You are on page 1of 6

TEMA 2: AL-ÁNDALUS

1. INTRODUCCIÓN:
No século VII, os musulmáns iniciaron un proceso de expansión, conquistando un grande imperio. A
debilidade do reino visigodo permitiu que no ano 711 dominasen a península ibérica, porta de entrada a
Europa, onde permanecerían ata 1492. O territorio conquistado recibiu o nome de Al-Ándalus. Ao longo dos
séculos este territorio foi diminuíndo polo empuxe que exercían os reinos cristiáns que se crearon no norte
peninsular.

Despois da conquista da Península Arábica por Mahoma e os seus seguidores, os musulmáns, en nome da
nova relixión islámica, conquistaron un grande imperio que se espallou dende o océano Índico ata o
Atlántico. Nesta expansión cruzaron o estreito de Xibraltar e chegaron a Península Ibérica. Nos primeiros
anos do século VIII, a Península foi conquistada case na súa totalidade e incorporada ao Imperio Islámico
co nome de Al-Ándalus.
2. A EXPANSIÓN DO ISLAM (622-846)
Cando morre Mahoma, no 632, a meirande parte da península Arábiga adoptara xa o Islám. Os crentes
estaban dirixidos por un xefe relixioso que denominaban CALIFA, que tamén tiña atribucións políticas.
Aproveitando a debilidade dos imperios veciños levaron a cabo unha expansión militar.

 No século VII enfrontáronse ao Imperio Bizantino (conquistando Siria e Exipto) e dominaron parte do
Imperio Persa
 No século VIII os musulmáns chegaron ata o río Indo, e asediaron Constantinopla en dúas ocasións,
sen conseguir conquistala pero venceron a tribos bereberes do norte de África, conquistaron gran
parte da península ibérica e penetraron no reino franco, onde foron derrotados na BATALLA DE
POITIERS (732) e obrigados a retirarse ao sur dos perineos.
 No século IX expandíronse ao sur de Exipto e en Europa chegaron a ocupar Palermo (831) e zonas
da Península Itálica
A ORGANIZACIÓN DO CALIFATO
Ao longo da Idade Media, o goberno e a organización do Imperio Islámico pasou por diferentes etapas:

 Os primeiros CALIFAS (632-661) foron elixidos entre familiares próximos ao profeta, pero a maneira
de elección xerou unha división entre a comunidade musulmana:
- CHIÍTAS: defendían que o califa debía ser un descendente de Mahoma
- SUNNITAS: pensaban que o CALIFA debía ser escollido entre os mellores crentes (baseábanse
no Corán e nos textos do profeta (sunna)
 DINASTÍA OMEYA (661-750): instalan a capital en Damasco e protagonizou a gran expansión do
Imperio.
 DINASTÍA ABBASÍ (750-1258): derrota os Omeyas e traslada a capital a Bagdag. Durante este
período algunhas provincias, como Al-Ándalus, Exipto ou Marrocos separáronse declarándose
independentes do poder político de Bagdag.
 Finalmente o IMPERIO quedou en mans dos TURCOS, que en 1453 conquistaron Constantinopla, a
capital bizantina, data que se considera o final da Idade Media

O ESPLENDOR ECONÓMICO E CULTURAL: O árabe converteuse na lingua oficial do Imperio. Aínda que
eran tolerantes coas outras relixóns, as vantaxes económicas e sociais de que gozaban os musulmáns
favoreceu a islamización da maioría da poboación. O Imperio encheuse de novas cidades (Samarkanda, O
Cairo, Kairuán…) que eran centros relixiosos, políticos, económicos e culturais. Nelas creáronse escolas,
bibliotecas e centros de tradutores, onde se conservaron e desenvolveron os grandes coñecementos da
antigüidade e chegou o saber das ciencias orientais.

