You are on page 1of 6

ABAU-5.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
HISTORIA DE ESPAÑA. ABAU. Composición de texto Nº 5

Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición, sobre a Revolución Gloriosa e a
Constitución de 1869, tendo en conta os documentos e o seu contexto histórico, debes atender cando
menos as causas da Revolución gloriosa e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes; os trazos
esenciais do novo réxime político que a Constitución de 1869 instaura .

Doc.1.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución coñecida
como Gloriosa:
“Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de sufraxio
(...), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito

Reservados todos los derechos.


circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...). Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel
da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución (...). Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional!
¡Abaixo os Borbóns!”.

Doc. 2.- Composición de Cortes Constituíntes de 1869

Doc.3.-Constitución de 1869:

“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a
liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguinte Constitución (...):
Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa
por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para todos os fins da vida humana que non
sexan contrarios á moral pública (...).
Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan todos os poderes.
Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3083300
ABAU 5

A revolución do 68 sucede nun contexto de goberno ultramoderado de Narváez, caracterizado


pola restrición de liberdades, e ao mesmo tempo por conflitos universitarios como a revolta
estudiantil de Madrid do ano 65. Son estas causas polas cales prodúcese a conspiración do
Pacto de Ostende de 1868, onde progresistas, demócratas e unionistas únense para derrocar o
reinado de Sabela II, unido á morte dos 2 lideres, O´Donnell e Narváez. Outra das causas son as
grandes dificultades ou crises económicas, que xorden dos impostos polos consumos, que á

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
súa vez causan tantas revolucións. Estas causas van a provocan o estalido da revolución do 68
e o comezo dunha nova etapa histórica, o Sexenio Democrático.

Ante esta oposición, na que se inclúen os partidos obreiros, neste contexto de malestar social,
político e cultural, os unionistas, progresistas e demócratas (ven sexan monárquicos ou
republicanos) sublévanse en 1868, revolución que destaca por estar protagonizada por
militares. Dentro dos militares mais importantes atopamos ao unionista Xeneral Serrano
(sucesor de O´Donnell), o progresista Xeneral Prim e o vicealmirante Topete (vinculado á
marina, constitucionalista e progresista). Coa derrota das tropas realistas en Córdoba (batalla
de Puente de Alcolea), exténdese por España este afán revolucionario. Como consecuencia
fórmanse as Xuntas Revolucionarias, as cales van a esixir todas as peticións que solicitaban.

Reservados todos los derechos.


Unha destas Xuntas, en concreto a Xunta de Goberno de Málaga, no documento 1, súmase ao
movemento revolucionario en 1868, e proclama a revolución Gloriosa, reclamando os
principios do liberalismo democrático. Entre estes principios atópanse numerosas liberdades
(liberdade de conciencia, liberdade de cultos, liberdade de sufraxio (l.1), liberdade da razón,
ensino libre (l.2), liberdade económica e de asociación (l.3)... Xunto a estas liberdades,
defenden o sufraxio universal, a instalación de Cortes Constituíntes, a cal sería a “expresión fiel
da soberanía da Nación” (l. 3-4), e tamén, na liña 4, manifestan o seu desexo dunha
Constitución (“para que promulguen unha Constitución”). Por último, diríxense aos cidadáns
cun resumen das súas reclamacións: “¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os
Borbóns!”. Con esta última frase, ademais, expresan o sentimento de odio contra os Borbóns,
e en concreto contra Sabela II. Ante estas revolucións e a imposibilidade de contentar aos
revolucionarios, Sabela vése forzada a exiliarse a París.

Estas revolucións fixéronse en torno a unha serie de peticións. Os sublevados esixían a


abolición dos consumos e a supresión do sistema de quintas, o cal obrigaba a presentarse
como parte do exército a 1 de cada 5 españois varones, así como o establecemento dun
sistema de goberno que contentara a todas as forzas políticas. Unha vez feitas estas peticións
e a raíña atópase fóra de España, fórmase un goberno provisional, liderado por Serrano, o cal
conta coa coalición das forzas políticas, unindo a unionistas, progresistas e demócratas. O
primeiro paso deste novo goberno é concretar un novo marco xurídico, mediante unha nova
constitución. É o goberno provisional o que convoca Cortes, integradas fundamentalmente por
monárquicos, e estas van redactar a nova constitución de 1869. Con respecto a estas Cortes,
podemos ver no documento 2 a súa composición política, xa que non foron completamente
uniformes. Podemos ver un predominio dos grupos que se uniran no pacto de Ostende,
progresistas, unionistas e demócratas, estes últimos serán os predominantes durante este
periodo. Dentro da composición política das Cortes de 1869, non pode faltar un guiño ao
futuro, polo que podemos ver os grupos que van predominar na I República, o seguinte

