You are on page 1of 8

LISTADO DE CONCEPTOS AVALIABLES//ABAU 2020/2021

BLOQUE 1: PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA.-

*AULA REGIA: Órgano ou institución creada en época visigoda atribuída a Leovigildo que facía as funcións
dun consello real. Os seus membros son designados polo rei, ten carácter consultivo e xurde para auxiliar
ao rei nas tarefas de goberno, elaborar as leis e impartir da xustiza. A monarquía visigoda tiña un carácter
electivo e mantiña unha dependencia intensa respecto das familias nobiliarias.

*BÁRBAROS: Nome que daban os romanos aos pobos que vivían máis alá do “limes” do imperio. Tería polo
tanto un significado de estranxeiro por contraposición coa poboación que tiña o dereito latino ou o dereito
de cidadanía romana. A crise do Imperio do século III d.c. e a posterior chegada de pobos procedentes
das estepas asiáticas favoreceron a penetración no mundo romano dos pobos do norte e leste de Europa.

*CASTRO: Asentamento fortificado prerromano formado por casas de tipo circular ou elípticas que adoita
situarse a media ladeira ou nun promontorio que facilite a súa defensa e o control visual do territorio.
Aparecen no noroeste peninsular cara o século VIII a.c., continúan existindo baixo a dominación romana,
chegando ata o século II d.C., momento no que comezan a ser abandonados. A cultura castrexa é unha
cultura indíxena do ferro que formaría parte do universo cultural influenciado polos pobos celtas,
perceptible no traballo do metal, a lingua e as formas artísticas. Coa chegada dos romanos a morfoloxía
dos castros tamén experimenta a súa influencia ampliando o tamaño do poboado, adoptando as casas de
planta cadrada e unha certa ordenación das casas no interior do recinto amurallado.

*CONVENTUS: Unha das subdivisións territoriais inferiores á provincia que aparecen co imperio romano.
Esta división territorial tería unha finalidade de tipo xurídico. Os conventus eran as asembleas presididas
polo representante do gobernador da provincia que estaban encargadas de administrar a xustiza,
recaudar os impostos e xestionar o culto ao emperador. A provincia Tarraconensis dividíase en sete
conventus dos que tres estaban no territorio que máis tarde se denominaría Gallaecia. Gallaecia quedou
subdividida en tres conventus: o Conventus bracarense, o Conventus lucense e o conventus asturicense.
Estaríamos ante a primeira división administrativa da historia de Galicia.

*ECONOMÍA PREDADORA: Durante o Paleolítico (2’5 millóns de anos ata 10.000 a.C.) o ser humano
practica a caza e a recolección de froitos silvestres como forma de sustento. Isto obrigaba ás
comunidades humanas a desprazarse detrás do alimento obrigando a unha residencia provisional nunha
itinerancia ou nomadismo que durará ata o Neolítico. Desta etapa chegan a nós os instrumentos da
industria lítica que servían para a caza e a arte rupestre.

*GUERRAS CÁNTABRAS: Son guerras de conquista e dominación que manteñen as lexións romanas contra
os pobos do norte peninsular para evitar as incursións que estes facían sobre as áreas agrícolas da
meseta. Esta fase da conquista da Península Ibérica esténdese dende o 29 a.C. ata o 19 a.C. coa
chegada de Octavio Augusto para pacificar, que non dominar dun xeito completo, aos pobos desta zona
peninsular ( galaicos, astures e cántabros). Para controlar mellor a estes pobos foron fundándose unha
serie de núcleos entre os que está León onde estaba acantonada a Lexión VII romana.

*MEGALITISMO: A finais do Neolítico e durante a era do Cobre ou Calcolítico (finais do IV e III milenio a.c.)
comezan a aparecer, fundamentalmente no noroeste peninsular unha serie de construcións de finalidade
relixiosa e funeraria, feitas con pedras de grandes dimensións, como testemuña principal dunha
sociedade agrogandeira máis xerarquizada. Estas construcións presentes en Galicia van dende os
menhires (pedra vertical fitada no chan cunha finalidade de sacralización do territorio), as antas (pedras
verticais cubertas por unha grande horizontal que servían como unha construción funeraria de tipo
colectivo) ata as mámoas ( antas cubertas de terra precedidas dun pequeno corredor).

