You are on page 1of 1

TEMA 10: A CONFIGURACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI

A herdanza de Carlos I (1515-1519) incluía territorios da súa nai, Xoana de Castela


(coroas de Castela e Aragón e as súas posesións). Por parte dos avós maternos, os Reis
Católicos, recibiu a parte máis meridional do seu territorio: do seu avó materno, Fernando
de Aragón, herda os territorios da Coroa de Aragón coas súas posesións no Mediterráneo
(territorios peninsulares, Illas Baleares, Cerdeña, Nápoles e Sicilia) e, da súa avoa, Sabela,
obtén os territorios da Coroa de Castela: os territorios casteláns peninsulares (coas
recentes conquistas de Granada e Navarra), así como Canarias, as posesións en América,
e certas prazas no Norte de África (Melilla, Ceuta, Orán, Bugía, Arxel e Túnez).

Do seu pai, Filipe o Fermoso (territorios das Casas de Borgoña e de Austria e


dereitos imperiais). Polos avós paternos, conseguiu as rexións centrais europeas: do seu
avó Maximiliano de Austria herda o título imperial e os dominios dos Habsburgo: Austria,
Carintia, Tirol e a parte sur de Alemaña e, da súa avoa, María de Borgoña, a herdanza
borgoñona, un conglomerado de territorios, como os Países Baixos, Luxemburgo, o Franco
Condado e o condado de Charolais.

Trala súa abdicación, Carlos I repartiu as súas posesións (1555-1556) entre o seu
irmán Fernando (ducados austríacos, dignidade imperial) e o seu fillo Filipe (posesións
italianas, Países Baixos, Coroas de Castela e Aragón).

En 1580, morreu sen descendencia o rei de Portugal e Felipe II reclamou o trono.


Para asegurar os seus dereitos empregou a diplomacia, e invadiu Portugal cun exército
mandado polo duque de Alba. En 1581, as Cortes portuguesas recoñeceron a Felipe como
rei, xurando este as súas liberdades e institucións propias. Esta unión significou a unidade
peninsular e a incorporación ao seu imperio, que abarcaba África, Asia e América.

A pesar da represión do Duque de Alba, a rebelión de Flandres, pola intolerancia


relixiosa de Filipe II fronte ao protestantismo, non cedeu nos Países Baixos. As provincias
do Norte formaron as Provincias Unidas, lideradas por Guillerme de Orange (Unión de
Utrecht). No sur dos Países Baixos, mantívose a obediencia a Felipe II e ao catolicismo
(Unión de Arras).

A guerra contra Inglaterra xurdiu polo cisma anglicano (separación da Igrexa de


Inglaterra da Igrexa católica e da autoridade do papa); polo apoio inglés aos protestantes
dos Países Baixos e polos ataques dos piratas ingleses. Para asaltar Inglaterra, Filipe II
formou a Grande Armada que debía ir aos Países Baixos para embarcar os terzos
españois, pero fracasou. Como represalia, os ingleses enviaron unha flota (Drake, 1589, A
Coruña).

You might also like