquía saíra vencedora, pero
non durou moito xa que na batalla de Leuctra (371 a. C.) sofre unha terrible derrota contra
Tebas, que coloca a Esparta nunha posición secundaria grazas ao mando do xeneral
Epaminondas. Varios anos despois, non obstante, Epaminondas morre. Este feito, unido a
outros factores, fan que a hexemonía tebana se debilitara rapidamente.

A situación de debilidade da Hélade coincidiu co xurdimento de Macedonia, encabezada por


Filipo II. Macedonia era unha rexión situada ao norte de Grecia, que non formaba parte da
Hélade, cunha monarquía militar e sociedade rural. En vinte anos, Filipo II unificou o seu
reino e estendeuse cara o norte e o oeste ao vencer ás tribos ilirias e conquistar Tracia e
Tesalia. Uns éxitos que se debían ás innovacións militares que introduciu no éxercito,
destacando a novidade da sarisa e a creación dunh unidade básica de ataque: a falanxe
macedonia.

Máis tarde, fixa os seus ollos nas polis gregas e intervén cada vez máis nos seus asuntos ata
que Filipo II se impón a atenienses e tebanos na batalla de Queronea (338 a. C.), caendo toda
a Hélade en menos dun ano. No 337 a. C. fírmase un tratado de paz entre Macedonia e os
estados gregos, a excepción de Esparta, dando lugar ao que se coñece como a Liga de
Corinto. Máis tarde, Filipo II decide emprender a guerra en contra dos persas aqueménidas,
pero este morre vítima dun complot ao ano seguinte. O trono será ocupado polo seu fillo e
herdeiro Alexandre Magno, figura excepcio- nal e admirador da cultura grega, quen se amosa
igual de competente que o seu pai e, tras asegurar o control das polis gregas, retoma os plans
do seu pai. Ante os gregos, rei presentou o proxecto de conquistar o imperio medo como unha
cruzada grega para vingar aos atenienses e os seus aliados polas afrentas e danos recibidos. A
aventura oriental durou entre o 334 e o 323 a. C. A campaña podémola dividir en catro
grandes etapas: conquista de Asia Menor, conquista dos portos fenicios (Tiro e Gaza) e de
Exipto, conquista da grandes capitais aqueménidas (Susa, Persépolis, Pasargada e Ecbatana) e
conquista das satrapías superiores. En pouco tempo, o monarca obtivo un enorme imperio, o
cal non puido ampliar cara ao oeste xa que no ano 323 a.C morre en Babilonia.

Trala morte de Alexandre Magno, a principal consecuencia foi a ausencia dun herdeiro
evidente. O asunto deriva nun problema interno no cal o círculo próximo ao rei entra en
conflito e ocorren loitas encarnizadas para obter a súa herdanza. O resultado foi a
descomposición do imperio e a aparición de monarquías ao fronte das cales estaban os
diádocos, é dicir, os antigos xenerais de Alexandre Magno, co título de basileus. No 280 a. C.
consolídanse tres estados: Macedonia (Antigónidas), formada polo norte de Grecia e
aspirante a dominar as polis do territorio grego europeo; Exipto (Ptolomeos), constituída
polas terras do val do Nilo e a costa; Pérgamo (Atálidas), que ocupaba a parte occidental de
Asia Menor; e o Imperio seléucida, que posuía moito: Anatolia central, Levante
mediterráneo, Mesopotamia, Persia e diversas zonas de Oriente.

1.4.6. Economía, sociedade, relixión e cultura

Desde unha óptica económica, o piar básico da economía grega era a agricultura, baseada na
tríade mediterránea (trigo, vide, oliva). Non obstante, a produción era insuficiente polas
restricións naturais así que os produtos das colonias e as cleruquías de Asia Menor eran
necesarios. Outras actividades a considerar son a gandería, onde as especies comúns eran
ovellas e cabras pero cun menor desen volvemento pola escaseza de pastos; a minería,
destacando as minas de prata da Ática e Tracia; e a artesanía e o comercio, coa creación de
luxosos obxectos cerámicos da Ática e o desenvolvemento do comercio marítimo
(importación de trigo). En época helenística, o comercio foi particularmente activo, creando
unha gran zona comercial dende Oriente ata Occidente pola conquista macedonia. Semellante
a Roma, os escravos eran fundamentais para o sostemento do sistema económico.

Desde unha visión social, as polis gregas organizábanse en 3 estados separados


rigorosamente. En primeiro lugar, están os cidadáns. Eles estaban guiados por dous principios
de estratificación social: a oposición entre os que se dedican a agricultura e os que se dedican
ao comercio e a industria; e o escalonamento en función das rendas. Os cidadáns disfrutaban
dunha serie de privilexios como son participación política, adquisición bens inmobles, saúde
pública e reparticións gratuítas. En segundo termo, están os metecos. Son estranxeiros que
teñen residencia permanente en Atenas, sendo unha parte importante da súa poboación. Entre
eles destacaban os mercenarios. Para rematar, están os escravos. A maioría eran de orixe non
grega, sendo obtidos normalmente en guerras. Algúns deles tiñan donos que lles permitían
traballar autonomamente para aforrar e comprar a súa liberdade. Así se convertían en
metecos, non en cidadáns. Polo xeral, existían unha serie de condicións baseadas no sexo e na
idade para acceder as maxistraturas, o Consello ou o Consello de Anciáns. A muller non se
considera unha cidadá, pero é necesaria para a transmisión da cidadanía.

Desde un punto de vista relixioso, os gregos dispoñían dunha relixión politeísta onde rendían
culto a numerosas divindades, tanto menores como maiores. Entre elas sobresaíron os deuses
do Panteón Olímpico, tradicionalmente formado por 12deidades lideradas por Zeus, rei dos
deuses e dos ceos. Os deuses posuíron un papel importante noutros ámbitos como a literatura
e o teatro, ámbitos cun inmenso desenvolvemento por parte dos gregos. Así, na literatura
destacan as figuras de Homero (Ilíada e Odisea) e de Hesíodo (Teogonía) e no teatro os
grandes representantes da traxedia grega (Esquilo, Sófocles e Eurípides). Non obstante, nos
campos da investigación histórica, filosófica e científica tamén houbo moitos avances grazas
a un interese por buscar os fundamentos que explican o sentido da vida humana ou o
funcionamento dos obxectos e fenómenos do mundo. Algúns destes sabios foron Tucídedes,
Platón, Aristóteles ou Hipócrates.

1.5. Arte grega

1.5.1. Introducción, cronoloxía e precedentes

O estudo da arte grega inicia no Renacemento, cando rexurde o interese polas civilizacións
clásicas: grega e romana. Os artistas e intelectuais do Renacemento dedicáronse a estudar e
imitar as obras da Antigüidade conservadas en Roma e outras urbes ou que se descubrían
casualmente. Con todo, a historia da arte grega tal e como a coñecemos é obra de eruditos de
inicios do s. XIX en adiante, sendo os arqueólogos J.J. Winckelman e Ennio Visconti os
primeiros en ordenar este heteroxéneo campo.

Polo xeral, a arte grega divídese en tres etapas. En primeiro lugar, a época arcaica vai dende o
fin da Idade Escura no século VIII a. C. ata o remate das Guerras Médicas no 478 a. C. Nesta
fase os artistas loitaron polo dominio da técnica incipiente e a creación da forma artística. En
segundo termo, a época clásica vai dende o remate das Guerras Médicas no 480 a. C. ata a
morte de Alexandre Magno no 323 a. C. Nesta fase os artistas acadan o equilibrio e a
perfección buscados, converténdose no modelo a imitar polas xeracións vindeiras. En terceiro
lugar, a época helenística vai dende a morte de Alexandre Magno no 323 a. C. ata a
destrución de Corinto por Roma no 146 a. C. Nesta fase hai unha ruptura total coa linguaxe
clásica (etapa barroca).

Os antecedentes da arte grega atopámolos nas civilizacións minoica e micénica. Por unha
parte, dos minoicos toman o plano urbano ortogonal, o uso grandes sillares e columna con
base, fuste e capitel (precedente da columna dórica). As obras máis destacadas do seu arte
son o Fresco dos delfíns, un fresco de temática animal onde destaca un grupo de cinco delfíns
entre outros animais acuáticos; a Deusa das serpes, unha escultura de barro policromado que
representa a unha muller coa cabeza coroada por un gato, unha serpe en cada man, os peitos
ao aire e saia acampanada con volantes; e a Cabeza do touro de Cnosos, unha escultura que
representa a un animal sagrado para os cretenses como é o touro. Por outro lado, dos
micénicos toma a fortificación das cidades coa construción de muros ciclópeos e acrópole;
entradas alinteladas; frixos adornados con relevos e a casa micénica (o megaron), co seu
espazo rectangular e o pórtico de columnas. Algunhas das obras máis destacadas da arte
micénica son a Porta dos leóns, a Máscara de Agamenón e o Tesouro de Atreo.

1.5.2. Características da arte grega: arquitectura

A arte grega definiuse por unha visión antropocéntrica do mundo (en contraposición ao
colosalismo do teocentrismo oriental), resumida na famosa frase “O home é a medida de
tódalas cousas”; e pola procura da beleza ideal, cuxos principios fundamentais son equilibrio,
medida e orde. Para o caso concreto da arquitectura, esta distínguese por varias
características:

-Elementos sustentantes e sustentad. Os gregos empregaron unha arquitectura arquitrabada, é


dicir, que non fai un uso do arco e a bóveda senón do lintel apoiado sobre columnas, dando
lugar así ao predominio da liña recta e logrando unha sensación de equilibrio e serenidade.
-Materiais. Os principais materiais foron a pedra calcarea e o mármore. A cantería é
perfectamente uniforme, empregando aparello isódomo.
-Ornamentación. Os edificios gregos eran sobrios en termos decorativos, pero o exterior solía
estar policromado (hoxe perdéronse estas cores). As ordes arquitectónicas establecían
rixidamente cales eran os elementos ornamentais.
-Ordes arquitectónicas. Para a mentalidade grega a idea de orde é primordial. A civilización
grega en sí mesma representaba a vitoria da orde sobre o caos, exposta por medio do mito de
Cleobis e Bitón. Os seus edificios cumplen cunha serie de normas á hora de ser feitos.
Existen tres ordes:
a) Orde dórica: A orde dórica é un estilo definido pola súa sinxeleza e sobriedade, utilizado
na Grecia continental e as colonias do sur de Italia e Sicilia. Auxe nos séculos VI-V a. C.
b) Orde xónica: A orde xónica é un estilo definido por ser esbelto e elegante, utilizado na
zona leste de Grecia e as illas do mar Mediterráneo. A diferenza do dórico, asociado á
masculinidade, a orde xónica está vinculada á feminidade. Auxe a mediados do século V a.
C.
c) Orde corintia: É un estilo caracterizado pola súa ornamentación. Considérase unha variante
tardía do xónico, cunha notoria influencia oriental na que a novidade é a decoración vexetal
en forma de follas de acanto do capitel. Esta orde foi utilizada no período helenístico e
posteriormente en Roma.

