You are on page 1of 5

A Guerra Civil, que puxo fin a unha etapa cultural brillante na nosa literatura,

tamén afectou á narrativa, que non reaparece en Galicia ata a publicación de A xente
da Barreira (1951), novela de Ricardo Carvalho Calero centrada no tema da decadencia
da fidalguía. O resto da produción publícase na diáspora, como xa vimos no tema da
literatura do exilio. 1

En 1950 créase a Editorial Galaxia, impulsada por Ramón Piñeiro, Fernández


del Riego e García Sabell, cos seguintes obxectivos:

 Recuperar a conexión coa tradición cultural de preguerra (Otero, Cabanillas)


 Reintegrar a autores que optaran polo silencio (Fole, Cunqueiro)

 Reivindicar a validez do galego como vehículo de alta cultura


 Incorporar as novas xeracións ao labor galeguista (Nova Narrativa Galega=NNG)

1.- OS RENOVADORES DA PROSA

2.- A NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG)

1.- OS RENOVADORES DA PROSA

Dentro deste primeiro grupo, destacamos as seguintes liñas temáticas:

a) REALISMO POPULAR: caracterizado pola ambientación rural, o marcado dialectalismo


lingüístico, a sinxeleza argumental, o humorismo. Iníciase nos anos 50 con Ánxel Fole,
que publica en 1953 Á lus do candil, conxunto de 14 relatos, ambientados na montaña
luguesa e narrados en 1ª persoa, seguindo as técnicas da narración oral. Fole recorre ao
amplo repertorio da mitoloxía popular para reelaborar lendas de lobos, aparecidos,
meigallos...
Outras obras de Fole son Terra brava, tamén de ambientación rural, e Contos da néboa
(1975) e Historias que ningúen cre, de ambientación urbana e temas como o medo, o
misterio ou as experiencias paranormais. [TEXTO 3, p. 150_151]

b) REALISMO MÁXICO: asociado a Álvaro Cunqueiro, cuxa obra ten unha serie de trazos
comúns que o converten no escritor galego dotado dun mundo literario máis persoal: 2

- Fragmentación da novela, construída a base de relatos que se acumulan, e uso da


técnica do relato dentro do relato.
- Predominio da oralidade no estilo. O modelo estilístico é o conto de tradición oral,
reforzado por unha lingua chea de arcaísmos e dialectalismos.
- Incursión do extraordinario no cotián. É frecuente a mestura de realidade e fantasía,
de personaxes populares e personaxes míticos.

Distinguimos na súa obra narrativa:


 As novelas:
Merlín e familia (1955). Os personaxes das lendas artúricas instálanse en Galicia,
na terra de Miranda, onde Merlín é visitado polos máis estraños personaxes para
que lles solucione os seus problemas.
As crónicas do Sochantre (1956), que narra a estraña aventura que vive un
sochantre bretón cando se dirixe a tocar nun enterro.
Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961), onde se aborda a última aventura o vello
mariñeiro das Mil e unha noites.

 Os relatos:
Escola de menciñeiros (1960)
Xente de aquíe acolá (1971)
Os outros feirantes (1979)
Son pequenos relatos, semblanzas de personaxes galegos, reais ou imaxinarios, cheos
de fantasía e humor, coa técnica frecuente do conto popular oral. [TEXTOS 1, 2 pp. 148-
149 e COMENTARIO TEXTO, pp. 152-153]
c) REALISMO SOCIAL. O seu máximo expoñente é Eduardo Blanco Amor, xa estudado
na literatura do exilio.

d) O SOCIO-COSTUMISMO. Representado por Xosé Neira Vilas que, desde o realismo


crítico, reflicte os temas da vida do neno rural e da emigración.
 O mundo da aldea visto por un protagonista infantil:
Memorias dun neno labrego (1961).Reconstrución do hábitat rural galego da
inmediata posguerra a través dos ollos do neno Balbino. [TEXTO 1, p. 176]
3
Cartas a Lelo (1971)
Aqueles anos do Moncho (1977)

