You are on page 1of 2

O réxime da Restauración foio resultado do fracaso da experiencia democratizadora da

experiencia republicana e, en conxunto, de todo o proceso revolucionario do sexenio


democrático. O partido alfonsino preparou a chegada do novo monarca Afonso XII, fillo de
Isabel II. O seu principal valedor foi o político Cánovas del Castillo, que deseñou un
sistema político baseado na alternacia pacíficaou turnismoentre dous partidos que
escondía a hexemonía social, económica e política das clases adiñeradas, especialmente
cunhas redes de clientelismo e caciquismo que así asegurabana ansiadaestablidade1.1-
ESTABLECEMENTO DE ALFONSO XII. FUNCIONAMENTO DO SISTEMA CANOVISTA. A) -O
IDEARIO POLÍTICO DE CÁNOVAS DEL CASTILLO.Co golpe de estado daxeral Pavía en xaneiro de
1874, establécese a ditadura de Serrano ata decembro. Tras a inestabilidade e o fracaso da
experiencia democrática do Sexenio, existía un desexo de “normalidade” encarnada en Alfonso
de Borbón, fillo de Isabel II. O político conservador Cánovas do Castelo, traballou para
conseguir unha opinión pública favorable para a súa volta e Alfonso “déixase querer”
(Manifesto de Sandhurst). Neste ambiente, o pronunciamiento de Martínez Campos en
Sagunto precipita o seu regreso.Cánovas foioarquitecto deste novo sistema. Pretendía
conseguir unha estabilidade política inexistente no s XIX, non unha volta ao sistema
isabelino. O modelo político tería que superar os problemas endémicos anteriores: partidismo
excluínte dos moderados, evitar os pronunciamientos militares progresistas e poñer fin ás
guerras fratricidas. Estaría baseado nun sistema político bipartidista (modelo inglés): cun
partido de Conservadores (antes Moderados) e un de Liberais (antes Progresistas) .Supuxo o
dominio político das oligarquías e exclusión das maioritarias clases baixas (polo que nunca foi
un sistema democrático). Por último, os militares cederían o protagonismo aos políticos e
“volverían aos cuarteis”.O novo sistema tiña tres alicerces básicos:

OVD. IES FERRO COUSELO. HISTORIA DE ESPAÑA.21. O Rey e as Cortes: Ambas as lexitimadas
pola tradición histórica de España, eran a columna vertebral da Nación, e por iso a Soberanía
non é nacional, senón compartida.2. Bipartidismo: Dous partidos do sistema: o Conservador
de Cánovas e o Liberal de Sagasta. Dirixidos por políticos, non militares. Co paso dos anos
iranse legalizando outros, pero non terán ningún poder. 3. Nova constitución, a de 1876. As
súas características principais son a soberanía compartida entre o rei e as Cortes; o
recoñecemento de dereitos pero con restricións; Catolicismo relixión oficial do Estado e tamén
financiamento estatal da Igrexa; Centralismo nacionalista do estado e uniformidade de todos
os territorios; O Rey recupera gran parte do poder perdido no sexenio, un poder Moderador;
Cortes bicamerales, Senado e Congreso de deputados electos que aínda que non estipula o
tipo de sufraxio unha lei posterior fixa un censitario e en 1890 “universal “masculino. É dicir,
unha constitución moi conservadora e tradicionalista, claroexemplo de Liberalismo
Doctrinario, na liña da de 1845.B)-O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA POLÍTICO: TURNISMO E
CACIQUISMO.Fixadas as bases, botaría aandar o novo sistema baseado no Bipartidismo, pero
a clave estará no Turnismo. Ambos os partidos se turnan pacíficamente no poder de forma
planeadae ata ordenada. Era o fin dos pronunciamientos progresistas como forma de acceder
ao poder, pero tivo quepagar o prezo dunha renuncia expresa dos seus principios máis
radicais. Así, os seus programas políticos serán moi similares. O rei actuaba de árbitro,
sanciona (legaliza) a fraude. Excluídos do sistema quedaban o resto de formacións políticas:
carlistas, socialistas, anarquistas, republicanos, demócratas e nacionalistas vascos e cataláns.O
Turnismo garántese mediante unha fraude electoral masiva. Cando un goberno dun partido
entra en crise, despois de tres ou catro anos de goberno, convócanse eleccións para que gañe
o outro. Ponse en marcha toda a máquina estatal para asegurar o resultado electoral xa
decidido. Desde o goberno central danse instrucións aos gobernadores civís e estes a a gran
rede de caciques dos pobos. Tras o resultado electoral, o partido perdedor acepta o resultado,
e o partido gañador forma novo goberno. O caciquismo é a peza básica para asegurar a
corrupción electoral, que se baseaba nun sistema clientelar ou defavores entre o Cacique,
normalmente rico e gran propietario, e o campesinado. O cacique é o intermediario entre a
“España oficial e a España real”. Isto era posible grazas ao analfabetismo, a miseria, a
incomunicacióne a permisividade das autoridades, sobre todo no campo. Para que o sistema
funcionase, quedaba pendentea solución dos conflitos abertos. En 1876 prodúcese a derrota
definitiva nos seusúltimos territorios carlistas ( Maestrazgo, Norte de Cataluña, pobos e vilas
vasconavarras). Carlos VII exíliase en Francia e gran parte do Carlismo recoñece a AlfonsoXII
como rei

OVD. IES FERRO COUSELO. HISTORIA DE ESPAÑA.3lexítimo. Para o País Vasco e Navarra supuxo
a definitiva perda dos seus privilexios Forais, a uniformización definitiva de España,
perocompensóuselles co sistema de concertos económicos, uns privilexios económicos que
recoñecían dalgún modo, a súa singularidade.Quedaba pendente o problema da guerra de
Cuba, sublevada desde 1868, pero grazas á derrota carlista foi máis fácil de controlar.
Utilizouse unha dobre vía: a militar e a negociadora. En 1878, chégase a un acordo cos
independentistascubanos. Concedíase unha amnistía, unha abolición da escravitude, e certa
autonomía e representatividade en Cortes a cambio da desmobilización dos independentistas.
Ao acordo chamóuselle a Paz de Zanjón.O sistema político tivo que facer fronte a unha
inesperada proba de lume, a morte prematura do rei, vítima da tuberculose con 27 anos en
1885.Réinaa viúva Mª Cristina fíxose cargo do reino como rexente, á espera de saber se o fillo
que esperaba era nena ou neno, o que así foi. Os líderes do Partido conservador e o do Liberal,
Cánovas e Sagasta, comprometéronse no Pacto do Pardo, aque nada cambiaría a pesar da
morte do rei.A Restauración supuxo para España una etapa de un innegable progreso
socioecnómico, en gran parte gracias a unha inusual estabilidade na historia do
país.Nembargantes, a súa casenula capacidade de abrirse socialmente cara “abaixo” cara os
menos beneficiados do progreso económico, e cara as “beiras “, territorialmente nas rexións
onde peor encaixaba esa visión monolítica de España, fixo que o sistema fórase alonxando
cada vez máis do país que decía representar.

You might also like