Os arquitectos gregos, en especial nos templos, levaban a cabo o que se coñece como
alexemata: unha serie de correccións ópticas cuxo obxectivo era lograr unha harmonía visual
ante as probables aberracións visuais que xurdían no proceso de construción. As principais
alexemata son: a curvatura do entaboamento, curvándoo cara arriba na súa parte central para
evitar o efecto de “pandado”; o efecto piramidal, unha lixeira inclinación das columnas cara
ao interior para evitar unha sensación de caída cara ao exterior; a éntase das columnas, un
ensanchamento na parte central para reducir os efectos da concavidade das columnas de lados
rectos; a anchura superior das columnas dos lados; para que foran máis estreitas en relación
ás demais; e a distancia desigual dos intercolumnios.

PD: Número áureo: Relación de superioridade e correspondencia entre o segmento maior e


menor e os que o suceden.

1.5.3. Arquitectura grega. Etapas e obras

a) Templo

Entre os edificios da Antiga Grecia, o máis relevante é o templo. Os templos son edificios de
planta rectangular, fachada dianteira e traseira, orientación leste-oeste e fileiras de numerosas
columnas. En comparación aos templos cristiáns, os gregos non rinden culto aos seus deuses
no seu interior senón que os ritos e festividades fanse fora deste. No interior do templo, en
cambio, reside a escultura do deus, a cal estaba dedicada ao santuario en cuestión. O templo
grego divídese principalmente en 3 partes:

-Pronaos (pórtico). Unha especie de vestíbulo aberto ou pórtico que precede á naos.
-Naos (cella). Estancia central do templo onde se garda a estatua do deus. Polo xeral, divídese
en 3 espazos ou naves separadas por columnas.
-Opistodomos. Un falso pórtico na parte posterior da naos onde se gardaba o tesouro e a
ofrenda.
Tipos (Apuntes)

-Periodo arcaico

En Asia Menor, destaca o templo de Artemis en Éfeso (575 a. C), que serviu de modelo a
imitar polo uso temperá orde xónica. Na Magna Grecia usouse a orde dórica de xigantescas
proporcións en Paestum (Italia), cos templos de Hera e Poseidón; o Val dos Templos en
Acragante (Sicilia), cos templos de Hera e Concordia; e en Selinunte (Sicilia), cos templos de
C e E. En Grecia continental, a orde dórica está establecida dende o século VI a. C. en
Corcira, co Templo de Artemis en Corfú; en Delfos, co Oráculo de Apolo, o Tesouro de
Sifnios e o Tesouro dos Atenienses; en Egina, co Templo de Afaia; en Termo, co Templo de
Apolo; e en Olimpia, co Templo de Hera.

-Periodo clásico

Durante esta época as construcións máis destacadas atopámolas en Atenas. A hexemonía


ateniense tralas Guerras Médicas e o seu liderazgo na Liga de Delos fai que Atenas se
transforme no principal centro artístico da Hélade. Pericles, o responsable desta
transformación, utilizou os tributos da Liga de Delos para financiar un proxecto: a
reconstrución da Acrópole de Atenas. O recinto sagrado foi cuberto con numerosas
edificacións e esculturas feitas por grandes artistas como Fidias, Mnesicles ou Calícrates.
Entre as mellor conservadas os Propileos, o templo de Atenea Niké, o Partenón e o Erecteion.
Outras como o Recinto de Artemis Brauronia non existen ou hai uns poucos restos. En outros
lugares temos en Atenas, o Hefesteion; en Olimpia, o xa desaparecido templo de Zeus; en
Sunión, o templo de Poseidón; e en Bassae, o templo de Apolo. Semellante, aínda que neste
caso falamos dunha construción funeraria, está o Monumento das Nereidas.

-Periodo helenístico

A conquista de Alexandre Magno do imperio persa aqueménida permitiu a extensión da arte


grega por outros territorios como Exipto ou Anatolia. Estes adoptaron o estilo artístico, pero
con cambios xa que durante este período a arte sofre unha transformación para romper cos
estándares pasados en favor doutros intereses. Entre os exemplos máis destacados da época
están o templo de Apolo, en Didima (Xonia); o altar de Zeus, en Pérgamo; o Olimpeion, en
Atenas; a Lanterna de Lisícrates, en Atenas; e o desaparecido Mausoleo de Halicarnaso.

b) Outros edificios

1. Teatros. Unha construción dedicada á representación de obras teatrais (tráxicas e cómicas).


Nun principio, estes eran estruturas de madeira pero a partir do século IV a. C. empézanse a
construír as gradarías en pedra. Estes teatros sempre se construían na ladeira das montañas co
obxectivo de aproveitar a pendente natural e a acústica. Exemplos son o Teatro de Epidauro
ou de Dodona. Ten as seguintes partes:

- A gradaría ou cavea, zona reservada para o público, en forma de ferradura;


- A orchestra, lugar onde o coro danzaba, de forma circular (Grecia) e semicircular (Roma);
- A escena, espazo onde tiñan lugar as representacións, cun fondo de escenario.
- Os parodoi, entradas para os membros do coro e os actores situados entre a escena e a
orchestra
2. Stoas. Estruturas porticadas de variada función, normalmente de centro comercial e cívico,
como a stoa de Átalo, en Atenas; ou a stoa de Delfos, en Delfos.

3. Palestras e ximnasios. Edificios onde se practicaba exercicio físico e se facía concursos


atléticos. Estes son espazos pechados perípteramente con estruturas porticadas, pero a ceo
aberto na parte central. As cidades gregas de certo tamaño tiñan, polo menos, unha palestra
ou un ximnasio como centro social para os cidadáns (varóns). Exemplo: Palestra de Pompeia.

4. Estadios. Edificios destinados a espectáculos de carácter deportivo, en concreto a carreiras


de atletas e carreiras de cabalos. Tiñan a gradaría recta ao longo e semicircular nun extremo.
O estadio grego máis antigo era o que se atopaba en Olimpia, cun aforo de 50.000
espectadores. Outros son o estadio de Delfos.

5. Bouleterion. Cámara do consello da cidade (boulé), un edificio público que servía como
tribunal e lugar de reunións. Exemplo: Bouleterion de Priene (Xonia).

c) Urbanismo

A partir da expansión grega polo Mediterráneo, os colonos tiveron a necesidade de levar a


cabo a planificación das novas cidades. A solución consistiu nun modelo funcional: o plano
ortogonal, o cal está formado por eixos horizontais e verticais que cuadriculaban o terreo. A
cidade desenvólvese en cuadrícula, é dicir, cunha trama ortogonal coas rúas en forma de
tableiro de xadrez. Estas cidades teñen dúas zonas primordiais: a acrópole, a parte alta da
cidade e o recinto sagrado onde se atopa o templo principal e onde se gardan os tesouros; e a
ágora, a praza principal dedicada á actividade pública (política e comercial) na que se
encontran os edificios oficiais (bouleterion, stoa, etc) e as construcións recreativas (teatro,
palestra, ximnasio, estadio, etc).

1.5.4. Escultura grega

a) Características básicas

A civilización grega era unha cultura antropocéntrica polo que o corpo humano convértese no
tema esencial da súa escultura, tomando como inspiración aos mitos, a literatura e a vida
cotiá para facer tanto relevos como escultura exenta. A función era propagandística (política),
didáctica (exaltaba as virtudes gregas que debían ter os varóns: prudencia, xustiza e
temperanza) ou relixiosa. Os materiais máis utilizados foron o mármore e o bronce.pero a
práctica totalidade dos bronces perdéronse e só se conversan copias romanas feitas en
mármore. No primeiro caso, eran esculturas policromadas en cores suaves, aínda que a maior
parte delas perdéronse. A técnica máis apreciada, a criselefantina, empregaba láminas de ouro
e marfil.

Na escultura grega, as figuras empezan a gañar relevancia debido ao interés na súa


contemplación estética, na observación verdadeiramente belo. O trazo fundamental da
escultura grega, a procura da beleza, baséase na proporción e no equilibrio das partes. Para
lograr a beleza o punto de partida para a creación figurativa é a natureza, tratando de
reproducir realidade (mímese). O artista ofrece unha representación naturalista da figura
humana, tanto no aspecto formal como na expresividade emocional. Hai dúas forzas na raíz
da expresión emocional humana: o “ethos”, o carácter do home, formado pola autodisciplina,
o costume e a herdanza, que vai ser o preponderante na escultura ata a chegada de Scopas;
por outra banda, está o “pathos”, a paixón, o sentimento, reacción espontánea ás experiencias
do mundo exterior, predominante desde Scopas (período helenístico).

b) Período arcaico

Na etapa arcaica, as principais esculturas eran os kuroi, estatuas de atletas triunfadores nos
Xogos Olímpicos; e as korai, estatuas femininas que posiblemente eran representacións de
sacerdotisas. Ambas comparten unha gran frontalidade e hieratismo, que supón, por un lado,
que só podían ser contempladas de fronte; e, por outro lado, que se caracterizan pola súa
inmovilidade, rixidez e falta de expresividade. Os kuroi teñen diversos trazos como o sorriso
arcaico (un sorriso inexpresivo e artificial), espido, ollos amendoados, cabelo rizado, labios
pechados, pómulos saíntes, ausencia de trazos persoais, musculatura xeometrizada, brazos
unidos ao corpo e a perna esquerda adiantada. As korai, en cambio, están vestidas cunha
longa e cinguida túnica (chitón). Enriba dela poden levar un himatión xónico, que é un manto
ancho, amplo e envolvente que se enrola sobre un só ombro; ou un peplo dórico, é dicir, un
chal curto que cubre os ombreiros. Ambas prendas forman plegues dispostos en abanico,
paralelo ou zigzag. Exemplo dos primeros están o Kouros de Anavissos, o Moscóforo, o
Xinete Rampín e Cleobis e Bitón. Todos do século VI a. C. Exemplo dos segundos están a
Dama de Auxerre (s. VII a. C), a Koré do peplo (s. VI a. C) e a Malcarada (s. V a. C).

