You are on page 1of 32

TEMA 3: A EUROPA FEUDAL

TEMA 6: AS CIDADES DA EUROPA MEDIEVAL


A Europa
feudal (s. IX-XII)
 O século IX caracterizouse por:
 A descomposición do Imperio
carolinxio, coa división deste
entre os tres fillos de Luís o
Piadoso (814-840): Lotario, Luís
e Carlos. O primeiro, como
primoxénito, intentou impoñer
a súa autoridade. Pero os seus
irmáns rebeláronse e
obrigáronlle a asinar o Tratado
de Verdún (845). A partir
daquela cada territorio formou
reinos independentes.
 As invasión de normandos, polo
norte (viquingos), musulmáns
(polo sur) e húngaros (polo
leste).Destruían aldeas,
cortaban Pontes e camiños,
saqueaban mosteiros e
atemorizaban a poboación.
 Sistema de goberno e de organización económica,
social e política da Idade Media, baseado nunha serie
de lazos e obrigacións que vinculaban a vasalos e
señores.
 Os monarcas delegáronlles parte do seu poder aos
nobres, que se converteron nos seus vasalos. A cambio
de fidelidade e axuda militar, os nobres recibían un
territorio (feudo) e convertíanse en señores feudais.
Para poñer en cultivo estas terras, acolleron nelas a
O campesiños, que a miúdo se converteron en servos.

Feudalismo  Á súa vez, un señor feudal podía cederlles parte do seu


feudo a outros nobres menos poderosos, os cabaleiros,
para que o gobernasen e mantivesen un pequeno
exército.
 En principio, estes señores feudais érano de modo
vitalicio, pero paulatinamente foron transmitíndolle o
cargo por herdanza aos seus fillos.
A vasalaxe
 A vasalaxe era un pacto
de fidelidade que se
establecía nunha dobre
cerimonia:
 A homenaxe, na que
o vasalo, de xeonllos
diante do rei, lle
prometía fidelidade,
consello no gobernó
e axuda militar.
 A investidura, na que
o rei entregaba ao
vasalo un feudo para
que o gobernase e
explotase
economicamente.
A sociedade
estamental
 Privilexiados: Posuían a
meirande parte da terra,
non tiñan que traballar, non
pagaban impostos e
dirixían os altos cargos do
reino.
 Non privilexiados: Eran a
maioría da poboación
(campesiños e artesáns). A
súa función era manter aos
privilexiados; carecían de
dereitos e tiñan que
pagarlles ao rei e aos seus
señores.

O rei
Considerábase elixido por Deus para
ordenar a sociedade na terra e defender
a cristiandade.
 O cargo era hereditario, pero cada novo
monarca debía ser confirmado pola Igrexa
nunha cerimonia de coroación.
 Os territorios baixo a súa autoridade
compoñían o seu reino, e eran
considerados como o seu patrimonio
persoal, que podía dividir ou unir segundo
a súa conveniencia.
 Europa estaba dividida en numerosos
reinos, condados e principados,
maioritariamente cristiáns.
 No século X, o rei xermánico Otón I foi
coroado emperador polo papa Xoán XII,
dando orixe ao Sacro Imperio Romano
Xermánico. Deste xeito, a Europa cristiá
quedou contaba con dúas cabezas
visibles: o emperador, que defendía
militarmente aos cristiáns, e o papa, que
velaba pola súa espiritualidade. Non
obstante, co tempo o título de emperador
foi converténdose nun título honorífico con
escaso poder real.
A nobreza
 Era un estamento privilexiado e a
súa misión consistía en protexer
militarmente a sociedade.
 Compúñase de duques,
marqueses, condes e baróns, e o
seu poder e influencia dependía
das terras que posuía e dos vasalos
que lle xuraran fidelidade.
 A maioría vivía en castelos, os cales
simbolizaban o poder da nobreza e
o dominio que exercían sobre o
feudo e os seus habitantes.
 A súa actividade máis importante
era adestrarse para o combate.
Celebrábanse a miúdo xustas e
torneos onde se enfrontaban a
outros cabaleiros. Tamén
practicaban a caza e a cetraría,
que consiste en cazar cun ave de
rapiña, como un falcón.