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3083300
periodo do Sexenio Democrático, os republicanos unionistas (apostan por unha república
centralizada, co centro en Madrid. Esta postura vai ser defendida por Nicolás Salmerón e
Emilio Castelar, e predominará cara o final da república), e republicanos federais (querían unha
república federal, divididos en gradualistas, como Pi i Margall, e intransixentes ou
cantonalistas, que protagonizarán numerosos atentados durante o goberno republicano).
Podemos observar a ausencia do liberalismo moderado, xa que se saíra do goberno
ultramoderado de Narváez, e tamén unha minoría de Carlistas e Isabelinos, o que indica que
pouco a pouco van rematando as guerras carlistas. Esta constitución recolle os principios que

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
rexían as Xuntas Revolucionarias, os cales eran principalmente demócratas.

Podemos dicir polo tanto que por primeira vez sube ao poder en España o liberalismo
democrático, cuxas características quedan recollidas na nova constitución. Todos os puntos
desta constitución pódense ver no documento 3. Neste documento, podemos ver como son as
Cortes, en representación da nación (soberanía nacional), as que promulgan a constitución
para garantir o benestar a todos os españois. En primeiro lugar, a soberanía nacional
convértese no centro do goberno, como podemos ver no art. 32, onde o pobo era
representado polas Cortes, quen a súa vez eran elixidas pola nación por sufraxio universal
masculino, é dicir, que os votantes só debían ser maiores de idade, sen importar o seu nivel
adquisitivo. Ademais da defensa da monarquía como forma de goberno, reflexada

Reservados todos los derechos.


explícitamente no art. 33, vése unha clara separación de poderes, onde o rei e as Cortes
altérnanse influíndo un nas outras nos poderes lexislativo e executivo. Estas Cortes, ademais,
son bicamerais, formadas polo Congreso e o Senado, tamén elixido por sufraxio universal. No
relativo ao poder xudicial, era exercido polos tribunais, destacando a nova introdución de
xurados populares, os cales non estaban permitidos no liberalismo doutrinario. Ante a anterior
restrición de liberdades, amplíanse, destacando novos dereitos como o dereito de asociación e
a liberdade de cultos, deixando de lado o estado confesional. Esto podémolo ver sobre todo no
art. 37, co dereito de opinión, a liberdade de asociación e de reunión.

Tras o establecemento desta nova constitución, comeza a busca do monarca perfecto para
comezar este novo goberno. O encargado de atopalo é Serrano, o cal opta por Amadeo de
Savoia, fillo do rei de Italia. En cambio, este novo rei conta cunha grande oposición dentro de
España, sobre todo procedente dos carlistas e monárquicos. Os monárquicos non aceptan a
Amadeo, xa que queren restablecer a monarquía borbónica. Como consecuencia, vanse
agrupando ao redor da figura de Cánovas del Castillo, o cal vai ter unha grande importancia
nun futuro, co restablecemento do goberno dos borbóns. Os carlistas seguían querendo a
subida ao poder do irmán de Fernando VII, Carlos de borbón. Os republicanos non aceptan ao
novo rei, lóxicamente por estar en contra da monarquía, optan pola república como forma de
goberno. Por outra parte, non é aceptado nin polas clases altas, xa que a nobreza o ve como
un estranxeiro e a igrexa o rechazaba por aceptar a liberdade de cultos, nin tampouco o pobo
o aceptaba, pola negativa do monarca a aprender castelán. Xunto con esta oposición,
atopámonos nunha etapa de gran conflictividade social, polo tanto inícianse os movementos
obreiros. Ademais, durante este reinado, o monarca vaise enfrontar a conflitos tanto políticos,
como o republicanismo (o cal aumenta incluso desde dentro do parlamento), como bélicos,
destacando a guerra de Cuba ou a terceira guerra carlista. Debido a estas dificultades do
goberno, Amadeo comprende que non é o rei que España precisa e dimite en 1873. Polo tanto

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3083300
as cortes reúnense, e buscan en conxunto unha solución. Ante a falta dun acordo, e sen ter

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
máis opcións, proclámase a 1ª República o 11 de febreiro de 1873.

Polo tanto, podemos dicir que este período é a entrada do liberalismo democrático ao poder
en España, e que serve como introdución para próximas etapas que van ter lugar na historia de
España, como por exemplo a segunda etapa do sexenio Democrático. En contraste coas formas
de goberno que ten España durante todos os séculos, imos ver un novo concepto baseado no
liberalismo democrático, pero que non acepta ao rei. Este goberno é o goberno da 1ª
República.

Reservados todos los derechos.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3083300

You might also like