-Estilo severo

Ao longo do século VI a.C. apréciase unha tendencia cada vez máis naturalista da figura
humana, o que marcará unha transición ao clasicismo. Na primeira metade do século V a.C.
(e xa a finais do século VI) púgnase por abandonar a rixidez arcaica, tratando de dar ás
figuras o movemento natural e a súa verdadeira configuración anatómica. Falamos do “estilo
severo”, de transición ao clasicismo (480-450 a. C.), que se denominaba así pola austeridade
na forma externa, escasa ornamentación e seriedade na intención expresiva. Del conservamos
esculturas de frontóns e metopas, tal como os frontóns do Templo de Afaia e do Templo de
Zeus en Olimpia; e exentas, como os Tiranicidas, o Guerreiro Riace, o Efebo Critio, o Auriga
de Delfos e o Deus do cabo Artemisio.

c) Periodo clásico

-Primeiro clasicismo (S. V a. C)

Na segunda metade do século V a. C, período que coincide coa época de Pericles, Atenas
énchese de artistas sobresaíntes e ten lugar o pleno clasicismo.Os grandes escultores da época
como Fidias, Mirón e Policleto desenvolven ao máximo o potencial da escultura grega,
levando a cabo grandes aportacións no campo artístico.

Fidias é a máxima figura da escultura helena, xa que leva ata as últimas consecuencias a
procura da beleza idealizada ao aportarlle espiritualidade. O seu estilo baseábase en tres
principios: maxestade, a solemnidade e o distanciamento emocional das figuras; gracia,
cualidade lograda mediante técnica dos paños mollados para as vestimentas; e efectismo,
trazo conseguido a través do movemento dos grupos escultóricos. As súas mellores obras
están na Acrópole de Atenas, destacando a decoración do Partenón. Aquí fixo os relevos das
métopas, onde representa escenas como a Guerra de Troia e a Centauromaquia; os relevos
dos frixos da parede externa da cella, onde aparece a Procesión das Panateneas; os relevos
dos tímpanos dos frontóns oriental e occidental, onde temos o nacemento de Atenea e a loita
entre Atenea e Poseidón; e a escultura exenta dedicada a Atenas, localizada na cella do
Partenón.

Mirón, quen traballou a cabalo entre o estilo severo e o clasicismo pleno, estudiou a
representación do movemento da figura humana. Esta representación consistía nun esquema a
base de triángulos, feito evidente na súa obra máis famosa: Discóbolo, unha escultura dun
atleta de anatomía un pouco elemental e de rostro inalterable onde o artista capta un intre
fugaz da acción que define a secuencia de movemento ao completo. Trátase dun movemento
en potencia, é dicir, un movemento a punto de explotar pero aínda non o fixo: o momento en
que vai lanzar o disco xirando sobre a súa perna de- reita.

Con Policleto, chegamos ao estudo do canon ideal do corpo humano viril en repouso, que na
súa obra Canon establece que debe ter unha altura igual a sete cabezas e que o rostro debería
dividirse en tres partes iguais. Tamén introduce o contraposto, a oposición harmónica das
diversas partes do corpo coa intención de lograr movemento e romper coa lei da frontalidade.
Estas ideas poden verse na súa obra máis coñecida: o Doríforo, unha imaxe idealizada dun
atleta en actitude de camiñar na que hai unha harmonía de forzas contrapesadas nun esquema
quiástico. Outro ex. é o Diadumeno, no cal é moi notoria a influencia de Fidias e a diartrose
(subraiar os plegues inguinias e pectorais).

-Segundo clasicismo (S. IV a. C)

No século IV a crise sociopolítica que afecta á Helade supón un cambio importante na arte: a
forma artística abandonou o equilibrio e serenidade para adoptar maior tensión dramática e
expresividade. Neste contexto, o ethos, o dominio das emocións, perdeu interese en favor do
pathos, a expresión do sentimento humano. Polo tanto, buscamos representar emocións como
alegría, medo ou tenrura. As esculturas dos deuses perden serenidade e emerxen como meros
homes en actitudes cotiás. Os principais artistas son:

Lisipo, retratista oficial de Alexandre Magno, foi un artista definido pola súa orixinalidade
tendendo unha ponte cara ao helenismo. Lisipo elaborou o canon de oito cabezas, máis
esvelto e espiritual, e a pretensión captar o maior número de puntos de vista, rompendo coa
última reminiscencia da lei da frontalidade: o punto de vista frontal como o ideal. As súas
obras teñen que apreciarse desde todos os ángulos. Así, o Apoxiomeno proxecta os brazos
cara a adiante, rompendo o espazo exterior á escultura e o cubo espacial, invadindo o espazo
do espectador e obrigándoo a buscar outros varios puntos de vista. Obras: Apoxiomeno, Ares
Ludovisi e Hércules Farnesio.

Praxíteles foi un artista definido pola gracia, un escultor de formas brandas e curvas que
utilizaba a técnica do esfumado, para recrearse no modelado ata conseguir unha expresión
vaga e soñadora; e a curva praxiteliana, permitindo que a figura describira unha forma
sinuosa ao arquear suavamente o seu corpo e facela bascular sobre unha das extremidades.
Entre as súas obras destacaron o Hermes con Dionisos, o Apolo Sauroktonos e a Afrodita de
Cnido.

Scopas foi o máximo expoñente da linguaxe do pathos, estando preocupado pola


representación dos distintos estados da alma. Isto reflictiuse en corpos contorsionados de gran
patetismo como os que podemos apreciar nas súas Ménades danzantes, onde representa o
interior atormentado destas ninfas que rendían culto a Dionisos. Tamén traballou nos relevos
do Mausoleo de Halicarnaso, un monumento funerario dedicado ao sátrapa persa Mausolo.

d) Período helenístico

Coa extensión do dominio helénico tras as conquistas de Alexandre Magno, a escultura grega
sofre notables transformacións debido ás aportacións dos pobos conquistados, cunha gran
dispersión dos centros e escolas escultóricos: Pérgamo, Rodas, Alexandría, etc. Neste
período, houbo unha gran demanda de obras artísticas debido á prosperidade económica e a
competencia entre os monarcas dos distintos reinos helenísticos, embelecendo luxosamente
as grandes cidades e capitais dos reinos. As características básicas da escultura son o
naturalismo, con Scopas e Lisipo como modelos pero excedéndoos; a tendencia ao
dinamismo e o artificio, con xogos de luces e sombras e múltiples pun tos de vista; e a
representación do feo e o monstruoso, abrindo a porta ás figuras anciáns ao nu.

-Escola de Atenas e o Peloponeso. As escolas continentais gregas son as máis tradicionais, xa


que seguen os principios de Lisipo. Exemplo: o Boxeador e o Torso de Belvedere, ambas de
Apolonio, Espinario, de autor descoñecido; Afrodita agachada, de Doidalsas de Bitinia; e
Gladiador borghese, de Agasio de Éfeso.

-Escola de Pérgamo. Entre os séculos III e II a. C, Pérgamo convértese un dos centros


escultóricos máis importantes grazas ao mecenado dos reis. Baixo o mandato de Átalo I,
trala súa vitoria contra os galos, desenvolvouse unha tipoloxía de guerreiros feridos como o
Gálata moribundo e o Gálata Ludovisi. Os escultores reviven momentos dolorosos e adoptan
un gran realismo anatómico. Outras esculturas son os relevos do Altar de Zeus e o
Despellexamento de Marsias.

-Escola de Rodas. Rodas foi un centro de produción escultórica moi activo, aínda que non
alcanzou o grado de innovación de Pérgamo. Entre as obras da súa autoria está a Vitoria de
Samotracia, que é unha figura feminina de gran dramatismo; o Touro Farnesio, cuxo tema é o
suplicio de Dirce cuxos fillos ataron ao touro que arrastrou ata a morte; o Laocoonte e os seus
fillos, un grupo escultórico no que o sacerdote Laocoonte é castigado por Poseidón a morrer
estrangulado por serpes mariñas xunto aos seus fillos; e o Coloso de Rodas, unha
desaparecida estatua xigantesca (30 m) de Apolo situada na entrada do porto de Rodas.

-Outras escolas: Milos e Alexandría. Por unha parte, a primeira escola destaca pola Venus de
Milo, de Alexandre de Antioquía; e por outra, o Nilo, grupo escultorico que constitúe unha
alegoría do río Nilo e amosa unha serie de seres extravagantes ou monstruosos; e o Atlas
Farnesio, representación do titán Atlas que carga coa bóveda celeste.

