You are on page 1of 2

OS DECRETOS DE NOVA PLANTA E OS SEUS EFECTOS

O reinado de Felipe V supuxo a introdución do modelo absolutista nos territorios da Monarquía


Hispánica. Desde a súa chegada, Felipe V introduciu unha serie de reformas inspiradas no modelo
francés que buscaban un maior grao de centralización do poder, polo que era necesaria a
unificación lexislativa e institucional. Este modelo rachou coa realidade política da Monarquía
Hispánica que se seguía rexendo por institucións propias en cada un dos reinos; o poder real era
máis forte na Coroa de Castela, polo que as reformas aplícanse con máis facilidade que en de
Aragón, debido á tradición de goberno pactista.

Estas medidas foron recollidas nos Decretos de Nova Planta, que sancionaban a supresión das
aduanas interiores dos distintos reinos e a substitución do catalán polo castelán como lingua oficial.
A aplicación destes decretos non foi simultánea en todos os territorios da Coroa de Aragón senón
que Felipe V foi impoñéndoos, polo dereito de conquista, segundo ía recuperando territorios
durante a Guerra de Sucesión: os privilexios de Aragón e Valencia foron suprimidos no 1707, os de
Mallorca no 1715 e os de Cataluña no 1716. Estes decretos foron considerados polos aragoneses
como vinganza pola súa participación na Guerra de Sucesión a favor de Carlos de Austria, e
consolidaron o centralismo borbónico baseado no modelo castelán. Con estes decretos tamén se
aboliron as Cortes da Coroa de Aragón, quedando integradas nas de Castela, Coroa de España. Esta
era a única lexislación en todo o reino polo que xa se pode falar de España. Non obstante, Navarra e
as provincias vascas, que apoiaran a Felipe V, mantiveron as súas institucións e privilexios forais
“provincias exentas”. As reformas eran:

As leis tradicionais dos reinos hispánicos admitían que as mulleres reinaran; isto non existía en
Francia, polo que Felipe V introduciu a Lei Sálica que daba preferencia aos herdeiros varóns ao
acceso ao trono.

Deuse tamén a substitución do sistema de consellos por un de Secretarías de Despacho, encargado


dos diversos asuntos de estado, xustiza, facenda, guerra, mariña e Indias. A figura máis relevante
era o Secretario de Estado, coordinador destes organismos.

Suprimiu tamén a figura do vicerrei, substituída polos capitáns xenerais; representantes territoriais
do poder real, e as Coroas, que xa non eran necesarias.
Abolíronse os privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón, considerados rebeldes por apoiar a
Carlos de Habsburgo; perderon a súa autonomía política e institucional e impuxéronse as leis de
Castela. As súas institucións políticas particulares (Cortes, deputacións, consellos) foron subsituídas
por outras inspiradas nas de Castela. Os reinos transformáronse en provincias, gobernadas por un
capitán xeneral, e creáronse tamén Audiencias para impartir xustiza.

En América, Felipe V realizou cambios respecto ao monopolio comercial: trasladou a Casa de


Contratación a Cádiz (1717) e creou compañías comerciais privadas (Real Compañía de Galicia
(1734)).

Os tratados de Utrecht estableceron nova correlación de forzas no continente europeo, España


perdía o papel hexemónico e pasaba a ser unha potencia de segunda orde. Cos recursos
americanos e as melloras militares, intentou recuperar os territorios italialianos.

Entre 1717 e 1732, Felipe V desenvolveu intentos militares e diplomáticos para recuperar estes
territorios. Algunhas oposicións fixeron que fracasara pero conseguiu que Carlos fose aceptado
como herdeiro de Parma e Toscana. Posteriormente buscou alianza con Francia para contrarrestar
o poder de Austria e Inglaterra. Os Borbóns de ambos reinos asinaron tratados de colaboración
(Pactos de Familia 1733: permitiu ás tropas españolas conquistar Nápoles e Sicilia). Felipe V cedeu
estes territorios a seu fillo Carlos e así, logrou que o Mediterráneo Occidental fose dominado pola
súa familia.

You might also like