You are on page 1of 3

A RESTAURACIÓN.

LIBERALISMO E NACIONALISMO NO
SÉCULO XIX.
A RESTAURACIÓN.
Chamamos Restauración ao período histórico comprendido entre a derrota de Napoleón e
1848. Os principios da Restauración asentáronse no Congreso de Viena.

Entre 1814 e 1815 os vencedores de Napoleón (Rusia, Reino Unido, Prusia e Austria)
reuníronse no Congreso de Viena baixo a dirección do chanceler austríaco Metternich. Os seus
obxectivos eran: poñer fin á expansión do liberalismo e restaurar o absolutismo en Europa.

As potencias vencedoras levaron a cabo unha remodelación do mapa de Europa: Francia


volvía ás fronteiras de 1792 e se repartían entre as potencias absolutistas os territorios
conquistados por Napoleón.

Ademais no Congreso de Viena establecéronse os principios ideolóxicos da Restauración:

Lexitimidade dos monarcas absolutos.


Negación da soberanía nacional.
Equilibrio entre as grandes potencias (para mantelo celebraríanse congresos
periódicos).
Dereito a intervir en países
estranxeiros onde tiveran
lugar movementos de
carácter liberal.

Para facer efectivo dito dereito de


intervención, creouse a Santa
Alianza, que era un tratado de axuda
mutua entre Prusia, Rusia e Austria
ante calquera ameaza de revolución
liberal.

AS VAGAS
REVOLUCIONARIAS DA
PRIMEIRA METADE DO
SÉCULO XIX.
O Congreso de Viena non respectou
o liberalismo nin as aspiracións de certos pobos europeos sometidos. Como resultado disto, na
primeira metade do século XIX, houbo tres vagas revolucionarias (1820, 1830 e 1848) que
supuxeron a quebra do sistema da Restauración e puxeron fin ao absolutismo.

Estas ondadas revolucionarias estiveron impulsadas polo liberalismo e o nacionalismo. Onde


estes movementos revolucionarios triunfaron o absolutismo desapareceu e no seu lugar
implantáronse sistemas políticos baseados na soberanía nacional, o sufraxio e rexidos por
unha Constitución.
AS REVOLUCIÓNS DE 1830.
O movemento revolucionario da década de 1830 iniciouse en Francia, país no que a monarquía
absoluta foi substituída por unha monarquía constitucional. A dinastía Borbón foi apartada do
trono e Luís Felipe de Orleans (alcumado o “rei burgués”) foi coroado monarca constitucional.

Tamén en Polonia, en 1831 houbo unha revolta contra o dominio ruso, pero esta sublevación
foi reprimida polo exército tsarista.

AS REVOLUCIÓNS DE 1848. A PRIMEIRA DOS POBOS.


A revolución de 1848 (a “Primavera dos pobos”) significou o espertar das nacións sometidas
aos grandes imperios. Na “Primavera dos pobos” uníronse as reivindicacións do liberalismo e
do nacionalismo.

As causas desta vaga revolucionaria foron:

 A existencia na Europa da época de pobos baixo o dominio dos grandes imperios (o


austríaco, o ruso e o turco) e de pobos fragmentados en diferentes estados (Alemaña e
Italia).
 O impacto das ideas liberais ou nacionalistas. Estes ideais defendían unha “Europa das
nacións”, libre do dominio dos imperios absolutistas.

No Imperio austríaco, a revolución supuxo


a caída de Metternich. Ademais, houbo
levantamentos nacionalistas en Hungría,
no norte de Italia, na Confederación
Xermánica, etc.

En Francia, a revolución provocou o


establecemento da II República Francesa.
Implantáronse medidas democráticas:
sufraxio universal masculino, liberdade de
prensa, abolición da pena de morte,
recoñecemento de certos dereitos para os
traballadores. Porén, a burguesía pronto
puxo freo a estas conquistas.

As consecuencias da vaga revolucionaria


de 1848 foron:

● A maioría das revolucións foron sufocadas, pero as reformas democráticas e as


aspiracións nacionalistas consolidáronse en Europa na segunda metade do século XIX.

● As revolucións de 1848 implicaron a aparición dos ideais democráticos e o xurdimento


dos obreiros como forza política.

● A partir deste momento cobra forza o liberalismo democrático, caracterizado por:

● A soberanía popular e o sufraxio universal masculino. Fronte ao concepto de


soberanía nacional e o sufraxio censatario, propios do liberalismo moderado.
● A ampliación dos dereitos colectivos (dereitos de reunión e de asociación, moi
importantes para o desenvolvemento do movemento obreiro).

O NACIONALISMO NA EUROPA DO SÉCULO XIX


● Nacionalismo: ideoloxía política que defende o dereito das nacións a exercer a súa
soberanía e a formar a seu propio Estado. Baséase na identificación entre Estado e
nación. Podemos distinguir entre:

– Nacionalismo disgregador, desenvolvido dentro dos Imperios


plurinacionacionais.

– Nacionalismo unificador, desenvolvido nas nacións fragmentadas.

NACIONALISMO DISGREGADOR
Os exemplos de nacionalismo disgregador na Europa do século son:

- Grecia: logra a independencia do Imperio Turco en 1829.


- Bélxica: independízase do Reino dos Países Baixos en 1830.

NACIONALISMO UNIFICADOR
Italia

A principios do século XIX, Italia estaba dividida en varios estados. No norte


dominaban os austríacos. A unificación de Italia levouse a cabo na década de
1860-1870 e foi impulsada polo reino de Piamonte. Os artífices da unidade
foron o monarca piamontés Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro (Cavour)
e o revolucionario Garibaldi.

A victoria sobre os austríacos permitiu incorporar a rexión de Lombardía.


Pouco despois o sur de Italia quedou vencellado ao Piamonte grazas á
expedición dos “camisas vermellas” de Garibaldi. En 1861, Vítor Manuel II foi
proclamado rei de Italia. Tamén Venecia foi anexionada tras a derrota
austríaca ante Prusia. Finalmente, en 1870 incorporouse Roma que pasou a
ser a capital do reino.

Alemaña

A comezos do século XIX, a actual Alemaña estaba dividida en diferentes estados, agrupados
na Confederación Xermánica.Un primeiro paso para a unificación foi a creación do Zollverein,
ou unión aduaneira, en 1834. En 1848 fracasou un intento de unificación porque o rei de
Prusia no aceptou a coroa de Alemaña.

A unidade conseguise na década de 1860- 1870 e foi impulsada por


Guillermo I (rei de Prusia) e Bismarck (o seu primeiro ministro).
Prusia foi o estado que dirixiu o proceso de unificación, que se levou
a cabo mediante unha serie conflitos bélicos con estados veciños:
contra Dinamarca, contra Austria e contra Francia. En 1871, tras a
derrota francesa, Alemaña anexionouse os territorios de Alsacia e
Lorena. Ese mesmo ano foi proclamado o II Reich e Guillermo I foi
coroado emperador.

You might also like