You are on page 1of 22

O ANTIGO RÉXIME

A denominación de Antigo Réxime foi empregada polos revolucionarios


Franceses para referirse ao sistema político e ao modelo de sociedade existente
en Francia antes de 1789. Por extensión, os historiadores empregan este nome
para cualificar os trazos característicos da sociedade europea que se iniciou no
século XVI e acabou a sua plenitude no século XVIII.

• CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME


En síntese, pódense destacar os seguintes trazos básicos:

- Sistema económico agrario de policultivo e subsistencia. As actividades


agrícolas eran a base económica, a principal fonte de riqueza e nelas ocupábase
a maioría da poboación. Pero as técnicas e instrumentos agrícolas eran
rudimentarios, os sistemas de cultivo más frecuentes eran extensivos (de
rotación bienal ou trienal con barbeito)
e as producións estaban basicamente destinadas a cubrir as necesidades dos
campesiños (alimentación e semente) e para pagar a numerosas rendas e
impostos que recaían sobre eles.

- Actividades artesanais e comerciais escasas e de curto alcance. Na maioría


dos territorios a produción era artesanal e realizábase en pequenos talleres
urbanos rexidos por normas gremiais que controlaban os prezos, as calidades e
o volume da produción. Elaboraban produtos básicos para o consumo local. Os
intercambios comerciais eran escasos debido á tendencia maioritaria de buscar
a autosuficiencia e ao pequeno tamaño das cidades. Con todo, nos maiores
núcleos urbanos e portuarios existía, sobre todo no século XVIII, un forte
desenvolvemento artesanal baseado nos grandes talleres ou manufaturas que
elaboraban artigos de luxo destinados á Corte ou aos grupos dominantes; tamén
había nelas un crecente auxe comercial vinculado co tráfico coas colonias de
América e Asia.

- Sociedade estamental, organizada en tres estamentos, estados ou ordes,


cada un deles suxeito a normas xurídicas diferentes. A nobreza e o clero eran os
estamentos privilexiados (exención de pago de tributos, reserva dos cargos
públicos e das distincións honoríficas...) e o resto da poboación (pobres,
xornaleiros, campesiños, artesáns, comerciantes...) formaban a ampla maioría
dos non privilexiados, eran o pobo, o terceiro estado. Dentro de cada estamento
existían fortes diferenzas segundo a súa riqueza. O auxe artesanal e comercial
nos grandes núcleos urbanos favoreceu, no século XVIII, a importancia da
burguesia comercial.
- Réxime señorial de orixe feudal. Todas as terras, aldeas, vilas, cidades e
persoas que nelas vivían estaban sometidos á autoridade directa dun señor, o
dono do señorío. Os señores eran o rei (señorío de reguengo), os nobres
(señorío secular) e os eclesiásticos (señorío eclesiástico); este último estaba en
mans dos bispos (señorío episcopal) e dos abades ou abadesas dos mosteiros
(señorío de abadengo). No seu señorío, os señores exercían a xustiza,
nomeaban as autoridades, impoñían penas e castigos, esixían todo tipo de taxas
e impostos e gozaban de numerosos privilexios e monopolios (caza, pesca,
forno, muíños…).

- Monarquía absoluta. A maioría dos reinos europeos do século XVIII estaban


gobernados por reis que exercían un poder absoluto e actuaban como señores e
propietarios do seu reino e únicos responsables do seu goberno. As teorías
políticas tradicionais defendian a idea de que o poder supremo e a soberanía
residia e pertencía ao rei (soberanía real) e que este poder debía ser exercido de
forma absoluta e sen ningunha limitación porque o recibía diretamente de Deus
(xustificación divina do poder).

• PARLAMENTARISMO INGLÉS

En Inglaterra, no século XVII, os intentos dos reis da dinastía Estuardo de gobernar


de forma absoluta e sen contar co vello Parlamento medieval dos lores e dos
comúns, ocasionaron un forte enfrontamento entre os partidarios da supremacía do
rei e os defensores das prerrogativas do Parlamento. Durante o reinado de Carlos I
este enfrontamento derivou nunha guerra civil (1642-48) que rematou coa vitoria
dos partidarios do poder do Parlamento (parte da nobreza, os terratenentes de
clase media e a burguesía das cidades), a decapitación do rei e a proclamación
dunha república autoritaria dirixida por Oliver Cromwell, xefe das tropas rebeldes.
Tras a morte de Cromwell en 1658, o Parlamento inglés restaurou a monarquía.

Carlos Il mantivo un equilibrio co Parlamento, pero o seu irmán e sucesor, o


católico Xacobe Il, mantivo unha política procatólica e autoritaria que provocou a
oposición dos nobres anglicanos. En 1688 os rebeldes pediron apoio militar a
Holanda, dirixida por Guillerme de Oranxe, que estaba casado con María Estuardo,
a filla protestante de Xacobe II. Tras o desembarco holandés e a deserción do
exército de Xacobe Il, este fuxiu. Ao ano seguinte o Parlamento proclamou a
Guillerme e a súa muller novos reis de Inglaterra, a cambio de recoñecer a
Declaración de dereitos de 1689 que limitaba o poder real, recoñecía e
establecía determinados dereitos á poboación. Estes acontecementos son
coñecidos como a revolución de 1688. A partir de entón, o sistema de goberno en
Inglaterra sustentouse no poder do Parlamento.
O LIBERALISMO
• AUTORES
- John Locke (1632-1704), coetáneo dos cambios políticos provocados en
Inglaterra pola revolución de 1688, criticou no seu Tratado sobre o goberno civil
(1690) os fundamentos teóricos do absolutismo e defendeu a limitación do poder
e o exercicio do poder lexislativo en exclusiva polo Parlamento. Xustificou a
existencia do poder nun acordo primixenio no que a comunidade renuncia e
cede o poder aos seus gobernantes, pero estes non poden exercelo de forma
arbitraria xa que o posúen por delegación do pobo e deben respectar a lei e os
dereitos naturais das persoas, especialmente a vida e a propiedade.

- Charles de Secondat, barón de Montesquieu (1689-1755), defendeu en O


espírito das leis (1748), a idea de que, en todo sistema político, o poder non
debe recaer nunha mesma persoa ou institución, por ser tiránico, senón que
debe estar repartido e ser limitado. De acordo coa súa función, distingue tres
poderes diferentes: executivo, lexislativo e xudicial; entre eles debe existir un
mutuo control e equilibrio. Aínda que pensaba que o poder debía ser exercido
pola aristocracia, a súa idea da división tripartita de poderes constitúe unha das
bases fundamentais do novo modelo de Estado que xurdirá das revolucións
liberais e democráticas.

