You are on page 1of 14

AL ÁNDALUS

A CONQUISTA E O EMIRATO DEPENDENTE DE DAMASCO

• A península Ibérica seguía baixo o poder dos visigodos.


• No 711 estalla unha guerra civil pola sucesión ao trono que enfrontan a Don Rodrigo
contra Axila descendente de Witiza, último rei visigodo.
• Axila pediu axuda aos musulmáns do norte de África. O gobernador Musa e o xeneral
Tariq cruzaron o estreito e derrotaron Don Rodrigo na batalla de Guadalete.
• Despois foron conquistando Sevilla, Córdoba, Toledo (713), Zaragoza até chegar ao norte,
pero pronto abandonaron as terras do norte polo clima e a xeografía.
• Os musulmáns encontraron pouca oposición, a nobreza non estaba unida e a poboación
mostrouse indiferente ante a invasión.
• Chamaron ao territorio Al Ándalus e fixaron a capital en Córdoba. Era un emirato
dependente do califato de Damasco (Dinastía dos Omeias). Eran unha provincia máis cun
emir ou gobernador.
O EMIRATO INDEPENDENTE de CÓRDOBA
• No 750 a familia dos Abasidas fixéronse co
poder asasinando aos Omeias. Tan só un
logrou escapar, Abderramán logra chegar até
o Al Ándalus.
• No 756 proclamouse emir independente co
nome de Abderramán I. Deixan de obedecer
ao califa nos temas políticos pero continúa
recoñecendo a súa autoridade relixiosa.
• Nesta época os emires tiveron que enfrontarse
a revoltas internas e tamén a incursións
militares dos francos e dos cristiáns. Na
batalla de Roncesvalles do 778, o exército de
Carlomagno logra frear o avance dos
musulmáns.
O CALIFATO DE CÓRDOBA
• No 912 Abderramán III herda o trono. Logra
controlar as sublevacións internas e as
incursións cristiás aumentando o seu poder.
• No 929 proclámase califa converténdose no
xefe político e a máxima autoridade
relixiosa do Al Ándalus.
• No 976 accedeu ao trono Hisham II que tiña
11 anos. O goberno quedou en mans de
Almazor, un brillante xeneral que levará
numerosas campañas de saqueo ou razzias
contra os reinos cristiáns do norte (Santiago).
• Tras a morte de Almanzor no 1002 comezan
unhas loitas internas que arrasan o Al
Ándalus depoñendo ao último califa no 1031.
• O califato de Córdoba foi un periodo moi
brillante
REINOS TAIFAS
• No 1031 o califato dividiuse en numerosos
reinos o taifas. Mostra da diversidade étnica
e política da sociedade andalusí.
• As taifas enfrontáronse entre si durante
bastante tempo, os reinos máis poderoso
querían apropiarse dos máis débiles.
• Destacaron as taifas de Badaxoz, Toledo,
Zaragoza e Sevilla. Os enfrontamentos
debilitounas e foron saqueadas polos reinos
cristiáns do norte. Para evitalos os reis das
taifas pagaban as parias ou tributos aos
reis cristianos. Os reis taifas teñen que
aumentar os impostos para poder facer
fronte ás parias e isto provocou
descontentos na poboación.
• En 1085 Toledo cae en mans cristiás.
Atemorizados, os musulmáns piden axuda
aos Almorábides, guerreiros bérberes do
norte de África .
ALMORÁBIDES E SEGUNDOS REINOS TAIFAS
 Os almorábides eran bérberes do norte
de África que seguían o Islam. No 1086
cruzaron o estreito de Xibraltar e
chegaron á península para frear o
avance cristiá.
 En 1089 logran ocupar varias taifas
mais había moito descontento na
poboación polas medidas tomadas.
 Os almorábides, non logran frear o
avance cristiá, debilítanse e vólvese
outra vez ás taifas, á fragmentación do
Al Ándalus.
ALMOHADES
 No século XII, algunhas taifas volven a
pedir axuda ao bérberes do norte de
África. En 1147 os almorábides foron
substituídos polos almohades, que
lanzaron unha ofensiva contra os reinos
cristiáns.
 Os reinos cristiáns uniranse e lograrán
frealos na batalla de Navas de Tolosa
1212. Tras esta derrota, o Imperio
almohade desintegrouse e os cristiáns
conquistarán case todo o Al Ándalus.
O REINO NAZARÍ DE GRANADA
 O reino de Granada foi o último territorio
dos musulmáns na Península. Neste
consolidouse o poder a disnastía Nasr ou
nazarí. Extendíase por Málaga, Granada,
Almería e pola parte oriental de Cádiz.
 O reino nazarí foi vasalo de Castela durante
200 anos. Pagaban un tributo aos reis
casteláns e axudábanos en caso de guerra.
 Os enfrontamentos internos na disnastía
nazarí debilitaron ao reino que acabaron
