You are on page 1of 10

13.

O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN (CAUSAS DA GUERRA,


BANDOS EN CONFLITO, A PAZ DE UTRECHT)

Carlos II, o último rei español da casa de Austria, morreu en 1700 sen sucesión. No seu
testamento deixaba como sucesor a Filipe de Anjou (Borbón), neto de Luís XIV de Francia,
fronte á opción de continuidade dinástica representada polo arquiduque Carlos de
Habsburgo. O nomeamento do novo rei, Filipe V, provocou un conflito internacional e unha
guerra civil. A guerra coñecida como Guerra de Sucesión iniciouse en 1702, e foi tanto un
conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española.

1. A Guerra europea: a guerra enfrontou a Grande Alianza, integrada por Inglaterra,


Holanda, o imperio dos Habsburgo, Portugal e Savoia, cos Borbóns de Francia e España.
Debatíase a hexemonía dinástica, que enfrontaba as casas de Borbón e Habsburgo, e o
dominio marítimo e o colonial, que lles interesaba de maneira especial a Francia, Inglaterra
e Holanda. Detrás de este conflito escondíanse os desexos expansionistas de Luís XIV , o
interese dos británicos por manter a posición privilexiada de que gozaban en España, base
do comercio con América, e as expectativas dos Habsburgo sobre os Países Baixos.

Os ingleses conquistaron Xibraltar (1704) e o arquiduque Carlos foi recoñecido rei de


España en Barcelona (1705). Pola morte do emperador austríaco en 1711 o arquiduque
Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria era tan
temido como a unión entre Francia e España. A partir das batallas de Almansa e
Villaviciosa (1710) a guerra inclinouse a favor das tropas francoespañolas.

2.A Guerra Civil. En liñas xerais dividiu a España en dous bandos enfrontados:

 Os territorios da Coroa de Castela inclináronse, maioritariamente, por Filipe de


Borbón, incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra. Este apoio obedece en
parte, ás maiores dificultades da poboación derivadas dos anos de crise do reinado
de Carlos II.
 Os territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares) fixérono
polo arquiduque Carlos de Austria. Este apoio radica na forte competencia comercial
con Francia e o receo cara o absolutismo francés.

O conflito sucesorio adquiriu, ademais, un carácter de reivindicación social, especialmente


en Valencia, ao presentarse o arquiduque Carlos como defensor dos campesiños. A
nobreza valenciana inclinouse por Filipe V.

3.A Paz de Utrecht

A paz asinouse nos Tratados de Utrecht, 1713, e de Rastadt, 1714 nos que, co obxectivo
de manter o equilibrio europeo, estableceuse:

 Filipe V foi recoñecido como rei de España, agás por Austria, que o recoñecerá
posteriormente con expresa renuncia aos dereitos á Coroa de Francia.
 Gran Bretaña obtiña Xibraltar e Menorca, ademais dun navío de permiso para
comerciar con América e o asento de negros, a exclusiva de introducir man de obra
escrava nas colonias españolas.
 Carlos de Habsburgo, emperador de Austria, quedaba cos Países Baixos
españois, Nápoles, Milán e Sardeña.
 Holanda obtivo varias prazas para a súa defensa e seguridade na fronteira cos
Países Baixos españois.
 O duque de Savoia recibía Sicilia (española) e o título de rei de Piemonte e Sicilia.
 Portugal obtiña a colonia de Sacramento (no actual Uruguai)
 O duque de Prusia recibía o Alto Gueldres (hoxe parte de Holanda e de Renania) e
o título de rei.
Malia a sinatura da paz internacional, a guerra continuou en España, ata que as tropas de
Felipe V conquistaron Barcelona o 11 de setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715,
concluíndo así o conflito. As súas consecuencias foron trascendentais, xa que supuxeron
a desaparición do antigo Imperio hispánico (coa excepción das posesións americanas) e
marcou un cambio drástico na configuración política e administrativa de España.
Suspenso (0- Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
0,6)
Suspenso Coñecementos:
(0,9-1,2)
-Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta (0,9)

-Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos (1,2)

Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,


frases incoherentes o mal articuladas
Aprobado Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:
(1,5-1,8) -A causa explicativa da guerra de Sucesión.
-Configuración e apoios dos bandos enfrontados.
-Os acordos de paz e as súas consecuencias máis relevantes.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple.
Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:

(2,1-2,4) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica


cunha certa profundidade polo menos unha delas

Redacción: correcta
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,7-3) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda
nunha ou explica con certa profundidade polo menos dúas delas
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada
14.OS DECRETOS DE NOVA PLANTA E OS SEUS EFECTOS.

