You are on page 1of 14

GRECIA ARCAICA:

O século VIII a.C inicia un período decisivo na historia do mundo grego

SÉCULO IX-VIII:

No inicio dista etapa vemos un gran crecemento demográfico, claramente determinado polo
crecemento económico producido pola revolución agrícola. Sabemos que houbo un gran
crecemento demográfico grazas a aos descobrimentos realizados polas escavacións
sistemáticas no territorio da Ática. Grazas a isto atoparonse un maior número de sepulturas
no século VIII a.C no territorio de Atenas. Ocorre o mesmo en Argos e Corinto.

Nesta época tamen comenzan a ser perceptibles as actividades relixiosas, comenzando cas
ofrendas nos territorios onde se atoparan máis adiante os santuarios máis importantes. Tamen
comenzan as primeiras constrruccións dos primeiros templos, ainda que seguen sendo sun
habitat moi pobre e sen cabida a monumentalidad, como os templos antigos de Samos. Nesta
época tamen aparece a estatuaria de bronce e obras de cerámica de altas calidades, que tamen
aparecen en xacementos palestinos e sicilianos, polo que cabe a posibilidade de que sean
restos fenicios.

A REFORMA HOPLÍTICA:

A falanxe hoplítica apareceu coma formación de combate a mediados do século VII a.C. Esta
era unha formación rectangular compacta, composta de infantes que loitan xuntos. A
aparición dista nova formación de combate responde a unha nova concepción de guerra, unha
guerra non heroica, senón un combate solidario. Unha características dos hoplitas e que
páganse a sua propia panoplia de combate.

A APARICIÓN DA ESCRITURA:

O fin do mundo micénico supuxo o fin da escritura no territorio grego, posto que a sua vez
desaparece o tipo de sociedade que necesita a escritura. Pero, na metade do século VIII os
gregos recuperan a escritura readptando o seu alfabeto ao fenicio. Pensase que ista influencia
debese ao comercio entre istos dous pobos. As principais modificacións efectuadas son: a
introducción das vogais, adaptación da escrita en cursiva, modificacións de certos valores
numéricos, a aparición das letras finais.
Este sistema rematará por propagarse con certas variacións rexionais. Escribese sobre
diferentes materiais. As primeiras inscripcións son de finais do século VII ou comenzos do
século VI, istas son dedicatorias inscritas nun obxecto co nome do seu propiatario, e co nome
do destinatario.

INVENCIÓN DA MOEDA:

A moeda aparece a finais do século VII a.C na Grecia Asiática. Estas parece que so
aparecieron ca función de facilitar os trocos comerciais, ainda que a sua area de expansión
non saiu das cidades, e a inexistencia de fraccións pequenas distas fai inutil a sua utilización
en moitas transaccións. A pesar disto, a moeda rapidamente convertirse nun instrumento
importante para os pagamentos fiscais, multas e para retribucións das tropas mercenarias.

APARICIÓN DAS POLIS:

A polis, dende un punto de vista xeográfico, e o conxunto dunha cidade e o seu territorio. É
dicir, está composta por un núcleo urbano, coñecido como asty, presidido pola acrópole, e
rodeado polas terras de labor coñecidas como Khora.

Como causa do desenvolvemento das polis non é posíbel analizar o marco xeográfico de
Grecia. O modelo que pode intentar explicar a aparición das polis é o evolucionista, que
evoluciona dende as maneiras máis simples ata as máis complexas: familia > genos (clan) >
fratria > phyle (tribo) > POLIS. O modelo historigráfico predominou ata o ano 1976, ata que
aparecion das obras de Tribu e cidade e Grote que o desestimaban.

A comprensión do modelo histórico que evoluciona cara as polis é máis complicado de


entender, pois non e fruto dunha única causa, se non de varias:
- O crecemento demográfico experimentado polo paso dunha economía pastoril, a unha
agrícola máis evolucionada e intensiva que permite este crecemento.
- A rivalidade polo control das terras dos aritócratas que fomentan fomentan a aparición
do poder colectivo necesario para o control das terras.
- A aparición dun culto heroico, esto envolverá unha mudanza de mentalidade ao
cohesionar as comunidades vinculadas a un territorio pola practica dun mesmo culto.

