You are on page 1of 3

DEFINICIÓNS HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACHARELATO

BLOQUE 1

Bárbaros:Na época do Imperio Romano, denominación con sentido pexorativo dos pobos que
non tiñan a cultura e a lingua romana. Aproveitaban a debilidade económica e militar do imperio
para ameazar con incursións. No século V d.c conseguiron invadir o imperio. Na península
entraron visigodos, godos, vándalos…

Castro: Poboado ou asentamento fortificado prerromano que dá nome á cultura castrexa.


Neles predominan as vivendas de planta circular. A cultura castrexa localízase no noroeste
peninsular. Atópanse en lugares estratéxicos (cumios de outeiros, penínsulas costeiras),
para facilitar a súa defensa e o control visual do territorio. núcleos de poboamento Celta,
cuxa entrada á península ibérica asóciase coa metalurxía de ferro. Chegaron no primeiro milenio
dende centroeuropa, asentándose no norte e noroeste da península. Estaban situados en outeiros
amurallados e con foxos defensivos. As paredes eran de pedra e tiñan forma circular, oval e
rectangular (a última asóciase coa influencia romana).

Conventus: Demarcacións xurídicas nas que se dividían as provincias no Imperio Romano. Os


gobernadores provincias impartían xustiza de maneira ocasional, a partir do s 1d.c o realizaban os
funcionarios de xeito regular. Na Hispania Romana houbo 14 conventus. Tamén serviron como
instrumento eficaz para o proceso de romanización. Lucense, e o orixe da actual Galicia.

Economía predadora: Tipo de actividade económica. Modo de vida característico do paleolítico,


propio de sociedades que non producen cultivos senon que pasean a súa supervivencia na caza, na
pesca e na recoleción de froitos. Asóciase ao hábitat nómade ou seminómade.

Guerras cántabras: conflicto que ocorreu no noroeste da península entre os anos 29-19 a.C. O
emperador Octavio Augusto encargouse personalmente destas guerras. Os romanos impuxeron a
súa estructura económica e a súa organización administrativa, política e social. O territorio foi
sometido á romanización e o motivo da conquista basouse no interese polas minas.

Megalitismo: Expresión cultural que xorde no Neolítico e se prolonga ata o Bronce Final,
caracterizada polas construcións arquitectónicas feitas con grandes bloques de pedra. Desenvólvese
entre o IV e III milenio Destacan os enterramentos colectivos (dólmen,tholos). Os dólmens teñen
unha cámara sepulcral, e o tholos ten falsa cúpula.

BLOQUE 2

Carta de poboamento: Documento presente en tódolos reinos cristiáns da península na España


medieval. Eran contratos (reais/señoriais) que daban foros ou privilexios a todos os que
abandonaran o territorio musulmán e repoboaran un territorio cristián. No século X incluso
alguns incluian o dereito de gobernar nun pequeno territorio(futuros concellos).

Manso: unidade de explotación familiar que se deu no réxime feudal co dominio señorial.
Consistían en pequenas parcelas que o señor cedía aos servos e campesiños da aldea a cambio de
partes da colleita e de certas prestacións. Xunto coa reserva señorial constituían os elementos
básicos de explotación dos feudos na Alta Idade Media.

Marca Hispánica: Territorio pertencente ao Imperio Carolinxio, nos séculos VIII e IX que ía
desde Pamplona ata Barcelona. Denominaba a fronteira creada polos francos ao sur dos Perineos
para frear a expansión musulmá. Dependían dos reis francos, a finais do S.IX coa decadencia
carolinxia fragmentáronse en distintos condados e reinos que deron orixe aos condados cataláns,
reino de Aragón e de Navarra.

Mesta: o honrado Consello da Mesta foi unha asociación de gandeiros de Castela creada en 1273
por Afonso X, o Sabio. Vinculada á trashumancia de gando ovino polas chamadas cañadas reais
que unían os pastos de verán no norte na cordillera cantábrica cos pastos do sur de inverno. A
monarquía favoreceu este negocio que tivo o seu máximo apoxeo no século XVI polos beneficios
fiscais que producía o tránsito e exportación da lá de ovella merina dende os portos do Cantábrico.

Mozárabe: Poboación cristiá de Al-andalus durante a dominación árabe da península ibérica entre
os séculos VIII-XI. A conviviencia cos árabes foi pacífica, tiñan que pagar impostos pola súa
condición de dimmíes ( non árabes), isto provocou numerosas conversións ao islam. Moitos
acabaron emigrando cara os reinos hispanos do norte e participando na repoboación.

Presura: Tipo de repoboación na etapa inicial da reconquista (S.IX e X) característico do


occidente peninsular. Consistía na ocupación dun terreo a través dunha concesión do rei na cal aos
particuares se lles concedía unha propiedade ao rotulala. Destacou Galicia, na cunca do val do
Douro e Cataluña.

Taifas: Conxunto dos reinos nos que se dividiu Al-Andalus despois da disgregación do Califato de
Córdoba. Para evitar a conquista, moitas pagaron parias aos reinos cristiáns. A última taifa en
sobrevivir será o reino nazarí de Granada. O califato desapareceu no S.XI.

You might also like