You are on page 1of 4

TEMA 3

A prosa do primeiro terzo do século XX : as Irmandades e o Grupo Nós


(Narrativa, ensaio e xornalismo)

A creación en 1916 das Irmandades da Fala supón o inicio da prosa galega. Os membros desta
organización articulan unha serie de medios que lles permitirán difundir os xéneros que non
“rexurdiran” no século anterior (narrativa, ensaio, teatro). Son publicacións periódicas como A Nosa
Terra (1916-36), portavoz das Irmandades da Fala e logo do Partido Galeguista; a revista Nós
(1920-36), que promoveu a apertura a outras literaturas de Europa e a renovación artística; outras
como O tío Marcos da Portela (Ourense), Galicia e El Pueblo Gallego (Vigo). Aquí publicaron os
seus artigos e deron a coñecer o seu pensamento político A. Villar Ponte, Peña Novo, X.
Quintanilla, entre outros, demostrando a validez do galego para o ensaio. Por outro lado, a
necesidade de modernizar a narrativa levou á creación de iniciativas como a colección Céltiga, a
editorial Lar (1924) e a editorial Nós (1927).

No intento por levar a cabo a modernización da prosa galega é esencial o labor do Grupo Nós.
Debemos aclarar que non é o mesmo o Grupo Nós que a Xeración Nós. O primeiro foi o que se lle
chamou máis tarde o cenáculo ourensán (ou Grupo de Ourense) que estaba formado por Vicente
Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas.

Seguidamente imos centrarnos na Xeración NóS. Os autores comparten unha serie de


características: Nacen entre 1880 e 1890.

​ ✼ Son intelectuais que se van achegar a Galicia e ao galeguismo logo dunha busca
infrutuosa por culturas alleas (agás Castelao).
​ ✼ Todos teñen procedencia burguesa (agás Castelao).
​ ✼ Participaron en actividades galeguistas como a creación do Seminario de Estudos
Galegos.
​ ✼ Crearon a revista Nós.
​ ✼ Colaboran na creación do Partido Galeguista e do estatuto de autonomía.
​ ✼ A súa literatura tiña un afán didáctico, intentando chegar á poboación os seus ideais
sen esquecer o afán renovador.
​ ✼ Foron escritores monolingües en galego.
​ ✼ Introduciron o espazo urbano.
​ ✼ Foron pioneiros no ensaio.

A súa evolución ideolóxica aparece reflexada en tres libros: Nós, os inadaptados (ensaio) de
Vicente Risco, Arredor de si (novela) de Otero Pedrayo e Dos nosos tempos (ensaio) de Florentino
López Cuevillas. Os tres autores explican como andaban á busca de espazos exóticos que
satisfixesen as súas ansias culturais cando descobren en Galicia unha fascinante aventura
intelectual.
Dentro da Xeración Nós destacan tres autores:

1
Vicente Risco

​ Foi importante, sobre todo, pola súa obra ensaística. Para explicala hai que facer
referencia ás tres etapas polas que pasou a súa evolución ideolóxica:

​ ✼ Etapa pregaleguista na que destaca Nós, os inadaptados.

​ ✼ Etapa nacionalista na que escribiu a Teoría do nacionalismo galego,onde trata
de resaltar a Galicia desde a lingua, a terra e a raza.

​ ✼ Etapa non galeguista na que publica Mitteleuropa, unha obra na que tiña
posturas próximas ao fascismo.

Tamén destacou pola súa obra narrativa que pode considerarse unha continuación dos seus
ensaios. Nelasconsidera que o eixo do coñecemento non pode ser só a razón, por iso lles dá tanta
importancia aos mitos e á tradición galega, produto, segundo el, do espiritualismo céltico e
atlántico. Será moi importante tamén para Risco o sentimento da Terra, a simbiose coa natureza
que conforma a nosa cultura da que o elemento máis significativo é a fala.
Risco renovou a literatura galega ao abandonar o ruralismo que a caracterizaba ata ese momento
e introducir na súa obra unha ambientación urbana, motivos esotéricos, humor crítico e
intencionalidade didáctica.

As súas obras narrativas máis importantes son:

- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, na que o protagonista entra en contacto co mundo
dos mortos para liberar unha momia.

- O lobo da xente: baseada nas lendas populares dos lobishomes.

- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Presenta coa forma dunha lenda popular as bases do
pensamento de Risco, a nosa recuperación cultural ten que ter en conta a tradición celta e unila
co cristianismo.

- O porco de pé é a súa única novela longa ademais dun dos poucos escritos nos que Risco fala
da súa época e pode considerarse unha sátira en contra da burguesía. Está protagonizada por un
comerciante foráneo ao que lle critica a súa vulgaridade e materialismo. Risco, ao igual que Otero,
rexeita a burguesía porque o seu triunfo faría perder os valores do mundo rural que eles
defendían.

O estilo de Risco queda plasmado nesta novela e consiste en mostrar os personaxes de xeito
caricaturesco, con longas enumeracións, comparacións degradantes e moita ironía.

2
Ramón Otero Pedrayo

É importante polo cultivo e modernización da narrativa longa e un trazo característico del é a


visión positiva da sociedade galega.
Centrará a súa obra narrativa en tres presupostos ideolóxicos coincidentes cos de Risco: a
tradición (como sabedoría acumulada), a fidalguía (como unha clase ideal) e a paisaxe (dotada de
vida).
É autor dunha ampla obra na que destacan dúas novelas:

- Os camiños da vida: é unha novela en tres partes que presenta a decadencia de dúas familias
fidalgas, que perden o seu patrimonio pola súa propia incapacidade e pola inxerencia pouco
escrupulosa da burguesía: o herdeiro, logo de rematar os estudos, vaise instalar na casa familiar.
Este era o tipo de fidalgo que propoñía Otero como ideal, apegado á tradición, pero preparado
para enfrontarse aos novos tempos.

- Arredor de si. Nesta novela, a través do seu protagonista Adrián Solovio, Otero presenta a súa
propia evolución ideolóxica e a dos membros do seu grupo.

Podemos engadir unha novelas histórica como A romeiría de Xelmírez (trata do bispo Xelmírez,
impulsor da creación da catedral de Santiago).

Otero tamén foi moi importante pola súa variada produción ensaística na que destaca o seu
Ensaio histórico sobre a cultura galega no que declara que o futuro de Galicia ten que ser celta e
atlántico, rexeitando a cultura mediterránea coa que Galicia non tería nada en común.

Castelao

Pertenceu a Xeración Nós, pero non ao Grupo Nós. Participará neste traballo conxunto da
xeración, aínda que presenta certas particularidades que o diferencian dos outros autores. A súa
orixe era popular e iso vaise ver reflectido na súa obra, moito máis achegada ao pobo e moi crítica
coas inxustizas que sufrían as clases populares. A súa obra busca a súa dignificación con
humorismo, pero tamén con sentida emoción e fina percepción psicolóxica.

É importante pola súa contribución á narrativa curta e a súa prosa é culta, lírica e moderna pero
ao mesmo tempo estivo moi influenciada polo conto popular.
Entre as súas obras destacan:

- Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. Preséntanos a vida dun cemiterio contada por un dos
mortos que pode ver grazas á prótese que levaba nun ollo. Este cemiterio, en realidade,
representa unha aldea da época e, a través dos distintos defuntos, Castelao fai un retrato e unha
crítica da sociedade do seu momento.

- Cousas: o autor ensaia un novo xénero literario caracterizado pola eliminación do superfluo.
Neste libro os textos van acompañados de debuxos que os complementan.

- Retrincos son cinco relatos de aparencia autobiográfica que van dende a infancia ata a idade
adulta do autor.

3
- Os dous de sempre é a súa única novela, pero en realidade son tamén relatos unidos polo fío
condutor dos dous personaxes protagonistas: Pedriño e Rañolas.
No ensaio destaca o seu libro Sempre en Galiza, no que contribúe a sentar as bases teóricas do
nacionalismo.

Castelao, á parte de escritor, tivo unha militancia política moi activa e foi un grande debuxante, e
todas as súas facetas teñen un elemento en común: a defensa de Galicia, da súa lingua e das
xentes que sofren inxustizas.

Contemporánea destes é a obra de Rafael Dieste, que pertence á xeración do 25 ou das


vangardas e mestre do relato breve. En 1926 publica Dos arquivos do trasno, oito relatos, aos que
se lles engadirán doce máis na edición definitiva en 1962, que xiran en torno ás experiencias
extraordinarias e á psicoloxía dos galegos.

You might also like