You are on page 1of 16

Tema 5

A formación dos reinos cristiáns


1.- O nacemento dos reinos cristiáns

Os núcleos de resistencia fronte aos árabes

Cando os exércitos musulmáns invadiron a península ibérica, no ano 711, moitos


visigodos, principalmente nobres e eclesiásticos, fuxiron e refuxiáronse nas zonas
montañosas do norte peninsular. Nestas rexións abruptas e de clima húmido xurdiron nos
séculos VIII e IX os primeiros reinos e condados cristiáns.

• Na Cordilleira Cantábrica xurdiu o reino galego ou ástur-leonés.

• Na zona dos Pireneos formáronse o reino de Navarra e os condados aragoneses


e cataláns.

Durante case oitocentos anos, estes dominios cristiáns coexistiron con Al-Ándalus e
mantiveron estreitas relacións, comerciando e intercambiando coñecementos. Noutras
ocasións enfrontaron militarmente para estender os seus reinos. Ata o século X, Al-Ándalus
foi máis forte pero, a partir de entón, os soberanos cristiáns, cada vez máis poderosos,
aumentaron os seus territorios á custa dos islámicos.
O reino astur-leonés ou reino de Galicia

No ano 718, Paio (Pelayo), un nobre godo,


converteuse en caudillo dun grupo de refuxiados
nas montañas asturianas. Enfrontouse aos
musulmáns na batalla de Covadonga (722), unha
escaramuza de resultado incerto, pero que lle deu
prestixio e lle permitiu crear un reino, coñecido
hoxe como reino de Asturias, establecendo a súa
corte en Cangas de Onís.
Naqueles tempos este reino era coñecido co nome
da provincia romana: Gallaecia, e os árabes
chamábanlle Yalliquilla.
Ermida de Covadonga
O reino iniciou un proceso de ampliación territorial cara ao sur. A máxima expansión
coincidiu co reinado de Afonso III (886-910), que chegou ata o Douro aproveitando a crise
do emirato de Córdoba. No século X, os monarcas establecéronse en León, pasando a
coñecerse como reino de León.

Da Marca Hispánica aos reinos e condados pirenaicos

A zona pirenaica formaba parte do Imperio carolinxio. Carlomagno fundara alí a Marca
Hispánica, un territorio fronteirizo organizado en condados que tiña a misión de protexer
o imperio do avance musulmán. No século IX, ao disolverse o Imperio carolinxio, esas
rexións independizáronse. Nelas xurdiron tres núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os
condados cataláns.

A principios do século IX, o conde Íñigo Arista expulsou as tropas francas de Pamplona
e proclamouse primeiro rei de Pamplona. Este reino experimentou unha notable
expansión cara ao sur e transformouse no reino de Navarra.

Unha situación parecida ocorreu nos vales centrais pirenaicos, onde a comezos do século
IX, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza se desvincularon do poder carolinxio.
Cara o ano 820, o conde Aznar Galíndez estableceu o seu dominio sobre o condado de
Aragón.

Na parte oriental dos Pireneos, o dominio franco mantívose máis tempo. A finais do século
IX, o conde de Urgell, Wifredo o Piloso, logrou expandir os seus territorios, gobernounos
con autonomía do poder franco e legóullelos aos seus descendentes.
As boas relacións dos condados cataláns cos califas de Córdoba permitiron unha época de
estabilidade en Cataluña, que consolidou a súa independencia a finais do século x.

2.- O nacemento do reino de Castela

O condado de Castela

No século X, o reino de León viviu un período de crise. Afectado polas loitas internas e
polas frecuentes incursións musulmás, isto freou a súa expansión territorial. Nesta
época consolidouse o poder de Castela, que era un territorio situado na parte oriental do
reino. Tratábase dunha zona escasamente poboada.

Pola súa condición de terra fronteiriza, Castela sufría continuamente os ataques e


incursións dos musulmáns procedentes do val do Ebro. Por iso, levantáronse numerosos
castelos para fortificar o territorio.

O conde de Castela, Fernán González (930-


970), obtivo unha grande autonomía do poder
leonés e acabou convertendo as súas
posesións en hereditarias. Desde o ano 951
Fernán González gobernou en Castela de
forma independente, aínda que seguía
sendo vasalo dos reis de León.
Mosteiro de San Pedro de Arlanza. Onde
estaba enterrado Fernán González

A creación do reino de Castela

A progresiva decadencia leonesa desde finais do século X aumentou o poder e a influencia


dos condes de Castela e dos reis de Navarra. Finalmente, en 1035, Castela converteuse
nun reino propio con Fernando I, que foi tamén rei de León.

