You are on page 1of 17

BLOQUE 1: INICIOS DA IDADE MEDIA (SS: IV-VII).

TEMA 1: CRISE E TRANSFORMACIÓNS DO BAIXO IMPERIO ROMANO. MIGRACIÓNS


E ASENTAMENTO DOS POBOS BÁRBAROS.

1.1. A desintegración do Imperio Romano de Occidente.


A caída de Roma: idea cada vez máis cuestionada e rexeitada pola historiografía.
● Continuidade do Imperio Romano de Oriente (ata finais do século XV);
● Aporte fundamental da tradición romana na parte occidental.
Fronte ás ideas de ruptura, final da civilización, … outras como desintegración (Occidente).
Chris Wickham: A tendencia, xa consolidada no século V, de dividir o Imperio en dúas
metadaes acaba por danar, no caso occidental, a súa capacidade para responder a
ameazas.
Antes do comezo do fin: a fronteira norte do Imperio cruzaba a actual europa de leste a
oeste. Grandes diferenzas, pero tamén elementos que daban cohesión ao Imperio:
calzadas; administraciñon, o sistema político e militar e unha gran desigualdade social
(moitos escravos, marcadas diferenzas ricos-pobres).

Complexa situación no século II (“crise” do século III):


● Pesada fiscalidade,
● Gran poder na vida social e económica dos grandes propietarios senatoriais,
● Sociedade cada vez máis xerarquizada, con pouca mobilidade interna,
● Extensión do modelo do colonato ou campesiñado non propietario.

Outros cambios: retroceso do papel da cidade, ruralización (máis marcada en occidente que
en oriente), con gran peso da grande propiedade rural autárquica. Oriente gaña peso en
cuestións económicas e comerciais.

Intentos de reforma dos emperadores Diocleciano (e.284-305) (fai unha das últimas grandes
reformas), Constantino (e. 306-337) e Teodosio (e. 379.395). Pero a situación era
demasiado compleza e estas reformas non chegaron a ser efectivas.

Tres feitos fundamentais deste período de transición:


● 380: o cristianismo é procalmado a relixión oficial do Imperio romano (Teodosio)
(Edicto de Tesalónica);
● 395: o imperio divídese definitivamente á morte do emperador Teodosio entre os
seus dous fillos:
○ Oriente: Arcadio (m.408). Capital: Constantinopla.
○ Occidente: Honorio (m.423). Capital: Ravenna.
● 406: pobos bárbaros cruzan por primeira vez o limes do Imperio.
Unha cuarta data, con máis peso simbólico que impacto efectivo real, foi o 476, ano da
deposición de Rómulo Augusto, último emperador do Imperio Romano de Occidente.

Distinta situación ao norte do limes: a propia dos pobos chamados polos romanos
“bárbaros”.
Dous conceptos:
● Bárbaros (barbaroi): orixe onomatopeica. Aplicado a quen vivía fóra das fronteiras do
Imperio (celtas, xermanos, escitios, etíopes, persas…) a calquera persoa
“estranxeira” inicialmente termo de connotacións neutras.
● Xermanos: grupo de pobos bárbaros (criterios xeográficos, lingüísticos, …).

Do contacto entre estas dúas sociedades (romana e xermana, moi distintas entre sí) nacerá
a Idade Media.

1.2. Migracións e asentamentos dos pobos bárbaros.


Escaseza de fontes escritas sobre os pobos máis aló do limes. Fontes externas,
persentados como un mundo primitivo.
Distintas propostas de clasificación, por criterios como a xeografía ou ramas dialectais.

É posible a identificación dalgúns trazos comúns en distintos ámbitos:


● Trazos económicos comúns:
○ agricultura sedentaria, tamén itinerante en zonas de bosque,
○ artesanía: metalurxia e ourivaría,
○ comercio rudimentario (con Roma no limes),
○ escasa presenza de moeda,
○ moi escaso papel económico da cidade. Compoñente militar ten moita
importancia.
● Organización social:
○ Sippe ou familia ampla, cun cabeza de familia que é o depositario de
autoridade,
○ Tribo,
○ Pobo (Gau).
● Organización política:
○ Asembleas de guerreiros (madlus, thing): elección do xefe,
○ Consello de notables, actúa como asesoramento político
○ Aristocracia (Hausherren) de guerreiros (importancia do papel militar,
privilexiada).
○ Dous tipos de realeza:
■ Realeza militar electiva (Heerköning).
■ Realeza dinástica.
○ Confederación de pobos (Stammesbildung), unión puntual entre pobos baixo
un líder que actúan de forma común en contra dun enimigo común.

Pobos:
1. Pobos Marítimo (anglos, xutos, saxóns, frisóns).
2. Gran Bretaña e Irlanada (pictos e scotos).
3. Zona do limes (francos, lombardos, turinxios, burgundios, alemanes, vándalos
asdingos, vándalos silingos…).
4. Leste de Europa (ostrogodos, visigodos).
5. Norte de África (bérberes).

Que acontece no Imperio Romano de Occidente no século V? Chris Wickham: Dicho en


pocas palabras, lo que sucedió en el siglo V en el imperio romano de Occidente fue que las
incursiones bárbaras procedentes del norte, pese a haber sido un acontecimienyp habitual
durante buena parte de la historia de Roma, provocaron esta vez una dislocación política,
ya que un conjunto de ejércitos que no se tenían por romanos se apoderaron de las
diferentes provincias de Occidente, creando en ellas otros tantos reinos independientes.

