You are on page 1of 3

Tema 15.

O ESTABLECEMENTO DA II REPÚBLICA (FORZAS POLÍTICAS E CONSTITUCIÓN DE 1931)

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar o
proceso político que levou á implantación da II República e referirse ao contexto socioeconómico no
que esta se establece; afondará nas distintas forzas políticas que se configuran neste período tanto a favor
como en contra da fórmula republicana, analizando os seus principais trazos ideolóxicos e apoios,e
comentará as principais características da Constitución de 1931.

PROCESO POLÍTICO QUE LEVOU Á IMPLANTACIÓN DA II REPÚBLICA


O 29 de xaneiro de 1930, Primo presenta a súa DIMISIÓN ao rei, que a acepta, e marcha a París, onde morre
poucas semanas despois, enfermo de diabete. Alfonso XIII reacciona entregando o goberno a outro militar: o
XENERAL BERENGUER, encargándolle volver progresivamente ao sistema constitucional de 1876, como se
nada, polo que esta ditadura de Berenguer pasou a ser coñecida popularmente como Ditabranda. Pero para
entón a impopularidade do rei é xa tan grande, que políticos de todos as cores (republicanos, nacionalistas,
socialistas, antigos monárquicos...) reúnense en agosto de 1930 para acordar verbalmente o PACTO DE
SAN SEBASTIÁN*, no que, formando un Comité Revolucionario para coordinar unha sublevación, acordan:

• intentar derrubar a monarquía para establecer unha república democrática,


• convocar despois eleccións libres a Cortes constituíntes (nova Constitución), e
• recoñecer no futuro a autonomía de Cataluña, Galicia e as provincias vascas.

En decembro, o artigo do filósofo Ortega y Gasset “A monarquía debe ser destruida”, e os dous intentos de
golpe de estado en favor da república (en Jaca e Madrid), fracasados, fan que o rei substitúa á fronte do
Goberno a Berenguer polo ALMIRANTE AZNAR, quen decide convocar eleccións municipais para o 12 de
abril de 1931.

Dada a situación, todo o mundo as viu como un plebiscito a favor ou en contra da monarquía. Aínda que o
resultado foi de empate entre partidos monárquicos e republicanos, estes últimos arrasaron nas cidades,
gañando en 41 das 50 capitais de provincia, o que foi considerado como un apoio masivo ao establecemento
da república.

Algunhas cidades (Eibar foi a 1ª) proclamaron directamente o cambio de sistema, e dous días despois, o 14
de abril de 1931, proclámase oficialmente a Segunda República.

Sen apoios e por medio dunha carta publicada na prensa, Alfonso XIII exíliase (sen abdicar).

O CONTEXTO SOCIOECONÓMICO no que isto sucede vén marcada pola Gran Depresión, nome que se
lle deu á profunda crise económica iniciada co crac da bolsa de New York en 1929 e que tamén afectou a
España, facendo descender a actividade económica.

Esta crise provocou tamén moita inestabilidade política, coas democracias cada vez máis cuestionadas en
todo o mundo, e os fascismos e solucións autoritarias emerxendo como unha alternativa en auxe.

Neste contexto, que coincide co inicio da Segunda República, é no que comeza a incubarse unha nova guerra
europea: a Guerra Civil española, que será o preludio da Segunda Guerra Mundial.

O poder en España é tomado inmediatamente por un GOBERNO PROVISIONAL, formado polos dirixentes
do Comité Revolucionario no Pacto de San Sebastián. e dirixido por Niceto Alcalá Zamora, como
Presidente do Goberno.

Desde o 14 abril ao 14 de outubro de 1931 (día no que Azaña substitúe a Alcalá-Zamora tras dimitir este en
desacordo co debate sobre o Estado laico na Constitución), o país estivo dirixido por ese Goberno Provisional,
que permanecerá ata a aprobación da Constitución e que non agardou para abordar as que consideraba
tarefas máis urxentes:

1) Negociar cos nacionalistas cataláns, liderados por Francesc Macià (ERC) que aproveitarán a vitoria
republicana para proclamar o Estado catalán. O Gobierno Provisional logra que renuncien a cambio de facilitar
un Estatuto de Autonomía.
2) Frear o conflito co clero: expulsando ao combativo cardeal Segura, arcebispo de Toledo, e calmando a
radicais anticlericais que en mayo do 31 queimaron arredor de cen edificios, algo que foi desastroso xa que
quebrou a confianza da poboación católica na República.

3) Aprobar unha serie de decretos cos que reformaban xa cuestións clave como: a agricultura, a educación,
o exército, a cuestión dos nacionalismos periféricos...