- Jean Jacques Rousseau (1712-1778), defendeu en O contrato social (1762)


que a orixe do poder político reside nun pacto ou contrato social, realizado entre
todos os individuos dunha comunidade, polo que estes ceden parte dos seus
dereitos naturais á comunidade, para que esta os protexa, pero cada un deles
segue mantendo a súa liberdade e soberanía. Deste xeito, cada cidadán ten o
dereito de participar e intervir nos asuntos públicos; ben mediante a democracia
directa nos Estados pequenos, ben mediante a representación por outros
cidadáns nos grandes. Así, as leis son a expresión da vontade xeral. Rousseau
está considerado como un dos principais teóricos da democracia moderna; a súa
idea da vontade popular como fundamentación do poder é a base actual sobre a
que se organizan os Estados democráticos.

- Adam Smith (1728-1790), coetáneo as transformacións industriais que estaban


a acontecer en Inglaterra, defendeu en Investigacións sobre a natureza e causas
da riqueza das nacións (1776) a liberdade e o interese individual como principios
reitores das actividades económicas. Considerou a propiedade privada e o
mercado, baseado no libre xogo da oferta e da demanda, como a base da
riqueza dos individuos e das nacións. Así mesmo, propugnou que o Estado e o
Goberno debían limitar as súas funcións á defensa da sociedade, á impartición
da xustiza entre os particulares e a garantir a liberdade económica. As súas
ideas, xunto coas de Thomas Malthus e David Ricardo, constitúen a base do
liberalismo económico e do capitalismo.
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS
(1776-1815)
• INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN ESTADOS UNIDOS

A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do


Norte. Enfrontadas por motivos comerciais e fiscais co Goberno de Inglaterra, os
colonos, ante o rexeitamento das súas peticións, enfrontáronse coas armas a súa
metrópole a partir de abril de 1775. Cada colonia formou un Goberno propio,
declarou a guerra e, nalgúns casos, fixeron declaracións sobre os principios sobre
os que debía sustentarse o poder. A máis importante e transcendental foi a
Declaración Dereitos de Virxinia de xuño de 1776, na que se establecía a garantía
dos dereitos individuais e a responsabilidade dos gobernantes ante o pobo.
Pouco despois, o 4 de xullo de 1776, as 13 colonias fixeron unha Declaración
conxunta de Independencia e formaron os Estados Unidos de América.

A guerra rematou en 1783 co triunfo dos norteamericanos e o recoñecemento dos


EUA por Gran Bretaña. En 1787, os 13 Estados pactaron a creación dunha
república federal, na que cada Estado conservaba gran parte da súa soberanía,
pero cedía competencias a un Goberno central ou federal dirixido por un
presidente, e promulgaron a Constitución dos Estados Unidos, a primera do
mundo baseada nos principios liberais, que foi completada en 1789 cunha
Declaración de dereitos, vixentes na actualidade e na que se recollen, como
emendas, principios como: que o Estado non ten relixión oficial (1° emenda), o
dereito do pobo a portar armas (2ª emenda), e o derelto dos acusados a ser
xulgados rapidamente e en sesión pública (6º emenda).
A influencia dos acontecementos americanos foi enorme porque levaba á práctica
o que ata ese momento non era máis que principios teóricos. A partir de entón, a
posibilidade de que os habitantes dun territorio puidesen darse a si mesmos un
goberno liberal parecía máis realizable, xa que existía un exemplo a imitar.

• A REVOLUCIÓN FRANCESA (1789-1804)


A. RAZÓNS PARA UNHA REVOLUCIÓN
O movemento revolucionario iniciado en Francia e 1789 foi consecuencia dunha
serie de factores económicos, sociais, políticos e ideolóxicos que se relacionan
entre si. Destacan os seguintes:

• Incremento da tensión social e descontento da burguesia, conse-cuencia das


fortes diferenzas sociais que enfrontaban os privilexiados nobreza e clero- que
gozaban de todas as vantaxes do sistema (honores, cargos públicos, exención
de tributos...), e os non privilexiados o resto da poboación, o Terceiro estado que
vivian sometidos e tiñan múltiples motivos de descontento e queixa,
especialmente a burguesia e os máis pobres.


Os burgueses, enriquecidos co desenvolvemento das actividades comerciais e
urbanas, toleraban con dificuitade a súa marxinación dentro do sistema. A súa
riqueza económica contrastaba coa súa escasa influencia social e política en
relación cos grupos privilexiados tradicionais; por iso, desexaban participar nos
cargos e honores públicos e eliminar os privilexios da aristocracia.

Os campesiños, que constituían a maioría da poboación e traballaban terras que


case nunca era da súa propiedade, estaban sometidos a un duro sistema fiscal
(pago de numerosos impostos: corveas, taxas, laudemios, talla…) e xurídico de
tipo feudal que os sometía á xustiza dos poderosos. Esta situación de abuso era
dificilmente soportable.

• A difusión das ideas ilustradas e liberais, espalladas por toda Francia,


especialmente entre os círculos da burguesía. A crítica á tradición, aos privilexios
e ao absolutismo monárquico, divulgadas en artigos, enciclopedias e faladoiros,
deron argumentos aos burgueses para desexar un cambio na situación política e
social.

• Crise de subsistencia e dificultades económicas, frecuentes no Antigo


Réxime, pola insuficiencia das colleitas e a elevación dos prezos agrícolas, pero
que se agudizaron en xullo de 1789, cando o prezo do pan alcanzou en París a
súa máxima subida.

• Creba financeira do Estado francés, pois os gastos (pago das guerras fronte a
Inglaterra, da débeda pública, da Corte...) era excesivos e superaban os
ingresos. O Estado necesitaba incrementar os seus ingresos e iso só podía
facelo impoñendo novos impostos. Como non era posible que o pobo pagase
máis sen causar unha revolta, o goberno de Luís XVI tentou conseguir que os
privilexiados contribuísen e pagasen certos impostos. A súa negativa provocou a
convocatoria dos Estados Xerais e o inicio da revolución.

• Insuficiente resposta política, pois o rei de Francia, Luís XVI, era incapaz de
aceptar modificacións que alterasen a súa monarquía absoluta e tradicional, o
que provocou e facilitou a rápida sucesión dos procesos de cambio.

RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA E VAGAS


REVOLUCIONARIAS LIBERAIS
(1815-1848)
• A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA E O CONGRESO DE VIENA
A finais de 1814 e comezos de 1815, as potencias vencedoras de Napoleón
reuníronse nun Congreso en Viena coa finalidade de restablecer as fronteiras e os
reinos alterados durante o período revolucionario e establecer os principios sobre
os que se debían asentar as monarquías e as novas relacións internacionais. Eses
principios, dos que o chanceler austríaco Metternich foi un dos máximos
defensores, foron:

- Absolutismo: o poder é único e absoluto, procede de Deus e só o poden


exercer os reis que son os donos da soberanía. Todas as innovacións
revolucionarias foron abolidas.

- Lexitimismo: unicamente poden gobernar os reis lexítimos, é dicir, aqueles que


proceden dunha dinastía que reinaba antes de 1789, eliminando así os que foron
creados por Napoleón. Así, os reis da dinastía Borbón recuperaron os tronos de
Francia, España e Nápoles.