3. CONQUISTA DE AL-ÁNDALUS
A DEBILIDADE DA MONARQUÍA VISIGODA: A inicios do século VIII, a monarquía visigoda gobernaba a
Península Ibérica, e atopábase sumida nunha fonda crise. Había un empobrecemento xeral da economía
que provocara o descontento da poboación, e tamén un enfrontamento entre os partidarios da monarquía
hereditaria (descendentes de Witiza) e os defensores da monarquía electiva (que apoiaban ao rei Rodrigo).
Para derrotar a Rodrigo, os defensores da monarquía hereditaria pedíronlle axuda a un gobernador
musulmán, Muza, que enviou a un exército dirixido por Tarik.
A CONQUISTA MILITAR: no ano 711 un exército formado por bereberes e dirixido por unha minoría árabe,
cruzou a través de Xibraltar. Os visigodos foron derrotados na batalla de Guadalete, donde se cree que
morreu o rei Rodrigo. O avance miliar foi rápido, porque atopou pouca resistencia da poboación e moitas
cidades abríronlle as súas portas, en pouco tempo fixéronse co control da capital do reino Visigodo, Toledo.
No 718 os exércitos musulmáns prácticamente controlaban case toda a Península, coa excepción das zonas
máis montañosas do norte. Foi nesas zonas montañosas do norte onde algúns clérigos e nobres
hispanovisigodos, xunto con unha pequena parte da poboación, decidiron refuxiarse.
A INTEGRACIÓN DE AL-ÁNDALUS NO IMPERIO: Os gobernantes musulmáns realizaron pactos de
submisión con nobres locais, que conservaron o seu poder. O islam pasou a ser a relixión oficial e a maioría
dos hispanovisigodos convertéronse a nova relixión, aceptando o idioma árabe e as súas costumes. Estes
son coñecidos como MULADÍES. A poboación cristiá que se mantivo na zona foi denominada MOZÁRABE.
En xeral había tolerancia cos xudeus e cos cristiáns, pero moitos destes últimos decidiron emigrar as zonas
cristiás que quedaban ao norte, debido, en gran parte, a que os que non eran musulmáns pagaban máis
impostos e que en ocasións producíronse pequenas persecucións.
COMO SE DESVINCULOU AL-ÁNDALUS DO IMPERIO ISLÁMICO?:
A presencia islámica na Península durou 800 anos, pero o territorio que dominaba e a forma de gobernarse
foi variando, por dous factores:
- Campañas militares emprendidas por reinos e condados cristiáns do norte que fixeron diminuír o
territorio de Al-Ándalus
- Rivalidades e enfrontamentos entre os distintos grupos de poder dentro do imperio islámico.

 EMIRATO DEPENDENTE (718-756): unha vez finalizada a conquista militar, Al-Ándalus converteuse
nunha provincia ou emirato que dependía do califato Omeia de Damasco. A capital estableceuse na
cidade de Córdoba e nomeouse un Valí para gobernar o emirato. O poder dos emires nos territorios
ao norte do Sistema Central era escaso e limitábase ao mantemento dalgunhas gornicións militares.
 EMIRATO INDEPENDENTE (756-929): a mediados do século VIII, cando os cáligas de Damasco
foron destronados polos Abasidas de Bagdag, o derradeiro membro da familia Omeia, o Príncipe
Abd Al-Rahman (Abderramán), fuxiu da súa cidade e estableceuse en Al-Ándalus. Moi axiña, este
príncipe rompeu co Califato de Bagdag, proclamouse emir independente, co nome de Abd Al-
Rahman I (Abderramán I) e fundou o Emirato Omeia de Córdoba. Este feito supuxo a ruptura da
unidade política do Imperio islámico, aínda que o estado de Al-Ándalus se mantivo baixo a autoridade
relixiosa do califa de Bagdag.