Ao comezo do século XVIII e como consecuencia da súa configuración desde comezos da


época moderna, a monarquía hispánica estaba formada por un conglomerado de reinos,
cada un dos cales tiña leis, foros e institucións diferentes, que en moitos casos limitaban e
condicionaban o poder do rei. Na Península este era forte na Coroa de Castela, pero
estaba suxeito a fortes limitacións na Coroa de Aragón.
1.Causas e implantación. Por esta razón, desde o inicio do seu reinado en 1700, tras a
morte sen descendencia de Carlos II, Felipe V, neto de Luís XIV de Francia, introduciu un
programa de reformas políticas e administrativas, inspiradas no modelo político francés
da monarquía absoluta, co obxectivo de reforzar o poder real, establecer un maior grao
de centralización do poder político e unificar lexislativa e institucionalmente o reino de
España. Unha das principais medidas aprobadas neste sentido foron os Decretos de
Nova Planta. Trátase dun conxunto de decretos asinados polo monarca durante a Guerra
de Sucesión, entre 1707 e 1716, mediante os cales quedaban abolidos os privilexios forais
dos reinos da Coroa de Aragón e se lles impoñían a lexislación e a organización político-
administrativa de Castela. Así, en paralelo ao control militar dos territorios, Felipe V
ordenou a abolición dos seus privilexios – Aragón e Valencia en 1707, Baleares en 1715 e
Cataluña en 1716 – coa xustificación de seren rebeldes por ter tomado partido polo
arquiduque Carlos de Austria na Guerra.

2.Reorganización administrativa. Nese intento por racionalizar e centralizar a


administración lévanse a cabo toda unha serie de medidas entre as que destacan: A
redución o numero de Consellos, eliminando moitos e incrementando as funcións do
Consello de Estado e o de Castela; Potenciación das Secretarías de
Despacho( antecedente dos Ministerios), encargadas de diversos asuntos: Estado,
Xustiza, Facenda, Guerra, Mariña e Indias. A concentración de poder favoreceu a
potenciación do Secretario de Estado (antecedente do Primeiro Ministro) ou a diminución
do papel das Cortes, que apenas tiveron funcións lexislativas e só se reuniron para xurar
aos herdeiros á Coroa. Só se mantiveron as Cortes de Navarra e as Cortes de Castela.

3. Decretos de Nova Planta dos reinos da Coroa de Aragón


Dado o seu apoio á causa de Carlos de Austria na Guerra de Sucesión, os reinos da Coroa
de Aragón perderon a súa autonomía política e institucional, quedando sometidos aos
modelos casteláns: as súas institucións particulares (Cortes, Deputacións, Consellos,
Generalitat) foron suprimidas; os vicerreis foron substituídos por capitáns xenerais (con
función militar e gubernativa); os concellos foron sometidos á autoridade dos corrixidores
(nomeados polo rei entre persoas de extracción militar) e introducíronse os intendentes
(figura de orixe francés, tamén nomeada polo rei e encargada dos asuntos económicos do
territorio); e os seus tribunais xudiciais foron modificados mediante a creación de
Audiencias en Zaragoza, Valencia, Mallorca e Barcelona a imitación das de Castela.
Ademais, o dereito público que se aplicaría en diante sería o de Castela e o castelán
substituíu ao catalán como lingua na Administración.
Os Decretos de Nova Planta tamén supuxeron a unificación tributaria, militar e territorial de
España baixo o modelo castelán en detrimento de Aragón. Ao perder as súas Cortes e
institucións, os territorios da antiga Coroa de Aragón perderon tamén a capacidade que
tiñan de limitar as esixencias do rei para cobrar novos tributos, quedando sometidos á
lexislación tributaria castelá e implantándose novos tipos impositivos, como a contribución
única en Aragón. Asimesmo, impuxéronselles as quintas para o recrutamento de soldados,
servizo do que estaban exentos. Por último, os Decretos supuxeron a eliminación das
aduanas e fronteiras interiores, o que favoreceu aos comerciantes cataláns, que puideron
iniciar no XVIII a súa expansión pola Península contribuíndo ao despegue económico de
Cataluña.
4.As consecuencias. Con estas medidas, incrementouse o centralismo borbónico,
cunha maior uniformización dos territorios, clave no goberno de España desde ese
momento, aínda que subsistiron algúns particularismos políticos e xurisdicionais, como o
de Navarra e as Provincias vascas que mantiveron os seus privilexios forais e os seus
réximes especiais (provincias exentas), en gran parte polo apoio prestado á causa
borbónica durante a Guerra de Sucesión.