- Equilibrio internacional: non debe existir ningún Estado hexemónico en


Europa, senón que as grandes potencias deben compartir as obrigas
internacionais e manter un equilibrio entre elas.

- Intervencionismo: as grandes potencias poden e deben intervir nos asuntos


dos outros Estados, sempre que o que ocorra nun deles repercuta nos demais
ou por solidariedade cun rei lexítimo e para evitar novas revolucións.

Ao mesmo tempo retocaron as fronteras europeas, pero non restableceron na súa


totalidade as que existían antes de 1789. As modificacións obedeceron aos
criterios de:

- Evitar un novo intento de expansión de Francia; as súas fronteiras volvían a ser


as de 1792 e os reinos veciños foron engrandecidos: Holanda recibiu Bélxica e
Piemonte anexionou Xénova e Niza.

- Compensacións ás grandes potencias: Prusia, Rusia e Austria ampliaron os seus


territorios a costa dos seus veciños.

Pero non se tiveron en conta os pobos que vivían neses territorios, nin as súas
aspiracións nacionais estimuladas polo liberalismo revolucionario: os italianos e
alemáns permaneceron divididos en diversos Estados; os polacos perderon a súa
independencla e foron repartidos; os católicos belgas quedaron sometidos aos
seus tradicionais inimigos os protestantes holandeses, e nos grandes imperios de
Austria e Rusia coexistían numerosos grupos étnicos, culturais e relixiosos
diferentes. O xerme do conflito permaneceu.

Para garantir o cumprimento dos acordos de Viena, os monarcas absolutistas de


Austria, Prusia e Rusia asinaron o Tratado da Santa Alianza polo que se
prestaban mutua axuda contra os revolucionarios.
NACIÓN, NACIONALISMOS E ESTADOS EN
EUROPA (1815-1871)
• NACIÓN E NACIONALISMOS

A nación e os nacionalismos, movementos políticos que reivindican e defenden a


identidade nacional dun determinado pobo, son unha das claves -xunto co
liberalismo, o capitalismo e o socialismo- da construción politica do mundo
contemporáneo. O seu estudo presenta dificultades, non só pola complexidade das
súas manifestacións, senón tamén pola implicación emotiva e visceral que o tema
causa en moitas persoas e investigadores.Os prexuízos ideolóxicos, as posicións
apriorísticas, a primacía do sentimento fronte á obxectividade histórica impiden, en
moitos casos, achegarse coa frialdade necesaria a súa análise.

Nación, patria, pobo, son conceptos que se empregan dunha maneira ambivalente,
confusa e mesmo interesada, porque non existe unha única definición de nación. A
polémica continúa á hora de fixar o nacemento das nacións. Unha idea moi
estendida é que estas teñen a súa orixe en tempos remotos e por iso todas as
Historias nacionais abranguen desde a antigüidade ata a actualidade. Para outros,
porén, a nación e os nacionalismos son unhas realidades históricas que aparecen
a comezos do século XIX asociadas ao proceso de extensión e triunfo do concepto
de soberanía nacional.

Tamén existen dificultades á hora de caracterizar o nacionalismo. Segundo a súa


orixe, pódense diferenciar dúas modalidades. Os nacionalismos de
consolidación ou de Estado, que se desenvolven en Estados independentes nos
que as propias institucións do poder nacionalizan e homoxeneizan a poboación
inculcándolle, mediante ritos, símbolos, festas e cerimonias, os valores da propia
nación. Os nacionalismos de afirmación son os propios daqueles pobos que non
teñen Estado propio e loitan por conseguilo, ben mediante a súa separación dun
Estado máis amplo que os domina (nacionalismo centrifugo), ben mediante a súa
unificación por estar divididos ou repartidos entre diferentes Estados (nacionalismo
centrípeto).

Desde o punto de vista ideolóxico, os nacionalismos poden ser de signo moi


diferente: desde a extrema dereita á extrema esquerda. Así mesmo, as súas
estratexias de actuación son moi diversas e van desde as manifestacións culturais,
deportivas, desfiles e festas ata o emprego da violencia para conseguir os seus
obxectivos. A pesar das súas diferenzas, todos os nacionalismos afirman que a
organización ideal é aquela na que coinciden e se identifican o pobo, o Estado e a
nación. Esta identificación permite comunidade despregar toda a súa enerxía e
orgullo e aos individuos gozar do sentimento de pertenza a unha terra ou país; por
iso, todo bo patriota ou nacionalista debe loitar e sacrificarse pola sua patria ou
nación. O problema reside en que entende cada quen por nación.
Na evolución dos movementos nacionalistas diferéncianse fases máis ou menos
longas. Na inicial, un reducido número de patriotas, intelectuais e eruditos comeza
a interesarse pola historia, a lingua e a cultura do seu pobo. Nunha segunda fase,
xunto co interese cultural, aparecen as primeiras formulacións nas que se
considera a propio pobo como unha nación, amplíanse os apoios sociais e aparece
a mobilización política. Na terceira e definitiva fase, o nacionalismo convértese nun
movemento de masas que pode chegar a formar un Estado propio.

• OS FUNDAMENTOS TEÓRICOS DA NACIÓN

En liñas xerais, pódense agrupar en dúas as varias definicións e conceptos que


existen sobre a nación: a liberal-voluntarista e a orgánico-historicista, aínda que
tamén existen posicións de sintese.

A. A NACIÓN NA CONCEPCIÓN LIBERAL E VOLUNTARISTA


A finais do século XVIII e comezos do XIX, os revolucionarios liberais formularon
un novo concepto do poder baseado na soberanía colectiva da nación e no
goberno representativo fronte ao goberno absolutista e á soberanía dos reis. Para
eles o novo suxeito político era a nación: o conxunto de cidadáns libres e iguais
que viven nun territorio baixo unha lei común libremente aprobada polas súas
institucións representativas. Segundo esta liña de pensamento, os factores
definitorios da nación son de carácter político -o Estado, a lei, os cidadáns-, sendo
irrelevantes as posibles diferenzas culturais, lingüísticas e étnicas existentes na
poboación, neste sentido pódese dicir que o Estado define a nación.

B. A NACIÓN NA CONCEPCIÓN ORGÁNICO-HISTORICISTA


Outros pensadores políticos consideran que a humanidade está, de forma natural,
dividida en nacións definidas por unha lingua, unha cultura e unha historia distinta
ás demais. Para eles a nación non é froito do resultado da acción política dos
seres humanos, senón que é a creación do espirito e da alma colectiva dun pobo,
superior á vontade dos individuos e destinada a perpetuarse xeración tras
xeración. Desde este punto de vista a nación é previa ao Estado.

