You are on page 1of 4

PREGUNTAS DE EXAME DA UNIDADE 9. A ILUSTRACIÓN. AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS.

NAPOLEÓN. OS BORGÓNS EN ESPAÑA E A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1.-Indique as características do Antigo Réxime: política, economía, sociedade.

2.-Asocie cada característica co grupo social ao que corresponda: NOBREZA, CLERO,


BURGUESÍA, ARTESANADO, CAMPESIÑADO E GRUPOS MARXINAIS.

-Exercían un gran poder ideolóxico e gozaban dun gran prestixio social.

-Era privilexiada e posuía grandes latifundios.

-Eran as persoas encargadas das actividades industriais.

-Controlaba o poder económico fundamentalmente a través da actividade comercial e financieira.

-Recibía elevadas rendas dos campesiños.

-Tiñan unha grande influencia sobre as persoas, a cultura, a educación e a arte.

-A finais do século XVIII protagonizou unha serie de revolucións que liquidaron o sistema feudal do Antigo
Réxime.

-Eran a maioría da poboación, pertencían a un estamento non privilexiado. O seu nivel de vida estaba ao
límite e vivían nas zonas rurais. Co paso do tempo emigrou ás cidades para traballar nas fábricas.

-Compostos por esmoreiros, proscritos, enfermos…

-Agrupábanse en asociación denominados gremios.

3.-Explique brevemente que é o Despotismo Ilustrado.

4.- Defina que é a Ilustración e marque cunha X as características da Ilustración

-Movemento intelectual característico do século XVIII


-Gran confianza na razón
-Buscaba o coñecemento pola intuición.
-Trataba de fomentar o progreso da sociedade
-Criticaba o absolutismo e a sociedade estamental
-Valoraba escasamente o papel da educación e da cultura
-As ideas difundíronse por medio de conferencias.
-A Enciclopedia e os Salóns foron os medios de difundir as ideas da Ilustración.

5.-Asocie as ideas cos autores ilustrados: LOCKE- ROUSSEAU- VOLTAIRE-MONTESQUIEU.

-Teorizou sobre a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial)

-Repudiou o poder da Igrexa e foi partidario de limitar o poder do monarca

-Sostivo que a soberanía reside no pobo e dela emanan todos os dereitos individuais.

-Propugnou a separación de poderes mediante un goberno parlamentario que garantise as liberdades


individuais.

6.-Diferencie brevemente:
1
MERCANTILISMO –FISIOCRACIA E LIBERALISMO.

-Doutrina económica que consideraba que a riqueza se encontra no aproveitamento da


terra______________________________
-Doutrina económica que defende a NON intervención do Estado na
economía_____________________
-Doutrina económica que defendía que a riqueza dun país depende da acumulación de metais
preciosos como o ouro e a prata.

Agora conteste: Que doutrina económica defendía o Antigo Réxime________________________E a


Ilustración que doutrinas económicas defendía_____________________, _______________________

7.-Conteste ás seguintes cuestións breves:

-Cantas colonias inglesas había en América do Norte?

-Por que estaban descontentas coa metrópole?

-Que foi o motín do te?

-Quen foi o xeneral dos exércitos das colonias?

-Cando se declara a independencia? Cando Gran Bretaña recoñeceu a Independencia dos


Estados Unidos?

-Quen foi o primeiro Presidente norteamericano?

-Cando entrou en vigor a Constitución Americana?

8.-Explique brevemente as causas da Revolución francesa. Para iso indique se son verdadeiras ou
falsas as seguintes afirmacións e tamén complete no caso que se lle indique.

-A burguesía francesa estaba descontenta por non poder acceder ao poder e por non ser privilexiada.

-O rei Luís XVI era un monarca absoluto pero permitía o parlamentarismo.

-En Francia vivíase unha etapa de fame pois había escaseza de trigo e o prezo do pan subira moito.

-As ideas da ilustración non influíron en nada para que se producise a revolución francesa.

-A revolución americana influíu para que se producise a revolución francesa.

-A monarquía francesa non facía gastos e por iso non provocaba o déficit público.