BLOQUE 2: HISTORIA MEDIEVAL.-

*CARTA DE POBOAMENTO: Documento que permitía a unha comunidade de persoas repoboar núcleos de
poboación a cambio de privilexios forais e manter un estatuto de liberdade fronte ao control feudal. Era unha das
modalidades que se seguiron, entre os séculos X e XIII, para repoboar as vilas e os burgos de nova fundación,
dependentes do monarca, dende o val do Duero e Ebro ata o sur peninsular, e poñer en cultivo as terras
conquistadas ao mundo musulmán. Estas cartas, concedidas polo monarca, permitiron o nacemento de burgos e,
dende un punto de vista político, constituíron unha forma de equilibrio fronte ao dominio señorial.

*MANSO: Parte dun feudo medieval que se corresponde coas terras que un señor feudal distribúe entre os seus
campesiños vasalos para a súa subsistencia. A cambio do dereito de uso sobre esas terras os campesiños debían
entregar ao señor unha parte da colleita.
*MARCA HISPÁNICA: Territorios fronteirizos entre o reino franco e o mundo musulmán que viña a corresponder coa
zona pirenaica onde xurdiron unha serie de núcleos de resistencia cristiá que sendo vasalos do rei francés, sen
embargo, co tempo acabaron por independizarse e acabarían por dar lugar ao reino de Navarra e Aragón. Os
territorios que formaron parte da Marca Hispánica eran os condados de Pamplona, Aragón, Sobrarbe, Ribargoza e
os condados cataláns.

*MESTA: Asociación de tipo corporativa que agrupaba aos propietarios das ovellas meriñas trashumantes,
fornecedoras de lá, fundada por Alfonso X, en 1273. O gando era propiedade dos nobres e autoridades
eclesiásticas o que determinaba o goce dunha serie de privilexios de paso polas cañadas e pastoreo
entre a Cordilleira Cantábrica e Serra Morena, de xeito que en Castela houbo un predominio da actividade
gandeira en detrimento das terras de cultivo e bosques. Esta asociación perdurará ata o final do Antigo
Réxime en 1837.

*MOZÁRABE: Cristián de orixe hispano-godo que vivía en territorio musulmán, que co tempo acabaría por
adquirir os costumes de vida musulmán e a lingua árabe. Aínda que gozaban de tolerancia sobre o seu
culto, estaban obrigados a pagar un imposto ás autoridades musulmáns. No caso de disputa entre eles
gozaban de xuíces propios que se rexían polo Liber Iudicorum. Non obstante, hai episodios de revoltas
mozárabes na etapa do dominio do emirato dos Omeyas.

*PRESURA: Modalidade inicial de repoboación (s. IX e X), ao norte do río Duero, propio do reino de León,
que consistía en volver ocupar e roturar as terras conquistadas aos musulmáns a cargo de particulares
que recibiron unha autorización rei. Os protagonistas desta modalidade eran ordes monásticas que
fundaban un mosteiro e establecían a súa autoridade sobre as terras concedidas, bispos, nobres e
particulares en menor medida. Era un mecanismo para incentivar o cultivo en territorio fronteirizo e
perigoso.

*TAIFAS: A caída do Califato de Córdoba, no 1031, creou unha enorme fragmentación do poder político no
mundo musulmán que pasou a subdividirse en pequenos reinos independentes controlados por unha
familia e unha cidade importante ( Sevilla, Toledo, Badajoz, Zaragoza...) e enfrontados entre si o que foi
aproveitado polos reinos cristiás para ampliar os seus respectivos territorios. As taifas pagaban aos reinos
cristiás un tributo anual (parias) para evitar ser conquistados. Ademais deste período de taifas houbo
outros dous, un a mediados do s. XII e outro a mediados do XIII.

BLOQUE 3: SÉCULOS XVI-XVII.-


*CONVERSO: Denominación aplicable a aquela persoa ou persoas que, tendo con anterioridade outras crenzas
relixiosas, convértese por obrigación ou de xeito voluntario ao cristianismo por medio do bautismo (recibindo a
denominación de “cristianos novos”). No ano 1492 os Reis Católicos obrigaron a converterse aos xudeos (os
chamados xudeoconversos) e a partir de 1502, aos musulmáns (denominados mouriscos tras esta data). Moitos
deles seguiron practicando os seus cultos en segredo, pese a ameaza de ser castigados coa expulsión e a persecución
da Inquisición por herexes.

