You are on page 1of 4

1.

Introudción
A Restauración resultou do fracaso da I República, e foi ideada por Cánovas del Castillo, o maior
valedor do novo rei, Alfonso XII (fillo de Isabel II). Durante o seu reinado (1875-1885) configuráronse
os trazos esenciais do sistema: a Constitución de 1876, o papel do monarca e a alternancia no
goberno. Trala súa prematura morte, a súa viúva M.ª Cristina de Habsburgo foi nomeada rexente e
mantivo o turnismo. A crise de 1898 iniciou a lenta descomposición do sistema.
2. O retorno da monarquía e a Constitución de 1876
Primeiro, conseguiu que Isabel II,abdicara en favor do seu fillo en 1870, e logo creou o Partido
Alfonsino, cuxo programa defendía o liberalismo e a Alfonso XII como monarca. Cánovas quería evitar
a intervención do exército, pois pensaba que este debía estar sometido ao poder civil. Paz e Orde son
o lema do programa que atraeu ás clases altas, temerosas ante unha nova revolución.
Cánovas considera necesario un cambio, e o seu plan contaba con grandes apoios tanto fóra do país
como o Lobby escravista en Cuba, como en España (clases altas).
O manifesto de Sandhust (12/1874), redactado por Cánovas e asinado por Alfonso XII, recolle as
ideas básicas da Restauración:
● Carácter aberto e integrador da monarquía constitucional, pois consideraba ó sistema monárquico
era incuestionable e a Coroa, a súa pedra angular.
● Necesidade de que a tradición católica fose compatible coa liberdade.
● Superación das dúas Constitucións precedentes: a de 1845 e a de 1869.
O plan de Cánovas trúncase co pronunciamento militar de Martínez Campos en Sagunto, quen
proclama rei a Alfonso de Borbón. Con el no trono, Cánovas deseña un sistema político (sistema
canovista), que recollerá as ideas básicas do Manifesto de Sandhust, e que está baseado na Coroa
(representa a tradición e a autoridade) e nas Cortes (liberdade e vontade dos cidadáns). Ambas
compartían a soberanía e o poder. Así, a nova Constitución establece a monarquía constitucional
doutrinaria como forma de Estado e de goberno e busca rematar co pronunciamento como único
instrumento de cambio político. Remata a era de Narváez, Espartero, O’ Donnell, Prim e Serrano.
Necesitaban mecanismos constitucionais que permitisen o acceso ao poder dos diferentes partidos.
A cambio da supremacía do poder civil sobre o militar concedeuse certa autonomía aos militares e
potenciouse a identificación do rei como símbolo e cabeza do exército (mando supremo). Ademais, a
Restauración pretendía superar algúns dos problemas do liberalismo como o carácter excluínte dos
moderados no reinado de Isabel II e o intervencinismo militar.
O mecanismo para evitalo será o bipartidismo. Este reparte o poder político entre dous partidos: o
conservador, presidido por Cánovas, e o liberal, presidido por Sagasta (partidos dinásticos).
● Partido conservador: configurouse a partir do liberalismo moderado e algúns progresistas e
unionistas. Son defensores da orde social e pública e dos valores da Igrexa e a propiedade.
Defenden a restrinción do sufraxio e dos dereitos colectivos (reunión, prensa e asociación). Contan
co apoio da alta burguesía, a aristocracia e a xerarquía católica. Á dereita só estaba o carlismo.
● Partido liberal: configurouse a partir do liberalismo progresista, á esquerda da Unión Liberal, e
contaba con algúns demócratas e ex-republicanos moderados. Avogan polas reformas sociais, a
educación e certo laicismo, e teñen unha interpretación máis ampla dos dereitos. Son apoiados
pola burguesía comercial e industrial, os profesionais liberais e os funcionarios.
Había outros partidos, mais estaban excluídos do poder: republicanos, carlistas, obreiros e o
nacionalismo (rexionalismo).