COMPOSICIÓN SOCIAL:

A poboación que compon unha polis e moi variafa. O sseus habitantes integranse de xeito
diferente na polis segundo a sua riqueza, profesión, sexo, nacemento e estatuto xurídico, polo
que, na cidade arcaica, podemos encontrar:
- ESCRAVOS: estos constituen a un grupo excluido por completo de todos os dereitos
cívicos. O xeito dista exclusión, ven dada polo feito da sua condición xurídica e pola
sua procedencia, xa que normalmente proviñan do exterior (por ser cautivos de guerra
ou pola sua compra noutros territorios). De todos xeitos, non era un grupo abundante ,
e tan so despois do ano 600 aC comenzará a popularizarse a esclavitude, e será a partir
do século V a.C cando se convirta nun fenómeno social relevante.

- SERVIDUME: este grupo encontrase entre os escravos e os cidadans, posto que tiñan
máis liberdades que os escravos.Este grupo está suxeito as terras nas que traballa, ten
que cultivarlas e dar unha parte dos frutos aos seus amos.

- CIDADANS: é un grupo social con certos dereitos legais, como o acceso aos tribunais
de xustiza co fin de resolver certas disputas. Estes estan protexidos contra a
esclavitude por rapto e poden participar na vida política e relixiosa. Teñen plena
participación política, ainda que para os máis pobres ista vese restrinxida, o mesmo
ocorre co acceso as maxistraturas, xa que en moitas polis o acceso é unicamente
posible en función da riqueza dos cidadans. Este grupo, como dixe anteriormente, non
é homoxeneo, posto que hai moitas desigualdades sociais:
- Campesiños pobres: son o grupo máis numeroso, estos son moi pobres,
sempre andan baixo a amenaza do endebedamento e a conseguinte servidume
perdurando sobre as suas persoas.
- Campesiños acomodados: así como artesans, mercaderes e nobres.

- ARISTÓCRATAS: este grupo é o encargado de concentrar e controlar todo o poder.,


tiñan dereito a xulgar, exercen as maxistraturas do estado e por suposto, posue unha
gran parte dos bens e riquezas. Dende este grupo pode acabar salindo unha familia
que acabará monopizando toda a Polis, como ocorre nas Baquiadas de Corinto ou nos
Basiliadas de Éfeso. A desiguldade dos cidadans condicionará toda a historia da
Grecia antiga, que acabará por provocar unha loita de clases entre os cidadans.

ESTRUCTURAS POLÍTICAS:

As estructuras políticas dividense entre:


- Maxistrados: cidadans encargados dunha función pública por elección ou delegación.
- O consello ou gerousia.
- Asableia (ekklesia ou Apella): decide sobre a guerra, alianzas, elecciones de
maxistrados, organizacións de festas e cultos e a fundación de colonias.

A partir do século VII a.C observamos un proceso de codificación da lexislación que deixaba
de estar en mans dun núcleo poderoso a estar suxeita por un arbitro, pasando a xustiza a ser
pública.
A STENOCHORIA E A COLONIZACIÓN:

A partires do século VII a.C numerosas rexións do mundo grego dan certa impresión de sufrir
un sobrepoboamento, que era bastante relativo, e veu agrandado por unha explotación
insuficiente do solo, por un reparto desigual das terras e a división do patrimonio nos
heredeiros, perxudicando especialmente aos pequenos propietarios. Esto produxo a coñecida
fame de terras ou stenochoria.

Entre os anos 775 e 500 desenvolvese o proceso colonial grego polo sur de Francia, Península
Ibérica, Sicilia, Sur de Italia e Norte de África, que podese ver como unha continuación da
expeansión micénica e minoica. As principais causas dista colonización son: a stenochoria, as
loitas internas nas cidades que dan a necesidade de que os emigrados migren e que o mundo
grego non e un territorio autarquico (non podía autoabastecerse de productos como trigo,
madeira e minerais).