*GRAN ARMADA: Tamén coñecida como a “Armada invencible”, foi organizada e enviada polo monarca Felipe II, en
1588, para invadir Inglaterra coa intención de acabar coa raíña inglesa Isabel, protectora dos corsarios e
protestantes europeos. S aiu do porto da Coruña e chegou ás costas inglesas a través do Canal da Mancha, pero
unhas condicións climatolóxicas adversas e a falta de experiencia do comandante das tropas determinaron que a
expedición fracasase, o que a propaganda inglesa aproveitou para facer ver a decadencia do catolicismo e da
Monarquía Hispana en Europa.

*MOURISCO: Designa a todo aquel musulmán que se viu obrigado a bautizarse e converterse ao cristianismo, tras o
remate da “Reconquista”. A conversión forzosa dos antigos musulmáns foi decretada nun primeiro momento polos
Reis Católicos en 1502. A partires desa data, moitos mouriscos seguiron practicando o seu culto e ritos tradicionais
en segredo, tendo en conta a orde de expulsión que pesaba sobre todos aqueles que non practicasen o catolicismo.
Finalmente, en 1609, Felipe III asesorado polo Duque de Lerma decreta a expulsión deste colectivo de 300.000
persoas, producindo unha fonda crise demográfica e económica perceptible fundamentalmente na Coroa de Aragón.

*TERZOS: Tropas do exército de infantería da Monarquía Hispánica dos Austrias, formadas por arcabuceiros,
piqueiros e espadachíns. Creados por Carlos I, podemos considerar a estas formacións coma os primeiros exércitos
profesionais á marxe dos exércitos señoriais. Tiveron un papel moi relevante nos campos de batalla europeos
durante o século XVI debido ó continuado protagonismo da monarquía hispana na defensa dos seus territorios e da
fé católica. Podemos destacar os terzos dos Paises Baixos (“os terzos de Flandes”), zona moi conflitiva e en
permanente combate entre as protestantes provincias norteñas e a Monarquía Hispánica.

*UNIÓN DE ARMAS: Proxecto impulsado polo valido do rei Felipe IV, o Conde -Duque Olivares, no primeiro terzo do
século XVII, co fin de repartir equitativamente o recrutamento de tropas e a recadación de tributos entre a Coroa de
Castela e a Coroa de Aragón para facer fronte ás continuas campañas bélicas europeas nas que participaba a
Monarquía Hispánica, inmersa na “Guerra dos 30 anos”.

*VALIDO: Figura dotada de amplos poderes políticos en quen delega o monarca os asuntos de goberno. Tamén
denominados “favoritos”, os validos máis relevantes da Monarquía Hispánica foron o Duque de Lerma, o Conde
Duque de Olivares e Valenzuela, favoritos de Felipe III, Felipe IV e Carlos II respectivamente.

*XUNTAS DO REINO DE GALICIA: Institución creada no século XV como representación política do denominado
Reino de Galicia. Dito Reino formou parte da Coroa de Castela ata que a reforma liberal do Estado en 1833 dividiu
España en provincias. A Xunta estaba formada por un conxunto de deputados que representaban ás sete provincias
galegas, e se reunían para debatir asuntos relacionados fundamentalmente cos tributos e levas militares esixidos
polo rei de turno. Na práctica, esta institución non tiña capacidade decisoria, limitándose a cumplir co que ordeaba o
Monarca.

BLOQUE 4: SÉCULO XVIII.-


*ANTIGO RÉXIME Sistema político, social, económico e cultural predominante na Europa da Idade Moderna e que se
caracterizaria pola existencia de privilexios e a división ríxida da sociedade em trés estamentos: clero, nobreza e
terceiro estado.O Estado Absolutista Monárquico concentraria os poderes executivo, lexislativo e xudicial.

*CATASTRO DE ENSENADA: Sistema impositivo que se tentaría introducir na Coroa de Castela a mediados do século
XVIII baixo o reinado de Fernando VI sendo ministro o Marqués de Ensenada. Consistiría nunha contribución única
que viria a substituir ás variadas taxas impositivas precedentes.

*DECRETOS DE NOVA PLANTA (VER CUESTIÓN TEÓRICA*): Conxunto de decretos que


suprimiron os gobernos de Aragón, Valencia, Cataluña e Mallorca. Serían promulgados por
Filipe V en resposta ao apoio que estes territorios prestaran ao Arquiduque Carlos de Austria na
Guerra de Sucesión española, aínda que tamén responderían á tendencia centralizadora que
Filipe coñecera na Francia de Luis XIV.
*DESPOTISMO ILUSTRADO: Política reformista desenvolvida pólas monarquias absolutas de Europa occidental
durante a segunda metade do século XVIII. A Monarquía Absoluta, asumindo os novos valores da Ilustración,
impulsa unha serie de reformas econômicas, administrativas e culturais mediante a intervención do Estado cós seus
recursos e leis em tódolos campos da vida social. En España sería Carlos III quen levaria a fin tal práctica política
situando nos ministérios a políticos reformistas como Floridablanca e Campomanes.

