You are on page 1of 8

Xeografía e Historia. 2º ESO.

Tema 1:
A Alta Idade Media e o Islam.

GUIÓN:
1. A Idade Media:
a. Contextualización cronolóxica e espacial.
b. Características xerais.
2. A Alta Idade Media: a súa orixe.
3. O Imperio Carolinxio:
a. Contextualización.
b. Características.
4. O Imperio Bizantino:
a. Contextualización.
b. Características.
c. Arte bizantina.
5. O Islam:
a. Contextualización.
b. A relixión musulmá.
c. Características.
d. Arte musulmá.

1. A Idade Media.

a. Contextualización cronolóxica e espacial.


 Idade Media período da Historia que abrangue dende o final da Idade Antiga, 476, caída
do Imperio Romano de Occidente (Roma), ata a caída do Imperio Romano de Oriente
(Bizancio) en 1453. Outros historiadores marcan o final da Idade Media no 1492, ano do
descubrimento de América.
 Etapas nas que se divide a Idade Media:
o ALTA IDADE MEDIA: séculos V ao X.
o PLENA IDADE MEDIA: séculos XI e XII.
o BAIXA IDADE MEDIA: séculos XIII e XV.
 O centro da historia desta época é o Mediterráneo entorno o cal se van desenvolver as
grandes civilizacións e culturas. América aínda non se coñecía ao igual que Oceanía, e os
continentes africanos e asiáticos estaban pouco explorados.

b. Características xerais.
 Política:
o Monarquía como forma de goberno. Ata o século XIII, o rei tiña un poder moi
débil ao depender dos nobres que lles daban cartos e homes para o exército. A partir
da Baixa Idade Media prodúcese un renacemento das cidades, e os seus habitantes,
os BURGUESES, buscan a protección real, aliándose co rei e aumentando o seu
poder fronte a nobreza.
o Época de invasións e guerras constantes. Inseguridade.
o Tres centros de poder:
 Os reinos xermánicos de Occidente, que nacen pola fragmentación
orixinada pola invasión dos xermanos. Son a orixe dos estados europeos.
Destaca o IMPERIO CAROLINXIO que unificará toda Europa Occidental
nun gran imperio.

1
Xeografía e Historia. 2º ESO.

 O Imperio Bizantino, antigo Imperio Romano de Oriente, con capital en


Constantinopla e que perdura ata ser conquistado polos turcos en 1453.
 O Islam, que nace en Arabia no século VII estendéndose polo Próximo
Oriente, norte de África e a Península Ibérica.
 Economía:
o Ata o século XII, predominio dun mundo rural, agrícola e de subsistencia.
Desenvólvese o FEUDALISMO.
o A partir do século XII, renacemento das cidades e das actividades urbanas, artesanía
e comercio fundamentalmente. Novas rutas comerciais dende Italia ao Báltico.
 Sociedade:
o Sociedade feudal, relacións de dependencia pola inseguridade existente: servos,
vasalos e señores.
o Sociedade estamental, organizada polo nacemento con tres estamentos: nobreza,
clero e pobo.
o Sociedade desigual, con privilexios para algúns e sen mobilidade social.
o Na Baixa Idade Media, o renacemento das cidades, burgos, orixinan un novo grupo
social, os BURGUESES.
 Pensamento:
o Protagonismo da relixión como forma de pensamento e orixe de conflitos e guerras
(Cruzadas).
o Convivencia do cristianismo, dividido en católicos e ortodoxos, do Islam e do
xudaísmo, as tres relixións monoteístas e do libro.
 Arte:
o Vinculado á relixión.
o En Occidente:
 Arte Prerrománico, durante a Alta Idade Media: carolinxio, hispano-
visigodo, mozárabe...
 Arte Románico, séculos XI e XII.
 Arte Gótico, séculos XIII e XIV.
o En Oriente:
 Arte Bizantino.
 Arte Musulmá.