O valor central concedido á lingua e á historia como expresión das esencias dunha
nación trouxo consigo o desenvolvemento dos nacionalismos lingúísticos naqueles
territorios europeos que tiñan unha lingua popular propia, pero non un Estado,
contribuíndo ao seu rexurdimento literario. A Historia propia convértese nun sinal
da identidade colectiva nacional e nun instrumento cultural de exaltación patriótica
(as xestas da patria) e á creación e invención de mitos, símbolos e tradicións.
• A UNIFICACIÓN DE ITALIA

Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete Estados


diferentes, co problema engadido de que un deles estaba gobernado polo Papa e
outros estaban en mans de príncipes austríacos ou dominados directamente por
Austria. Aínda así, a conciencia unificadora estaba moi estendida por obra de
intelectuais e políticos (Mazzini, Leopardi, Gioberti, Verdi.) á que temos que
engadir os intereses económicos (complementariedade do norte industrial co sur
agrícola).

A pesar do desexo compartido de formar unha nación, existian posturas diferentes


á hora de definir a futura organización estatal unificada e os medios para lograla:
Confederación arredro do Papa, unión monárquica ou formación ducha república?
Ademais sería necesario eliminar o dominio austríaco, suprimir as prerrogativas
dos monarcas e reducir o poder temporal do Papa. Tras os fracasos das tentativas
republicanas e democráticas, baseadas na insurección popular propugnadas por
Mazzini en 1830 e 1848, no nacionalismo italiano foise desenvolvendo a idea de
que a unificación debía contar co apoio dun Estado que a encabezase. A presenza
duna dinastía de orixe italiana -os Savoia_ no Reino de Piemonte-Sardeña, onde
existía un réxime constitucional, fixo que a unificación se organizase arredro dese
reino.

A unificación tivo dous protagonistas fundamentais: Camilo Benso, conde de


Cavour, e Giuseppe Garibaldi. O primeiro recorreu á diplomacia internacional na
procura de apoio na loita contra Austria; o segundo á insurrección popular en
contra dos gobernos establecidos; un representaba a vía aristocrática e reformista;
o outro, a popular e revolucionaria. O esforzo dos dous fixo posible a unión. O
proceso foi rápido: en 1858 Cavour conseguiu, a cambio da entrega de Niza, o
apoio de Francia na loita contra Austria. A guerra, iniciada en 1860, rematou coa
derrota austríaca, o que permitiu a anexión de Lombardia. Paralelamente,
producironse insurreccións patrióticas en toda a península italiana. O exército
piemontés avanzou cara ao centro incorporando, por medio de plebiscitos, Parma,
Modena e Toscana. No sur, unha expedición popular -os camisas vermeIlas-
encabezada por Garibaldi conquistou Sicilia e Nápoles.

A comezos de 1861 Victor Manuel II, rei de Piemonte, foi proclamado rei de Italia.
Quedaba pendente incluír Venecia, que seguía baixo dominio dos austríacos, e
Roma, gobernada polo Papa. A participación de Italia como aliada de Prusia nas
guerras contra Austria e Francia no proceso da unificación alemá, permitiu aos
italianos facerse con eses territorios en 1866 a 1870, respectivamente. Só
quedaron fóra pequenos territorios poblados por italianos que mantiveron a tensión
con Austria. A ocupación de Roma en 1870 provocou a oposición do Papa, que se
considerou prisioneiro e prohibiu aos católicos colaborar co Novo réxime.
A REVOLUCIÓN AGRARIA
Ao longo dos séculos XVII e XIX os campos europeos e americanos sufriron unha
fonda transformación caracterizada pola renovación das técnicas e métodos
agrícolas e a modificación do réxime da propiedade da terra. Estes cambios,
cualificados de revolución agraria, tiveron importantes consecuencias: produciron o
aumento da cantidade de alimentos dispoñibles, permitiron o crecemento da
poboación e favoreceron o desenvolvemento da revolución industrial, pois
subministraron capitais, ampliaron os mercados e expulsaron man de obra rural
cara ás cidades e ás fábricas.

• UN NOVO SISTEMA AGROPECUARIO


No século XVIII, o sector agropecuario europeo estaba caracterizado, en liñas
xerais, polo seu estancamento, predominio dos sistemas de cultivo extensivos de
subsistencia con abundante barbeito (rotación trienal ou bianual). escaso
desenvolvemento da gandería, emprego dunha elevada de man de obra (o 70-80
% da poboación), baixos rendementos e escasas innovacións técnicas. Ademais, a
produción estaba sometida a crises periódicas producidas tanto por condicións
climáticas adversas como polo esgotamento das terras. Estas dificultades
provocaban o desabaste-cemento, a fame e, se se combinaba coas epidemias, un
forte incremento das defuncións (crise de subsistencia ou de mortalidade
catastrófica); unha vez superada a crise, os superviventes dispoñían de maior
proporción de terras cultivables, o que lles permitía reiniciar un novo ciclo agrario
expansivo.

No entanto, en Inglaterra, desde mediados do século, fóronse introducindo diferentes


cambios e transformacións agrarias estimuladas coia demanda de productos, a alza de
prezos e unha crecente poboación. Estes cambios estendéronse ao longo do século XIX
por Europa e América, destacando os seguintes:

- A rotación de cultivos e a mellora das técnicas agropecuarias


A súa orixe está nas innovacións feitas en Inglaterra por lord Townshend entre
1730-40 nas súas propiedades de Norfolk. Para evitar que se esgotasen os
nutrientes das terras, drenou o chan, empregou abonos e rotou de forma cuatrienal
os cultivos combinando os cereais (trigo) coa introdución de plantas forraxeiras
(trevo e alfalfa) e tubérculos (patacas e nabos). Esta combinación e os novos
cultivos tivo múltiples consecuencias: non esgotaban o chan, permitiron eliminar o
barbeito, subministraba alimentos para os humanos e permitía sustentar un
número crecente de cabezas de gando e, polo tanto, aumentar a produción de
carne e leite e tamén de esterco para fertilizar mellor as terras, aumentando así os
rendementos das colleitas, Este sistema intensivo, o sistema Norfolk, foi o modelo
a imitar, espallándose, con maior rapidez ou lentitude, a todo o mundo
adaptándose ás circunstancias locais.
Ademais das rotacións innovadoras, melloráronse as técnicas agropecuarias co
progreso da drenaxe, a extensión do regadío, o maior emprego de fertilizantes, o
inicio da selección de sementes e razas buscando as máis proveitosas, o
incremento da cabana gandaira e a especialización produtiva para o mercado
urbano.
- A introdución de novas ferramentas agrarias
Co obxectivo de aumentar o rendemento agrícola, tamén en Inglaterra melloraron
os útiles agrícolas (emprego do ferro na súa elaboración), perfeccionaron o arado
(con rodas e rella triangular) e introduciron numerosas invencións técnicas como a
sementadora mecánica (Jethro Tull, 1701), a malladora mecánica (Andrew Meikle,
1786) e a segadora mecánica (McCormick, 1834). Tamén, a partir de 1830, na
campiña inglesa espallouse o emprego da máquina de vapor como forza motriz da
maquinaria agricola, acrecentando a capacidade de traballo.