A fundación dunha colonia inicialmente solía estar planteada por unha ou por dous polis, esta
é encabezada por un oikestes, que é o fundador da nova polis. A fundación dunha nova polis,
e sobre todo un acto relixioso polo que o oikestes traspasa o culto da metropole a nova
cidade, consagrando esta nova cidade a esa divinidade, reservandolle un temenos. Así mesmo
se instalaba o lume sagrado da cidade. Ainda que a nova colonia tome a divinidade principal
da sua metrópole, tamen poden adorar a outros deuses e poden acrecentar outros novos do
mundo indíxena. Os lazos políticos entre a colonia e a metropole son escasos, posto que a
colonia é unha polis independiente, que nin ten que seguir o modelo político da sua
metrópole.

Hai dous fases na colonización grega:


1. Entre o 770 e o 675a.C a colonización é unicamente emprendida por Corinto, Mégara
e Cíclada e as zonas de colonización limitabanse a Sicilia e a Magna Grecia (sur de
Italia).
2. Cara ao ano 675 a.C a colonización diversifícase por toda grecia, tomando tamen este
modelos os atenienses, os xónicos e certas illas, expandendo tamen a zonas como: o
norte (Tracia, Helesponto, Bósforo, Ponto Euxino), o sur (Exipto e cirenaica) e o máis
o oeste (galia, Ibérica e Corsiga).

COMERCIO:

Podemos observar que na época arcaica hai un desenvolvemento considerabel no comercio e


no artesanato, estes procesos puideronse ver claramente beneficiados pola colonización. A
partir do século VII o comercio marítimo fai a sua aparición (diferenciación entre as naves
comerciais e as naves de guerra). Hai sólidas probas arqueolóxicas de florecemento do
artesanato nos séculos VII a.C e VI a.C, sobre todo en Corinto, Atenas e Asia Menor.
Existen numerosos datos para pensar nunha creciente prosperidade no mundo grego, os restos
arqueolóxicos son máis ricos que no anterior período. A arquitectura desenvolvese e entre as
clases acomodadas extendese o gusto polo luxo de oriente, e moi posibel que a istos factores
contribuise o desenvolvemento do artesanato e do comercio.

Polo demais o desenvolvemento contribuiu a prosperidade dos estados aos que lles permitía
atribuir certos ingresos polo mesio de tasas sobre a actividade económica.

TIRANÍA:

O termino de Tiranía non ten a connotación de hoxe en día, esta tan só era o goberno dun
monarca con atoridade sobre a polis. Alguns tiranos puideron comportarse dunha maneira
que podemos definir como tiránica. Ainda que fora unha especie de monarquía había certas
diferencias entre a tiranía e a monarquía: o tirano toma o poder pola forza, mentre que o
basileus o hereda.

Os orixes desta forma de goberno son moi dificiles de coñecer, posto que as fontes son pouco
elocuentes ou tardías.
- Segundo Aristóteles o Tirano era o campeón do pobo. O demagogos encabezando a
insatisfacción social contra os mellores. O tirano e o lider dos Hoplitas, coma no caso
de Fidón de Argos.
- Tucídides relaciona a aparición da tiranía coa riqueza e o desenvolvemento poder
marítimo. Este é o caso de Corinto, cidades xonias e feceenses.
ESPARTA ARCAICA:

O reformador político Licurgo foi un personaxe históricamente escuro ou tal vez ficticio. Este
promulgará a constitución espartana GRAN RETRA. Ata a Segunda Guerra Mesenia
(650-620 a.C), Esparta era unha cidade aristocrática arcaica. Nalgún momento a
configuración espartana muda para ser a polis particular que chegou a ser.

LICURGO:

Este recibe de Apolo a Retra.