1.5.5. Cerámica e pintura gregas

Os gregos desenvolveron tamén a pintura, pero a diferenza dos casos anteriores non
conservamos obras dos mellores pintores gregos como Apeles ou Zeuxis. As obras máis
relevantes conservadas pertencen a un amplo conxunto de recipientes de cerámica, aínda
cando en verdade se trata dunha parte ínfima en relación ao total producido. A cerámica
grega, en especial aquela elaborada na zona da Ática, destacou pola súa calidade artística. Por
esa razón, chegou a estender polo Mediterráneo como un elemento de luxo que facía
referencia á alta posición social do posuidor. Estes recipientes, feitos en arxila, eran moi
diversos na súa tipoloxía: ánforas, cráteras (aguar o viño), hidria (conter a auga), etc.
Podemos distinguir varios períodos e estilos:
a) Período arcaico:
-Estilo xeométrico: As vasillas son decoradas en franxas con motivos xeométricos e, no
centro, hai unha franxa con representacións humanas. Exemplo, os vasos Dypilon. (VIII-VII
a. C)
-Cerámica de “figuras negras”: As vasillas son decoradas con siluetas/figuras negras sobre un
fondo vermello (VI a. C). Exemplo, o Vaso François de Klitias.

b) Período clásico:
-Cerámica de “figuras vermellas”: As vasillas son decoradas con siluetas ou figuras vermellas
sobre un fondo negro. Exemplos: o Vaso dos Cortesáns, de Eufronios, ou Aquiles matando a
Pentesilea.

2. Roma

a) Período monárquico. Sitúase entre a fundación de Roma no 753 a. C. ata a expulsión do


último rei no 509 a. C.
-Período latino-sabino (séculos VIII a VII a. C.)
-Período etrusco (século VI a. C.)

b) Período republicano. Sitúase entre a proclamación da república romana no 509 a. C. ata


cando Octavio Augusto é proclamado emperador no 27 a. C.
-Período de democratización (ata o século III a. C.)
-Período oligárquico (séculos II e I a. C.)

c) Período imperial: Sitúase entre o 27 a. C. co xurdimento do imperio romano ata a


destitución do último emperador romano, Rómulo Augústulo, no 476 d. C.
-Alto Imperio/Principado: Dende el 27 a. C ata o 235/284 d. C. Os emperadores incluían o
título de princeps a súa titulatura.
-Baixo Imperio/Dominado: Desde o ano 235 ata p 476. Os emperadores cambian o seu título
por dominus (señor).

2.1. Monarquía

Desde unha visión xeográfica, a Italia peninsular defínese por ser unha península alargada e
dividida en dúas pola cadena dos Apeninos. Roma está ubicada na zona central da península,
nunha rexión chamada Lacio. Esta rexión ten como límite norte o río Tíber, como límite
occidental o mar Tirreno, como límite oriental os Apeninos e o límite sur non está definido
por falta dunha fronteira física moi evidente. A partir desta fronteira sur vaise realizar unha
ampliación, distinguíndose o Latium vetus (zona nuclear) e un Latium novum (zona de
ampliación). Económicamente, era unha terra pobre en relación á cuestión agrícola, pero rica
en pastos. O seu principal valor era a súa posición estratéxica na península, ao ser un cruce de
camiños; e o río Tíber, a principal ruta navegable cara ao interior. Ao lado do río Tíber, os
habitantes fundaron, en torno a sete grandes outeiros (Palatino, Aventino, Esquilino,
Capitolio, Celio, Quirinal e Viminal), a cidade de Roma.

2.1.1. Fontes literarias e arqueolóxicas

a) Fontes literarias

O relato lexendario sobre a fundación de Roma inspírase en dúas tradicións de períodos


distintos: a grego-troiana e a latina. A primeira protagonizada por Eneas héroe troiano que
fuxe de Troia cara o 1184 a. C. e establécese no Latium onde el e o seu fillo fundan dúas
cidades importantes: Lavinnium e Alba Longa. A segunda tradición protagonizada por
Rómulo sitúanos no 753 a. C. Entre ambas hai unha distancia temporal enorme, pero para
conectalas os autores romanos situaron entre Eneas e Rómulo todo un grupo de reis, entre
eles Nummitor e a súa filla Rea Silva. Segundo a tradición, Marte fecundou á sacerdotisa Rea
e tivo dous xemelgos (Rómulo e Remo), que foron abandonados nunha cesta e criados por
unha loba. No momento en que son adultos danse conta da súa liñaxe real polo que fundan
Roma no lugar en que foron amamantados pola loba. O problema é que non se poñían de
acordo co lugar exacto: Palatino ou Aventino. Finalmente, Rómulo matou a seu irmán por
traspasar os límites do seu territorio, funda Roma no Palatino e convértese no primeiro
monarca de Roma.

b) Fontes arqueolóxicas

Desde o século XIX, os investigadores intentan obter evidencias arqueolóxicas para


comprobar a veracidade histórica das tradicións anticuarias romanas. Existen dúas
interpretacións xerais sobre a orixe de Roma. A primeira é a de E. Gjerstad, quen propuxo
que Roma comezou sendo unha serie de aldeas independentes en diferentes outeiros ata que
nun momento determinado se produciu unha unificación política nunha única comunidade
cívica. A segunda é a formulada por H. Müller-Karpe, quen defende a existencia dun único
asentamento nos cumios do Palatino e Celio e pouco a pouco foise estendendo cara os demais
outeiros. A pesar destes planteamentos radicais, na década dos 70 chégase a posturas máis
flexibles onde caben elementos de ambas teorías.

2.2.1. Período latino-sabino

O período latino-sabino contou con catro monarcas: Rómulo, Numa Pompilio, Tulo Hostilio
e Anco Marcio. A pesar da historicidade das institucións e accións de Rómulo, os
historiadores consideran que o primeiro rei foi un personaxe lexendario. A Rómulo débeselle
a organización do exército, coa creación da lexión formada por 3 centurias de cabalería e
3.000 homes de infantería. Os sucesores foron Numa Pompilio e Tulo Hostilio. O primeiro
foi un rei pacífico, que se dedicou a creación das principais institucións relixiosas e levou a
cabo unha intensa labor lexislativa. O segundo foi un rei militar destacado polas súas accións
bélicas como a destrución de Alba Longa. Para rematar, Anco Marcio foi un continuador da
labor lexislativa de Numa, codificando o dereito creado por el.

A monarquía deste período distínguese por ser electiva con soberanos locais escollidos por
elección popular e sen relación de parentesco. O monarca era o maxistrado supremo e as súas
funcións eran gobernar, xulgar, dirixir o exército e convocar-presidir Senado e Asemblea. A
primeira constitución estratificaba a sociedade romana ao distribuír as distintas liñaxes
patricias en tres tribos, cada unha organizada en 10 curias. Os xefes das distintas familias
(pater familias) compoñían o Senado, cuxa función era asesorar ao monarca, gobernar
durante o interregno e elexir ao seu sucesor. Os homes adultos (quirites) das 30 curias
reuníanse na Asemblea curiata, ocupada de sancionar a elección do rei, votar as leis, decidir
sobre a guerra e a paz, etc.

2.2.2. Período etrusco

Coa conquista dos reis etruscos o réxime romano sofre drásticas transformacións, xa que
pasamos dunha monarquía electiva mediante elección popular a unha monarquía hereditaria
onde se chega ao poder mediante a intriga e a violencia. Os gobernantes non son locais senón
foráneos, etruscos, que nese momento eran a potencia hexemónica do centro-norte de Italia.
Neste longo período Roma pasa a ser unha urbe etrusca: desenvolvemento do urbanismo,
edificación de murallas, construción da rede sumidoiros, etc.

O máis relevante dos goberrnantes etruscos é Servio Tulio, xa que é responsable dunha
reforma da constitución: a reforma serviana. Os cambios introducidos son a base sobre a cal
se funda o sistema republicano. As súas principais iniciativas son a reorganización da
poboación, a creación da instituc. do censo e a instauración dos comicios centuriados. A
medida territorial baseouse na necesidade de unificar a poboación libre, dispersa polo espazo
romano: o ager romanus. As tres tribos de época de Rómulo son reemplazadas por trinta e
cinco novas (31 rústicas e 4 urbanas) cuxos cidadáns son organizados en distritos territoriais
en función da súa residencia.

Con esta medida, Servio Tulio pretendía acabar coa antiga organización xentilicia que se
baseaba na liñaxe e nos lazos de sangue. A idea era substituíla por un sistema baseado na
riqueza, semellante á timocracia de Solón. Segundo a capacidade económica de cada cidadán,
o sistema decidía o papel no exército e os dereitos e obrigacións que lle correspondían. Por
tanto, Tulio creou un censo con criterios económicos (organización centuriada) que supuxo a
división da sociedade en catro clases: supra classem, os cabaleiros designados polo rei; os
classis, os cidadáns que constituían o núcleo da infantería; os infra classem, a infantería
provista de armamento lixeiro; e os proletarii, a clase excluída de toda función militar por
escaseza de recursos económicos (non propiedades inmobles). A súa vez, cada clase estaba
subvidida en centurias, en orixe formadas por cen homes.

O último monarca, Tarquinio o Soberbio, é descrito pola tradición de forma negativa. O seu
reinado tivo moitas características en común coas tiranías gregas. O seu reinado baseouse
principalmente en decisión persoais, aconsellado por unha camarilla de familiares e amigos
mentres ignoraba a opinión do Senado, ao cal tratou de eliminar. Ademais, Tarquinio levou a
cabo unha intensa política exterior, facendo que Roma se situara en posición privilexiada na
Liga latina, a base de alianzas matrimoniais e negociando o primer tratado con Cartago; e
dedicouse ás grandes obras públicas, construíndo o templo de Xúpiter Óptimo Máximo e as
gradas do Circo Máximo. O fin da monarquía chegou, por fin, polas malas relacións entre
monarca e Senado, o descontento do pobo e os abusos da camarilla real (violación da patricia
Lucrecia por un fillo de Tarquinio). Isto causou unha sublevación liderada por un grupo de
aristócratas ao fronte dos cales estaban Xunio Bruto e Tarquinio Colatino, os cales acabaron
sendo os primeiros cónsules do novo sistema político: a república.