1.2.2 Penetración e asentamento no Imperio. Antecedentes inmediatos: a presión


bárbara nas fronteiras.
Explicacións tradicionais:
● Aumento da poboación bárbara.
● Teoría dominó: os hunos fan presión sobre os godos, estes á sñua vez presionan a
outras tribos ata que o limes ve inundado de pobos bárbaros.
● Outra teoría: a presión crecente nas fronteiras explícase polos cambios e
desenvolvementos políticos entre os propios bárbaros. No s.III, Roma está en crise
mentres os bárbaris se reorganizan.
Migracións bárbaras como resultado do fin do Imperio Romano de Occidente.

Situación de inestabilidade política no occidente do século V que dificulta o equilibrio na


410tradicional política romana de, por uhn lado, utilizar aos bárbaris e por outro exercer o
control sobre eles.
No século V continúase a política dos séculos precedentes: permitir a entrada de
continxentes foráneos, asentalos nos confíns do Imperio e utilizalos como recrutas para o
exército.

Tentativa nos inicios da centuria: Visigodos na Galia; Vándalos na actual arxxelia;


Burgundios na actual Xenebra.

Outro debate: grao de “barbarie” destes pobos: Distinto grao de romanización; constátanse
matrimonios mixtos, líderes bárbaros que sabían latín, maioría de cristiáns (arrianos)...

Novo factor na política europea de finais do s.IV: os hunos, grupo nómade de Eurasia que
se moveron ao oeste desde c.350 d.C.
Non forman un corpo único con obxectivos cogerentes. Partidas de saqueo e alianzas
puntuais con outros pobos. Líder máis destacado: Atila (434-453). 395: grupo de hunos
cruzan o Cáucaso. Non se produce unha chegada masiva de hunos a Danubio, senón unha
lenta acumulación de presión que propiciou a crise entre os godos.

● 375-395. Visigodos no Imperio de Occidente.


○ 375: os hunos cruzan o río Don. Os visigodos, derrotados, refúxianse en
territorio romano.
○ 378: batalla de Adrianópolis, exército imperial derrotado pola calabería
gótica.
○ Tratado de federación entre o emperador Teodosio e os visigodos.
Pacificación.
● 395-410. Honorio emperador do Imperio Romano de Occidente.
○ Ataques dos visigods, avance huno, desprazamento de distintos pobos.
○ 406: suevos, vándalos e alanos rompen o limes e inician a invasión da Galia.
○ 409: suevos, vándalos e alanos pasan da Galia a Hispania.
○ 410: saqueo de Roma por tropas visigodas.
● 410-423. Asentamento de pobos no Imperio de Occidente.
○ Suevos: Gallaecia (centros: Braga, Lugo);
○ Vándalos e alanos: Lusitania e Cartaxinense;
○ Visigodos: Galia e Hispania (desde 415). Loitan a servizo de Roma.
○ Instalación, non conquista militar e política: división de zonas de
aproveitamento.
○ Cambio no 418: os visigodos aséntanse como confederados no SE da Galia.
● 423-455. Aecio, xefe do exército romano.
○ 429: os vándalos cruzan o estreito de Xibraltar.
○ Britania: a petición de auxilio a Roma é desatendida. As tropas romanas
abandonan definotivamente a illa (442). Fuxida de bretóns á Armórica e
entrada de anglos, xutos e saxóns.
○ Derrota de Atila no 451 (exército comandado por Aecio, tropas romanas e
visigodas).
● 455-500. A disolución do poder imperial.
○ 455: novo saqueo de Roma.
○ Reinos bárbaros por todo occidente:
■ visigodos e burgundios na Galia
■ intento de control de toda a Península Ibérica por parte dos suevos
○ 476: deposición de Rómulo Augusto.
○ 493: reino ostrogodo de Italia.
● Novo equilibrio en occidente: dominio xermánico e arriano.

➢ Incapacidade romana para asimilar as migracións.


➢ No s.V continúa a visión do bárbaro como culturalmente inferior.

Recapitulación.
● No s.V continúa a visión do bárbaro como culturalmente inferior, estraño á
verdadeira civilización (a romana), pero convive cunha nova opinión: os bárbaros
achegan valores superiores aos do despótico estado baixo-imperial.
● Falta de entusiasmo ante os valores que había que defender.
● Igrexa: dáse conta de que está por encima da sorte de roma, o que debilita un
motivo fundamental para a resistencia.
● A pesar da sinalada romanización, producíronse cambios cruciais:
○ Pobos bárbaros non se identificaban como romanos.
○ Esvaecemento da antiga unidade do oeste e emerxencia de sistemas
políticos separados.
○ Menor complexidade económica trala caída do complexo aparato fiscal.

Que sobrevive de Roma?


● Estruturas culturais e sociopolíticas de tipo xeral do pasado romano servirán de base
dos sistemas políticos altomedievais.
● Patróns da sociedade provincial romana e a igrexa cristiá.
● Cultura e valores do poder público.