- Herodoto menciona a crise pola que pasa esparta, cando Licurgo consulta a Pitia e
instaura a eunomía (non é moi preciso sobre os contidos da eunomía, pero sábese que
fai alusións a organización militar, comidas comuns, gerousía e éforos).
- Jenofonte non fai referencia a Retra, ainda que si fala da educación.
- Plutarco é o que nos da máis coñecemntos sobre as leis de Licurgo, para este é un
personaxe enigmático.

PRIMEIRAS ETAPAS DE ESPARTA:

Hoxe ninguen cree que o goberno espartano se modificase cunha reforma súbita, se non cun
proceso demorado no tempo en varias etapas:
➔ Sinecismo ou unión das 4 aldeas que formaban Esparta.
➔ Anexión de Amiclas e primeira tentación de dominar o territorio de Mesenia coa
reducción dos seus habitantes a servidume nos últimos anos do século VII a.C.
➔ Tentativas frustradas de extenderse ao Peloponeso.
➔ Entre 650-620 a.C a Segunda Guerra Mesenia pola sublevación da poboación
subxagada.

GRUPOS SOCIAIS:

Hai tres grupos sociais:

➔ OS HILOTAS: era a poboación servil que era propiedade do Estado e a partires disto
era asignada a un particular. Traballa a terra cos seus propios medios e ten que lle
entregar unha apophorá fixada polo Estado aos homoioi. Na guerra acompañan aos
homes libres como auxiliar. Desde o S. V comenzarán a servir como soldados à
Neodamodeis. Eran tratados cruelmente. Se alimentan a través de roubos ou cazando.
➔ OS PERIECOS: Son os homes libres que viven en polis autónomas con exercitos
propios. Nos seus territorios non hai Klaroi, nin hilotas, nin homoioi. A sua orixe e
descoñecida. Históricamente as perioiquias formadas por antigas colonias, grupos de
refuxiados e por razón de índole estratéxica. A base económica era a agricultura, pero
tamén desenvolven comercio e a industria. As perioiquías eran autónomas, aínda que
por razóns estratéxicas algunas tiveron que soportar unha guarnición espartana e un
representante do estado lacedemonio. Os periecos son libres. Non se lle cobra ningún
imposto e xuridicamente son xenoi (estranxeiros), pero pertencentes comunidade
lacedemonia. A sua única obriga: servir no exército como hoplitas. Até 425 formaban
unha falanxe a parte. Non era un grupo socialmente homoxeneo: existía entre eles a
aristocracia.

➔ OS HOMOIOI "OS PARES": Teóricamente fan un grupo de persoas iguais nos


ámbitos xurídico, social e económico. Estes viven da agricultura. Non poden
dedicarse ao comercio, nin tan siquiera poden manexar diñeiro. A terra cívica está
dividida en lots (klaroi) de igual extensión inalienables. Cada un dos espartanos
recibía un klaroi. Os klaroi non eran heredables, mais de feito sí o eran (non se
cumplía). Obriga de participar e contribuir ás comidas comunais, as syssitia (no caso
de non participar deixan de ser cidadans).

TRIBUS:

Tradicionalmente foron tres tribus, trazo típicamente dorio: Hylleis, pamphyloi e dymanes.

O alirce: o parentesco, é ficticio.


Tradicionalmente foi unha estructura de poder aristocrático e non había un claro matiz
territorial. Desposuidas de calor e de poder coa constitución das CINCO OBAI:
- CINCO OBAI: claro matiz territorial.
- Proporcionan as cinco lokhoi con 1000 combatentes cada uno.

ESTRUCTURA POLÍTICA:

- APELLA: É a asamblea cidadá constituída polos varóns adultos dos homoioi.