1. A Constitución de 1876
A partir do Manifesto de Sandhust redactouse unha Constitución na que se fixaron as bases do novo
sistema político. É a de maior vixencia na Historia de España, pois mantívose ata 1923 (ditadura de
Primo de Rivera). É síntese entre a de 1845 e a de 1869. Elaborada por unha comisión de expertos
nomeada por Cánovas, foi aprobada en 1876 por unhas Cortes elixidas mediante sufraxio universal
1
masculino. Responde a unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora. Deixou moitos
aspectos sen concretar que quedaban nas mans dos partidos gobernantes. Trazos máis importantes:
● Soberanía compartida entre o rei e as Cortes.
● O rei ten amplos poderes: era a cabeza do exército e regulaba os tres poderes do Estado
(executivo, lexislativo [compartido cas Cortes, e xuntos elaboran as leis] e xudicial), e o relacional.
● Sistema bicameral: Congreso de Deputados (sufraxio) e Senado (senadores vitalicios, por dereito
propio e elixidos).
● Sufraxio censatario e, a partires de 1890, universal.
● Dereitos e liberdades recollidos de xeito xeral, serán desenvolvidos por leis posteriores. Polo
xeral os gobernos conservadores tenderon a restrinxilos, especialmente os de imprenta,
expresión, reunión e asociación.
● Declarábase ao Estado confesional (tiña a relixión católica como oficial), pero existía liberdade
relixiosa no ámbito privado.
● Suspendía as garantías constitucionais no caso de que a seguridade interna do Estado o esixira, o
que permitía unha ditadura legal dos alfonsistas.
2. A vida política da Restauración
Os partidos existentes reciben o nome de dinásticos por defender a monarquía borbónica, a
Costitución, a propiedade privada e a consolidación do sistema (Estado unitario e centralista). Tamén
se chamaron gobernamentais, por seren os únicos que formaban o Goberno, e de quenda, pola súa
alternancia. Ambos estaban formados por minorías de notables, que contaban con xornais propios,
centros e comités distribuídos por todo o territorio.
En canto á actuación política eran diferentes: mentres que os conservadores preferían o
inmobilismo político e a defensa da Igrexa e da orde social, os liberais avogaban por un reformismo
máis progresista e laico. Na práctica, a súa actuación era similar pola existencia do acordo tácito de
non promulgar leis que obligaran a outro ao partido oposto a abolilas cando volvese ao poder.
Tentando manter os principios constitucionais do libre nomeamento do Goberno polo rei e a
necesidade do apoio parlamentario para gobernar, Cánovas e Sagasta idearon o turnismo, quenda
pacífica ou alternancia no poder, baseado en que cando un partido tiña dificultades para gobernar ou
sufría un forte desgaste político, o rei chamaba á oposición. Para que o partido puidera gobernar cun
amplio poder parlamentario, o rei disolvía as Cortes e convocaba eleccións. Dende o poder, o novo
Goberno preparábaas e sempre gañaba grazas ao fraude nos resulatdos e aos mecanismos caciquís.
O Partido Conservador mantívose no goberno dende 1875 a 1881, cando accederon por primeira
vez ao poder, o que marcou o inicio da quenda. A morte prematura do monarca en 1885 provocou
unha gran incerteza, pois a súa viúva María Cristina, coa que tivera dúas fillas, estaba embarazada.
Para estabilizar a situación política, conservadores e liberais asinaron o Pacto do Pardo coa rexente,
e todos acordaron garantir o mantemento da quenda pacífica no Goberno, e a rexente entrou na
política. Cánovas dimitiu e Sagasta foi chamado a gobernar. Así, consolídase o sistema turnista.
Este funcionou con regularidade ata 1898, cando a crise erosionou os partidos políticos, e
especialmente aos dinásticos, o que rompeu o seu monopolio. Porén, a quenda, aínda que
desprestixiada, dividida e sen forza dos anos anteriores, conseguiu sobrevivir até 1923.
A Restauración considerouse un réxime oligárquico (só mandaban os maís ricos), caciquil e
corrupto, incapaz de instaurar unha auténtica democracia. Non obstante, proporcionou un longo
período de estabilidade política e social no século XIX.
