You are on page 1of 15

BLOQUE 1: HISTORIA MODERNA (SS.

XVI Y XVII)

Tema 1.- A nova monarquía dos Reis Católicos (unión dinástica,


reorganización político administrativa).

1.Unión dinástica

O matrimonio en 1469 e a posterior subida ao trono de Isabel de Castela (1474) e Fernando


de Aragón (1479) supuxo a creación dun novo Estado que será denominado Monarquía
Hispánica1. Esta entidade englobou á Coroa de Castela e a de Aragón. Trátase dunha unión
dinástica, non dunha unificación política dos seus reinos. Estes tiñan en común as persoas
dos reis que os gobernaban conxuntamente, pero cada reino mantiña súa lexislación e as
institucións propias2.
Para gobernar os seus reinos, os reis acordaron repartirse competencias e administrar
conxuntamente os territorios3.

2. Pacificación do territorio e reorganización


político-administrativa

Os RRCC completaron a conquista de Península e sumaron novos territorios as súas coroas:

● A Coroa de Castela conquista o Reino de Granada en 1492, anexión de Navarra4 en


1512, a conquista de Canarias e o descubremento de América5.
● A Coroa de Aragón reintegrou o Rosellón e a Cerdaña, incorporou o Reino de Nápoles
e as prazas de Melilla e Orán6.

Os RRCC son considerados como os monarcas que inician a transición do medievo ao


Antigo Réxime7. Acometeron unha serie de reformas administrativas e políticas orientadas
a fortalecer o poder dos monarcas fronte o da nobreza, marcando o nacemento dunha
monarquía autoritaria e forte e extinguindo a feudal. Someteron a nobreza poñendo fin
a algúns conflitos que viñan prolongándose no tempo como a Revolta Irmandiña e o
enfrontamento dos campesiños remensas, mediante a abolición dos malos usos que

1
Monarquía Hispánica refírese ao conxunto de territorios con sus propias institucións e leis, diferentes e
particulares, que estaba gobernados por el mismo soberano. Se iniciaría cos Reis Católicos en 1479 e
finalizaría co Tratado de Utrech en 1714.
2
Temos que lembrar o pactismo na Coroa de Aragón que estudáramos no tema anterior.
3
(correxentes, co lema: tanto monta o rei como a raíña).
4
Aínda que con privilexios forais e institucións de gobiernos propias.
5
Cos RRCC, se descubriron as Antillas.
6
Salvo Melilla e Orán, os demás territorios fueron duramente disputados con Francia que foi o inimigo
principal dos RRCC durante seus reinados.
7
Antigo Réxime: Época anterior aos grandes cambios da Revolución Francesa, caracterizada polos monarcas
autoritarios, a economía preindustrial e a sociedade estamental. Ocuparía máis ou menos desde 1450 até 1789,
onde se va desmantelando o sistema feudal.

1
reclamaban os campesiños, pacificándose así os territorios de Castela e Aragón. A nobreza
perdeu gran parte do seu poder feudal, pero seguiu mantendo o seu poder económico e
xurisdicional8, consolidando os seus morgados9 e títulos e en moitas ocasións, pasaron a
ser cortesáns ou funcionarios do rei, ocupando cargos no exército ou na administración.
Igualmente controlaron aos eclesiásticos intervenido no nomeamento de bispos e abades.

Para reforzar a súa autoridade e conseguir un mellor goberno dos seus reinos, os RRCC
introduciron modificacións políticas e administrativas entre as que destacan:

● Inicio do sistema de consellos para atender ás diversas áreas de goberno formados


por nobres e letrados: Reorganizouse o Consello de Castela (1480), que constituirá
o principal órgano de goberno e instancia xudicial superior. A introdución de
funcionarios reais con formación xurídica minguou o poder da nobreza.
Creáronse outros consellos que foron de dous tipos: os territoriais (Aragón,
Navarra) e os temáticos (Facenda, Indias e Inquisición). As Cortes de Castela
seguen existindo pero soamente se convocan para novos subisidios ou
confirmación do herdeiro. As de Aragón mantiñan intacto o seu poder.