2.2.3. Sociedade

A poboación de Roma, dende as súas orixes, estaba dividida en dous estamentos xurídico-
sociais: homes libres e escravos. Os primeiros distribuíanse en dúas clases: patricios e
plebeos. En primeiro lugar, os patricios eran a clase minoritaria formada polos supostos
descendentes dos fundadores da cidade que integraron o primitivo Senado. Eles posuían a
maior parte das terras e do gando romano e agrupábanse en xentes (liñaxes e clans). En
segundo termo, os plebeos era a maioría dos cidadáns e inmigrantes procedentes das demais
cidades do Lacio ou do interior de Italia. Eles dedicábanse ao traballo manual nos distintos
oficios e servizos. Un grupo deles, os clientes, vivían nunha especie de simbiose coas
familias patricias para lograr pequenas parcelas de terreo e protección. Outros, os chamados
cabaleiros (equites), enriquecéronse grazas ao pequeno comercio e a industria incipiente. O
enriquecemento permitiulles convertirse nunha clase intermedia entre os patricios e plebeos,
cun protagonismo cada vez máis importante no seno da república.

2.2. República

2.2.1. Institucións

O sistema político da república estivo en continua evolución, pero sen plasmarse nunha
constitución escrita. As institucións ían reformándose e acumulándose segundo as
necesidades e a correlación de forzas. Os piares deste réxime foron:

a) Maxistraturas. A maxistratura era un cargo político no cal un cidadán desempeñaba


determinadas funcións relacionadas coa dirección e administración de Roma. As
maxistraturas repartíanse o poder executivo, civil e militar e a administración de Roma.
Distínguense dúas clases: ordinarias (en tempos de normalidade) e extraordinarias (para
“estados de excepción”). As ordinarias formaban parte do cursus honorum (carreira política)
e os seus trazos comúns son: anualidade, colexialidade, gratuidade e progresividade. Aquí
atopamos aos cónsules (2), que eran a suprema autoridade civil e militar ao presidir o Senado
e a Asemblea, dirixir o exército e mandar sobre os demais maxistrados; os pretores (2),
encargados da xustiza nos litixios entre cidadáns romanos (praetor urbanus) e nos litixios
entre forasteiros (praetor peregrinus); os edís (4), encargados da administración de Roma; e
os cuestores (de 2 a 40), encargados da administración dos fondos públicos. En cambio, no
caso dos maxistrados extraordinarios hai ditador, un maxistrado con máximos poderes sen
colega elixido para un máximo de seis meses; e o mestre de cabalería, lugartenente do
ditador. Para finalizar, as maxistraturas especiais: os censores (2, elixidos entre excónsules),
encargados da revisión do censo dos cidadáns cada cinco anos e do control dos costumes
públicos; e os tribunos da plebe (10), encargados da defensa da plebe contra os abusos dos
maxistrados (case sempre patricios) a través da intercepción (dereito a veto) e que
convocaban e presidían o concilio da plebe.

b) Senado. Esta institución era o centro do poder político republicano. As súas funcións
abarcaban a política exterior, podendo tomar decisións sobre as declaracións de guerra e
firma da paz ou nos gobernos provinciais; e a política interior, mediante os senatus consulta
(ditames con forza de lei) podían intervir na dirección e control da actuación dos maxistrados,
na administración da facenda pública, etc. A lista de senadores, formada por 300 membros
cun cargo vitalicio, era decidida polos censores cada 5 anos entre os membros da “orde
senatorial” (exmaxistrados).

c) Comicios. Os comicios constituían unha serie de asembleas que tiñan por función
representar ao conxunto dos cidadáns romanos. Distinguíanse tres tipos:

-Asemblea curiada. En época monárquica posuía funcións importantes, pero na república


redúcense os seus poderes a meras funcións protocolarias.
-Asemblea centuriada. Aquí os cidadáns eran divididos en catro clases (+patricios) de acordo
a súa capacidade económica. A súa función era a elección dos maxistrados maiores: cónsules,
pretores e ditadores.
-Asemblea tributa. A inicios da República, xorde a chamada asemblea plebea para representar
os intereses da clase plebea. Non obstante, a partir do século IV a. C. participaban tódolos
cidadáns, foran patricios ou plebeos. Eles votaban distribuídos en tribos ou distritos
electorais, de acordo ao lugar de residencia. A súa función principal era a elección dos
maxistradores menores (cuestores e edís) e os tribunos da plebe.

2.2.2. Expansión de Roma

Roma foi un pobo eminentemente guerreiro que se expandiu a costa doutros pobos e
civilizac. por razóns económicas e estratéxicas. Unha das claves do seu éxito radicaba na
eficacia e a adaptación do seu exército, que evolucionou ao longo da historia. Nun inicio o
exército consistía en levas anuais de cidadáns que prestaban servizo militar como parte dos
seus deberes co Estado. Porén, a medida que Roma crecía, o exército profesionalizouse e os
soldados pasaron recibir un salario. O exército consistía nas lexións, unidades de infantería
pesada de procedencia romana; e as tropas auxiliares, tropas aliadas de infantería lixeira ou
cabalería de procedencia non romana.

A expansión protagonizada polas lexións romanas realizouse en distintas etapas. Durante o


periodo monárquico, os romanos iniciaron sometemento do Lacio que culminou pouco
despois do comezo da República. Unha das súas primeiras campañas, segundo as lendas, foi
o rapto das sabinas. No período republicano, a conquista romana fragméntase en varias fases.
En primeiro lugar, temos o dominio sobre a península itálica, que vai dende o século V ao III
a. C. Na súa conquista do centro norte de Italia tivo que facer fronte á liga etrusca, conducida
pola rica cidade de Veyes. En cambio, para conseguir o centro sur de Italia librou unha serie
de guerras contra as tribos samnitas. Despois de facer fronte a unha invasión gala, restaba a
Italia meridional a cal estaba en mans das cidades da Magna Grecia, entre as que destacaba
Tarento. A pesar de que Tarento solicitou a axuda de Pirro de Epiro, un monarca e xeneral
célebre, Roma logrou vencela e dominar toda Italia.

A continuación, Roma dirixiu os seus esforzos cara á conquista das rexións do Mediterráneo.
Aquí a primeira fase está marcada polo enfrontamento con Cartago nas guerras púnicas (264-
146 a. C). Cartago era unha cidade fenicia fundada na actual Tunisia, que extendera a súa
influencia por Sicilia, Sardeña e o sudeste da península ibérica. Como Roma empezou a
intervir no sur de Italia, chocou con Cartago e desatou dúas guerras que rematan en vitoria
romana. A Primeira Guerra Púnica (264 241 a. C), supón a expulsión dos cartaxineses da illa
de Sicilia que pasa a ser a primeira provincia romana. Na Segunda Guerra Púnica (219-202 a.
C), Roma declara a guerra polo ataque cartaxinés da cidade ibera de Sagunto (aliada). En
resposta o xeneral Aníbal invadiu Italia, a través dos Alpes, derrotando aos exércitos romanos
en practicamente todas as batallas pero perdeu esta guerra. Tras isto a República romana
extendeuse polo resto do Mediterráneo. Polo oeste, aumentou o dominio sobre Hispania tras
librar duras batallas coas poboacións locais; polo norte, conquistou o sur da Galia; ao sur,
obtivo os territorios restantes de Cartago e a cidade grega de Cirene; e polo leste, o seu maior
reto foi lograr a vitoria fronte ao reino helenístico de Macedonia e o imperio seléucida,
liderados por Filipo V e Antíoco III respectivamente. Así apoderouse de Grecia, Macedonia,
Siria, a costa adriática e o oeste de Anatolia cara o século II a. C.

Na última fase da república, entre mediados do II a. C. e finais do I a. C., Roma poñería fin a
súa anexión das rexións do Mediterráneo coa ampliación dos dominios romanos en Próximo
Oriente por Pompeio, a conquista plena da Galia polas campañas de Xulio César e a posesión
de Exipto e a conclusión de Hispania por Octavio Augusto. Durante o Principado, entre o I d.
C. e o II d. C., Roma expandiuse cara ao centro de Europa e Oriente Medio, destacando a
conquista de Britania, Dacia e territorios orientais como Armenia. Baixo o reinado de
Traxano o imperio romano alcanzou a súa máxima extensión.

A partir de aquí, Roma atopábase ao límite da súa capacidade polo que opta pon fin ás
conquistas militares e opta polo mantemento do seu territorio e a defensa dos límites
fronteirizos (limes). Estes extendíanse ao longo de miles de quilómetros, con numerosos
lugares fortificados e defendidos por torres de vixilancia. Se ben noutros lugares as fronteiras
eran permeables por culpa do abandono e os escasos medios para a súa protección. En Europa
o limes ubicábase principalmente ao longo dos ríos Rin e Danubio para aproveitar o seu
cauce. Para completar esta fronteira natural, os romanos construíron grandes murallas
fronteirizas naquelas zonas que non se podían protexer eficazmente. Así temos os limes
Germanicus e Alutanus nas provincias de Xermania Inferior e Superior e Dacia e Panonia
respectivamente, pero tamén hai otros sinalados no mapa como o Muro de Antonino e o de
Adriano, ambos en Britania.

A razón para o establecemento de fortificacións era, por suposto, os numerosos pobos


apostados tralo limes. Pese a que o seu grao de “civilización” cambiaba enormente duns casos
a outros, os romanos dábanlle o mesmo apelativo a todos eles: bárbaros (barbari). Entre eles
estaban vándalos, suevos, alanos, francos, partos, etc. A maioría deles mantiñan un contacto
fluido co imperio porque mantiñan relacións comerciais ou servían como soldados, pero
tamén existían pobos hostiles que ao principio non tiña éxito nas súas agresións pola súa falta
de coordinación e a fortaleza imperial. Con todo, moitos deles terminarían asentándose en
territorio romano en virtude de tratados de alianza (foedus) pactando un servizo de armas a
cambio, nun principio, de aloxamento e manuntención, e máis tarde, permitindo que se
instalaran en terras romanas.

