You are on page 1of 36

Tema 1

Absolutismo e Ilustración (1700-1789)


1. Absolutismo e parlamentarismo
1.1. O absolutismo de Francia
1.2. O parlamentarismo de Inglaterra
2. A Ilustración
2.1. O pensamento ilustrado
3. A Europa do século XVIII
3.1. O despotismo ilustrado
3.2. As relacións políticas europeas
3.3. A rivalidade colonial
4. Sociedade e economía do século XVIII
4.1. A sociedade estamental
4.2. O mercantilismo
4.3. O comercio mundial
O século XVIII foi un período no que elementos propios da
Idade Moderna conviviron con ideas que anticipaban
unha nova era.

Continuaron vixentes características propias do Antigo


Réxime, como

• o absolutismo
• a sociedade estamental
• política económica mercantilista
Antigo Réxime

O termo Antigo Réxime designa a sociedade europea dos séculos XVII


e XVIII.

Este concepto foi acuñado polos líderes da Revolución Francesa.

Con el referíanse de maneira despectiva ao modelo político,


económico e social que gobernaba Europa antes da Revolución
Francesa.
1. Absolutismo e parlamentarismo
• O absolutismo alcanzou o seu apoxeo durante o
século XVIII, despois de que ao longo do século
anterior as monarquías lograsen concentrar todo o
poder político. O absolutismo definiu o modelo
sociopolítico do denominado Antigo Réxime,
caracterizado por unha sociedade dividida entre
unha minoría privilexiada e o resto da poboación.
• Con todo, durante o século XVII, en Inglaterra e nas
Provincias Unidas (os actuais Países Baixos)
afianzouse un sistema político alternativo ao
absolutismo: a monarquía parlamentaria.
1.1. O absolutismo de Francia
• Francia foi o exemplo máis representativo de absolutismo.
• Durante o século XVIII reinaron no país Luís XIV, Luís XV e Luís XVI.
• Estes monarcas concentraban todos os poderes do Estado (lexislativo, executivo e
xudicial) e gobernaban directamente sen xustificar as súas decisións ante ninguén.
• As monarquías absolutistas baseábanse:
• No dereito divino. Impregnados dun carácter sacro, que todos os cerimoniais da corte
reforzaban, os monarcas franceses eran considerados representantes de Deus na terra. Polo
tanto, non eran responsables das súas decisións nin ante as persoas nin ante as institucións, só
ante Deus.
• No centralismo. A toma das decisións estaba concentrada na figura do rei, que exercía un
gran poder.
• Na burocracia. O monarca gobernaba por medio de funcionarios nomeados por el, que
executaban as súas ordes; por exemplo, os ministros, na Corte, e os intendentes, nas provincias.
• No entanto, a autoridade real tiña algunhas limitacións, pois o monarca debía
respectar os privilexios tradicionais outorgados a algúns gremios, cidades e
provincias; por exemplo a exención dalgúns impostos.
1. Subida ao poder (A paixón do rei) 2. Monarca absoluto (Versailles)

3. O rei sol
4. Luis XIV e Versalles
(O home da máscara de ferro)
5. A morte de Luis XIV
1.2. O parlamentarismo de
Inglaterra
• A diferenza do ocorrido noutros países europeos, durante o século XVII, o
Parlamento inglés afianzou o seu poder ante o rei, ao que mesmo derrocou,
e instaurou a república durante a primeira revolución inglesa.
• Unha mostra do poder do Parlamento foi a aprobación, en 1679, da lei do
habeas corpus, que poñía fin ás detencións arbitrarias, xa que obrigaba as
autoridades a presentar os detidos ante un tribunal.
• En 1688, Xacobe II imitou o absolutismo de Luís XIV ao tentar impoñerlles o
catolicismo aos seus súbditos. Pero o Parlamento destronou o monarca e
coroou a súa filla María, casada con Guillerme de Orange, feito que se
coñece como a «gloriosa revolución».
• O novo monarca comprometeuse a respectar a Declaración de Dereitos (Bill
of Rights), que confirmaba legalmente a supremacía do Parlamento sobre o
rei (de feito, estableceuse unha monarquía parlamentaria), a separación de
poderes e os dereitos individuais. Estas transformacións provocaron a
admiración dos filósofos franceses.
1. Introdución 2. Ameazas de Carlos I a Cromwell 3. Disputas no parlamento

5 Restauración dos Estuardo 6. Revolución gloriosa


4. Execución de Carlos I
2. A Ilustración
• Ao longo do século XVIII produciuse un cambio de
mentalidade. Por toda Europa estendeuse a
Ilustración, un movemento cultural que
cuestionaba os valores e a organización da
sociedade tradicional do Antigo Réxime.
• O pensamento ilustrado baseábase no uso da razón
(é dicir, a intelixencia), como único medio para
conseguir o progreso e combater a superstición, o
fanatismo e a ignorancia.
2.1. O pensamento ilustrado
• As principais ideas da Ilustración achegaron novos
puntos de vista no ámbito dos dereitos, a política e
a organización social.
Dereitos Organización Principios
naturais social políticos

Contrato División de
Liberdade
social poderes

Organización Soberanía
Igualdade
en clases nacional

Fe no
progreso
Dereitos naturais

Liberdade.
• A liberdade individual supón para os ilustrados unha
dimensión da razón que lle facilita ao ser humano a
posibilidade de pensar en por si, o que lle outorga
autonomía persoal.