Os séculos XI, XII e XIII viron consolidarse o reino castelán-leonés como o máis extenso e
poderoso da Península, a pesar de que sufriu unha importante mingua territorial cando
Portugal alcanzou a independencia, en 1142.

A formación da Coroa de Castela

Castela e León separáronse varias veces. Tras a morte do rei castelán-leonés Fernando I, o
reino dividiuse entre os seus fillos, pero un destes, Afonso VI (1072-1109), logrou unificar de
novo todos os territorios. Aínda así, o reino castelán-leonés volveuse separar en 1157, cando
Afonso VIII herdou o trono castelán e Fernando II accedeu ao trono leonés.
A unión definitiva de casteláns e leoneses produciuse en 1230, durante o reinado de
Fernando III o Santo, cando o monarca reuniu ambos os dous reinos baixo a súa
autoridade, formando a Coroa de Castela.

3.- A evolución dos reinos e condados pirenaicos

O reino de Navarra

A partir do século X gobernou en Navarra a dinastía Ximena, que estendeu a súa


influencia por terras das actuais Áraba e A Rioxa.

O momento de maior esplendor do reino coincidiu co reinado de Sancho III o Maior


(1000-1035). A través de alianzas
matrimoniais, relacións de vasalaxe e
o uso da forza cando atopaba
resistencia, este monarca incorporou
ao seu reino os condados aragoneses,
Castela, que herdou da súa muller, e
unha boa parte de León.
Dominios de Sancho III
Sancho III o Maior converteu o reino de Navarra na potencia cristiá peninsular máis
importante do século XI.

Tras a morte do monarca, en 1035, o reino fragmentouse entre os seus fillos:

• Seu primoxénito, García Sánchez (1035-1054), herdou Navarra.

• Fernando I (1035-1065) recibiu Castela como reino, e ocupou tamén León.

• Ramiro I (1035-1063) converteuse en rei de Aragón.

• Os condados de Sobrarbe e Ribagorza recaeron no seu fillo Gonzalo (1035-1045).


O último monarca navarro da dinastía Ximena foi Sancho VII o Forte.

Do reino de Aragón á formación da Coroa de Aragón

No ano 922, o condado de Aragón quedou baixo o dominio dos reis de Navarra. Pero, á
morte do rei Sancho o Maior de Navarra, en 1035, o seu fillo Ramiro recibiu Aragón co
título de reino. Ramiro I (1035-1063) converteuse desa maneira no primeiro rei da
dinastía aragonesa.
En 1076, seu fillo, Sancho Ramírez, volveu unir os reinos de Aragón e Navarra, que
permaneceron así ata 1134. Durante o século XII, o reino de Aragón ampliou moito os seus
territorios.

Navarra separouse en 1135, á morte de Afonso I o Batallador.

En 1137, estableceuse o contrato de matrimonio entre Petronila, a herdeira de Aragón,


dun ano de idade, e Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona. Este compromiso
supoñía a unidade entre o reino de Aragón e os condados cataláns. Nacía así a Coroa
de Aragón.

4.- Reconquista e repoboación

A reconquista

Desde o século IX, os reinos cristiáns lanzáronse a un proceso de avance cara ao sur. Esta
expansión coñécese como reconquista, pois defendían que as terras da Península eran
súas por considerarse herdeiros do reino visigodo.
Este proceso foi lento e atravesou diferentes etapas:

• O avance ata o río Douro: Durante os séculos IX e X, os reinos cristiáns


avanzaron cara ao sur ata o val do río Douro. Esta zona non interesou aos
musulmáns e por iso quedara practicamente deserta.
Esta primeira expansión non tivo un carácter militar, senón que grupos de
campesiños foron colonizando terras e creando pequenas aldeas nelas.

• A conquista dos vales do Texo e do Ebro. Tras a disolución do califato de


Córdoba en 1031, os reinos cristiáns aproveitaron a debilidade das taifas para
asentar o seu dominio nos territorios ata o río Douro e proseguir a súa expansión
cara ao sur.
Para evitar os ataques, os reinos musulmáns pagaban parias (cantidades de ouro)
aos reis cristiáns, os cales puideron así armar mellor os seus exércitos.
Ao longo dos séculos XI e XII, Portugal e Castela avanzaron máis abaixo do río Texo
e fixaron en Serra Morena a fronteira con Al-Ándalus. No leste, Aragón conquistou
Zaragoza e Teruel, e Cataluña expandiuse ata Tortosa.

