You are on page 1of 14

A EUROPA DO SÉCULO XVIII

Período de transición entre o Antigo Réxime (termo que se lle da


ás sociedades europeas s. XVIII e que siguen mantendo características
políticas, éconómicas e sociais propias da época feudal) e os cambios
que levan ás Revolucións Liberais.
•Características do Antigo Réxime:
•ECONOMÍA → predominio da agricultura.
•POLÍTICA → Monarquías Absolutas.
•SOCIEDADE→ Estamental
O s. XVIII será tamén o do desenvolvemento da Ilustración
e o do nacemento de EEUU (Guerra de Independencia as
Colonias americanas)
Características do Antigo Réxime
1- ECONÓMICAS
A agricultura era a principal actividade. Concentráción da terra en mans dos privilexiados;
propiedade vinculada; mantíñanse os señorios territoriais (reserva señorial e mansos) con
dereitos xurisdicionais.
A Igrexa cobraba o décimo.
É unha agricultura de subsistencia, pouco productiva; policultivos, uso do barbeito; sen
especialización; autoconsumo (comerico escaso); campos abertos e terras comunais.
Produción gandeira insuficiente.
Periódicas crises de subsistencia.
Artesanía: nas cidades, controlada polos gremios.
O aumento progresivo da demanda leva á aparición do Domestic System.
No s.XVIII xurden as manufacturas (concentra un número elevado de traballadores a soldo
baixo un mesmo teito) → precedente das fábricas.
Transportes: medios moi rudimentarios; terrestre: calzadas e estradas (carros e dilixencias)
que facían os desprazamentos longos e dificultosos. Marítimos e fluviais: a vela, tamén
lento … no fluvial destacará Gran Bretaña (rede fluvial conectada por canles).
Comercio: o interior pouco desenvolto (feiras); a partir do s. XVI desenvólvese o comercio
colonial (destaca Gran Bretaña e Holanda: Compañías de Indias) que estimula o
crecemento das finanzas → Capitalismo comercial. Os monarcas poñen en práctica
políticas mercantilistas.
2- SOCIAIS
SOCIEDADE ESTAMENTAL: desigual: privilexiados
(nobreza e clero. Non pagan impostos, posúen
propiedades; a Igrexa percibe o décimo)/ non privilexiados
(resto da poboación, a maioría, máis do 90% da
poboación) → este estamento engloba ós campesiños (son
a maioría), ás clases populares urbanas e á burguesía
(grupo económicamente máis dinámico que liderará as
revolucións liberais.
Demográficamente a poboación está estancada: elevada
mortalidade e elevada natalidade → baixo crecemento
vexetativo da poboación (=Réxime Demográfico Antigo)
3- POLÍTICAS

