You are on page 1of 4

O MOVEMENTO OBREIRO

O movemento obreiro xorde na segunda metade do século XIX nun contexto de conflitividade
vinculado a primeira revolución industrial. Esta revolución no sistema fabril que supuxo a
introdución de maquinaria nos talleres artesanais, levou á configuración dunha nova sociedade de
clases marcada pola desigualdade. O poder político e económico recaeu sobre a burguesía,
constituída por comerciantes, propietarios, arrendatarios… En cambio, traballadores asalariados,
vinculados tanto ao campo como a industria, formaron parte do proletariado, e soportaron duras
condicións de vida. O movemento obreiro é pois, a resposta desta clase traballadora (proletariado)
a explotación e a os pésimas calidades laborais as que a nova clase pudiente(burguesía) os
sometía. Deste xeito, os xornaleiros tiveron que sufrir a subida das redas, os traballadores das
fabricas soportar os baixos salarios e someterse a o ritmo da maquinaria...
O movemento obreiro trouxo consigo unha ampla conflitividade dirixida na contra do Estado
favorecedor do capitalismo, dos terratenentes, burgueses... e estivo motivado polo liberalismo
anticlerical que buscaba erradicar os privilexios eclesiásticos.
Unha das primeiras manifestacións da protesta obreira foi o ludismo. Tratase da reacción dos
obreiros das fábricas ante a reorganización laboral que implicou a chegada da maquinaria. Este
movemento social recibiu o seu nome en lembranza de Ned Ludd, un obreiro téxtil inglés
considerado o primeiro destrutor de maquinaria. En España as accións ludistas como queima de
fábricas, estrago de maquinaria... iniciáronse en Levante (Alcoi, 1821) e Cataluña (incendio da
fábrica de Bonaplata). Tamén chegaron a Galicia (queima da tabacaleira de Pontevedra). Compre
destacar, que estas actuacións déronse na península de xeito espontáneo, sen apenas
planificación.
As protestas organizaranse e xurdirá a folga. Debese diferenciar entre folga laboral, destinada a
conseguir melloras nas condicións xerais de traballo. Pode ser, a súa vez, parcial (dun sector
laboral) ou xeral (de todos os sectores dunha cidade ou dun pais). E, por outra banda,
revolucionaria, folga xeral na que ás reivindicacións laborais se suman as ideas políticas.
O claro precedente ao gran asociacionismo obreiro foron as sociedades de resistencia e sindicatos
de oficio. Os obreiros agrupáronse entorno a estas organizacións coas que buscaban defender os
seus intereses. As sociedades benéficas tiñan obxectivos mutualistas e de carácter benéfico
(creación de caixas de resistencia para facer fronte a un despido, morte ou enfermidade) mais
tamén pretendían a regulamentación do traballo, é dicir, buscaban unha serie de regras as que se
debía adaptar a xornada laboral. Moitas destas organizacións viviron durante anos na
clandestinidade pois o liberalismo doutrinario (gobernos conservadores e moderados) prohibían
este tipo de asociacións. A legalidade do asociacionismo conséguese no sexenio democrático
grazas a Constitución de 1869. Reafírmase posteriormente coa Lei de asociacións de Sagasta
(1887).
Na segunda metade do século XIX, triunfan novas ideoloxías vinculadas a loita obreira e que deron
lugar en España a aparición de movementos sindicalistas e de partidos obreiros. Ambas buscaron
a transformación da sociedade capitalista. Trátase do anarquismo e do marxismo.
O anarquismo ten o seu punto de partida no desexo de crear unha sociedade máis xusta a nivel
económico e sobre todo, baseada na liberdade individual fronte á colectiva. Deste modo, debían
actuar eliminando todo aquilo que implicara certo grao de sometemento. Pretendían pois, suprimir
calquera tipo de autoridade ou poder, xa fora político, relixioso, familiar, económico ou militar.
Avogaban pola abolición do dereito de herdanza e da propiedade privada xa que consideraban que
propiciaban as dependencias e diferenzas socio económicas. Optaban por unha educación
científica e laica sen a intervención de ningún tipo de organización.
A nova sociedade anarquista tiña que adoptar como modelo político a organización en comunas
autónomas, gobernadas en réxime de autoxestión, onde a autoridade fose substituída por acordos
libres e pactos solidarios. E na que os habitantes serían copropietarios dos medios de produción.
Os anarquistas desconfiaban da loita política como medio para lograr a transformación da
sociedade, por iso practicaron a abstención electoral. Como vía de loita revolucionaria propuxeron
a folga , mais tamén a creación de sindicatos ou o emprego do atentado, entre outros.
O pai do anarcosindicalismo non foi outro que Bakunin, ideólogo e filósofo ateo ruso. Giuseppe
Fanelli, discípulo de Bakunin, acode a España durante o Sexenio revolucionario coa intención de
organizar o movemento no país e chega a reunirse con Anselmo Lorenzo, un dos primeiros
anarquistas españois.
O socialismo marxista pola súa banda ten como punto de partida a idea de que as condicións
materiais e económicas determinan e modifican as condicións socio políticas dunha comunidades,
e dicir, as desigualdades políticas veñen determinadas polas posesións materiais. Deste xeito, para
acadar unha sociedade igualitaria debese acabar cos medios de produción individuais, que han de
ser asumidos polo Estado.
Para logralo precisaban da loita de clases, o proletariado tería que organizarse e derrocar a
burguesía.
Unha vez conquistado o poder, no modelo político da sociedade socialista, o Estado empregaríase
como instrumento de nivelación social. O proletariado debía impor a expropiación da propiedade
privada e dos medios (ditadura do proletariado) en favor da colectivización e socialización. Todos
os individuos deberían ter finalmente iguais condicións de vida (desaparición das clases sociais).
O marxismo foi formulado polo economista e filosofo alemán xudio, Karl Marx, xunto con Engels.
Ambos redactan o manifesto do partido comunista. O xenro de Marx, Paul Lafargue é quen
introduce durante o sexenio revolucionario, esta ideoloxía en España.
Tanto anarquistas como marxistas asociáronse a nivel sindical e político. A pesar de seren dúas
ideoloxías obreiras a súa organización resultou notablemente distinta.