*MOTÍN DE ESQUILACHE Motín de certa importancia contra un dos ministros de Carlos III, o siciliano Marqués de
Esquilache que tería lugar en Madrid no ano 1766 cuxa orixe estaría no descontento social pola subida do prezo do
pan (provocado polas malas colleitas e polo posterior acaparamento e especulación) así como pola xenofobia cara
ós ministros de procedencia italiana. Esta situación tumultuosa sería habilmente aproveitada por aqueles grupos
nobiliarios e eclesiásticos opostos á política reformista do ministro italiano, que se vería obrigado a abandonar as
súas tarefas de goberno recaendo as mesmas en ministros españois. A resposta por parte de Carlos III sería
continuar coas reformas eliminando a aqueles sectores contrarios á súa política de corte reformista.

*PAZ DE UTRECHT (VER CUESTIÓN TEÓRICA*): Tratado de Paz asinado na cidade neerlandesa
de Utrecht polos diferentes Estados enfrontados na Guerra de Sucesión española no ano 1713.
*REGALISMO BORBÓNICO: Práctica política desenvolvida pólos monarcas borbóns ó longo do século XVIII no marco
de reforzamento do poder absolutista, e que tentaría limitar o poder da igrexa controlando tanto os nomeamentos
dos eclesiásticos como o número dos efectivos e a súa riqueza. Esta política de control e supervisión sería iniciada na
época de Filipe V aínda que quedaría apuntalada con Fernando VI. No ano 1753 asinaríase un novo Concordato co
Papa, polo que a Coroa de España conseguiría o dereito de presentación das candidaturas dos bispos en todo o seu
territorio (dereito de padroado). Baixo o reinado de Carlos III conseguiríase un exequátur régio pólo cal toda
instrución papal debía ser autorizada pólo monarca ao mesmo tempo que facultaba ó Consello de Castela para
supervisar a actividade da Inquisición.

BLOQUE 5/6/7/8: SÉCULO XIX.-

*AFRANCESADOS Españois partidários de Xosé I Bonaparte e da Constitución de Baiona. Eran aristocratas e


intelectuais ilustrados que sufriron, unha vez rematada a Guerra da Independencia, a persecución dos liberais e
absolutistas por ter cooperado cós invasores franceses.
*ABDICACIÓN DE BAYONA Proceso político de renuncia ó trono por parte de Fernando VII e Carlos IV a favor de
Napoleón na cidade francesa de Baiona o 30 de abril de 1808. O paso seguinte sería o nomeamento por parte de
Napoleón de Xosé I Bonaparte como rei de España, reunindo a un sector minoritario da sociedade española nunhas
Cortes que votarán ó novo monarca para de seguido redactar a Constitución de Baiona.

**CACIQUISMO: Práctica política característica do sistema electoral da Restauración borbónica, asentada sobre a
influencia dos caciques. Estes poderosos locais utilizaban as súas boas relacións co goberno do momento para
desenvolver un sistema clientelar que lles permitía controlar os votos dos electores do seu distrito.

**CANTONALISMO: Movemento político que se deu en España durante a 1ª república e que pretendía dividir as
diversas zonas de España en estados soberanos. As súas influencias procedían do republicanismo federal máis
radical e do movemento obreiro. A sublevación cantonal estalou en xullo de 1873 ante a lentitude na implantación
dun réxime federal e estendeuse por numerosas cidades do país, sendo Cartaxena a último bastión en caer en
xaneiro do 1874.

*DESAMORTIZACIÓN (VER COMPOSICIÓN*): Conxunto de leis e reais decretos sobre a


incautación dos bens das ordes relixiosas por parte do Estado ao longo do século XIX
destacando os procesos desamortizadores de Mendizábal (1835/36), Espartero (1841) e
Pascual Mádoz en 1855.

**ENCASILLADO: Manipulación dos resultados electorais nos que a oposición conservaba


sempre certa representación parlamentaria. VER TEMA RESTAURACIÓN.

*ESTATUTO REAL (VER COMPOSICIÓN*): Carta Outorgada pola Rexente María Cristina cuxo
artífice sería o liberal Martínez de la Rosa. O Estatuto non fora elaborado nin aprobado polas
Cortes establecendo un réxime político baseado na soberanía do Rei e das Cortes.