Igualdade.
• Os pensadores ilustrados consideraban que todos os
seres humanos nacen en igualdade de condicións e
de dereitos.
Organización social

Contrato social.
• Segundo os ilustrados, os seres humanos renuncian á súa vontade
individual para someterse ás regras establecidas pola sociedade.

Organización en clases.
• Os ilustrados propoñían unha nova organización social en grupos
diferenciados pola súa riqueza e non polo seu nacemento.

Fe no progreso.
• Os pensadores consideraban que, a través da educación, os seres
humanos poden acceder a un progreso indefinido.
A división de poderes
Principios políticos
División de poderes.
• Os tres poderes do Estado (lexislativo, executivo e xudicial)
deben ser exercidos por órganos diferentes, para garantir un
sistema político xusto, libre e igualitario.

Soberanía nacional.
• No pensamento ilustrado o poder dos gobernantes non provén
de Deus, senón que reside no pobo e emana del, que se
expresa libremente por medio do voto. Grazas a este voto, a
cidadanía delega temporalmente a súa soberanía nos
representantes elixidos, que deben cumprir a vontade da
maioría da poboación.
A difusión das ideas ilustradas
• As ideas ilustradas tiveron unha circulación reducida, que se limitaba aos
ámbitos cultos da alta burguesía e á nobreza.
• Nos salóns dirixidos por damas da alta sociedade, especialmente en Francia,
organizábanse lecturas e faladoiros nos que participaban algúns pensadores
ilustrados.
• Estas novas ideas estendéronse entre os grupos populares a través de
establecementos menos selectivos, como os clubs e os cafés, onde se discutían.
• Con todo, o mellor medio de difusión das ideas ilustradas por toda Europa foron
os libros, especialmente a Enciclopedia.
3. A Europa do século XVIII
• As ideas da Ilustración influíron no goberno dalgúns monarcas europeos. A pesar deste achegamento
ás ideas reformadoras dos ilustrados, en Europa, durante o século XVIII, continuaron coas dinámicas
propias do Antigo Réxime.
3.1. O despotismo ilustrado
• O despotismo ilustrado foi unha forma de goberno xurdida do intento dalgúns
monarcas europeos por conciliar o absolutismo coa filosofía da Ilustración.
• Algúns monarcas ilustrados foron Pedro I de Rusia, Catarina I de Rusia, Federico
II de Prusia, Xosé II de Austria e Carlos III de España.
3.1. O despotismo ilustrado
• Estes monarcas rodeáronse de ministros ilustrados e
promoveron algunhas reformas modernizadoras
(como a modernización da agricultura e a industria, a
realización de obras públicas e o impulso das artes e
as ciencias), pero non se chegou a cambiar a estrutura
política e social.
• Os estamentos privilexiados mantiveron a súa
supremacía e a gran masa da poboación continuou
sen poder participar nas decisións políticas.
• O lema que caracteriza este sistema de goberno foi
«Todo para o pobo, pero sen o pobo».
3.2. As relacións políticas
europeas
• No século XVIII introduciuse unha novidade nas relacións europeas: os
intereses económicos, especialmente relacionados coas colonias,
adquiriron maior importancia.
• No entanto, mantívose un trazo propio das etapas anteriores: a
persistencia da política de alianzas entre as dinastías que reinaban nas
potencias europeas.
• En 1713 asinouse o Tratado de Utrecht, que lle poñía fin á guerra de
Sucesión en España.
• Este acordo supuxo unha reorganización do sistema de relacións
internacionais polo que Gran Bretaña se converteu en nova potencia
hexemónica.
• Os obxectivos británicos eran manter un difícil equilibrio entre as
potencias continentais, neutralizar no posible o poderío francés e
establecer o seu dominio absoluto nos mares.
3.2. As relacións políticas
europeas
• O equilibrio europeo resentiuse por mor da aparición de dúas
novas potencias, Prusia e Rusia, que pugnaban con Gran
Bretaña, Francia, España e Austria por facer prevalecer os seus
intereses. Esta rivalidade ocasionou numerosos
enfrontamentos. Ao longo do século XVIII, as distintas
potencias europeas aliáronse en varias guerras sucesorias:
• Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1738). A elección do novo rei
de Polonia ocasionou o aliñamento das potencias ao redor de dous
candidatos: Estanislao Lezinski (Suecia, Francia e España) e Augusto
III de Saxonia (Austria e Rusia).
• Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748). María Tareixa de Austria,
co apoio de Rusia, as Provincias Unidas e Gran Bretaña, fixo fronte a
unha coalición que non a recoñecía como emperatriz (Francia,
España, Prusia e Baviera).
3.3. A rivalidade colonial
• Desde o século XVII, por mor da debilidade da monarquía
