You are on page 1of 5

POESÍA DAS IRMANDADES

DA FALA
A continuación da emigración e do movemento obreiro, xorden en Galicia o agrarismo
(1907) e o nacionalismo. En 1916 xorden en A Coruña as Irmandades da Fala, o seu
obxectivo é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. Continuaron as liñas
iniciadas no rexurdimento.

I. NORIEGA VARELA.
Escribiu unha soa obra ampliada “Montañesas”, que posteriormente se pasará a chamar
“Do ermo”.Vida rural, esencia enxebre, poesía cívica relacionada co agrarismo, tenrura
e amor pola paisaxe.
II. RAMÓN CABANILLAS.
Recolle a poesía intimista de Rosalía, a poesía épica de Pondal e a poesía cívica/social de
Curros.
A. “No Desterro” e “Vento Mareiro”. Intención social, agrarismo. Tamén poemas de
caracter intimista, costumista e grarista.
B. “Da Terra Asoballada”. Liña comprometida dende presupostos nacionalistas.
C. “Na Noite estrelecida”. Composta por tres poemas longos: “A espada Escalibor”,
“O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”. Temática medieval da materia
de Bretaña trasladándoa a Galicia. Liña pondaliana, pasado céltico.
D. “A rosa de cen follas”. Temática amorosa, influencia de Rosalía.
A POESÍA DE VANGARDAS
As vangardas son correntes que nas primeiras décadas do século XX propoñen unha
quebra total coa tradición e convencións estéticas vixentes. Difundían o sea ideario
estético mediante manifestos, cabe destacar o surrealismo, o creacionismo e o imaxinismo.
Hai vangardas menos galegas (europeas), como o surrealismo (Álvaro Cunqueiro) e
vangardas máis galegas, entre as que distinguimos: “exclusivas”, como o neotrobadorismo
(estética e ideoloxía) e con “adaptacións”, como o hilozoismo, o animismo, o imaxinismo e
o creacionismo (o poeta rompe con todo, liberdade máis absoluta).

