You are on page 1of 2

No ano 711 mulsulmáns procedentes do norte de África entran na

Península Ibérica. O seu avance é moi rápido debido a unha loita interna
no Reino visigodo polo trono, un decrecemento e o gobernó, que provoca
unha escasa resistencia frente os invasores e a súa fortaleza.
Este avance será freado en dous lugares no 722, na batalla de Covadonga
na cordilleira Cantábrica, na que Pelaio lidera aos ástures contra os
musulmáns e derrótaos. Por outra parte, tamén son detidos en Poitiers
polos francos quenes derrotan aos musulmáns e fannos retroceder ata os
Pirineos. Todo o resto do territorio foi conquistado polos musulmáns e
recibiu o nome de Al-Ándalus.
O territorio converteuse nun emirato dependiente, 711-756. O territorio
estaba gobernado por un emir e sometido no ámbito político e relixioso
ao califa Omeya de Damasco ata a derrota da súa dinastía.
Trala derrota desta dinastía so sobreviviu un home, Abderramán I. Este
proclamouse emir e declara a súa inndependecencia política na nova
dinastía dos Abbasidas, aínda que segue recoñecendo a súa superioridade
relixiosa. Con Abderraman II o emirato alcanza o seu máximo esplendor,
pero, no século X, producíronse rebelións e como consecuencia
debilitouse.
A inestabilidade remata cando Abderraman III funda o Califato de Córdoba
, 929-1031, une así nunha persoa os poderes político e relixioso e rompe
totalmente con Baghdah. Conseguiron logros como: pacificar Al-Ándalus,
frear o avance Cristián, manter relación amigables co emperador
xérmanico e co imperio bizantino, … A chegada de Almanzor supuxo
violentas campañas contra os territorios cristiáns, trala morte de Almanzor
prodúcese unha guerra civil que remata coa división de Al-Ándalus en
taifas.
Estes reinos chamados taifas, 1031-1212, eran gobernados por familias de
distinta orixe, debido ao avance crisitiá os almorámides reunificaran as
taifas para defensa de Al-Ándalus tras que estas soliciten a súa axuda. Tras
una rebelión prodúcese unha segunda división en taifas e, de novo,
prodúcense avances crisitiáns polo que piden axuda aos almohades, sen
embargo, en 1212 os diferentes reinos cristiás aliánse e provocan un
avance que reduce o territorio musulmán no reino de Granda.
Finalmente, Fernando III permite aos musulmáns controlar o Reino Nazarí
de Granada, 1212-1492, a cambio pagan impostos. Sen embargo, no 1492
Isabel I decide coquistar o Reino de Granada.
En canto a organización política, no primeiro terzo do S. X Abderramán III
tras convertirse en Califa será a máxima autoridade política e relixiosa e
tamén o xefe máximo do exército. Outros cargos a parte de Califa son
hachib, primeiro ministro; visir, ministro secundario, cadi, xuices que
xulgan co Corán… O territorio divídese en provincias cun gobernador e
estas en distritos.
En canto a economía, na agricultura, os principais cultivos son os cereais, a
vide e a oliveira, melloran o regadío e introducen novos cultivos como o
arroz. Na gandería, o gando porcino retrocede debido a súa prohibición no
Corán e impúlsase o gando ovino, cabalar e apicultura. Na artesanía
destaca a industria textil , a elaboración de cerámica, minería,
construcción naval… No comercio destacan grandes importacións e
exportacións co territorio musulmán territorios europeos.
En canto a organización social divídese en musulmáns, unha mnoría árabe
que ocupa os altos cargo político-administrativos e militares, a unha
mayoría bereber (do norte de Ádrica). Por outra parte, está a poboación
hispanogoda composta por muladís (cristiás conversos), mozárabes
cristiás que viven en territorio musulmán e xudeus.
Dende o S.XIII o territorio musulmán da península queda reducido ao
Reino de Granada ata o S. XV cando a raiña Isabel I o conquista.

You might also like