You are on page 1of 2

DEFINICIONES:

Taifas: A presenza musulmá na Península Ibérica tivo lugar entre 711-


1492. Concretamente entre 1031-1212 Al-Ándalus dividiuse en taifas, e
dicir, reinos gobernados por familias de distinta orixe. Os enfrontamentos
entre estes territorios provocaron o avance cristiá e que tiveran que pedir
axuda ao almorábides e máis adiante aos almohades para frealos.
Mozárabe: A presenza musulmá na Península Ibérica tivo lugar entre 711-
1492. Al-Ándalus contaba cunha grande complexidade social, por un lado
os musulmáns, os conquistadores, e por outro lado, a poboación
hispanogoda. A este segundo grupo pertencen os mozárabes, é dicir,
cristiáns que vivían no territorio musulmán mantendo a súa relixión.
Marca Hispánica: O proceso de reconquista e repoboación do territorio
peninsular polos cirstiáns tivo lugar entre o S. VIII – 1492. Concretamente,
trala vitoria en Poitiers do reino franco on 732 contra os musulmáns, o
reino Franco crea un grupo de condados no noroeste da actual Cataluña,
foi chamado A Marca Hispánica. Este territorio era dependente do rei
franco pero no S. X independízase.
Presura: O proceso de reconquista e repoboación de territorio peninsular
polos cristiáns tivo lugar entre o S. VIII ata o 1492. Concretamente entre
os séculos VI e IX os sistemas de repoboación foron a creación de
condados e o sistema de presura. Este último consiste en que un home
libre que traballe unha terra converterase no seu propietario, herdarase
do dereito romano e da liber indicum visigoda.
Carta de repoboación: O proceso de reconquista e repoboación do
territorio peninsular polos cristiáns tivo lugar entre S. VIII – 1492.
Concretamente no S. XI de Castela e León. O sistema será utilizado entre o
Douro e o Taxo consiste na creación de concellos. O rei garante aos
colonos unha carta de poboamento na que se conceden terras e dereitos
aos campesiños para que foran do norte ao sur.
Manso: O proceso de reconquista e repoboación do territorio peninsular
polos cristiáns tivo lugar entre S. VIII – 1492. Dende o S. X un dos modos
de repoboación utilizado polos reis era creación de feudos, nos cales a
terra se dividía en reserva e manso. O manso é o territorio que se divide
entre os campesiños para que a traballen a cambio dun pago: cartos,
parte da colleito ou traballos na reserva do señor.
Mesta: O proceso de reconquista e repoboación do territorio peninsular
polos cristiáns tivo lugar entre S. VIII – 1492. Na formación dos reinos
cristiáns, en concreto na Coroa de Castela no S. XIII o rei Alfonso X creou o
Honrado Consello da Mesta, un gremio gormado polos propietarios dos
rabaños ovinos que tiñan como tiñan como obxectivos o coidado das
canellas, recadar impostos e solucionar os problemas dos agricultores.
Tiña o seu propio tribunal.

You might also like