1.3. A continuidade do Imperio Romano de Oriente.


330: Fundación de Constantinopla. Emprazamento estratéxico.
380: Edido de Tesalónica, cristianismo relixión oficial do Imperio.
395: División do Imperio por Decisión de Teodosio I: Imperio Occidental, emperador
Honorio, capital en Ravena; Imperio Oriental, emperador Arcadio, capital en Constantinopla.
● Imperio cristián. Patriarca de Constantinopla á cabeza da Igrexa oriental.
● Poder imperial emanado da divinidade: Carácter sacral, gran influencia da Igrexa.
● Emperador coroado polo patriarca de Constantinopla. Demais compoñentes do
ritual: proclamación.


Tras a deposición do último emperador de Occidente, o xefe huno Odoacro enviou as
insignias imperiais a Zenón, emperador en Oriente, Estabilidade política e saneamento
económico durante os gobernos de Zenón (e. 474-491) e o sucesor Anastasio (e.491-518).
518: Falecemento de Anastasio, seguido dun golpe de estado. Ascenso do xefe da garda
dopalacio, Xustiniano I, iniciando un novo periodo.

Esplendor do Imperio: Xustiniano.


● Emperador presentado como un autócrata intervencionista, defensor da ortodoxia.
Historia secreta, Procopio.
● Primeiro gran apoxeo de Bizancio.
● Unidade, romanidade e inmobilidade, Modelo de emperador con capacidade para
decidir en todos os ámbitos.
● Emperador acompañado por un núcleo de colaboradores fundamentais, como a
emperatriz Teodora, Triboniano (magister officiorum) e Balisario e Narsés.

Inicio do Reinado.
● Paz con Persisa,
● Sublevación no 532 tras unha suba de impostos (NIka). Consecuencias:
reforzamento do carácter autocrático e ditatorial e centraluzación e burocratización
do sistema.
● Compilación do Dereito Romano: Corpus Iuris Civilis. Dividido en 4 partes de dereito
e lexislación.
● Defensa da ortodoxia cristiá ao longo de todo o reinado.

A expansión Territorial Bizantina.


● Conquista do reino vándalo de África, 533-534.
● Conquista da Italia ostrogoda. 535-555.
● Conquista da Hispania visigoda, 551-552.
● Motivación destas campañas:
○ Desexo de reconstruír a antiga unidade do Imperio.
○ Intervencións para restablecer a orde ante problemas internos políticos dos
territorios.

O Final do Reinado.
542-565: época de crise, de debilitación do poder e do goberno do emperador.
● 541-542: peste.
● Problemas nas fronteiras: esclavos e búlgaros nos Balcáns, sasánidas ao leste.
● Crise económica: proxectos demasiado ambiciosos para a capacidade económica
do Imperio.
● Rebrote do conflito monofista (herexía).
TEMA 2: EVOLUCIÓN POLÍTICA, ECONÓMICA E SOCIAL DA EUROPA OCCIDENTAL.

O PANORAMA POLÍTICO DESPOIS DAS MIGRACIÓNS E A DESINTEGRACIÓN DO


IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE.

2.1. Elementos comúns.


● Aportación xermánica:
○ Dificultade para acomodar a súa poboación aos territorios.
○ Monarquía en proceso de consolidación.
○ Actitude desigual con respecto á herdanza romana.
● Aportación romana: continuidade dalgunhas estruturas culturais e sociopolíticas
xerais do paso romano, que axudaron a definir os novos sistemas políticos
altomedievais.
○ Patróns da sociedade provincial romana e da Igrexa católica:
■ Onde sobreviven as cidades, continuidade na importancia da
sociedade baseada no modelo urbano. Sobreviven aquelas que eran
sedes episcopais.
■ Adaptación da sociedade provincial romana á recén chegada e
viceversa.
■ Maior importancia dos bispos: papel relixioso, pero tamén político e
económico.
○ Cultuura e valores do poder público. Os novos reis pasan a empregar o
concepto de publicum para referir aos seus dereito, os dos funcionarios e
outros aspectos (ámbito dos tribunais de xustiza, rede de calzadas,..).
Mantívose tamén a diferenza público-privada.
● Igrexa: pasou dunha identificación inicial entre catolicismo e patriotismo romano a
aceptar aos recén chegados por medio da súa conversión ao cristianismo.
● Imperio Bizantino:
○ Mantén intensas disputas políticas e doutrinais co papado.
○ Faise presente en todos os lugares, salvo Inglaterra.
○ Moralmente en Francia e en menor medida en Gallaecia.

A Crise Postxustinanea.
Gobernos de Transición menores primeiro. Depois chega o Reinado de Mauricio (582-602),
intento de xestión máis eficaz pero múltiples problemas herdados:
● gran reforma territorial para mellor control dos territorios.
● paz con sasánidas.
602: revolta contra Mauricio, encabezado por Focas (602-610), proclamado emperador.
Situación delicada no Imperio, reaccións militares contra Focas. Heraclio faise co control do
Imperio, dando inicio á nova dinastía heráclida.

Heraclio.
● Responsable da reacción bizantina, emprende medidas que conseguen revertar a
tendencia negativa.
● 610-627: problemas nas fronteiras.
○ Paz con avaros, estabilización na fronteira balcánica.
○ Gran ameaza: persas. reorganización do exército: vitoria de Bizancia sobre
os persas no 627.
● 627: grave crise no Imperio persa, Bizancio recupera territorios.
● 632: falece Mahoma, iníciase a gran expansión musulmá.
● 639-641: problemas externos. Destaca a expansión musulmá: en 10 anos perden ⅓
do Impeiro.