Non obstante, coa crise do século III e a lenta, pero incensante decadencia do imperio causou
que os territorios romanos foran cada vez máis difíciles de protexer fronte ás hostilidades dos
bárbaros que agora migraban cara o imperio debido a presións doutros pobos como os hunos.
Emperadores como Diocleciano, cun sistema dos dous césares e os dous augustos, e
Teodosio, coa división do imperio en Occidente e Oriente, trataron de resolver a situación,
pero non impediron que chegara o seu fin. Trala sucesión de numerosos emperadores, no ano
476 o xermano Odoacro destituiu ao último emperador, Rómulo Augústulo, e terminou coa
historia do imperio romano de Occidente. En cambio, a parte oriental lograría manterse
durante case mil anos.

2.2.4. Sociedade republicana

A poboación de Roma, dende as súas orixes, estaba dividida en dous estamentos xurídico-
sociais: homes libres e escravos. Os primeiros partíanse en dúas clases: patricios e plebeos.
Non obstante, durante a república a sociedade romana sufriu grandes transformacións. Así, en
primeira instancia, a orde ecuestre era un grupo que emerxera da plebe en época monárquica
pero grazas ao poder económico (control das finanzas, industria, comercio, cobro de
impostos) transformouse nun dos alicerces básicos da administración do Imperio. En segundo
lugar, o patriciado continuou matendo o seu prestixio social e prerrogativas, pero como clase
política diluíuse na “orde senatorial”, a cal non controlaba de forma exclusiva, e o seu lugar
foi ocupada polos cabaleiros. Moitas familias patricias extinguíronse por falta de
descendencia ou arruináronse.

En terceiro termo, os plebeos eran na súa maioría campesiños que se arruinaron debido á
expansión imperialista de Roma ao contrario que as clases dominantes (senadores e
cabaleiros). Eles perderon as súas terras por mor da guerra ou non puideron competir cos
grandes latifundios explotados polos escravos. Moitos deles acabaron en Roma, sen oficio nin
beneficio (proletarii, prole), e sobrevivían da beneficencia pública ou privada (clientes). Por
último lugar, os escravos creceron enormemente en número como consecuencia das continuas
guerras, converténdose na man de obra que permitía funcionar todos os sectores económicos
(economía escravista).

Por outra parte, hai que realizar unha diferenciación entre os cidadáns de Roma e os súbditos
do Imperio. A cidadanía romana era un privilexio que estaba ferreamente controlado, xa que
supoñía a obtención duns dereitos políticos (en especial, dereito ao voto e apelación aos
tribunais da capital) e uns dereitos privados (de propiedade, comercio ou matrimonio). Por
esta razón, aos habitantes da península itálica só se lles recoñeceu a partir do século I a.C. e
os residentes das provincias dáselles como recompensa pola prestación duns determinados
servizos.

2.2.5. Crise e fin da república

Dende mediados do século II a. C. Roma experimentou un cambio profundo debido a


cuestións de carácter político, social e económico. Un primeiro problema estaba relacionado
coa explotación da terra, baseada na pequena e mediana propiedade. O xurdimento de man de
obra barata procedente de escravos obtidos na guerra permitiu a ampliación de gran
propiedade, xa que cultivaban grandes latifundios cos cales os pequenos propietarios non
puideran competir. Os irmáns Graco, tribunos da plebe, tentaron remediar a situación ao
impulsar unha reforma agraria ambiciosa, pero fracasaron.

Outro problema tiña que ver coa administración de Roma, que evolucionou dunha cidade-
estado a un imperio formado por grandes territorios en distintos continentes. As institucións
romanas estaban pensadas inicialmente para a administración da cidade, polo que o goberno
dun imperio estaba fóra dos seus límites. Porén, a conquista non se deteu pola presión
persoal, é dicir, xenerais que buscan a riqueza e a gloria; e presión romana, que se
beneficiaba dos enormes botíns das conquistas.

Un último problema radicaba no exército, que foi afectado polo empobrecemento dos
campesiños. Isto fixo que o número de cidadáns que podían ser chamados á guerra diminuíra,
obrigándoos a que tiveran en conta libertos (antigos escravos liberados) e proletarios, rurais e
urbanos, con promesas de pagas e repartición de terras. As guerras sociais das décadas dos
anos 90 e 80 a. C. causaron a creación de exércitos de clientes, con tropas que só eran leais ao
seus comandantes. Un deles foi o xeneral Xulio César, que estivo a piques de consolidar o
seu poder persoal a través da maxistratura da ditadura. O seu sobriño, Octavio Augusto,
inauguraría unha nova forma de goberno: o Imperio.

2.3. Imperio

2.3.1. Alto Imperio ou Principado

Tralas victorias sobre os rivais Sexto Pompeio e Marco Antonio no 31 a.C., Augusto
convértese no home máis poderoso de Roma e transforma o sistema de goberno. En teoría, o
réxime republicano seguía vixente, pero na práctica o princeps dominaba sobre todas as
institucións dando lugar a unha volta ao poder monárquico. A partir de entón foi acumulando
títulos (princeps Senatus, augustus, pater patriae, etc) e poderes básicos (potestade tribunicia
e imperio proconsular vitalicios, “control dos costumes, pontificado máximo, poder
lexislativo, etc) para conseguir máis poder. Os sucesores de Augusto recibirían todas estas
honras e poderes unha vez eran aceptados polo exército, nunha cerimonia protocolaria do
Senado. Como a sucesión non estaba regulamentada nin o poder era legalmente hereditario, o
exército, sobre todo as cohortes pretorianas acantonadas en Roma, elixía ao futuro
emperador, ás veces entre os membros da familia imperial, outras veces entre os xenerais
máis prestixiosos ou “xenerosos”.

Tras isto, Octavio Augusto realizou unha serie de reformas para adecuar o novo sistema aos
seus designios. En particular, hai que destacar aquelas reformas no ámbito político e
administrativo, xa que foron o xerme da maquinaria burocrática do Alto Imperio. A
burocracia estaba xerarquizada e bifurcábase desde o poder central ata demais partes do
Imperio. O poder central estaba formado polo Princeps, que gobernaba grazas á axuda dos
funcionarios imperiais, os novos órganos de goberno (Consello do Príncipe e a Prefectura do
Pretorio) e as antigas institucións republicanas.

Como punto de partida, os funcionarios imperiais eran os principais responsables do


funcionamento da burocracia romana. Estes caracterizábanse pola separación entre
competencias civís e militares, os principios de xerarquía e disciplina, a formación
especializada do persoal e o traballo retribuído. Entre eles estaban os xefes da chancelería,
encargados dos distintos ministerios (xustiza, administr. provincias, etc.) e os procuradores,
funcionarios ao servizo directo do emperador. A continuación, está o Consello do Príncipe,
un órgano deliberante composto polos funcionarios máis importantes, cuxa función era
asesorar e deliberar co emperador; e a Prefectura do Pretorio, o principal órgano executivo e
gobernaba o cuartel xeral. Como remate, as antiguas institucións republicanas perderon gran
parte dos seus poderes, en especial os comicios e as maxistraturas. Estas convertéronse nunha
especie de “títulos nobiliarios”. A pesar destas limitacións, o Senado mantivo moitas das
funcións (o poder lexislativo mediante senado-consultos) e recibiu outras (certas funcións
administrativas).
Dentro do ámbito provincial, Augusto realizou unha división en provincias imperiais e
senatoriais. As primeiras eran as que estaban baixo o imperium de Augusto e os seus
gobernadores eran nomeados única e directamente polo emperador, sendo os seus
representantes nelas. As provincias imperiais eran importantes estratéxica e militarmente para
a seguridade imperial ou inestables socialmente. As segundas pertencían oficialmente pobo
romano, pero administradas polo Senado. Para o goberno, o Senado designaba senadores
procónsules, elixidos por sorteo entre os consulares (África e Asia); e sen. pretores (Bética).
Estas provincias ao estar alexadas das fronteiras e libres de sufrir rebelións carecían de
lexións ás ordes do gobernador, coa excepción da provincia de África polos ataques bérberes.
A administración fiscal de todas as provincias era competencia dun procurador ecuestre da
administración imperial.

2.3.2. Baixo Imperio ou Dominado

Os antecedentes desta cuestión atópanse na crise do século III, un período duns cincuenta
anos que empezou co fin da dinastía Severa e concluíu trala chegada ao poder de
Diocleciano. Este período divídese en dúas fases: a anarquía militar (235-268), na que houbo
unha ausencia case constante dunha autoridade central regular e duradeira pola elección
caprichosa de emperadores por parte do exército e a creación dos imperios galo e de Palmira;
e os emperadores de Iliria (268-284), na que unha serie de gobernantes ilirios logran
reunificar o imperio e sentar as súas bases para restablecer a situación. As causas foron o
Estado, cuxa burocracia estatal requería de grandes ingresos fiscais; o exército, un problema
político ante a ambición dos militares; a economía, que se afundiu pola perda de vitalidade
das cidades, a desvalorización da moeda e a autarquía no ámbito rural; e as invasións dos
xermanos, que aproveitaron para substituír a autoridade imperial pola súa propia. Os efectos
da crise foron desastrosos e irreversibles, en especial na parte occidental. A pesar da enorme
mellora lograda por Aureliano, o máis destacado dos emperadores ilirios, o antigo esplendor
do Principado non foi recuperado.

Os sucesores de Aureliano foron Diocleciano (284-305) e Constantino (306-337), os


construtores da estrutura do Dominado. Ambos apostaron por un paquete de reformas
profundas. No ámbito político, Diocleciano creou a tetrarquía, un sistema de goberno baseado
no control e xestión do im- perio por catro gobernantes: dous augustos, que posuían funcións
gubernamentais e executivas; e 2 césares, que asociaban ao poder como sucesores. Non
obstante, o proxecto fracasou. Constantino aumentou ata 2000 os membros do Senado e
introduciu a numerosos equites, o núcleo do persoal administrativo. No ámbito administrativo
central, Diocleciano converteu ao prefecto do pretorio nun ministro de facenda e unha peza
básica dotada de poderes civís e militares; o Consello do Príncipe aumentaba moito o seu
poder ao recibir novas atribucións en materia administrativa e xudicial; e as oficinas
presentaban un carácter máis burocrático e incrementaban o seu número de funcionarios. No
ámbito admin. provincial, a diócese é a novidade principal: unha división administ. que
reunía un grupo desigual de provincias gobernada por un vicario. En tempos de Constantino,
os comandantes da garda imperial pasan ser altos funcionarios provinciais con poderes civís e
responsables da orde pública.