A necesidade dos partidos da quenda de gañar as eleccións e ter a maioría provocou o permanente
falseamento e o desenvolvemento de amplas influencias baseadas na unión dos notables e do
rexeitamento e manipulación popular. As relacións do poder presentaban un sistema simple: a
burguesía e a aristocracia dominaban o sistema, e as clases medias e populares estaban á marxe do
poder. O sistema funcionaba de arriba cara abaixo:

2
● Na cúspide estaba a oligarquía dirixente, e estaba conectada pola procedencia social ou por
relacións familiares e persoais. O ministerio de Gobernación decidía os candidatos, o que se
denomina encasillado (o nome do futuro parlamentario aparecía en cada casilla do mapa electoral).
● Nun nivel intermedio estaban os gobernadores civís, que negociaban nas provincias cos candidatos
por distritos. Controlaban aos electores mediante os alcaldes e os caciques. A Lei electoral de 1878
elimiou o sufraxio universal e deulle un gran poder aos concellos e aos alcaldes.
● Na base estaba o cacique, que gozaba dunha grande influencia sobre as autoridades locais e os
veciños dun territorio, especialmente no rural. Empregaba a súa infleuncia en servizo do candidato
do Goberno, evitando aos opositores, e decidía os resulados das eleccións.
O cacique era un terratenente, burgués ou profesional liberal que controlaba os concellos: calquera
trámite pasaba polas súas mans e podía resolvelo segundo os seus intereses. Utilizaba técnicas como
a carretaxe, proporcionaba traballo á xente local, distribuía as contribucións e contaba co favor das
figuras máis importantes do pobo. O seu lema era para os inimigos a lei, para os amigos o favor.
O sistema electoral era corrupto e manipulador, e todos os métodos eran válidos: “resurrección” de
mortos, ameazas, encarceamento e falsificación de votos ou pucheirazo (substitución masiva dos votos
en beneficio do candidato oficial). Estas trampas rchámanse fraude electoral, e son máis difíciles de
realizar no ámbito urbano pola importancia dos partidos obreiros e porque hai máis poboación.
A lei electoral de 1890 restaurou o sufraxio universal masculino, coa oposición dos conservadores, e
supuxo un aumento considerable do número de electores, aínda que o fraude electoral mantívose.
3. A práctica política
1. O reinado de Alfonso XII (1876-1885)
O reinado de Alfonso XII comezou coa hexemonía do Partido Conservador mais, nos últimos anos, o
Liberal tamén accedeu o goberno, e iniciouse así a alternancia entre partidos.
a. O dominio do Partido Conservador (1876-1881)
Cánovas del Castillo era o presidente, polo que a etapa se coñece como ditadura canovista. Os seus
principais obxectivos eran consolidar a monarquía e construír un Estado centralizado. Accións:
● Lei de Concellos de 1877, que eliminou a autonomía dos concellos e a elección popular dos
alcaldes. O Goberno designa aos das principais cidades, mentres os gobernadores civís, baixo as
ordes do Ministerio de Gobernación, controlan ó resto.
● Un conxunto de profesores que perderan as súas cátedras fundan a Institución de Libre Ensinanza.
● Censura da prensa, especialmente a republicana.
O goberno debe facer fronte a dous conflitos importantes:
● A Guerra Carlista que, rematada en 1876, supuxo a abolición dos foros vascos (aínda que recuperan
unha cota para a recadación de impostos). A crise do carlismo é o xerme do nacionalismo vasco.
● A Guerra de Cuba, á que se enviaron soldados en condicións pésimas trala GC. Finaliza en 1878 ca
Paz de Zanxón, pero renace de forma definitiva en 1895.
b. O partido liberal no goberno (1881-1884)
Con Sagasta ao fronte, ocupan o poder. Liñas básicas:
● Política librecambista (supresión de aranceis a produtos estranxeiros) que o non sentou ben aos
industriais cataláns e vascos, que vían a competición dos produtos estranxeiros cos seus.
Depreciouse a peseta para favorecer as exportacións.
● Ampliouse o sufraxio, sen chegar a ser universal.
Sagasta cae polo conflito diplomático con Francia (provocado pola visita de Alfonso XII a Alsacia,
que pertencía a Alemaña) e por unha insurrección republicana. En 1885, con Cánovas no goberno
(que debe enfrontarse ás illas Carolinas e a unha epidemia) morre o rei e abrése un novo período.