Consecuencias:
● Completa helenización.
● Homoxenización relixiosa.
● Imperio máis reducido territorialmente, homoxenización relixiosa, máis papel da
Igrexa.
● Final da transición entre a herdanxa romana e o Imperio Bizantino.
● Últimos 30 anos da dinastía heráclida: importante crise do poder imperial. Todos
depostos de forma violenta.

Bases económicas do Imperio.


● Explotación agraria. División dos latifundios romanos (s.IV) para campesiños libres.
● Comercio: controlado polo estado.
● Industria (seda, perfumes, cera, xabón,...)
● Existencia dunha moeda forte. Decisiva na economía imperial.

Trazos xerais:
● Cultura do público.
● Política asemblaria. Asambleas: único elemento que non ten unha orixe romano;
reunións do conxunto da comunidade política, ben de carácter nacional ou local,
esencias para lexitimar o poder dos monarcas e as súas accións, e os fallos dos
tribunais. Asociouse coa noción romano do público, reforzándose ambas
formulacións mutuamente.
● Cristianismo e rede de bispos.
● Paulatino esvaecemento do sistema fiscal.
● Inicio dunha política baseada na posesión de terras.
● Diminución das riquezas da aristocracia.
● Xurdimento dun campesiñado máis independente.
● Simplifiación do sistema económico.
● Un exército integrado por terratenentes e cuxos xefes non pertencen xa á
aristorcracia civil, progresivamente, notable militarización dos valores aristocráticos e
perda da importancia da educación literaria das élites civís.

2.2 O Novo Mapa Europeo: territorios e reinos.


Panorama tras o final do Imperio Romano de Occidente: complexo, con múltiples realidades
políticas.
Múltiples posibilidades de análise: pola súa duración, por familias dos pobos, por cronoloxía,
polo seu final, etc. Criterio elixido: o xeográfico, prestando atención ao que acontence en
distintas rexións do antigo Imperio Romano de Occidente.

Outras rexións que non serán analizadas:


● Balcáns: pouco tempo baixo o dominio xermánico (re)conquistados polo Imperio
Romano de Oriente. Máis tarde: ameaza eslava.
● Norte de África:
○ Reino vándalo, 429-534;
○ Imperio Romano de Oriente (finais s.VII-inicios s.VIII);
○ Califato Omeia de Damasco.

ITALIA.
Realidades políticas principais:
● Reino ostrogodo, 490/493-554;
○ Penetran en Italia no 490. Instálanse no norte, en réxime de hospitalidade
(reparto de rendas).
○ Teorico o Amalo ou o Grande (r.474-526):
■ Defensor da tradición romana, adapta o seu sistema;
■ Administración: poucos cambios;
■ Dualismo:
● Competencias militares para os ostrogodos;
● Competencias civís para os provinciais romanos.
■ Relación con outros reis xermánicos. Ten unha imaxe de hexemonía.
■ Fin do reinado: desconfianza, autoritarismo.
○ Difícil sucesións, provincias romanas contactan cos bizantinos. Entrada
tropas bizantinas (535), resistencia ostrogoda.
○ 554: fin da loita, Italia arruinada e vitoria de Bizancio.
● Imperio Romano de Oriente, desde 535-554;
● Reino lombardo, 568-775;
○ Último episodio das grandes migracións na Europa occidental mediterránea.
○ C.520: zona de Panonia.
○ 521: foedus co emperador bizantino.
○ 567: desprázanse ata a Italia bizantina pola presión dos avaros.
○ Sen influencia romana previa.
○ Organización política: grupos de guerreiros dirxidos por xefes ou duques.
○ Espazo político fragmentado e discontinuo. Zona do Norte, Sur e ducados.
○ Falta de cohesión tamén na sociedade e na relixión.
○ 649: sínodo de Monza, unificación católica.
○ 773-774: conquistas por Carlomagno.

PENÍNSULA IBÉRICA.
Realidades políticas principais:
● Reino suevo, 409-585.
○ 449: Requiario conértese directamente ao catolicismo;
○ 456: primeira derrota fronte aos visigodos, que os obrigan a converterse ao
arrianismo;
○ c.560-580: nova conversión fronte ao catolicismo impulsada por Martiño de
Brega ou de Dumio;
○ 585: o rei visigodo Leovixildo conquista o Reino Suevo.
● Reino visigodo, s.V ao 711.
○ Considerados o pobo máis romanizado.
○ Dende o 418 asentados no sur de Galia: reino visigodo de Tolosa.
○ 507: Batalla de Vouillé, visigodos derrotados polos franccos. Desprazamento
definitivo cara Hispania.
○ Momentos iniciais na península: dificultades movidas por:
■ Sistema inestable de sucesións;
■ Xurdimento de revoltas separatistas en cidades do sur;
■ Reconquista do litoral mediterráneo polo Imperio de Oriente.
○ No século IV, destaca a figura de Leovixildo (r.569-586), que marca un
cambio de rumbo. Considerábase a si mesmo como un unificador. Entre
outras cuestións:
■ Unificación de case todas as terras peninsulares pola forza;
■ Promulgación dun código legal composto por leis de notable
influencia romana;
■ Tentativa de acabar coa división relixiosa entre católicos e arrianos,
impulsando a segunda das opcións. Fracso desta política: o seu fillo
Recaredo (586-601) converteuse en catolicismo.
○ Outros aspectis salientables:
■ Gran relevancia e influencia ideolóxica da Igrexa;
● Transformación dos concilios en ferramenta b´sica do
ordenamento institucional do reino: o rei gobernaba
conxuntamente coa Igrexa por medio de concilios xerias,
● Importancia da persecución dos xudeus (lexislación),
■ Concilio IV de Toledo (633): afírmase o carácter electivo da realeza,
por un acordo entre aristocracia laica e a relixiosa.

