You are on page 1of 4

LITERATURA - TEMA 5

A POESÍA ENTRE 1936 E 1975: A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE


ENLACE, A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

1.- CONTEXTO HISTÓRICO, SOCIAL E CULTURAL


En xullo de 1936 comeza a Guerra Civil española, que levou á instauración dun réxime
ditatorial, o que tivo importantes repercusións sociais e culturais. A poesía sufriu unha
paralización e ata 1947 non se publica a primeira obra poética relevante: Cómaros verdes, de
Aquilino Iglesia Alvariño. A partir de aí comeza unha lenta recuperación, que se inicia coa
fundación da colección de poesía Benito Soto en 1949 e a editorial Galaxia en 1950. Esta
editorial, aínda que dedicou máis esforzos á narrativa e ao ensaio, tamén publicou importantes
obras poéticas; o primeiro título que viu a luz na editorial foi Antífona da cantiga de Ramón
Cabanillas.

Neste período coinciden autores de idades e experiencias vitais moi distintas, desde poetas que
xa publicaran na preguerra ata mozos estudantes. Esta anómala situación provoca a publicación
simultánea da obra de tres xeracións diferentes: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a
Xeración dos 50.

Dentro das principais tendencias da poesía da posguerra atopamos:

-Continuísmo coas liñas estéticas anteriores ao 36, tematicamente descomprometidas:


costumismo ruralista, paisaxismo hilozoísta e neotrobadorismo.

-Discursos poéticos intimistas, virados cara ao interior anímico, as lembranzas, as


interrogacións sobre a propia personalidade, a preocupación transcendental ou relixiosa e a
reflexión metapoética.

-O clasicismo e o formalismo culturalista: (referencia a mitos clásicos, retrato de figuras


históricas e literarias...)

-O socioalrealismo: triunta por volta dos anos 60, da man de Manuel María (Documentos
persoaes) e Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra).

A FIGURA DE LUÍS PIMENTEL:

Este poeta adoita ser encadrado na xeración de vangarda anterior á guerra, aínda que as súas
obras (Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959)) foron publicadas na posguerra. As
pegadas vangardistas son claramente perceptibles na súa obra, aínda que se orienta cara a un

1
marcado lirismo intimista. Sentimentos como o medo e a dor están moi presentes na súa
produción e fronte a eles aparece a sensualidade feminina. O seu mundo poético está constituído
por elementos que intentan captar instantes íntimos (espellos, reloxos, pianos...) nun ambiente de
interiores e hábitos burgueses. Estamos ante unha poesía de grande intensidade, chea de
sensacións e sentimentos e e grande tenrura. Aínda así atopamos poemas como “Xogo ruín” ou
“Cunetas” onde se denuncia a maldade e a brutalidade do fascismo.
2.-A XERACIÓN DO 36
Esta xeración está formada por poetas nados entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil,
como unha experiencia traumática, na súa mocidade. Proveñen es xeral dun estrato social
pequeno – burgués e xa estaban activos como poetas antes da Guerra Civil. Son autores
salientables Aquilino Iglesia Alvariño, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díaz
Castro ou María Mariño.

a) Aquilino Iglesia Alvariño


Destaca pola súa poesía paisaxística, aínda que na súa obra presenta outros temas como a
saudade, o paso do tempo e a morte. A súa poesía caracterízase pola perfección formal e o
carácter clasicista, destacando o cultivo do soneto. As súas obras principais neste período son
Cómaros verdes (1947) e Lanza de soedá (1961).

b) Álvaro Cunqueiro
Comeza o seu labor poético na preguerra, no seo das vangardas poéticas. A súa obra
caracterízase pola ruptura vangardista, a dimensión lúdica e a parodia transgresora da realidade,
pero na súa última etapa destacan a sensualidade, o vitalismo, a melancolía e a dor existencial.
Na segunda década do século XX publica as seguintes obras:
• Dona do corpo delgado (1950), na que predomina un ton elexíaco e pesimista e seguen
aparecendo poemas neotrobadorescos.
• Herba aquí e acolá (1980): obra cume, con poemas escritos durante tres décadas e de
carácter marcadamente culturalista.

c) Celso Emilio Ferreiro


É o máximo representante da poesía social en Galicia durante a época do franquismo. Porén, a
súa obra é moi variada e trata tamén outros temas como o intimismo existencialista, o amor, a
evocación da infancia e unha liña satírica. Entre as súas obras destacan:
• O soño sulagado (1954): con temas como o intimismo e a crítica social ou a saudade
pola infancia perdida.
• Longa noite de pedra (1962): destaca a denuncia da opresión, asociada simbolicamente
co franquismo, ademais de temas como a explotación do proletariado, o racismo, etc.
2
• Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldecir: poesía satírica contra
certos sectores do mundo da emigración.
• Onde o mundo se chama Celanova: alterna a temática satírica coa intimista, na que
destacan os poemas amorosos dedicados a Moraima, a súa muller.