● Nomeamento de vicerreis naqueles territorios que tiñan organismos e leis


especificas como na Coroa de Aragón e Navarra.

● Creación dos correxidores nas cidades de reguengo en Castela, que eran os


representantes do rei naquelas, así como os encargados da orde pública, da xustiza
e de supervisar a administración10.

Outras medidas importantes:

● Reforma da xustiza: creación das Chancelerías e Audiencias en Castela,


tribunais permanentes que exercían a súa xurisdición sobre un territorio
delimitado.

● Creación dunha facenda máis eficiente e formación dun exército permanente


ao servizo da monarquía11.

8
Funcións que na nosa sociedade actual os realiza el estado, pero que na Idade Media e no Antigo Réxime
aínda facían os nobres nos seus territorios: Administración de Xustiza, recadación de impostos, etc.
9
O morgado (mayorazgo en castelán) era un práctica pola que a maioría as propiedades da familia pasaban ao
primoxénito de xeito indivisible. O seu obxetivo era que o patrimonio familiar non se perdera en divisións para
herencias o por vendas. Isto obligaba aos demáis irmáns (chamados segundones) a buscar o seu sustento na
carrera eclesiástica ou militar.
10
Supoñian un contrapeso aos “rexidores” que eran as familias da baixa nobreza ou burguesas que
tradicionalmente controlaban ditas cidades.
11
O obxectivo era depender cada vez menos das mesnadas (exércitos) da nobreza

2
● Creación da Santa Irmandade, un corpo policial creado para manter a orde
pública e pacificar o mundo rural12

O afán de unificación levo aos reis a imponer a ortodoxia católica, creando para iso o
Tribunal da Santa Inquisición (1478) que era a única institución común a todos os reinos e
que vixiaba aos sopeitosos de xudaizar, así como aos mudéxares convertidos ao
cristianismo tras a caída do Reino Nazarí. Finalmente os RRCC decretaron en 1492 a
expulsión dos xudeus a aqueles que non se convirtiran ao cristianismo, e a dos mudéxares
en 150213.

En Galicia, someteron á nobreza co apoio das cidades, que tradicionalmente tivera gran
autonomía e actuaban frecuentemente ao marxe dos reis. Estableceron un gobernador que
facía as veces de vicerrei e crearon a Real Audiencia de Galicia, esta última era tribunal
superior de xustiza e tareas administrativas (levas, abastos, orde pública, etc…). Ambas
institucións establecéronse en A Coruña, sometendo á nobreza e confirmando os privilexios
dos lugares de reguengo e obrigando a algúns señores feudais a acudir á Guerra de
Granada.

12
Tamén servía para controlar abusos dos nobres contra o pobo llano. A loita contra o bandolerismo
era o seu principal obxectivo.
13
Eran os musulmáns que viviron en territorio cristián despois da Reconquista segregados en barrios
que adoitaban chamarse morerías, por exemplo, o barrio do Albahicín en Granada. Aqueles que
quedaron na Península Ibérica convirtíronse ao cristianismo e recibían o nome de “mouriscos”.

3
Tema 2.- A configuración do Imperio Español no século XVI (a
herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión de
Flandres, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra).

Carlos I (1500-1558) foi o primeiro rei da dinastía dos Austrias14 e grazas á política
matrimonial dos seus avós maternos, os Reis Católicos, concentrou unha importante
herdanza. A morte do seu pai e a incapacidade da súa nai deixaron nas súas mans
unha combinación de reinos e territorios que o converteron no monarca máis poderoso
do seu tempo. Da súa familia paterna herdou Austria e a opción de ser emperador do
Sacro Imperio Romano Xermánico, os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado; da
súa familia materna recibiu a Coroa de Aragón (con Cerdeña, Sicilia e Nápoles) e a de
Castela xunto cos territorios descubertos en América.