Rúbrica de corrección:

Suspenso Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.

(0-0,6)

Suspenso Coñecementos:
(0,9-1,2)
-Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta (0,9)

-Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos (1,2)

Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,


frases incoherentes o mal articuladas
Aprobado Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:
(1,5-1,8)
-Conxunto de decretos que suprimiron o réxime foral da Coroa de Aragón,
as súas institucións e leis propias

-Foi unha reforma auspiciada polo monarca Filipe V

-O seu obxectivo era lograr maior grado de centralización territorial,


seguindo o modelo francés

-Xustificouse polo apoio prestado polos aragoneses a Carlos de Austria


durante a Guerra de Sucesión

-Aplicouse en paralelo ao dominio efectivo dos diferentes reinos da Coroa


Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:

(2,1-2,4) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica

cunha certa profundidade polo menos unha delas

Redacción: correcta
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,7-3) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda
nunha ou explica con certa profundidade polo menos dúas delas
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada

15.O REFORMISMO BORBÓNICO EN GALICIA (A MATRÍCULA DE MAR, O ARSENAL


DE FERROL, A APERTURA DO COMERCIO COLONIAL
Pola súa situación xeoestratéxica, Galicia converteuse no XVIII nun importante baluarte
marítimo na defensa do imperio colonial americano, fronte ao paso das armadas inimigas,
fundamentalmente inglesas, nun contexto de crecentes enfrontamentos navais polo control
das rutas comerciais e das colonias. Ante esta situación, os Borbóns e os seus gobernos
interviñeron en Galicia creando novas institucións e servizos.Entre as súas principais
realizacións destacan:

1. A Intendencia do reino de Galicia: Creada en 1712, foi definitivamente restablecida en


1718. O intendente tiña amplas funcións en temas relacionados co exército (recrutamento
de soldados, aloxamento e abastecemento das tropas, fortificación das cidades), funcións
relativas a facenda (administración e o control das rendas e contribucións reais), xustiza e
policía, ordenanzas e proxectos de mellora de vías e cidades. A súa sede foi establecida
na Coruña e converteuse na principal institución potenciadora do desenvolvemento
económico de Galicia. Deixou de funcionar a partir dos anos sesenta, aínda que o cargo
non desapareceu ata a morte do marqués de Pedrabuena, derradeiro intendente de
Galicia, en 1775.

2. O Arsenal de Ferrol e as fortificacións costeiras: Galicia, pola súa situación


xeoestratéxica, converteuse para os Borbóns no lugar onde recibir ou rexeitar os ataques
das frotas estranxeiras, especialmente inglesas, que se dirixían a saquear as cidades
costeiras españolas ou a capturar os barcos cargados de mercadorías procedentes de
América. Ante esta situación, a costa galega foi reforzada con numerosas baterías e
castelos. En 1726 José Patiño, ministro de Filipe V, decidiu establecer en Ferrol a sede do
departamento Marítimo do Norte e unha das bases das Armadas reais. A partir de 1746, co
marqués de Ensenada, ministro de Fernando VI, iniciouse a construción dos estaleiros e
do arsenal que converteron a Ferrol na principal cidade de Galicia. Para a formación dos
mandos militares da Armada creouse en 1776, a academia de Garda Mariñas., que
ocuparán o novo barrio neoclásico da Magdalena.

3.A matrícula de mar: Tratábase dun sistema de recrutamento de tripulacións para os


buques desa nova Armada para garantir un persoal competente no seu manexo. O sistema
rexistraba a todas as persoas dedicadas ao mar indicando a clase á que pertencían
(mariñeiro, artilleiro, grumete…) para coñecer as súas habilidades. Os matriculados
quedaban libres de quintas e de impostos municipais, pero podían ser chamados a servizo
ata cumprir 60 anos. A extensión do litoral de Galicia e o elevado número de xentes
relacionadas co mar fixo que na segunda metade do XVIII a rexión rexistrase a cuarta
parte da matrícula humana das flotas españolas.