4. EVOLUCIÓN DE AL-ÁNDALUS
O CALIFATO DE CÓRDOBA (929-1031)
A comezos do século X, o Emirato atopábase enfrontado a numerosos problemas: rebelións internas,
ataques dos reinos cristiáns (León, Navarra, Castela) e ameazas ao comercio marítimo desde o norte de
África. O emir Abd al-Rahman III quixo reforzar o seu poder e impoñer a súa autoridade sobre as diferentes
familias musulmáns que rivalizaban polo poder. Para iso, no ano 929 independizouse da autoridade relixiosa
de Bagdag, proclamouse CALIFA, inaugurando o CALIFATO DE CÓRDOBA.
OS REINOS DE TAIFAS (1031-1248)
A partir do 1008, a unidade do Califato empezouse a crebar. A aristocracia, os altos funcionarios e o exército
pugnaban por escapar do control do califa e por converterse na máxima autoridade na súa provincia (cora).
No ano 1031, Al-Ándalus dividiuse en máis de 25 reinos independentes, chamados TAIFAS. A cidade era o
principal centro económico e as taifas viviron unha época de prosperidade e desenvolvemento urbano. No
entanto, a fragmentación política debilitounas militarmente fronte aos reinos cristiáns. Isto facilitou a invasión
dos almorávides no século XI e dos almohades no século XII, uns pobos que crearan un grande imperio no
norte de África. Ambos os dous instaláronse en Al-Ándalus e controlaron a maioría dos reinos de taifas.
Estas invasións conseguiron frear temporalmente o avance Cristián, pero non lles puideron facer fronte as
campañas militares que os reinos do norte emprenderon no século XIII para conquistar a maioría das taifas
O REINO NAZARÍ DE GRANADA (1248-1492)
O único territorio que sobreviviu ao avance cristián do século XIII foi o REINO NAZARÍ DE GRANADA. Que
estaba gobernado por sultáns ou reis da dinastía nazarí, relacionados cos califas do norte de África. O reino
posuía un extenso territorio, unha gran fachada marítima, importantes portos comerciais e unha rica
agricultura. A capital Granada, era un dos centros culturais e comerciais máis importantes de Europa. Todo
isto permitiulles aos sultáns pagar elevados impostos en ouro a Castela para evitar os seus ataques. Isto
fixo posible o seu mantemento ata o ano 1492, cando Boabdil, o derradeiro rei de Granada, se rendeu os
Reis Católicos.
O ESPLENDOR DO CALIFATO DE CÓRDOBA: O Califato foi a época de máximo esplendor e poder militar
de AL-Ándalus, sobre todo en tempos dos califas Abd al-Rahman III, al-Hakam e Hixem II. Os califas
conseguiron frear a expansión dos reinos cristiáns hispánicos e dominalos militarmente grazas ás vitoriosas
expedicións militares que organizou al-Mansur a finais do século X, e aos impostos (parias) que lles pagaban
para obter a paz. Foi unha época de prosperidade económica debido ao papel que desempeñaba Al-Ándalus
como intermediaria do comercio entre Oriente Medio (Bizancio, Bagdag, Samarkanda...) o norte de África
(Magreb, Mauritania...) e a Europa cristiá (Reino de Francia, Lombardía...) O estado cobraba diversos
impostos sobre a produción agrícola (zakat) e o tráfico comercial. A súa riqueza permitiu manter unha gran
burocracia e un numeroso exército.
A ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
 Al-Ándalus estaba dividido nunhas 21 provincias ou coras
 O califa tiña un poder absoluto: era xuíz supremo, máxima autoridade relixiosa e xeneral dos
exércitos
 Por debaixo atopábase o Hachib (primeiro ministro) axudado polos distintos visires (ministros).
Xuntos formaban o diwan (goberno)
 Os gobernadores das provincias eran os valís e os das marcas, os xenerais ou qaids.
 Os cadís impartían xustiza
 Os almotacén controlaban o zoco e o comercio das cidades

5. AS CIDADES DE AL-ÁNDALUS
No mundo islámico, o centro de toda actividade económica era a cidade. Alí concentrábase a produción
manufactureira, intercambiábanse produtos agrarios e artesanais e conectábanse as rutas do comercio
internacional a longa distancia. A sociedade andalusí era eminentemente urbana e nas cidades
concentrábase unha elevada poboación, que reunía diversidade de relixións e categorías sociais.
UNHA SOCIEDADE URBANA: Al-Ándalus foi un estado moi poboado para a súa época e contaba con
grandes cidades. Córdoba superaba os 300.000 habitantes e era unha das cidades máis populosas do
mundo. Así mesmo, como cidades importantes atopábanse Sevilla, Toledo, Granada, Badaxoz, Zaragoza e
Valencia. A maioría delas estaban rodeadas de murallas e contaban con varias portas de acceso que se
pechaban cada noite. As rúas non seguían un trazado ordenado e constituían un verdadeiro labirinto. Os
núcleos urbanos constituían importantes centros políticos e culturais. Tamén tiñan unha intensa actividade
económica porque concentraban as actividades artesanais e comerciais.
OS DISTINTOS GRUPOS SOCIAIS: Os musulmáns diferenciábanse entre a aristocracia a clase media e o
pobo raso:

 Árabes: eran unha minoría e acaparaban cargos, privilexios e a propiedade da terra.


