You are on page 1of 2

LINGUA GALEGA e LITERATURA II PREGUNTA Nº 9

A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.


A guerra e a posguerra provocan a desaparición de iniciativas culturais como o Seminario de Estudos
Galegos ou a revista Nós e políticas como o Partido Galeguista. O triunfo do franquismo supuxo un
silencio total para a literatura galega.

Como consecuencia de todo isto, moitos intelectuais tiveron que exiliarse forzosamente (E. Blanco
Amor, Castelao, Luís Seoane, Dieste...) e será na diáspora onde leven a cabo o seu labor político e
cultural. Fundamentalmente na Arxentina e en México lévanse a cabo empresas culturais como a
fundación de editoriais , revistas (Vieiros, Saudade) e políticas ( Galeuzka ou o Consello de Galiza,
presidido por Castelao).

Condicionada polo exilio, as dificultades para publicar, a represión da lingua, a literatura do exilio
presenta unhas características especiais:
- forte compromiso galeguista
- forte compoñente autobiográfica, baseada na experiencia da guerra e do desterro
- temática cívico-social

POESÍA
Na poesía é notoria a diferenza que existe entre a poesía producida no exilio e a do interior. No
exilio predomina o discurso comprometido, a poesía social, mentres que no interior predomina un
discurso esteticista, debido ás circunstancias. Os principias temas son a denuncia social, a saudade da
terra, a emigración, a represión fascista e a guerra civil.

Emilio Pita: Jacobusland (1942) é a primeira obra publicada no exilio e pon de


relevo a traxedia da Guerra Civil en Galicia.

Luís Seoane: Destaca Fardel de exiliado, que fala da emigración galega, ou As


cicatrices, poesía de preocupación social e política.

Lorenzo Varela: Publicou Catro poemas para catro gravados e Lonxe, libro
dominado pola anguria do desterro. Luís Seoane

Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 – México, 1987) LETRAS GALEGAS 2022

Exiliado en México, foi un dos directores da revista Vieiros. Principiou a súa obra
ligado á estética hilozoísta de Amado Carballo co libro Bebedeira (1934). En
Galicia infinda (1953) recolle boa parte da súa obra posterior, no que aparecen
desde evocacións paisaxísticas da Terra da que está ausente, de ton
formalmente próximo ao modernismo, ata o exotismo dos seus «Poemas
mexicanos».

NARRATIVA
Florencio Delgado
Na narrativa as obras presentan unha forte compoñente autobiográfica que se
atopan a medio camiño entre a narrativa e as memorias, debido ao seu realismo.
Teñen como temas centrais as consecuencias da guerra e a nostalxia da terra.
Blanco Amor: A esmorga publícase en Bos Aires en 1959 xa que en España foi censurada pola
ditadura franquista.

Ramón Valenzuela: Publicou as novelas Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar, escritas
en primeira persoa e ambientadas nos anos da guerra e da posguerra.

Silvio Santiago: Escribiu Vilardevós, onde relata as súas vivencias de infancia no rural e O silencio
redimido, novela autobiográfica onde narra a súa condena, fuxida e desterro.

TEATRO
Na diáspora existiron dous tipos de teatro:
- un teatro popular, que trata dos costumes e crenzas galegos, encabezada por Varela Buxán.
- un teatro culto, que pretende rescatar a memoria histórica de Galicia, representada por
Seoane.

Ademais de Castelao con Os vellos non deben de namorarse, estreada en 1941 en Bos Aires destacan:

 Ánxel Fole: Pauto do demo, comedia de carácter folclórico.

 Eduardo Blanco Amor: as pezas teatrais están agrupadas en dous volumes: Farsas para
títeres e Teatro para a xente.

 Luís Seoane: A soldadeira, obra que ten á revolución irmandiña do s. XV como marco.

 Varela Buxán: fundador da compañía teatral galega máis importante en Bos Aires, a
Compañía Galega Maruja Víllanueva e autor de obras como O cego de Fornelos, O
ferreiro de Santán ou A xustiza dun muiñeiro, que recreaban os costumes e tradicións da
Galiza campesiña e mariñeira.

ENSAIO

Moitos autores continuaron no exilio o labor do SEG e do Grupo Nós con


respecto ao ensaio. Entre eles destaca Castelao e a súa obra Sempre en Galiza,
considerada referente do xénero ensaístico en galego.

Outros autores son:

 Antón Alonso Ríos: expón as súas ideas nacionalistas na obra Co pensamento na patria
galega.

 Xosé Núñez Búa: publicou Vida e paixón de Castelao

O exilio mantivo así acesa a chama da cultura galega que non podía desenvolverse baixo o
franquismo, ao mesmo tempo que garantiu a continuidade do galego como idioma escrito.

You might also like