Este legado era un conxunto heteroxéneo de territorios que soamente tiñan en común ao
seu monarca, e que se achaban dispersos por Europa e fora dela, coas súas institucións,
leis e costumes distintas. A defensa do ideal da “Universitas Christiana”15 xunto coa
necesidade de manter o imperio herdados, levárono a verse involucrado en constantes e
custosas guerras contra o protestantismo, contra Francia (polos territorios italianos) e o
Imperio Otomán.
En 1555 Carlos viuse obrigado a recoñecer na Paz de Augsburgo o dereito de cada
príncipe alemán para impoñer a súa propia relixión nas súas terras; isto supoñía na
práctica o triunfo do protestantismo en case a metade de Alemaña e o fracaso definitivo
da idea de unidade relixiosa no continente.
Este fracaso, e o esgotamento tras unha vida enteira nos campos de batalla, levou á
abdicación de Carlos I (1556) cedéndolle ao seu fillo Felipe II os seus reinos de España
(xunto coas posesións en América, os Países Baixos e os territorios italianos), agás o
Sacro Imperio que foi para Fernando, irmán de Carlos.

Felipe II (1556-1598) personalizará un modelo de autoritarismo monárquico establecendo


unha capital permanente, Madrid (1561). Para gobernar valeuse dun poderoso exército
permanente e dunha complexa administración que dirixiu persoalmente. A política exterior
de Felipe II aliñouse coa de seu pai: a defensa do catolicismo e o mantemento da
hexemonía dinástica en Europa e ultramar.
Felipe II herdou do seu pai o imperio máis grande da Terra e ampliouno enormemente.
Sobre todo a partir dá unión con Portugal (como neto de Manuel I fixo facer os seus
dereitos) en 1580, que incluía as colonias portuguesas en Asia, África e América (Brasil).

O mantemento deste extenso imperio non estivo exento de conflitos:

1. A loita con Francia. Ao comezo do seu reinado Felipe II liquidou os asuntos


pendentes con Francia derrotándoa definitivamente na batalla de San Quintín
(1557), quedando neutralizada sumida en interminables guerras civís e relixiosas.

14
Foron os reis ata 1700, deixando logo paso aos Borbóns.
15
Ideal medieval que aspiraba a unha Europa cristiana unida baixo o emperador e o Papa.

4
2. O Imperio Turco. O Imperio Otomán volvía a avanzar con forza polo Mediterráneo
ameazando as posesións españolas e as do Papado e Venecia. Unha frota ao
mando de Don Juan de Austria16, derrotou aos otománs na batalla naval de Lepanto
(1571).

3. A rebelión dos Países Baixos: En 1566 comezou nos Países Baixos unha gravísima
rebelión17 contra Felipe II na que se mesturaban causas políticas (resistencia dos
poderes locais ante o autoritarismo do rei e desexos nacionalistas dos holandeses),
económicas (presión fiscal) e relixiosas (expansión do calvinismo contra o que se
pretendeu introducir a Inquisición), actuando ademais a fame e miseria das clases
populares como detonante. Felipe respondeu, nun primeiro momento, con medidas
de forza, enviando ao Duque de Alba. Este exerceu unha severa represión,
axustizando aos líderes da rebelión, o que propiciou un levantamento xeral. En 1579
o sur dos Países Baixos, o Flandres católico, aceptou a autoridade de Felipe II,
fronte o norte (Provincias Unidas de Holanda), acaudillado por Guillermo de
Orange, que continuou a rebelión ata chegar a unha independencia de facto.

4. O enfrontamento con Inglaterra. Inglaterra fora aliado tradicional de España


durante o reinado de Carlos I, e o propio Felipe II foi rei consorte inglés polo seu
matrimonio coa raíña María I Tudor. Coa chegada ao trono inglés de Isabel I (1558)
as relacións con España fixéronse cada vez máis tensas. A nova raíña, apoiou aos
rebeldes protestantes dos Países Baixos e desafiou o monopolio comercial español
sobre América. Para isto fomentou as actividades dos corsarios ingleses no
Atlántico contra os barcos españois. Como resposta, Felipe II tentou a invasión de
Inglaterra en 1588 e, para iso, reuniu unha poderosa frota na Canle da Mancha (a
Grande Armada). A mala planificación e as adversidades meteorolóxicas deron ao
traste con ela, sufrindo graves perdas. Así, fracasou a invasión, e xurdiu o mito da
mal chamada “Armada Invencible”. Finalmente a paz entre España e Inglaterra non
foi posible ata principios do século XVII, cando nin Isabel I nin Felipe II estaban xa
no trono.