4) Convocar eleccións a cortes constituíntes por sufraxio universal masculino activo e universal pasivo (é
dicir,que as mulleres poidan presentarse para ser votadas). Estas eleccións deron a maioría ao PSOE e aos
partidos republicanos. Pero a proclamación da República polarizou tamén moito a sociedade e á política,
tendo que elixir entre FORZAS POLÍTICAS de todas as cores, a favor ou en contra da república:

A DEREITA E CENTRODEREITA. Non aceptaron a legalidade republicana (apoios: oligarquía terratenente,


alta burguesía financeira e industrial), decláranse antimarxistas e defenden a unidade da patria, a orde social
e o catolicismo. Son:
✔ monárquicos:
o Renovación Española (de Calvo Sotelo) alfonsinos
o Comunión Tradicionalista... carlistas
✔ autoritarios/fascistas, como
o Falange Española (de JA Primo de Rivera)
o JONS: Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (Ramiro Ledesma)
✔ republicanos de centrodreita e dereitas: Defenden os intereses da pequena burguesía e das
clases medias, fundamentalmente urbanas:
o Partido Republicano Radical (de Alejandro Lerroux), de centrodereita ou
o Dereita Liberal Republicana (de Niceto Alcalá-Zamora)
✔ nacionalistas periféricos como o PNV (vasco) ou a Liga Catalana, e

A partir de 1933 algúns deles agruparanse nunha coalición católica e de dereitas: a CEDA (de Gil Robles),
que se convertirá no partido autoritario principal de dereitas.

NA ESQUERDA: Socialistas, comunistas e anarquistas, defenden os intereses dos obreiros


industriais e dos xornaleiros agrícolas; coinciden no obxectivo final de establecer un cambio nas
relacións de producción mediante a abolición da propiedade privada e das diferencias sociais
pero, en moitos casos, estiveron enfrontados entre eles.

*Destacan os partidos que pretenden representar aos obreiros:


✔ PSOE (Partido Socialista Obreiro Español), dirixido por Julián Besteiro e daquela o máis estendido
e organizado (gaña as eleccións de xuño de 1931, primeiras da II República)
✔ PCE (Partido Comunista Español), que fora ilegalizado durante a ditadura de PdeR
✔POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista), partidario da revolución obreira.

*así como as opcións anarquistas, claramente revolucionarias:


✔ CNT (Confederación Nacional de Traballadores)
✔ FAI (Federación Anarquista Ibérica)

*os partidos republicanos como:


✔ Acción Republicana (de Manuel Azaña)
✔ Partido Republicano Radical Socialista (de Marcelino Domingo... e Victoria Kent)
✔ ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), de Casares Quiroga

* nacionalistas periféricos:
✓ ERC (Esquerra Republicana de Cataluña) ou
✓ Partido Galeguista (Castelao)
En todo caso, tras aquelas primeiras eleccións, gañadas por PSOE e partidos republicanos, elabórase a nova
CONSTITUCIÓN DE 1931, que declaraba a España:

• unha República parlamentaria ou democrática de traballadores


• Laica (separando totalmente Igrexa e Estado) e tolerante no relixioso
• Con soberanía popular (a soberanía reside no pobo)
• Con sufraxio universal total (masculino e feminino, por vez primeira). que se inclúe despois do tenso
debate entre Victoria Kent (P. Republicano Radical Socialist) a, partidaria de retrasar uns anos o
voto feminino) e Clara Campoamor (P. Republicano Radical), partidaria de aprobalo canto antes)i
• Cun Presidente da República y un Goberno responsable ante o Congreso (poder executivo),
• as Cortes como poder lexislativo e os Tribunais como poder xudicial, separados.
• cun Estado integral, pero coa opción de crear un Estado autonómico alí onde se solicite, e
• unha ampla declaración de dereitos, nun avance enorme respecto a anteriores constitucións.

En Galicia destaca o apoio a República na cidade da Coruña e Pontevedra obtendo una abultada
vitoria pero no ámbito rural debido a estrutura de pequenos propietarios e a influencia do clero a
oposición á mesma comezou a medrar ata 1936.

A modo de conclusión cabe destacar relevancia histórica de moitas medidas republicanas que
forman incluso parte do noso actual sistema constitucional como o sufraxio feminino ou a creación
dos estatutos de autonomía. As reformas que se implantarán levarán a que a oligarquía, que perde
parte do seu poder político e económico, comece a súa organización cara una nova vitoria electoral
no Bienio Antirreformista e posteriormente á sublevación do 36.

https://www.congreso.es/es/cem/iirepesp

i
Unha das novidades principais foi a inclusión do debate sobre o sufraxio universal total que sintetiza a polémica entre as postura
de Clara Campoamor e de Victoria Kent. Kent avogaba por pospoñer o voto feminino debido as altas taxas de analfabetismo
e a influencia nas mulleres da sociedade patriarcal e do clero que podría orientar o voto en contra dos intereses
reformistas republicanos e concedelo cando a reforma educativa conseguira implicar a muller no proxecto republicano
como ela mesma menciona no documento: cando dentro dalgúns anos funcionen esas 20.000 escolas que foron
anunciadas, a muller será a máis ardente defensora da República. Finalmente, a postura de Campoamor de defensa do
sufraxio universal total acabaría por imponerse nas Cortes sendo ás seguintes eleccións (1933) as primeiras onde vota a muller
e un factor da derrota, segundo o que a esquerda argumentaba, das candidaturas reformistas tal e como expuso Kent.

You might also like