You are on page 1of 12

A ALTA IDADE MEDIA (S.

XI-XIII)

O FEUDALISMO

Orixes e establecemento do sistema feudal

Aínda que o de feudalismo é un termo complexo e con numerosas variantes tanto


no tempo como no espazo, neste tema nos centraremos no feudalismo europeo
que chega ao seu apoxeo durante os séculos X-XIII.

Dous feitos resultan básicos para a formación deste sistema económico-social:


a ruralización da sociedade europea occidental, comezada xa durante a crise do
século III e a crise de poder, que acada os seus máis graves niveis como
consecuencia das segundas invasións, ao longo dos séculos VIII-X.

As razzias1 de musulmáns, normandos e maxiares deberon presionar con moita


forza sobre unha sociedade de campesiños cunha débil estrutura política, de
goberno e de administración, propia dos reinos xermánicos. O monarca só
mantivo un título simbólico. Durante a crise do poder dos reis durante os séculos
IX e X é onde podemos atopar unha das causas máis importantes do feudalismo
europeo.

Como se chegou á estrutura feudal é un fenómeno histórico complicado. A


palabra feudo quer dicir posesión territorial dun señor. É unha unidade territorial
sobre a que exerce o seu poder un nobre; un territorio máis ou menos grande
(latifundio) sobre o que un señor-nobre manda e explota no seu beneficio. É un
sistema de produción e de poder para unha Europa feudal ameazada.

1
Esta palabra é derivada dunha palabra árabe: é un termo utilizado para falar dun ataque sorpresa contra
un asentamento inimigo, practicado por grupos musulmáns, aínda que neste texto aplícase tamén a
outros pobos, como podedes ver. Aínda que estes ataques facíanse para buscar botín, os motivos podían
ser diversos: captura de escravos, limpeza étnica ou relixiosa, intimidación do inimigo e, no caso
musulmán, expansión da súa área de influencia.

1
Os posibles orixes dos diversos feudos podían ser:

a. Un monarca levou a cabo unha campaña militar e ao rematala debe pagar


de algún modo aos principais xefes que acudiron cos seus guerreiros.
Pero non ten cartos co que facelo porque o numerario (ouro, prata) é
escaso na Europa occidental nese momento. Este monarca paga entón
co único que ten á man: a terra. Entrega aos seus xefes unha cantidade
de terra en beneficio (beneficium); é dicir, dállela por un certo tempo, que
pode ser toda a vida do xefe, para que se cobre con todo o que saque da
explotación desas terras e dos homes que nelas viven. Así pagou aos
seus xefes militares Carlos Martel despois da batalla de Poitiers (732) e
así tamén o fixo o seu neto Carlomagno despois das súas múltiples
campañas.
b. Un funcionario que goberna unha zona determinada (duque, conde,
marqués), sobre todo nas fronteiras afastadas, comeza a independizarse
do rei, aproveitándose da crise de poder que sofren os monarcas
posteriores a Carlomagno. Actúa coma si as terras que goberna como
funcionario foran da súa propiedade. Cobra taxas, mantén tropas, imparte
xustiza... É un señor feudal.
c. Pola conta. Desde abaixo, desde a situación dos campesiños, o proceso
do feudalismo tamén existe. Diante das
campañas terribles de musulmáns,
maxiares e normandos ou os mesmos
roubos dos nobres, a quen pedir auxilio
para defender a casa e a terra de
cultivo? Os campesiños vénse
obrigados a dirixirse ao nobre máis
próximo para encomendarse
(commendatio). A cambio da súa
protección, o campesiño verase
obrigado a recoñecerse vasalo e a
aceptar unha serie de obrigas.
Ilustración 1 Coas súas decisións, forzadas pola
Os mesmos monarcas víronse forzados a situación do seu reino durante as segundas
invasións, Carlos o Calvo é o que da carta de
recoñecer a nova situación. Na capitular de natureza ao feudo

2
Quierzy, Carlos o Calvo de Francia, aceptaba que o beneficium se convertera
en feudum, é dicir, que cada nobre podía deixar en herdanza ao seu fillo as
terras que recibira temporalmente.

Aínda máis. Debido á inseguridade do momento, o mesmo Carlos o Calvo, na


capitular de Mersen (843) ordenaba a todos os homes libres do reino que
buscaran a protección dun señor, ao que non debían abandonar.