*LUDISMO Movemento social de protesta protagonizado polos obreiros ingleses no século XIX
en sinal de oposición á implantación de máquinas nas fábricas como elementos destrutores dos
empregos humanos.

*MANIFESTO DOS PERSAS (VER COMPOSICIÓN*): Documento asinado en 1814 por un grupo
de deputados das Cortes de Cádiz que se opoñían ao liberalismo e no que se pedía ao monarca,
Fernando VII, que instaurase o absolutismo.
**MANIFESTO DE SANDHURST: Escrito asinado o 1 de decembro de 1874 polo futuro Alfonso XII na cidade inglesa
de Sandhurst, en cuxa academia militar estudaba. Contribuiu a preparar a restauración monárquica en España ao
presentar un modelo de monarquía parlamentaria.

*PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830 Disposición legal aprobada polas Cortes Españolas no ano 1789 que aprobaba a
anulación da lei sucesoria establecida por Filipe V e restablecía o dereito de sucesión das mulleres. Fernando VII
aprobaríaa no ano 1830 recoñecendo como herdeira á súa filla Isabel, en detrimento do seu irmán Carlos María
Isidro, o que orixinaría as Guerras Carlistas.

*PRONUNCIAMENTO Alzamento militar para derrubar un goberno. A súa orixe atoparíase na España do Século XIX
cando un xefe militar se sublevaba coas súas tropas para cambiar a orde política establecida.

**”PUCHERAZO”: Proceso de adulteración dos resultados electorais mediante a introdución de papeletas nas furnas
a favor do candidato que se pretende que saia elixido. *VER TEMA

**RESTAURACIÓN BORBÓNICA: (VER TEMA*): Etapa política da historia de España que se


desenvolvería entre 1874 e 1931 caracterizada pola restauración monárquica na figura de
Alfonso XII de Borbón e o turnismo gobernativo entre o Partido Liberal Conservador de Cánovas
do Castillo e o Partido Liberal Progresista de Sagasta.
**REXENERACIONISMO: Movemento intelectual que tivo lugar en España a finais do século XIX e principios do XX
como consecuencia da perda das colonias en 1898 e cuxo fin era a rexeneración total do país mediante a reforma
das estruturas sociais, políticas e económicas. Un dos seus principais impulsores sería Joaquín Costa.
**SISTEMA DE QUENDA: Sistema político polo que dous partidos se turnan no goberno. Para iso necesítanse dous
partidos fortes, un réxime parlamentario e unha vontade colaboracionista entrámbalas dúas formacións políticas.
En España estableceríase entre 1876 e 1923 con Cánovas e Sagasta.

*SUFRAXIO CENSATARIO E UNIVERSAL: Sistema electoral limitado baseado na dotación do dereito a voto só á parte
da poboación que contara cunhas características precisas (basicamente de tipo económico) que lle permitira estar
inscrita nun censo electoral. Contrapoñeríase ó sufraxio universal, que non establecería condicións salvo a maioría
de idade e a cidadanía, aínda que ata finais do século XIX sería basicamente un sufraxio universal masculino.

*TRATADO DE VALENÇAY (VER COMPOSICIÓN*): Acordo asinado en decembro de 1813 entre o


Emperador Napoleón Bonaparte que ofrecía a paz e recoñecía a Fernando VII como monarca
lexítimo de España como consecuencia das derrotas sufridas polo exército francés ao longo da
Guerra da Independencia.
*UNIÓN LIBERAL Partido político organizado pólo Xeneral O’Donnell en 1858 integrado polos elementos mais
avanzados do Partido Moderado e polos máis conservadores do Partido Progresista. Defendían a soberanía
nacional, a monarquía constitucional, a responsabilidade ministerial, a organización do exército e as reformas
administrativas. Tomaría parte na Revolución Setembrina de 1868.

BLOQUE 5/6/7/8: SÉCULO XIX.-

**CACIQUISMO: Práctica política característica do sistema electoral da Restauración borbónica, asentada sobre a
influencia dos caciques. Estes poderosos locais utilizaban as súas boas relacións co goberno do momento para
desenvolver un sistema clientelar que lles permitía controlar os votos dos electores do seu distrito.

**CANTONALISMO: Movemento político que se deu en España durante a 1ª república e que pretendía dividir as
diversas zonas de España en estados soberanos. As súas influencias procedían do republicanismo federal máis
radical e do movemento obreiro. A sublevación cantonal estalou en xullo de 1873 ante a lentitude na implantación
dun réxime federal e estendeuse por numerosas cidades do país, sendo Cartaxena a último bastión en caer en
xaneiro do 1874.