Todo isto levou a un alto costo para a economía que sufriron principalmente os grupos
sociais máis desfavorecidos.

16
Irmán bastardo de Felipe II.
17
A guerra duraría 80 años

5
Tema 3.- A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica,
o deterioro da economía, os problemas da facenda real)

Fronte á expansión económica do século XVI, o século XVII foi de crise e dificultades para a
Monarquía Hispánica e especialmente para a coroa de Castela, que era o principal sostén en
homes e recursos. Este período recesión abarca desde 1580 hasta 1680 e tivo como
principais elementos:

1. A CRISE DEMOGRÁFICA

A finais do século XVI e durante case todo o século XVII tivo lugar unha acusada crise
demográfica . Varias causas explican este estancamento: As malas colleitas, as vagas
de epidemia de peste que afectaron á península en diversas ondas (1597, 1647, 1676)
e as guerras provocaron que a poboación dos territorios da Monarquía hispánica sufrise
estancamento ou regresión, con frecuentes crises de mortalidade catastrófica18.

En España, a poboación mantívose arredor nuns oito millóns ao longo da centuria, sendo a
Coroa de Castela a máis afectada. A expulsión dos mouriscos en 1609 contribuíu ao
descenso demográfico, sobre todo na Coroa de Aragón onde eran unha parte importante
da pobación.

2. O DETERIORO DA ECONOMÍA

Ademáis da crise agraria asociada ás malas colleitas, todos os sectores artesanais e


comerciais se viron afectados, caendo a produción interna e provocando a ruina dos
centros artesanais (principalmente da industria textil) de Castela. As causas foron
múltiples: a excesiva alza de prezos provocada pola chegada do ouro e prata americana, a
falta de competitividade e a diminución da demanda, a invasión do mercado interno polos
produtos estranxeiros (motivado por los prezos á alza), o incremento dos impostos e as
alteracións monetarias arruinaron aos artesáns casteláns.

O comercio exterior tamén se resentiu. Baseado na exportación de materias primas (en


especial a lá) e na importación de manufacturas, o seu déficit pagábase co ouro e a prata
procedente de América. A caída da produción interna favoreceu aos comerciantes
estranxeiros que coparon os envíos cara a América a través de intermediarios casteláns e
se fixeron coas remesas de metais preciosos (a finais do século XVII unicamente o 5% dos
produtos enviados ás colonias americanas procedían de la Península).
Durante o s. XVI, coa chegada de enormes cantidades de metais preciosos de América,
produciuse o que algúns historiadores denominaron revolución dos prezos. O aumento da
circulación monetaria, pola abundancia de prata, e o crecemento da demanda fixeron que os

18
Cando por algún acontecimiento a mortalidade aumenta por encima do habitual

6
prezos aumentasen de forma desmesurada Esta foi unha das causas da crise económica
que afecto a Europa no século XVII.

3. OS PROBLEMAS DA FACENDA REAL

Para facer fronte ao descenso de ingresos (consecuencia da crise económica xeral), aos
inxentes gastos das múltiples guerras e aos gastos suntuarios19 da corte, a Coroa
ademáis de incrementar á débeda pública (xuros) e subir os impostos (perxudicando
aínda máis os sectores produtivos) recorreu á desvalorización da moeda e a amoedar
inxentes cantidades de moedas de vellón (aliaxe de cobre e prata), situación que provocou
o aumento da inflación e agravou as dificultades económicas. Ademais, a imposibilidade
de devolver os préstamos realizados polos banqueiros provocou a declaración de
numerosas bancarrotas do Estado que lastraron a Facenda real.