 Castelo Novo de Manzanares el


Real (Madrid)
O clero
 Na Idade Media, a igrexa constituía o edificio máis
importante de calquera aldea, vila ou cidade. O
repicar das súas campás marcaba o ritmo da vida
diaria e anunciaba as oración, advertía do perigo e
convocaba as asembleas de veciños.
 A Igrexa tamén organizaba as cerimonias que
marcaban os grandes acontecementos da vida
(bautizo, matrimonio e funeral) e regulaba as
principais festividades do calendario (domingos,
Nadal, Pascua, festas da Virxe, Semana Santa,
Coresma…)
 A Igrexa era a propietaria dunha boa parte das terras
e predios, e tamén de moitos edificios (mosteiros,
conventos, igrexas…), que lle proporcionaban
numerosas rendas e beneficios.
 Nos seus señoríos, obtiñan as rendas feudais,
cobráballes o décimo a todos os campesiños, e
recibía doazóns dos seus fregueses, algúns dos cales
lle doaban os seus bens á Igrexa ao morrer. Décimo
ou dezmo: Parte do produto bruto das colleitas,
xeralmente a décima parte, que os fieis entregaban
á Igrexa.
A organización
da Igrexa
 Na cúspide, atopábase o papa (bispo de
Roma).
 Segundo o seu destino e dedicación, o
clero dividíase en:
 Clero secular: composto por
sacerdotes, párrocos, bispos e
cardeais, que atendían os crentes.
 Clero regular: integrado por monxes
e monxas dedicados á oración. No
campo, vivían illados nun mosteiro
baixo a autoridade dun abade ou
abadesa. Nas cidade, vivían en
conventos, dedicados ao traballo e
á oración.
 Segundo o nivel de vida, o clero dividíase
en:
 Alto clero: cardeais, bispos,
abades… Gozaban exactamente
dos mesmos privilexios que os nobres.
 Baixo clero: sacerdotes das
parroquias rurais, monxes… Levaban
unha vida similar aos campesiños.
Os
campesiños
 A maioría dos campesiños vivía
na Idade Media en feudos,
aillados e autárquicos
(autosuficientes). Un feudo era
un gran territorio formado polas
terras outorgadas por un rei ou
por un nobre a outro señor
feudal nas que traballaban os
campesiños libres e os servos
ao seu cargo. Transmitíase de
forma hereditaria, pero non
podía comprarse nin venderse,
e o señor feudal tiña total
autoridade para impartir
xustiza sobre os seus habitantes
e cobrarlles impostos.
 Os campesiños eran os
encargados de cultivar as
terras e coidar o gando, e
constituían o 90 % da
poboación medieval.
 Había dúas categorías de campesiños:
 Campesiños libres: Eran propietarios da súa terra (alodios)
e non estaban suxeitos a un señor. Por iso, podían dispoñer
libremente de si mesmos: casar, abandonar o feudo,
dedicarse a un oficio, etc.
 Os servos. Traballaban as terras dun señor e non tiñan
liberdade persoal. Non podían abandonar as terras, nin
casar, nin deixar herdanza sen permiso do señor.
 Os señores feudais tiñan uns dereitos sobre os campesiños:
 Prestacións persoais: Os campesiños estaban obrigados a
traballar varios días ao ano na reserva do señor.
 Primicias: Os campesiños debían ofrecerlle ao señor os
primeiros froitos do ano.
 Dereitos de monopolio: Os campesiños debían pagarlle
por utilizar o forno, o muíño, a ferraría, a prensa e outros
servizos.
 Dereitos xurisdicionais: Permitíanlle ao señor implantar
ordes, xulgar os campesiños dos seu feudo e ditar
sentenzas. Tamén podían crear impostos por algúns
servizos, como Pontes, dereito de caza, etc. e impoñer
multas.
As cidades da Europa medieval a
partires do século XII
 As melloras na agricultura e do aumento da poboación en Europa a
partires do século XII supuxo un desenvolvemento económico que fixo
renacer as cidades e a vida urbana.
 As cidades pasaron a ser un centro de produción artesanal e de
intercambio de produtos. Nelas desenvolveuse unha próspera burguesía
que gobernaba a cidade.
 Os reis aproveitaron o crecemento desta burguesía para aumentar e
afianzar o seu poder sobre a nobreza.
 A partires de mediados do século XIV, coincidindo coa expansión da
epidemia de Peste Negra, Europa sufriu unha crise xeneralizada, que
afectou tanto ao campo como á cidade
Por qué medraron as cidades?