I. LIÑAS E ESCOLAS.
A. Hilozoismo. Liña paisaxística, imaxe poética humanizadora.
B. Creacionismo. Visión cosmopolita, léxico técnico, ausencia de rima e escaso
emprego de signos de puntuación.
C. Neotrobadorismo. Fascinación ante a liña medieval. Reproducen os modelos
estéticos da lírica medieval. Mantiña un vínculo co nacionalismo galego.
II. VANGARDAS EN GALICIA.
As Irmandades da Fala, a Xeneración Nós e a súa revista Nós foron fundamentais
para a creación dun ambiente favorable para as vangardas. Xorden revistas como
“Alfar”, “Ronsel”, “Yunque”,… que desenvolven un papel destacado para a difución
de novas ideas estéticas. Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro asignan “Máis Alá”,
manifesto do vangardismo galego. Os principais poetas vangardistas son: Luís
Pimentel, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza-Brey e Manuel Antonio.
III. POETAS VANGARDISTAS.
A. Luís Pimentel:
Dous poemarios: “Triscos” e “Sombra do aire na terra”. Poesía profundamente
lírica e intimista. Proxima ao surrealismo.
B. Luís Amado Carballo:
Escola hilozoista/animista. Publicou: “Proes” e “O galo”. A súa obra serviu de
inspiración para moitos autores coetáneos e posteriores. Poesía na que a
sensualidade acada unha forza inusitada, a natureza aparece animada e a presenza
humana se esvae tras a paisaxe.
C. Fermín Bouza-Brey:
Un dos poemarios máis fermosos do século XX. “Nao senlleira”. Funda a escola
neotrobadoresca, esa obra será o primeiro título importante do
neotrobadorismo. Foi un dos fundadores lo Seminario de Estudos Galegos.
D. Manuel Antonio:
“De catro a catro”. Poucas referencias explícitas a Galicia, difícil lectura e escura
interpretación, afastada das estructuras rítmicas tradicionais, sorprendente
sistema de imaxes poéticas e un léxico izado con términos da navegación.
Múltiples lecturas: unha evocación poética dunha simple travesía marítima
concreta e outras interpretacións de índole filosófica, simbólica,… . 19 poemas
que semellan o diario dunha travesía e do barco que deveñen en alegorías da
existencia do ser.
Na súa época non creou escola e os seus principios estéticos tiveron escasa
repercusión entre os seus contemporáneos. Hoxe en día é un dos poetas máis
celebrados pola crítica e un dos que máis influíu na obra de poetas posteriores.
PROSA DO 1º TERZO DO XX
I. NARRATIVA.
A. Vicente Risco:
• “O porco de pé”. Única novela longa en galego, está considerada pola crítica
como a primeira novela galega moderna. Trátase dunha sátira caricaturesca
contra a nova burguesía urbana, representada no protagonista ao que lle
atribúen características porcinas. O opoñente do protagonista, Don Celidonio,
é o Doutor Alveiros, que encarna os valores contrarios, pero que acabará
sucumbindo dominado polo ambiente vulgaridade que o rodea.
• “Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros”. é unha burla dos novos
hábitos de vida que a burguesía introduce nas cidades.
• “A trabe de ouro e a trabe de alcatrán”. Esoterismo, trasmundo, ciencias
ocultas,… .
• “O lobo da xente”. Ten como tema a figura do lobishome/licántropo.
B. Ramón Otero Pedrayo:
• Histórica: que pode ser:
- Realista. “Os camiños da vida”, expón as transformacións producidas na
sociedade rural galega entre 1835-1868. Decadensia da fidalguía rural e o
ascenso da burguesía son algíns dos temas tratados. Tres partes: “Os
señores da terra”, vida na aldea e arredores dos pazos; “A maorazga”,
esperanza da sua clase e “O estudante”, cambios sociais que se están a
producir.
- Cultural. Forman parte da súa formación cultural.
• Psicolóxica: “Arredor de si”, bibliografía espiritual do autor e dos homes do
Grupo Nós antes da chegada ao galeguismo. O protagonista é un mozo
intelectual que viaxa por Europa na procura da súa identidade, a cal atopa a
medida que se identifica coa terra.
C. Castelao:
• “Un ollo de vidro”. Novela curta. Un esqueleto relata acontecementos que
observa a través dun ollo de vidro nun ton irónico e crítico.
• “Cousas”. 44 relatos complementados cunha ilustración. Predomina o
dramatismo, o humor e o lirismo.
• “Retrincos”. 5 contos autobiográficos en determinados momentos da súa vida.
• “Os dous de sempre”. Única novela longa de Castelao. Nela vanse contando as
histiras paralelas nde Pedriño e Rañolas, amigos dende a nenez, pero con
personalidades ben diferentes, representan dúas maneiras de concebir a vida.
Rañolas, partindo de circunstancias adversas, triunfa por intelixente, agudo,
valente e idealista. Pola contra, Pedriño, é preguiceiro, materialista e inactivo, é
un perdedor. Os temas tratados, criticamente e con ironía son o caciquismo, o
materialismo, a liberdade,… .
D. Rafael Dieste:
Non pertence á xeración Nós, pero si á época. Narrativa culta e innovadora e o
enfoque é obxectivo.
• “Dos arquivos do trasno”. Relatos breves e de misterio, situados na Galicia
rural e mariñeira e protagonizados por personaxes populares. Aparecen temas
como o retorno, a morte, a soidade,… .
II. ENSAIO.
A maioría dos ensaios haberá que buscalos en publicacións periódicas como: “A
nosa terra”, “Nós”,… .
A. Vicente Risco:
• “Teoría do nacionalismo galego”. Xustifica os pensamentos acerca do
nacionalismo galego.
• “Nós, os inadaptados”. Explica a ideoloxía dos membros do Grupo Nós.
B. Otero Pdrayo:
Obra ensaística moi extensa e de temas moi diversos case sempre relacionados
con Galicia e co pensamento da xeración Nós.
• “Ensaio histórico sobre a cultura galega”.
C. Castelao:
• “Sempre en Galiza”. É o texto máis emblemático na historia do pensamento
galego. Resume a doutrina nacionalista expoñendo o seu pensamento político.
Manifesta o seu compromiso co nacionalismo mostrando a marxinación e as
inxusticias sufridas polas clases populares e propón unha Galicia máis xusta.
• “As cruces de pedra na Bretaña”.
• “As cruces pedra na Galiza”.
D. Rafael Dieste:
• “Antre a terra e o ceo”. Colección de artigos publicados na prensa.
TEATRO DO 1º TERZO DO XX
I. IRMANDADES DA FALA.
O teatro deixa de ser un divertimento e pasa a ser unha arma política reivindicativa.
A. Ramón Cabanillas:
• “O Mariscal”. Drama histórico en verso que nos presenta o mariscal Pardo de
Cela como abandeirado da oposición galega ao centralismo polo seu
confrontamento cos Reis Católicos.
II. VANGARDAS.
A. Rafael Dieste:
• “A fiestra valdeira”. Comedia basada na historia de Don Miguel, vello
mariñeiro que se vai á inmigración e volve rico, entón mándalle a un pintor a
facer un cadro, este representa unha imaxe mariña cuns barcos pesqueiros no
fondo e a súa muller e máis a súa filla non queren os barcos no fondo xa que
non se sinten orgullosas co pasado de Miguel. Loita pola defensa da
indentidade propia.
• “O drama do cabalo de axadrez”.
III. ÉPOCA NÓS.
A. Vicente Risco:
• “O bufón de El-Rei”. Drama de caracter tráxico. Trata sobre a deformidade
física e moral dun bufón namorado da súa raíña.
B. Otero Pedrayo:
• “A lagarada”. Traxedia dionisíaca nun ambiente que rural na estación da
vendima.
• “O desengano do priorio”. Polémica que se susata no Riveiro a raíz do
establecemento de industrias de cadaleitos.
• “Teatro de máscaras”.
C. Castelao:
• “Os vellos no deben de namorarse”. Única peza dramática do autor. Consta
de tres lances. No prólogo preséntase o tema, os amores serodios que
sempre acaban mal. En cada acto hai un vello namorado dunha moza, un mozo
rival do vello e a morte que avisa aos vellos da consecuencia dos seus
namoamentos. No epílogo, os vellos están os tres no cemiterio. Os
personaxes principais son arqueotipose todos levan careta, o cal contribue a
darlleá escena unha gran carga simbólica. Tamén hai personaxes secundarios
como espantallos, a morte e o grupo de mulleres (como o coro da traxedia
clásica). Os elementos escenográficos fan que esta sexa a primeira peza do
teatro moderno galegoe a súa posta en escena unha obra de arte. Catelao
diseñou todo para que a obra fose un espectáculo: caretas, decorados,
vestimenta, iluminación, música, personaxes secundarios,… .

You might also like