A crise económica xeral e o esgotamento dos recursos fixeron que a Monarquía


hispánica perdese, a partir de 1640, o seu papel hexemónico en Europa, pero non
impediron que se desenvolvese o Século de Ouro da cultura española. A economía
fixo que se estendera a pobreza e aumentou o números de pobres, vagabundos e pícaros
que vivían da caridade das igrexas.

En Cataluña e Valencia as condicións económicas comezaron a recuperarse desde


mediados de século, e a finais a mellora da economía era evidente no crecemento da
agricultura, a industria e o comercio. Non obstante, en Castela só a partir de 1680
diminuíron as crises de subsistencia e apréciase a recuperación da poboación e da
produción agrícola.

Internacionalmente a Monarquía hispánica amósase débil, pero logra resistir, aínda que
con perdas, os ataques do rei francés Luís XIV e manter o imperio en América.

19
Luxos da corte

7
TEMA 4.- O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da
monarquía (os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e
Portugal)

Filipe IV subiu ao trono en 1621, con só dezaseis anos. Por iso desde o primeiro momento
estivo baixo a tutela do seu preceptor Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, que
asumiu o papel de valido do novo rei, tentando enérxicos proxectos de reforma para
mellorar a situación interna e externa da monarquía, dentro do contexto da crise do século
XVII.

1. AS REFORMAS DE OLIVARES

O eixe fundamental da política de Olivares era manter a hexemonía e o prestixio exterior


de España, ameazada especialmente por Holanda20 e Francia21, o que levou a implicarse en
custosas guerras.
Esta política esixía a achega de importantes sumas de diñeiro a unha facenda en crise
crónica. Polo tanto debeu poñer en marcha un amplo programa de reformas internas de
tipo económico, administrativo e militar.

1. Reformas económicas: Para afrontar a desmesurada crise propuxo unha redución


de gastos suntuarios, evitar a emisión de moeda de vellón22 e protexer a produción
artesanal.23

2. Reformas administrativas e militares: Centráronse no proxecto da “Unión de


Armas” (1625): a creación dun exército permanente de 140.000 homes sostido por
todos os reinos en función da súa poboación e riqueza e non só por Castela, que se
atopaba exhausta e empobrecida. Detrás deste proxecto estaba a idea dunha maior
integración e uniformización de todos os territorios da monarquía, eliminar os
privilexios forais, crear unha estrutura centralizada do Estado e un reforzamento do
poder absoluto do rei. Pero a súa aplicación foi imposible, tanto polas dificultades
económicas como pola oposición das cortes de distintos reinos (sobre todo o caso
aragonés), celosos das súas prerrogativas forais. Esta política impositiva e
uniformizadora xerou protestas e alteracións nos diferentes reinos da Monarquía,
destacando os de Cataluña e Portugal.

20
Finalización en 1609 da Tregua dos Doce anos
21
Superadas as guerra civís do século XVI, e aproveitando a crise española, Francia volve a guerrear
por territorios europeos dos Austrias.
22
Para evitar a inflacción
23
Para non ter que importar produtos, nin para que os españois fosen tan caros

8
2. A CRISE DE 1640

A década de 1640 foi un período de crise xeral para a Monarquía e fin da hexemonía dos
Austrias en Europa.

Nos anos previos en Cataluña viña xestándose un clima de enfrontamento coa coroa ao
negarse a colaborar na “Unión de Armas” xa que o consideraban unha vulneración dos seus
foros. Isto foi transformándose nunha cuestión política que se agravou pola guerra con
Francia, que invadira o Rosellón, xa que Cataluña se converteu en fronte de batalla. Olivares
esixiu que o reino pagara a manutención das tropas que loitaban na guerra. A tensión
desembocou en motíns, o máis grave deles o chamado “Corpus de Sangue” en Barcelona,
protagonizado por miles de segadores, que terminou co asasinato do vicerrei. Os rebeldes
buscaron o apoio de Francia, que enviou tropas para ocupar o territorio catalán. A
prolongación do conflito e que os cataláns atoparon que era moito máis contraria aos seus
intereses a monarquía absoluta francesa de Luís XIV, ríxida e centralista, que a monarquía
hispánica de Filipe IV, que prometía respectar os seus foros, fixo que finalizara o conflito.