- Unha nova mentalidade dos propietarios agrícolas


Fronte á tradición rendista predominante nos propietarios nobres e ecle-
siásticos do Antigo Réxime, a finais do século XVIII difundiuse unha nova
concepción sobre as actividades agropecuarias, influída pola mentalidade
capitalista, baseada na obtención de beneficios, no incremento da produción e na
súa comercialización. Neste aspecto destacaron, xa desde moi cedo, os
propietarios ingleses, incluídos os aristócratas terratenentes e o propio o rei, Xurxo
|I (4738-1820) que recibiu o título de Farmer George pola súa explotación modélica
en Windsor.

Este novo espirito propiciou a creación de sociedades dedicadas ao fomento da


agricultura e a divulgar as novidades. En Inglaterra destacou o Consello de
Agricultura (1793) e en España foron as Sociedades Económicas de Amigos do
País, que proliferaron a finais do século XVIII; en Galicia destacou o labor do Real
Consulado da Coruña. Tamén apareceron publicación e revistas agronó. micas
como os Annals of Agriculture en Inglaterra (publicada entre 1784-1808).

• A TRANSFORMACIÓN DO RÉXIME DE PROPIEDADE DA


TERRA
Ata o século XVIII, na maior parte de Europa persistía un complexo sistema de
dereitos, servidumes e prácticas comunitarias de orixe medieval que recaían sobre
a terra e que facían difícil calquera tipo de transformación.

A propiedade, segundo as circunstancias existentes en cada país, estaba vinculada


(morgados nobiliarios), amortizada (propiedades da Igrexa) ou era comunal; ademais,
sobre unha mesa parcela as prerrogativas dos señores propietarios da terra estaban
limitadas polos usos e pagos de rendas dos campesiños que a cultivaban.

Os pensadores ilustrados e liberais criticaron esa situación e defenderon a súa


substitución por un novo réxime de propiedade, baseado no predominio da propiedade
privada, na explotación individual e na consideración da terra como una mercadoría que
se puidese vender e comprar libremente. Para logralo era necesario abolir o sistema de
relacións en torno á terra vixente ata entón. Os métodos variaron.
A. OS CERRAMENTOS BRITÁNICOS
En Gran Bretaña, os cambios no réxime da propiedade da terra estiveron
relacionados coa eliminación e privatización da propiedade comunal (coa reforma
protestante do século XVI xa se abolira a propiedade eclesiástica).
O instrumento legal para logralo foron as actas de cerramento aprobadas polo
Parlamento británico ao longo da segunda metade do século XVIII e principios do
XIX. Estas leis permitían o cerramento dos campos, pradarías e devesas abertas
así como das terras baldías e comunais, por aqueles particulares que o solicitasen,
converténdose en propiedades particulares, a cambio de que as cercasen e as
explotasen. Esta transformación estivo impulsada polo incremento dos prezos dos
produtos agrícolas, que facía atractivo o investimento en novas terras, e beneficio
a aristocracia rural e os campesiños ricos xa que eran os que podian facer fronte
aos gastos derivados da construción das cercas dos campos e da súa explotación.
A progresiva desaparición da propiedade comunal tivo intensas repercusiones
sociais; numerosos campesiños pobres quedaron sen recursos e tiveron que
marchar dos campos cara ás cidades industriais ou América para buscar novos
medios de vida, e os que quedaron convertéronse en xornaleiros pagados con
baixos salarios.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


• GRAN BRETAÑA, PIONEIRA INDUSTRIAL
A revolución industrial iniciouse en Inglaterra, estendéndose despois a Escocia e
Gales, cambiando radicalmente as súas estruturas económicas. Máis tarde
espallouse cara ao continente europeo e americano cu impacto desigual. Segundo
as explicacións máis aceptadas, foi en Gran Bretaña onde se deron unha serie de
condicións previas que favoreceron o seu desenvolvemento:

- A expansión do comercio colonial (sostido desde o século XVII polo dominio dos
mares que tiñan os barcos ingleses) favoreceu a exportación dos produtos
elaborados, ao tempo que facilitaba o acceso a novos mercados e novas
materias primas. Paralelamente, as redes de comercio interior fixéronse máis
densas e fluídas, grazas á supresión de trabas e alfándegas e á mellora das vías
de comunicación, tanto terrestres como fluviais.

- As transformacións agrarias do século XVIII permitiron, por un lado, un


incremento da poboación e, por outro, provocaron un forte éxodo rural cara ás
cidades; como consecuencia, produciuse un aumento dos consumidores aos que
había que satisfacer nas súas necesidades básicas de alimentos e roupas e, ao
mesmo tempo, un incremento da man de obra barata que se podía empregar nas
novas fábricas.

- A renovación paralela das actividades económicas facilitaron a formación de


importantes beneficios dispostos a ser investidos en actividades rendibles.
- O sector artesanal estaba fortemente desenvolvido.
- Existia tamén unha clara mentalidade empresarial.
- Contaba cunhas institucións polticas estables baseadas, xa desde o século XVI,
no parlamentarismo e no reconecamento de certo grao de liberdades e dereitos
que favorecían os intereses da burguesía e que lle permitiron librarse das
revolucións e guerras que se desenvolveron no resto de Europa para abolir o
Antigo Rexime e asentar o rexime liberal.

A revolución industrial iniciouse en Inglaterra. coa mecanización. Froito do


talento dos seus artesáns e inventores creáronse numerosas máquinas específicas
para cada traballo ou función que permitiron incrementar a produción e abaratar
custos. Neste proceso foi fundamental a invención en 1769 da máquina de vapor
por James Watt xa que permitiu obter unha fonte de enerxia mecánica que se
empregaría para mover o resto das máquinas e aparatos.

A mecanización, o número crecente de máquinas e a necesidade de contar cunha


fonte de enerxía para movelas propiciou a creación do sistema fabril (factory
system) coa súa unidade típica: a fábrica (a primeira foi fundada en 1771 por
Richard Arkwirght en Cromford, Derbyshire, Inglaterra). Nesta nova instalación
concéntranse as máquinas e os traballadores (homes, mulleres, nenos e nenas)
baixo unha dirección centralizada que controla todo o proceso, divide o traballo en
tarefas específicas para cada operario e aplica un ríxido código de disciplina para
obter o máximo rendemento.

Nas fábricas, as máquinas teñen un papel central no proceso produtivo e permiten


conseguir maior uniformidade nos produtos elaborados e maior produción pero, ao
mesmo tempo, provocan unha desvalorización do tra. ballo humano e permiten o
incremento da xornada laboral e o emprego masivo de man de obra de escasa
cualificación (homes, mulleres, nenos e nenas) á que se lle pagan baixos salarios.
Ademais, o incremento do número de operarios e a separación das tarefas de
dirección e traballo provocou unha despersonalización das relacións entre
empresarios e obreiros, sendo considerados estes como unha mercadoría máis
que se compra e que se vende a cambio dun xornal.