4.Os correos marítimos e o comercio con América. A mediados do século, a


eliminación do monopolio mercantil exercido por Sevilla-Cádiz favoreceu a apertura ao
comercio colonial de Galicia e especialmente da Coruña. En 1764, Carlos III estableceu
nesa cidade o Servizo de Correos Marítimos, unha compañía estatal encargada de levar a
correspondencia ao porto da Habana e a Bos Aires e que tamén podía transportar persoas
e mercadorías (téxtiles e produtos agrícolas, gandeiros e pesqueiros), agás nos períodos
bélicos nos que se transformaban en navíos de guerra. Os correos mantivéronse ata 1778,
en que se publicaron os Decretos de liberdade de comercio, que puxeron fin á fase
monopolista do porto coruñés. Ademais, en 1785 estableceuse tamén na Coruña o Real
Consulado, con xurisdición en todos os portos entre Coruña e Vigo, coa finalidade de
fomentar o desenvolvemento económico (apoio a manufacturas, creación de escolas
técnicas, edición de memorias e informes...). Estas medidas serviron para incrementar o
conxunto das transaccións comerciais desde Galicia e o resto de España, pero non para
dinamizar a produción interna, manténdose a dependencia española respecto dos produtos
estranxeiros.

Suspenso Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.

(0-0,6)
Suspenso Coñecementos:
(0,9-1,2)
-Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta (0,9)

-Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos (1,2)

Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases


incoherentes o mal articuladas
Aprobado Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:
(1,5-1,8)
- A importancia estratéxica de Galicia no s. XVIII desde o punto de vista militar e
comercial.
- A racionalización do recrutamento de mariñeiros a través da matrícula de mar.
- A construción do arsenal de Ferrol no contexto das reformas militares levadas
a cabo polos Borbóns.
- As repercusións da apertura do comercio colonial en Galicia: a creación da
Compañía de Galicia, o Servizo de Correos Marítimos e o Consulado Marítimo e
Terrestre da Coruña.

Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple


Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:

(2,1-2,4) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica cunha certa
profundidade polo menos unha delas

Redacción: correcta
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,7-3) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha ou
explica con certa profundidade polo menos dúas delas
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado Capacidade
de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada

TEMA 16 A Ilustración en España (características da Ilustración e do Despotismo


Ilustrado).

1. Orixe e características: No XVIII desenvólvese unha corrente de pensamento (Xurdida


en Inglaterra a finais do XVII pero difundida ao resto de Europa desde Francia)
denominada Ilustración, que se caracteriza pola utilización da razón para a comprensión
da realidade en todos os seus aspectos. Entre as súas características cabe destacar:

 Fe absoluta na razón. Nin a autoridade nin a tradición podían substituír á razón.


Todo o que non se puidese entender e razoar debía ser rexeitado.
 Fe no progreso técnico e interese polas a actividades produtivas
 A ignorancia e incultura eran a orixe de todos os males; e polo tanto, reclamábase
que a cultura deixase de estar en mans dos privilexiados e que se fomentase a
creación de escolas para que a instrución devolvese a dignidade a todos os
individuos. A ignorancia representaba a escuridade e as “luces” significaban o
progreso e o coñecemento. De aí que o século XVIII sexa coñecido como o “século
das luces”.

2. A Ilustración en España inscríbese no marco xeral da Ilustración europea (espírito


crítico, fe na razón, confianza na ciencia, afán didáctico). As influencias son esencialmente
francesas e italianas. Os ilustrados foron unha minoría culta formada por nobres,
funcionarios, burgueses e clérigos. A Ilustración española foi máis ben moderada no seu
alcance. A estrutura social e a influencia do clero nas universidades, e na ensinanza en
xeral, condicionaron a actividade da minoría ilustrada e a difusión das novas ideas. O seu
afán reformista levoulles a chocar coa Igrexa e ca maior parte da aristocracia. A pesar dos
afáns ilustrados, a maioría do país seguiu apegado aos valores tradicionais.

3. Protagonistas: A racionalidade e a utilidade eran as bases que debían sustentar a


prosperidade do reino e a felicidade dos súbditos, de aí o interese mostrado pola
educación e os métodos de investigación. Na primeira metade de século destaca o Padre
Feijoo, cuxa obra se centrou na divulgación da ciencia de Newton e na crítica aos
prexuízos tradicionais e as supersticións (Teatro Crítico, 1726) Tras o impulso reformista
do reinado de Fernando VI, a ilustración chega ao seu apoxeo no reinado de Carlos III.

