You are on page 1of 20

TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

TEMA 10
ROMA
E O SEU IMPERIO
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

1. AS ORIXES DE ROMA
● Roma entre a lenda e a realidade histórica
-A lenda vincula a fundación de Roma aos irmáns
Rómulo e Remo no 753 a.C.
-Serían descendentes de Eneas, un dos poucos
supervivintes da guerra de Troya
-A arqueoloxía indica que:
-Roma comezou sendo unha pequena poboación
-Foi fundada no s. VIII na rexión italiana do Lacio
(latinos)
-Os latinos → falaban o latín
→ empregaban o alfabeto latino
-Conseguirá un gran desenvolvemento económico
-A súa situación xeográfica permitiralle controlar
as rutas que unen o norte co sur da península
italiana
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● O período monárquico 753-509 a. C.
-O primeiro sistema político de Roma foi a monarquía
-O rei concentraba todo o poder → relixioso, xudicial, e militar
-Os reis eran → vitalicios
→ elixidos polo Senado
-O Senado → estaba formado polos xefes das principais familias
→ a súa función era asesorar ao rei
-Debido á tiranía do último rei a monarquía será substituída pola República
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

-A sociedade romana estaba dividida en:


-Patricios → grupo reducido que controlaba
o poder político, relixioso e
económico
-Plebeos → non participaban do goberno
da cidade
→ eran a maior parte da
poboación
→ podían converterse en
escravos se non pagaban as
súas débedas
-Esclavos → persoas sen dereitos
-Entre eles foron frecuentes os enfrontamentos
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

DIONISIO DE HALICARNASO. Historia antiga de Roma. Século I a.C.

Rómulo, despois de dividir a poboación en homes de rango superior e inferior,


estableceu por lei as obrigas de cada quen. Os patricios deberán manter aos
sacerdotes, ocupar as maxistraturas, exercer a xustiza e encargarse da
administración e organización do estado. Os plebeos quedaron fóra destas
obrigas comunitarias pola súa inexperiencia, xa que por falta de medios
carecían de tempo libre, pois tiñan que dedicarse á agricultura e gandaría e
aos restantes traballos que daban beneficios.
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

2. A REPÚBLICA ROMANA (509-27 a. C.)


● A organización política da república
-Na república o poder repartíase entre:
-Senado → nun principio so estaba composto por patricios pero logo admitiron a
plebeos ricos
→ era o principal órgano de goberno → establecía a política exterior
→ dirixía a economía, aos militares e a
relixión
-Asembleas populares (comicios) → estaban formadas polos cidadáns
→ elaboraban as leis
→ elixían aos maxistrados
-Maxistrados → eran elixidos por un ano polos comicios
→ controlan a economía, dirixen ao exército, a administración, realizan
o censo
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

REPÚBLICA ROMANA
(509 a.C – 27 a.C)

INSTITUCIONES

Senado ▪ Política exterior


(300 membros ▪ Política económica
vitalicios) ▪ Ratifican leis

▪ Votan Leis
Comicios
▪ Elixen maxistrados

Maxistrados

▪ 2 Cónsules, mando do exército


▪ 2 Pretores, administración de xustiza
▪ 2 Censores, realizan censo
▪ Cuestores, impuestos e facenda
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● A expansión territorial
-Durante a república → Roma conquistou amplos territorios polo Mediterráneo
-Primeiro Roma pasa de ser unha pequena cidade-estado a dominar toda a
Península Itálica
-Na súa expansión polo Mediterráneo occidental chocan con Cartago
-Cartago → fixérase co control do Mediterráneo central e occidental
-Roma e Cartago enfrontáronse nas Guerras Púnicas
-No enfrontamento destacou Aníbal
-Vence Roma → incorpora os territorios dos cartaxineses
-Xulio César → conquista as Galias
-Logo incorporan o resto da actual Francia e Bélxica
-Finalmente conquistan os territorios do Mediterráneo oriental → costa do mar
Adriático, península grega, Asia Menor, Siria e Exipto
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● O fin da república
-A expansión do Imperio causou dificultades
-As terras conquistadas quedaban en mans dos senadores
-Os pobos conquistados pedían dereitos políticos iguais aos dos cidadáns romanos
-Os escravos esixían mellor trato → rebelión de Espartaco
-Para solucionar estes problemas creouse un Triunvirato (60 a.C.):
-Tres xenerais victoriosos toman o poder: Pompeio, Craso e César
-César tratará de acaparar todo o poder: é nomeado ditador perpetuo
-Os defensores da república non o aceptan polo que o asesínan
-No 27 a. C. → Octavio Augusto faise emperador acabando coa república
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
3. A CONQUISTA DE HISPANIA
● As etapas da conquista
-A conquista de Hispania comezou como un episodio das Guerras Púnicas
-Roma e Cartago repartíranse os territorios peninsulares:
-As terras ao norte do Ebro serían para Roma
-Ao sur para Cartago
-Roma trata de provocar a Cartago
-Establece unha alianza con Sagunto → cidade ao sur do Ebro (territorio controlado
por Cartago)
-En represalia, o cartaginés Anibal conquista Sagunto
-Consecuencia → Roma e Cartago comezan a Segunda Guerra Púnica (218 a. C.)
→ Comeza a conquista Romana de Hispania
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
-A conquista romana da península Ibérica faise dende o mediterráneo cara o interior
-Primeiro ocupan a franxa costeira dende o Guadalquivir ata o Ebro
-Logo avanzan cara a Meseta
-Terán que enfrontarse aos → lusitanos dirixidos por Viriato
→ celtíberos que resistirán tenazmente en Numancia
-A última parte conquistada será o norte, zona controlada por cántabros, galaicos e
astures
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● A conquista de Gallaecia
-Os romanos chamaron Gallaecia ás terras ao norte do Douro
-Para conquistala fixéronse 3 expedicións dirixidas polos xenerais:
-Décimo Xuño Bruto (137-136 a.C.) que dende o Douro chega a atravesar o Limia
-Xulio César (61-60 a.C.) quen chega cunha armada naval ata Brigantium
-Octavio Augusto
(25 a.C.) derrota
definitivamente aos
gallaicos no Monte
Medulio (lugar sen
localizar)