No ámbito militar, ambos dotaron ao exército romano dun carácter móvil e selecto, cun maior
peso da cabalería. Este sería reorganizado e xerarquizado en favor dos comitatenses, unidades
móviles acontonadas nas cidades próximas ás fronteiras. No seno da garda imperial, Const.
reemplazou aos pretorianos polos scholae palatinae, soldados que foron reclutados entre os
xermanos. No ámbito económico, a preocupación pola inflación e a desvalorización da
moeda fai que Diocleciano impulse o Edicto sobre Prezos Máximos para poñer un límite ao
prezo das materias primas e dos bens de consumo; e Constantino creou o solidus, unha moeda
de ouro que estabilizou o sistema monetario aínda que só circulaba entre as clases altas. En
política relixiosa, ambos seguiron estratexias distintas pero finalmente impúxose o fin das
persecucións relixiosas e o recoñecemento oficial do cristianismo grazas ao Edicto de Milán
(313).

2.3.3. Sociedade

A sociedade imperial organizábase sobre dous niveis claros: os humiliores, unha inmensa
maioría de pobres; e os honestiores, unha minoría adiñeirada. Este último nivel a súa vez
estaba fragmentado en dous estamentos: o senatorial e o dos cabaleiros. Por outro lado, o
número de escravos continuou crecendo, pero moitos deles son liberados de maneira que
pasaban a constituír un novo estamento social cada vez máis numeroso e relevante: os
libertos, sen cidadanía recoñecida e que mantiñan o nomen do seu antigo propiet. Unha
última cuestión é que a distinción entre non cidadáns e cidadáns perde importancia a medida
que pasa o tempo, xa que a cidadanía vaise concedendo con maior facilidade e amplitude ata
que acaban por estenderse a todos os habitantes do Imperio en tempos de Caracalla (s. III).

2.4. Arte romana

2.4.1. Características xerais

A arte romana está formada polo conxunto de manifestacións artísticas producidas nos
territorios da Antiga Roma. Cronolóxicamente, esténdese dende finais do s. III a.C. ata a
caída do imperio romano occidental no 476. A pesar da amplitude deste imperio, o
centralismo romano determinou a forte unidade e homoxeneidade das manifestacións, sen
que se poida falar de escolas provinciais en época imperial. As principais fontes son a arte
etrusca, da que toman o arco e a bóveda; e a arte grega, poñéndoa ao servizo das súas
necesidades.

A arte romana caracterízase pola súa natureza práctica e utilitaria. Este pragmatismo explica
non só a relevancia que ten o cumprimento das funcións do edificio senón tamén a súa
durabilidade, xa que os romanos realizaban obras para a eternidade. Outro trazo importante é
o luxo e suntuosidade que se acentuou en época imperial. Dende a dinastía Flavia, tamén a
súa arquitectura está marcada polo colosalismo, é dicir, vólvese moito máis monumental e
grandiosa nunha fase barroca semellante ao período helenístico da arte grega. Por último,
entre as clases altas ten lugar un intenso consumo de obras de arte que estimulou a produción
e o comercio artísticos. Obras que estaban influenciadas pola arte grega, sobre todo trala
conquista dos reinos helénicos. Por esa razón, a maioría de artistas que traballaban en Roma
eran gregos e os coleccionistas romanos facían copias das súas esculturas.

a) Características da arquitectura

-Elementos sustentantes e cubertas. Os principais elementos son o arco de medio punto e a


bóveda de canón, pero empregan a cúpula e semicúpula. Tamén inventan a bóveda de arestas,
a cal é usada por primeira vez no Coliseo. Os romanos usaban a superposición do lintel ao
arco, alternando dous sistemas construtivos esteticamente contraditorios, co fin de xerar unha
tensión forte no espectador: a horizontalidade do lintel (repouso) vs a curva do arco
(dinamismo).
-Materiais. Os principais materiais son a pedra, o formigón e o ladrillo. O aparello de cantería
(opus cuadratum) foi o máis utilizado, cun sistema de soga e tizón. En ocasións, os perpiaños
presentan a cara externa cunha convexidade que lles prestaba un aspecto decorativo: cantería
almofadada. Por outra parte, o uso do formigón e ladrillo tiña lugar por unha serie vantaxes
como o baixo custo e o transporte máis sinxelo. A desvantaxe, non obstante, era a súa rudeza.
Por ese motivo, os romanos revestíanos con placas de mármore ou cubríanos con mosaicos e
pinturas ao fresco.

-Ornamentación. Distínguese polo seu sentido ornamental, a superposición de ordes


arquitectónicas nunha mesma fachada e a creación de dúas ordes novas (toscana e composta).
En primeiro lugar, a orde toscana é un estilo de orixe etrusco moi semellante ao dórico, pero
cun fuste liso, unha base e unha decoración de medallóns nas metopas. En segundo termo, a
orde composta é unha variedade do corintio, xa que a decoración do capitel consiste en
grandes volutas e follas de acanto.

b) Características da escultura

-Materiais e técnicas. Os escultores usaban principalmente mármore, por ser abundante en


Italia, e bronce. A estes materiais aplicáronlle a técnica do trépano, que servía para labores
máis profundas.

-Temática. O tema predilecto é o home, pero en calidade de cidadán: aparece concibido en


función da súa categoría social. O escultor, non obstante, non escolle o tema xa que é un
funcionario que fai retratos e relevos históricos para honrar ás autoridades. O artista é unha
figura secundaria fronte ao gobernante e, por iso, é un autor anónimo. Para o caso dos retratos
de emperadores, estes veñen acompañados con 3 tipos de símbolos de poder: togata, unha
toga coa cabeza cuberta e patena en man para representar o título de Pontifex Maximus;
thoracata, unha indumentaria militar que repre- senta o título de Imperator; e apoteósica, con
loureiro e aguia para personificar o título de Augusto.

-Función. A escultura persigue unha función relixiosa, como propulsora do culto imperial; a
función didáctica, xa que exalta as virtudes tradicionais romanas; e a propagandística, ao
facer publicidade do poder imperial e os emperadores.

-Tipoloxía. Os tipos máis habituais son os retratos, moi realistas e centrados nos rostros; os
relevos, pensados para edificios e monumentos que reflectían episodios da historia romana; e
as copias das obras gregas, que servían para decorar as estancias privadas dos membros das
clases altas.

2.4.2. Edificios romanos

a) Templos

Polo xeral, os seus templos eran edificios arquitrabados, de planta rectangular, construídos
sobre un podium con escalinata frontal (na fachada principal), próstilos e pseudoperípteros.
Por influencia da arte etrusca, tiña triple cella dedicada a Xúpiter, Xuno e Saturno. Ao igual
que os templos gregos, estes eran a morada dos deuses e non un lugar de culto destinado aos
fieis. Exemplos son o Templo de Vesta (S. VII a. C), de Fortuna Viril (S. II a. C) e Panteón
de Agripa (S. II); en Roma. Doutro lado, nas provincias están a Maison Carrée (S. I a. C), en
Nimes (Francia); o Templo de Diana (S. I a. C), en Mérida (España); ou o Templo de Baco
(s. III), en Baalbek (Líbano).

-Panteón de Agripa: Estamos ante o templo máis importante da arte romana, encargado por
Agripa a finais do século I a. C. e remodelado completamente por Adriano. Na planta
combínanse a forma rectangular do pórtico e a circular da cella. No exterior, o pórtico segue
o modelo grego xa que ten oito columnas corintias xigantescas, de granito, sobre as que
descansa o entaboamento. No frixo do pórtico, hai unha inscrición que atribúe a construción a
Agripa, amigo e xeneral de Augusto. Como remate disponse un frontón sen decoración. No
interior, a cella de planta circular está cuberta coa maior cúpula da Antigüidade (43 m de
diámetro) e o cascarón da cúpula está decorado con 5 liñas concéntricas con casetóns. Estes
diminúen o seu tamaño a medida que ascenden, ata chegar a unha gran abertura circular que,
ademais de simbolizar ao astro rei, proporciona iluminación interior. O interior está revestido
de mármores de cores, amosando na súa parte inferior nichos semicirculares (exedras). Entre
os nichos dispóñense fornelas que van alternando frontón triangular e semicircular. E
finalmente o tambor está cuberto con vans rectangulares e espazos cadrados que alternan
neste caso frontón triangular e lintel respectivamente.

b) Edificios recreativos para espectáculos e xogos: teatros, anfiteatros e circos.

Os teatros romanos diferéncianse dos gregos por estar construídos sobre estrutura de madeira,
ter cavea e orchestra semicirculares e non de ferradura e circular respectivamente. No
interior, fronte a orchestra, dispúñase o prescenium, no que os actores esperaban a súa quenda
para actuar; sobre un zócalo dispúñase a scena, onde tiñan lugar as representacións teatrais;
no fondo do escenario o decorado cun conxunto de elementos arquitectónicos; e na parte
traseira a choragia (vestiarios). O seu exterior mostraba distintos pisos de arquerías,
adornadas con superposición de diversas ordes, de acordo a súa “resistencia”, é dicir, de
abaixo a arriba, dórico (ou toscano), xónico, corintio e composto. Exemplo: Teatro Marcelo
de Roma (Século I a. C.), teatro de Mérida (Século I a. C), teatro de Timgad (Arxelia) e o
Gran Teatro de Pompeia (Italia).