A fin das
A expansión
grandes
agraria
invasións

O crecemento
O renacemento
da poboación
do comercio e
e das
das cidades
roturacións
¿Porqué medraron Un exemplo de implantación de
as cidades? dinastías normandas é Hrolf Ganger, máis
coñecido como Rollón o Camiñante. Era
A FIN DAS GRANDES un viquingo noruegués que encabezaba
INVASIÓNS un grupo de noruegueses e daneses que,
ademais de dedicarse á pillaxe nas costas
 A finais do século XI finalizaron do mar do Norte, servían como
en Europa as invasións
normandas (viquingas) coa mercenarios de quen os contratase.
conquista de Inglaterra e a Exiliado do reino de Noruega, comandou
implantación de dinastías expedición a Escocia, Irlanda, Inglaterra e
normandas nese país e no Flandes, ademais de asolar as ribeiras do
norte de Francia.
Sena.
 Así mesmo, déronse algúns O rei franco Carlos o Simple, ao redor
pactos entre señores feudais, do ano 918, concedeulle terras para a
que permitiron manter certa
seguridade nos camiños e que protección do reino. Con este pacto, este
permitiron recuperar a grupo de viquingos converteuse ao
circulación de persoas e cristianismo, concedéuselle a cidade de
mercadorías na Europa Ruán e outras terras de Neustria. Os seus
occidental.
descendentes e os dos seus homes, os
 Paz de Deus: Prohibición normandos, daríanlle nome a rexión,
de atacar lugares santos. dende entón coñecida como Normandía.
 Tregua de Deus: A súa tumba pode visitarse na cidade
Prohibición de loitar algúns francesa de Ruán.
días importantes do
calendario relixioso.
 Situación de Normandía.
 Tumba de Rollón en Ruán
(Francia)
A EXPANSIÓN AGRARIA
 A partir do século XI, en Europa
occidental producíronse unha serie de
innovación técnicas na agricultura que
deron como resultado un gran aumento
da produtividade (maior produción por
superficie cultivada). Os cambios
principais foron:
 Novos instrumentos agrícolas, como
o arado de veso ou normando, que
facía sucos máis profundos e
aumentaba a fertilidade, que a
diferencia do romano, tiña rodas; e
o uso da coleira nos animais de tiro,
que facilitou o arrastre do arado e a
utilización de cabalos. Con este
novo arado, puidéronse roturar
novas terras.
 A utilización de muíños de vento e
muíños de auga, que facilitaban a
tarefa de moer o gran.
 Novos métodos de cultivo, como a
rotación trienal, que só deixaba un
terzo da terra en barbeito; e o uso
do esterco como fertilizante.
Rotación bienal
versus
rotación trienal
Para mellorar a produción das parcelas,
dende antigo coñecíanse os sistemas de
rotación de cultivos.
O sistema máis estendido ata o século XIII foi
o sistema de ano e vez (ou rotación bienal),
consistente en dividir a terra de cultivo en
dúas follas ou partes de semellante tamaño,
mentres que unha se cultivaba a outra
permanecía en barbeito recuperándose,
repetindo ao ano seguinte o proceso pero
coas follas cambiadas.
Coexistiron no tempo o sistema de ano e vez
co sistema trienal, pero este foise estendendo
a partir do século XI, sendo o sistema
dominante a mediados do século XIII. O
sistema trienal divide o terreo en tres follas ou
partes de tamaño semellante, dedicando
cada unha delas a cultivos de inverno,
cultivos de primavera e barbeito, rotándose
cada folla coa seguinte ano tras ano. Este
sistema era máis produtivo.
CRECEMENTO DA POBOACIÓN E
ROTURACIÓNS
 O incremento da poboación
agrícola permitiu mellorar a
alimentación da poboación e
aumentar a súa resistencia ás
enfermidades.
 Este cambio orixinou un
crecemento da poboación.
Europa pasou de 45 millóns de
habitantes no século XII a uns 75
millón no século XIV.
 O desenvolvemento demográfico
levou a buscar novas terras para
ampliar os cultivos; así,
repoboáronse antigas terras
abandonadas e cavaron outras
novas.
O renacemento do comercio e das cidades
 O renacer das cidades foi consecuencia da
recuperación do comercio.
 En primeiro lugar, as abadías e castelos, que tiñan
uns excedentes agrícolas que podían vender,
convertéronse en centros de intercambio, que
atraían a comerciantes e artesáns. Xunto a eles
foron aparecendo novos barrios ou burgos que
foron medrando e dando lugar a novas cidades.
 A partir do século XII, os camiños fixéronse máis
seguros e trazáronse e construíronse novas vías.
Os comerciantes de toda Europa comezaron a
viaxar e a reunirse nas grandes feiras, mercados
periódicos de dimensión considerables, onde se
mercaban e vendían grandes cantidades de
produtos.

