You are on page 1of 2

Tema: O Antigo Réxime

Os revolucionarios franceses de 1789 chamábanlle Antigo Réxime ao período


anterior á Revolución, ao que a propia revolución lle puxera fin. Nos séculos XVII e
XVIII case toda Europa estaba baixo o que denominamos Antigo Réxime: sociedades
europeas que manteñen un modo de vida baseado no absolutismo monárquico, na
economía agraria de tipo señorial e na sociedade estamental.
1. A monarquía absoluta.
O absolutismo era o resultado do fortalecemento do poder real sobre a nobreza,
iniciado a finais da Baixa Idade Media. Porén, existen diferenzas entre os reinos
europeos, nalgúns deles víase limitado o poder real pola intromisión da nobreza ou
polo control das Cortes.
A monarquía de dereito divino
O eixo central do sistema político do Antigo Réxime era a monarquía absoluta de
dereito divino, segundo a cal a autoridade do monarca proviña de Deus, en nome de
quen exercía o poder.
O parlamentarismo inglés
A revolución do século XVII, creara unha monarquía de poder limitado. A longo do
século XVIII, toda unha serie de medidas foron precisando as atribucións do
Parlamento ante o monarca e foise asentando o principio da separación de poderes.
Así a elaboración de leis ficaba en mans parlamentarias, o poder xudicial era
independente do Goberno, aínda que o monarca dirixía o executivo e conservaba
moitas das súas atribucións: escollía ministros, podía gobernar sen o apoio do
Parlamento e, ata finais do século, nin sequera o Goberno era responsable ante o
Parlamento.

2.Unha economía agraria de tipo señorial


A economía do Antigo Réxime era basicamente rural. Entre o 80 e o 90% da
poboación traballaba no campo e esta actividade proporcionaba case o 75% da
produción global de bens. O predominio da propiedade vinculada significaba un tipo de
agricultura tradicional e pouco dinámica, como resultado da concentración da terra en
mans da nobreza ou da Igrexa.
A maior parte da produción dedicábase ao autoconsumo. Polo tanto, os intercambios
comerciais eran escasos e o comercio víase bastante dificultado pola insuficiencia de
de sistemas de transporte. Mais, a pesar do predominio agrícola, tamén existían outras
actividades de tipo artesanal e industrial que, a partir do século XVI, se viron
fortemente estimuladas polo desenvolvemento do comercio ultramarino.
A inicios do século XVIII a poboación europea experimentou un crecemento importante
cando comezaron a descender as taxas de mortalidade. O motivo probablemente
estea en relación co aumento da produción agrícola, xa que os ministros ilustrados da
época deron grande importancia á explotación dos recursos naturais para ampliar a
produción agraria e reducir as fames. A súa preocupación estivo acompañada pola
difusión da nova doutrina económica fisiocrática impulsada polo francés Du Quesnay.
Estes sistema económico rexiuse pola frase laissez faire, laissez passer (deixade
facer, deixade pasar) que, posteriormente sería adoptada polo liberalismo económico.

1
3. A sociedade estamental

A sociedade do Antigo Réxime era estamental, isto quere dicir que nela se distinguían
uns estamentos ou estados, grupos sociais cunha posición legalmente diferenciada.
Basicamente existían tres: o clero, a nobreza e a xente común (o Terceiro Estado).
A diferenza fundamental era a que existía entre a nobreza e clero, dotados de
privilexios, e a xente común, que carecía deles. Eses privilexios eran hereditarios,
aínda que o rei podía facer nobres.
Esta era unha sociedade estable e tradicionalista, na que os cambios se producían
a un ritmo lento e afectaban pouco á maioría da poboación. A posición social
herdábase e a miúdo tamén a ocupación. Non se cría que as cousas puidesen
cambiar, como non fora a pior, e mesmo as protestas sociais adoitaban apoiarse en
visións idealizadas do pasado.

4. Crítica do Antigo Réxime. O pensamento ilustrado.


No século XVIII vaise desenvolver en Europa un pensamento crítico sobre os
fundamentos que sostiñan a sociedade do Antigo Réxime, que contribuíu á súa
disolución e estableceu as bases do pensamento moderno e do coñecemento
científico (“Século das Luces”). Os ilustrados intentaron fundamentar os seus
coñecementos e organizar a sociedade a partir da razón e non da tradición ou das
crenzas relixiosas non racionais.

5. Do Rococó ao Neoclasicismo.
O Rococó
O rococó irrompeu en Europa na segunda metade do século XVIII e foi o preferido
dunha aristocracia sensible ao exotismo chinés, á galantería, á ousadía na expresión,
á elegancia...
O Neoclasicismo
O pensamento ilustrado pretende acabar coa exaltación barroca e o seu carácter
escenográfico, coa personalización do poder, e, sobre todo, cos excesos decorativos
do rococó.
De acordo coas ideas ilustradas, o Neoclasicismo foi un estilo académico e didáctico
que pretendía elaborar regras universais e transmitir os valores propios da época.
Para isto, inspirouse na Antigüidade clásica, que era o período histórico co que se
identificaba devandito espírito.

You might also like