2. A Alta Idade Media: a súa orixe.

Orixe: IMPERIO ROMANO, dende as Illas Británicas ata o norte de África, dende a Península
Ibérica ata a India. No século III prodúcese a crise do Imperio Romano. Causas:
o Presión dos pobos xermánicos, os BÁRBAROS, sobre os limes do Imperio. Saqueos,
inseguridade.
o Decadencia das civitas e da vida urbana. Proceso de ruralización, máis seguridade.
Empobrecemento.
o Extensión e hexemonía do cristianismo, de relixión perseguida a relixión oficial
(Teodosio, Edicto de Tesalónica 380). Critica os fundamentos ideolóxicos do Imperio,
poder absoluto do emperador, sociedade escravista, politeísmo...
As consecuencias, no ano 395, o emperador Teodosio divide o Imperio en dous:
o Imperio Romano de Oriente, que pasará a chamarse BIZANCIO e perdurará ata o 1453
con capital en Constantinopla.

2
Xeografía e Historia. 2º ESO.

o Imperio Romano de Occidente, con capital en Roma. No ano 476, os ostrogodos


dirixidos por Odoacro entra en Roma e destitúe ao último emperador, Rómulo
Augústulo, marcando o final do Imperio Romano e o inicio da Idade Media en Europa.

Así, durante a Alta Idade Media, na Europa Occidental asistimos á ÉPOCA DAS GRANDES
INVAISÓNS, que terá lugar entre o século III e X, e das que temos que diferenciar:
o CAUSAS:
 Cambios no clima. Malas colleitas. Buscan novos recursos.
 Aumento de poboación. Buscan novos recursos.
 Debilidade política e militar do imperio.
o PROTAGONISTAS:
 Primeiras invasións: XERMANOS:
 Orixe: norte e leste de Europa. Séculos V-VIII
 Son varios pobos cunha orixe común.
 Organizados en TRIBOS.
 Forte carácter guerreiro.
 Destacan: FRANCOS, VISIGODOS, SUEVOS, ANGLOS, SAXÓNS,
OSTROGODOS, VÁNDALOS, BURGUNDIOS, LOMBARDOS,
ALAMÁNS.
 Segundas invasións, a partir do século IX e X, protagonizadas por:
 ESLAVOS, HÚNGAROS (MAXIARES) ÁVAROS: procedentes dos
territorios do norte dos Cárpatos.
 NORMANDOS OU VIQUINGOS: procedentes de Dinamarca e a
Península Escandinava. Pobos de navegantes. Saqueadores. Invadiron
Gran Bretaña, Francia, e colonizaron Islandia e Groenlandia.
 ÁRABES: procedentes de Arabia e que ameazaban as rutas comerciais
do Mediterráneo.
o CONSECUENCIAS:
 Fin da unidade de Occidente.
 Formación de diferentes reinos que son a orixe dos estados nacionais europeos.

Estes reinos caracterízanse por:


o Ser estados monárquicos, o rei tiña o poder político e militar. Eran apoiados pola
nobreza guerreira coa que compartían o poder.
o O predominio dun mundo rural, cunha economía agrícola e gandeira de subsistencia,
con técnicas moi rudimentarias e baixa produtividade non orixinando excedentes para
comerciar.
o Unha sociedade rural, onde a nobreza e a Igrexa acumularon grandes propiedades ou
latifundios. As súas terras eran traballadas polos campesiños que dependían deles para
subsistir e defenderse.
o A asimilación da cultura dos territorios invadidos e o cristianismo.

3. Imperio Carolinxio.

a) Contextualización.
 Reino Franco.
 Orixe: Imperio Romano de Occidente> Proceso de xermanización> Formación dos reinos
xermanos> REINO FRANCO.