A GALIA.
Realidades políticas principais:
● Reino burgundio, 443-534.
○ Asentáronse en calidade de federados de Roma. Conquistados polos francos
no 534. Leges Burgundiorum.
● Reino visigodo de Tolosa, 418-507.
○ No 418 asentáronse no sueste da Galia tras un acordo co Imperio Romano
de Occidente. Capital en Tolouse. No 507 foron derrotados polos francos.
● O reino franco.
○ Un dos grupos xermánicos menos romanizado.
○ Inicialmente non estaban unidos; ata finais do século V varios reinos francos
independentes.
○ Primeiros monarcas: pequenos xefes de tribos que debían a súa fortuna á
ausencia dun poder romano sólido.
○ Cambio con Clodoveo (r.481-511):
■ Conquistou ao resto dos reis frnacos.
■ Derrotou aos alemáns da zona do RIn.
■ Derrotou aos visigodos, engadindo ó sueste da Galia as súas
posesións.
○ A súa morte dominaba a rexión entre o Rin e os Pirineos.
○ Sucesores: conquista do reino burgundio e expansión por amplas zonas de
Alemaña central que non formaron parte do Imperio romano. Ataques sobre o
norte de Italia.
○ Concentración no norte. Capital en París.
○ Outro cambios con Clodoveo:
■ Convértese ao catolicismo no 499.
■ Comeza a lexislar en latín.
■ Consegue instaurar con éxito a Dinastía Merovinxia, reis lexítimos dos
francos ata o 751.
○ Tres trazos principais na evolución do reino merovinxio:
■ Concepción patrimonial do poder: o reino era obxecto de reparto entre
os fillos varóns que sobreviviran ao rei.
■ Cristalización de espazos políticos diferenciados dentro do regnum
francorum. Os francos instauraron unha serie de unidades básicas,
por riba delas espazos máis amplos (ducados) e tres reinos:
Austrasia, Nestria e Borgoña.
■ Triunfo da aristocracia dos espazos rexionais a partir da morte do rei
Dagoberto (639): desde o s.VII a aristocracia convértese en axente
político por contra propia. Monarquías dos distintos reinos
supeditados aos mordomos de palacio1, e entre estes, desde iniciós
do s.VII os de Austrasia xogaron un papel máis destacado.
■ Austrasia: na fronteira con outros pobos xermanos; o seu xefe político
tiña superioridade militar e política con respecto doutros mordomos.

GRAN BRETAÑA.
● Carácter insular e periférico con respecto a roma, centro do Imperio. En
consecuencia, evolución diferente:
○ Irrupción dos bárbaros no limes: traslado dos destacamentos militares da illa
ao continente;
○ Gran Bretaña queda en mans dos bretóns, poboación autóctona:
■ Debilmente latinizados e romanizados.
■ Conservan o cristianismo.
■ Progresiva eliminación da herdanza romana (tamén das cidades) e
imposición da cultura céltica.
○ Desembarcos de anglos, xustos e saxóns na illa. Bretóns relegados ao norte
e oeste. Ataques de pictos e scotos.
● Non se conservan testemuñas escritas entre mediados do s.V e inicios do s.VII
(crónicas posteriores); principais escritos: eclesiasticae historiae gente Anglorum.
● Importancia da arqueoloxía.
● Organización política: modelo das unidades políticas setentrionais: moi pequenas e
de marcada inestabilidade.
● Nun inicio eran moitos reinos, aínda que o seu sistema político era algo arcaico polo
que estariamos a falar máis ben de tribos ou pobos.
● Bandas ou clans de poboación anglosazona cun xefe guerreiro á fronte, en disputa
por unha hexemonía frácil.
● Nombres dalgúns reinos: Bernicia, Deira, Lindsey, Mercia, Wessex, etc.
Multiplicidade de reinos,
● Natureza e extensión do poder destes reis desde o s.VI descoñecida na súa maioría
(non hai probas escritas). Hipótese: reinos do período 650-850 son resultado da
competencia entre pequenas entidades políticas anteriores.
● s.VII: catro áreas principais na Illa.
○ Norte da muralla de Adriano, terra dos pictos;
○ Gales actual;
1 Mordomos de palacio: administradores das posesións reais, á cabeza da nobreza e xefes do
aparato do exércit, presiden os tribunais reais e son os princiapis conselleiros do rei.
○ Dummonia, bretones;
○ Reinos anglosaxóns.
● Ao longo do s.VII cambia a situación:
○ Bernicia e Deria únense en Northumbia.
○ Dummonia pasa a ser Wessex,
● Unha figura de existencia dubidosa: o Bretwalda (vencedor dos bretóns, coñecido
polo historiador-monxe de pouca rigurosidade Beda tamén).
● Autoridade política inestable e fráxil. Continuos cambios no centro do poder.
● Primeiras institucións monárquicas: ao redor de realezas carismáticas, itinerantes e
rurais,
● Cristianización: ao longo do s.VII, misioneiros irlandeses e franceses. Favorece na
unificación dos reinos (parcialmente).