Reuníase en intervalos irregulares e dentro dista se elixirán determinados maxistrados.
Esta non tiña valor decisorio, sólo consultivo. Non existe votación, abucheábase e
aplaudíase. Decisión de tipo maxistral, se elexían maxistrados. As funcións básicas:
Política exterior, declaración de guerra, elección de determinadas maxistraturas,
política de alianza e colaboraban ou non nas leis impostas pola gerousia.
- A GEROUSIA. O SENADO: Esta institución, como tal, era anterior a Licurgo. É o
consello de anciáns formado por homoioi elexidos na Apella e maiores de 60 anos
(candidatos). Constituidas por 30 candidatos; 28 eran elexidos membros e dous eran
os diarcas, os dous reis da Apella. O posto era vitalicio, estaban ahí de por vida. Ten
dereito a veto nas decisións da Apella. Constantemente se da a corrupción, preparaban
as reunións da Apella, función xudicial. Cando un more se fai a elección dun novo
membro. Aristóteles expoñía que era demasiada xente no goberno.

- OS ÉFOROS: Non tiñan ningún tipo de control, por iso habia tanta corrupción. Eran
os maxistrados elexidos anualmente. Xuramento mensual cos reis: os reis xuran
respetar as leis e os éforos protexer ao rei. Tiñan capacidade xudicial e de
interpretación das leis e un papel de acusación ante a Gerousia en casos penais. Son os
encargados de executar as decisións da Apella. En moitas ocasións entraran en
confrontacións co poder real. Os éforos sitúan asesores ao lado do rei que controlaran
o que éste faga, o que provocará que se impoñan, en moitos casos, ao propio poder do
rei. Recollen os resultados que da a Pitia no Oráculo e levan dito mensaxe á cidade,
coa posible conseguinte falsedade do alí recollido cando fan público o mensaxe. So
duran un ano no poder, grupo fácil de controlar gracias a isto. En tempos de guerra
daban a orde de movilización, indicaban as tácticas a seguir aos xenerais, e acabarán
imponiéndose aos reis en material militar. Intermediarios entre Esparta e o oráculo
délfico por medio de dous pitios, o que lles dará o control dos oráculos emitidos.
Tamén ten o monopolio da consulta do oráculo de Ino-Pasifae.

- A REALEZA: Non era unha monarquía, senon unha diarquía, e dicir, dúas familias
reais: Agiades e Euripóntidas. Sucesión de maneria hereditaria, pero non
necesariamente en línea directa nin por primoxenitura. O sucesor podía ser un irmán,
non o seu fillo. Poderes limitados polo propio feito de ter que compartir o poder, pero
tamen por ter que obedecer a constitución, pola que velaban os éforos. Os éforos
exercían unha forte vixilancia sobre eles. Formaban parte da Gerousia. Só no ámbito
militar o poder do rei será absoluto. En tempo de guerra, un dos reis recibirá mando
absoluto do exercito. Poderán facer a guerra, que batallas non se fan, tácticas que levar
a cabo. Pero será progresivamente limitado polos éforos. Importantes funcións de tipo
relixioso, sobretodo nos Rituais celebrados durante la guerra. Horas reais; ter un
témenos e recibir unha ración doble nas syssitia.

EDUCACIÓN:

A educación espartana acollía homes desde os sete anos ata os vintenove. Constituíase en tres
etapas:
- PAIDES (7 - 17 anos).
- PAIDISKOI (18 - 19 anos).
- HEBONTES (20 - 29 anos).

Había unha relación pederastica, ainda que non era de carácter universal, só para algúns, pero
existen certas dudas neste punto. Os paides eran educados na austeridade, obediencia e
batallas ficticias por outros mozos cos que formaban campañas (ILAI), divididas en grupos de
idades. Aos doce anos era cando podía entran nesa posible relacion pederastica. Os paidioski
eran reservistas e probablemente un grupo selecto deles participaban nas kripteias.

- Krypteia (uns cantos): periodo no que os participantes vivían escondidos de día,


alimentándose do que encontraban ou roubaban, e no que podían matar hilotas.

Os hebontes unianse as syssitia e ao exército, podían casar, pero vivían en barracas de homes,
non vivián cas suas mulleres, as visitaban de maneira clandestina. Será a partir dos trinta anos
cando Pasan a formar parte na vida dun cidadán e a vivir nas suas propias casas.

