You are on page 1of 2

Pregunta 2

A configuración do Imperio Español no século XVI


(a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión
de Flandres, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)

O Imperio Español foi creado con Carlos I (1516-56) grazas á herdanza


de que recibiu por parte dos seus proxenitores. Por parte da súa nai, Xoana de
Trastámara (ou Xoana a Tola), recibiu a herdanza da Coroa de Castela e os
seus territorios de ultramar; pero tamén os territorios da Coroa de Aragón,
incluíndo Córsega, Sardeña, Sicilia e Nápoles. Mentres que de seu pai, Felipe
de Habsburgo, recibiu os dominios de Borgoña (Flandres, Luxemburgo e
Franco Condado); e trala morte do seu avó, Maximiliano de Austria, no ano
1519, os dominios alemáns dos Habsburgo (Reino de Austria), e o acceso ó
título de Emperador do Sacro Imperio. Isto permitiulle crear o imperio territorial
máis extenso da súa época.
Pero ese imperio tamén provocou toda unha serie de problemas
baseados nas diferenzas entre os seus diferentes dominios (Revolta dos
Comuneros e Xermanías), a obsesión por crear unha monarquí a universal, e a
defensa do cristianismo católico e o Imperio Cristián. Isto provocou
enfrontamentos co Imperio Otomán, cos protestantes alemáns trala
difusión das ideas de Lutero e con Francia, a outra gran potencia europea.
Carlos I, desfeito despois de tantos anos de guerra, decidiu abdicar no
seu fillo, Felipe II, en 1556. Pero para evitarlle os problemas co protestantismo
alemán decidiu entregarlle os dominios do Habsburgo ó seu irmán Fernando;
mentres que Felipe II herdaba os dominios hispánicos e os dominios de
Borgoña.
Felipe II (1556-98) conseguiu aumentar os seus dominios territoriais
grazas a anexión de Portugal en 1580, trala morte do rei de Portugal sen
herdeiros lexítimos. Felipe II propúxose como candidato grazas ó apoio de gran
parte da aristocracia e a maior parte da burguesía comercial, que vían en
Felipe un protector para os seus intereses coloniais. Todo isto permitiulle
anexionarse Portugal, pero sobre todo as colonias en Brasil, a costa africana e
toda unha serie de puntos en Asia.
Un dos problemas máis importantes do seu reinado foi a Rebelión en
Flandres, que se desenvolveu como consecuencia da expansión das ideas
protestantes calvinistas polas provincias do Norte de Flandres. Felipe II,
defensor do cristianismo católico, reprimiu pola forza toda idea protestante. Isto
acabou agudizando a rebelión, que tivo que ser sufocada pola forza co envío
de diferentes exércitos dirixidos polo Duque de Alba ou Alexandro Farnesio.
Os rebeldes holandeses tiveron ademais o apoio de Inglaterra, xa que
Isabel de Inglaterra era defensora do protestantismo, pero tamén porque era o
gran rival da Monarquía Hispana no Atlántico. Este reino atacaba os intereses
comerciais españois e portugueses por medio da piratería. Felipe II intentou
invadir Inglaterra por medio da Gran Armada ou Armada Invencible en 1588.
Pero o resultado da expedición foi desastrosa, provocando a perda de gran
parte da Armada, debilitando o Imperio Español e acentuando os problemas en
Flandres.
As Provincias Unidas, ou provincias rebeldes, conseguiron a independencia
de facto ó final do seu reinado e as sucesivas guerras levaron á Monarquía a
sucesivas bancarrotas e unha profunda crise.
Pregunta 2.

Pregunta a desenvolver: A configuración do imperio español no século XVI


(ata 3 puntos)

Moi deficiente Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.


(0)
Deficiente Coñecementos:
(entre 0,1 e 1) -Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta.
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes o mal articuladas.

Insuficiente Coñecementos:
(entre 1,1 e 1,4) -Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos.
Redacción: moi simple.

Aprobado Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:


(entre 1,5 e 2) -A herdanza de Carlos I: territorios herdados pola súa nai, Xoana (coroas de
Castela e Aragón e as súas posesións), e polo seu pai, Filipe (territorios das
Casas de Borgoña e de Austria e dereitos imperiais).
-O fin do reinado e o reparto de posesións: abdicación no seu fillo Filipe e
cesións ao seu irmán Fernando.
-O imperio de Felipe II: a incorporación de Portugal e as súas posesións á
coroa de Castela.
-A rebelión de Flandres. O apoio inglés aos rebeldes e a guerra contra
Inglaterra.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión básica.

Notable Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:


(entre 2,1 e 2,6) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica cunha
certa profundidade polo menos unha delas.
Redacción: correcta.

Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:


(entre 2,7 e 3) -resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha
ou explica con certa profundidade polo menos dúas delas.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

You might also like