2.3 A economía dos primeiros séculos medievais.


Final do Imperio de Occidente + Conformación das novas monarquías de base xermánica =
quebra da antiga normativa económica. Isto, unido á inestabilidade política e ás eivas
administrativas dos novos reinos bárbaros, tivo importante efecto en cuestións como:
● as cidades;
● o uso da moeda;
● o comercio a media e longa distancia;
● o modo de fixación dos prezos.
Acentuación da tendencia á ruralización e comarcalización das actividades económicas.

Explotación da terra: principal fonte de riqueza. Punto de partida predominante: o modelo de


gran dominio agrícola de época romana (a villa), formado por dúas partes:
● ager ou terras cultivadas;
● saltus ou terras incultas, non aptas para cultivar (bosque).
Certa tendencia ao abandono do ager fronte ao saltus, aínda que hai diferencias rexionais:
● Norte: conformación dunha paisaxe máis boscosa e gandeira.
● Sur: maior parte do peso do clima da tradición mediterránea baseada no ceral, na
vida e a oliveira.

Técnicas de cultivo.
Mantéñense os coñecementos previos, algúns acadarán máis difusión e mellor utilización.
● Uso do arado romano con rodas.
● Instrumentos de ferro son un ben escaso,
● Gran expansión dos muíños de auga.
Non houbp un retroceso técnico xeralizado, pero técnicas de explotación agraria moi
rudimentarias. A gandaría gaña peso con respecto á produción agrícola.

Cultivos.
Princiapal: cultivos ceralistas extensivos con rotación bienal.
● Cereal como base da alimentación.
● Moito traballo, pouco rendemento. Barbeito. Insuficiente uso e coñecemento de
abonos.

Alimentación.
Hai diferenzas por distintos motivos:
● Posición social: clases acomodadas e monxes consumo habitual de pan,
campesiñado medio e humilde cerais inferiores cocidos (centeo, millo miúdo).
● Cuestións xeográficas: no norte abundancia de proteínas animais na dieta, cervexa
e sidra no que respecta á bebida e manteiga como base na cociña, no sur: viño
como bebida principal, aceite como base da cociña.

Produtos.
Principais produtos de alimentación:
● Consumo de legumes (fabas. garvanzos, chícharos).
● Algúns produtos da horta (nabo, cenoura).
● Sorgo, cardo e outras raíces (complemento da alimentación).
● Froiterias, en especial aquelas cuxos froitos poden ser conservados (castañadas,
landras, mazás,...).
● Froitos silvestres.
● Pesca fluvial.
● Caza menor.
● Pouco coñecemento das plantas forraxeiras para o gando. Feo, pero pouco uso da
alfalfa e o trevo. En xeral: gran extensión do bosque.

Gandería.
● Gando equino e bovino: os máis valioso, en especial polo transporte e a tracción.
● Menor importancia do leite, o abono, o coiro e a carne.
● Posesión do gando maior: símbolo de riqueza.
● Outros animais:
○ Porcos: gran aproveitamento do bosque, obtense carne.
○ Ovellas e cabras: la, leite, pel para pergameos.
○ Galiñas: ovos e carne.
○ Caza: xabaril, corvos, pezas menores.

Demografía.
Predomina un poboamento:
● Inestable: polas condicións políticas do momento e polas características dos
edificios.
● Laxo: en xeral, entidades de poboamento de tamaño reducido e distantes entre sí.

Sociedade Rural.
Diferenciar entre quen posúe a terra e que traballa a terra.
A propiedade da terra concéntrase en mans e tres grupos de aristocracias: romana,
xermana e eclesiástica. Realezas: grandes propietarios de terras por todo o reino. Vantaxe
do patrimonio eclesiástico: non era fragmentado por herdanzas.
Estas propiedades podían presentarse na forma dun grande latifundio ou como un conxunto
de numerosas explotacións dispersas nunha ampla extensión.
Masas de traballadores da terra: maioría da poboación encargada directa da explotación da
terra.
Forma máis común: man de obra servil que vivía no dominio. Ademáis había traballadores
temporais (xornaleiros).
Outra práctica: entrega de lotes de terras a familias de campesiós en condición xurídica libre
que debían entregar rendas ao señor a cambio.
Seguen existindo escravos que traballan na explotación rural (tanto tarefas domésticas
como agrícolas). Hai tamén campesiños libres propietarios das terras, pero non son un
grupo abundante.

Cidades e grupos urbanos.


