You are on page 1of 5

OS REINOS CRISTIANOS

Os primeiros núcleos de resistencia cristiá

A consolidación dos reinos cristiáns hispánicos medievais foi un


proceso complexo que durou varios séculos. Influíron nel as
relacións que se estableceron en cada momento con al-Ándalus,
pero tamén as que se configuraron entre os propios territorios
cristiáns.

Cando os exércitos musulmáns invadiron a Península no ano 711,


moitos visigodos refuxiáronse nas zonas montañosas cantábrica e
pirenaica. Nestas rexións xurdiron nos séculos VIII e IX os primeiros
reinos e condados cristiáns.

Na Cordilleira Cantábrica creouse o reino ástur-leonés (núcleo


occidental).

Na zona dos Pireneos formáronse o reino de Navarra e os


condados aragoneses e cataláns (núcleo oriental).

NUCLEO OCCIDENTAL: A orixe do reino ástur-leonés

No ano 718, Paio, un nobre visigodo, converteuse en caudillo dun


grupo de persoas refuxiadas nas montañas asturianas. Enfrontouse
aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), o que lle outorgou
prestixio para afianzar o seu poder e crear o reino de Asturias.
A súa corte estableceuse en Oviedo. O reino de Asturias iniciou un
proceso de ampliación territorial cara ao sur. A súa máxima
expansión chegou con Afonso III, que avanzou ata o río Douro
aproveitando a crise do emirato de Córdoba. No século x, a capital
trasladouse a León e o reino pasou a chamarse reino de León.

O condado de Castela

No século x, o reino de León viviu un período de crise debido ás


loitas internas e ás frecuentes incursións musulmás e freou a súa
expansión. Neste contexto consolidouse o poder de Castela, un
territorio fronteirizo situado na parte oriental do reino. Como sufría
continuamente os ataques musulmáns, construíronse numerosos
castelos para fortificar estas terras, que se converteron no bastión
fronte ás incursións dos exércitos musulmáns procedentes do val do
Ebro.

Castela estaba organizada en condados, que se uniron baixo a


autoridade do conde Fernán González. Este logrou grande
autonomía do poder leonés e converteu as súas posesións en
hereditarias. Desde a morte do rei Ramiro II de León, en 951,
Fernán González gobernou en Castela de forma independente,
malia que seguía sendo vasalo dos reis de León.

A creación do reino de Castela

A progresiva decadencia leonesa desde finais do século X


aumentou o poder e a influencia dos condes de Castela e dos reis
de Navarra. Finalmente, en 1035, Castela converteuse nun reino
propio con Fernando I, que foi tamén rei de León.

Durante os séculos XI, XII e XIII, o reino castelán-leonés


consolidouse como o máis extenso e poderoso da Península, a
pesar de que sufriu unha importante mingua territorial cando
Portugal alcanzou a súa independencia, en 1142.

A unión definitiva de Castela e León produciuse en 1230, durante o


reinado de Fernando III, cando o monarca fusionou ambos os reinos
baixo a súa autoridade, formando desta maneira a Coroa de
Castela.

NUCLEO ORIENTAL: Como naceron os reinos e os condados


pirenaicos

Na área dos Pireneos formáronse o reino de Pamplona e os

condados aragoneses e cataláns. A zona pirenaica formaba parte


do Imperio carolinxio. Carlomagno fundara alí a Marca Hispánica,
un territorio fronteirizo que estaba organizado en condados coa
finalidade última de protexer o Imperio do avance musulmán. No
século IX, ao disolverse o Imperio carolinxio tras a morte de
Carlomagno, esas terras independizáronse. Nelas xurdiron tres
núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os condados cataláns.

A evolución do reino de Navarra

O momento de maior esplendor do reino de Navarra coincidiu co


reinado de Sancho III o Maior. Mediante alianzas matrimoniais,
relacións de vasalaxe e o uso da forza cando encontraba
resistencia, incorporou ao reino os condados aragoneses, Castela,
que herdou da súa esposa, e unha parte de León. Así converteu o
reino de Navarra na potencia cristiá peninsular máis importante do
século XI. Tras a súa morte o reino fragmentouse entre os seus
fillos

A partir do século XIV, o reino de Navarra, rodeado polas Coroas de


Castela e de Aragón, acercouse a Francia. Isto supuxo a chegada
de novas dinastías francesas no goberno do reino. En 1512, o reino
de Navarra foi invadido e conquistado por Fernando o Católico.

Do reino de Aragón á Coroa de Aragón

O condado de Aragón quedou baixo o dominio de Navarra. Pero, á


morte de Sancho III o Maior (1035), o seu fillo Ramiro I recibiu o
condado patrimonial de Aragón, converténdose no primeiro rei da
dinastía aragonesa.

En 1076, o seu sucesor, Sancho Ramírez, volveu unir os reinos de


Aragón e Navarra, que permaneceron así ata 1134. Durante o
século XII, nos reinados de Pedro I e Afonso I o Batallador, o reino
de Aragón ampliou moito os seus territorios.

En 1137, o contrato de matrimonio entre Petronila, herdeira de


Aragón, e o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV supuxo a
unión definitiva entre o reino de Aragón e os condados cataláns.
Naceu así a Coroa de Aragón.

A expansión cristiá cara ao sur

A partir do século IX, os reinos cristiáns lanzáronse a un proceso de


avance cara ao sur.

Defendían que lles correspondían as terras da Península porque se


consideraban herdeiros do reino visigodo. Este proceso de
conquista desenvolveuse en diferentes etapas:

O avance ata o río Douro

Durante os séculos IX e X, os monarcas cristiáns avanzaron ata o


val do río Douro. Esta zona non lles interesara aos musulmáns e
por iso estaba practicamente deshabitada. Esta primeira expansión
cara ao sur peninsular non tivo un carácter militar, senón que
grupos formados por campesiños e campesiñas foron colonizando
terras nas cales fundaron pequenas aldeas.

A conquista dos vales do Texo e do Ebro

Durante os séculos XI e XII, os reinos cristiáns aproveitaron a


debilidade das taifas. Coas parias que pagaban os reis musulmáns,
os monarcas cristiáns renovaron os seus castelos e armaron os
seus exércitos. Nesta etapa, Portugal e Castela fixaron en Serra
Morena a fronteira con al-Ándalus, mentres que, no leste, Aragón
conquistou Zaragoza e Teruel, e Cataluña expandiuse ata Tortosa.

A conquista do val do Guadalquivir, Levante e Baleares

En 1212, todos os reinos cristiáns uniron as súas forzas contra os


almohades na batalla das Navas de Tolosa, en que venceron aos
exércitos musulmáns. A partir desta gran derrota, Portugal
conquistou o Algarve, no sur; Castela fíxose con Andalucía e
Murcia, e a Coroa de Aragón estendeu os seus dominios ata
Valencia e Baleares.

You might also like