O marco xeográfico do feudalismo

Esta Europa da que estamos a falar, non é xusto a Europa actual. É bastante
máis reducida. O seu marco esencial abarca o que son os países fundadores do
Mercado Común Europeo –Alemaña, Francia, Bélxica, Holanda e Luxemburgo e
Norte de Italia-, ao que habería que engadir Inglaterra. O seu eixo fundamental
iría de Londres a Milán, seguindo a ribeira do río Rin. É a Europa de clima
atlántico ou continental, de solos profundos e de vexetación formada por prados
permanentes e grandes bosques de folla caduca.

O marco secundario fórmano os reinos hispánicos ao outro lado do Perineo, que


avanzan paseniñamente a súa fronteira cara o sur; pola Italia peninsular e
insular, tamén moito tempo baixo a influencia bizantina ou musulmá e polas

3
terras situadas máis ao leste do río Oder, onde están asentados os pobos
eslavos.

É un pequeno mundo pechado que, polo momento, perdeu os seus enlaces


marítimos. O Mediterráneo foi cortado polos musulmáns e só moi pouco a pouco
o Mar do Norte superará a piratería normanda para converterse nun centro
pesqueiro e comerciante.

A unidade económica da época: O feudo

Antes de nada, o feudalismo é un sistema de produción baseado nunha


economía agrícola-gandeira de consumo propio. Cada feudo tivo que
autoabastecerse, é dicir, producir todo o que precisaba: comida, tecidos,
ferramenta... O peche do comercio do Mediterráneo e a pouca circulación de
numerario reduciron o comercio á súa mínima expresión, chegando a case
desaparecer o intercambio campo-cidade, base da antiga economía do Imperio
romano.

O traballo do campo organízase a


base de grandes latifundios ou
feudos que pertencen a un señor-
nobre para o que traballan unha serie
de servos da gleba ou de viláns. No
feudo existían dous tipos de
posesións: as terras que eran
Ilustración 2 Os servos traballaban as terras do señor -
reserva- nun réxime de case escravitude propiedade directa do señor –a
reserva- e as terras dos seus vasalos. Nas primeiras traballaban os servos, nun
réxime de case escravitude, e constaban de terras de cultivo, fragas e pastos.
Nelas atopábase o castelo do señor, centro económico e militar do feudo,
construído nun lugar estratéxico arredor da torre da homenaxe.

Os vasalos-viláns eran, teoricamente, homes libres, donos das súas terras de


cultivo, que se chamaban mansos. Cada manso tiña unhas vivendas e unhas
terras de cultivo que alimentaban ao vilán e á súa familia. Debía existir unha
relación entre a extensión das terras do señor (terra indominicata) e o número

4
de mansos que delas dependían, xa que a man de obra das terras do señor
tamén a formaban os viláns-vasalos dos mansos. Estes estaban obrigados a
traballalas gratis uns días á semana. Un señor con moitas terras de cultivo e
poucos mansos veríase na obriga de alugar man de obra adicional.

O sistema de cultivo era o barbeito. A alternancia do barbeito podía ser dobre ou


tripla. Na primeira, barbeito e cultivo alternaban cada ano; na segunda,
cultivábase por vez primeira un cereal de inverno (trigo ou centeo), un cereal de
primavera (cebada ou avea) durante o segundo ano e se deixaba en barbeito o
terceiro ano. O primeiro sistema era usado preferentemente en dúas amplas
zonas: a mediterránea e a nórdica (Finlandia, Suecia) mentres que a da tripla
alternancia dominaba nas terras intermedias, de clima atlántico húmido:
Inglaterra, Alemaña, Países Baixos, Norte de Francia.

O gando máis numeroso eran as ovellas e os cabalos. O señor, que era


normalmente un guerreiro, precisaba ter moitos e bos cabalos para as súas
tropas. Por iso unha gran parte do feudo estaba dedicada a pastos. As fragas
eran entón, en Europa, enormes.

As ferramentas tamén eran


primitivas. Así, só moi
paseniñamente foise
perfeccionando o arado
romano (esvarante), cando se
Ilustración 3 Arado de veso con rodas que substituío ao antigo arado lle engadiu o veso fixo. Máis
romano
tarde, no século XI, fixéronse
arados máis pesados sobre rodas co que se
conseguiu unha cavadura máis profunda.