3
Xeografía e Historia. 2º ESO.

 Reino Franco:
o 736: Os reis franco deixan o poder en mans dos mordomos de palacio. Un deles
CARLOS MARTELL, na BATALLA DE POITIERS, frea o avance musulmán dende
a península.
o 751: PIPINO I, O BREVE. Mordomo de palacio (primeiro ministro). Derroca ao rei e
ocupa o trono. Nova dinastía, a CAROLINXIA, lexitimada despois da axuda que Pipino
e o seu fillo Carlos deron ao Papá para derrotar aos lombardos que invadiran Italia.
o 768: CARLOS chega ao trono. A súa idea: restaurar o antigo Imperio Romano de
Occidente, volver a acadar a unidade de Occidente. Conquista territorios: norte de Italia,
reinos xermánicos e territorios dos Perineos. Crea un imperio que se extende polo
occidente e centro de Europa. Capital en Aquisgrán.
o 800: Nomeado emperador polo Papa León III recibindo o título de Magno (o Grande).
o 814: Morte de Carlomagono. Novo rei o seu fillo LUIS, O PIADOSO.
o 843: Tratado de Verdún. División do Imperio entre os seus fillos:
 Luis, o Xermánico, establece a súa capital en Baviera e obtén os territorios
xermánicos dende os Alpes ao Rhin.
 Carlos, o Calvo, recibiu a parte occidental do Imperio, os territorios de Francia,
Borgoña, Aquitania, orixe do reino de Francia.
 Lotario estableceuse en Italia, recibiu o título de emperador e os territorios
intermedios da Lombardía, Provenza... A súa morte, os seus territorios foron
divididos entre os outros dous, separándose así Francia e Xermania.
o 962: OTÓN I, emperador xermano, ocupa Europa central e parte de Italia. Funda o
SACRO IMPERIO XERMÁNICO.

b) Características.
 Monarquía como forma de goberno.
 Rei asesorado pola CORTE, persoas que vivían con el no palacio e que o asesoraban.
 Organización territorial: O imperio dividíase en provincias, chamadas CONDADOS, ao fronte
de cada unha, un CONDE. As provincias que estaban nas fronteiras do imperio chamábanse
MARCAS, gobernadas por un MARQUÉS e con maior presenza do exército. Os territorios
máis importantes chamábanse DUCADOS e estaban gobernados por un DUQUE.
 Predominio da economía rural, agrícola. A terra dividíase en latifundios que o rei entregaba
aos nobres. Os campesiños non eran propietarios e estaban baixo a autoridade do nobre.
 Desenvolvemento cultural. Protagonismo da corte de Aquisgrán: RENACEMENTO
CAROLINXIO.
 Destaca a la labor levada a cabo polos monxes que copiaban os textos da Antigüidade.
Inventaron a escritura carolinxia e iluminaban os seus manuscritos con MINIATURAS.
 Protagonismo da arquitectura, onde utilizan o ladrillo e a pedra, o arco de medio punto e o plan
central. Influencias orientais na decoración de mosaicos. CAPELA PALATINA DE
AQUISGRÁN.

4. O Imperio Bizantino.

a) Contextualización.
o Orixe: 395, división de Teodosio. Imperio Oriental, capital Constantinopla, Estambúl
en árabe.
o Localización, zona estratéxica, estreito do Bósforo, entre o Mar Negro e o
Mediterráneo, entre Oriente e Occidente (comercio, rutas).

4
Xeografía e Historia. 2º ESO.

o Máxima expansión: reinado de Xustiniano I o Grande (527-565): Norte de África,


Italia, sur da Península Ibérica.
o A partir do século VII foi perdendo territorio pola presión doutros pobos: persas polo
leste, árabes dende o sur (perda dos territorios de Siria, Palestina, Exipto), eslavos
(búlgaros) polo oeste (territorio dos Balcáns). A partir do século XI o seu territorio
queda limitado á zona entorno a súa capital ata que finalmente sería conquistada polos
turcos otomanos en 1453.