Os gobernos ilustrados de Carlos II dirixidos por Wall, o conde de Aranda e o conde e


Floridablanca, desenvolveron numerosos proxectos e reformas:

A. O fortalecemento do Estado: modificando as provincias, as intendencias e os


concellos.

B. Mellora da agricultura e do réxime da propiedade: colonización de Sierra Morena


dirixida por Pablo de Olavide. Fixeron diversas propostas para mellorar a agricultura
(Campomanes e Floridablanca).

C. Fomento da produción artesanal e industrial para superar o atraso económico e a


dependencia do exterior. Crearon as manufacturas reais, construción naval cos arsenais,
etc.
D. Apoio ao desenvolvemento do comercio: eliminaron o monopolio exercido por Sevilla-
Cádiz, creouse o servicio de Coreos maritimos da Coruña, e autorizouse a diferentes
portos a comerciar con América.

E. Educación. O interese pola educación e o progreso científico concretouse na creación


de novas institucións de ensino secundario, de ensino superior e na reforma das
Universidades e dos Colexios Maiores. Durante este período creáronse as principais
Academias, instrumento de difusión das luces, Establecéronse a Real Academia da
Lingua, Medicina, Historia ou Belas Artes de San Fernando.

3.As vías de difusión: Sociedades económicas de amigos do país e a prensa


periódica.

Asociacións que, no último terzo do XVIII, tiñan como finalidade fomentar as actividades
económicas e sobre todo difundir as ideas da Ilustración. En Galicia destacou o Real
Consulado da Coruña. 1785. Os parladoiros e os salóns foron tamén vehículo de difusión
das ideas ilustradas. Na prensa empezan a xurdir gacetas no século XVII e XVIII, aínda
que nesta época os xornais eran moi caros e só estaban ao alcance dunha minoría (tendo
en conta que o 80% da poboación era analfabeta)

4.O Despotismo Ilustrado: Os monarcas absolutos van asumir algúns ds postulados da


ilustracion, sempre que non supoñan perda de poder. Esta converxencia de absolutismo e
ilustración dará lugar na segunda metade do XVIII ao chamado: “despotismo ilustrado”:
corrente reformista que utilizaba o poder absoluto dos reis para levar adiante algunhas das
reformas propugnadas pola Ilustración. En realidade, seguirá sendo unha monarquía
absoluta pero agora con tintes ilustrados (reformadores pero non liberais desde o punto de
vista político, de aí que este modelo poida resumirse nunha máxima: “todo para o pobo
pero sen o pobo”). Entre os monarcas que asumirán certos principios da Ilustracións temos
a Catarina de Rusia, Federico II de Prusia e Carlos III de España.

5.Balance: Estas reformas non estiveron exentas de dificultades; e así, os gobernos


ilustrados atopáronse con multitude de obstáculos que proviñan tanto da ignorancia e da
miseria das masas populares como da opoisción da meirande parte da nobreza e dos
eclesiásticos, grupos que estaban satisfeitos coa tradición e a sociedade vixente. A
pesares de que nunca pretenderon alterar as bases políticas e sociais, sempre existiron
conflitos e problemas como o motín de Esquilache.

Rúbrica de corrección:
Suspenso Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
(0-0,6)
Suspenso Coñecementos:
(0,9-1,2)
-Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta (0,9)

-Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos (1,2) Redacción:


texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes o mal articuladas
Aprobado Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:

(1,5-1,8) -A preeminencia outorgada polos ilustrados á razón fronte a tradición e as


ideas preconcibidas

- O desenvolvemento dun novo ideal humano, baseado na busca da


felicidade.

-A importancia outorgada á educación como mecanismo para acadar os


obxectivos de progreso

-A oposición á Igrexa e os seus privilexios

-A crítica ao absolutismo monárquico

-A crítica dos privilexios sociais, sen cuestionar a orde social

Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple


Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:
(2,1-2,4)
-resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica
cunha certa profundidade polo menos unha delas

Redacción: correcta
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,7-3) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda
nunha ou explica con certa profundidade polo menos dúas delas Redacción:
correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado Capacidade de
síntese: a resposta non excede a extensión recomendada

You might also like