**ENCASILLADO: Manipulación dos resultados electorais nos que a oposición conservaba sempre certa
representación parlamentaria. VER TEMA RESTAURACIÓN.

**MANIFESTO DE SANDHURST: Escrito asinado o 1 de decembro de 1874 polo futuro Alfonso XII na cidade inglesa
de Sandhurst, en cuxa academia militar estudaba. Contribuiu a preparar a restauración monárquica en España ao
presentar un modelo de monarquía parlamentaria.

**”PUCHERAZO”: Proceso de adulteración dos resultados electorais mediante a introdución de papeletas nas furnas
a favor do candidato que se pretende que saia elixido. *VER TEMA

**REXENERACIONISMO: Movemento intelectual que tivo lugar en España a finais do século XIX e principios do XX
como consecuencia da perda das colonias en 1898 e cuxo fin era a rexeneración total do país mediante a reforma
das estruturas sociais, políticas e económicas. Un dos seus principais impulsores sería Joaquín Costa.

**SISTEMA DE QUENDA: Sistema político polo que dous partidos se turnan no goberno. Para iso necesítanse dous
partidos fortes, un réxime parlamentario e unha vontade colaboracionista entrámbalas dúas formacións políticas.
En España estableceríase entre 1876 e 1923 con Cánovas e Sagasta.

SÉCULO XX
**AGRARISMO: Organización dos labradores en sociedades agrarias ou en sindicatos agrarios en Galicia a finais do
século XIX e sobre todo a partir de 1907 coa aparición de Solidaridade Galega que contribuiría á dinamización do
movemento. Os obxectivos perseguidos serían a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo, ademais de
promover a renovación técnica do sector agrario galego.

**BIENIO NEGRO: Etapa política da segunda república comprendida entre as eleccións xerais de novembro de 1933
e as de febreiro de 1936 durante a que gobernarían os partidos de centro-dereita republicanos, aliados coa dereita
católica da CEDA e do Partido Agrario. Esta denominación sería acuñada polas esquerdas republicanas.

**BRIGADAS INTERNACIONAIS: Corpo de voluntarios internacionais que participou na Guerra Civil española do
bando republicano. A súa proposta era axudar á República a partir de voluntarios de todos os países, fosen
comunistas ou loitadores antifascistas pola causa da liberdade //Unidades de voluntarios que loitaron na guerra civil
española apoiando o goberno republicano. Estaban formadas por traballadores e intelectuais de ideoloxía
progresista procedentes de diversos países, que participaron na defensa de Madrid e abandonaron España en
outubro de 1938.

**CEDA: Confederación Española de Dereitas Autónomas. Coalición de partidos de dereitas formada en 1933 que
obtivo unha ampla vitoria nas eleccións lexislativas dese ano. O seu dirixente máis coñecido sería José María Gil
Robles. Representaba os intereses dos terratenentes e a gran burguesía. Era accidentalista en canto ao réxime
político. Aceptaba o réxime republicano pero propoñía a paralización das reformas sociais levadas a sociais levadas
a cabo no bienio precedente.

**DESASTRE DE ANNUAL: Derrota das tropas españolas na guerra de Marrocos a man dos rifeños comandados por
Abd-el-Krim. A batalla tivo lugar en xullo de 1921 e acentuou a crise da monarquía de Alfonso XIII, desembocando no
golpe de estado do xeneral Primo de Rivera.

**DIRECTORIO MILITAR: Nome que se lle deu á institución integrada exclusivamente por militares (oito xenerais de
brigada e un contralmirante) que baixo a presidencia de Miguel Primo de Rivera debía asesorarlle nas funcións de
goberno e na promulgación dos decretos que terían forza de lei, estando vixente entre os anos 1923 e 1925.

**EXPEDIENTE PICASSO: Informe redactado polo xeneral Juan Picasso sobre o desastre de Annual e que suscitou
unha gran polémica ao imputar responsabilidades a altos mandos do exército.

**FAI: Federación Anarquista Ibérica. Organización anarquista fundada no ano 1927 en Valencia pola fusión da
Unión Anarquista Portuguesa e a Federación Nacional de Grupos Anarquistas de españa.

**FET DAS XONS: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista foi un partido
político español de ideoloxía fascista e nacionalsindicalista resultado da fusión o 15 de febreiro de 1934 das Xuntas
de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma coa Falanxe Española de José Antonio
Primo de Rivera.