Acentúase a evolución desfavorable inicidada no s.III. A urbs perde o papel como
organizadora do territorium que a rodeaba.
Dentro das cidades que sobreviven, esténdense os campos de cultivo. Manteñen o seu
papel de sento das sés episcopais (presenza dos bispos: un dos motivos para a
supervivencia e mantemento das urbes).
Reducción da actividade mercantil, artesanal e comercial.
Moi pouco uso da moeda, que perde boa medida a súa función como instrumento de pago
pero mantén o significado político (símbolo da autoridade de poder dos reis).
Cambia a percepción das cidades: do concepto clásico da cidade, como lugar civilizado por
excelencia, novo modelo no que a cidade é o símbolo de corrupción fronte a pureza e
redención do campo.

Formas de integración.
Maioría da poboación: de orixe provincial romana; calcúlase que o aporte de poboación
bárbara anda arredor do 5%.
Fusión entre ambas poboacións: moi disntinta segundo reinos.
En contra da fusión había, inicialmente, algunhas barreiras importantes:
● lingüísticas
● relixiosas
● legais
● separación de funcións (militar para os xermanos, goberno e administración para os
romanos).
Medidas a prol da fusión como:
● Fin da prohibición legal romana dos matrimonios mixtos.
● Abandono do arrianismo por parte dos xermanos.
Polo xeral, reis bárbaros respectuosos coas institucións romanas; con frecuencia,
incorporación de funcionarios romanos ao seu servizo.
A similitude de intereses entre os xefes dos grupos xermanos e aristocracias romanas e a
situación laboral parecida das persoas suxeitas a ambos grupos levou a un reforzamento da
solidariedade horizontalmente, por grupos.
A inicios do s.VIII, unha minoría poderosa única (sen importar xa a orixe étnica) dominaba á
maioría de cultivadores da terra, á cabeza da maioría estaban os poderosos e máis
próximos ao monarca.
TEMA 3: RELIXIÓN E CULTURA ENTRE OS SÉCULOS IV E VII.

3.1 A Expansión do Cristianismo, a organización da Igrexa e as primeiras herexías.


Base: organización administrativa do Imperio.
● Civitas: pasa de ser o centro ao lugar de residencia do obbispo e sé da
administración episcopal
● Diocesis: territorio adscrito a unha civitas, na que está o cátedra do bispo.
● Provincia: arcebispo ou metropolitano, posición xerárquica ao resto do bispos,
formada pola unión de varias dioceses.

Bispos: asistidos polo clero (sacerdotes, diáconos). O seu poder: sobre o conxunto de
poboamentos do territorio da súa diocese.
No conxunto da cristiandade recoñécese a superioridade de Roma, Antioquía, Xerusalén e
Alexandría (+ Constantinopla). O seu bispo: patriarca.
Divisións menores por debaixoo das dioceses: parroquias, cun sacerdote á fronte. Buscan
facilitar a evanxelización das zonas rurais.

Importancia da rede parroquial e as igrexas propias:


● Aumento do número de templos.
● Tipoloxía:
○ Templo rural parroquial con pía bautismal e párroco..
○ Templo rural subordinado ao parroquial.
● Dous niveis:
○ Parroquia prinicpal ou antiga.
○ Parroquia clásica ou elemental.
● Igrexas privadas ou propias.

HEREXÍAS.
Xurdimento dunha serie de herexías que cuestionaban a doutrina oficial tanto en Oriente
como en Occidente.
● Oriente:
○ Arrianismo. Doutrina formulada por Arrio, prebisterio de Alexandría. Sostén
que o verbo ou logos, isto é a palabra de Deus, é unha criatura de Deus,
creada polo pai nalgún momento, pero distinta de Deus. A encarnación do
verbo, Cristo, non é Deus. En resumo, nega a divinidade de Cristo. Condena
no Concilio de Nicea (325).
○ Nestorianismo.
○ Monofisismo. Cristo posuía dúas naturezas (divina e humana); unha vez que
se unen as dúas naturezas indisolublemente en Cristo, a divina imponse
sobre a humana. Monofisismo= unha única natureza. Concilio de Calcedonia
(451): en Cristo conflúen as dúas naturezas, a divina e a humana, reunidas
nunha soa persoa.
● Occidente:
○ Donatismo.
○ Priscilianismo.
○ Pelaxianismo.
Evanxelización de Europa.
Obxectivos:
● Afondar na práctica da mensaxe cristiá.
● Superar o arrianismo.
● Bautizar e converter aos pagáns.
Menzaxe simplificada: acomodada aos destinatarios. Importancia do papel do rei na
conversión, influída á súa vez polo grao de articulación de cada reino.
Conversión: adhesión persoal a un novo Deus e aos misterios contrais da nova relixión
(Credo de Nicea 325). Coa relixión acéptase tamén unha civilización.

Medios de difusión da mensaxe: culto aos santos; misa; práctica dos sacramentos.
● Formas poucos institucionalizadas. Loitan contra prácticas pagás.
● Monacato irlandés2.
● Monacato romano: Bieito de Nursia3.

3.2. Unha nova relixión: O ISLAM.


Orixes.
Dous termos fundamentais:
● Árabe: referencia á etnia e á lingua árabe.
● Musulmán: referido á relixión. Con esta palabra relaciónase “islámica” máis amplo e
relativo á cultura en xeral.
Arabia: mundo do deserto e a sociedade nómade beduína.
Nómades: organización en tribos cun xeque á fronte.
Crenzas relixiosas: aninismo (carácter sagrado a certas pedras, árbores ou mananciais);
vaga idea da existencia de deuses superiores.