• A conquista do val do Guadalquivir, Levante e Baleares. Fronte ao pulo


almohade, todos os reis cristiáns uniron as súas forzas en 1212 na batalla das Navas
de Tolosa, na cal venceron aos musulmáns.
Esta derrota abriu as portas de Al-Ándalus aos exércitos cristiáns: Portugal
conquistou o Algarve, Castela fíxose con Andalucía e Murcia, e a Coroa de Aragón
estendeu os seus dominios por Valencia e Baleares.
A repoboación

Para fortalecer o control sobre os territorios conquistados, era necesario poboalos.

• Ata o século XI, os reis organizaban as terras conquistadas en circunscricións


formadas por unha vila ou cidade, que exercía como capital, e numerosas aldeas
que dependían dela. Para atraer poboadores, outorgaban cartas de
poboamento ou foros, que eran documentos que ofrecían unha serie de
privilexios aos que residían nese territorio.
Nas aldeas vivían campesiños libres, que recibían terras a cambio de cultivadas e
defendelas en caso de ataque. Con este sistema repoboáronse as terras entre o
Douro e o Texo, e parte do val do Ebro.

• A partir do século XI, conquistáronse extensos territorios que estaban


escasamente poboados. Ante a dificultade de repoboalas, os reis dividiron estas
terras en grandes latifundios e entregáronos a familias nobres, á Igrexa ou ás
ordes militares. Os campesiños que traballaban nelas eran servos dos señores.
Repoboáronse así A Mancha, Estremadura, Baleares, Valencia, Murcia e
Andalucía.

A organización dos territorios cristiáns

O rei era a máxima autoridade nos territorios cristiáns:

• O rei tomaba as decisións. A corte era itinerante, polo que os conselleiros se


trasladaban co monarca.

• Tamén dirixía o exército. Este non era permanente, pero os guerreiros estaban
unidos ao monarca a través da vasalaxe. A guerra era unha práctica habitual neste
tempo.

A agricultura dos territorios conquistados estaba moi atrasada e tan só era capaz de
producir o que necesitaban as familias para subsistir. A actividade comercial
practicamente non existía.
As ordes militares

As ordes militares de Alcántara, Calatrava e Santiago foron as máis poderosas en Castela. En


Aragón destacou a orde de Montesa.
5.- A Coroa de Castela

O goberno do reino

Todos os territorios que formaban a Coroa de Castela tiñan unhas institucións comúns
e as mesmas leis.

A figura fundamental do goberno era o rei. O monarca castelán tiña máis poderes ca os
demais reis peninsulares. Ademais de gobernar, tiña tamén potestade para declarar a
guerra, para elaborar leis e para xulgar os delitos. O rei rodeábase dun grupo de persoas
que formaban a corte.

O monarca exercía o goberno coa axuda dos grandes nobres e as Cortes. As Cortes
castelás reunían á nobreza, ao clero e aos representantes das cidades. Non dispoñían de
capacidade para elaborar leis, e o seu principal cometido era discutir e votar os impostos
solicitados polo monarca. Ademais, no século XIV, creáronse a Audiencia ou tribunal de
xustiza e o Consello Real, órgano asesor do monarca.

A economía

A agricultura e a gandaría eran as actividades económicas máis importantes na Coroa


de Castela e as que ocupaban a maior parte da poboación. A agricultura estaba baseada
fundamentalmente no cultivo da vide, a oliveira e os cereais.

O clima estremo e a escasa poboación de Castela favoreceron o desenvolvemento da


gandaría, que dependía principalmente da cría da ovella meiriña (merina). A súa la era
de alta calidade e empregábase na industria téxtil ou exportábase a outros países. Moita
embarcábase nos portos do Cantábrico (Bilbao ou Santander) con destino a Flandres.

Os rabaños eran transhumantes, é dicir,


trasladábanse dun lugar a outro.
Percorrían a Península a través duns
camiños chamados cañadas: no verán
dirixíanse cara ao norte, aos prados da
Cordilleira Cantábrica, e no inverno
trasladábanse ao sur.

Os nobres e os cabaleiros das ordes


militares eran propietarios de enormes
rabaños. Os gandeiros reuníanse nunhas
asembleas chamadas mestas para tratar
cuestións relacionadas co seu oficio.