Para as longas distancias, o comercio marítimo adquiriu máis importancia que o terrestre, debido á maior
capacidade e velocidade dos barcos.
➢ A primeira gran ruta marítima abriuse no Mediterráneo. A apertura do comercio co Mediterráneo
oriental, orixinada pola presenza cristiá nesa zona a raíz das Cruzadas, aumentou os produtos que
chegaban a Occidente e revitalizou o comercio nas cidades. Cidades como Venecia, Xénova, Marsella,
Barcelona e Valencia comerciaban cos portos de Oriente Próximo e co Imperio bizantino. Importaban
produtos de luxo (seda e especias) e exportaban tecidos, armas e ferramentas.
➢ Unha segunda ruta foi a do Atlántico e o Báltico (a Hansa) que ía desde Lisboa e os portos casteláns do
Cantábrico ata os do mar Báltico. Transportábanse las, viños, peles, madeiras e trigo. Estes produtos
coincidían nas cidades dos Países Baixos.
Marco Polo
 Os comerciantes realizaban
longas viaxes cara ás terras
de Oriente. O exemplo máis
coñecido é a viaxe do
veneciano Marco Polo no
século XIII, que recorreu a
ruta da seda e chegou a
China. Das súas experiencias
escribiu o Libro das
Marabillas.
 Marco Polo seguiu a Ruta da
Seda, unha gran ruta
comercial que unía Europa
con Asia, e que servía para
establecer contacto coas
grandes civilizacións de
China, India, o Próximo
Oriente e Asia Central.
¿Qué foron as cruzadas?
 Para a Europa cristiá, os lugares onde
vivira Cristo, especialmente Xerusalén
(Terra Santa), convertéronse en centros
de peregrinación.
 Os turcos ocuparon Xerusalén no
século XI e prohibiron o acceso aos
peregrinos cristiáns.
 Para liberar Terra Santa, en 1095, o
papa Urbano II fixo unha chamada a
toda a cristiandade para participar
nunha campaña militar e prometeulles
a salvación a todos os que acudisen.
 Foron as chamadas Cruzadas, que se
realizaron entre os séculos XI e XIII para
reconquistar os lugares sagrados. Nelas
participaron campesiños, soldados e
cabaleiros desexosos de conseguir
terras e poder, e tamén aventureiros e
mercadores interesados en comerciar
cos produtos de Oriente Próximo.
 A ciudades medievais adoitaban estar situadas nunha zona próxima ás
principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas ou
algún mar ou río.
As cidades medievais
 Adoitaban situarse nun territorio que puidese abastecer as necesidades
máis importantes dos seus habitantes: boas terras para o cultivo e o
pastoreo, abundante auga (ríos, fontes e acuíferos), bosques para obter
madeira, canteiras para proverse de pedra e minas para extraer sal e
minerais.
 Estaban completamente rodeadas de murallas, que se ían ampliando
segundo a cidade medraba.
 O interior do recinto era moi heteroxéneo e o plano moi irregular.
 No centro da cidade adoitaba haber unha praza, na que se atopaban
os edificios principais: a casa do concello, o mercado, a lonxa e a
catedral. Tamén as casas dos nobres, dos monarcas e dos bispos.
 A meirande parte do espazo ocupábano as vivendas, que se
agrupaban en barrios. Estes reunían a poboación en función da súa
procedencia, da súa relixión (xudaría, mourería) ou á súa actividade
artesanal (gremios)
 As rúas eran estreitas, sucias, escasamente empedradas, sen beirarrúas
e a maioría non tiña rede de sumidoiros. A pouca hixiene urbana e a
proliferación das pulgas e das ratas favorecían a difusión de
enfermidades.
 Fora da cidade foron medrando arrabaldes, barrios que agrupaban a
xente humilde cando xa non quedaba espazo dentro dos seus muros.
 Na cidade medieval, xurdiron os primeiros hospitais e escolas.
A aparición da burguesía
 O crecemento das cidades transformou a
organización da sociedade feudal. Nas cidades
vivían moitas persoas dedicadas ao traballo
artesanal e ao comercio, que non dependían dos
señores feudais..
 Así xurdiu un novo grupo social: a burguesía. A base
da súa riqueza era o diñeiro que cobraba pola
venda dos seus produtos ou polos beneficios que
xeraban os seus negocios.
 Burguesía: Novo grupo social composto por artesáns
e comerciantes libres, que non dependían de
ningún señor, e que se diferenciaban do resto dos
non privilexiados pola riqueza obtida a través do seu
negocio. Pero, a diferencia da nobreza e do clero,
pagaban impostos.
 Segundo a súa riqueza, a burguesía dividíase en:
 Alta burguesía: Formada por grandes
comerciantes e banqueiros.
 Pequena burguesía: Incluía os mestres artesáns e
