You are on page 1of 4

A CRISE DO ANTIGO RÉXIME

Coa denominación de Antigo Réxime designaron os revolucionarios franceses á


forma de Goberno e institucións que rexían a política, a economía e a sociedade ata a fecha
da revolución. Este vello réxime diferénciase doutra nova orde, que emana da cultura da
ilustración e que vai dar forma ó liberalismo. En moitos estados da Europa Oriental
continuou sobrevivindo o Antigo Réxime ata ben entrado o século XIX.

CARACTERÍSTICAS POLÍTICAS, SOCIAIS E ECONÓMICAS DO


ANTIGO RÉXIME.

No político, o Antigo Réxime encárnase nunha monarquía absoluta e


centralizada que se consideraba de dereito divino e polo tanto o Rei só era responsable
ante Deus. O monarca concentraba na súa persoa os poderes lexislativos, executivos e
xudicial. Controlaba o mando do exército, as institucións e a administración do Estado

A Sociedade organízase en ordes ou estamentos e nela distinguimos:


 A Nobreza, que tiña como misión o goberno e a defensa armada da sociedade.
Vivían das rendas do seu patrimonio ou do desempeño de cargos públicos. Se
dividía en alta nobreza (condes, duques, etc.) e baixa nobreza (formada
maioritariamente por cabaleiros e fidalgos).

 o Clero ocupábase das relacións con Deus. Segundo a súa xerarquía e riqueza, se
dividía tamén en alto clero (bispos, cardinais...), a súa procedencia era nobiliaria e
soían ser <<fillos segundóns>>, e baixo clero (sacerdotes, monxes, etc.) de
procedencia popular.

Estes eran os dous estamentos privilexiados. Tiñan estatutos xurídicos propios, leis
particulares e diferenciábanse radicalmente do resto da sociedade. Non pagaban impostos e
cobraban tributos en beneficio propio (o Diezmo da Igrexa).

 Despois estaba o Estado Chan ou Terceiro Estado que era o estamento non
privilexiado, formado polos demais sectores da sociedade. Constituía sobre o 90%
da poboación total e a súa función era traballar para os outros estamentos. Estaba o
campesiñado como grupo máis numeroso, pero con unha influencia social nula. A
maioría traballaba nas terras da nobreza ou da igrexa como arrendatarios,
xornaleiros ou servos, e debía pagar rendas aos señores para explotar as súas terras.
Tamén estaba a burguesía formada por comerciantes, médicos, artesáns, etc. Parte
da burguesía acumulaba grandes fortunas, aínda que o seu poder político era
escaso. Reclamaba maior participación no Goberno e igualdade xurídica, pero os
privilexiados trataron de impedir que lograse estes obxectivos. Tamén estaban os
traballadores manuais e os marxinados (vagabundos e mendigos).

1
En definitiva a sociedade do antigo réxime foi, ante todo, unha sociedade rural que
vivía esencialmente en función da terra, en torno á que xiraba a vida da maior parte da
poboación.

A Economía é predominantemente agraria de tipo tradicional. Esta actividade


ocupaba entre o 80% e o 90% da poboación. En gran parte de Europa practicábase unha
agricultura de subsistencia con ferramentas moi rudimentarias, dedicada sobre todo o
cultivo de cereais. Dependía do clima e cando había secas ou inundacións subían os prezos
e chegaban as grandes fames. Tamén eran importantes a Artesanía onde os gremios que
eran asociacións de artesáns do mesmo oficio que regulaban a produción, seguían
controlando a maior parte da produción. Tamén estaban as Manufacturas reais, que eran
instalacións similares a grandes obradoiros artesanais, que se centraron na elaboración de
armas e artigos de luxo. Por último o Comercio exterior, que medrou grazas ao aumento
dos intercambios con América e Asia e deu lugar á formación dunha rica burguesía. Era
unha economía dirixida e intervida polo Estado (mercantilismo).

Tamén se desenvolveu o comercio triangular: os barcos europeos dirixíanse a


África, intercambiaban produtos de pouco valor por escravos e levábanos a América para
vendelos. Cos beneficios que obtiñan compraban algodón, azucre, etc, que revendían en
Europa.

A ILUSTRACIÓN.

Os anos do século XVIII que precederon á Revolución Francesa do 1789 son


xeralmente coñecidos como a Idade da Ilustración. Os homes estaban profundamente
convencidos de que a súa era unha idade ilustrada, a sensación de progreso era case
universal entre as clases instruídas.

As raíces do espírito da Ilustración, atópanse en pensadores do século anterior


como Descartes ou Locke que falaba da igualdade e liberdade natural de todos os homes.

Os máis famosos de todos os ilustrados foron dous franceses e un suízo,


Montesquieu (1689 – 1775), Voltaire (1694 – 1778) e Rousseau (1712 – 1778). Os tres eran
moi distintos entre si.

Montesquieu era un aristócrata terratenente e a súa gran doutrina foi a separación e


o equilibrio de poderes: executivo, lexislativo e xudicial para impedir ó monarca abusar
das súas forzas. Admiraba á Constitución inglesa e a súa doutrina tivo unha ampla
influencia, e era ben coñecida dos americanos que no 1787 redactaron a Constitución en
USA.