3.- PROMOCIÓN DE ENLACE


Confórmana os poetas nacidos entre 1920 e 1930 que acceden á cultura nos anos 40, nun
ambiente de extrema penuria e de illamento internacional.
a) Antón Tovar: escribe sobre o sentido da vida e da morte, cunha obra de ton intimista
e confesional, en obras como Arredores, Non e O vento no teu colo.
b) Luz Pozo Garza: é unha poeta basicamente intimista. O paxaro na boca mostra unha
poesía amorosa afastada do intimismo existencialista da época. A súa obra vai gañando
complexidade simbólica e riqueza expresiva en Concerto de outono ou Códice calixtino.
c) Manuel Cuña Novás: a súa obra Fabulario novo (1952), de temática existencialista,
inaugura a chamada “Escola da Tebra”.

Outras figuras desta época: Mª do Carme Kruckenberg, Xosé Neira Vilas...

4.- A XERACIÓN DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS


Son autores nados entre 1930 e 1940, que non coñecen directamente a Guerra Civil. Todos
eles presentan diversos trazos en común, como a participación no certame das Festas Minervais
(foron premiados case todos e participaron mentres eran estudantes, na universidade de
Santiago), a colaboración no suplemento cultural do xornal La Noche, a fundación do grupo
Brais Pinto ou a ideoloxía nacionalista de esquerdas (que desenvolven na clandestinididade).
Dentro desta xeración destacan tres tendencias poéticas:
• A “Escola da Tebra”: liña poética caracterizada pola reflexión existencial marcada pola
angustia e o pesimismo. Destaca, entre outros, X. L. Méndez Ferrín.
• O realismo coloquial: esta poesía afástase da linguaxe poética tradicional e explora as
posibilidades da lingua coloquial. Destaca Manuel María con Documentos persoais.
• O socialrealismo: é unha poesía de loita contra as inxustizas do mundo, contra a guerra e
a falta de liberdade.

Cómpre destacar, dentro da Xeración dos 50, autores como Uxío Novoneyra, Ferrín ou
Manuel María.

3
a) Uxío Novoneyra
Cunha poesía fundamentalmente paisaxística (aínda que tamén cultiva unha vertente social e
política). Na súa obra Os eidos, describe a paisaxe do Courel desde unha perspectiva case
mística, na que o ser humano é un elemento insignificante dentro da inmensidade cósmica.

b) Xosé Luís Méndez Ferrín

Comezou cunha poesía inscrita na Escola da Tebra e seguiu con poesía social. O seu libro máis
importante é Con pólvora e magnolias (1976), que marca un cambio de tendencia na lírica
galega e convértese en obra clave na evolución da poesía galega do último terzo do século XX.
Conflúen nesta obra a poesía política (a pólvora) co lirismo intimista (as magnolias). O tema
principal da obra é o compromiso social e patriótico desde unhas posicións claramente
nacionalistas e revolucionarias, pero ademais están presentes motivos como a morte, o paso do
tempo, o erotismo e o gozo da vida.

c) Manuel María
Na súa extensísima obra salientan títulos como Muiñeiro de brétemas (1950) ou Morrendo a
cada intre (1952, adscritas á Escola da Tebra. Ademais, cultiva o paisaxismo descritivo en
Terra chá (1954). Nos anos 60 cultivará o socialrealismo e o intimismo amoroso, como en
Poemas ao outono (1977).

Outros autores e autoras desta época: Bernardino Graña, Xohana Torres, Antón Avilés de
Taramancos...)

5.- CONCLUSIÓN
En definitiva, o período entre 1936 e 1975 caracterízase por un forte retroceso da cultura
galega, que se vai recuperando lentamente. A súa produción poética está marcada pola
confluencia de tres grupos xeracionais diferenciados, que cultivan temáticas variadas, entre as
que destacan a temática social (claramente ligada ao contexto histórico), a paisaxística ou a
existencial.

A lírica deste período sentou as bases para a renovación da poesía galega nos anos 80, tendo
especial importancia títulos como Con pólvora e magnolias, de Ferrín.

You might also like