pequenos comerciantes.
O cambista e a súa muller, cadro de Quentin
Massys, 1415.
As xudarías
 A hexemonía do cristianismo na Europa medieval significou numerosas
persecucións contra o pobo xudeu, aínda que tamén houbo períodos de
tolerancia.
 As comunidades xudías dos reinos cristiáns medievais vivían nas cidades e
dedicáronse principalmente ao comercio, á artesanía, á medicina, á
ciencia e tamén a banca.
 Debían usar roupas que os distinguisen dos cristiáns e tiñan que vivir en
barios afastados chamados alfamas ou xudarías.
 Na Península Ibérica, aos xudeus esixíaselles o pagamento duns impostos
extraordinarios, pero a cambio asegurábaselles a propiedade dos seus
bens, a liberdade de culto e mais o dereito a rexerse polas súas normas
xurídicas.
 En Galicia, había tres xudarías importantes en tres importantes ciudades
medievais: Ribadavia, Tui e Monforte de Lemos.
Un exemplo de cidade medieval: Ribadavia.
 Ribadavia está a carón dun importante río (Avia) e a
carón de importantes terras do cultivo da vide.
 Conta co seu importante Castelo dos Sarmiento,
construído sobre un antigo castro. Chegou aos nosos
días sen moi mal estado e sen torre da homenaxe.
 A comezos do século XII, comezou a construír unha
muralla defensiva. Contaba con cinco portas, pero
so se conservan tres: a da Cerca, a Nova ou de
Celanova e a Falsa ou Postigo. A comezos do século
XIX os gobernantes da cidade considerárona un
estorbo para o crecemento da localidade, por elo
emprenderon obras para a súa demolición.
Afortunadamente o diñeiro non chegou para facelo
na súa totalidade, gracias ao cal se conserva un bo
tramo da muralla.
 Conta cunha praza central, a Praza Maior, onde se
atopa o Concello e a Torre do Campanario e tamén
o pazo dos condes de Ribadavia.
 Contaba cun barrio xudeu, onde había unha
sinagoga, chamada Torá, polo libro que se lía nela.
 Porta de entrada ao barrio xudiu de Ribadavia.
Castelo de
Ribadavia
¿Por que se iniciou unha
época de crise a partir do
século XIV?
 Dende principios do século XIV produciuse
en Europa unha crise agraria. O aumento
de poboación dos séculos anteriores fixera
que se cultivasen terras pouco produtivas,
que deixaron de render. Ademais, os
cambios climatolóxicos deron lugar a unha
sucesión de malas colleitas.
 O resultado foi que a produción de trigo e
doutros cereais diminuíu moito e a fame
expandiuse por todo o continente.
 Ademais, a mediados do século XIV, unha
gravísima epidemia de Peste Negra
provocou unha gravísima epidemia de
Peste Negra provocou unha enorme
mortalidade en toda Europa.
 Por último, as guerras entre as monarquías
europeas por afianzar o seu poder deron
orixe a saqueos, morte e destrución. O
resultado foi unha crise xeneralizada do
sistema feudal, que anunciaba os cambios
que se producirían na Idade Moderna.
A peste negra
 Iniciouse en Europa no ano 1348, e contra ela non había ningún remedio.
 O principal medio de contaxio da Peste Negra eras as picadas das pulgas, que picaran previamente a
roedores, dos que transmitían a enfermidade.
 Manifestábase con febre, problemas respiratorios e circulatorios que lle acadaban dando unha cor
negra ao corpo dos enfermos. De aí o termo de Peste Negra.
 A Peste Negra orixinouse en Oriente e parece ser que chegou a través de naves xenovesas a
Occidente, onde se expandiu de xeito imparable e fulminante.
 Só o illamento dos enfermos e a queima das súas pertenzas conseguía frear o seu avance.
 A Peste Negra causou o maior impacto demográfico da historia de Occidente. Calcúlase que morreu
entre un 30 e un 40 % da poboación europea, reducíndose de 73 a 45 millónss de habitantes.
 A morte e o despoboamento provocados pola peste reduciron os ingresos dos señores feudais. Como
tiñan menos servos aos que cobrar, intentaron aumentarlles os impostos aos campesiños que
sobreviviran, impedíndolles abandonar as súas terras e mesmo lles cobraban dereitos feudais que xa
estaban en desuso. Os campesiños, desesperados pola fame, a guerra e as epidemias, rebeláronse
violentamente contra eles.
 O forte sentimento relixioso da época atribuílle a epidemia a un castigo divino polos pecados da
poboación e a corrupción da Igrexa. Desencadeouse un fervor relixioso que levou a procesións,
flaxelacións.. para pedir perdón polos pecados, e iniciouse un movemento de reforma da Igrexa.

You might also like