EVOLUCIÓN DESTE SISTEMA:

Despois da Guerra do Peloponeso o sistema espartano comeza a afundirse: Invasión de


moeda ática, incrementándose a desigualdade entre os espartanos. (En Esparta non se
cuñaban moeda de metais preciosos). A terra comeza a transferirse dunhas mans a outras e a
desigualdade é cada vez maior. Disminución do número de homoioi pola guerra, pero tamén
polo empobrecemento. O que facía que non puidesen pagar a contribución ás syssitia, o que
comportaba a perda de ciudadanía. (No 400a.C. había uns 3.000 homoioi e no ano 250 a.C.
uns 700).
ATENAS ARCAICA:

Atenas dende o século VIII era unha polis producto do Sinecismo de aldeas independientes.
Esta Atenas era dominada por unha aristocracia guerreira terratenente que destenta aos
sacerdocios e administración do dereito e da xustiza. Era gobernada nove arcontes (epónimo,
basileus, polemarca, función militar e seis tesmotetes). No século VII introducirse a táctica
hoplítica. Os hoplitas son socialmente labregos indepensentes e acomodados que fican a
marxe da polis.

CILON (632 a.C):

Este era un Eupatrida, ascende da aristocracia, e ten un intento fallido de instauración dunha
tiranía. Este foi un participante dos xogos olímpicos. Refuxase na acrópole e finalmente foi
asesinado. A sua matanza foi organizada por Menacles.

DRACON (620 a.C):

Se lle atribúe a fixación por escrito e feita publica das leis que anteriormente eran trasmitidas
oralmente. As familias aristocráticas eran as que aplicaban as leis ata ese momento, Dracon
pon a xustiza no centro da cidade para que se coñeza. Fai unha distinción entre homicidio
voluntario e involuntario. Ten como feito limitar o poder da familia.
› ¿Consello dos Cincocentos? Se lle atribue, pero se duda.

SOLON (594-590 a.C):

As suas medias rebaixan a tensión social. Toma certas medidas moi importantes:
- Este fai desaparecer os horoia (marcos que se puñan nas terras para marcar si estaban
endebedadas ou hipotecadas). Fan desaparecer os embargos.
- Abole a categoría de hektemeros (servos que pagaban a sexta parte da colleita).
- Rescata os atenienses vendidos no estranxeiro legalmente.
- Cancelou as debedas e prohíbe as debedas con garantía da persoa.
- Divide (en función da riqueza en terras) a poboacion en catro clases censitarias:
- Pentacosiomedimnos (recolectar 500 medimnos de trigo). Poden acceder ás
maxistraturas e ao Areópago, só en mans da aristocracia. à gran creación de
Solón.
- Hippeis (300 medimnos)-cargos menores.
- Zeugitas (propietarios dunha xunta de boi e 200 ou 150 medimnos)-cargos
menores a campesinos muy acomodados, capacidade de voto a asamblea.
- Thetes (xornaleiros): a capacidade ou non de votar e acceder a determinados
cargos.

¿"Boulé do Catrocentos"? ou consello dos 400: un consello consultivo, non sabemos se


existiu nin se se foi creada por el. Ao final do seculo V se atribue a Solón. Se lle atribue a
creación da Hilelia (tribunais). Tras a desaparición de Solón, entrase nun ambiente de
desorden na polis. Noméanse 10 arcontes: 5 empátridas, 3 agraikoi (campesinado) e 2
demiourgoi (artesáns). Manténse a paz no Ática, aínda que as tensións continúan.

PISÍSTRATO (561-528 a.C):

Era unha tiranía baesada socialmente nos sectores populares da poboación. Foi apoiado pola
poboación e tivo unha actuación moderada. Favoreceu o desenvolvemento do Ática. Política
de prestixio: templos de Acrópole, ágora... sistema detraída de agua. Favorece o culto a
Atenea, Dionisias e os cultos de Eleusis.

No 528/7 morre de doenza e é sucedido polos seus fillos Hippias e Hiparco. Tiranicídio
por Harmodio e Aristogitonà será moi celebrado polos gregos.