 O mundo rural desde o punto de vista adulto:


Xente no rodicio, que podería incluírse da NNG dadas as súas características.
Querido Tomás
A muller de ferro

 Obras centradas na emigración:


Camiño bretemoso (1967)
Historias de emigrantes (1968)

2.- A NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG)

É un movemento de renovación formal e temática da narrativa en galego que se


produce desde os anos cincuenta ata principios dos setenta, e que supuxo o emprego
duns xeitos de narrar modernos inspirados dos autores e movementos literarios
internacionais máis innovadores do século XX.
Entre outros, podemos salientar a Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xosé Luís
Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, Xohana Torres ou Carlos Casares.
Non son un grupo homoxéneo, pero teñen en común a formación universitaria, as
inquietudes galeguistas, as viaxes por Europa e o seu coñecemento das últimas
tendencias da literatura europea e americana: James Joyce, William Faulkner, Marcel
Proust, John Dos Pasos, Fran Kafka ou o Nouveau Roman francés con Marguerite Duras
ou Claude Simon. A súa intención é romper coa tradición narrativa galega máis
enxebrista.

CARACTERÍSTICAS XERAIS:

 Técnicas narrativas novidosas: desaparece o narrador omnisciente e emprégase


o narrador en 1ª persoa, o monólogo interior, a técnica cinematográfica, a
técnica epistolar...
4
 Temática existencialista: o absurdo da vida, a angustia de vivir.
 Personaxes antiheroes, seres inestables ou desequilibrados, atormentados.
 Ruptura da linealidade temporal.
 Espazos maioritariamente urbanos, ameazantes, claustrofóbicos,
deshumanizados.
 Ambiente onírico, mestura de realidade e pesadelo.
 Frecuente presenza da violencia e o sexo.
 Visión pesimista e desesperada da realidade franquista. Retrato dunha
sociedade opresiva e terrorífica que leva á autodestrución ou á loucura.

Xosé Luís Méndez Ferrín (1938). É un dos piares da NNG e, en xeral, da prosa galega do
século XX. Nas súas novelas e relatos, hai unha constante relación entre realidade e
fantasía, con historias que se desenvolven en ambientes opresivos e terroríficos. En
moitas obras reconstrúe un pasado mítico, celta ou artúrico, polo que usa topónimos e
antropónimos sonoros e evocadores (Ulm Roam, Terra Ancha). As relacións humanas
dos seus personaxes baséanse na violencia. Tamén se reflicten a brutalidade e a
represión policial nas súas obras. Ademais, usa uns símbolos moi persoais de forma
repetitiva: os insectos, as fiestras, os camiños...
A súa obra é moi abundante. Dentro da NNG, sitúanse dúas obras de relatos:
Percival e outras historias (1958)
O crepúsculo e as formigas (1961)
Arrabaldo do norte (1964)
Outras obras son: Retorno a Tagen Ata, Amor de Artur, Bretaña, Esmeraldina, Arraianos,
No ventre do silencio... [TEXTO 2, p. 177 e COMENTARIO DE TEXTO, pp. 180-181]
Carlos Casares (1941-2002). Desenvolveu un importante labor tanto na literatura
(narrativa e ensaio) como na prensa, a política e a xestión de organismos culturais como
a RAG, o Consello da Cultura Galega ou a editorial Galaxia. Dentro da NNG encádranse
dúas obras:

Vento ferido (1967). Son doce relatos situados nun ambiente galego nos que os
protagonistas sofren situacións de violencia e sufrimento. O ambiente social é abafante.
Como técnicas destacamos o uso do monólogo interior. [TEXTO 3, p. 178]
5
Cambio en tres (1969). Desenvolve o tema da emigración galega a Europa. Formalmente
é unha novela moi experimental: uso do monólogo interior, liberdade de puntuación e
disposición gráfica do texto, descricións obxectalistas...

Fóra xa da NNG ten obras como: Ilustrísima, Deus sentado nun sillón azul ou O sol do
verán.

You might also like