b) Características.
 Política:
o Monarquía. Emperador chamado BASILEUS. Tiña poder político e relixioso
(teocracia).
o Bases do poder real: EXÉRCITO, profesional. Protagonismo dos MERCENARIOS
(soldados a soldo). E os FUNCIONARIOS. Elementos de unidade.
o Territorio dividido en provincias o THEMAS, a súa fronte o ESTRATEGO ou
gobernador.
o Unidade xurídica: CÓDIGO DE XUSTINIANO, código de leis inspirado no dereito
romano.
 Economía:
o Actividades:
 Agricultura e gandaría. Latifundios como forma de propiedade.
 Artesanía: ourivaría, teas, sedas, tapizarías, coiros. Destinados á
exportación.
 Comercio. Gran importancia pola súa situación ao ser cruce das rutas que
comunican Occidente e Oriente: peles, marfís, perfumes, escravos,
especias...
 Sociedade:
o Desigual.
o Un grupo minoritario, a NOBREZA, propietaria dos latifundios. Co emperador
somete ao pobo e impón fortes impostos. Vivían na capital e ocupaban altos cargos
da administración e a Igrexa.
o Un grupo maioritario, o POBO. Dentro del podemos diferenciar un grupo de
CAMPESIÑOS LIBRES, BAIXO CLERO e ARTESÁNS E COMERCIANTES, e
por debaixo deles os SERVOS e ESCRAVOS que non eran libres e estaban
sometidos a traballos e condicións de vida moi duras.
 Cultura:
o Desenvolvemento cultural.
o Continuidade da cultura greco-latina.
o Dos gregos tomaron a lingua que a partir do s. VII foi a lingua oficial do imperio.
o Dos romanos, o dereito, a administración, o cristianismo...
 Relixión:
o Cristianismo, relixión oficial. Non había tolerancia relixiosa. Estenderon o
cristianismo e converteron aos pobos eslavos ao cristianismo.
o Teocracismo: unión do poder político e relixioso na figura do emperador.
o 1054, Cisma de Oriente: separación da Igrexia Católica, con sede en Roma e que
obedecerá ao Papa, e a Igrexa Ortodoxa, con sede en Constantinopla e que
obedecerá ao seu patriarca.

c) Arte Bizantina:
 Estilo bizantino, é o resultado da influencia oriental e clásica.

5
Xeografía e Historia. 2º ESO.

 Características:
o Arquitectura:
 Relixiosa, basílicas.
 Planta basilical (alongada con varias naves e unha ábsida semicircular) ou
planta de cruz grega.
 Alzado, arcos de medio punto, cúpulas semiesféricas, soportada por
contrafortes.
 Predominio do interior sobre o exterior. No exterior ladrillo, sen decoración,
no interior importancia da decoración e a luz. Uso de pintura e mosaicos.
o Artes decorativas:
 Mosaicos, pinturas, esculturas.
 Cores vivas.
 Figuras planas, sen volume.
 Rixidez, frontalidade.
 Sen expresividade.
 Iconas: sobre madeira e fondos dourado, imaxes da Virxe, santos ou Cristo,
co nimbo.

