You are on page 1of 1

CONTEXTO HISTÓRICO 2º METADE S.

XVIII
A segunda metade do século XVIII caracterizase polo sistema social, político e económico do Antigo
Réxime, baseado nunha economía agraria e nunha sociedade estamental na que nobreza e clero
gozaban de todos os privilexios. Ao mesmo tempo, dáse a aparición dun novo movemento histórico en
Europa: a Ilustración. En España os ilustrados son un grupo reducido da sociedade, ao contrario que
no resto de Europa, e conformábano maioritariamente a aristocracia, a burguesía e o clero. Un dos
grandes ilustrados españois foi Jovellanos. A pesares de que partimos do Antigo Réxime, a Ilustración
introducirá en España o capitalismo e potenciará o poder da burguesía dentro da sociedade.
Durante este período reina en España Carlos III, que sucede ao seu irmán Fernando VI no trono e que
ademais fora rei de Nápoles. Carlos III é un dos maiores exemplos de déspota ilustrado, seguidor do
sistema político que defendía o poder absoluto dos reis para aplicaren reformas co propósito de
aumentar a riqueza do reino e a felicidade dos súbditos, é dicir, “todo para o pobo pero sen o pobo”.
///// Durante este período reina en España Carlos IV, que vendo o ocorrido en Francia, da marcha
atrás nas políticas reformistas pechando a fronteira francesa tratando de impedir o contaxio das ideas
ilustradas, iniciándose a crise do Antigo Réxime.
De acordo coa política exterior, Carlos III pon en práctica os pactos de familia con Francia,
compartindo como inimigo común a Inglaterra.
A economía medrou notablemente durante o século, sendo España un país fundamentalmente agrario:
máis do 67% da poboación agrupábase en torno ao sector agrario en 1797. Unha pequena parte da
poboación comeza a adicarse á industria destacando artesáns agrupados en gremios que abastecían ao
comercio local e a industria téxtil catalá, non agremiada, que exportaba os estampados de teas
(indianas) ás colonias americanas.
O comercio interior era bastante deficiente xa que amais das malas colleitas, a fame e as enfermidades
que acontecían todos os anos houbo que contar tamén con crises de subsistencia que obrigaban a
mercar produtos fóra deixando as contas do estado español en números vermellos.
Pola contra, o comercio exterior creceu notablemente. A creación de compañías comerciais e os
decretos de libre comercio de 1778 xunto coa apertura do porto da cidade galega da Coruña no 1769
permitiron un monopolizado comercio exterior coas colonias americanas, que enriqueceu a España na
venda dos produtos que toda Europa necesitaba e só os españois podían conseguir.
A única relixión permitida era a católica, apostólica, romana e tiña gran influencia social pero Carlos
III pon en práctica a política regalista podendo o rei intervir nas cuestións relixiosas, provocando o
descontento do clero e, sobre todo, do Papa. Segue vixente a Inquisición, teoricamente sometida ao
rei, que vixía e censura as novas ideas ilustradas prohibindo os libros e escritos; aínda que con todo
non puido impedir que se estendesen as ideas revolucionarias na clandestinidade.
Ademais, a influencia da Ilustración afecta á filosofía e á ciencia nas que o encaixe conceptual do
mundo natural cambia de maneira radical e as doutrinas da Igrexa respecto á creación e á
inmutabilidade das especies comezan a ser cuestionadas exercendo unha grande influenza as correntes
filosóficas de Descartes e Spinoza. Volven rexurdir as academias de ciencias e sociedades científicas
destacando James Cook e as súas viaxes polo Pacífico descubrindo costas e illas.
Durante o reinado de Carlos III, prodúcese tamén un cambio na corrente artística da época, deixamos
atrás o Barroco e comeza a introducirse o Neoclasicismo con Cánovas.
Coa chegada dos Borbóns a España, introduciuse a moda francesa nos estamentos privilexiados pero
nos últimos trinta anos do século XVIII produciuse en España un novo fenómeno: o majismo, ou
gusto das clases altas por vestir e actuar ao modo das xentes do pobo de Madrid; polo que é común
observar elementos populares incorporados ás vestimentas da moda francesa.

You might also like