**FRONTE POPULAR: Coalición electoral española creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda
españois para concurrir ás eleccións xenerais de febreiro do 36 e que acabarían gañando, precipitando a
preparación da trama golpista militar que derivaría no alzamento nacional do 17/18 de xullo do 36.

**LEXIÓN CÓNDOR: Forza de intervención enviada por Hitler en apoio aos sublevados durante a Guerra Civil
Española. Estivo composta basicamente por forzas aéreas.

**PACTO DE SAN SEBASTIÁN: Reunión promovida pola Alianza Republicana que tería lugar na cidade vasca de San
Sebastián o 17 de agosto de 1930 e á que asistirían representantes de tódolos partidos republicanos (coa excepción
do Partido Federal Español) e na que se acordaría a estratexia a seguir para poñer fin á Monarquía de Alfonso XIII e
proclamar a 2ª República. En outubro dese mesmo ano sumaríanse ao pacto o PSOE e a súa central sindical, a UXT.

**SANJURJADA: Golpe de estado fallido protagonizado polo Xeneral Sanjurjo que tería lugar o 10 de agosto de 1932
contra o gobernó lexítimo da 2ª República gobernada por Manuel Azaña no 1º bienio reformista.

**SEMANA TRÁXICA: Movemento popular que tivo lugar en Barcelona en xullo de 1909, en protesta polo envío de
reservistas a loitar na guerra de Marrocos. Provocou unha folga xeral e unha revolta social de signo anticlerical, que
foi duramente reprimida, e que provocaría a caída do goberno Maura.

**UNIÓN PATRIÓTICA: Formación política creada por Primo de Rivera en 1924, durante a súa ditadura, para crear
unha organización política e social que puidera trasladar á rúa o ideario político do réxime e lexitimara a súa acción
de goberno. Está inspirado no fascismo italiano. Primo de Rivera admiraba o proceso vivido en Italia e aspiraba a
prolongar o seu mandato, transformando o Directorio militar en Directorio Civil coa intención de crear un réxime
político a súa medida, xustificarse no poder, e para iso precisaba dunha organización civil a modo de partido político.
O papel desta formación sería de tipo propagandístico e de selección das persoas destinadas aos cargos de goberno
da política local.

BLOQUE 9/12: SÉCULO XX.-

***CONTUBERNIO DE MUNICH: Termo despectivo que sería “acuñado” polo diario falanxista Arriba para ridiculizar
o IV Congreso do Movemento Europeo celebrado na capital bávara entre o 5 e o 8 de xuño de 1962 coincidente cun
período de folgas mineiras en Asturias, e tras un primiro e fallido intento español de ingresar na CEE.

***FET DAS XONS: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista foi un partido
político español de ideoloxía fascista e nacionalsindicalista resultado da fusión o 15 de febreiro de 1934 das Xuntas
de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma coa Falanxe Española de José Antonio
Primo de Rivera.

***LEI PARA A REFORMA POLÍTICA: Lei aprobada en 1976 mediante referendum e previamente polas Cortes
franquistas. Suporía o inicio do cambio lexislativo cara ó sistema democrático actual. Recoñecíase a soberanía
nacional e outorgábase ás Cortes a facultade de elaborar, xunto co goberno e o rei, as leis. Estas novas Cortes
convocarían as Cortes Constituíntes que acabarían elaborando a Constitución de 1978. As Cortes Franquistas
aceptarían estes cambios grazas á política e á convicción do sector aperturista liderado por Adolfo Suárez e Torcuato
Fernández Miranda. A cambio, ao sector inmovilista aseguraríaselle o seu futuro nunha España sen represalias e sen
esquerda.

***LEXIÓN CÓNDOR: Forza de intervención enviada por Hitler en apoio aos sublevados durante a Guerra Civil
Española. Estivo composta basicamente por forzas aéreas.

***NACIONAL-CATOLICISMO: Denominación coa que se coñece unha das sinais de identidade ideolóxica do
franquismo. A súa manifestación máis visible sería a hexemonía que tiña a igrexa católica en tódolos aspectos da
vida pública e ata privada da sociedade española.

***PACTOS DA MONCLOA: Acordos asinados en 1977 polos principais partidos políticos, organizacións empresariais
e sindicais e que serían aprobados polas Cortes. Suporían o primeiro gran conxunto de medidas para afrontar a crise
económica iniciada en 1973. Os seus obxectivos básicos serían reducir a inflación e poñer en práctica un conxunto de
reformas para repartir equitativamente os costes da crise. As súas principais actuacións serían o control do gasto
público, a devaluación da peseta, unha fiscalidade progresiva, unhas novas relacións laborais e un aumento dos
salarios respecto á inflación.