No ano 1273, o rei Afonso X recoñeceu o Honrado Concejo de la Mesta e outorgoulle


numerosos privilexios, como liberdade para que o gando pacese en terras dedicadas á
agricultura ou a conservación das cañadas. A Mesta converteuse co tempo nunha
asociación moi poderosa.

O comercio da la e dos panos elaborados con ela trouxo consigo o desenvolvemento da


artesanía e do comercio. As feiras comerciais, como a que se celebraba en Medina del
Campo, colleron grande auxe.

Toledo

Os territorios reconquistados non tiñan unha poboación uniforme, senón que neles
coexistían tres culturas: a islámica, a cristiá e a xudía. Xeralmente, estas culturas non se
mesturaban entre elas: cada grupo mantiña os seus costumes, non casaban entre eles e
residían en barrios separados.

Os cristiáns eran o grupo dominante. Os musulmáns que permaneceron en territorio


cristián eran os chamados mudéxares.

As relacións entre os xudeus e o resto da poboación eran tensas. En ocasións, foron


perseguidos.

A diversidade relixiosa fomentou o enriquecemento cultural, que tivo unha especial pegada
en Toledo, coñecida como a cidade das tres culturas.

No século XII, o arcebispo de Toledo don Raimundo animou a os estudosos das distintas
culturas a instalarse nesa cidade. Denominamos co nome de Escola de Tradutores de
Toledo ao proceso de intercambio de coñecementos e de tradución ao latín, e
posteriormente ao castelán, de obras clásicas, árabes e xudías, como o Corán ou os Salmos
do Antigo Testamento.
6.- A Coroa de Aragón

As institucións

A Coroa de Aragón estaba formada polos condados cataláns e os reinos de Aragón,


Valencia e Mallorca. Era meramente unha unión dinástica, pois cada territorio mantivo
as súas propias leis, institucións e costumes, que os reis se comprometeron a respectar.

Á fronte das institucións encontrábase o rei, pero o seu poder era menor que o do rei
castelán. Os monarcas aragoneses non podían establecer impostos nin leis sen a
aprobación das Cortes, e na Coroa de Aragón cada territorio tiña as súas propias Cortes.
Reconquista e expansión polo Mediterráneo

A Coroa de Aragón tivo unha expansión pola península ibérica menor que a que
protagonizou a Coroa de Castela.

No século XII, Afonso I o Batallador conquistou as terras do val do Ebro. Máis tarde, no
século XIII, Xaime I o Conquistador tomou Valencia, Alacante, Murcia e Baleares.

Posteriormente emprendeu unha importante expansión polo Mediterráneo. Desde


finais do século XIII, Pedro o Grande e os seus sucesores conquistaron Sicilia, Sardeña e
Nápoles.
A economía

A maior parte da poboación vivía da agricultura. As hortas ocupaban grandes extensións


en Valencia, mentres que en Aragón a gandaría ovina alcanzou un gran desenvolvemento.

A Coroa de Aragón mantiña fluídas relacións comerciais con moitos países. Os mercadores
cataláns, valencianos e mallorquinos contaban con consulados do mar, que eran
delegacións situadas en diversas cidades europeas, asiáticas e africanas para arbitrar nos
conflitos entre mercadores.
Como consecuencia do auxe comercial, desenvolvéronse tamén as actividades
manufactureiras, especialmente o traballo do ferro, a construción naval e a industria
téxtil, especialmente en Cataluña esta última.

Lonxa de Palma de Mallorca

7.- A crise do século XIV nos reinos cristiáns

A crise do século XIV na Coroa de Castela

As malas colleitas, as fames e as pestes sucedéronse en Castela desde finais do século


XIII. A poboación diminuíu e moitas terras de cultivo foron abandonadas. O malestar
popular trouxo consigo o estalido de revoltas e inxustas persecucións contra os xudeus.
O descenso demográfico fixo que os ingresos dos nobres diminuísen. Para compensar
esta perda elevaron os alugueiros das súas terras, pero esta medida provocou revoltas
campesiñas, como o levantamento dos irmandiños en Galicia.

Algúns nobres enfrontáronse entre eles para acaparar as terras dos seus rivais. Ademais,
coaccionaron os reis e subleváronse para que estes lles cedesen novas terras. Unha
destas rebelións encabezouna Henrique de Trastámara contra o seu medio irmán, o rei
Pedro I. A guerra finalizou coa morte do rei e a entronización, en 1369, de Henrique II.
Desta maneira chegou ao trono de Castela a
dinastía Trastámara.