2. A rexencia de María Cristina (1885-1902)
María Cristina ocupa a rexencia ata que o seu fillo Alfonso é maior de idade. A prematura morte do
rei puxo en perigo o sistema: os partidos temían que Isabel II puidese reclamar o trono e que os
republicanos aproveitaran para fortalecerse. Para estabilizar a situación política, conservadores e
liberais asinaron o Pacto do Pardo, polo que aceptaban o turnismo. Como ratificación, Cánovas dimitiu
3
e Sagasta foi chamado a gobernar. Os probelmas máis importantes son os económicos, a
inestabilidade política, a consolidación dos rexionalismos e a perda das últimas colonias en 1898.
a. O “goberno longo” liberal (1885-1890)
Dirixido por Sagasta, iniciou reformas lexislativas liberais:
● Lei de Asociacións de 1887, que legalizou os sindicatos obreiros (fúndase a UXT) e limitou a presenza
pública das ordes relixiosas. Foi considerada moi progresista e avanzada.
● Lei de sufraxio universal (1890), que non puido impediu o fraude electoral.
b. A crise de fin de século (1890-1898)
● Cuba, PR e Filipinas conseguen a independencia, o que foi coñecido como “desastre do 98”.
Supuxo un forte impacto na opinión pública e os sistemas político e militar. Deu lugar a unha
corrente artística e política denominada rexeneracionismo.
● A conflitividade social aumentou, e as folgas e protestas nas cidades, así como as axitacións de
xornaleiros no campo, foron moi frecuentes. Difundiuse o anarquismo, e tiveron lugar atentados,
entre os que destaca o asasinato de Cánovas.
● En Cataluña, País Vasco e Galicia cobraron forza os movementos rexionalistas e nacionalistas.

4. A oposición á Restauración
Á Restauración opuxéronse diversos sectores sociais e ideolóxicos: os carlistas, os republicanos, os
nacionalimos periféricos e o movemento obreiro nas súa versión anarquista e socialista.
1. Carlismo
A derrota militar en 1876 rematou co enfrontamento armado co poder, e un sector optou por quedar
fóra do sistema e conspirar. Outro decidiu crear un partido definido polo antiliberalismo e a defensa
da tradición e da relixión católica: o Partido Integrista. A parte propiamente carlista formará as Xuntas
Tradicionalistas, que actuaban en provincias e localidades.
2. Oposición republicana
O seu papel social foi máis importante que a súa representación parlamentaria. Estaban presentes
na sociedade a través de casinos, clubs, prensa e escolas, o que a converteu no sinal das clases
populares, en pugna co ascenso do anarquismo e do socialismo. Así mesmo, o Republicanismo deixou
de ser un proxecto único, e pódense diferenciar catro tendencias: a modereada, dirixida por Emilio
Castelar; a radical, por Nicolás Salmerón; e a federal, dirixida por Pi i Margall.
3. O movemento obreiro
En 1879 Pablo Iglesias fundou o PSOE como partido de clase inspirado no marxismo que defende os
dereitos de clase, e que será legalizado en 1881. En 1888 creouse a UXT, un sindicato ligado ao
partido, e dous anos despois celébrase, por vez primeira, o día da clase obreira o 1 de maio.
O anarquismo foi a ideoloxía obreira máis importante neste período. Foi introducida en España no
Sexenio Democrático por G. Fanelli, un discípulo de Bakunin. Ao principio centráronse na captación
de seguidores e na acción terrorista, polo que foron perseguidos e tiveron que actuar na
clandestinidade. A maior difusión deuse durante a rexencia de María Cristina, especialmente entre o
campesiñado andaluz e os obreiros cataláns.
4. Os nacionalismos
Os nacionalismos periféricos naceron como unha reacción fronte ao centralismo que adoptou o
liberalismo, que pretendía impoñer unhs cultura oficial castelenizada, que ignoraba a existencia
doutras linguas e culturas. Os máis importantes serán o catalán, o vasco, o galego e o español.

You might also like