Os adiantos máis importantes fixéronse, tamén


pouco a pouco, no mellor aproveitamento da
forza dos animais de tiro cando se usou a
collera e a ferradura. Os muíños de vento non
apareceron ate os séculos XII ou XIII; pero na
Ilustración 4 Os muíños máis propios do
etapa feudal o utilizado era o muíño de auga. Occidente europeo eran de auga, coma este de
Lamela en Castroverde (Lugo)

5
O vasalaxe

Á autarquía económica feudal lle corresponde unha autarquía socio-política. Ao


desaparecer o poder institucional do Estado créase un novo nexo socio-político:
o vasalaxe.

O vasalaxe é unha relación persoal de poder. Obedécese ao inmediatamente


superior porque ése o seu vasalo e se lle xura obediencia. Unha persoa concreta
faise vasalo doutra e sta relación recha cando morre un dos contratantes.

Estas relacións de vasalaxe


crearon unha pirámide feudal de
títulos. Simbolicamente os títulos
máis importantes eran o Papa e
o Emperador. Por debaixo
quedaban os reis en cada nación.
E cada rei tiña á súa vez nobres
vasalos: duques, marqueses,
condes, baróns, cabaleiros. E
dada un destes nobres podía ter
outros vasalos máis pequenos.
Ilustración 5 Xuramento de vasalaxe a Xaime I
Todos, á súa vez, tiñan como
vasalos aos habitantes dos seus feudos, campesiños libres (viláns) ou
campesiños cuxa situación rozaba a escravitude (servos da gleba).

O contrato de vasalaxe supoñía uns dereitos e unhas obrigas. A nivel dos nobres
tratábase case sempre dunha prestación de axuda mutua. O señor
comprometíase a defender ao seu vasalo, incluso coas armas. O vasalo debía
socorrer ao seu señor na guerra, acudindo coas súas tropas, e aconsellalo na
formación dos tribunais. Dentro do seu feudo, o nobre, tiña como vasalos a viláns
e servos. E tamén o contrato de vasalaxe establecía dereitos e obrigas. O señor
protexía aos seus viláns e servos en tempos de guerra e os recollía no seu
castelo. A cambio diso o vilán ou o servo tiñan unha serie de obrigas co seu
señor, que ás veces eran moi duras. Debía pagar a súa protección cunha parte
da súa colleita ou traballando gratis as terras do señor uns días por semana, ao
mes ou ao ano.

6
Pero, ademais, tiña a obriga de levar a moer os seus cereais ao muíño do señor,
polo que tiña que pagar. E tamén debía facelo cando cruzaba as pontes que eran
do señor. O señor era o seu xuíz polo que ao vilán lle era imposible preitear
contra del. Precisaba do permiso do seu señor para casarse ou para marchar a
outras terras. Aínda que non dono dos mansos do seus vasalos o nobre tivo unha
serie de privilexios (xurisdicións) sobre eles; é o que coñecemos como dereitos
do señorío.

A sociedade feudal quedou así dividida en dous grandes grupos: os privilexiados


e o dos non privilexiados. Era unha sociedade estamental, na que as persoas
nacían dentro dun grupo determinado (estamento) e lles era practicamente
imposible saír del.

Os privilexiados eran os
guerreiros-latifundistas,
descendentes dos xefes
xermánicos do momento das
grandes emigracións, dos
grandes terratenentes
romanos do Baixo Imperio,
ou por guerreiros afortunados
ennobrecidos polo rei ou un
gran nobre e polo clero. Os
non privilexiados eran dos
descendentes dos
campesiños, colonos e
escravos do Baixo Imperio,
aos que se foron sumando elementos xermanos empobrecidos.

As relacións entre a minoría de privilexiados, que ocupaban o cumio da pirámide


feudal e a inmensa maioría dos non privilexiados foron difíciles. Desde arriba os
modos normais de manter a supremacía foron a guerra e a evanxelización
relixiosa. Os altos cargos da Igrexa foron ocupados, normalmente, por nobres.

7
A feudalización da Igrexa

Esta mesma estrutura feudal foi a que asumiu a Igrexa. Bispados e abadías eran
grandes feudos, coas súas terras e vasalos. Bispos e abades, ao mesmo tempo
que clérigos dependentes da Igrexa eran tamén vasalos dos reis.