Francois-Marie Arouet, alias “Voltaire”, pertencía a unha acomodada familia


burguesa. O que Voltaire admiraba por encima de todo era a liberdade relixiosa e a
liberdade de expresión. En materia de política, Voltaire non era un liberal nin un
demócrata. Era partidario dun goberno forte sempre que a monarquía absoluta respectase as
liberdades civís.

2
Jean Jacques Rousseau era suízo, protestante e de orixe de clase baixa. Foi o máis
profundo escritor da época. Rousseau considera ó home bo por natureza e é a sociedade
quen degrada o seu corazón e faille malvado e corrupto. Con respecto á política
Rousseau fala do <<Contrato social>>, ou sexa, un acordo en virtude do que todos os
individuos entregan a súa liberdade natural os uns ós outros. Funden as súas vontades
individuais nunha Vontade Xeral colectiva que acepta as normas desta Vontade Xeral como
decisivas. Era partidario de ideas democráticas e esas ideas de democracia que Rousseau
esbozou inspirará ós revolucionarios franceses. Para Rousseau a soberanía (poder) residía
no pobo.

Como resume pódese dicir que as correntes do pensamento en Francia e en Europa


eran diverxentes e contradictorias, pero coincidían nalgunhas cuestións básicas:
● O pensamento da Ilustración era completamente laico.
● Críase que o máis importante instrumento de progreso era o Estado.
● Os pensadores da época non eran nacionalistas, senón “universalistas”.
● Todo o pensamento da época propoñíase facer ós homes libres.

O DESPOTISMO ILUSTRADO:

É o sistema político de gran parte das monarquías europeas do século XVIII. A súa
máxima era: “Todo para o pobo, pero sen o pobo”. Isto significa que os monarcas debían
ocuparse dos seus súbditos, promovendo a intervención do Estado na Economía, obras
públicas, etc., pero sen a participación do pobo. Os déspotas ilustrados realizaron reformas
sen ter en conta a súa opinión por consideralo inculto.

A INDEPENDENCIA DOS ESTADOS UNIDOS.

A Revolución nos USA demostrou que moitas ideas da Ilustración eran realizables.
A doutrina social do home laico e centro da sociedade prendeu na alma americana
(Jefferson). A revolución en USA foi o precedente de todas as revolucións liberais do resto
do mundo. Poderíase dicir que esta revolución reflicte perfectamente o ideal burgués de
supremacía do individuo sobre todas as cousas e de que o poder ten que someterse á lei.

Despois da guerra dos sete anos (1756-1763), Inglaterra ficou nun estado
financeiro lamentable e pretendeu subir os impostos nas colonias americanas o que provoca
que xurda a sublevación coa aparición de revolucionarios como George Washington, que
será o futuro xefe militar rebelde. Non tardará en estalar a guerra aberta que, a pesar de
varias derrotas, foi favorable ós americanos, coa axuda de Francia e outros países europeos,
trala decisiva batalla de Saratoga no 1777.

O 1 de xuño de 1776 a colonia de Virginia, proclama a súa independencia,


constituíndose en República e facendo unha declaración de dereitos na que se afirma que
todos os homes son creados iguais, que son dotados polo seu creador de certos dereitos
inalienables entre os que se atopa a vida, a liberdade e a busca da felicidade.

3
O exemplo de Virginia terminou coas dúbidas das outras colonias. O 4 de xullo de
1776 as trece colonias votaron a Declaración de Independencia. Máis tarde no 1787
redactouse a Constitución que é hoxe a máis antiga do mundo, aínda en vigor.

O PARLAMENTARISMO INGLÉS

Poucos estados europeos escaparon ao absolutismo monárquico como fórmula de


exercicio do poder. En Inglaterra, o absolutismo monárquico tivo escasa relevancia.
Estableceuse no século XVII un sistema político diferente ao absolutismo. Na primeira
metade dese século, os reis da dinastía Estuardo intentaron gobernar nos seus territorios de
Gran Bretaña e Irlanda como monarcas absolutos, pero encontráronse coa firme oposición
da burguesía, que dominaba o Parlamento.

O conflito entre o rei e a burguesía provocou o estalido das revolucións de 1642 e


1688, que terminaron coa expulsión da dinastía Estuardo do trono e o triunfo da
monarquía parlamentaria.

Ao longo do século XVIII o Parlamento foi consolidándose. Este novo sistema


político baseouse na supremacía das leis sobre o monarca, que aceptaba o control do
Parlamento. Na Declaración de Dereitos de 1689 o rei garantía unha serie de dereitos e
liberdades, e indicábase que o monarca non podía aprobar leis, crear novos impostos ou
cobralos sen a aprobación do Parlamento. Establecéronse así as bases da división de
poderes. O Parlamento era de carácter bicameral (Cámara dos Lores e Cámara dos
Comúns) e foi respectado e sostido tanto pola nobreza como pola burguesía. La dinastía
eran los Orange.

A REPÚBLICA DAS PROVINCIAS UNIDAS (HOLANDA)

Tamén nas Provincias Unidas (Holanda) se implantou un sistema de goberno non


absolutista. Cando se independizaron de España en 1648 convertéronse nunha república, na
cal o poder era exercido polos cidadáns mais influentes, os burgueses. Grazas a o
desenvolvemento comercial, a burguesía aumentará o seu poder económico e adquirira un
gran poder político.

A república estaba formada por sete provincias, cada unha co seu propio
parlamento. Os representantes de todas as provincias reuníanse nos Estados Xerais, onde
se adoptaban as decisións comúns.

You might also like