• OS SECTORES PUNTEIROS
Aínda que a revolución industrial supuxo un incremento de todos os índices de
produción, tanto pola súa temperá renovación como pola súa capacidade de
arrastre, destacaron fundamentalmente tres sectores:

A. A INDUSTRIA TÉXTIL
En Inglaterra, a produción téxtil contaba cunha sólida tradición. A existencia de
grandes rabaños de ovellas que producían unha excelente la e o apoio da
Monarquía permitiu, desde finais do século XVI, unha produción que satisfacía a
demanda interna e que tamén era moi apreciada no exterior.
A finais do século XVII estendeuse por toda Europa a moda dos tecidos de algodón
estampados de procedencia oriental, as chamadas indianas.
A competencia que estes tecidos facían aos tradicionais panos de la levou o
Parlamento inglés a proibir a súa importación a partir de 1720; pero como a
demanda popular permanecía, esta medida tivo como efecto que numerosos
talleres se dedicasen ao fiado, tecido e estampación de teas de algodón,
empregando para iso a materia prima procedente das colonias.
O incremento da demanda estimulou a introdución en cadea dunha serie de
innovacións técnicas e novas máquinas nos procesos de fiado, de tecido, cardado,
estirado, blanqueado, tintura, estampado…

Xunto coa progresiva mecanización das tarefas, producironse cambios nas


materias primas empregadas e no sistema produtivo. A la, materia prima
tradicional, foi substituída polo algodón debido as vantaxes que presenta: é
abundante e barato, máis resistente e fácil de mecanizar, e permite unha maior
diversificación dos tipos de tecidos, así como maiores posibilidades de mercado.
Así mesmo, os obradoiros tradicionais e o traballo a domicilio foron substituídos
polas novas fábricas téxtiles que se concentraron preto dos portos (punto de
chegada do algodón) ou dos ríos (para empregar a súa forza) ou nas zonas de
tradición téxtil (como Lancashire en Inglaterra).
Todos estes cambios trouxeron consigo un forte incremento da produción de
tecidos de algodón.

B. A INDUSTRIA SIDEROMETALÚRXICA
O segundo sector en industrializarse foi o siderometalúrxico. A crecente demanda
de ferro para a fabricación de ferramentas e máquinas estimulou a transformación
do sector. A produción tradicional, baseada no emprego da madeira como fonte de
combustión e nas pequenas fundicións espalladas polas fragas, foi substituída
polos altos fornos e o emprego do carbón mineral (a hulla transformada en coque)
como fonte calorífica. Esta transformación foi posible grazas a numerosas
innovacións técnicas: primero alto forno alimentado por coque, emprego da
máquina de vapor para insuflar aire nos fornos de fundición e para mover os
martelos de laminación, e introdución do sistema de pudelaxe para obter ferro de
maior calidade grazas á redución do contido en carbono.

Todos estes cambios permitiron incrementar tanto a produción de ferro como a


extracción da hulla, necesaria como fonte de enerxia, e da que Gran Bretaña
contaba cos ricos filóns na zona dos Midlands e do País de Gales. O carbón e o
ferro convertéronse nos novos símbolos da industrialización.

Debido á súa dependencia do carbón, as novas fundicións de ferro foron instaladas


preto das minas ou nas cidades portuarias. Os altos fornos, coas súas elevadas
chemineas e os seus fumes negros, pasaron a formar parte da paisaxe e ao seu
carón foron urdindo numerosos talleres de transformación. Paralelamente,
creáronse numerosas máquinas (perforadoras, fresadoras, trefiladoras, tornos
mecánicos) que cortaban, estiraban e modelaban o ferro a gran velocidade e
permitían a fabricación de todo tipo de produtos: alfinetes, coitelos, cravos,
trebellos de labranza, maquinaria...
C. O FERROCARRIL
O incremento da produción agrícola, mineira e industriai estimulou a busca de
novos medios de transporte que permitisen levar eses produtos de maneira rápida
e barata cara aos distintos mercados. No transporte terrestre, os intentos de aplicar
a forza do vapor no arrastre de vagóns culminou coa invención da locomotora de
Stephenson (diversos modelos entre 1814 e 1825) e do ferrocarril.
En 1825 circulou o primeiro tren mineiro en Inglaterra e en 1830 o primeiro de
pasaxeiros entre Manchester e Liverpool. A partir deste momento, a rede ferroviaria
non deixou de medrar, alcanzando ritmos diferentes de acordo co grao de
desenvolvemento industrial de cada país. En España, o primeito tramo de vía
férrea foi o de Barcelona-Mataró en 1848.

A construción das vias férreas e dos ferrocarrís estimulou grandemente a Industria


mineira e siderúrxica e deu ocupación a gran cantidade de man de obra, ao tempo
que acelerou a ampliación e interrelación dos mercados e a progresiva
especialización produtiva de rexións enteiras. Así mesmo, a necesidade de capitais
contribuíu ao desenvolvemento do sector financeiro e bancario.

As melloras introducidas nos medios de transporte permitiron que os excedentes


agrarios e industriais puidesen ser colocados con facilidade nos mercados
nacionais e internacionais; esta paulatina interrelación da economía provocou a
especialización produtiva de rexións enteiras e, polo tanto, o incremento da
produción. A posibilidade de comunicación rápida entre lugares distantes tamén
produche cambios nos hábitos da sociedade.

No transporte marítimo, o emprego da enerxía do vapor tardou mais tempo en


xeneralizarse. Os primeiros barcos a vapor, inventados por Fulton, empregáronse
fundamentalmente no transporte fluvial.

En 1817 construiuse o primeiro barco de vapor en España, El Fernandino, que


facía o traxecto Sevilla-Sanlúcar. En 1818 o Savannah foi o primeiro vapor que
cruzou o Atlántico. No entanto, a navegación a vapor, tanto con rodas como con
hélices, tardou en desprazar definitivamente a navegación a vela nas rutas
marítimas de longa distancia. A partir de 1880, os barcos de vapor, tras diversas
innovacións técnicas relacionadas coas caldeiras e os motores, faranse donos da
navegación interoceánica. Para acurtar as distancias, construíronse os canais
interoceánicos de Suez (1869) e Panamá (1914); así mesmo, melloráronse as
instalacións portuarias coa construción de diques e peiraos.

• ORIXE E EVOLUCIÓN DO CAPITALISMO

O termo capitalismo é recente e o seu significado polémico. A sua orixe data da


década de 1880, cando nos escritos dos socialistas alemáns aparece para
designar, de modo pexorativo, a economía existente fronte ao socialismo; antes
desa década só se falaba do capital ou dos capitalistas.
En liñas xerais, pódense diferenciar dúas acepcións:

• Desde o punto de vista liberal, o capitalismo é un sistema económico


caracterizado por: a defensa da propiedade privada dos bens de produción
(capital), que son empregados co obxectivo de proporcionar un beneficio aos
seus propietarios (espírito de lucro), e a liberdade dos mecanismos económicos
de contratación (traballo asalariado), de creación de empresas (iniciativa
empresarial) e de intercambio (libre competencia) regulamentados unicamente
polas leis do mercado (oferta e demanda).