Unha Europa rural e campesiña


esixía unha Igrexa campesiña. De
aí a grande importancia
económica que tiveron os
mosteiros. O mosteiro ou abadía
era, en principio, un feudo. Tiña
dependencias (mosteiro
propiamente dito) arredor dunha
igrexa, formando un grupo de
edificios máis ou menos fortificados; dispoñía de terras cultivables, pastos ou
fragas de propiedade directa cos seus propios servos da gleba e tamén tiña
vasalos-viláns en mansos distribuídos preto ou lonxe do mosteiro.

Pero os mosteiros tamén xogaron un papel moi importante desde o punto de


vista cultural na Europa feudal. Os seus monxes foron os que evanxelizaron aos
pobos xermánicos, os que lles ensinaron os métodos de labranza e os que
conservaron a cultura romana. Aplicando ás súas propias terras de cultivo
mellores sistemas de traballo, os mosteiros convertéronse en granxas-modelo
para os campesiños da
veciñanza. Nas súas
bibliotecas
conserváronse libros
romanos e grazas ás
copias, á man, que
facían con coidado nos
scriptoria2, bastantes
deses libros chegaron ata nos.

2
O singular é scriptorium

8
De todas, a orde monástica máis importante desta época foi a dos beneditinos,
que se espallou por toda Europa occidental e do Norte desde a súa casa nai en
Montecassino (Italia). Dúas reformas da orde dos beneditinos deron aínda maior
forza ao monacato. A primeira tivo lugar no século X no mosteiro de Cluny
(Borgoña, Francia). A nova reforma,
que se estendeu axiña a outros
mosteiros, establecía unha
dependencia directa co Papa e
proclamaba a súa independencia de
calquera poder civil. Os monxes
cluniacenses (entre eles o Papa
Gregorio VII) dirixiron a querela das
Ilustración 6 O mosteiro de Cluny chegou a ser o máis grande e investiduras3. Desde o punto de
importante de Europa. Este debuxo é unha reconstrución xa
que foi destruído durante a Revolución Francesa vista artístico foron os
propagadores da arte románica.

A reforma do Císter tivo lugar case douscentos anos máis tarde, a partir do
mosteiro de Citeaux (Francia) e acadou o seu máximo apoxeo graza á obra de
Bernardo de Clairvaux. Foron eles os que lle deron un importante pulo ás
mellores técnicas agrícolas, xa durante o século XIII e no seu estilo de arte xa
se avanza a arte gótica.

A cultura feudal

Unha sociedade campesiña, na súa maioría analfabeta, creou unha cultura


reducida, en gran parte aos ideais das súas clases dirixentes. O Cristianismo foi
a base fundamental desta cultura. A sociedade montouse sobre a idea das dúas
cidades, seguindo as ideas de Santo Agostiño, a cidade terrea e a cidade de
Deus. Imposibilitado o home, polo pecado orixinal, de conseguir a perfección e
a felicidade debe loitar por conseguilas na cidade de Deus, posiblemente máis
aló da morte. Polo tanto, esta vida é só un pequeno lapso de tempo camiño da
outra, máis importante. Deus está no cumio de toda a sociedade, que non debe
ter outra finalidade que a de chegar a El, a través da Igrexa.

3
Foi a disputa que mantiveron papas e emperadores entre os anos 1075 e 1124 pola autoridade dos
nomeamentos na Igrexa católica

9
A Igrexa é a que debe dirixir e instruír como
convén para que se logre esa finalidade. De
aquí o seu poder relixioso e político: a Igrexa
ten as chaves do Reino. Toda a ensinanza
está, por tanto, en función de Deus. A Teoloxía
será a ciencia á que deben levar todas as
demais.

Ademais da Igrexa, o nobre feudal impón a súa


concepción de vida do guerreiro. E os xograres
repiten polos castelos os versos dos cantares

Ilustración 7 O ideal do cabaleiro era a de xesta. O ideal


guerra, cando non había adoitaban loitar
entre eles en xustas ou torneos
do cabaleiro é a
guerra, que xustifica por algún fin nobre. Exáltanse
a bravura, a fidelidade, máis tarde o amor, case
sempre idealizado. E así xorden a Chanson de
Roland, sobre o feito histórico da derrota de
Carlomagno en Roncesvalles, a lenda dos
Nibelungos, no mundo xermánico ou o Poema do
Ilustración 8 Os xograres rememoraban
Mio Cid, na Castela do século XII. as fazañas dos cabaleiros nas festas

O Románico: a arte da época feudal

A unha sociedade rural como era a feudal tiña que corresponderlle por forza a
produción dunha arte cristiá rural. A igrexa é o edificio máis importante.
Podémola atopar nas pequenas cidades; pero sobre todo no campo: nos
mosteiros, nas vilas ou nos castelos. Adoita ser un edificio pequeno, aínda que
tamén atopamos grandes igrexas, construído en pedra, e cunha planta, uns
elementos construtivos e unhas formas decorativas moi parecidas en toda a
Europa feudal, de aí que sexa considerada a primeira arte europea. O nome de
románico venlle das súas influencias da arte dos romanos.