5. O Islam.

a) Contextualización.
 Orixe: Península Arábiga. Tribos nómades dedicadas á gandaría e ao comercio de caravanas.
A mesma lingua. Politeístas. Enfrontamentos entre elas.
o Sur da Península, máis fértil, agricultura. Ruta co Mediterráneo. Comercio. O centro de
todo, a cidade da Meca.
o 610: MAHOMA comerciante da Meca, dice que o arcanxo San Gabriel lle transmite
unha nova relixión, o Islam. Deixa todo e empeza a predicar esta relixión monoteísta
(ALÁ).
o 622: Mahoma é expulsado de a Meca, a HÉXIRA, que marca o inicio da era musulmá.
Estableceuse en Medina onde acada un gran poder.
o 630: Mahoma regresa á Meca e a converte no centro do Islam. Prohibe os cultos
politeístas e conserva a KAABA, a pedra sagrada.
o 632: morte de Mahoma. Tribos árabes baixo a súa autoridade.
 Expansión:
o Os sucesores de Mahoma chámanse CALIFAS e os territorios que gobernan
CALIFATO.
o Rápida expansión por varias causas:
 Maior motivación dos soldados musulmáns. Loitan pola súa fe, a xihad.
 A corrupción dos imperios bizantinos e persas, orixe do descontento dos seus
pobos aos que impoñen altos impostos.
 A tolerancia do Islam cara outras relixións nos seus comezos, o que fixo que
foxe respectado polos xudeus e cristiáns.
 A diplomacia musulmá que lles permitían ocupar territorios de forma pacífica,
respectando as institucións e aos funcionarios autóctonos a cambio de recoñecer
a súa supremacía.
 Evolución:
o 632-631: CALIFAS ORTODOXOS. Familiares de Mahoma. Expansión territorial:
Península Arábiga, Siria, Palestina, Exipto (Bizantinos), e Mesopotamia e Persia
(Imperio Persa).

6
Xeografía e Historia. 2º ESO.

o 631-750: CALIFATO OMEIA. Guerra Civil. Nova dinastía: os OMEIAS. Capital en


Damasco. Expandiron o imperio ata a India, Samarcanda e Península Ibérica. Foron
freados en Constantinopla e en Poitiers.
o 750- 1258: CALIFATO ABASÍ. Nova dinastía: os ABASÍS. Capital Bagdad.
Centralización. Época dourada, séculos VIII ao X.
o Século X: DECADENCIA. Guerras Civís. División do califato noutros máis pequenos
e independentes (Al-Andalus (Omeias), Exipto (fatimís), Turcos...). A partir do século
XIII o califato esténdense polas rutas comerciais (África, India, Indonesia, Filipinas...).

b) Características.
 Organización política o CALIFATO, gobernado polo CALIFA que tiña o poder político e
relixioso.
 Administración que axudaba ao califa:
o VISIRES: ministros que eran os que realmente gobernaban.
o EMIRES ou WALIS, gobernaban as provincias nas que se dividía o territorio.
o CADÍS ou XUÍCES que impartían xustiza tanto nos aspectos civís como relixiosos.
o DIWÁNS, os tesoureiros que recadaban os impostos
 Economía moi desenvolvida. As principais actividades foron:
o Gandaría seguindo a tradición nómade.
o Agricultura, inventaron a técnica do regadío, os pozos, alxibes onde recollían a auga da
chuvia, acequias ou canles para distribuír a auga, noras e terrazas para os terreos en
desnivel. Entre os cultivos: aaroz, algodón, cana de azucre, cítricos, hortalizas...
Inventaron a salgadura e o escabeche para conservar os alimentos.
o Comercio, aproveitando a súa situación entre Oriente e Occidente. De Europa
Occidental traían madeira, ferro, estaño, prata. Da oriental, peles, ouro, cobre. De Asia,
especias, perfumes, seda... De África, marfil, ouro, escravos. Destaca a RUTA DA
SEDA que traía produtos de luxo de China e Asia Central...
o Artesanía, vinculada ao comercio: téxtiles, alfombras, xoias, armas, vidrio, azulexos,
cerámica...
o Desenvolveron a moeda, o DINAR (ouro) e o DÍRHAM (prata).
 Predominio do mundo urbano. As cidades presentaban un plano irregular onde destacaban
algunhas partes:
o MEDINA, parte principal e amurallada. Dentro dela estaban os edificios máis
importantes: alcazaba, mesquita, madraza, zoco, baños públicos, alhóndiga... Os barrios
de vivendas tiñan rúas estreitas e laberínticas. Aqueles onde vivían os xudeus
chamábanse xudarías.
o ARRABALES, barrios situados fóra das cidades igual que os cemiterios.
 Sociedade fortemente xerarquizada. Podemos diferenciar:
o ARISTOCRACIA, unha minoría. Eran os terratenentes e estaba formada polas familias
de orixe árabe, que ocupaban os cargos políticos, e as familias importantes dos
territorios ocupados, convertidos ao Islam e que ocupaban cargos menos importantes.
o Musulmáns que tiñan máis dereitos.
o Os cristiáns e xudeus, aos que respectaron as súas costumes e relixión. Non tiñan tantos
dereitos e pagaban máis impostos. Moitos acabaron por converterse.
o Escravos, de orixe turca, eslava e africana. Escasos. Se se convertían ao Islam deixaban
de ser escravos xa que esta relixión prohibía ter escravos musulmáns.
o As mulleres estaban totalmente sometidas aos homes. O uso do velo, que copiaron aos
bizantinos e persas, foi obrigatorio.
 Cultura, unidade, unha lingua (árabe), unha relixión e unhas mesmas costumes. Asimilaron
elementos das culturas que conquistaban: números arábigos, sistema decimal, papel, xadrez,