Os partidarios de Henrique recibiron terras e títulos


nobiliarios, pero os enfrontamentos entre a nobreza
e a monarquía proseguiron. Non obstante, a
situación da Coroa de Castela mellorou a finais do
século XlV e os reis conquistaron Xibraltar e as illas
Canarias.
Batalla de Nájera entre Pedro I e Henrique II

A rebelión dos irmandiños

Entre 1467 e 1469, os campesiños galegos rebeláronse contra os abusos dos nobres.
Henrique IV autorizou a formación dunha Irmandade para restablecer a orde. Esta agrupaba
campesiños, xentes urbanas, membros do clero e baixa nobreza.

A Irmandade converteuse nun movemento revolucionario contra os nobres. Os irmandiños


abateron fortalezas e suprimiron algúns impostos e privilexios, pero foron finalmente
vencidos.

A
Crise do século XIV na Coroa de Aragón

A crise demográfica e o declive económico provocaron graves problemas en Cataluña


desde mediados do século XIV. A persistencia das epidemias, o estalido de diversas
revoltas sociais e a guerra civil que se desatou durante o reinado de Xoán II agravaron a
situación ao longo do século XV.

A dinastía Trastámara accedeu ao trono


aragonés en 1412, tras a morte de Martiño
I o Humano sen herdeiros. No
Compromiso de Caspe, os representantes
dos distintos reinos elixiron rei a Fernando
I de Antequera, fillo de Xoán I de Castela.
Compromiso de Caspe

A chegada desta nova dinastía ao trono coincidiu na Coroa de Aragón co estalido de


diversos conflitos sociais:

• A mediados do século XV, os campesiños cataláns ou remensas subleváronse contra


os nobres, porque estes lles reclamaban dereitos señoriais esquecidos había
moito tempo.
Este feito desencadeou unha longa loita que concluíu en 1486 coa Sentenza
Arbitral de Guadalupe, que terminou dando a razón aos remensas.

• En Barcelona estalou unha guerra civil entre os nobres e os burgueses ricos, que
desexaban manter os seus privilexios, e o rei Xoán II, que contaba co apoio dos
artesáns, os pequenos comerciantes e os remensas. En 1472, o rei tomou a
cidade de Barcelona.

As diferentes disputas crearon unha situación de caos en Cataluña e esta perdeu gran
parte da súa influencia. Valencia converteuse entón no primeiro porto da Coroa de
Aragón.

8.- A Galicia medieval

O reino de Galicia

Durante os séculos XI e XII Galicia tivo períodos con reis propios pero, ao unirse
definitivamente León e Castela, no século XIII, quedou integrada na monarquía castelá.
Galicia seguiu conservando a condición de reino dentro da monarquía, pero sen
institucións propias de goberno.

A sociedade feudal galega

Nos primeiros séculos da Idade Media a poboación asentouse nas aldeas e nas vilas e pediu
protección aos señores polo que comezou a formarse unha sociedade feudal, que se
dividía en:
• Unha minoría de nobres, abades e bispos que concentrou a propiedade da terra
e tiña o poder político en nome do rei.
• A maioría da poboación eran campesiños que estaban nunha situación de
servidume. O resto dos traballadores adoitaba agruparse en gremios (artesáns,
marineiros, etc).

0s mosteiros organizaban a produción agraria e controlaban moitas terras. Desde o


século XI houbo unha expansión da agricultura, sobre todo do cultivo do viño.
Por outra parte, aumentou o aproveitamento dos recursos to mar. Galicia contaba
ademais con varias rutas de comercio co Mediterráneo e coa Europa do Norte.

A era compostelá e as crises baixomedievais

O cambio económico a partir do século XI supuxo un aumento da poboación e o auxe das


cidades, como foi o caso, no século XII, de Santiago de Compostela e o poder do seu
arcebispo Xelmírez. Por esta razón, esta época coñécese como a era compostelá.
A fins do século XIII diminuíu a poboación polas frecuentes fames, pestes e guerras.
Abandonáronse moitos campos pola falta de man de obra e reduciuse a produción
agrícola. Ademais,a vella hexemonía dos señores eclesiásticos viuse cuestionada pola
irrupción dunha nova nobreza de cabaleiros.
No século XV houbo varias rebelións de campesiños e burgueses contra o poder dos
señores feudais: son os chamados levantamentos irmandiños.

Diego Xelmírez

You might also like