You are on page 1of 13

OS REINOS

CRISTIÁNS
PENINSULARES
OS PRIMEIROS REINOS CRISTIÁNS
SS. VIII-X
Tras a invasión musulmá da península
Ibérica no 711, as zonas montañosas do
Cantábrico e dos Perineos non chegaron
a ser ocupados polo Al-Ándalus.
Nesta zona montañosa orixináronse os
primeiros reinos cristiáns, formados por
xefes locais e nobres visigodos que
escaparon cara ao norte e resistiron á
presión musulmá.
Na zona da actual Asturias, o reino de
Asturias foi o primeiro en formarse no
século VIII.
O REINO DE
ASTURIAS
O reino de Asturias con capital en Oviedo,
expandiuse polo val do Douro e a
mediados do século IX traslada a súa
capital a León, pasando a denominarse
reino de León.
Nos séculos seguintes o reino de León
reforzou a fronteira no Douro e inicia o
avance as terras do Texo.
Na zona oriental deste reino creouse o
Condado de Castela, co fin de frear os
ataques musulmáns.
CONDADO DE CASTELA

O nome do Condado de Castela débese a


que nesta zona para protexela dos ataques
das tropas musulmáns construíuse unha
liña de castelos por todo ese territorio.

Castelo de Peñafiel (Valladolid)


A MARCA
HISPÁNICA
Na zona pirenaica estableceuse a Marca
Hispánica, un territorio baixo o control do
Imperio carolinxio, unha zona dividida en
condados, cuxa misión era protexer o
imperio de Carlomagno do avance
musulmán. Fuente: J. Antonio Bermúdez en Banco de imágenes del INTEF

Estes condados foron independizándose


tras a morte de Carlomagno no século IX,
do reino franco, dando lugar ao Reino de
Pamplona, os Condados de Aragón e os
Condados cataláns.
ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA
LIBRETA
A.1- Cales foron os primeiros
reinos que se crearon na
Cordilleira Cantábrica e nos
Perineos?
A.2- Como se formaron eses
reinos? Cara a onde dirixiron a
súa expansión?

https://blogsaverroes.juntadeandalucia.es/
O AVANCE DOS CRISTIANOS NO
S.X
Co Califato de Cordoba (século X)
os musulmáns recuperaron a súa
forza militar e frearon o avance
dos reinos cristiáns cara o sur da
península, incluso un xeneral
musulmán, Almanzor, atacaba
cidades no interior do reino de
León, como Burgos, León, Oviedo
e Santiago, para saquealas
(razzias).
O AVANCE DOS REINOS CRISTIÁNS
CARA O SUR
Durante os séculos XI e XII produciuse
un avance importante da Reconquista
debido á inferioridade militar dos
musulmáns provocada pola ruptura do
Califato de Córdoba en reinos de
taifas.
A expansión dos reinos cristiáns
diríxese cara o val do Texo e do Ebro.
No século XII creouse o reino de
Portugal, que se independizou do
reino de León e o reino de Pamplona
pasa a denominarse reino de Navarra. Fuente: J. Antonio Bermúdez en Banco de imágenes del INTEF
ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA
LIBRETA
B.1- Responde ás seguintes preguntas
sobre o mapa:
a) Que reinos cristiáns observas no mapa?

b) Que territorio (que aparece de cor pardo


no mapa) é aproximadamente a metade
sur peninsular?

c)Que ríos peninsulares servían de


fronteira natural contra os musulmáns?
Fuente: J. Antonio Bermúdez en Banco de imágenes del INTEF
O AVANCE DO SÉCULO XIII
No século XIII a vitoria dos
reinos cristiáns na batalla de
Navas de Tolosa, 1212 permitiu
o gran avance dos reinos
cristiáns cara o sur peninsular.
Neste período quedaron
definidos o chamados, "cinco
reinos“, que subsistiron durante
toda a Idade Media: Coroa de
Castela, Coroa de Aragón,
Navarra, Portugal e o reino
musulmán de Granada.
ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA
LIBRETA
C.1- Escribe o nome dos cinco reinos
que aparecen no mapa.
A REPOBOACIÓN DAS TERRAS
CONQUISTADAS
As terras que se lles van conquistando
aos musulmáns son entregadas aos
cristiáns para asegurar o dominio e
control destas terras, baixos distintos
sistemas de repoboación.
TRABALLANDO CON TEXTOS
CARTA POBOAMENTO DE ALFONSO I DE ARAGÓN
“Eu Alfonso concedo esta carta a vós cristiáns mozárabes, aos
cales eu saque co auxilio divino, do poder dos sarracenos e
conducín a terras cristiás. Compráceme porque (…) viñestes
poboar as miñas terras, concedervos bos foros en toda a miña
terra, que sexades libres …” Ano 1126
• Investiga que son os mozárabes e os sarracenos.
• Que privilexios lles concede o monarca. Que é un foro.
• Por que van a vivir a esas terras.

You might also like