Conquista romana
do Noroeste
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

4. O IMPERIO ROMANO
● O emperador
-Entre o 27 a.C. e o 476 d.C. Roma estivo
gobernada por emperadores
-O primeiro foi Octavio Augusto
-Seguiron manténdose as institucións republicanas
(senado, comicios, maxistrados)
-A diferencia co período republicano, quedan
sometidas ao poder do emperador
-O emperador → dirixe o exército
→ elabora e aproba as leis
→ nomea a senadores e maxistrados
→ tiña dereito de veto sobre as decisións
dos maxistrados e do senado
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● Expansión e organización territorial
-No s. II o Imperio romano acada a súa máxima expansión
-Territorios que domina → dende a península Ibérica ata Mesopotamia
→ dende as illas Británicas, o Rin e o Danubio, ata o Sahara
-Chaman Mare nostrum ao mar Mediterráneo
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO

Organización dunha
lexión
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
-O número de provincias variou ao longo do tempo
-Inicialmente Hispania estivo dividida en dúas: Citerior e Ulterior
-Ao final da dominación romana estivo dividida en seis: Betica, Lusitania, Gallaecia,
Tarraconense, Cartaginense, Baleárica
-As provincias estiveron divididas en conventos
-O Noroeste estaba dividido en catro conventos:
-Lucense (Lugo)
-Bracarense (Braga)
-Astur (Astorga)
-Cluniacense (Clunia)

División provincial durante a División provincial con Augusto. S. I a.C División provincial con Diocleciano. 298
República. S. III a.C d.C
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
5. CRISE E FIN DO IMPERIO ROMANO
● A crise do século III
-A partir do século III o Imperio entra en crisis
-Causas → Ataques dos pobos fronteirizos, sobre todo dos xermanos
→ O exército impuxo a súa vontade elixindo aos emperadores
-A aparición de distintos candidatos levou en ocasións á división do
exército
→ A inseguridade provocou dificultades económicas:
-Reduciuse o comercio
-As cidades, máis inseguras, despobóanse ao emigrar a xente ao campo
-Empobrecemento xeneralizado do estado e da poboación
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● Os intentos de frear a crise: a reorganización do século IV
-Diocleciano tratou de deter a decadencia a finais do século III
-Impuxo a tetrarquía → supoñía organizar o imperio en 4 partes dirixidas por 4
dirixentes
→ fracasou trala súa morte
-Fixou prezos e salarios
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
-Constantino no século IV → ampliou o exército para frear as incursións, cada vez
máis frecuentes, dos xermanos
-Teodosio → a súa morte divide o imperio entre os seus dous fillos:
-Imperio romano de Oriente → para Arcadio que establece a capital en Bizancio
logo chamada Constantinopla
-Imperio romano de Occidente → para Honorio que mantén a capital en Roma
TEMA 10: ROMA E O SEU IMPERIO
● A fin do Imperio Romano de Occidente
- As invasións dos pobos bárbaros fíxéronse cada vez máis frecuentes
-Rematan por atravesar as fronteiras e asentarse definitivamente no imperio
formando reinos
-En Hispania asentaranse → suevos (en Gallaecia), vándalos, alanos e visigodos
-No 476 o rei bárbaro Odoacro destrona ao último emperador de occidente:
Rómulo Augústulo
-Pon fin ao Imperio Romano de Occidente
-O Imperio Romano de Oriente perdurará ata 1453 cando Constantinopla sexa
tomada polos turcos

You might also like