Simultaneamente, en 1640, estalou un levantamento en Portugal24 motivado tamén polo


rexeitamento ao proxecto da “Unión de Armas” e por un certo rexurdimento do sentimento
nacionalista luso ante a política de castelanización de Olivares, a obrigada participación de
soldados portugueses no conflito de Cataluña e a perda de parte do seu imperio colonial
ante os ataques dos holandeses. Aproveitando a escaseza de tropas pola multiplicidade
de frontes nas que combatía Filipe IV, unha conspiración nobiliaria conseguiu facerse co
poder e proclamar ao duque de Braganza rei de Portugal en 1640. Os varios intentos de
reconquistar Portugal fracasaron e España recoñeceu definitivamente a independencia en
1668.

Outras rebelións e conspiracións producíronse tamén en distintos territorios: Andalucía


(conspiración de Medina Sidonia en 1641), Nápoles e Sicilia en 1647, etc.

As rebelións fixeron fracasar a política de Olivares, que se retirou do goberno en 1643. A


monarquía quedou sumida nunha grave crise que, xunto coas derrotas exteriores e tras a
paz de Westfalia (1648)25 e a dos Pirineos (1659)26, supuxo a perda dunha gran parte dos
territorios dos Austrias hispánicos: en Europa en favor de Francia.

24
Unido a Monarquía Hispánica desde 1580 con Filipe II como xa virams no tema 10.
25
Fin da Guerra hispano-holandesa e dos Trinta anos
26
Fin da Guerra con Francia

9
Tema 5.- Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e
as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a
estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía)

Ao longo dos ss. XVI e XVII, a sociedade e a economía galega foi fundamentalmente agraria
(o 80% da poboación vivía no rural e do campo) e estivo fortemente ligada ás posibilidades
produtivas da terra. Ata a década dos anos 80 do s. XVI mantívoso o sistema tradicional de
produción feudal baseado no cultivo de cereais (trigo, centeo) e no barbeito, que permitiu o
crecemento demográfico.

A partir destas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición de


crises de subsistencia, con malas colleitas, fames e pestes, que provocaron, ao igual que no
resto da Península e Europa, a diminución da poboación durante o primeiro terzo do s. XVII.
Pero isto estimulou a transformación do sistema de cultivo; dende a costa cara o interior,
foise estendendo o cultivo do millo, procedente de América que permitiu diminuír o barbeito
e intensificar os cultivos. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da
poboación, que fixo de Galicia unha das rexións máis poboadas de España, con máis dun
millón de habitantes, e que contrastaba co panorama negativo do século XVII no resto de
Europa.

Moi salientable foi o sector pesqueiro, que se mantivo en crecemento no s. XVI para decaer
no XVII. Baseábase, sobre todo, na exportación de sardiña cara Portugal, Andalucía e o
Mediterráneo. No s. XVII hai unha decadencia xeral dos gremios mariñeiros e das artes de
pesca tradicionais, coa introdución de novas artes de pesca ao marxe dos gremios. O
episodio da Amada Invencible, e a guerra contra Portugal foron unha influenza negativa:
máis cargas fiscais e necesidade de ir acompañados de navíos armados contra os
constantes ataques, ao que hai que engadir os frecuentes desabastecementos de sal e o
incremento do seu prezo, supuxeron unhas condicións negativas para a pesca que non se
superaron ata o s. XVIII.