facilitando a conquista deste polos Reis
Católicos no 1492.
A ECONOMÍA ANDALUSÍ
• A maioría da poboación andalusí dedicábase á agricultura. Cultivaban cereais, vide e
oliveiras, árbores frutais…Desenvolveron técnicas de regadío e introduciron novos
cultivos como: arroz, algodón, berenxenas, alcachofas… Os agricultores vendían os produtos
no zoco das cidades próximas.
• Nas cidades desenvolveuse unha artesanía de gran calidade: cerámica, coiro, márfil, armas,
traballo da seda, ourivaría…os artesáns xuntábanse por zocos e por barrios. As tendas eran
pequenas e nelas estaban os obradoiros.
• O Al Ándalus foi un activo centro comercial. Exportaban produtos artesáns e importaban
ouro e escravos. Usaban dúas moedas: o dinar de ouro e o dírhem de prata. Nas cidades
había alhóndigas que eran edificios con almacéns para caravanas e hospedaxes para os
mercadores.
• Al Ándalus foi un mundo urbano, contou con cidades de máis de 20,000 habitantes coma
Córdoba, Sevilla, Valencia, Granada…Córdoba era a capital, foi unha cidade espléndida que
contaba con 7 portas de entrada á medina e arredor de 500 mesquitas. As cidades islámicas
tiñan unha medina ou cidade vella amurallada onde estaban os principais zocos, o alcázar e a
mesquita maior. Ademais había xardíns con canles e alxibes, rede de sumidoiros, fontes
públicas e baños públicos (hamman)
A SOCIEDADE ANDALUSÍ
• A sociedade andalusí era heteroxénea.
• O grupo máis poderoso era o dos conquistadores e os seus descendentes. Unha minoría
de orixe árabe reservaron para si as mellores terras e os cargos de goberno. Os de orixe
bérber tiñan poder pero nun nivel inferior polo que organizaron revoltas para alcanzar máis
poder.
• O resto da poboación organizábase segundo criterios relixiosos:
 Os muladís: eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes di islam.
 Os mozárabes: eran cristiáns que continuaban practicando a súa relixión. Tiñan que pagar
impostos. A partir do século IX moitos fuxiron ao norte.
 Os xudeus: eran unha minoría moi activa economicamente. Vivían en barrios separados,
xudarías.
 As mulleres estaban baixo a autoridade do pai, marido ou irmá. Os escravos era a categoría
máis baixa da pirámide social.
A ARQUITECTURA E A CULTURA ANDALUSÍ
• A arquitectura andalusí era moi variada. Construían mesquitas, baños, castelos, palacios...
• Os materiais eran pobres coma o ladrillo pero os recubrían con abundante decoración para
dar aparencia de suntuosidade. Empregan motivos vexetais e xeométricos, texto do Corán
e poemas. No Islam está prohibido representar animais ou persoas.
• Usan columnas e piares que sustentas diversos tipos de arcos: de ferradura, de ferradura
apuntados, polilobulados...
• Usan celosías e vidreiras para lograr xogos de luz e sombras .
• Manifestan moito gusto pola auga, nos seus edificios hai atopamos fontes, estanques e
piscinas.
• Cobren os edificios con teitos planos e con cúpulas ricamente decorados.
• Con Al-Hakam II crea unha biblioteca única en Córdoba con 400,000 volumes. A poseía tivo un
gran desenvolvemento
A ALHAMBRA E A MESQUITA DE CÓRDOBA
• ALHAMBRA: foi construída nos séculos XIV e XV. Eran un conxunto de edificios formado por
a fortaleza ou alcazaba e os palacios dos reis nazarís. O conxunto organizábase en dúas
partes:
 Espazo público: o rei exercía as súas funcións de goberno.
 Dependencias privadas: zona onde vivía o rei e a súa familia, e os serventes. Dispoñíanse
arredor do Patio dos Leóns.
 O Xeneralife era unha quinta de recreo
• MESQUITA DE CÓRDOBA: é a obra máis importante do mundo hispanomusulmán. Era a
mesquita da capital do Al Ándalus. Abderramán I comeza as obras no s. VIII sobre unha igrexa
cristiá. Abderramán II amplía a sala da oración cara o sur. Abderramán III estende o patio cara
o norte. Al Hakam volve a ampliar a sala de oración e constrúe o minarete. Con Almanzor
amplía as salas de oración cara o leste, quedando descentrado o minarete.
• Gran contraste entre a austeridade exterior e a exquisita decoración interior,
especialmente o bosque de dous pisos de arcos de ferraduras con doelas que arternan o
vermello e o branco.

You might also like