Unha igrexa románica pode ter unha planta basilical (como unha basílica
romana) ou planta de cruz latina, cunha nave principal máis longa e outra
(transepto) máis curta, que se cruzan (cruceiro). No fondo da nave principal
10
atópase unha ábsida semicircular. Nun dos lados adoita atoparse un claustro,
con pórticos, lugar de meditación dos clérigos e na fachada ou preto do cruceiro
un alto campanario.

O principal problema que atoparon os


construtores desta época foi o da cuberta. Os
teitos planos, de madeira, ardían con certa
facilidade. Foi preciso construír teitos de
pedra. Só se lles ofrecía unha solución: usar
a bóveda e a cúpula, que os bizantinos
construían con gran perfección. Ao comezo,
os intentos resultaron un pouco torpes; pero
despois das cruzadas, chegaron as técnicas
do Próximo Oriente e as igrexas románicas
fixéronse máis altas e perfectas. Os canteiros
Ilustración 10 Arquitectura románica. Planta souberon tallar axustadamente as pedras e
de cruz latina e alzados de Santiago e Cluny
calcularon
os pesos e forzas das bóvedas e cúpulas, para
construír paredes, pilastras e columnas o
bastante sólidas para poder sostelas.

As bóvedas utilizadas con máis frecuencia


foron as de media circunferencia, ou medio
canón. Para sostelas víronse obrigados a
construír muros moi grosos e non demasiado
altos. Tampouco puideron abrir grandes
ventás, porque restarían resistencia aos
muros. Fixeron pequenos ollos de boi,
redondos, ou seteiras. Aínda así foi preciso Ilustración 9 Arquitectura románica.
Elementos arquitectónicos
que na parte dos muros onde descansaban os
arcos de faixa, que descargaban unha parte da forza das bóvedas, construíran
macizos contrafortes.

A decoración destas igrexas podía ser escultórica ou pictórica. Tanto a escultura


como a pintura dependían totalmente da arquitectura. Esculpíanse, sobre todo
as fachadas e os capiteis dos claustros. As escenas representadas adoitaban
11
ser do Antigo e do Novo
Testamento. Aínda que
aparentemente faltos de
técnica naturalista na súa
representación, teñen unha
grande expresividade. Estas
figuras escultóricas e pinturas
Ilustración 11 Pórtico da Gloria. Santiago de Compostela. Sobre o buscaban ensinar e lembrar
apóstolo atopamos o Cristo Pantocrator rodeado polos catro
evanxelistas. os pasaxes da Biblia a
aquelas xentes que non
sabían ler. Enriba da porta principal –normalmente a que estaba orientada cara
o Oeste-, no tímpano semicircular, adoitaba representarse a Cristo Xuíz
(Pantocrátor) rodeado polos símbolos dos catro evanxelistas.

O Pantocrátor tamén era pintado no interior


da ábsida, no altar maior. Era un Cristo
severo, xuíz maxestoso. Pintábase sobre
unha parede, sobre unha capa de xiz
utilizando a técnica do fresco. Debaixo do
Pantocrátor se pintaba a santos e escenas
da Biblia. E tamén nas paredes. Ás veces,
cando a igrexa estaba dedicada á Virxe, era
representada, na ábsida co neno sentado no
regazo (Theótocos).
Ilustración 12 San Clemente de Tahull. Pintura
Aínda con algunhas variantes, o románico sobre a ábsida do altar maior.

construíu o mesmo tipo de igrexas en


Francia (San Sernin de Toulouse, Santa Magdalena de Vezelay...) que en
Alemaña (Spira, Worms), en Italia (Pisa) ou España (Santiago de Compostela,
San Xoán de la Peña, Santa María de Ripoll, San Isidoro de León...).

12

You might also like