CLISTENES:

Permite introducir reformas no sistema político nun sistema que os gregos chamarán
isonomía. Como un sistema de igualdade ante a ley, permitirá avanzar nas medidas de
tipo democrático.

- REFORMA DO CORPO CÍVICO: Atenas está conormada por dez tribus, cada tribu a
sua vez constituiase por 10 demos (pobos) e son as unidades máis pequenas de
poboación, polo que en total habería 100 demos. Haberá unha modificación posterior.

- Nas demos: nesta reforma suprimese a distinción entre nativos dun demos e
residentes orixinados doutro anda que desde este momento a adscripción será
hereditaria, hai unha redistribución asignase ao demos no que resides. Cada
demos con asamblea, un xefe (demarca) e os seus cultos e bens propios terá a
sua propia constitución. Teñen a capacidade para cobrar impostos propios. E
usarán o demótico, ainda que as clases superiores seguirán utilizando
patronímico. Tiña un rexistro no que se rexistran os varóns maiores de 18 años
para controlar os que podían votar na Asamblea e tamén para inscribir
segundo a clase de idade como pentakosiomedimnoi, hippeis..

https://historiaeweb.com/2017/11/08/reformas-clistenes/
- As phylai (tribus): Substituense as 4 phylai xónias por 10 phylai, cada unha
das cales recibiu o nome dun heroi dado polo oráculo de Delfos. Tiñan as súas
propias festas, o seu tesouro e o seu arquivo. Ao mando da tribo estaba o
epimeletés da tribo con un tamias (tesoureiro) A través da tribu se organiza o
exercito, e iso e o que lle da importancia. Encargada da organización militar.
Cada unha ten o seu taxis (batallón) co seu estratego, e un escuadrón de
caballería mandado por un phylarcos.

- Trityas ou terzos à un trozo de interior, costa... à as tribus: Cada tribo terá 3


trityas: 1 do asty, outra do mesogeios (zona do interior), e outra da paralia
(ruptura do enraizamento territorial das tribus e das clientelas aristocráticas).
Ten un n° variable de demos. Á cabeza da tritya estaba o trittyarchos. 5
representantes no consello da phylé. Os seus membros axían como unidade na
pritanía.

- BOULÉ: Crease unha Boulé de 500 membros, 50 por tribu, entre os maiores
de 30 anos. A sua función era crear as leis. Excluidos os thetes. Na segunda
metade do S.V, o nomeamento faráse por sorteo, é a orixe do sistema
democrático (antecedente) a elección púñase en mans da divindade. Tiña de
capacidade de propor leis, que logo había que votar na Asamblea. Dela sairá o
grupo que formará parte da:

- PRITANIA (poder executivo da cidade): Xorde da Boulé. Está formado


por cada un dos 50 membros de cada tribo, cambiando cada 36 días,
cada mes. Con un presidente (Epístates) que cambia cada día e que non
podía exercer o cargo máis de 2 veces por vida. As suas funcións
constaban de: preparar e dirixir as reunión da ekklesia e da boulé,
recibir os embaixadores e poñer en en funcionamento as ordenes da
eclesia.
- OSTRACISMO: era o procedemento político polo cal a Asamblea se
pode desfacer dunha persoa que é considerada perigosa para a cidade.
A partir da 6° pritanía aparece o ostracismo. Na ekklesia habia que ter
un quorum de 6000 propostas de nomes, e o mais votado era o que
salía elexido para ostracismo. A primeria Asamblea vota e se alcanza
un nome os 6.000 votos, é expulsado. Abre o camiño a democracia
ateniense. O sistema non e necesariamente democrático. O ostracismo
non comporta perda de dereitos únicos, só de maneira provisional, e
non hai confiscacións de bens, é un procedemento político, non
xudicial. A expulsión é por 10 anos (fora da cidade) salvo que a cidade
o necesite e deste modo permítelles volver. En Atenas instáurase a
isonomía (igualdade ante a lei) e comeza así a época clásica e a
instauración da democracia.
AS GUERRAS MÉDICAS:

CONTEXTO:

Desde mediados do S. VI estaba constituído o Imperio de Ciro. Tras vencer a Creso, o rei de
Lidia, impón o seu dominio sobre as cidades gregas da costa e sobre as illas veciñas de Quios,
Lesbos e Rodas.