• Desde o punto de vista marxista, o capitalismo é un modo de produción que


permite a concentración dos medios de produción (capital) en mans dunha
minoría de posuidores (burguesía capitalista), e as relacións de produción
baseadas no traballo asalariado, mediante o que a maioría da poboación
desposuída (proletariado) vende a súa capacidade de traballo a cambio dun
salario. O traballador convértese nunha mercadoría máis cu prezo determinado
pola lei de oferta e da demanda; a diferenza entre o seu salario e o prezo final do
produto por el elaborado (plusvalía) beneficia aos posuidores do capital
(explotación capitalista) e permite a reprodución-ampliación do sistema.

O CAPITALISMO
• TRAZOS BÁSICOS DO CAPITALISMO

I. LIBERDADE ECONÓMICA E LEI DA OFERTA E DEMANDA


A economía capitalista brasease na existencia da liberdade económica absoluta e
sen limitación. Segundo os capitalistas, o Estado non debe intervir, só debe
eliminar os obstáculos que impiden a liberdade económica e deixar facer aos
individuos. As actividades económicas e os mercados non poden estar sometidas a
mecanismos de control, senón que deben moverse pola libre concorrencia de
compradores e vendedores, baseada na lei de oferta e na demanda, que é a que
fixa os prezos, a produción e os servizos. No entanto, non sempre se respectan
estes principios pola burguesía capitalista, que os manipula no seu propio
beneficio, ben seca creando asociacións empresariais para dominar o mercado e
impoñer as súas condicións, ben sexa empregando a sua influencia nos
respectivos Gobernos para establecer trabas a outros competidores, así como para
impoñer cotas de mercado en exclusiva.

II. PROPIEDADE PRIVADA


Na sociedade e na economía capitalista considérase que para alcanzar a máxima
rendibilidade e riqueza, a propiedade debe ser privada, libre e absoluta.
Considérase que é un dereito inalienable, natural e lexítimo dos individuos, e como
tal debe estar garantido e protexido polas leis. Así mesmo, considérase a posesión
de bens como o medio que permite as persoas satisfacer todas as súas
necesidades e alcanzar a felicidade.
III. TRABALLO ASALARIADO E DIVISIÓN DE TAREFAS
No capitalismo, as relacións de produción baséanse na división das tarefas e no
traballo asalariado como medios para lograr o incremento da produción e dos
beneficios. Fronte á elaboración completa un determinado produto, característico
do traballo artesanal, no capitalismo impóñese a división das tarefas produtivas e a
especialización dos traballadores unha determinada función.

IV. DESIGUALDADE, DEPENDENCIA E EXPLOTACIÓN


O capitalismo era crecemento económico pero tamén desigualdade, dependencia,
explotación e fortes diferenzas, tanto entre os individuos como entre rexións e
Estados. Mentres unhas clases sociais ou nunhas áreas territoriais o progreso
material é continuo, noutras prodúcese estancamento ou pobreza. Esta realidade
económica causa un dobre efecto: por un lado pode agravar os conflitos laborais e
sociais e por outro era intercambios e dependencias desiguais entre as zonas
desenvolvidas, cada vez máis ricas, e as menos desenvolvidas; as primeiras
especializanse na fabricación e distribución de produtos elaborados e servizos de
alto valor engadido mentres que as segundas subministra materias primas e
alimentos, agrandándose as diferenzas.

SOCIEDADE DE CLASES: DOMINIO


BURGUÉS E PROTESTAS OBREIRAS
• A SOCIEDADE DE CLASES
Fronte aos privilexios nobiliarios e eclesiásticos, o liberalismo defendeu que os
individuos son iguais ante a lei e que a súa posición social debía estal sustentada
nos meritos e talentos persoais, sendo a riqueza a súa mellor expresión. Tendo en
conta este criterio, a nova sociedade organizouse como una sociedade de clases.

A. O DOMINIO DA BURGUESÍA
O principal beneficiario das transformacións políticas e económicas acontecidas ao
longo do século XIX foi a burguesía dedicada ás actividades industriais, comerciais
e administrativas. Na nova sociedade de clases exerce o dominio económico,
social, político e ideolóxico:
- Posúe a maior parte dos capitais e medios de produción.
- Controla os mecanismos de mercado e as redes comerciais.
- Explota os recursos e a man de obra buscando os máximos beneficios.
- Domina as institucións do Estado e a elaboración das leis que defenden os seus
intereses.

- Impón os seus valores ideolóxicos, especialmente a liberdade e a propiedade


individuais, consideradas como dereitos naturais indiscutibles, que as leis deben
protexer e que se exercen de forma plena e absoluta nos asuntos económicos.
- Difunde os seus costumes, hábitos e modas como modelos de vida.
A burguesía non é un homoxénea, nin desde o punto de vista da riqueza nin
da cultura. Pódese diferenciar entre alta ou gran burguesía -grandes comerciantes,
industriais e banqueiros- e baixa ou pequena burguesía-propietarios de pequenas
industrias e comercios, profesións liberais e administrativas-. Aínda que comparte
valores, non sempre coinciden nos seus intereses e poden enfrontarse entre elas,
especialmente no terreo político.

B. O NACEMENTO DO PROLETARIADO
O proletario é basicamente o traballador e traballadora industrial urbano que só ten
como medio de vida a venta da súa forza de traballo. O seu número foi
aumentando progresivamente ao longo do século XIX, en estreita relación coa
industrialización. A sia orixe está nas operarios dos talleres artesanais arruinados
polas transformacións industriais e nas masas campesinas que, como
consecuencia de mecanización do campo e da reforma da estrutura da propiedade
migraban (éxodo rural) cara ás cidades a traballar.

O proletariado constituíu a capa máis baixa de sociedade de clases. A súa


abundancia fará que teñan que aceptar, para sobrevivir, os baixos salarios e longas
xornadas que lles ofrecen os donos das fábricas, tendo farmén que traballar
mulleres, nenos e nenas. Debido a súa miseria agrúpase e vive en barrios obrairos
densamente poboados, preto das fábricas ou dos portos, e en casas sen
condicións hixiénicas e con moi poucos bens.

SOCIALIMO, ANARQUISMO E
INTERNACIONALISMO PROLETARIO
• SOCIALISMO UTÓPICO
As consecuencias da revolución industrial levaron a unha serie de pensadores
-denominados socialistas utópicos por basearse en postulados morais- a
reflexionar sobre eses problemas e a formular unha serie de solucións ideais que
mesmo chegaron a poñer en práctica nalgún caso. A visión da súa sociedade
futura ten moito de idílica.