***PLAN DE ESTABILIZACIÓN: Programa político deseñado en 1959 baixo a tutela do FMI e a OECE (Organización
Europea de Cooperación Económica) e a convición dos ministros aperturistas (Navarro Rubio e Alberto Ullastres)
para paliar a bancarrota na que se atopaba España para iniciar, deste xeito, un novo proceso económico que
modernizara as estruturas produtivas da nación española. Entre as principais medidas adoptadas estarían a
apertura de fronteiras ós investimentos estranxeiros, a devaluación da peseta respecto do dólar, a limitación do
gasto público, a supresión de subsidios a empresas públicas e o incremento dos tipos de interese bancario.

***PLATAXUNTA: Organismo unitario de oposición ao réxime ditatorial franquista creado o 26 de marzo de 1976
mediante a presentación dun manifesto. Os seus obxectivos eran a amnistía, a liberdade política e a convocatoria de
eleccións a Cortes Constituintes. Esta coalición xurdiría como froito da fusión da Xunta Democrática de España
(establecida en 1974 polo PCE e distintas figuras vencelladas a Don Juan de Borbón, coa adhesión de CCOO, PSP,
PTE, ASA e independentes) coa Plataforma de Converxencia Democrática (establecida en 1975 polo PSOE,
Movemento Comunista, democristiáns e socialdemócratas). Tamén se coñecería co nome de Coordinación
Democrática.

***SECCIÓN FEMININA: Sección feminina do partido político Falanxe Española e das XONS constituida en Madrid no
ano 1934 e dirixida pola irmán de José Antonio Primo de Rivera, Dª Pilar Primo de Rivera. Chegaría a funcionar
durante corenta anos sendo disolta tralo pasamento de Francisco Franco. Encargaríase da formación política da
muller baixo uns estritos preceptos católicos que regularían a súa moralidade e o seu quefacer diario en tódalas
facetas da súa vida.

***SINDICATO VERTICAL: Único sindicato autorizado na España Franquista que sentaba as súas bases na Lei
Fundamental do Fuero do Traballo (1938). Constituía unha agrupación de empresarios e obreiros organizados por
oficios e tutuelados directamente polo Estado (Ministerio de Traballo).

***UCD: Unión de Centro Democrático sería un partido político español liderado por Adolfo Suárez e que exercería
un papel protagonista durante a transición democrática.

VOCABULARIO COMPLEMENTARIO (*NON ENTRA NO EXAME)

AUTARQUÍA: Política económica a través da cal se pretende lograr a autosuficiencia dun país fronte ao exterior.

DEMOCRACIA ORGÁNICA: Sistema político propio do réxime franquista que propoñía a participación dos cidadáns a
través da familia, do sindicato vertical, do municipio e doutras corporacións. A expresión era un eufemismo que, na
práctica, encubría a desaparición do sistema democrático e do principio de soberanía nacional.

CONCILIO VATICANO II: Asemblea de bispos que actuaría de 1962 ata 1965 baixo os pontificados de Xoán XXIII e
Paulo VI. Suporía importantes cambios e unha profunda renovación no seo da igrexa. Nel acordaríase a
descentralización e a apertura aos laicos, abordándose temas de carácter social como a liberdade relixiosa e a
educación da mocidade.

CAUDILLO: Dirixente político e militar.

OPUS DEI: Organización católica fundada en 1928 por José María Escrivá de Balaguer dedicada ó fomento e
propagación da moral católica en tódolos ámbitos da sociedade.

PLANS DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL: Plans económicos de inspiración francesa que serían
aprobados polos dirixentes franquistas en 1963. Promulgaríanse un total de 4 plans cuatrienais (1964-67/1968-
71/1972-75) e centraríanse na iniciativa privada e no sector industrial. Emprenderíanse dúas liñas de actuación:
unha tendente á mellora das estruturas produtivas para incentivar o estabrecementos de grandes empresas e unha
maior produtividade nas xa existentes (potenciación da mecanización dos procesos produtivos);e a outra creando os
chamados “Polos de Desenvolvemento” ou zonas industriais para reducir os desequilibrios económicos rexionais
promovendo novas industrias en zonas desfavorecidas. Os resultados finais serían máis ben modestos.

You might also like