 Bereberes: chegaran co exército conquistador ou emigrado desde o norte de África. Moitos
dedicábanse ao pastoreo e tiñan unha condición humilde.
 Muladís: constituían a maioría da poboación e acabaron fusionándose cos dous grupos anteriores.
Os non musulmáns pagaban máis impostos e tiñan limitados algúns dereitos:

 Mozárabes: profesaban a relixión cristiá e vivían maioritariamente nas cidades


 Xudeus: dedicábanse á artesanía, ao comercio, á medicina ou a ciencia.

A ARTESANÍA E O COMERCIO: Os artesáns agrupábanse por barrios gremiais (téxtil, papel, coiro, forza,
vidro, etc.). O comercio interior era moi activo e en todas as cidades había zocos (mercados) para o
intercambio de produtos. O comercio a longa distancia tamén era moi importante:

 De Europa chegaban metais e madeira, de África escravos, ouro e marfil, e de Oriente, obxectos de
luxo e especias.
 Pola súa banda, Al-Ándalus exportaba produtos agrícolas e de artesanía.
Esta prosperidade económica estivo estimulada pola existencia dunha moeda única (o dinar de ouro e o
dirham de prata) que circulaba por todas as terras islámicas,
UNHA CIDADE ANDALUSÍ
O centro da cidade era a MEDINA que tiña a súa propia muralla e albergaba a MESQUITA MAIOR e o
ALCAZAR ou residencia gobernativa. Tamén tiña fontes con auga potable e baños públicos. A actividade
comercial concentrábase no ZOCO (mercado) e na súa proximidade había ALFÓNDEGAS (hospedarías ou
casas públicas destinadas á compravenda de trigo) para as caravanas que chegaban a cidade. A
ALCAICERÍA era un espazo cerrado dentro do zoco, onde se vendía as mercadorías máis valiosas. As
minorías mozárabes e xudía adoitaban vivir en barrios separados. Os barrios fóra das murallas eran os
ARRABALDES.
6. O DESENVOLVEMENTO DAS ARTES, AS LETRAS E AS CIENCIAS
Al-Hakam II foi o segundo califa Omeia de Córdoba (961-976), sucedendo ao seu pai, Abd al-Rahman III.
Foi un gran mecenas das artes e das ciencias, e fundou numerosas escolas públicas. En Córdoba, creou a
biblioteca máis importante de toda a Europa medieval e nela podíanse consultar moitas das obras máis
importantes da súa época. Ademais, nos seus obradoiros ensinábase caligrafía, poética, encadernación e
gramática.
O DESENVOLVEMENTO DAS ARTES, DAS LETRAS E DAS CIENCIAS: Os coñecementos científicos, o
cultivo das artes e a educación tiveron unha enorme importancia en Al-Ándalus. Os propios emires e califas,
como Abd al-Rahman II, III e al-Hakan II, foron grande eruditos que se rodearon de sabios e de artistas.
Estes reis mandaron traducir as principais obras da antigüidade, crearon bibliotecas e edificaron numerosas
escolas para difundir os coñecementos de culturas anteriores, como a grecolatina, a bizantina, a persa, a
exipcia e a india. Foi a través de Al-Ándalus cando moitos destes saberes chegaron a Europa feudal.
Ademais, o feito de que todos os musulmáns falasen unha mesma lingua, o árabe, permitiu a transmisión
de coñecementos dun territorio a outro.
OS AVANCES CIENTÍFICOS: Os científicos musulmáns incorporaron os coñecementos de culturas
anteriores e perfeccionáronos. Ademais, crearon novas técnicas e inventos que transformaron a vida e as
costumes dos seus contemporáneos. A súa herdanza chegou ata os nosos días.