O anfiteatro, xurdido por unión de dous teatros, estaba destinado a celebración de


espectáculos de creación propiamente romana. Os espectáculos amosaban loitas entre
gladiadores (hoplomaquia), enfrontaments entre gladiadores e feras (venationes), penas de
morte con feras e loitas con barcos (naumaquias). Os anfiteatros presentan unha cavea entre
circular e elíptica dividida en tres aneis: imma (reservada aos equites), media e summa cavea
(galiñeiro para o pobo). Do chan hai que decir que estaba socavado e debaixo achábanse as
cárceres onde agardaban feras ou gladiadores. Exemplo: Nimes (Francia), Mérida
(Extremadura), Verona (Italia) e o Coliseo de Roma (Anfiteatro Flavio, Século I d.C)

-Coliseo de Roma: Estamos ante unha das construcións máis relevantes da arte romana,
encargado polo emperador Vespasiano como agasallo ao pobo de Roma. Os materiais usados
foron formigón e ladrillo, sendo as pilastras e os arcos de travertino e as partes inferiores e os
sótanos en toba. Este anfiteatro con capacidade para 50.000 persoas presenta unha fachada
exterior formada por 3 pisos de arcos de medio punto nos que se superpoñen as ordes: dórica,
xónica e corintia. As pilastras e as semicolumnas acaroadas soportan un entaboamento
puramente decorativo. O cuarto piso é un ático con xanelas cadradas e piares acaroados. O
Coliseo tiña unha cuberta de tela desplegable que se accionaba mediante poleas.

Os circos romanos eran edificios públicos onde se celebraban carreiras de carros: as bigas,
tirados por dous cabalos; e as quadrigas, con carros tirados por catro cabalos. En descansos
entre carreira e carreira, representábanse espectáculos de acrobacias e xogos con animais.
Estes edificios posuían unha forma alongada, pechándose nun extremo en semicírculo e no
outro extremo tiñan as cárceres para os cabalos. No centro da area estaba a spina, un muro
adornado con esculturas disposto lon- xitudinalmente para separar os dous sentidos da
carreira. Como exemplos o Circo Máximo (Roma) e o Circo de Mérida (Século I d.C).

c) Basílicas

As basílicas eran salas de reunión, bolsas de comercio ou tribunais de xustiza. Polo xeral,
presentan planta rectangular e están articuladas en 3 naves, onde as naves laterais presentan
bóveda de canón e a nave central, máis alta e ancha, presenta bóveda de arestas e remata en
ábsida semicircular. A basílica romana, especialmente a súa planta, é un dos modelos da
igrexa. Por exemplo: Basílica de Maxencio (Roma); con decoración de casetóns hexagonais;
e a Basílica de Pompeia (Italia).

d) Termas

As termas romanas eran edificios públicos cunha función hixiénica, ao diminuír as


enfermedades dos habitantes das cidades; e recreativa, ao ser centros de ocio e encontro onde
os cidadáns acudían a relaxarse. Estes edificios estaban compostos por varias salas,
destacando o apodyterium, un espazo para espirse dividido por sexos; e distintas estancias
segundo a temperatura dos baños: o caldarium (auga quente), o tepidarium (auga temperada)
e o frigidarium (auga fría). Tamén adoitaba estar unha palestra para realizar exercicios físicos
e unha taberna onde se vendía comida e bebida. Exemplos: Termas de Caracalla (Roma),
Termas de Diocleciano (Roma), Termas de Pompeia, Terma de Bath (sur de Inglaterra), etc.

e) Monumentos conmemorativos (arcos de triunfo e columnatas) e funerarios

O arco de triunfo é unha construción destinada a conmemorar grandes vitorias militares.


Estes eran unha combinación de estrutura alintelada e abovedada decorados con inscricións
relativas ao evento a conmemorar e con relevos figurativos. Estes monumentos estaban
inspirados nos arcos das portas das murallas etruscas. De exemplo está o arco de Tito (s. I),
Septimio Severo (s. III) e Constantino (s. IV). Unha variación é a columnata conmemorativa,
unha columna de invención romana decorada cun conxunto de relevos a modo de historieta
situados en disposición helicoidal. De exemplo están a columna Traxana (s. II) e a columna
de Marco Aurelio (s. II). Por último, temos os monumentos de carácter funerario destinados a
honrar os mortos. Normalmente, localízanse en necrópoles nas aforas das cidades. Un
exemplo é o Mausoleo de Augusto (s. I a. C).

f) Obras públicas

A arquitectura romana destacou pola súa superioridade á hora de construír obras públicas,
froito da preocupación por mellorar as condicións de vida e seguridade dos cidadáns.
Normalmente, estaban feitas en pedra, tallada en sillares. Entre as obras de enxeñería estaban
acuedutos, para transportar a auga (Segovia e Mérida); calzadas e pontes, partes
indispensables da rede viaria (pontes Mérida e Alcántara); cloacas, que constitúen o sistema
de alcantarillado; faros, para axudar aos navegantes (Coruña).

A Torre de Hércules é un faro romano de 55 metros de altura edificado en Punta Eiras (A


Coruña) no século I. A súa función era servir de instrumento de navegación e sinal marítima
para mariñeiros e embarcacións da zona atlántica. Este edificio é unha estrutura prismática de
planta cadrada sobre cal se dispón un remate torreado octogonal con reforzos de sección
triangular nas esquinas. A esta torre sucédelle outra, decrecente en altura, que serve de base á
lanterna na que se atopa a lámpara. As catro fachadas exteriores son de gran austeridade,
cunha estrutura homoxénea en todalas frontes pero con algunhas variacións na organización
dos vans. A sobriedade arquitectónica queda patente no emprego dunhas molduras lisas no
zócalo e nas esquinas das catro frontes do corpo prismático. Unhas das súas características é a
imposta helicoidal que recorre as súas fachadas exteriores, que é recordo da rampa
ascendente de época romana. Esta moldura condiciona a distribución dos vans. En época de
Carlos III, ordenouse a súa restauración do faro realizado por Caio Sevio Lupo ao enxeñeiro
militar Eustaquio Giannini.

O Acueduto de Segovia é unha obra cume da arquitectura civil hispana edificada na cidade
castelá de Segovia entre os séculos I e II. Ao igual que outros acuedutos, a súa función
principal era ser un sistema de transporte e canalización da auga tomada do río Acebeda. Esta
construción dividíase en tres partes diferenciadas: a zona extraurbana, onde se recollía a auga,
a zona periurbana, o tramo do acueduto que conducía a auga; e a zona urbana, onde a auga se
distribuía ao seu destino. Esta construcción consta dunha dobre arquería que empregou como
material principal pedra, con sillares tallados e labrados de forma tosca, unidos sen argamasa
e colocados a óso.

O Acueduto dos Miragres (Mérida) é unha obra de arquitectura civil construída na cidade
extremeñ de Mérida (Emérita Augusta) no século I. Este tiña como función principal
suministrar auga ao oeste da cidade. A construción baseouse nunha cimentación de formigón
e superposición de piares onde se alternan granito e sillares reforzados contrafortes
acaroados; entre piar e piar reforzábanse con tres pisos de arcos de medio punto superpostos,
realizados en ladrillo. O acueduto coroábase cun canal: o “especus”, por onde discurría a
auga.

g) Urbanismo e arquitectura doméstica

A civilización romana foi esencialmente urbana, empregando o plano ortogonal baseada na


estrutura dos campamentos e inspirada en Grecia. Este tiña dous eixes principais; o cardus, a
vía que atrave- saba a cidade de norte a sur; e o decumanus, que iba de este a oeste. Na
intersección entre ambos estaba o foro, praza pública e lugar de reunión onde se situaban os
edificios máis importantes. Por suposto, Roma era a cidade máis relevante e populosa. En
Hispania, destacaron Tarraco, Augusta Emérita, Lucus Augusti, etc.

No ámbito da arquitectura doméstica, hai que destacar a casa romana (domus). A domus é
unha vivenda de familias de certo nivel económico, cuxo cabeza de familia (paterfamilias)
levaba o título de dominus. O modelo habitual, dunha soa planta, tiña unha entrada (ostium)
daba paso a un vesti bulum, en cuxos laterais se atopaban dúas estancias para dar cobixo ás
divindades familiares. A entrada conducía ao atrium (espazo ao aire libre) en torno ao cal se
dispuña as demais habitacións (cubiculum). No eixe coa entrada situábase o tablinum, que era
sala visitas; despacho do señor, o triclinium, que era o comedor, e a culina, a cociña. Tamén
existían edificios de vivendas de varios pisos de aluguer (insulae), que chegaron a ter cinco
plantas e máis de 30 m de altura, con baixos dedicados a tendas, almacéns e tabernas,
predecesores dos nosos edificios actuais.
2.4.3. Escultura romana

a) Obras

-Época republicana

En época republicana, os retratos son dun gran realismo, case nunca idealizados, e algúns
deles con verdadeiros estudos psicolóxicos. Destacan os retratos de Pompeio, Cicerón ou
César

-Época imperial

En época de Augusto, a escultura caracterizouse por certo grado de idealización e unha gran
finura do modelado. Un dos mellores exemplos é o Augusto de Prima Porta, pero tamén están
os retratos de Octavio Augusto representado como deus grego, que fixan un dos prototipos da
época. Outro exemplo sobresaínte é o relevo da Ara Pacis, no cal se representa o cerimonial
da entrada triunfal de Augusto ao regresar vitorioso de Hispania. Este inspírase no frixo das
Panateneas, pero aquí os personaxes non desfilan nun só plano, senón que hai unha segunda
fila, en relevo máis baixo, que dotan de profundidade a escena e pode considerarse como un
antecedente do sciachiatto.

En época dos Flavios (69- 96 d.C.) haberá un período de gran esplendor con formas avultadas
e pronunciado claroscuro, como apreciamos nos relevos do Arco de Tito. No século II d.C.
continúa o idealismo, con interese no cabelo, e a partir de Adriano, na barba, como
apreciamos nos retratos de Antínoo e de Adriano, onde barba e cabelo se destacan por medio
de incisións para crear sombras negras. En época de Traxano, o relevo histórico alcanzou o
máximo desenvolvemento coa Columna Traxana onde se narra a conquista dos dacios. A
finais do século II d.C. comézanse a marcar as pupilas dos ollos, como en Caracalla Satanás
(s. III). No último período, simplifícanse os modelos e acúsanse os trazos, con maior
expresividade e comunicación psicolóxica, e as veces cun excesivo esquematismo como no
retrato de Constantino (principios do séc. IV d.C.)

You might also like