Coa chegada de Dario ao trono de Persia, acométese de novo a empresa de expansión tras a
morte de Cambises, que se pretende dirixir cara o norte do Exeu (Tracia e Macedonia).
Apodérase de zonas importantes para Atenas e que, desde a época de Pisístrato, Atenas tentou
controlar: o Quersoneso de Tracia e as illas de Imbros e Lemnos.

CAUSAS:

Dario tratase de apoderar de Naxos. Pide axuda ao tirano de Mileto, Aristágoras, que
fracasa. Por medo ás represalias persas, Aristágoras deixa Mileto e chama á rebelión xonia
contra os persas.

Os atenienses lánzanse de maneira favorable. No comezo os gregos teen algúns


éxitos. Apodéranse de Sardes e a incendian. Dario lanza unha contraofensiva na que se
apodera de Chipre e toma Mileto, que é destruída e os seus habitantes vendidos como
escravos (ano 494).

Dario pretende submeter a Grecia europea para o que envía unha frota que parte de Cilíca no
ano 490 e que obtén a rendición das Cícladas, desembarcando en Eubea.Eretria é tomada e os
seus habitantes levados a Persia.

BATALLA DE MARATÓN:

Sendo estratego Milcíades, pídese axuda a Esparta, dado que os persas están ás portas de
Atenas. Os persas desembarcan na planura de Maratón, na que tamén os atenienses acampan
esperando os reforzos espartanos. Mais os espartanos están para celebrar as Carneiras e
durante a súa celebración estaban prohibidos os actos violentos, polo que os espartanos non
acudiron en axuda de Atenas. Os atenienses vence a obriga de combater coa única axuda dos
plateos. Gaña Atenas, o que lle supón un enorme prestixio, igual que Milcíades.
INTERVALO:

No intervalo entre as Guerras Medicas renace a oligarquía, Milcíades goberna como arconte
de poderes únicos, e como representante dos intereses da sua clase. Estes ocupan o goberno
gracias ao colapso do comercio do trigo producido polos persas, procedendo ao reparto do
trigo.

Ao remate da Primeria Guerra Médica, Milcíades aproveita a sua situación, o seu prestixio e
o seu carisma e emprende unha expedición a Paros, exixindolles unha indemnización de
guerra por axudar as persas. Estas indemnizacións eran moi correntes para reforzar o erario e
submeter a outras cidades. A expedicion foi un fracaso e a Milcíades se lle puxo unha multa
xudicial de 50 talentos para pagar os gastos desta expedición que non tivo beneficios.
Milcíades more dunha ferida sufrida nesta expedición.

No ano 487 sustituise o sistema de acceso ao arcontado. Agora no novo sistema accedese por
medio dun sorteo entre 500 persoas elixidas entre membros das duas primeiras clases
censitarias.

No 481 celébrase un Congreso en Corinto, onde se establece unha alianza para defenderse
dos Persas. Constituese un synedrion (consello) formado polos delegados das diversas
cidades (31) que a formaban. Marsella, Corcira e Sicilia non participaron na liga. Esta liga
acordou:
- Unha reconciliación interhelénica: aboléronse os decretos de exilio, admitiuse o
retorno dos desterrados, devolvéndolles os seus bens.
- O mando supremo militar correspondeulle a Esparta.
- Enviáronse embaixadores ás cidades non participantes e pedindolles axuda económica
en trigo.
- Tomáronse medias de tipo moral: maldeciuse a todos os que axuden aos Persas,
castigándoos despois de guerra.
- Estableceuse un xuramento que puña por testemuña a divindade.

You might also like