 NOVAS TÉCNICAS E INSTRUMENTOS


- Construíron muíños de vento coas velas de barco que facía xirar sobre un eixe vertical
- Para transportar pesos, utilizaban un sinxelo instrumento de orixe chinesa: a carretilla
- Trouxeron de oriente o papel, que substituíu o pergameo
- Os coñecementos sobre a mestura de ácidos e sales (química) permitiron a elaboración da
cerámica vidrada.
- Expandiron cara á cristiandade europea o sistema de numeración decimal (arábigo) de orixe
india, que substituíu a numeración romana
- Difundiron o xogo do xadrez, inventado en Persia
 MEDICINA E FARMACIA
- Exercían a ciruxía e crearon instrumentos que aínda se utilizan hoxe
- Practicaron a disección de cadáveres para coñecer o funcionamento do corpo humano
- Prepararon novas receitas curativas con substancias vexetais e usaron a beladona como
anestesia
 NAVEGACIÓN
- Construíron naves maiores grazas á vela latina e tamén un novo temón chegado de oriente
- Desenvolveron cuadrantes náuticos e trouxeron o compás de China

7. A ARTE ANDALUSÍ
As manifestacións artísticas da cultura islámica están moi vinculadas á relixiosidade e caracterízanse polo
predominio da arquitectura sobre as demais artes. A construción máis representativa é a mesquita, pero
tamén se construíron edificacións civís, como fortalezas, palacios, zocos, baños públicos e escolas
(madrasas) a prohibición coránica de representar imaxes humanas implicou un escaso desenvolvemento da
pintura e da escultura, e o predominio de motivos abstractos e xeométricos. A súa función primordial foi a
ornamentación dos muros arquitectónicos. Os artistas cultivaron distintas artes decorativas, destacando os
obxectos de metal, cristal e marfil ((viaxelas, xerras, aldrabas...) a marquetería e, sobre todo, a cerámica e
o mosaico decorados cunha enorme variedades de motivos, formas e cores
O PREDOMINIO DA ARQUITECTURA: A arquitectura islámica presenta unha serie de características
comúns:

 Uso de materiais de construcións sinxelos: ladrillo e madeira


 Cobertura de edificios mediante bóvedas e cúpulas profusamente decoradas
 Utilización de piares e columnas como sustentos e gran profusión de arcos
 Austeridade na decoración dos muros exteriores, que contrasta coa rica e variada ornamentación
interior a base de mármores, azulexos, xeseiras e madeiras
 Moitas das construcións, sobre todo de palacios, presentan fermosos xardíns nos que a vexetación
e a auga se combinan para crear un ambiente tranquilo e relaxado, integrando arte e natureza

TIPOS DE ARCOS: De ferradura, de entibo, lobulado e entrecruzado


TIPOS DE DECORACIÓN: A pintura, o mosaico e o estuco utilizáronse para recubrir as superficies dos
muros. Segundo o tipo de ornamentación distínguense:

 Lazaría: motivos xeométricos


 Ataurique: motivos vexetais
 Arabesca: motivos vexetais e xeométricos entrelazados
 Caligráfica: escritura de textos do Corán

A ARQUITECTURA EN AL-ÁNDALUS: A arquitectura de Al-Ándalus seguía os modelos da arte islámica,


pero adoptou algúns elementos propios: o arco de ferradura enmarcado pro un alfiz e o lobulado simple ou
entrecruzado, así como unha gran variedade de bóvedas. A grandiosidade das súas construcións e a súa
riqueza ornamental sitúa a arquitectura de Al-Ándalus entre as mais relevantes do mundo musulmán
medieval.

 ÉPOCA DO EMIRATO E CALIFATO (756-1031)


É o período no que se realizan as contribucións técnicas máis relevantes e o que presenta maior riqueza
construtiva e ornamental. Salientan a mesquita de Córdoba e o Palacio de Medina Azahara en Córdoba
tamén.

 ÉPOCA TAIFA E ALMOHADE (1031-1212)


Presenta unha arquitectura máis austera, que potencia a estrutura arquitectónica e descoida a
ornamentación. Destacan a Alcazaba de Málaga, a Alxafaría de Zaragoza, a Xiralda e máis a Torre do ouro
de Sevilla

 EPOCA NAZARITA (1238-1492)


Caracterízase por unha gran riqueza decorativa no interior das edificacións, que esconde a pobreza dos
materiais constructivos. Destacan a Alhambra e o Xeneralife de Granada.

You might also like