9.-Agora complete o texto:

CONSTITUCIÓN – ASAMBLEA- CLERO- XERAIS- NOBREZA- CÓNSUL- MONARQUÍA- ESTAMENTO


– FUXIR – LEIS- EMPERADOR- CAPTURADO- XACOBINOS- REPÚBLICA- NAPOLEÓN- MATAN-
EXECÚTANO- CONSTITUCIÓN- ABANDONA- BASTILLA- EXECUTADO- DANTON- ROBESPIERRE-
DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN- EMPERADOR-VOTO-XIRONDINOS

A idea para reducir o déficit público de Francia (debidos ao gasto da monarquía e polas guerras) era que a
NOBREZA e o CLERO tamén pagasen impostos. Ante a súa negativa, convocáronse os Estados XERAIS
(unha Asemblea que se convocaba á vontade do Rei) e onde había representantes dos tres estamentos
(nobreza, clero e pobo llano). Reúnense en Versalles. Nos estados Xerais votábase por estamento.
2
Pero o pobo llano propón un VOTO por persoa e non por ESTAMENTO. Ante a negativa da nobreza e o
clero, o pobo llano ABANDONA a sala e reúnense na Sala da Pelota nunha nova ASAMBLEA (Chamarase
etapa da Asamblea Constituínte). A revolución estala e o 14 de xullo de 1789 cando os franceses asaltan a
BASTILLA, un cárcere que era un símbolo absolutista.

A Asemblea do pobo llano, acordan xurar unha CONSTITUCIÓN e implantar en Francia unha MONARQUÍA
constitucional. Tamén van redactar a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN.

O rei ante esta situación solicita axuda a Austria e intenta ESCAPAR de Francia pero é DETIDO e
encarcerado.

A Asemblea comeza a redactar as novas LEIS (é a etapa da Asemblea Lexislativa). Os revolucionarios


divídense en XIRONDINOS máis moderados (que aceptaban unha MONARQUÍA constitucional) e os
XACOBINOS máis radicais que queren un réxime novo. Destacaron como líderes DANTON, Marat e
ROBESPIERRE (Etapa da Convención).

Os revolucionarios instauran a REPÚBLICA en Francia entón remata a monarquía e EXECUTAN ao rei.

A revolución vai recrudecéndose máis e instálase un período de terror onde todo o opositor da revolución é
EXECUTADO na guillotina.
Despois desta fase tan cruenta gobernan os moderados (Etapa do Directorio) que redactan unha nova
CONSTITUCIÓN. Pero, finalmente, un destacado xeneral do exército chamado NAPOLEÓN dá un golpe de
estado en 1799 e noméase CÓNSUL e logo EMPERADOR de Francia implantando un réxime ditatorial desde
1804 a 1815.

10.-Indique o significado da Revolución Francesa.

11.-Indique quen foi Napoleón e cal foi o legado napoleónico.

12.-Explique que foi o Congreso de Viena e as súas pretensións.

13-Resuma brevemente a Guerra de Independencia de España, a Constitución de 1912 e os seus


principios. Para todo isto, conteste brevemente ás seguintes cuestións:

 Quen reinaba en España cando estalou a Revolución Francesa?


 Que provocou o Motín de Aranjuez?
 Quen aproveitou a ocasión para intervir na política española?
 Que son as Abdicacións de Bayona?
 Quen vai ocupar o trono de España?
 Que provocou isto xunto coa entrada das tropas francesas en España?
 Como entraron as tropas francesas en España?
 Que intención tiña Napoleón?
 Que pasou o 2 de maio?
 En cantas partes quedou dividida España?
 Cantos anos durou a guerra?
 Como se organiza a resistencia contra os franceses?
 Que elaborou a Xunta Central e cando e que asinaron?
 Que tendencia ideolóxica ten a nova Constitución?
 Cales son os seus principios básicos?
 Que rei volveu ao rematar a Guerra da Independencia e que réxime implantou?

14. Explique causas da Revolución Industrial. Logo conteste:

a-Onde se iniciou a I Revolución Industrial

b.-Que fonte de enerxía se empregou


3
c-Que sectores industriais se desenvolveron

15.-Enumere os trazos que caracterizan a II Revolución Industrial. Faga un cadro comparativo coa
Primeira.

16.-Explique que é a sociedade de clases.

17.-Explique cando se produciron outras revolucións burguesas e os seus trazos e significado.

18.-Explique o cadro Os fusilamentos do 3 de maio de Francisco de Goya.

You might also like