A sociedade destes séculos era estamental, dividida entre privilexiados (nobreza e


clero) e non privilexiados: campesiños, comerciantes e artesáns. A maioría da poboación
era campesiña, as cidades eran moi pequenas e por conseguinte tamén o número de
comerciantes e artesáns. A maioría dos campesiños eran usufrutuarios de terras das que
eran donos a nobreza e a Igrexa. Cultivaban a través dun contrato de foro, contrato de longa
duración e de renda fixa, ao marxe de si a colleita era boa ou mala. Menos do 10% dos
campesiños eran donos de propiedades, e aínda así estas eran de medianas dimensións. A
maioría eran foreiros pobres que protagonizaron unha soterrada resistencia contra as
rendas e impostos que, a veces, estoupaba en montíns; acostumaban a traballar como
xornaleiros para completar a súa supervivencia ou a emigrar.

A gran nobreza nesta época era absentista27 (Andrade, Lemos, Monterrei), desempeñaron
elevados cargos na Administración dos Austrias (vicerreis, embaixadores…).

27
Aoitaban vivir na Corte, non nos seus feudos, deixando administradores neles.

10
Pola súa parte o clero acaparaba máis da metade da riqueza agraria. Os mosteiros (clero
regular), posuían enormes extensións de terra que se cultivaban mediante os mencionados
foros (Oseira, Samos, S. Martiño Pinario, Celanova).

O clero secular ademais das rendas forais, recibían tamén os décimos, as misas, etc.

Ao longo destes séculos aparece e se consolida un novo grupo social, intermedio entre a
nobreza e o campesiñado, son os fidalgos (as principais casas fidalgas constitúense no s.
XVI e están xa plenamente asentadas a mediados do XVII). Eran principalmente pequena
nobreza, grupos de burgueses (escribáns, escudeiros, comerciantes) e campesiños
enriquecidos que foise configurando como un grupo cada vez máis poderoso que
centraba a súa actividade no cobro de rendas (foros, subforos, etc). Controlaban os cargos
dos concellos urbanos, e cargos na Xunta do Reino de Galicia28 (notarías, rexistros, etc…),
polo que o vai facer un grupo central da sociedade e da economía galega. A construción de
grandes pazos converteuse no mellor exponente do seu poderío.

28
Era un organismo ocupado polos representantes das cidades que se ocupaba de recadar impostos
e organizar levas militares, e otorgar subsisidos ao rei se llo pedían. As Xuntas non tiñan poder
político. De feito, Galicia non tiña nin voto nas Cortes.

11
Tema 6.- Conquista e colonización de América: leis de Indias,
revolución dos prezos.

1. A conquista

Tras o descubrimento de América, iniciouse unha intensa etapa de exploración e conquista.


Para gobernar as novas posesións creáronse novos organismos de poder e de control, tanto
en América como en España.

As expedicións de conquista dos territorios americanos foron organizados por particulares


que lograban un permiso do monarca a cambio de que, unha vez dominados, puxesen eses
territorios baixo autoridade real. Os monarcas recompensaban cos conquistadores con
cargos e riquezas que se estipulaban nun documento (capitulación) e reservaban para si o
quinto das riquezas atopadas (quinto real). Na conquista pódense establecer varias fases,
sendo a máis significativa a de 1519-1540. Os hitos máis importantes foron:

● Conquista de México (imperio azteca): Hernán Cortés, 1519-21


● Conquista de Perú (imperio inca): Francisco Pizarro, 1527-32
● Conquista de Chile: Pedro Valdivia, 1539-41
● Conquista de Filipinas: Miguel López de Legazpi, 1571

A conquista incidiu negativamente na poboación nativa e o número de habitantes


descendeu brutalmente, sobre todo polas enfermidades que, descoñecidas en América,
levaron os españois.

2. O goberno das Indias

Os novos territorios americanos, englobados baixo o nome das Indias29 pasaron a depender
directamente do rei e quedaron incorporados á Coroa de Castela. Para o seu goberno
establecéronse diferentes institucións: a administración central, con sede en España –
Consello de Indias e Casa de Contratación de Sevilla–, e a administración territorial en
América –Gobernacións, Audiencias e Vicerreinados–.
Ademais, para o goberno e administración das cidades funcionaban os cabildos,
institucións similares aos concellos de Castela. As Leis de Indias

3. As Leis das Indias

Desde os inicios, os españois buscaron obter man de obra barata para levar a cabo as súas
empresas económicas: cultivo das terras, coidado do gando, explotación das minas... Esta
man de obra obtivérona mediante o emprego do sistema da encomenda e da mita. A
encomenda consistía na entrega, por parte da Coroa, dunha cantidade de indios aos
colonos españois quen, a cambio da súa protección e instrución relixiosa, tiñan dereito a
esixirlles a prestación de traballos gratuítos ou o pago de determinados tributos.