O socialismo utópico non constitue un movemento homoxéneo, senón que está


formado por todos aqueles pensadores que nos seus escritos condenaban o
capitalismo e defendian unha sociedade máis xusta, más igualitaria e máis
solidaria. Prefiren a evolución da sociedade á revolución e os métodos pacíficos
aos violentos. Predican a concordia e confían no convencemento progresivo e na
aceptación, por parte da burguesía, desa necesidade de transformación social.

Entre os socialistas utópicos franceses más destacados están: Henri de Saint Simon
(1760-1825), convencido defensor do progreso e da técnica como elemento de cambio e
de renovación, que con aba nos técnicos e na fraternidade como os dous elementos
fi
básicos para superar os con i-tos sociais. Charles Fourier (1772-1837), que propugnaba a
creación dos falansterios, pequenas comunidades de produción e consumo formadas Por
1.600 individuos. Pierre Proudhon (1809-1863), un dos máis duros criticos da propiedade
privada, á que cuali caba de roubo.

• O MARXISMO
En 1848 publicou unha obra fundamental no desenvolvimento das ideas
socialistas: Manifesto comunista, elaborado por Karl Marx e FriedrichEngels. As
suas propostas pretenden ser a única resposta válida para solucionar os graves
problemas sociais originados pola revolución industrial. Os autores tratan de
demostrar que o socialismo é un sistema máis xusto que o capitalismo, o
defendido pola clase burguesa dominante. As novas teorías foros cualificadas de
socialismo científico por Engels para diferenciadlas das anteriores, as utópicas.
Tras a morte de Marx, a este conxunto de ideas teórico-prácticas denominóuselle
marxismo polo seu papel preponderante na súa elaboración.

A obra de Marx foi un enorme esforzo para entender e explicar, a partir de


principios filosóficos e históricos, a sociedade industrial e, a partir dela, sentar as
bases dunha ciencia xeral do desenvolvemento humano. A súa influencia no
mundo contemporáneo é indiscutible e as súas teorías son de grande interese,
tanto desde o punto de vista político como filosófico e histórico, xa que nos
ofrecen:

- Un método de análise da realidade económico-social baseado no método


dialéctico

- Unha explicación sistemática da evolución das sociedades humanas baseada no


materialismo histórico.

- Unha acción política revolucionaria encamiñada a transformar a estructura


económicosocial capitalista.

- Unha concepción global do mundo e do ser humano (humanismo marxista).


A. MATERIALISMO HISTÓRICO
Para o marxismo, o motor da historia é a loita de clases (perspectiva evolutiva da
sociedade):

- Os acontecementos históricos están condicionados polas relacións que se


establecen entre os distintos grupos nos que se divide toda sociedade. Estes
grupos ou clases socias (integrados por todas aquelas persoas que viven
nunhas condicións materiais semellantes) veñen definidos pola posición que
fi
fl
ocupan no proceso de produción, proceso que dá lugar á aparición de clases
antagónicas.

- Estas clases antagónicas están enfrontadas nun proceso continuo de carácter


dialéctico provocado polas contradicións do sistema. Cada sociedade leva en si
mesma a súa propia ruína nun proceso que responde a seguinte esquema: en
toda sociedade existe un sistema defendido pola clase dominante (tese) que está
enfrontado a sistema propugnado pola clase dominada (antítese). Este
enfrontamento concluirá coa aparición dunha nova sociedad dominada pola
clase vencedora (síntese).
- No modo de produción capitalista existen dúas clases sociais antagónicas: os
burgueses (tese) e os proletarios (antítese), enfrontados en tres niveis:
económico (salario, melloras sociais, horarios ...), politico (loita polo control do
poder nos Parlamentos e Gobernos) e ideolóxico (capitalismo-socialismo). Estas
diferenzas provocan a loita entre elas, conflito que actúa como motor de cambio
da sociedade modificando as estruturas de dominio ata ese momento vixentes. A
loita entre as clases rematará unha vez que o proletariado, que forma a maior
parte da poboación, acade a súa emancipación do dominio burgués e se
estableza unha sociedade igualitaria ou comunista (síntese).

B. LOITA DE CLASES
Segundo Marx, as condicións materias son o factor determinante de todo tipo de
ideas e representacións mentais, así como de calquera formación social,
económica e política (perspectiva analítica da sociedade ou materialismo):

- Da interrelación dos seres humanos entre si e destes coa natureza, xorde unha
determinada forma de obter e producir bens, de organizar o traballo, de distribuir
a propiedade e de repartir os excedentes. Todas estas realidades materias
constitúen a estrutura económica.

- Esta estrutura económica condiciona o tipo de institucións político xurídicas


vixentes, así como as ideas predominantes nese momento, é dicir, a
superestrutura político-ideolóxica.

- O Estado, a institución más importante da superestrutura política, non e máis que


un instrumento de coerción empregado pola dominante para manter os seus
intereses e o seu dominio sobre as outras.

- A ideoloxía e os comportamentos socias dominantes nunha sociedade son as


ideas e os comportamentos da súa clase dominante, que xustifica como valores
universais o que simplemente son os seus intereses de clase.

- O conxunto formado pola estrutura económica e a superestrutura recibe o nome


de modo de produción. Ao longo da historia pódense distinguir os seguintes:
depredador, asiático, escravista, feudal, capitalista e comunista.
- Un cambio na base económica orixinado pola aparición de novas forzas
produtivas (cambios técnicos, modificación da poboación, novos sectores
económicos...) produce un cambio na superestrutura ideolóxica. Estas novas
forzas agudizan as contradicións internas e a evidencia das desigualdades, o
que levará á substitución dun modo de produción por outro, non sen que antes a
clase dominante intente impedilo.

• O ANARQUISMO
Baixo a denominación de anarquismo desígnase unha corrente de pensamento e
unha prática política que pretende construír unha sociedade na que exista a
igualdade, a liberdade individual e a xustiza social sen necesidade de ningún tipo
de poder ou de goberno. Mikhail Bakunin e Piotr Kropotkin son os seus líderes
máis destacados.

Non é un movemento homoxéneo, senón que abrangue múltiples facetas


de aí as diferentes denominacións coas que se designa os seus defensores;
anarquistas, anarcolectivistas, anarcosindicalistas, ácratas, socialistas libertarios.
Na orixe da palabra (derivada do griego an-archos, sen poder, sen autoridade, sen
superiores) está un dos seus trazos básicos: a desaparición do Estado e a defensa
da liberdade, entendida esta última non como un dereito individual, senón
colectivo.

O anarquismo tivo influencia desigual; en países como Rusia, Francia, Suíza, Italia,
algunhas zonas de Estados Unidos, Arxentina, Uruguai e, sobre todo, en España,
alcanzou unha forte implantación nos anos iniciais do século XX, decaendo a súa
incidencia tras a Segunda Guerra Mundial.

You might also like