You are on page 1of 2

A REVOLUCIÓN E A CAIDA DO ANTIGO RÉXIME

Como vimos no pasado curso, no s. XVIII daría inicio un período de transformacións que
porían fin a unha etapa da nosa Historia, o Antigo Réxime; ao tempo que abría as portas a
unha nova era, a Idade Contemporánea. A Revolución Francesa no apartado político e a
Revolución Industrial estableceron as bases do modelo liberal baseado no Estado de Dereito
constitucional (liberalismo político) e capitalista (a través do liberalismo económico). Con
todo, habería quen se resistiría a esta vaga de cambios opoñendo unha resistencia feroz na
defensa do modelo anterior.

A RESTAURACIÓN E O CONGRESO DE VIENA


A Restauración enténdese como a reacción dos gobernos europeos fronte a ameaza da
expansión das ideas da Revolución Francesa. Historiadores contemporáneos a ese contexto,
como Louis de Bonald ou Joseph de Maistre, defendían a idea de que a monarquía absoluta
era a forma de goberno natural, froito da alianza entre o trono (monarca) e o altar (Deus). O
poder e a autoridade, residen no rei, quen goza de plenos poderes e é o lexítimo gobernante.
Deste modo, negaban os principios de soberanía nacional, de representación mediante
sufraxio e a igualdade xurídica ante a lei.
O chanceler austríaco Metternich concibiu un sistema para garantir a orde monárquica
tradicional a través do equilibrio de poderes entre os diferentes territorios de Europa. Os
estados actuarían como árbitros da política internacional.
O Congreso de Viena (1814-1815) sería o foro onde se trazaría o novo mapa político de
Europa así como a nova orde internacional baixo a supervisión dos países vencedores contra
a expansión napoleónica. Entre os puntos máis importantes acordados no Congreso de Viena
destacaron os seguintes:

• O Imperio austrohúngaro faríase co control do norte de Italia e da Dieta de Frankfort.


• Prusia estendíase ao oeste por Polonia, Saxonia e Renania e quedaba separada en dous
por Hannover.
• Nacía a Confederación Xermana formada por 39 estados alemáns reunidos na Dieta
de Frankfort.
• Italia quedaba fragmentada en sete Estados e baixo o control de Austria. Rusia
ampliaba os seus dominios a costa de Polonia, Finlandia e Besarabia.
• Gran Bretaña fíxose co control de Hannover (en territorio alemán); a Illa de
Helligoland que lle garantía o control do Mar do Norte e Báltico; Malta e as Illas
Xónicas. Ao tempo, Londres
convertíase no árbitro da política mundial.

2
A situación de España e Galicia non estaría á marxe deste contexto. Como aprendimos o
curso pasado, a expansión das ideas de Revolución Francesa e sobre todo a expansión
napoleónica tivo como consecuencia a Guerra de Independencia na que se porían as bases do
futuro Estado liberal tal e como se recollía na Contistución de 1812.

En 1813, a firma do Tratado de Valençay ademais de poñer fin á guerra, poría a Fernando
VII, o “Desexado” á cabeza do Estado. As esperanzas dos liberais de consolidar os cambios
iniciados durante o conflito quebraron logo do Manifesto dos Persas. A disolución das
Cortes supuxo a volta ao absolutismo o 10 de maio de
1814 e con elo: restauración dos gremios, devolución de propiedades desamortizadas así
coma dos privilexios fiscais á nobreza e ao clero.

Daquela, iniciou unha campaña para rematar con calquera xermolo liberal ou de pensamento
afrancesado e ao liberalismo só lle quedaría a vía do pronunciamento ou a revolución para
acceder ao poder.

UNHA NOVA ECONOMÍA MUNDIAL

Ca Revolución Industrial os espazos urbanos cobran protagonismo, as fábricas desprazan aos


antigos talleres gremiais e a sociedade organízase de maneira diferente.
O establecemento de novas relacións xeopolíticas e económicas provocará que os países
industrializados inicien unha apresurada carreira cara o progreso, a través do control das
materias primas existentes nos territorios menos desenvolvidos.
A economía transnacionalízase e, co imperialismo, chegará a fase inicial da globalización
contemporánea. Os intercambios pasaron das feiras e mercados locais a ser transoceánicos.

NOVAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO. DO OBRADOIRO Á


FÁBRICA

Nunhas décadas pasarase da antiga organización gremial, que impoñía prezos e formas do
produto final para todo artesán, a un sistema no que se acumulan múltiples obreiros nunha
mesma instalación, a fábrica.

Charles Chaplin no seu filme Tempos Modernos amósanos ao detalle o funcionamento deste
novo sistema.

A organización do traballo nas fábricas obrigou a establecer regulamentos, como as factory


acts británicas, e a novos procedementos que favoreceran a produción en cadea (cada obreiro
e obreira está nunha parte da cadea de montaxe e ocúpase dunha tarefa moi concreta e
específica) e a mecanización do traballo. Os procesos de produción estandarízanse e
fabrícase en masa, co que aumentará a invasión de produtos para o mercado de consumo.

SOCIEDADE INDUSTRIAL E MOVEMENTO OBREIRO


O feudalismo foi oficialmente abolido coa Revolución Francesa, pero moitos países non
industrializados conservaron este modelo de sociedade ata ben entrado o século XIX.Por
contra, os países cunha expansión fabril importante, como Gran Bretaña seguida de
Bélxica, Francia, Alemaña e Estados Unidos, foron mudando da man das reformas liberais.
Nestes países introduciuse unha nova división social entre propietarios e traballadores, o

You might also like