7
Xeografía e Historia. 2º ESO.

compás, textos e relatos indios, persas, de Oriente. De Occidente recuperaron o pensamento


dos gregos que foi recuperado polos occidentais a través deles.
 Relixión: Relixión do libro, o CORÁN dividido en SURAS ou capítulos. Recoñe o que Deus
revelou a Mahoma. Foi escrito despois da súa morte.
o Os seus principios son:
 Monoteísmo, un só Deus, Alá. Un único profeta, MAHOMA.
 Oración, cinco veces ao día en dirección á Meca.
 Esmola aos máis pobres.
 Ramadán, facer xaxún ao día durante un mes.
 Peregrinación á Meca ao menos unha vez na vida.
o SHARIA, a lei islámica, leis de obrigado cumprimento:
 Non se representan imaxes de Alá, de Mahoma ou a figura humana.
 Non comer carne de porco ou bebidas alcohólicas.
 En lugar de sacerdotes hai IMÁNS, que dirixen a oración, e ULEMAS, que
estudan o Corán.
o Diferentes correntes:
 SUNITAS, 90% dos musulmáns. Seguen o Corán e a Sunna que recolle relatos
da vida de Mahoma.
 XIÍTAS, 10%. A división prodúcese cando os Omeias chegan ao poder, ao
recoñecer só aos califas ortodoxos, sucesores de Alí o derradeiro deles. Teñen
as súas propias normas e líderes, os AIATOLÁS.

c) Arte islámica.
 Predominio da arquitectura, tanto relixiosa (mesquitas) como civil (alcazabas, baños, zocos,
mausoleos...)
 Entre as súas características destacan:
o Materiais de construción moi pobres, ladrillo.
o Importancia dos elementos decorativos, tanto materiais que recubrían os edificios,
azulexos, como motivos decorativos como os caligráficos, atauriques (vexetais) e
lazaría (xeométricos).
o Uso do arco de medio punto con doelas de cores (Roma), dos lobulados (Oriente) e dos
de ferradura (visigodos).
o Uso de bóvedas e cúpulas moi diversas e de gran valor decorativo: bóvedas de
mocárabes, de cruzaría, lobulada...Os seus nervios nunca se cruzan no centro.
 O edificio máis importante é a MESQUITA que era o lugar de oración. Tiña varias partes:
o PATIO ou SHAN, porticado onde estaba o ALMINAR ou MINARETE para chamar á
oración e a fonte das ablucións xa que tiñan que lavarse antes de entrar a orar.
o No interior estaba o HARÁM que era a sala de oracións con columnas orientadas cara
a QUIBLA que era o muro dirixido á Meca onde estaba a MACSURA, o lugar onde se
colocaba o IMÁN para dirixir a oración, e o MIHRAB, o lugar máis importante onde
se atopaba o CORÁN.

You might also like