hispánica e a crecente importancia das colonias nas
economías dos países europeos, foise intensificando a
rivalidade polas posesións coloniais entre as potencias:
• As Provincias Unidas ocuparon territorios en Brasil e no Caribe.
• Gran Bretaña e Francia enfrontáronse por América do Norte,
por zonas do Caribe e tamén pola India, un inmenso territorio
dotado de enormes riquezas.
• A rivalidade colonial, especialmente entre Francia e Gran
Bretaña, provocou a guerra dos Sete Anos (1756-1763), cuxo
resultado consagrou a primacía da expansión colonial británica.
4. Sociedade e economía do
século XVIII
As reformas levadas a
cabo polas monarquías
baixo a influencia do
pensamento ilustrado
non lograron
materializarse en
profundos cambios na
sociedade e na economía
do século XVIII.
4.1. A sociedade estamental
• A sociedade europea da época mantiña grandes desigualdades
entre os estamentos sociais.
• Unha minoría da poboación gozaba de privilexios (en especial,
a exención de impostos): a nobreza e o clero. Estes estamentos
apoiaban a monarquía absoluta e participaban na vida cortesá.
• Con todo, a maioría da poboación carecía de privilexios. Entre
esta, destacaba o dinamismo da burguesía, que aumentou o
seu peso económico grazas ao comercio.
• A pesar da súa riqueza, a burguesía non podía participar no
poder político nin mellorar a súa consideración social. Ante
esta situación, os seus membros aceptaron as ideas ilustradas
para tentar cambiar a estrutura social e política.
4.2. O mercantilismo
• A partir da segunda metade do século XVII e durante todo o XVIII, as
monarquías europeas aplicaron unha política económica
mercantilista. O mercantilismo tiña como obxectivo o
enriquecemento da nación e baseábase na acumulación de metais
preciosos (ouro e prata) e no impulso do comercio exterior.
• As principais medidas da política mercantilista foron:
• O fomento das manufacturas. A intensificación das manufacturas en cada
país permitiu aumentar a produción de mercadorías destinadas ao
comercio.
• O proteccionismo. Para protexer o propio comercio, impoñíanse fortes
arenceis aos produtos estranxeiros, que así resultaban máis caros.
• A explotación das colonias. As materias primas e os metais preciosos das
colonias eran enviados aos países europeos. As metrópoles impoñíanlles un
monopolio comercial ás súas colonias, que deste xeito non lles podían
comprar nin vender produtos a outros países.
4.3. O comercio mundial
• No século XVIII, o comercio marítimo aumentou en
volume de intercambios e abríronse novas rutas.
• As monarquías europeas controlaban o comercio de
ultramar mediante as chamadas compañías de Indias,
que monopolizaban os intercambios coas súas colonias.
• A base do comercio colonial era un intercambio
desigual favorable aos intereses dos Estados europeos:
estes obtiñan das colonias materias primas e materiais
preciosos a baixo prezo; a cambio, vendíanlles
exclusivamente produtos manufacturados de pouco
valor a prezos altos.
As novas teorías económicas
• O método científico comezou a aplicarse na
economía e xurdiron novas teorías económicas
ligadas aos intereses da burguesía:
• O librecambismo, con pensadores como Adam Smith e
David Ricardo, defendía o libre comercio internacional e
a libre competencia. Polo tanto rexeitaba o
proteccionismo que exercía o Estado sobre a economía.
• A fisiocracia, con teóricos como François Quesnay,
participaba das ideas do librecambismo, pero ademais
afirmaba que os recursos naturais eran a única fonte de
riqueza dun país, xa que lles permitían vivir aos seus
habitantes e tamén acumular e intercambiar produtos.
A mundialización do comercio
• Absolutismo e Ilustración (1700-1789) A apertura
de novas rutas a Asia, América e África mundializou
o comercio europeo. A ruta máis rendible era a do
denominado comercio triangular:
• De Europa, saían produtos manufacturados ata o golfo
de Guinea, onde se cambiaban por escravos.
• Desde a costa africana, transportábanse os escravos cara
ao Caribe e ás costas continentais americanas, onde
eran vendidos.
• Desde América, transportábanse materias primas e
metais preciosos cara a Europa.
O comercio de escravos
• Entre os séculos XVIII e XIX vinte e catro millóns de
africanos foron transportados en condicións
infrahumanas a América para ser utilizados como
escravos.
• Influídos pola Declaración dos Dereitos do Home e
do Cidadán, a principios do século XIX algúns países
aboliron a escravitude.
• Con todo, esta non se prohibiu na maioría dos
Estados europeos e americanos ata a segunda
metade do século XIX.

You might also like