MONARQUÍAS ABSOLUTAS → O Monarca ocupa a cúspide da pirámide


estamental; ten poder absoluto (nomea aos maxistrados, administra xustiza e
dirixe a política exterior; non está sometido a ningún contro e non comparte a
soberanía con ninguén), de dereito divino, goberna aos súbditos. Aínda que
dende a Idade Media existían as Cortes (xuntanzas de representantes dos tres
estados: nobreza, clero e representantes das cidades) o seu peso varía según
os estados. En Francia as Cortes chámanse Estados Xerais e en Inglaterra
Parlamento.
Precisamente onde si se van a poñer límites ao poder real no s. XVII será en
Inglaterra (Revolucións Inglesas: o Hábeas Corpus de 1769 fixaba a liberdade
individual e garantía que ninguén podía ser detido nin inculpado sen orde
xudicial; en 1689 a Declaración de Dereitos –Bill of Rights somete algunhas
decisións reais ao Parlamento, fixa o principio da separación de poderes,
lexislativo en mans do Parlamento). Á altura do s.XVIII só en Inglaterra e
Holanda o poder real estará limitado. Pero o exemplo inglés será un modelo de
inspiración para moitos pensadores da Ilustración
CAMBIOS NA EUROPA DO
SÉCULO XVIII
• A EXPANSIÓN ECONÓMICA: equilibrio
internacional, aumento da poboación, da
demanda, da produción, reformas
agrícolas desde o poder,
desenvolvemento das manufacturas, do
comercio e das comunicacións
• A ILUSTRACIÓN → O PENSAMENTO
ILUSTRADO
A ILUSTRACIÓN: movemento
intelectual do s. XVIII
• Precedentes: J. Locke e I. Newton.
• CARACTERÍSTICAS:
• Cuestiona o A. R. e difúndese por Europa e América
• Fe absoluta na razón.
• Defende a educación, o progreso e a tolerancia.
• Século das Luces = progreso e coñecemento.
• Política: Despotismo Ilustrado → reformas desde o
poder.
• Economía: Fisiocracia (Quesnay) agricultura como base
da riqueza, defensa da propiedade privada, liberdade de
comercio e industria, oposición á intervención do Estado
na Economía → Adam Smith → Liberalismo
Económico.
Representantes da Ilustración
• Filósofos das Luces → + franceses.
Defendían a liberdade e a igualdade de
todos os seres humanos. Elaboran a
Enciclopedia (Diderot).
• Pensamento político → Montesquieu
(división de poderes), Rousseau
(Contrato Social, soberanía popular) e
Voltaire (monarquía forte e parlamento)
A CREBA DO ABSOLUTISMO
• Causas: 1ª- As Revolucións Inglesas
(1649 e1689), 2ª -a difusión das ideas
ilustradas.
• Consecuencias → Despotismo Ilustrado:
“Todo para o pobo pero sen o pobo”.
Política reformista que ao mesmo tempo
busca manter o poder absoluto.
A REVOLUCIÓN AMERICANA
• 1ª insurrección colonial e 1ª posta en práctica
dos principios da Ilustración.
• Causas: opóñense as taxas e impostos da
metrópole, tamén ó monopolio comercial que
exerce Gr. Bretaña; reclaman participar no
Parlamento de Londres (igualdade, liberdade e
tolerancia)
• 1776->Declaración de Independencia de EEUU
→ iníciase a Guerra de Independencia
(1776-1783)
EEUU
• G. Washington → 1º presidente.
• 1787: 1ª Constitución escrita. Caract.:
• Separación e equilibrio de poderes
• Forma de goberno republicana. O goberno
da federación: moeda, política exterior,
finanzas…
• Estructura federal (cada estado con amplo
autogoberno).
• Declaración de Dereitos.
O SÉCULO XVIII EN ESPAÑA: OS
BORBÓNS
• 1700→ morre Carlos II e chega ó trono
Filipe V→1701-14→ Guerra de Sucesión
• Implantación do modelo absolutista
francés: centralización do poder e
uniformismo territorial (Decretos de Nova
Planta)
• Fernando VI
• Carlos III→ ex. de Despotismo Ilustrado
• Carlos IV
Pautas para o comentario de texto histórico, mapa, gráfico…

1-Identificación.
2-Idea principal e ideas secundarias.
3-contexto histórico → a Idade Contemporánea → ten as súas
propias características que a singularizan dentro do proceso histórico
xeral. Así desde o punto de vista económico, durante o s.XIX terá
lugar a Revolución Industrial en varias fases, desde o punto de vista
social prodúcese a desaparición da sociedade estamental e a
aparición da sociedade de clases na que a diferenza entre os grupos
a marcará a riqueza/ propiedade dos medios de produción:
burguesía/ obreiros (movemento obreiro, sindicatos/marxismo e
anarquismo) ; desde o punto de vista político desenvolveranse as
Revolucións Liberais implantándose sistemas parlamentarios.
Paralelamente xurdirá e se desenvolverá o Nacionalismo.
4-Comentario do tema a desenvolver →antecedentes, comentario
propiamente dito e consecuencias.

You might also like