You are on page 1of 1

Doc 3: Pacto de capitulación

Este texto sitúanos no século VII, concretamente no ano 713 en plena conquista islámica na
península de Ibérica, poderíamos encadrar o proceso histórico na primeira etapa da invasión
musulmá, a etapa política na que a provincia depende do califato de Damasco. En canto ao
contido calificamos o texto como xudicial, polo pacto formal dunha capitulación, proceso polo
cal o pobo anteriormente asentado nun territorio asume a rendición ante o invasor, o emir
Abd al-Aziz e un xefe visigodo, Teodomiro de Orihuela.

Hai que dicir que durante os anos de dominio islámico, o poder musulmán sempre preferiu a
capitulación á dominación militares. Había dúas formas de capitulación Shul que implicaba a
submisión ao poder musulmán e Ahd que permitía certa independencia ao territorio fronte ao
emirato. A Teodomiro non se lle ofrece ningún tipo de autonomía política. Non obstante, deixa
certas liberdades, como a libre propiedade de posesións ou o libre exercicio da relixión cristiá,
polo tanto no seu dominio predomina un carácter pasivo. Así que no texto se recollen as
medidas pouco agresivas, aínda así establécese o islamismo como eixo central do texto (liña 2),
a continuación confirma de novo o carácter pouco agresivo da capitulación, facendo referencia
a liberdade que se lle otroga (liña 4), como este tamén encontramos outro dereitos de
liberdade individual, como a permisión ás familias da non separación unifamiliar. Cabe
destacar, o dereito concedido da propiedade privada, ao mesmo tempo deberán cumprir o
pagamento de catro almudes de trigo, catro de cesada, catro cántaros de vinagre, entre
outros.

Entre as principais causas polas que se ocasionou o proceso de invasión islámica atopamos
como a principal a anterior decadencia da monarquía visigoda, esta era de carácter electivo e
dirixida pola Aula Regia que xunto con outro estímulos xerou dita decadencia, expunha guerra
civil na monarquía visigoda (guerra de Guadalete), derradeira impulsora da fácil penetración
que supuxo para os musualmán.

En canto ás consecuencias nas que desembocou este proceso histórico, a partir de esta
invasión discernirase no contexto relixioso en dous grupos, os que decidiron abandonar o
cristianismo e converterse e islamistas (muladís), e por outro lado os que decidirán conservar a
relixión cristiá baixo o dominio musulmá (mozárabes). O asentamento dos árabes suporá o
regreso das polis ou cidades, melloraron novas técnicas de cultivo e de regadío e así mesmo
tamén introduciron o arroz ou a caña de azúcar. Cabe destacar tamén, a incorporación da
moeda (dinar e dirhem). En definitiva, a invasión árabe na Península adoptou un carácter
pouco agresivo en contraposición por exemplo, á conquista romana. O proceso histórico
introduciu elementos da nosa sociedade actual, influíu no noso vocabulario e entre outras
cousas. Os árabes asentaranse na Península ao longo de practicamente toda a época medieval,
concluíndo finalmente na expansión cristiá.

You might also like