En España o sindicalismo anarquista vai triunfar en Cataluña (Barcelona) coa Federación Rexional
Española (FRE) durante o Sexenio Revolucionario. A FRE creada en 1870 segue as directrices
anarquistas marcadas pola AIT que vai ter como obxectivo a loita obreira contra a opresión
capitalista. En España o anarquismo fúndase no período do Sexenio Revolucionario e actúa nas
rexións industriais e no campo andaluz. Ao mesmo tempo cabe destacar a Federación Anarquista
de Coruña en Galicia polo seu traballo.
O anarquismo durante o Sexenio Revolucionario participa no movemento Cantonalista da primeira
República. Este ten unha división ideolóxica. Por un lado, os que optan pola loita mediante o
sindicalismo e os que loitan pola revolución mediante a propaganda pola acción e a folga
revolucionaria.
Dentro dos que loitan pola loita sindicalista destaca a FTRE (federación de traballadores da rexión
Española) que defende a colectivización da terra dende o punto de vista sindical. Actúa
fundamentalmente nas rexións industriais industrias catalás e na España agraria de Andalucía. A
outra sección anarquista máis extremista que opta pola propaganda pola acción e a folga
revolucionaria recorre a violencia e durante a Restauración cometeron atentados contra o propio
monarca (Cánovas e Canalejas foron asasinados). Cabe destacar a Mar Negra, unha asociación
anarquista que emprega a violencia durante un corto período de tempo fundamentalmente en
Andalucía. O anarquismo a principios do s.XX intenta reagruparse e así créase en 1910 en
Barcelona na CNT que conseguiu unha gran cantidade de afiliados en Cataluña e no campo
Andaluz. Este sindicalismo anarquista vai ser perseguido pola ditadura de Primo de Rivera no 23
provocando a creación dunha asociación anarquista máis extremista denominada FAI (Federación
Anarquista Ibérica) na clandestinidade.

O movemento obreiro marxista organízase en España a través de partidos políticos e sindicatos. O


gran organizador do partido socialista obreiro español (PSOE) é Pablo Iglesias Posse. O PSOE foi
fundado no ano 1879 e no seu primeiro congreso despois da lei de asociacións de Sagasta
establece o seu programa impregnado de ideoloxía marxista.
Outro tipo de organización que fan os socialistas é a UXT(Unión Xeral de Traballadores) en 1888
tamén fundada por Pablo Iglesias. Este sindicalismo da UXT vai ter unha gran implantación en
España nas rexións industriais e no campo andaluz. Vai ser o protagonista de convocar folgas a
principios do s.XX e tamén vai ser un gran defensor do proletariado industrial e de todo o
campesiñado en España aínda que máis no campo andaluz.
Os socialistas van ser os principais protagonistas e promotores da 2ª Internacional celebrada en
París en 1889 coincidindo coa Revolución Francesa. Nesa 2ª Internacional chégase a acordos
como:

● primeiro de maio como día da clase obreira.

● Loita pola defensa da xornada de 8 horas.

● Defensa da paz e o rexeitamento da guerra e da expansión colonial.

O PSOE como partido obreiro vai a gañar moito peso a partir de finais do s.XIX e principios do XX,
entre eles Pablo Iglesias que chega como deputado en 1910 e vaise converter nunha ameaza para
o sistema bipartidista canovista.
O partido socialista obreiro de tendencia marxista vai sufrir un cambio a partir da 3ª Internacional
celebrada en Moscú en 1919 onde Lenin impón a súa tese: “Ningún movemento pode pertencer a
Internacional se non é do partido comunista e non segue as directrices do PCUS”.
Isto provocou a fundación do Partido Comunista Español que segue as directrices de Lenin. Por
outra parte xorde o Partido Comunista Obreiro Español que no segue a Lenin.

Ante tanto auxe do sindicalismo de partidos obreiros marxistas e anarquistas tamén forman
asociación de carácter católico impulsadas polo xesuíta Antonio Vicent. Este asociacionismo
pretende lograr a paz social e defender as reivindicacións laborais pero a través da moral católica.
Ante o asociacionismo obreiro os empresarios en España responden con outra asociación
denominada a Confederación Patronal Española.
A resposta do Estado ao movemento obreiro vai evolucionando dende unha postura inicial moi
intransixente onde recorre a Garda Civil e militar para suprimir calquera folga a unha postura máis
transixente onde vaise recoñecer legalmente unha serie de dereitos dos traballadores.
A mobilidade obreira e a presión sindical e de partidos obreiros fan co Estado cre institucións que
amparen legalmente o obreiro como son o Instituto de Reformas Sociais e o Instituto Nacional de
Previsión que xunto coas medidas de concesión de dereito de folga e da redución laboral vanse
culminando as aspiracións ou peticións obreiras en España.

You might also like