Particularidades da Meca:
● Convivencia da vida nómade con novos valores.
● Certa inquedanza social, maior aceptación das novas mesaxes relixiosas.
● Veneración da pedra negra: xerarquía no panteón preislámico.
● Influencias sasánidas, xudías e cristías: máis achegamento ao monoteísmo.

O profeta Mahoma/Muhammad.
Nascimento: c.570, a Meca.
610-612: revelación da palabra.
613: tímida difusión da palabra na Meca.
Evolución de predicador a profeta.
C.619: primeira comunidade de fieis (umma). Mahoma como profeta encargado de difundir
a nova doutrina (Allah deus único, Mahoma último dos enviados divinos).
622: Mahoma fuxe da Meca a Yatrib (Madinat al-Nabi ou Medina). Héxira.
En Medina, Mahoma primeiro maxistrado da cidade: xefe relixioso + cabeza da organización
política.
Mahoma regresa á Meca. Inicio da expansión territorial (razzias desde 629).
632: falecendo do profeta Mahoma.

2 Monacato irlandés: convértese rapidamente ao cristianismo e dase difusión activa do latín. Cehgan
a desenvolver un latín arcaico e propio moi complexo e un modelo de estrutura eclesiástica distinta
(abades > bispos). Serán misioneros moi activos.
3 Bieito de Nursia: regla monástica que será seguida por evanxelizadores moi activos.
Principais Preceptos.
Relixión radicalmente monoteísta. Esencia da profesión da fe islámica: “Non hai máis Deus
que Allah, e Muhammad é profeta de Allah” (Corán, sura VII, un dos cinco piares do Islam).
Os outros catro son os seguintes:
● Oración ritual cinco veces ao día.
● Xaxún durante o mes de Ramadán.
● Esmola legal, que non exine da voluntaria.
● Peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida.
A estes súmase a yihad, considerado o quinto piar. Acabouse impoñendo a visión do yihad
como a guerra santa contra as que se opoñian ao Islam. Sería unha doriga ocasional.

3.3. Cultura.
Efectos das migracións sobre a cultura.
Escasa indecencia directa. As migracións non alteran as condicións básicas de decadencia
ou transformación que xa viña padecendo a cultura antiga.
Produciron algúns danos irreparables, pero en termos xerais, xermanos propios ao
mantemento dunha vida cultural que admiraban; incapaces de renovala ou protexela de
modo efectivo. Escaso papel dos elementos xermánicos no nacemento de novas formas de
cultura intelectual. Distinta actitude dos pobos que penetraron no limes cos que
permanceron máis aló da antiga fronteira imperial.

Desmembramento intelectual de Occidente. A fragmentación política de Occidente


acompañábase dun desmembramento intelectual en provincias. Supervivencia da cultura
clásica: diferente segundo as condicións de casa país e momento.

Cambios lingüísticos: Migracións: contribuíron a modificar o substrato lingüístico sobre o


que se producián as creacións intelectuais:
● Retroceso do latín en determinadas áreas.
● Acentuación da fragmentación dialectal do latín falado, consecuencia da
fragmentación política e a desaparición das escolas clásicas.
● Progresiva desaparición do latín como lingua viva; mantense como lingua de cultura
e litúrxica.
● Perda do coñecemento do grego o que distanciaba máis a Occidente de Oriente.

Cambios nas Escolas.


a. Desaparición da escola de tipo clásico.
b. Xorde unha nova escola confesional.
Novidade: escola monástica e episcopal que ensina rudimentos lingüísticos e
literarios da cultura clásica. Principais cambios:
i. Mestura da instrución relixiosa, moral e literaria.
ii. Atención ao educando tendo en conta coñecementos empíricos sobre
psicoloxía infantil e xuvenil.
iii. Maior proxección social.

Autores destacados.
● Ámbito italiano:
○ Boecio (480-525).
○ Casiodoro (485-ca.583).
○ Gregorio Magno (543-604).
■ Moralia in Job.
■ Regula Pastoralis.
■ Diálogos.
● Galia: sen autores de importancia comparable a Italia. No tránsito ao s.VI: Sidonio
Apolinar, Cesáreo de Arlés. Século VI: Gregorio de Tours.
● África do Norte: centro principal de cultura relixiosa entre os séculos V e VII.
Transmisión de influencias orientais cara Italia e Hispania: monxes norteafricanos
que se instalan en ambos territorios a finais do s.VI.
● Hispania Visigoda. Isidoro de Sevilla (c.556-636):
○ Etymologiae ou Originum sire etymoligiarum libri viginti.
○ Historia de regibus Gothorum, Vandolorum et Suevorum.
● Cultura insular.
Cristianismo celta irlandés: sorprendente interese cara o latín.
Beda o Venerable (672-735): De nata rerum; Historia eclesiastica gentis Anglorum.
● De Boecio a Beda: longo camiño condicionado por:
○ Fragmentación do mundo occidental.
○ Pobreza.
○ Primitiva organización das relacións sociais.
○ Inmersión do cristianismo.
● Final século VII: cultura eclesiástica (clérigos) diferenciado da cultura folclórica
(laicos). Séntanse as bases para as actividades intelectuais dunha nova civilización.

You might also like