29
Pola confusión sufrida por Colón.

12
A mita30 era un sistema semellante que se aplicaba ao traballo nas minas; consistía na
obrigación dos nativos de traballar unha serie de meses ao ano nas explotacións mineiras
da súa zona, recibindo a cambio un pequeno salario. O certo é que a dureza do traballo fixo
á que os indíxenas non estaban acostumados, fixo que houbera fortes protestas de algúns
relixiosos, entre os que destacou frei Bertomeu de las Casas, que obrigaron á Coroa a
lexislar sobre o traballo e a liberdade dos indíxenas nas chamadas Leis de Indias (Leis de
Burgos de 1512 e Leis Novas de 1542). Estas, regulaban a vida social, económica e política
das colonias, sendo a base das mesmas a defensa dos indios, resultando pioneras na
lexislación colonial e nos dereitos humanos.

4. A revolución dos prezos

Os metais proveñentes de América, fundamentalmente prata das minas de Zacatecas31 e


Potosí32, que chegaban na península traídos anualmente pola Frota de Indias, foron
responsables dun forte proceso inflacionario33. Dado que con estes metais acuñouse máis
cantidade de moeda que foi posta en circulación, fixo que os precios, segundo Hamilton, se
multiplicaran por catro nos reinos de España. Isto perxudicou fundamentalmente as capas
máis humildes da sociedad, que sufriron o aumento dos prezos sen ter acceso a eses
metais. Tamén, ao ter que subir o salarios dos traballadores nas actividades económicos, os
prezos dos produtos españois eran menos atractivos que os seus competidores españois, o
exemplo máis evidente foi a industria lanera.

30
A mita era un sistema de trabajo obrigatorio que os españois colleron das costumbres incaícas.
31
México
32
Perú
33
É o aumento de prezo cando hai moitos cartos en circulación, pero o número dos bens no
aumenta.

13
CONCEPTOS DO BLOQUE 1

Converso: Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na
España dos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se
convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións. O aumento do
número de conversos agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados de manter en
segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron vítimas do tribunal da Inquisición.

Mourisco: Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes
momentos: 1502 en Castela, 1518 en Aragón e 1526 en Valencia. A conversión forzosa significou
a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa
lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían no territorio do reconquistado reino
de Granada; esta situación levou a que fosen expulsados de Granada en 1570 e de Aragón e
Valencia en 1609.

Xuntas do Reino de Galicia: Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das
sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban
formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaban como un
organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España. Non tiñan funcións de
goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas
fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. As Xuntas eran convocadas polo monarca,
normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban
presididas polo Capitán Xeral de Galicia.

Terzos: Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais,
voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculos
XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces,
mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica,
destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres.

Grande armada: Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e
destronar á raíña protestante Sabela I. A Grande Armada partiu do porto de Lisboa, e tras recalar
na Coruña, arribou ao Canal da Mancha onde debía encontrarse e embarcar aos Terzos de
Flandres para despois invadir Inglaterra. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a
dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130
navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse.
Tras a derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible.

Valido: Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do
reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no século XVII, cando
os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. Entre os validos destacaron os duques
de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe III, o conde- duque de Olivares e Luis de Haro no de
Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de Oropesa no de Carlos II.

14
Unión de armas: Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde- duque de
Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía
Hispánica que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O novo exército permanente estaría
formado por 140.000 soldados achegados por cada un dos reinos en función da súa poboación e
riqueza. O proxecto suscitou unha forte oposición e fracasou pola rebelión de Cataluña e Portugal.

15

You might also like